2º eso 2012 modelo exame final

4
Curso 2012-2013 Departamento de Lingua Galega e Literatura Centro: I.E.S. LAMAS DE ABADE Curso: 2012-2013 Departamento: LINGUA E LITERATURA Avaliación:EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO Data: 02/09/2013 Nivel: E.S.O. Grupo: 2º B Alumno/Alumna: Nota: INSTRUCIÓNS: 1.- Traballa en silencio e non molestes aos compañeiros e compañeiras. 2.- Dispós de 50 minutos para realizar esta proba. Controla e reparte o tempo. 3.- Indica o tempo dedicado a preparar este control: 4.- Antes de comezar a escribir le detidamente as cuestións, cavila sobre elas e logo empeza a contestar tendo en conta sempre as normas de presentación. 5.- Tes tres preguntas de teoría, cada unha vale un punto. 6.- Tes seis preguntas de práctica, cada unha vale un punto, agás a número seis que vale dous. 7.- Se tes algunha dúbida ergue a man e agarda en silencio a que o profesor se achegue. 8.- Cando remates, indica o tempo que che levou facer esta proba: Ademais dos contidos tamén se terá en conta a corrección lingüística do exame, polo que sobre a cualificación global se poderán descontar ata un máximo de 2 puntos por erros ortográficos. Os erros poderán ser: Moi graves: Aquelas solucións que son alleas ó sistema lingüístico do galego (tempos compostos, mala colocación do pronome persoal átono...). Descontaranse 0,2 puntos. Graves: Solucións ortográficas contrarias á norma lingüística ( b/v, h, y...). Acentuación diacrítica. Descontaranse 0,1 puntos. Leves: Solucións galegas alleas ó estándar vixente. Acentuación non diacrítica. Penalizaranse con 0,05puntos. Só serán aceptadas as solucións ortográficas marcadas polas vixentes Normas do 2003.

description

Modelo de exame final para o alumnado de 2º da ESO

Transcript of 2º eso 2012 modelo exame final

Page 1: 2º eso 2012 modelo exame final

Curso 2012-2013 Departamento de Lingua Galega e Literatura

Centro: I.E.S. LAMAS DE ABADE Curso: 2012-2013

Departamento: LINGUA E LITERATURA

Avaliación:EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO Data: 02/09/2013

Nivel: E.S.O. Grupo: 2º B

Alumno/Alumna:

Nota:

INSTRUCIÓNS:

1.- Traballa en silencio e non molestes aos compañeiros e compañeiras.

2.- Dispós de 50 minutos para realizar esta proba. Controla e reparte o tempo.

3.- Indica o tempo dedicado a preparar este control:

4.- Antes de comezar a escribir le detidamente as cuestións, cavila sobre elas e logo

empeza a contestar tendo en conta sempre as normas de presentación.

5.- Tes tres preguntas de teoría, cada unha vale un punto.

6.- Tes seis preguntas de práctica, cada unha vale un punto, agás a número seis que

vale dous.

7.- Se tes algunha dúbida ergue a man e agarda en silencio a que o profesor se

achegue.

8.- Cando remates, indica o tempo que che levou facer esta proba:

Ademais dos contidos tamén se terá en conta a corrección lingüística do exame, polo

que sobre a cualificación global se poderán descontar ata un máximo de 2 puntos por

erros ortográficos. Os erros poderán ser:

Moi graves: Aquelas solucións que son alleas ó sistema lingüístico do galego (tempos

compostos, mala colocación do pronome persoal átono...). Descontaranse 0,2 puntos.

Graves: Solucións ortográficas contrarias á norma lingüística (b/v, h, y...).

Acentuación diacrítica. Descontaranse 0,1 puntos.

Leves: Solucións galegas alleas ó estándar vixente. Acentuación non diacrítica.

Penalizaranse con 0,05puntos.

Só serán aceptadas as solucións ortográficas marcadas polas vixentes Normas do 2003.

Page 2: 2º eso 2012 modelo exame final

Curso 2012-2013 Departamento de Lingua Galega e Literatura

PRÁCTICA:

1.- Completa a seguinte táboa de verbos.

PERSOA TEMPO MODO VERBO RESPOSTA

1ª S. Presente Indicativo caber

1ª P. Presente Indicativo dicir 2ª S. Presente Subxuntivo estar 2ª P. Presente Subxuntivo facer 3ª P. Pret. Imp. Indicativo haber

1ª S. Pret. Plus. Indicativo poder 3ª P. Pret. Imp. Subxuntivo querer 1ª S. Pret. Perf. Indicativo saber

2ª S. Presente Imperativo ter 1ª S. Pret. Imp. Subxuntivo ver

2.- Engádelles un obxecto indirecto ás oracións e despois substitúeo por un pronome

átono.

• Venderon o coche.

• Teño que enviar o paquete.

• Concederon un premio.

• A avoa sempre ofrece chocolate.

• Os organizadores agradeceron a axuda.

3.- Indica o suxeito das seguintes oracións e é di se é léxico ou….

• Adormecen axiña os teus fillos.

•Desde aquí oídes o ruído da rúa.

•Este inverno iremos esquiar a Manzaneda.

• Preocúpame a túa doenza.

• Haiche moita cola para entrar.

4.- Localiza as expresións que se empregan neste texto e explícaas.

“Veume coa andrómena de que precisaba o meu ordenador para non sei que lerias;

fíxome a rosca para que llo emprestase e eu piquei coma un pancho.”

Page 3: 2º eso 2012 modelo exame final

Curso 2012-2013 Departamento de Lingua Galega e Literatura

5.- Completa con c/cc ou t/ct.

• instru ión • afe ión • estru ura • redu ión

• olfa o • deli o • reda ión • obxe ivo

• di ado • sele ión • rela ión • tradu ión

• fi icio • co ión • constru or • estri o

6.- O teu redactor xefe escolleuche para que asistas en Balaidos ao derradeiro

partido da liga. Quere que escribas unha crónica deportiva que, ademais de

responder ás preguntas de sempre e ter unha estrutura determinada (ben sabes ti

cal é), amose o compromiso do xornal co equipo (mínimo 200 palabras, no corpo da

noticia)

Page 4: 2º eso 2012 modelo exame final

Curso 2012-2013 Departamento de Lingua Galega e Literatura

TEORIA:

1.- A situación actual do galego.

2.- Bloques dialectais e principais fenómenos lingüísticos: o bloque occidental.

3.- Características da poesía lírica.