3 En marcha o programa de incentivos á contratación da ...

6
Nº 114 Boletín gratuito para os socios de Cofer FIMO A Feira Internacional de Mostras do Noroeste celé- brase este ano entre o 9 e o 14 de Xullo AJE-FERROLTERRA organiza unha xornada so- bre medidas xurídicas para Pemes e Emprendedores EMEGA. A Xunta de Galicia deseña un plan de incentivos para mulle- res emprendedoras, dotado con 669.000 euros NOVO FERROL implícase na dinamización do pequeno comercio de Praza de España, Ultramar e Esteiro 1 En marcha o programa de incentivos á contratación da Consellería de Traballo Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected] Síguenos @COFERferrol @COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste Xuño 2013 A Consellería de Traballo ven de abrir a con- vocatoria para a concesión de incentivos á contratación de desempregados por parte de traballadores autónomos ou profesionais. A contratación terá que ser con carácter indefi- nido e deberá circunscribirse aos tres primei- ros anos de actividade empresarial. A primeira contratación indefinida deberá formalizarse durante o primeiro ano de activi- dade, e a segunda e terceira poderan pechar- se ata dentro do terceiro ano de actividade. Consideraranse contrtacións subvenciona- bles as realizadas no periodo comprendido entre o 1 de outubro de 2012 e ata o 30 de setembro de 2013. A modalidade de contrata- ción indefinida inicial pode ser a tempo com- pleto ou a tempo parcial, incluída a modalida- de de fixo discontinuo. O contratado terá que ser desempregado e a prestación de servizos deberá realizarse en centros de traballo da Comunidade Autóno- ma de Galicia. A primeira contratación indefinida incentivara- se con 4.000€ se se trata dun home desem- pregado, e 5.000€ se a contratada é unha muller en paro. No caso dos menores de 30 anos e dos de- sempregados de máis de 45 ou parados de longa duración as achegas oscilan entre os 5.000 e os 6.000€. Para a segunda e terceira contratación indefi- nida, os incentivos serán de 5.000€ para o caso dun home desempregado e 6.000 se se trata dunha muller parada. Os contratos a mozos e mozas menores de 30 anos, a desempregados de máis de 45 ou parados de longa duración, serán incentiva- dos con ata 7.000€ Se a contratación indefinida é a tempo par- cial, as contías dos incentivos serán propor- cionais ao tempo efectivo de traballo en fun- ción da xornada a tempo completo estableci- da no correspondente convenio colectivo de aplicación. INCENTIVOS á contratación de desemplea- dos por parte de autónomos e profesionais. Ata 7.000€ de axuda.

Transcript of 3 En marcha o programa de incentivos á contratación da ...

Page 1: 3 En marcha o programa de incentivos á contratación da ...

Nº 114

Boletín gratuito para os socios de Cofer

FIMO A Feira Internacional de Mostras do Noroeste celé-brase este ano entre o 9 e o 14 de Xullo

AJE-FERROLTERRA organiza unha xornada so-bre medidas xurídicas para Pemes e Emprendedores

EMEGA. A Xunta de Galicia deseña un plan de incentivos para mulle-res emprendedoras, dotado con 669.000 euros

NOVO FERROL implícase na dinamización do pequeno comercio de Praza de España, Ultramar e Esteiro

1

En marcha o programa de incentivos á contratación da Consellería de Traballo

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Síguenos @COFERferrol

@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste

Xuño 2013

A Consellería de Traballo ven de abrir a con-vocatoria para a concesión de incentivos á contratación de desempregados por parte de traballadores autónomos ou profesionais. A contratación terá que ser con carácter indefi-nido e deberá circunscribirse aos tres primei-ros anos de actividade empresarial. A primeira contratación indefinida deberá formalizarse durante o primeiro ano de activi-dade, e a segunda e terceira poderan pechar-se ata dentro do terceiro ano de actividade. Consideraranse contrtacións subvenciona-bles as realizadas no periodo comprendido entre o 1 de outubro de 2012 e ata o 30 de setembro de 2013. A modalidade de contrata-ción indefinida inicial pode ser a tempo com-pleto ou a tempo parcial, incluída a modalida-de de fixo discontinuo. O contratado terá que ser desempregado e a prestación de servizos deberá realizarse en centros de traballo da Comunidade Autóno-ma de Galicia.

A primeira contratación indefinida incentivara-se con 4.000€ se se trata dun home desem-pregado, e 5.000€ se a contratada é unha muller en paro. No caso dos menores de 30 anos e dos de-sempregados de máis de 45 ou parados de longa duración as achegas oscilan entre os 5.000 e os 6.000€. Para a segunda e terceira contratación indefi-nida, os incentivos serán de 5.000€ para o caso dun home desempregado e 6.000 se se trata dunha muller parada. Os contratos a mozos e mozas menores de 30 anos, a desempregados de máis de 45 ou parados de longa duración, serán incentiva-dos con ata 7.000€ Se a contratación indefinida é a tempo par-cial, as contías dos incentivos serán propor-cionais ao tempo efectivo de traballo en fun-ción da xornada a tempo completo estableci-da no correspondente convenio colectivo de aplicación.

INCENTIVOS á contratación de desemplea-dos por parte de autónomos e profesionais. Ata 7.000€ de axuda.

Page 2: 3 En marcha o programa de incentivos á contratación da ...

Xuño 2013

Emega: O Plan da Xunta para a muller emprendedora

2

A Consellería de Traballo e Benes-tar da Xunta de Galicia dispón dun programa para favorecer o empren-demento feminino a través de di-versas liñas de axudas que suman en total 669.740 euros A primeria delas, denominada Em-prende, pretende estimular a posta en marcha de iniciativas empresa-riais e a creación de emprego inde-finido para mulleres por conta allea e propia. Tamén dentro da mesma convoca-toria inclúese a liña Innova, coa que se persegue a promoción da realización de melloras en empre-sas lideradas por mulleres que comparte a creación de emprego femininino estable e de calidade e a mellora da competitividade. A terceira das liñas de axudas, denominada Activa, inclúe un siste-ma de axudas económicas median-te primas para favorecer a reactiva-ción e consolidación de empresas lideradas por mulleres por medio da aplicación de medidas de reno-vación, relanzamento, ampliación ou cambio de localización das acti-vidades coas que acadar o equili-brio empresarial buscando o seu mantemento e promoción no con-texto económico actual. Finalmente, a liña Concilia perse-gue a conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e fami-liar dirixido ás empresas que acce-den a calquera dos programas das liñas Emprende, Innova ou Activa nas que existan promotoras con hijas/os menores de tres anos, para favorecer o exercicio profesio-nal das emprendedoras que com-patibilizan a súa actividade co exer-cicio da maternidade en idades temperás e/ ous nas cais, a través de acordos, convenios ou contratos de teletrabajo, se implementen novos sistemas de organziación que comparten flexibilidade no uso dos tempos para a execución do traballo e o desenvolvemento sos-

tible dos recursos, para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral e o exercicio das responsabilidades familiares compartidas do equipo humán que integra a empresa. Requisitos Á hora de valorar as solictudes pre-sentadas, teranse en conta os se-guintes factores: -Emprego feminino xerado, por conta propia e allea. -Investimento e financiamento: valo-rarase o esforzo investidor para reali-zar o proxecto e a achega de carácter privado das promotoras ao investi-mento inicial. -Contribución á integración laboral de mulleres en situación de especial protección: inactivas ou paradas de longa duración, mulleres con discapa-cidade, mulleres en situación de es-pecial dificultade derivada da violen-cia de xénero ou risco de exclusión social ou mulleres que interromperon a actividade laboral pola dificultade de compaxinar a vida laboral e fami-liar. -Formación e experiencia do equipo promotor: valoraranse os coñecemen-tos técnicos e profesionais no sector do proxecto ou en sectores profesio-nais relacionados.

-Carácter innovador do proxecto: valo- rarase a inexistencia da iniciativa na localidade ou comarca, se se trata dun proxecto pioneiro no sector, se se promove a diversificación da activida-de económica no contorno e se se incorporan tecnoloxías da información e comunicación. -Utilización de factores produtivos locais ou comarcais: valorarase o em-prego na actividade de materias pri-mas, mercadorías, maquinaria, instru-mentos ou equipamentos producidos ou xerados no contorno local. -Localización do proxecto en zona rural (concellos con densidade de poboación inferior a 150 Hab./km2). -Contribución do proxecto ao desen-volvemento sustentable: valorarase a introdución de elementos que minimi-cen o impacto ambiental, de enerxías alternativas, o uso eficiente de recur-sos e reducción do gasto enerxético. Iniciativa empresarial pertencente ao sector de prestación de servizos de conciliación. -Proxecto pertencente a sectores económicos en que as mulleres están infrarrepresentadas. -Período de desemprego das promoto-ras superior ao mínimo exixido. -Grao de concreción do proxecto.

Descargue aquí Todos os detalles do programa Emega

Page 3: 3 En marcha o programa de incentivos á contratación da ...

Xuño 2013

3

Novo Ferrol implícase na dinamización do pequeno comercio O equipo directivo da Asociación de Comer-ciantes Novo Ferrol, co seu presidente, Francis-co Fajardo, ao frente, tense fixado o obxectivo de favorecer a promo-ción entre os ferroláns do habito de mercar no comercio local, no co-mercio de barrio. Para isto, a entidade decidiu poñer en marcha unha intensa campaña que se prolongará por espacio de dous meses, orientada a dinamizar os establecementos dos seus asociados nos tres barrios que quedan baixo o seu paraugas: Praza de España, Estei-ro e Ultramar. A campaña, respaldada pola Deputación Provin-cial da Coruña, pretende achegar o pequeno comercio ao cidadán, facendo actividades de ocio e comerciais na rúa durante fins de semana consecutivos. Praza de España A Praza de España foi o primeiro enclave en acoller as actividades de dinamización promovi-das por Novo Ferrol. Unha exposición comer-cial, con produtos dos establecementos aso-ciados a precios máis que competitivos, recib-íu aos visitantes que se achegaron ata este céntrico enclave da cidade na fin de semana do 15 de xuño. Exhibicións de produtos de cosmética e espectá-culos musicais comple-taron a oferta desta

A praza serviu tamén de escenario para a pre-sentación dos novos modelos de Seat Toledo e Skoda Octavia e do alvariño Quinta da Bar-ca, ofrecido polo esta-blecemento Bistro. Durante todo o día do sábado 29, os que se achegaron ata Ultramar puideron degustar polbo e churrasco servido polo establecemento A Tra-sanquesa. Non fallou tampouco nesta ocasión a música, cun espectáculo feito por bailaríns profesio-nais e amateurs de baile latino que correu a car-go da escola de baile salsa “Nova”. En Xullo, Esteiro No mes de xullo, será o barrio de Esteiro o que acolla unha variada programación de activi-dades dentro da campa-ña de dinamización do pequeno comercio em-prendida por Novo Fe-rrol. O domingo, día 7, os establecementos deste emblemático barrio fe-rrolán implicaranse nun sinfín de iniciativas des-tinadas a animar as rúas de Esteiro coa finalidade de dar a coñecer entre os cidadáns a variada oferta dos comercios da zona. De novo programaranse actividades culturais e musicais, presentación de vehículos e produc-tos gastronómicos, e un longo etc.

A promoción escomenzou o venres, día 28 cunha campaña de Ultraofertas pola que tanto ese día como o seguinte, os establecementos comerciais sacaron á rúa parte dos seus produtos a prezos máis que interesantes. Ademáis, e para favorecer a participación dos cidadáns, entre os clientes dos estable-cementos sorteáronse 400 euros en vales de compra para consumir nas tendas partici-pantes na campaña. Expertas en estética, realiza-ron unha exhibición de trata-mentos con cosmética natural.

campaña promovida por Novo Ferrol. Barrio de Ultramar A última fin de semana de xuño as actividades trasladá-ronse á Praza de Ultramar, onde Novo Ferrol conta tamén con establecementos asociados. Neste barrio, e en colabora-ción co centro comercial aber-to Ultramar, celebrouse a xornada Gastro-Com que combinou actividades de ocio, gastronomía e comercio, convertindo a barriada nunha auténtica festa.

A Asociación de Comerciantes Novo Ferrol escomenzou no mes de xuño coa súa programación de dinamización do pequeno comercio, con actividades nas rúas e prazas dos barrios onde ten comercios asociados. Praza de España e Ultramar foron os primeiros. Neste mes de Xullo, chegaralle o turno ao barrio de Esteiro

As imaxes re-

collen as dis-

tintas activida-

des celebradas

na Praza de

U l t r a m a r

(arriba) e na

de España

(dereita)

Page 4: 3 En marcha o programa de incentivos á contratación da ...

Xuño 2013

Breves

XORNADA DE AJE PARA PEMES E EMPRENDEDORES

A Asociación de Jóvenes Empresarios AJE Ferrolterra programa para o vindeiro día 4 de Xullo una xornada sobre medi-das xurídicas para Pemes e emprendedo-res, coa que se pretende ofrecer aos

empresarios unha visión global sobre as súas obri-gas formais e mellores decisións á hora de empren-der. Participarán o abogado Roberto Fernández Calvo, que falará sobre os aspectos xurídicos, administrati-vos e mercantís a ter en conta para crear unha em-presa, e a letrada e asesora xurídica e fiscal, Leticia Prieto, que exporá os detalles referidos ás obrigas fiscais do emprendedor. Os interesados en asistir poden inscribirse por correo electrónico na dirección [email protected], ou no teléfono 981 33 33 22.

RESPALDO Á REORIENTACIÓN DAS PEMES O Igape promove un plan de axudas para a reorien-tación e a competitividade das peymes galegas, xunto coa correspondente convocatoria 2013 das seguintes liñas: -Proxectos de equipamentos tecnolóxicos para a innovación das pequenas e medianas empresas cunha inversión subvencionable entre 300.001 e 500.000 € (procedemento IG103). -Proxectos de equipamento das pemes no sector dos servizos cunha inversión subvencionable entre 30.000 e 200.000 € (procedemiento IG174) O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 17 de xullo. O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro de 2014. Os detalles referidos a este plan poden consultarse na correspondente publicación do Diario Oficial de galicia de data 17 de Xuño.

PROGRAMA DE MICROCRÉDITOS DO IGAPE O Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, ven de por en mar-cha un programa de microcréditos para emprendedores, autónomos e microem-presas, en colaboración coas Socieda-

des de Garantía Recíproca. O obxectivo desta iniciativa é facilitar aos emprende-dores, autónomos e persoas xurídicas, con tamaño de microempresas, o acceso a amicrocéditos desti-nados ao financiamento dos seus proxectos de inves-timento. Os candidatos non poden ter máis de 10 traballado-res ao seu cargo, a súa cifra de negocios anual non pode superar os dous millons de euros e deben cum-prir o criterio de independencia. Quedan excluídas deste programa as actividades vencelladas á exportación e o sector do carbón. O importe máximo dos microcréditos será de 25.000 euros por beneficiario.

AXUDAS AO COMERCIO DE PROXIMIDADE

O DOG de 21 de xuño publica as

bases e a convocatoria de axudas

ao comercio de proximidade para

incorporar tecnoloxías da informa-

ción e fomentar o comercio electrónico, dada a im-

portancia vital que este sector ten na economía de

Galicia. Para a concesión destas subvencións desti-

nase un crédito de 438.700 euros.

O obxectivo desta iniciativa é incrementar os niveis

de penetración das tecnoloxías da información e a

comunicación entre os comerciantes.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun

mes, contado a partires do día seguinte ao da publi-

cación da Orde no Diario Oficial de Galicia.

FIMO ABRE O DÍA 9 A FEIRA DE MOSTRAS O recinto feiral de Ferrol acollerá

de novo no mes de xullo a Feira

Internacional de Mostras do No-

roeste. Participarán neste evento, decano de cantos

se celebran en Galicia, un total de 50 expositores.

Entre as novidades deste ano, atópase un exposición

conxunta promovida por Navantia e Exponav e unhas

xornadas sobre cooperativismo, organizadas pola

Cámara de Comercio de Ferrol.

O certame abrirá as súas portas ao público o vindeiro

día 9 de xullo, para pechar o domingo, día 14.

4

XORNADA SOBRE AXUDAS Á EMPRESA

O Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Fe-

rrol acollerá o vindeiro 3 de xullo unha xornada infor-

mativa sobre os programas de axudas impulsados

polo Igape para facilitar a creación, mellora de com-

petitividade ou internacionalización de empresas.

Participarán neste encontro responsables del Institu-

to Galego de Promoción Económica e representantes

da Sociedade de Garantía Recíproca (SGR) Afigal.

A inscrición para asistir a estos encontros pode for-

malizarse a través do link http://xornadas.igape.es/

inscricion/111.html.

Page 5: 3 En marcha o programa de incentivos á contratación da ...

Lexislación

Xuño 2013

5

Resolución de 11 de junio de 2013, de la Dirección General de Trabajo y Economía Social, por la que se da publi-

cidad a las ayudas concedidas al amparo de la Orden de 21 de agosto de 2012 por la que se establecen las bases

reguladoras del Programa de promoción de la integración laboral de las personas con discapacidad en la empresa

ordinaria y del Programa de empleo con apoyo como medida de fomento del empleo de personas con discapaci-

dad en el mercado ordinario de trabajo, cofinanciados por el Fondo Social Europeo, y se procede a su convocato-

ria para el año 2012 (DOG Nº 120 de 26 de junio de 2013).

Resolución de 11 de junio de 2013, de la Dirección General de Trabajo y Economía Social, por la que se da publi-

cidad a las ayudas concedidas al amparo de la Orden de 27 de febrero de 2012 por la que se establecen las bases

reguladoras de los programas para la promoción de la integración laboral de las personas con discapacidad en

centros especiales de empleo y de subvenciones a las unidades de apoyo a la actividad profesional en el marco de

los servicios de ajuste personal y social de los centros especiales de empleo y se procede a su convocatoria para

el año 2012 (DOG Nº 120 de 26 de junio de 2013).

ORDE do 5 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de conco-

rrencia competitiva, das subvencións ao comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da infor-

mación (TIC) e fomento do comercio electrónico, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de

procedemento IN214A). (DOG Nº118 de 21 de Xuño).

ORDE do 11 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empre-

sas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se pro-

cede á súa convocatoria para o ano 2013. (DOG Nº 117 de 20 de Xuño).

Resolución de 5 de junio de 2013 por la que se conceden subvenciones, en régimen de concurrencia no competiti-

va, a proyectos de energías renovables, con financiación procedente de fondos comunitarios derivados del progra-

ma operativo Feder-Galicia 2007-2013, incluidos en la convocatoria efectuada mediante Resolución de 9 de abril

de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 76, de 16 de abril)

(DOG Nº 111 de 12 de Xuño).

ORDE do 6 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas a persoas

traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, cofinanciado polo Fondo Social Eu-

ropeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2013. (DOG Nº 111 de 12 de Xuño)

Orden SSI/1196/2013, de 25 de junio, por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de las

subvenciones públicas destinadas a la pequeña y mediana empresa y otras entidades para la elaboración e im-

plantación de planes de igualdad y se convocan las correspondientes a 2013. BOE Nº154, 28 Junio de 2013

Resolución del 14 de junio de 2013 de la Secretaría de Estado de Administraciones Públicas, por la que se aprue-

ban los criterios de reparto de los remanentes de ayudas del Fondo Europeo de Desarrollo Regional para proyec-

tos de desarrollo local y urbano, correspondiente al período de intervención 2007-2013 (BOE Nº145 28 de junio de

2013).

Page 6: 3 En marcha o programa de incentivos á contratación da ...

Xuño 2013

Integran Cofer:

6

Asociación de Campings do Noroeste

Asociación de Empresarias de la Comarca de Ferrol

Asociación de Empresarios Ferrolterra

Asociación de Empresarios de Instalaciones Eléctricas

Asociación Prov. Empresarios Marítimos de A Coruña

Asoc. Gallega de Empresarios Depuradores de Moluscos

Asociación de Empresarios de Limpieza de Edificios y Locales de Ferrol, Eume y Ortegal

Asociación de Empresarios de As Pontes

Asoc. Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas

Asociación de Comerciantes Mercado de Recimil

Asociación de Comerciantes Novo Ferrol Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra

Asoc. Profesional de Ximnasios e Actividades Físicas de Ferrolterra

Asociación de Profesionales Inmobiliarios del Noroeste

Asociación de Empresas de Formación

Asociación de Peluqueros y Esteticistas de Ferrolterra

Asoc. de Empresas Siderometalúrgicas de A Coruña-Comarcal de Ferrol

Asoc. Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña

Asoc. de Tecnologías de la Información y la Comunicación de Ferrolterra

Asoc. Veterinarios de Ferrol, Eume y Ortegal

Asociación de Jóvenes Empresarios Ferrolterra

Asociación Empresarial Polígono As Lagoas

Sección de Empresas Independientes Grupo de Empresarios de As Somozas

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Síguenos @COFERferrol

@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste