38-39 VIAXE A LONDRES · 2021. 1. 11. · ambos museos que contan con obras dos máis importantes...

2
BARDOS 77 38 VIAXE A LONDRES O pasado 6 de marzo viaxamos a Londres nunha excursión do instituto, organizada polo Departamento de Inglés. Nesta experiencia, non puidemos ver o Big Ben, subir ao London Eye e visitar a Galería Nacional e o T.A.T.E., ambos museos que contan con obras dos máis importantes artistas (Van Gogh, Piet Mondrian, Monet, Degas...); senón que tivemos a oportunidade de ver Londres. Con isto non me refiro ao exposto anteriormente, refírome á xente, ao ambiente, ao ruído das súas rúas, ao acento ás veces incompresible, á gran variedade de culturas que conviven. Este último punto foi o que máis me chamou a atención, non porque me resultase estraño, senón porque que isto fixo, co paso do tempo, unha sociedade moitísimo máis aberta e comprensiva. E é con iso co que me quedo, cun exemplo a seguir nese aspecto. Jaime Martínez Abalo 1ºBach.-A O pasado mes de marzo realizamos unha viaxe inaudita na compaña das nosas profesoras de Inglés, Dolores e Ana, ademais da profesora de Historia, Verónica. Viaxamos a Londres, unha gran cidade que podería semellarse á cidade de Elsinor descrita por Cunqueiro na súa obra teatral “O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca”, debido ao vento que acostumaba a facer por alí. O tempo era moi irregular. Todas as mañás amencía con sol e todas as tardes remataba chovendo. Pero esta era a situación: 5 días e unha cidade por ver. Para os meus ollos, todo era alleo, diferente ao coñecido. Arredor de min erguíanse edificios e construcións magníficas, onde, con cada pestanexo, perdías algo que ver. Era custosa a decisión de onde pousar a vista, xa que todo era dunha suntuosidade arquitectónica abraiante. Camíñase moito nesta viaixe. Ata houbo un día que preferimos coller o metro para voltar ao hotel. O metro de Londres é o máis antigo e custoso do mundo. Pero deixando de lado estes problemas que sempre xorden en calquera viaxe (como que lle romperon o retrovisor ao autobús que nos levaba ao hotel... Un pequeno accidente), percorremos as máis memorables rúas e prazas (Trafalgar Square, Carnaby Street, Chinatown...), pazos (Buckingham Palace, Kesington Palace, Jame’s Palace...), museos (Natural History Museum, British Museum, Tate Museum e National Galery) e o que todos vemos algunha vez nas películas, a Torre de Londres, o London Eye, o Parlamento e o Big Ben (aínda que este último estaba en obras). O lugar máis máxico que vin na miña vida atopábase nunha tenda de xoguetes de sete andares: o Hamleys Toy. Todos os xoguetes da miña infancia estaban alí, mesmo eses que xa non se venden! Todas as traballadoras e traballadores ían disfrazados e bailaban, cantaban, rían en todo momento, facendo daquel lugar un sitio máxico! Cada espazo de xoguetes, cada andar, era como entrar noutro mundo: señores facendo trucos de maxia por calquera parte, xoguetes xigantes, outros voando... Podedes imaxinar toda unha parede formando unha cidade só de pezas de LEGO? Na miña opinión, o mellor foi a Torre de Londres, as vistas de toda a cidade dende o mirador no Museo Contemporáneo no solpor e as rúas e o mercado de Camden Town. Este último sitio sorprendeume gratamente (aínda que a cantidade de xente era desmesurada e non había por onde andar). Aínda que todo foi xenial. No meu primeiro contacto cos ingleses, hei de confesar que si aprendín un chisco de inglés: algunhas palabras que se ían repetindo todos os días. Encantoume vivir esta experiencia cos meus compañeiros e coñecer a capital de Inglaterra. Marta Rodríguez Mondragón, 1ºBach.-A

Transcript of 38-39 VIAXE A LONDRES · 2021. 1. 11. · ambos museos que contan con obras dos máis importantes...

  • BARD

    OS

    77

    38

    VIAXE A LONDRESO pasado 6 de marzo viaxamos a Londres nunha excursión do instituto, organizada polo Departamento de Inglés. Nesta experiencia, non só puidemos ver o Big Ben, subir ao London Eye e visitar a Galería Nacional e o T.A.T.E., ambos museos que contan con obras dos máis importantes artistas (Van Gogh, Piet Mondrian, Monet, Degas...); senón que tivemos a oportunidade de ver Londres. Con isto non me refi ro ao exposto anteriormente, refírome á xente, ao ambiente, ao ruído das súas rúas, ao acento ás veces incompresible, á gran variedade de culturas que conviven. Este último punto foi o que máis me chamou a atención, non porque me resultase estraño, senón porque que isto fi xo, co paso do tempo, unha sociedade moitísimo máis aberta e comprensiva. E é con iso co que me quedo, cun exemplo a seguir nese aspecto. Jaime Martínez Abalo 1ºBach.-A

    O pasado mes de marzo realizamos unha viaxe inaudita na compaña das nosas profesoras de Inglés, Dolores e Ana, ademais da profesora de Historia, Verónica.Viaxamos a Londres, unha gran cidade que podería semellarse á cidade de Elsinor descrita por Cunqueiro na súa obra teatral “O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca”, debido ao vento que acostumaba a facer por alí. O tempo era moi irregular. Todas as mañás amencía con sol e todas as tardes remataba chovendo. Pero esta era a situación: 5 días e unha cidade por ver. Para os meus ollos, todo era alleo, diferente ao coñecido. Arredor de min erguíanse edifi cios e construcións magnífi cas, onde, con cada pestanexo, perdías algo que ver. Era custosa a decisión de onde pousar a vista, xa que todo era dunha suntuosidade arquitectónica abraiante.Camíñase moito nesta viaixe. Ata houbo un día que preferimos coller o metro para voltar ao hotel. O metro de Londres é o máis antigo e custoso do mundo.Pero deixando de lado estes problemas que sempre xorden en calquera viaxe (como que lle romperon o retrovisor ao autobús que nos levaba ao hotel... Un pequeno accidente), percorremos as máis memorables rúas e prazas (Trafalgar Square, Carnaby Street, Chinatown...), pazos (Buckingham Palace, Kesington Palace, Jame’s Palace...), museos (Natural History Museum, British Museum, Tate Museum e National Galery) e o que todos vemos algunha vez nas películas, a Torre de Londres, o London Eye, o Parlamento e o Big Ben (aínda que este último estaba en obras).O lugar máis máxico que vin na miña vida atopábase nunha tenda de xoguetes de sete andares: o Hamleys Toy. Todos os xoguetes da miña infancia estaban alí, mesmo eses que xa non se venden! Todas as traballadoras e traballadores ían disfrazados e bailaban, cantaban, rían en todo momento, facendo daquel lugar un sitio máxico!Cada espazo de xoguetes, cada andar, era como entrar noutro mundo: señores facendo trucos de maxia por calquera parte, xoguetes xigantes, outros voando... Podedes imaxinar toda unha parede formando unha cidade só de pezas de LEGO?Na miña opinión, o mellor foi a Torre de Londres, as vistas de toda a cidade dende o mirador no Museo Contemporáneo no solpor e as rúas e o mercado de Camden Town. Este último sitio sorprendeume gratamente (aínda que a cantidade de xente era desmesurada e non había por onde andar). Aínda que todo foi xenial. No meu primeiro contacto cos ingleses, hei de confesar que si aprendín un chisco de inglés: algunhas palabras que se ían repetindo todos os días. Encantoume vivir esta experiencia cos meus compañeiros e coñecer a capital de Inglaterra. Marta Rodríguez Mondragón, 1ºBach.-A

  • BA

    RDO

    S 77

    39

    BA

    RDO

    S 77

    Na National Gallery, diante do “Matrimonio Arnolfi ni” de Jan van Eyck

    Piccadilly CircusPiccadilly Circus

    En Trafalgar Square

    Diante do British Museum

    Camden Town

    No British Museum

    Knightsbridhe Tube Station

    Na Tower Bridge