3. mª xosé e fran

1
Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo Adeus a dous colaboradores deste xornal e das nosas actividades de Dinamización lingüística. Fran só levaba tres cursos connosco, pero foron suficientes para deixar unha profunda pegada no instituto, porque ademais de ser un profesional eficiente e responsable, é unha persoa polifacética, creativo e participativo en todas as actividades do Centro. Deulle un estilo propio ás súas tarefas e facilitou o traballo de todos: - Converteuse en colaborador da Revista Nós, Tamén coa súa sección de viñetas. -Dinamizou os recreos seleccionando música para todos os gustos. -Foi nun apoio inestimable á hora de preparar a megafonía, canóns, ordenadores, mezclas.... En calquera acto que se celebraba no centro. - Colaborou coas súas habilidades musicais e plásticas nas actividades do Departamento de Plástica: Flash Movie, A instalación artística do proxecto Namorando de Ferrol... - Foi paciente con alumnos e profesores e atendeu as nosas peticións sempre cun sorriso, aínda que chegaramos con toda a présa do mundo a facer fotocopias. Todos estamos de acordo en que Fran enriqueceu o noso Equipo de Dinamización coas súas impagables contribucións e por suposto ao noso instituto en xeral. A outra colaboradora que nos deixa é Mª Xosé Martínez , ela é unha especie chave no noso traballo de Dinamización e tamén no instituto, pola súa valía , pola súa capacidade de comunicar, por ser a mellor compañeira , pola súa xenerosidade, honradez, humildade e pola súa boa disposición a axudar aos demais. É certo que os alumnos aprecian a Mª Xosé, conectan con ela e a buscan, incluso para falarlle de temas persoais polos que están preocupados, pero é que Mª Xosé ten unha vocación innata e unha conexión con eles que consegue sacar o mellor de cada un. É capaz de emocionalos, de interesalos, de motivalos... E iso é tan importante! Por iso todos os alumnos deberan ter por lei o dereito a gozar dunha profesora como Mª Xosé, porque non só ensina Lingua Galega, ela contribúe a desenvolver a personalidade e a intelixencia emocional dos rapaces como moi poucos poden facelo. En definitiva o labor de Mª Xosé nas aulas contribúe a facer máis felices ao nosos rapaces e máis responsables e sensibles aos futuros adultos. Tamén os compañeiros imos botar de menos a Mª Xosé, porque persoas coma elas son irremprazables, e non nos referimos só a súa participación en tantas actividades docentes : no departamento, no Consello Escolar, nas actividades complementarias, na tarefa da dinamización lingüística na que traballou arreo, referímonos a súa calidade humana, a súa personalidade independente que lle permite analizar os problemas desde todos os ángulos e que respecta e mellora a liberdade dos demais. Dicía Nelson Mandela que unha boa cabeza e un bo corazón son sempre unha combinación formidable e cremos que é unha frase perfecta para definir a Mª Xosé.

Transcript of 3. mª xosé e fran

Page 1: 3. mª xosé e fran

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo Montojo

Adeus a dous colaboradores deste xornal e das nosas actividades

de Dinamización lingüística.

Fran só levaba tres cursos connosco, pero foron suficientes para

deixar unha profunda pegada no instituto, porque ademais de ser un

profesional eficiente e responsable, é unha persoa polifacética,

creativo e participativo en todas as actividades do Centro. Deulle un

estilo propio ás súas tarefas e facilitou o traballo de todos:

- Converteuse en colaborador da Revista Nós, Tamén coa súa sección

de viñetas.

-Dinamizou os recreos seleccionando música para todos os gustos.

-Foi nun apoio inestimable á hora de preparar a megafonía, canóns,

ordenadores, mezclas.... En calquera acto que se celebraba no centro.

- Colaborou coas súas habilidades musicais e plásticas nas actividades

do Departamento de Plástica: Flash Movie, A instalación artística do

proxecto Namorando de Ferrol...

- Foi paciente con alumnos e profesores e atendeu as nosas peticións

sempre cun sorriso, aínda que chegaramos con toda a présa do mundo

a facer fotocopias.

Todos estamos de acordo en que Fran enriqueceu o noso Equipo de

Dinamización coas súas impagables contribucións e por suposto ao

noso instituto en xeral.

A outra colaboradora que nos deixa é Mª Xosé Martínez , ela é unha especie chave no noso traballo

de Dinamización e tamén no instituto, pola súa valía , pola súa capacidade

de comunicar, por ser a mellor compañeira , pola súa xenerosidade, honradez,

humildade e pola súa boa disposición a axudar aos demais.

É certo que os alumnos aprecian a Mª Xosé, conectan con ela e a buscan,

incluso para falarlle de temas persoais polos que están preocupados, pero

é que Mª Xosé ten unha vocación innata e unha conexión con eles que

consegue sacar o mellor de cada un. É capaz de emocionalos, de interesalos,

de motivalos... E iso é tan importante!

Por iso todos os alumnos deberan ter por lei o dereito a gozar dunha

profesora como Mª Xosé, porque non só ensina Lingua Galega, ela contribúe

a desenvolver a personalidade e a intelixencia emocional dos rapaces como

moi poucos poden facelo.

En definitiva o labor de Mª Xosé nas aulas contribúe a facer máis felices ao

nosos rapaces e máis responsables e sensibles aos futuros adultos.

Tamén os compañeiros imos botar de menos a Mª Xosé, porque persoas coma

elas son irremprazables, e non nos referimos só a súa participación en tantas

actividades docentes : no departamento, no Consello Escolar, nas actividades

complementarias, na tarefa da dinamización lingüística na que traballou

arreo, referímonos a súa calidade humana, a súa personalidade

independente que lle permite analizar os problemas desde todos os ángulos

e que respecta e mellora a liberdade dos demais. Dicía Nelson Mandela que unha boa cabeza e un bo

corazón son sempre unha combinación formidable e cremos que é unha frase perfecta para definir a

Mª Xosé.