300915 Nota lixo

1
O PSOE denuncia a insalubridade que provoca un camión de lixo estacionado nunha rúa do casco urbano de Vilalba Os socialistas poñen de relevo a contaminación produto das deficiencias na recollida do lixo, tanto no casco urbano coma no rural Destacan tamén a falta de limpeza dos sumidoiros, advertindo do fundamental do seu correcto estado coa chegada do inverno e das chuvias Vilalba, 30 de setembro de 2015 O Grupo Municipal Socialista vén de denunciar as condicións de insalubridade e contaminación que producen os verquidos dun camión de lixo estacionado na rúa Castelao. Sinalan que malia ser unha zona frecuentemente transitada, a vertedura de substancias e os fortes olores que desprenden afectan directamente ás veciñas e veciños. As promesas e os proxectos do Partido Popular de Vilalba se escriben sempre sobre papel mollado, posto que na anterior lexislatura puxeron en marcha un Plan de limpeza e adecuación do casco urbano, co asombroso resultado de que cada día se atopa en peores condicións, reprobou a portavoz do grupo municipal, Elba Veleiro. Solicitan por este motivo ataxar a problemática dos verquidos do camión do lixo facilitando unha nave adecuada para o seu estacionamento, cumprindo unhas condicións mínimas de hixiene e respecto ao medio ambiente. Por outra banda, os socialistas traen a colación a suciedade habitual que se observa con asiduidade nas rúas do centro de Vilalba, así como nas parroquias, denunciando que nin as frecuencias nin os puntos de recollida dos refugallos dos contedores son suficientes a día de hoxe. É máis que palpable que este servizo está sendo moi deficiente, repercutindo directamente na veciñanza que ten que soportar a acumulación de sucidade durante varios días, afirman desde a agrupación. Finalmente, tamén acusan ao Concello de neglixencia no que atinxe á limpeza dos sumidoiros, dado que o estado no que se atopan impediría a súa función de cara ás chuvias que terán lugar neste inverno. Non se pode consentir a pasividade do equipo de goberno en cuestións tan fundamentais coma esta, polo que esperamos que atendan as nosas peticións e resolvan de inmediato esta problemática que afecta a todo o municipio, concluíu Veleiro.

Transcript of 300915 Nota lixo

Page 1: 300915 Nota lixo

O PSOE denuncia a insalubridade que provoca un camión de

lixo estacionado nunha rúa do casco urbano de Vilalba

Os socialistas poñen de relevo a contaminación produto das deficiencias na

recollida do lixo, tanto no casco urbano coma no rural

Destacan tamén a falta de limpeza dos sumidoiros, advertindo do fundamental do

seu correcto estado coa chegada do inverno e das chuvias

Vilalba, 30 de setembro de 2015

O Grupo Municipal Socialista vén de denunciar as condicións de insalubridade e

contaminación que producen os verquidos dun camión de lixo estacionado na rúa

Castelao. Sinalan que malia ser unha zona frecuentemente transitada, a vertedura de

substancias e os fortes olores que desprenden afectan directamente ás veciñas e

veciños.

“As promesas e os proxectos do Partido Popular de Vilalba se escriben sempre sobre

papel mollado, posto que na anterior lexislatura puxeron en marcha un Plan de limpeza

e adecuación do casco urbano, co asombroso resultado de que cada día se atopa en

peores condicións”, reprobou a portavoz do grupo municipal, Elba Veleiro. Solicitan por

este motivo ataxar a problemática dos verquidos do camión do lixo facilitando unha nave

adecuada para o seu estacionamento, cumprindo unhas condicións mínimas de hixiene

e respecto ao medio ambiente.

Por outra banda, os socialistas traen a colación a suciedade habitual que se observa

con asiduidade nas rúas do centro de Vilalba, así como nas parroquias, denunciando

que nin as frecuencias nin os puntos de recollida dos refugallos dos contedores son

suficientes a día de hoxe. “É máis que palpable que este servizo está sendo moi

deficiente, repercutindo directamente na veciñanza que ten que soportar a acumulación

de sucidade durante varios días”, afirman desde a agrupación.

Finalmente, tamén acusan ao Concello de neglixencia no que atinxe á limpeza dos

sumidoiros, dado que o estado no que se atopan impediría a súa función de cara ás

chuvias que terán lugar neste inverno. “Non se pode consentir a pasividade do equipo

de goberno en cuestións tan fundamentais coma esta, polo que esperamos que atendan

as nosas peticións e resolvan de inmediato esta problemática que afecta a todo o

municipio”, concluíu Veleiro.