4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España....

113

Transcript of 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España....

Page 1: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta
Page 2: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

3 1

4. DATOS MUNICIPAIS

4.1. Datos obxectivos

4.1.1. O concello nunha ollada

A cidade de Lugo atópase ubicada aproximadamente no centro xeográfico da provincia, e constitúese como a porta de entra-da e saída natural de Galicia hacia o resto de España.

Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia

O concello, cunha superficie de 332 km2, conta cun total de 71 núcleos de poboación establecidos e 285 emprazamentos dise-minados, o que fala da gran dispersión de poboación existente no seu territorio e da importancia do medio rural.

Táboa: Entidades de poboación do Concello de Lugo en 2004Fonte: Instituto Galego de Estatística

Page 3: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

32

Esta proporción mantívose constante ó longo dos últimos anos, conferindo ó entorno do municipio un carácter marcadamen-te rural

Gráfico: distribución da poboación segundo a súa concentración

Táboa: Reparto da poboación urbana por barrios.Fonte: Censo Municipal de Lugo

Page 4: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

3 3

No tocante ó desenvolvemento de cidade, tale como se pode apreciar na táboa anterior, resulta bastante equilibrado, se bencham a atención como excepción a esta regla, o baixo índice de ocupación das vivendas ubicadas no casco histórico.

A topografía da maior parte do municipio de Lugo resólvese nunha superficie relativamente cha, entre os 450 e os 600 metros,destacando nela os relieves do suroeste (Monte de Meda, 783 m.) e os do nordés (Monte Labio, 725 m.) con bloques máis ele-vados.

No tocante á súa climatoloxía, Lugo presenta un clima con rasgos continentais, que se pode encadrar dentro do tipo de climatemperado-húmido, aínda que esta afirmación debe ser matizada no senso de que se observa certa degradación debido á lon-xanía do mar, que deixa a Lugo á marxe da influencia oceánica.

Ademais, non debemos esquecernos da presencia de relieves que dificultan a penetración das masas húmidas nin das néboaspersistentes sobre o val do Miño; consecuentemente, a amplitude térmica anual é considerable (12,7º).

As temperaturas presentan un mínimo invernal de decembro a febreiro, sendo xaneiro o mes máis frío (cunha temperaturamedia mínima de 2,9º) e un máximo en xullo e agosto, sendo agosto o mes máis cálido cunha máxima absoluta de 39º e unhamedia máxima de 24,6º.

No tocante ás precipitacións son abondosas, en torno a 1.061 litros anuais, repartíndose en máis de 160 días de chuvia ó anopor termo medio. Os máximos pluviométricos corresponden ós meses invernais, en tanto que os meses de xullo e agosto sonos máis secos.

A rede hidrográfica atópase centrada ó redor dun gran colector, o río Miño, que inicia o seu percorrido na Serra de Meira, tra-zando no seu curso alto un lento percorrido a través da depresión lucense; ó seu paso pola capital presenta un caudal anualmedio de 36,60m3/seg., frente ós 242 que alcanza na cidade de Ourense, como consecuencia do réxime regular de tipo plu-vial-atlántico que posúe.

Ó longo do seu amplo discorrer polo termo municipal, recibe pola esquerda as augas do Fervedoira e do Chamoso, e poladereita as do Narla e o Mera.

No tocante á vexetación, no concello de Lugo aínda atopamos bosques autóctonos, cuxas especies dominantes son o carballoe o castaño, se ben con menor profusión que en épocas pasadas debido á degradación natural e á antrópica. Ademais, o carác-ter continental do clima lucense introduce dentro da asociación forestal outras especies como o bidueiro. Non obstante, a pai-saxe vexetal ten carácter arbustivo sobre solos degradados e intercalados con áreas de cultivo.

A continuación amósase un resumo xeral dos principais indicadores do concello:

Page 5: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

34

Táboa: resumo de indicadores xeraisFonte: Instituto Galego de Estatística

Da observación dos mesmos derívase, por unha banda, o crecemento que está experimentando a cidade en canto a dispoñi-bilidade de novas vivendas, ó tempo que se constata novamente a gran relevancia que aínda conserva, con respecto a outrosconcellos urbáns de Galicia, o sector agrario.

Page 6: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

3 5

Táboa: Parque de contruccións. Censo de 2001.Fonte: Instituto Galego de Estatística

A tipoloxía das vivendas pón de manifesto a importante cantidade delas que permanecen baleiras (máis do 25%), que contras-ta coa evolución do sector da construcción e o número de novas edificacións.

Non obstante, e coherente co que desprende a análise do crecemento vexetativo no período intercensal, onde, en termosxerais, se produce un lixeiro aumento de poboación, relacionado á súa vez cun maior envellecemento da mesma.

Gráfico: Parque de construccións por tipoloxía. Censo de 2001.

Gráfico: Parque de vivendas por tipoloxía. Censo de 2001.

Page 7: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

36

Respecto á edificación, as vivendas familiares son unha maioría abrumadora no concello fronte ós edificios, mentres que os locaisdispoñibles alcanzan practicamente á metade destos últimos.

Xunto co dato de vivendas baleiras, tamén resulta significativa a escasez de segundas vivendas no municipio (un 8% respecto ótotal), o que se pode interpretar como escaso atractivo á hora de captar habitantes doutras zonas nos seus períodos de ocioou descanso.

4.1.2. Poboación e demografía

Desde o punto de vista demográfico, Lugo presenta ó longo do pasado século unha traxectoria oscilante.Así, na primeira meta-de do século ocupou un lugar en alza entre as cidades galegas, pero a partir de entón foi perdendo efectivos ata situarse nosúltimos lugares.

Nos anos oitenta e principios dos noventa Lugo experimenta un afianzamento económico e por ende demográfico. Non obs-tante, o crecemento poboacional foi moderado; así, no censo de 1991 Lugo contaba con 83.242 habitantes de dereito.

As causas deste crecemento son variadas: por unha banda, a atracción que a capital lucense ofreceu á poboación provincial,principalmente naqueles períodos nos que se ampliou a oferta laboral ou nos períodos nos que se ralentizou o fluxo migrato-rio hacia o exterior.

Por outra banda o saldo natural supuxo, igualmente, un compoñente moi importante no incremento demográfico ata a últimadécada, momento no que o balance do crecemento vexetativo se torna negativo e, consecuentemente, se produce un aumen-to da poboación maior de 65 anos e un descenso das taxas de natalidade e fecundidade, xunto cun aumento da mortalidadexeral.

Todo isto explicaría que o crecemento vexetativo fose na primera metade dos oitenta moi débil e, xa na segunda, claramentenegativo.

Cunha poboación de 87.605 habitantes segundo o censo de 1998, Lugo presenta unha densidade de 263,8 hab/km2

Gráfico: Evolución da poboación de Lugo

Page 8: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

3 7

Táboa: Datos de poboación de Lugo referidos a 2004Fonte: Instituto Nacional de Estatística

Na actualidade, de acordo cos datos de poboación referentes ó ano 2004, a provincia de Lugo conta con 358.452 habitantes,dos que 91.426 (un 25,5%) viven no municipio de Lugo, no cal, a zoa rural se mantén na tónica xeral da Galicia interior seten-trional: gran dispersión do hábitat nas súas case 300 entidades de poboación, constituídas por pequenas aldeas onde o sectoragrario ten protagonismo.

Táboa: datos da pirámide de poboación de LugoFonte: Instituto Nacional de Estatística

Page 9: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

38

Gráfico: Pirámide de poboación de Lugo

Observando a pirámide de poboación de Lugo pódese apreciar a simple vista un fenómeno que diferentes índices a analizarcon posterioridade poñen de manifesto, e é a desproporción existente entre a poboación menor de 14 anos e a maior de 65,o que deriva nun índice de reemprazo moi baixo.

Igualmente se pode apreciar a simple vista a maior lonxevidade da poboación feminina (un 53% do total) respecto da mascu-lina, sendo notables xa as diferencias desde o rango de idade dos 65 anos. Así, a idade media das mulleres sitúase case nos 44anos, mentres que os homes alcanza pouco máis de 40 anos e medio.

Táboa: Datos de poboación da municipio de Lugo en 2004Fonte: Instituto Galego de Estatística

Page 10: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

3 9

Se a mesma análise é feita tomando como referencia os tramos de idade activa, en tódolos intervalos as mulleres supoñen máisdo 50% da poboación a excepción do que comprende as idades menores de 15 anos, onde si existe unha maioría de mozoshomes.

Táboa: Evolución da poboación entre censos por sexo e idadeFonte: Instituto Galego de Estatística

Analizando os datos do período entre censos (1991 a 2001) pódese aprecia-la tendencia xa apuntada con anterioridade deenvellecemento da poboación, con pérdidas porcentuais en tódalas idades por debaixo dos 15 anos tanto en homes como enmulleres, e os maiores aumentos a partir dos 35 anos en ambos sexos.

Page 11: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

40

Chama a atención non obstante o descenso no saldo de homes e mulleres comprendidos entre os 55 e os 64 anos, por pro-ducirse no medio dos intervalos de maior crecemento procetual da poboación, e polo feito de que se producen cuns saldospracticamente idénticos en homes e en mulleres, sendo do 0,1% no tramo de 55 a 59 (tanto para o total como para homes emulleres), e de en torno ó 0,7% no seguinte.

Táboa: Movemento natural de poboación en 2004Fonte: Instituto Galego de Estatística

Desta maneira, e cinguíndonos exclusivamente ó acontecido no último ano completo do que se dispón de datos, 2004, apré-ciase que o saldo vexetativo resulta negativo, producíndose 100 nacementos menos que defuncións.

Analizando estos datos por sexos, pódese apreciar que destos 100 casos, 101 corresponden á aportación dos homes, mentresque o número de mulleres nacidas e de falecidas se diferencian nunha unidade a favor dos nacementos, o que compensa abalanza para alcanzar o resultado final da centena.

Analizando os principais ratios demográficos obtéñense alguhas interesantes conclusións:

Como xa se apuntou anteriormente, o número de homes é inferior ó de mulleres, supoñendo unha porcentaxe do 88% res-pecto do número total destas.

Con respecto á porcentaxe de poboación maior de 65 anos, na actualidade constitúe o 19,1% da poboación total da cidade,en consonancia co paulatino envellecemento da poboación.

Se este dato o comparamos co número de menores de 20 anos, o que obtemos é o seguinte:

Page 12: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

4 1

Co que vemos que por cada mozo menor de 20 anos existen 1,1 persoas maiores de 65, nunha tendencia que vai á alza.

Se consideramos agora a proporción entre as persoas en idade activa e as non activas, vemos que estas últimas supoñen a meta-de das primeiras, ou sexa que hai una persoa non activa (menor de 15 ou maior de 65) por cada dúas persoas en idade detraballar.

Analizando o índice de reemprazo, é dicir, a proporción entre os menores de 40 anos e os maiores desta idade, a proporcióné praticamente de 1 a 1, o que supón unha situación de risco desde o punto de vista da renovación xeracional e o sostemen-to futuro da poboación non activa, agravado por unha clara tendencia de envellecemento da poboación.

Se o estudio se centra na evolución da natalidade, pódese apreciar unha sostida tendencia á baixa cunha relativa estabilidadedesde o ano 1996.

Considerando que o número de nacementos está estancado, cando non reducido, a única alternativa posible para o incremen-to de poboación, ademais da taxa negativa do saldo vexetativo, é a dos movementos de poboación hacia a capital. Así, a che-gada de novos habitantes procedentes do exterior compensa a escasez de nacementos.

Táboa: Serie de nacementos 1975-2004Fonte: Instituto Galego de Estatística

Page 13: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

42

Gráfico: Evolución do número de nacementos. Período 1975-2004

Simultáneo a este fenómeno de descenso da natalidade é o aumento na idade das nais, sendo significativamente maior o núme-ro de mulleres que teñen fillos entre os 30 e os 44 anos (e especialmente entre os 35 e os 44 anos), a pesar de que o núme-ro total destes descendeu.

Táboa: Nacementos segundo idade da naiFonte: Instituto Galego de Estatística

Dun xeito máis gráfico pódese observar a continuación esta tendencia

Gráfico: Nacementos segundo idade da nai

Page 14: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

4 3

Este fenómeno, ainda que non de forma tan notable, tamén se produce entre os homes, sendo neste caso o intervalo cunhamaior respercusión o que comprende as idades entre os 30 e os 39 anos.

Táboa: Nacementos segundo idade do paiFonte: Instituto Galego de Estatística

Se pode apreciar a continuación como a paternidade en menores de 20 anos practicamente non se produce, mentres que ocitado intervalo entre 30 e 39 anos asume o maior aumento.

Gráfico: Nacementos segundo a idade do pai

No tocante ó estado civil da nai, a serie evolutiva comprendida entre os anos 1996 e 2002 pon de manifesto a duplicación dacantidade de nais non casadas (de 51 a 103), chegando na actualidade a supoñer practicamente o 20% das nais.

Este feito pode estar relacionado con novos comportamentos sociais e educacionais, así como ós novos patróns de vida dasociedade actual.

Táboa: Nacementos segundo estado civil da nai. Fonte: Instituto Galego de Estatística

Page 15: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

44

De forma gráfica:

Gráfico: Nacementos segundo estado civil da nai

Táboa: Nacementos segundo ocupación da nai. Fonte: Instituto Galego de Estatística

Na mesma serie temporal, ó considera-la evolución dos nacementos en función da ocupación da nai podemos apreciar que,practicamente, a proporción non variou co paso do tempo, polo que o incremento da idade da maternidade non pode serexplicado neste caso pola incorporación da muller ó traballo, dado que esta permanece en niveis similares durante todo o perí-odo, e deben buscarse outras explicacións máis relacionadas con hábitos de vida.

Gráfico: Nacementos segundo ocupación da nai

Page 16: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

4 5

Afundindo neste plantexamento, na seguinte táboa podemos apreciar como en tan só seis anos, os transcorridos entre princi-pios de 1998 e finais de 2003, a idade media á maternidade aumentou nun ano.

Táboa: Índices de fecundidade. Serie 1998-2003Fonte: Instituto Galego de Estatística

Polo contrario, a taxa xeral de fecundidade diminuíu en máis dun punto, deixando o índice sintético de fecundidade en valoresinferiores a 1.

Gráfico: Comparativa de índices de natalidade e fecundidade. Serie 1998-2003

Así, como xa se apuntou, a aportación dos nacementos no estranxeiro e os movementos migratorios compensan estos baixosíndices de natalidade

Táboa: nacidos no estranxeiro respecto ó totalFonte: Instituto Nacional de Estatística (INE)

Page 17: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

46

No apartado das defuncións, analizando a serie temporal correspondente ó período comprendido entre o ano 1975 e o ano2004, pódese apreciar unha lixeira tendencia ascendente, sostida practicamente ó longo de todo o período.

Táboa: Defuncións por sexo. Serie 1975-2004Fonte: Instituto Galego de Estatística

Este fenómeno pódese apreciar dunha maneira máis sinxela observando a seguinte gráfica, na que se evidencia un comporta-mento oscilante nos últimos anos, dentro desa mesma tendencia de escasa variación e de aumento progresivo no número defalecementos, sendo moi semellantes os resultados de ambos sexos.

Gráfico: Defuncións por sexo. Serie 1975-2004

Page 18: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

4 7

Táboa: Defuncións por grupo de idade. Serie 1997-2002. Fonte: Instituto Galego de Estatística

Por grupos de idade, a tendencia é de estabilidade en canto á porcentaxe aportada polos diferentes grupos de idade. Así, entódolos casos é o intervalo dos maiores de 65 anos no que máis falecementos se producen, mentres que nos demais a ten-dencia é contida, rexistrándose unha evolución máis notable a partir dos 60 anos, supoñendo un salto próximo ó 100% respec-to do intervalo inmediatamente seguinte.

No gráfico seguinte, pódese apreciar esta tendencia consolidada que se apunta en canto ás porcentaxes correspondentes a cadaun dos intervalos definidos.

Gráfico: defuncións por grupo de idade. Serie 1997-2002

Táboa: Defuncións por grupo de idade e sexo. Serie 1997-2002. Fonte: Instituto galego de Estatística

Page 19: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

48

Se realizamo-la anterior análise separando os datos por sexos, novamente reforzamo-los argumentos xa indicados en canto ámaior lonxevidade das mulleres. Deste xeito, se ben en tódolos anos analizados (de 1997 a 2002) o número total de homesfalecidos supera o de mulleres, considerando por intervalos esta tendencia manténse en xeral excepto no último, o que com-prende ós maiores de 65 anos, onde en tódolos casos o número de mulleres falecidas é superior ó dos homes.

Gráfico: Defuncións totais por sexo. Serie 1997-2002

Táboa: Defuncións por mes. Serie 1997-2002Fonte: Instituto Galego de Estatística

Na anterior táboa se pode observar o número de falecementos experimentados en ambos sexos ó longo do período com-prendido entre 1997 e 2002.

Page 20: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

4 9

Da súa análise non se pode extraer ningunha tendencia relevante respecto á temporalidade dos falecementos, non existindoningún mes ou período do ano en que o número destes sexa significativamente maior que noutro.

Gráfico: Defuncións por mes. Serie 1997-2002

Táboa: Indicadores de mortalidade. Serie 1998-2003Fonte: Instituto Galego de Estatística

O comportamento ó longo deste período da taxa bruta de mortalidade presenta esa mesma estabilidade, cunhas variaciónsapenas perceptibles (dun 0,2 en termos absolutos para todo o período) manténdose constante tamén na súa repercusión porsexos.

Como é lóxico, a taxa bruta de mortalidade é inferior no caso das mulleres que no dos homes, cunha diferencia en torno a 1,5puntos.

Page 21: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

50

De forma gráfica, a evolución da taxa bruta de mortalidade presenta o seguinte aspecto:

Gráfico:Taxa bruta de mortalidade. Serie 1998-2003

No tocante á repercusión por sexos, pódese apreciar unha lixeira converxencia entre homes e mulleres, reducíndose en casi unpunto neto desde o comezo do período, aínda que a diferencia existente é aínda ampla.

Gráfico: Índice de mortalidade por sexos. Serie 1998-2003

Page 22: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

5 1

Como último aspecto no ámbito da demografía, a evolución dos matrimonios no municipio, considerando a serie comprendi-da entre os anos 1975 e 2004, é a seguinte:

Táboa: Matrimonios anuais. Serie 1975-2004 Fonte: Instituto Galego de EstatísticaOnde se pode observar tamén unha lixeira tendencia á baixa ó longo de todo o período.

Gráfico: Matrimonios anuais. Serie 1975-2004

Táboa: Índices de nupcialidade. Serie 1998-2003 Fonte: Instituto Galego de Estatística

Page 23: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

52

Esta mesma tendencia apréciase na evolución das taxas de nupcialidade ó longo dos últimos anos, pasado do 4,8 en 1998 ó 4,5en 2003.

De forma paralela produciuse outro fenómeno nestes últimos 6 anos analizados, de aumento da idade media do primeiro matri-monio, incrementándose nun ano e medio no caso dos homes (de 30,3 a 31,8) e lixeiramente por debaixo desa cantidade paraas mulleres 8de 28,1 a 29,5) seguindo en ambos casos tendencias claras e consolidadas ó alza.

Gráfico:Taxa bruta de nupcialidade. Serie 1998-2003

Gráfico: Idade media do primeiro matrimonio por sexos. Serie 1998-2003

Entrando xa no terreo dos indicadores demográficos, unha análise superficial da evolución do saldo vexetativo na serie tempo-ral comprendida entre os anos 1975 e 2003 permite identifica-la clara tendencia á baixa, e o punto de inflexión producido nofinal dos anos 80, onde o resultado comezou a ser negativo.

Page 24: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

5 3

Táboa: Saldo vexetativo. Serie 1975-2003Fonte: Instituto Galego de Estatística

Page 25: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

54

Máis evidente se fai a tendencia a observa-la gráfica que reflicte a evolución ó longo destes anos.

Gráfico: Saldo vexetativo. Serie 1975-2003

Considerando os restantes indicadores demográficos obténse a seguinte táboa.

IE: Índice de envellecementoIS: Índice de sobreenvellecementoIDG: Índice de dependencia globalIDX: Índice de dependencia xuvenil

IDS: Índice de dependencia senil

Táboa: Índices demográficos. Serie 1998-2004Fonte. Instituto Galego de Estatística

Page 26: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

5 5

En canto á idade media global para ambos sexos, esta experimentou un aumento progresivo enmarcado nunha tendencia con-solidada á alza, que se reflicte dunha maneira case simétrica en cada un deles, definindo rectas de evolución case lineais e para-lelas entre si, sendo superior a das mulleres.

Gráfico: Evolución da idade media total e por sexos. Serie 1998-2004.

A mesma tendencia experiméntase no índice de envellecemento, que nos últimos tres anos situouse por riba de 100, reflectin-do o continuo e imparable envellecemento da poboación do concello.

Gráfico: Evolución do índice de envellecemento. Serie 1998-2004

Page 27: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

56

Se consideramos o sobreenvellecemento, a tendencia é aínda máis pronunciada, pasado dun 10,5, ó comezo do período ata un12,5, no ano 2004, e nunha progresión claramente alcista.

Gráfico: Evolución do índice de sobreenvellecemento. Serie 1998-2004

En cambio, o índice de dependencia en termos xerais diminuíu, aínda que se se considera desglosado, este efecto é provocadopolo descenso do índice xuvenil, posiblemente debido á diminución experimentada na poboación de menor idade. En cambio,o índice de dependencia senil manténse, cando non aumenta lixeiramente.

Gráfico: Evolución dos índices de dependencia. Serie 1998-2004

Para compensar esta diminución da poboación xuvenil e o impacto do saldo vexetativo negativo, mantendo a niveis semellan-tes os índices demográficos, a aportación dos movementos migratorios antóxase fundamental.

Page 28: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

5 7

Táboa: Movementos migratorios. Ano 2004Fonte: Instituto Galego de Estatística

Así, ó longo do ano 2004 rexistráronse os movementos migratorios reflectidos na anterior táboa, supoñendo os inmigrantes unaporte total de 3.040 novos habitantes ó padrón municipal, mentres que emigraron do concello 2.142 persoas, co que o saldoé positivo.

Gráfico: Movementos migratorios. Ano 2004

No caso da inmigración, a orixe máis frecuente é a mesma provincia de Lugo, ocupando o estranxeiro un lugar importante econ valores significativos (en torno ó 20% do total) situándose antes que os procedentes doutras provincias de Galicia.

En cambio, os movementos en senso contrario apenas teñen o estranxeiro como destino ( tan só 36 de máis de 2.000) e é amesma provincia de Lugo o destino preferente, seguido das outras provincias galegas.

Page 29: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

58

De forma detallada, estes movementos poden apreciarse na seguinte táboa, de acordo á súa evolución na serie temporal 1990-2004.

Táboa: Saldo de movementos migratorios. Serie 1990-2004Fonte: Instituto Galego de Estatística

Gráfico: Saldo de movementos migratorios totais. Serie 1990-2004

Page 30: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

5 9

Na anterior gráfica pódese apreciar como o saldo interno é maior que o externo, e sempre positivo a excepción dos anos 1999a 2001.

Gráfico: Saldo de movementos migratorios internos. Serie 1990-2004

Con respecto ós saldos migratorios internos, o peso fundamental recae sobre o interprovincial, que salvo no ano 1999 é sem-pre moi superior ó do resto de Galicia.

Gráfico: Saldo de movementos migratorios externos. Serie 1990-2004

Page 31: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

60

No saldo externo, en cambio, a tendencia foise desprazando do resto de España a unha clara preponderancia do estranxeiro.

Gráfico: Porcentaxe de contribución á poboación por lugar de nacemento

Con respecto á orixe da inmigración, claramente España continúa a se-lo motor principal, situándose por riba do 95% e a pre-sencia de estranxeiros pódese considerar como testemuñal.

De feito, como pode apreciarse nas táboas que se especifican a continuación, apenas houbo unha aportación de 2.000 perso-as de nacionalidade estranxeira ó número de habitantes en 2004, e lixeiramente superior o número de mulleres que de homes.

Táboa: Poboación de nacionalidade española en Lugo 2004. Fonte: Instituto Nacional de Estatística (INE)

Táboa: Poboación de nacionalidade estranxeira en Lugo 2004. Fonte: Instituto Nacional de Estatística (INE)

Page 32: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

6 1

4.1.3 A saúde

A atención sanitaria na municipio de Lugo tanto no ámbito intra como extrahospitalario consta do seguinte equipamento:

Atención Primaria:

Ambulatorio Praza de FerrolC.S. A MilagrosaC.S. FingoiC.S. Illas CanariasC.S. Sagrado CorazónC.S. San Roque

Táboa: Equipamentos de saúde.Fonte: Avance memoria 2004 do Complexo

Hospitalario Xeral-Calde (Lugo)

Nestes Centros préstase asistencia de medicina familiar, odontoloxía, pediatría, enfermaría, enfermaría obstétrico-xinecolóxica(matrona), traballo social, farmacia, e nalgúns casos, fisioterapia, e deberán dar cobertura a unha poboación de 91.426 habitan-tes.

Datos de 2004 a data 10/03/2004; Datos de 2005 a data 11/08/2005Tabla: recursos humanos da actividade sanitaria en Atención Primaria.

Fontes: Consellería de Sanidade. Guía de Servizos

Page 33: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

62

Atención especializada

Durante o ano 2004 esta levouse a cabo polo Hospital Xeral Calde, cos seguintes recursos:

Gráfico: recursos humanos da actividade sanitaria no Complexo Hospitalario Xeral-Calde.Fonte: Consellería de Sanidade. Guía de Servizos

Gráfico: Ámbito da influencia do Hospital Xeral-CaldeFontes: Consellería de Sanidade.Tarxeta Sanitaria 2005

Page 34: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

6 3

Esta infraestructura hospitalaria cubre a demanda de 221.818 cidadáns (dos cales 21.283 corresponden á poboación infantil )a maioría deles pertencentes á Área centro na que o Hospital Xeral-Calde é o centro de referencia e que se atopan agrupa-dos en 46 Concellos, incluída a capital

Ó anteriormente exposto debemos engadi-la oferta sanitaria privada que se reduce, practicamente, á Policlínica Lucense S.A.(Polusa) e ó Hospital Virxe dos Ollos Grandes.

Actividade Asistencial:

Durante o ano 2004 no Complexo Hospitalario se produciron un total de 214.470 estadías cunha media global de 9,62, uníndice de ocupación do 81,4%, unha presión de urxencias do 80,9% e xerándose unha frecuencia hospitalaria de 101,79/1.000habitantes.

Táboa: Índices hospitalarios 2004.Fonte: Avance da memoria 2004 do Complexo Hospitalario Xeral-Calde (Lugo)

En canto ás consultas externas durante o mesmo período realizáronse un total de 376.357 (118.525 iniciais e 257.832 sucesi-vas).

Táboa: Número de consultas externas (2004)Fonte: Avance da memoria 2004 do Complexo Hospitalario Xeral-Calde (Lugo)

Polo que se refire ás urxencias, foron atendidas no Xeral-Calde 85.043. Delas 71.103 foron xerais e 13.940 pediátricas, o quesupón un promedio diario de 232, dando lugar a unha cifra de ingresos urxentes de 15.541 persoas.

Cabe destacar que durante o referido ano 2004 realizáronse 7.628 visitas de enfermaría a pacientes integrados no programade Hospitalización a Domicilio (HADO) incrementándose sensiblemente con respecto ós anos 2002-2003.

Page 35: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

64

Gráfico: Evolución do HADOFonte: Avance da memoria 2004 do Complexo Hospitalario Xeral-Calde (Lugo)

Se considerámo-lo número total de consultas, os datos que obtemos son os seguintes:

Táboa: Número de consultas (2004)Fonte: Avance da memoria 2004 do Complexo Hospitalario Xeral-Calde (Lugo)

Táboa: consultas por tipoloxía (2003) Fonte: División de Asistencia Sanitaria (SERGAS)

Á vista dos datos de equipamento e actividade, debemos resaltar, en primeiro lugar, que o número de camas actualmente dis-poñibles resulta insuficiente en relación á poboación adscrita, problema que, entendemos, debería subsanarse coa posta en fun-cionamento do novo Hospital.

Nembargantes, e en tanto isto non se produce, resulta imprescindible incrementa-los medios técnicos e humanos necesariosasí como realiza-los esforzos de mantemento que se precisen.

En relación, precisamente, ós medios humanos dos que se dispón resaltar que o ratio de persoal de enfermaría resulta espe-cialmente escaso, o mesmo en Atención Primaria como en especializada, a xulgar tanto polos parámetros aconsellados polaOMS como comparativamente co resto dos Hospitais da rede do SERGAS.

Page 36: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

6 5

Estas insuficiencias contribúen a xera-las consabidas listas de espera, tanto de consultas como cirúrxicas, que se vén arrastran-do ano tras ano tal e como queda reflexado na seguinte táboa referida ós anos 2002 e 2003:

Gráfico: Evolución da espera cirúrxica xeral. Fonte: Avance da memoria 2004 do Complexo Hospitalario Xeral-Calde (Lugo)Polo que respecta ás enfermidades de declaración obrigatoria debemos reseña-las seguintes:

Táboa: enfermidades de declaración obrigatoria Fonte: Sistema Xeral de Notificación Obrigatoria de Enfermidades (SERGAS)

Page 37: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

66

Obsérvase que no período 2002-2004 a EDO de maior incidencia foi a gripe, seguida da varicela, declarándose un reducidonúmero de casos de Xarampelo,Tose Ferina,Tétano e Enfermidade Invasiva por Hib.

Cabe destacar que, no ano máis recente (2004), non se declarou ningún caso de brucelose, rubéola e xarampelo, e soamenteun caso de febre tifoidea e paratifoidea e de tétano.

Gráfico: Incidencia da gripe respecto ó total de EDOs

Gráfico: Principais EDOs pola súa incidencia

En canto á gripe, entre 2002 e 2003, apréciase un incremento de 5.480 casos, o que nos fai sospeitar que poidera deberse áinfluencia de factores climáticos ou á presencia dunha cepa de maior virulencia no ano 2003, xa que en 2004 xa se produciuun descenso considerable de casos (13.460 menos), moito maior que o aumento que se producira no paso de 2002 a 2003.

Polo contrario, a incidencia da varicela era en 2002 de 3.384 casos, diminuíndo en 2003 en 1.677 casos, quedando en 1.707,e posteriormente aumentando considerablemente ata alcanza-los 3.677 casos en 2004.

Page 38: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

6 7

Gráfico: Incidencia das restantes EDOs

Page 39: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

68

Referidas concretamente á cidade de Lugo, no ano 2004 declaráronse as seguintes:

Gripe………2.470Infecc. Gonogócica…. 3Enfer. Meningocócigas..2Disentería Bacilar….2Menixite vírica…2Hepatite B….1Hep. víricas e outras…1

Non observamos diferencias significativas en canto ás enfermidades de declaración obrigatoria producidas na provincia con res-pecto á capital.Por grupos relacionados de diagnose (GRD) e referidos ó exercicio 2004 atendéronse no Hospital Xeral os seguintes:

Táboa: Grupos diagnósticos máis frecuentes referido a 2004.Fonte: Avance da memoria 2004 do Complexo Hospitalario Xeral-Calde (Lugo)

Page 40: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

6 9

Comprobamos, como era previsible, que os episodios de maior frecuencia se refiren, en primeiro lugar a trastornos respirato-rios, feito a bo seguro achacable unha vez máis ó envellecemento da poboación.

Circunstancia esta que se repite no caso das patoloxías cardiacas onde se observa, por exemplo, que a suma de insuficienciascardíacas e Anxinas de Peito ascenden á cifra altamente significativa de 985 episodios.

Resaltar a este respecto a poderosa influencia dos estilos de vida (sedentarismo, obesidade, HTA, etc) na prevalencia destasenfermidades.

Por outra banda, e dado o elevado número de partos sen complicacións que se producen (685 dun total de 724 en 2004) sepon de manifesto a óptima atención que se presta neste apartado, aínda a pesar do escaso número de Matronas que se dis-pón.

DISCAPACIDADE

Segundo os datos de que dispoñemos Lugo é, xunto con Ourense, a cidade con menos poboación discapacitada recoñecidade tódalas capitais de Galicia.

Segundo o censo de minusvalías do Concello de Lugo e atendendo ó tipo de discapacidade, a poboación pertencente a estecolectivo distribúese conforme ás seguintes cuantías:

Física: 11.740Psíquica: 7.094Sensorial: 3.236

Por tramos de idade resaltar que a poboación discapacitada máis numerosa corresponde a persoas entre 50 e 64 anos e a con-tinuación o tramo de entre 30 e 49 anos.

Non obstante, e en base ó obxecto do noso estudio, definirase a poboación discapacitada atendendo ás persoas cun grado deminusvalía superior ó 75% e que precisan de terceiras persoas para realiza-las actividades da vida diaria (avd).

Debemos resaltar neste punto a dificultade que supón o coidado das persoas pertencentes a determinados colectivos conespeciais necesidades.

De igual maneira, é importante sinalar que moitas destas persoas pertencen simultaneamente a máis dun colectivo, dado quealgunhas destas situacións sociais adoitan a presentarse unidas, por regla xeral.

Con respecto á infraestructura dirixida a ofertar servizos dirixidos a discapacitados podemos sinalar :

Físicos: 4 entidades

Page 41: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

70

As actividades que se realizan desde estas entidades son de diversa índole atendendo ás diferentes problemáticas (centros dedía, inserción laboral, creación de empresas,..)

Sinalar tamén que existen servizos especializados do Concello con programas que pretenden a eliminación de barreiras arqui-tectónicas .

Psíquicas: 6 entidades

Trátase de entidades de carácter basicamente residencial (servizo de residencia, pisos tutelados, terapia, etc).

Sensoriais: 4 entidades

Estes servizos baséanse na busca de emprego-aprendizaxe de profesións, ocio e tempo libre, coñecemento da linguaxe de sig-nos, etc.

VACINACIÓN INFANTIL

En xullo de 2004 entraba en vigor o novo calendario de vacinación infantil de Galicia, destacándose dos cambios significativoscon respecto ós antíxenos que se suministran:

Substitúese a vacina atenuada frente á poliomelite de administración oral pola vacina inactivada de administración parenteral aefectos de evita-lo mínimo risco de parálise fláccida vacinal, unha vez valorada a resposta inmunolóxica, a seguridade e efectivi-dade da vacina inactivada dispoñible e a nova situación epidemiolóxica da enfermidade eliminada da Rexión Europea pola OMS.Substitúese a vacina DTP de compoñente Pertussis acelular a efectos de aumenta-la seguridade.Elimínase, así mesmo, a quinta dose da vacina antipolio e modifícase a pauta de vacinación frente ó meningococo C que pasade precisar tres doses a soamente dúas.

Non hai cambios con respecto ás enfermidades que se pretende previr. Neste sentido, o programa de vacinación infantil com-prenderá a inmunoprofilaxe activa das seguintes enfermidades:

Page 42: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

7 1

Táboa: Pautas de vacinación infantil Fonte: SERGAS

Táboa: Situación vacinal en menores de 1 ano en Galicia (2003-2004)

Gráfico: Situación vacinal en menores de 1 ano en Galicia

Táboa: Situación vacinal en maiores de 64 anos en Galicia.

Page 43: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

72

4.1.4. Servizos

SERVIZOS Ó CIDADÁN

Táboa: número de centros por finalidadeFonte: Concellería de Servizos Sociais do Excmo. Concello de Lugo

Servizos Sociais

Existe na nosa cidade tres centros de día para maiores: As Gándaras,Antonio Gandoy e Abrite. Entendemos que son claramen-te insuficientes para cubri-la gran demanda existente debido ó envellecemento da poboación e ó feito de que os coidadoresprincipais adoitan ter en moitos casos unha media de idade igual ou incluso superior ó asistido.

Con relación ós Servizos Sociais dispoñemos en Lugo de cinco centros que cubren gran parte das necesidades tanto de mozoscomo de maiores, realizándose cada ano, neste ámbito, un importante e variado número de actividades.

A relación de Centros na cidade de Lugo é a seguinte:· Centro Social de Fingoi· Centro Social de Lamas de Pr ado· Centro Social da Milagrosa· Centro Social de Sagr ado Corazón· Centro Social Uxío No voneira

En canto á Axuda a Domicilio existen cinco empresas privadas adicadas a ofertar este servizo. O Concello, pola súa banda, dis-pón do seu propio programa de axuda a domicilio dirixido a persoas maiores e a discapacitados e que inclúe acompañamen-to e axuda en diversos ámbitos favorecendo asi as relacións sociais e a integración e prestando apoio a un importante núme-ro de familias que presentan algún grado de dependencia. Destacar que na plantilla da empresa adxudicataria deste servizomunicipal (Cruz Vermella Española) e froito dun convenio asinado entre o Concello e o Colexio Oficial de Enfermaría incorpo-rouse no seu día un profesional da Enfermaría.

Constatar tamén que a existencia a nivel provincial dun Servizo de Teleasistencia dirixido a maiores que viven sós e a persoascon minusvalías que supoñen o incremento da probabilidade de sufrir algún risco no seu domicilio.Trátase dun servizo de graninterés, pero que resulta notablemente insuficiente na actualidade.

Page 44: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

7 3

Asociacionismo

Gráfico: Asociacións por tipoloxía

Dispoñemos na cidade de Lugo dun amplo número de asociacións (concretamente 346) nos diferentes ámbitos: culturais (69),deportivas (94), educativas, de enfermos e familiares, etc, sendo o menor número delas as de ocio e tempo libre (4) e os gru-pos ecoloxistas e naturalistas (1).

Equipamentos deportivos

Neste apartado puidemos comprobar un lixeiro aumento en canto a equipamentos tanto xerais que dan cobertura a todo oConcello como aqueles outros ubicados e que prestan servizos nos diferentes barrios. Entendemos que esta melloría favore-ceu un certo incremento do número de usuarios destas instalacións.

Gráfico:Tipoloxía de espazos deportivos

Page 45: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

74

O Padroado de Deportes Municipal, pola súa banda, oferta un variado programa deportivo dirixido a persoas das diferentesidades.A cidade dispón de 13 equipamentos deportivos cuxas instalacións en canto a iluminación, bancadas, accesibilidade, esta-cionamento, etc, podemos considerar globalmente como aceptables.

A Concellería de Xuventude dispón dun programa alternativo para mozos denominado “Elixe a túa Noite” que pretende, a tra-vés do deporte, ademais de ofrecer actividades de ocio alternativas á “movida”, fomentar estilos de vida máis saudables.

Táboa: Centros de atención especializada. 2º trimestre 2005Fonte: Instituto Galego de Estatística

EDUCACIÓN

Tabla:Taxas de analfabetismo na poboación de 16 anos ou máisFonte: Instituto Galego de Estatística

Táboa:Taxa de analfabetismo en poboación estranxeira de 16 anos ou máisFonte: Instituto Galego de Estatística

Gráfico: taxa de analfabetismo en poboación estranxeira de 16 anos ou máis respecto ó total.

Page 46: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

7 5

Táboa: Centros de educación non universitaria segundo tipo de ensinanza e titularidadeFonte: Instituto Galego de Estatística

Page 47: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

76

Táboa: Profesores segundo tipo de ensinanza e titularidade do centros, curso 2003/2004Fonte: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Centros de atención á primeira infancia:

Gardería Infantil “A Nosa Señora do Sagrado Corazón” (Milagrosa)Gardería Infantil “Paradai”

Garderías subvencionadas dependentes de corporacións locais:

Gardería infantil municipal “Serra de Outes”

Garderías subvencionadas dependentes de entidades de iniciativa social:

Gardería infantil “Nazaret”

Centros partícipes do programa Cheque Infantil:

Centro de educación infantil “Bambán”Escola Infantil “Barrio Sésamo 1”Escola Infantil “Barrio Sésamo 2”

Page 48: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

7 7

Gardería Infantil “A Muralla”Gardería Infantil “Caixa Galicia-Lugo”Gardería infantil “Chiquis”Escola infantil “Quicos”Magohi

Centros privados de atención á primeira infancia:

Escola infantil CokeEscola infantil Duende

Centros de atención á primeira infancia en construcción:

Escola Infantil da Deputación de Lugo

De forma xeral, as análises cualitativas realizadas apuntan a que os servizos que máis se ofrecen son:

Educación InfantilGardería /Xardín de InfanciaTransporteComedorActividades extraescolaresGabinete psicopedagóxico para nenos e paisLudoteca

En xeral, as entidades privadas ofrecen maior número de servizos que as públicas,en especial no que se refire a horarios.

En canto ós servizos demandados pola poboación, tanto as entidades públicas como as privadas indican que están cubertos, eque, de haber algún problema, radicaría máis no número de prazas que nas actividades educativas e sociais que se desenvolven.

En referencia ó número de prazas dicir que hai listas de espera polo que respecta ás entidades públicas, o cal é un indicador deque se necesitan máis garderías a precios asequibles, dado que as listas de espera ou non existen ou son pequenas nas priva-das. A este respecto insistir na dificultade de acceso a prazas de garderías públicas e ademais que se adecuen territorialmenteós diferentes barrios necesitándose, así mesmo, ofrecer cobertura en ámbitos moi concretos como o Hospital Xeral ou oCampus Universitario.

Polo que se refire ós centros de ensinanza manifestar que a nosa cidade dispón de 25 colexios entre públicos e privados asicomo 9 institutos que se atopan distribuídos da seguinte maneira.

Page 49: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

78

Relación de colexios públicos e privados:

Colexio Virxe da Soedade As Gándaras (250 alumnos)Colexio As Mercedes (139 alumnos)Colexio Salesianos-Divina PastoraColexio Infantil Fingoi nº 2Colexio AnexaColexio Luis PimentelColexio Manuel Mallo Mallo de Nadela (57 alumnos)Colexio da PonteColexio Illa VerdeColexio Rosalía de CastroColexio Menéndez PelayoColexio Sagrado CorazónColexio de Casás (247 alumnos)Colexio de AlbeirosColexio Quiroga Ballesteros (95 alumnos)Colexio María AuxiliadoraColexio GalénColexio FingoiColexio de ParadaiColexio San JoséColexio da MilagrosaColexio Padres FranciscanosColexio Divino MaestroColexio CervantesColexio Hermanos Maristas

Relación de Institutos:

Instituto Politécnico (Armando Durán)Instituto de Formación Profesional As MercedesInstituto Lucus AugustiInstituto Nosa Señora dos Ollos GrandesInstituto Xoan MontesInstituto Anxel FoleInstituto A PiringallaInstituto SanxillaoInstituto M. Leiras Pulpeiro (Casás)

Page 50: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

7 9

Ensinanza Universitaria

O campus universitario de Lugo depende da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e se atopa especializado en estu-dios pertencentes á rama agraria, reforzando deste modo o desenvolvemento agroalimentario da provincia.

Constatase a existencia dunha paulatina diminución do número de alumnos. Por outra banda, entendemos que se deberíareplantexa-lo desenvolvemento de actividades a partir da cualificación formativa ofertada na cidade, en especial nos sectoressecundario e de servizos.

Titulacións impartidas no Campus de Lugo

Ciencias da Saúde

Diplomatura en Enfermaría (adscrita)Licenciatura en Veterinaria

Ciencias Experimentais

Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (2º Ciclo)Licenciatura en Química (2º Ciclo)

Ciencias Xurídicas e Sociais:

Diplomatura en Ciencias EmpresariaisDiplomatura en Relacións LaboraisDiplomatura en Administración e Dirección de Empresa (2º Ciclo)Mestre, Especialidade de Educación FísicaMestre, Especialidade de Educación InfantilMestre, Especialidade en Educación PrimariaMestre, Especialidade en Lingua Extranxeira

Ensinanzas técnicas

Enxeñeiro Agrónomo (2º Ciclo)Enxeñeiro de Montes (2º Ciclo)Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialidade en Hortofruticultura e XardineríaEnxeñeiro Técnico Agrícola, especialidade Industrias agrarias e alimentariasEnxeñeiro Técnico Forestal, especialidade en Química industrialEnxeñeiro Técnico de Obras Públicas, especialidade en Transportes e Servizos UrbánsEnxeñeiro Técnico en Topografía

Page 51: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

80

HumanidadesLicenciatura en Filoloxía HispánicaLicenciatura en Humanidades

Táboa: Educación en maiores de 16 anosFonte: Instituto Nacional de Estatística (Censo 2001)

Táboa: Alumnos maiores de 16 anos por tipo de estudios en cursoFonte: Instituto Nacional de Estatística (censo 2001)

Page 52: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

8 1

4.1.5. Desenvolvemento económico e emprego

A base económica de Lugo descansa sobre o sector terciario, onde se concentra o 70% da poboación activa e case o 85% dasempresas corresponden ó sector servizos

Gráfico: Reparto por sectores empresariais

Pola contra, o sector industrial é o menos representado a nivel empresarial, congregando unicamente o 6% das empresas doconcello.

En canto á tipoloxía de empresa, a tendencia é claramente de microempresa, supoñendo os autónomos (microempresa senasalariados) o 54% das pemes de Lugo, e máis do 50% do total de empresas asentadas no concello.

Esta escasa capacidade de xeración de emprego vese confirmada polo peso que as empresas de menos de 10 traballadores,que supoñen otro 43% do total de empresas, co que tan só en torno ó 6% das empresas do concello contan con máis de 10traballadores e unicamente existe unha gran empresa.

Táboa:Tipoloxía de empresas de LugoFonte: Instituto Nacional de Estatística (INE)

De aí que a maioría das empresa constituídas en Lugo correspondan a persoas físicas (autónomos) con ou sen persoal contra-tatado ó seu cargo (4.761, o que supón un 64% do tecido empresarial do concello).

Page 53: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

82

Táboa: Empresas por condición xurídicaFonte: Instituto Nacional de Estatística (INE)

Esta composición claramente determina a capacidade de xerar valor engadido e riqueza no entorno, o que é coherente coaúltima posición que ocupa a provincia respecto á creación de valor engadido respecto ás demais provincias da ComunidadeAutónoma de Galicia.

Este feito vese agravado pola dispersión do sector secundario e a escasez de solo empresarial pese á creación, nos últimos anos,de polígonos industriais en áreas cercanas á urbe, como é o caso de O Ceao, e o proxecto existente para a construcción doparque empresarial de As Gándaras, que vén a duplica-la oferta de solo existente para uso industrial.

Polo que se refire ó sector agrario, que se atopa en permanente retroceso, na comarca lucense subsisten e perviven restos daagricultura tradicional en convivencia cunha agricultura máis moderna, aínda que a característica fundamental do sector agrariolucense sexa a atomización e a dispersión.

A superficie agraria do concello é de 23.000 Ha., das cales a maior parte adícase a monte, en segundo lugar atopámonos cunlabradío (cereais, patacas, productos hortícolas, forraxes), e no último lugar, atopámonos con prados e pastizais.

A producción cárnica e láctea continúan sendo importantes piares dentro da economía provincial, aínda que no seno da recon-versión e especializadión para conseguir unha mellora dos rendementos por unidade de producción.

Importancia relativa dos principais réximes da Seguridade Social en Galicia, por provincias

Page 54: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

8 3

Non obstante, e tal e como se pode apreciar no anterior gráfico, Lugo segue a se-la provincia galega onde o sector primariomantén unha maior importancia e predominancia, superando a tódalas demais, e en clara desproporción porcentual respectodas afiliacións ó réxime xeral ou ó especial de autónomos.

Índice de Renda Familiar Bruta Dispoñible= 100 para Galicia

Táboa: Indicadores de renda municipal. Fonte: Instituto Nacional de Estatística (INE)

Con respecto ós indicadores económicos do concello, pódese apreciar unha renda bruta familiar dispoñible por habitantes cer-cana ós 8.500 euros, o que o sitúa en valores superiores á media de Galicia

Táboa:Variación da poboación activa-inactiva no perídodo 1991-2001Fonte: Instituto Nacional de Estatística (INE)

Respecto á poboación activa, a evolución no período intercensal comprendido entre 1991 e 2001 supuxo un incremento netodo 20%, moi superior ó aumento rexistrado na poboación de 16 ou máis anos, que foi do 14,5%.

En relación a este dato, destaca o feito de que, a pesar de aumentar tan significativamente a poboación activa, o número deocupados medrou nun 24,2%, e o número de parados diminuíu en case un punto porcentual.

Pola contra, a poboación inactiva medrou neste período nun 9,3%.

Page 55: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

84

Gráfico:Variación porcentual de índices de poboación activa-inactiva (1991 a 2001)

Táboa:Variación da taxa de paro. Período 1991-2001. Fonte. Instituto Nacional de Estatística (INE)

Así, durante este mesmo período, a taxa de paro rexistrado en Lugo baixou de 15,1 a 12,4 puntos, o que supón unha diminu-ción de practicamente o 18% nestes dez anos, sendo superior o descenso do paro no caso das mulleres (21,2% de diminución)frente ós homes (cun 18%).

Gráfico:Variación da taxa de paro. Período 1991-2001

Gráfico: Paro rexistrado por sexos e idades (2004)

Page 56: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

8 5

Se consideramo-lo impacto desta diminución por idades vemos que os menores de 25 anos supoñen o 13% dos parados entotal.

Gráfico: Paro rexistrado por tramos de idade (2004)

Táboa: Beneficiarios das Rendas de Integración Social e Axudas de Emerxecia SocialFonte: Instituto Galego de Estatística (IGE)

Por último dentro deste ámbito, cabe sinalar que respecto ós perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA)e a Axuda de Emerxencia Social (AES), o seu número foi en aumento ó longo dos últimos anos, de forma lenta pero continua-da, o que supón un toque de atención á hora do desenvolvemento deste plan.

Táboa: Accidentes laborais rexistrados no concello segundo gravidadeFonte: Instituto Galego de Estatística

Gráfico: Evolución dos accidentes por gravidade. Período 2000-2002

Page 57: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

86

Entrado agora o campo dos accidentes laborais ocorridos no concello, a media dos últimos anos fala en torno a 1.500 acci-dentes ó ano, dos cales a gran maioría son leves, resultando mortais unha media de 2 ó ano.

Este perfil económico que acabamos de describir responde á especialización funcional de Lugo, onde se unen o carácter decapital provincial e centro administrativo e de mercado, co dunha cidade en expansión, na que a construcción de infraestructu-ras de transporte e comunicación ou de solo empresarial e asunción de funcións como a universitaria están cambiando a imaxetradicional dunha comarca eminentemente agraria.

4.2 Percepción da poboación sobre a saúde

De cara a obte-la información necesaria sobre a percepción da poboación do municipio acerca da saúde, realizouse un cues-tionario completo composto por seis preguntas múltiples de tipo pechado, de cara a facilita-la súa cumplimentación por partedos enquisados e a estandariza-las respostas ó respecto daqueles temas con maior relevancia.

Non obstante, e como complemento para permitir unha maior flexibilidade e libertade ó cidadá á hora de contestar, dentro daúltima pregunta incluíuse un apartado aberto que permitía ó enquisado manifestar libremente aquelo que quixese facer cons-tar ó respecto.

A enquisa realizouse ó longo do mes de setembro de 2005 de forma totalmente anónima, e unicamente conta cuns datos pre-vios de encabezado para a súa segmentación, consistentes no sexo, idade e ocupación do enquisado.

Para o deseño das preguntas contouse coa participación do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, de cara a determinar conprecisión posibles contidos de interese a efectos da información a obter de cara ó desenvolvemento do presente proxecto. Así,o resultado final foi un cuestionario composto polas preguntas reflectidas no apartado 3.7.2.

Os resultados obtidos detállanse a continuación.

4.2.1. Resultado da segmentación

Na análise dos datos da enquisa realizada no municipio de Lugo en setembro de 2005 destacamos, en principio, o feito de quedo total dos enquisados, que son 171, un 60,8% son mulleres e un 39,2%, homes.

Táboa: segmentación da mostra por sexosFonte: datos propios a partir da enquisa

Page 58: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

8 7

Gráfico: Segmentación da resposta por sexos

Este condicionante de xénero dos mesmos haberá que telo en conta, se ben na poboación en xeral esta proporción, aínda quenon tan diferenciada, se mantén no beneficio do xénero feminino. Pero si teremos en conta este feito no sucesivo.

E tamén vai ser significativo, máis incluso que o dito anteriormente, que na franxa de idade entre 15 e 64 anos estean contidaso 96,5 % das respostas (165 persoas que respostaron), onde se atopa practicamente a totalidade do segmento productivo (tra-balladores) da cidade e soamente un 3,5% (6 persoas) na franxa de idade de 65 ou máis anos.

E isto é significativo debido a que a porcentaxe da poboación de Lugo non se axusta en absoluto a esos parámetros, senon quea poboación de xubilados e anciáns é significativamente maior.

Deste feito inferimos, polos datos cos que contamos, que as contestacións obtidas son maioritariamente de persoas en idadesnas que se desenvolven actividades productivas e estudantes, con algunhas particularidades, como veremos.

Táboa: Segmentación da mostra por idadesFonte: datos propios a partir da enquisa

Gráfico: Segmentación da mostra por idades

Page 59: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

88

É significativa tamén a porcentaxe das persoas que contestan á enquisa e que se atopan no segmento de idade comprendido entre 15 e 39 anos (64,9%).Aestes vámolos cualificar como:“ Pe rsoas con modelo de vida non defi n i t i vo ” , debido a que é nesa franxa de idade na que unha alta porcentaxe da poboaciónbusca o seu primeiro emprego, está estudiando, fo rma a súa familia, dedide ter e comeza a cria-los seus fi l l o s , está consolidando o seu posto de tra b a l l od e fi n i t i vo…independentemente de que poidan existir persoas (mesmo na enquisa) que non se axusten totalmente a esta categoría.

Por outra banda, a porcentaxe de respostas do 31,64% do total correspondería a aquelas persoas que se sitúan no segmento de idade de 40-64 anos e quep o d e riamos categori z a r, con moitísimas reservas e outras tantas precaucións, como“ Pe rsoas con modelo de vida defi n i t i vo ” que pensamos van se-los tipos dep e rsoas cun traballo máis establ e,fillos maiores, máis cargas familiares, c o m e zo de determinados problemas de saúde,… un tipo de vida que lles levará á xubila-c i ó n .

Tamén sabemos que desa porcentaxe do 96,5% que sinalamos anteri o rmente (franxa de idade 15-64 anos) poderemos extrae-la porcentaxe obtida polas per-soas que non realizan traballo algún polo que perciben un salari o.

Pensamos que este factor traballo é un dato signifi c a t i vo á hora de valora-las respostas nesta enquisa. Pero isto verémolo máis adiante.

Estas dúas categorías nas que existen cambios en canto á actividade labora l ,nun grado non cuantifi c a d o,e ós modelos de vida, xunto cunha porcentaxe baixa derespostas obtidas no segmento de xubilados: 3,5% haberá que telas en conta na análise de respostas recollidas.

Por outra part e, seguindo coa nosa introducción, se analizamo-los resultados atendendo á categoría de sexo, temos que o 37,4% de tódalas respostas, no seg-mento de idade 15-64, son realizadas por homes e o 59,06% por mu l l e r e s , proporción que se axusta máis que o dito anteri o rmente sobre a distri bución porsexo da poboación en xe ra l . Se ben as seis persoas de 64 anos ou máis (3,5%), cuxas respostas aparecen na nosa enquisa, están repartidas metade por metadeentre homes e mu l l e r e s .

Outro dato signifi c a t i vo que teremos que ter presente é que non existen contestacións de persoas entre 0-14 anos.

T á b o a : relación entre idade e sexo na mostra . F o n t e :datos propios a partir da enquisa

G r á fi c o :Relación entreidade e sexo na mostra

Page 60: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

8 9

Na análise sobre as profesións dos enquisados, que poderemos ver na táboa refe rida a esta enquisa efectuada en setembro de 2005, segmentada por sexo eidade na fo rma que vimos e coas porcentaxes obtidas, queremos facer varias puntualizacións:

Táboa: Segmentación por ocupación de homes e mulleres. Fonte: datos propios a parttir da enquisa

Page 61: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

90

Gráfico: segmentación por ocupación de homes e mulleres

Unha vez vistas tódalas ocupacións que aparecen na táboa do presente traballo, desglosadas tamén por xénero. Analizada-lasdistintas porcentaxes e tendo en conta o perfil da poboación entrevistada ó que fixemos referencia anteriormente, podemosver que se poderían englobar en dúas grandes categorías:

·“Ocupacións das que se obtén un salar io: (Ocupacións con salario) e·“Ocupacións das que non se obtén salar io”: (Ocupacións sen salario).

Categorías que se explican polo feito de que as persoas reciban ou non salario ou xornal polo traballo ou actividade que mani-festan ter no momento da enquisa.

Page 62: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

9 1

E deste xeito teremos que se agrupámo-las distintas respostas polas ocupacións de estudante, xubilado, ama de casa e desem-pregado que aparecen na enquisa, teremos que un 25,1% das respostas entrarían no grupo de “Ocupacións sen salario” e un74,9% das mesmas, o resto das respostas da mostra, quedarían agrupadas como “Ocupacións con salario”. Se ben é certo quea condición de desempregado non é unha profesión senon un estado laboral de carácter temporal e que contamos con queas persoas que se identifican cunha ou outra profesión están desempeñando a devandita actividade no momento en que se llesrecolleron as súas respostas, cousa que algunhas veces non se axusta á realidade.

Tamén podemos saber das respostas obtidas que si agrupamo-las persoas enquisadas en relación coa súa ocupación obtemosque as catro primeiras categorías (estudante, funcionario, enfermeira/ATS e administrativo) dun total de 42 profesións, corres-ponden ó 42,2% dos entrevistados e entre as seis seguintes (desempregado, dependente, xubilado, profesor, camareiro e empre-sario) teremos unha porcentaxe dun 19,7% do total. Se sumamos estas dúas porcentaxes, temos que nas primeiras dez profe-sións temo-lo 61,9% dos entrevistados.

Se ben o quixeramos facer por sexo, veriamos que na categoría de mulleres se ían manter máis ou menos as mesmas catego-rías profesionais nos dous grupos, cambiando as ocupacións de Desempregado e Empresario que si estarían nas dez primeirasprofesións na categoría de homes, polas de Ama de Casa e Teleoperadora.

Hai que dicir que esta alta porcentaxe de entrevistados nas dez categorías citadas, é a expensas das mulleres nas catro primei-ras. Se agrupámo-los homes polas mesmas dez categorías obteriamos unha porcentaxe do 30% (primeiras catro) e 25% ( asseis seguintes). Así daría un total de 55,8% para as mesmas 10 categorías.

Esta diferencia, como xa dixemos, vén marcada pola diferencia nas catro primeiras ocupacións e pola diferencia en ocupaciónsque poderiamos chamar de xénero, como Enfermeira/ATS,Administrativo, Dependente,Ama de Casa e Teleoperadora, que sonmáis frecuentemente realizadas por mulleres. Non obstante, habería outras profesións como obreiro, fontaneiro e albanel queincrementarían esa porcentaxe na categoría dos homes en detrimento do segmento feminino.

Case tódalas ocupacións da mostra son ocupacións polas que se percibe un salario, se ben poderiamos retirar destas porcen-taxes ós Estudantes (15,2%) no primeiro grupo e obteriamos entre Funcionario, Enfermeira/ATS e Administrativo o 27% dototal dentro de Ocupacións con salario. Se retiramo-lo 4% de Desempregado e o 3,5% de xubilados da mostra, obteriamosunha porcentaxe do 39,2% entre as dez primeiras categorías profesionais definidas como Ocupacións con salario, obtendo unhaporcentaxe do 22,7% entre as Ocupacións sen salario nestas mesmas dez primeiras profesións.

As categorías de Ocupacións con salario son o 72,7% da mostra e un 27,3% son Ocupacións sen salario.

Dentro das dez primeiras ocupacións destas mostra, o 90,6% entrarían na primeira categoría (Ocupacións con salario).

Unha vez visto todo isto, temos uns resultados sobre unha poboación de 171 persoas cuxas respostas, unha vez feitas as seg-mentacións pertinentes, orientan hacia as opinións do sector productivo da capital lucense, diferenciado polo seu traballo máisou menos definitivo (en canto a estabilidade de vida) segundo segmentos de idade (15-39 anos e 40-64 anos) e cun amplocomponente feminino.

Page 63: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

92

As respostas do sector de 65 ou máis anos haberá que analizalas con precaución debido a que a porcentaxe da mostra é do3,5% do total coa indicación de que os enquisados se reparten entre homes e mulleres metade por metade.

Haberá que ter en conta que contamos cunha cuarta parte dos enquisados (27,3%) que non perciben salario algún polo seutraballo, contando que un 15,20% serían Estudantes. Ademais, tomando como referencia toda a mostra, agrupados en dez pro-fesións (23,8% do total) teremos o 61,9% de tódolos entrevistados.

4.2.2. Resultados da enquisa

PREGUNTA 1A:A atención ofrecida no concello (hospital, centros de saúde,…) a cualificaría de moi boa, boa, regular, mala, moimala.

3,4 DE MEDIA

Táboa: Resultados da pregunta 1AFonte: datos propios da partir da enquisa

Da análise da primeria pregunta, apartado A, sobre a Atención Sanitaria do Concello, o primeiro que destaca é que globalmen-te tódolos enquisados responden nun 49,7% que é boa ou moi boa e un 43,3% a cualifican de regular e cun 7% o fan de malae moi mala.

É significativa a diferencia de porcentaxe na cualificación de boa-moi boa con relación a mala-moi mala.

Gráfico: Resultados porcentuais da pregunta 1A por respostas

Page 64: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

9 3

Gráfico: Resultados da pregunta 1A por resposta e sexo

Pero se segmentamo-la mostra por sexo, vemos como as porcentaxes se manteñen próximas entrambas, se ben máis da meta-de dos homes enquisados cualifican como Boa-Moi boa a Atención sanitaria do concello (52,1%) e as mulleres o fan nun 47,9%,mentres que estas últimas a cualifican de regular nun 46,1% a diferencia do 38,8% que é a porcentaxe que se obtén neste con-cepto dos homes.

Na cualificación de regular son as mulleres as que aportan a porcentaxe maior (46,1%) mentres que os homes o fan nun 38,8%.

Ambos cualifican a Atención sanitaria de mala ou moi mala nunha porcentaxe inferior ó 9%, sendo os homes os que máis seachegan a esta porcentaxe, sendo a súa cualificación de moi mala ou moi boa de menos do 3% en ambos segmentos.

O cen por cento do segmento entre 65 ou máis anos a cualifica de Boa.

Táboa: Resultados da pregunta 1A por resposta e franxas de idade.Fonte: datos propios a partir da enquisa

Agora ben, segmentada a mostra por franxas de idade e categorizada cada franxa como apuntamos na introducción, podemosobservar como no segmento de persoas entre 15-39 anos a porcentaxe das mesmas que califican a Atensión Sanitaria doConcello como regular ascende a 45,04%, porcentaxe próxima á da franxa de idade de 40-64 anos, cun 44% de opinións nesteconcepto.

Page 65: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

94

Se ben a cualificación de boa-moi boa no segmento de 15-39 é de 48,6% e a do grupo 40-64 anos é de 46,2%, non nos pare-cen significativas as súas diferencias, igualmente que non nos parecen significativas as diferencias de 6,3% e 9,2% destos doussegmentos respectivos no conxunto de datos e porcentaxes manexadas.

Temos en Boa-Moi Boa a maior porcentaxe en homes (52,1%) e no grupo entre 15-39 anos (48,6%) e en Mala-Moi Mala taménen Homes (8,8%) e entre 40-64 anos (9,2%). Sendo a valoración de regular en Mulleres (46,1%) e entre 15-39 anos (45,04%)as que aportan as maiores porcentaxes de respostas.

Gráfico: Resultados da pregunta 1A por resposta e franxas de idade

Resumo 1A

En xeral, a atención sanitaria ofrecida no Concello a cualifican de boa ou moi boa (49,7%) aínda que unha porcentaxe bastan-te elevada a cualifican de regular (43,3%).Por idades, entre as persoas de 15-39 anos, un 48.6% e entre as de 40-64 anos, un 46,2%, valoran a atención sanitaria noConcello como boa ou moi boa. Hai que ter en conta que as persoas de 15-39 anos son as que se atopan en mellor estadode saúde e polo tanto son os que menos necesitarían destes servizos, mentres que as persoas de 40-64 anos empezarían xa ater máis problemas de saúde, sobre todo as mulleres, que nesta idade adoitan a visitar máis o seu médico, e un 47,9% cualifi-can esta atención de boa ou moi boa. Cabe destacar tamén que a opinión das persoas de 65 ou máis anos, que serían os quemaiores problemas de saúde terían e polo tanto os que máis usarían este servizo, estos cualificaron a atención sanitaria comoboa nun 100%.

PREGUNTA 1B: ¿ E as urxencias? Moi boa, boa, regular, mala, moi mala.

3,5 DE MEDIA

Page 66: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

9 5

Táboa: Resultados da pregunta 1B por respostas e sexoFonte: datos propios a partir da enquisa

Gráfico: Resultados da pregunta 1B por resposta

Referida ás urxencias, a Atención sanitaria do concello é valorada polo total dos enquisados en Boa-Moi Boa nun 56,1%, men-tres que un 10,5% as cualificaría de Mala-Moi Mala e un 33,3% de regular.

Parece ser que a experiencia dunha urxencia fai que se reduza a porcentaxe da cualificación de regular por parte de tódalaspersoas entrevistadas, pasa a un 33,3% mentres que sube significativamentea súa cualificación de Boa-Moi boa (56,1%), en 6,6puntos porcentuais con respecto á valoración da pregunta anterior, e tamén sube 3,5 puntos (10,5) a valoración da urxenciacomo Mala-Moi Mala, na Atención Sanitaria do Concello.

Gráfico: Resultados da pregunta 1B por resposta e sexo

Page 67: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

96

Se botamos unha ollada ós resultados por segmentos de sexo podemos observar como aquí si se produce unha lixeira dife-rencia con respecto á valoración destes segmentos na pregunta anterior.

Tanto homes como mulleres cualifican cunha porcentaxe de máis do 50% (52,2% e 51,9% respectivamente) a Atención SanitariaUrxente de Boa e aquí son os homes os que aportan un 7,4% de Moi Boa a súa valoración o que aumenta a mesma en 4,5puntos porcentuais con respecto á pregunta anterior.

Deste xeito temos que os homes valoran como Boa-Moi Boa nun 59,6% e as mulleres o fan nun 53,8% (7,5 e 5,9 puntos desubida, respectivamente, con respecto á pregunta anterior).

Estas puntuacións obtéñense a expensas da baixada na valoración de regular por parte de homes (31,3%) de 7,5 porcentuaisrespecto á valoración da pregunta anterior e dun 11,4% por parte de mulleres, o que as deixa cunha porcentaxe de regulardun 34,6%.

Isto último parece bastante significativo xa que pasan dunha valoración na pregunta anterior de 46,1% ó actual 34,6%.

Na valoración da Urxencia como Mala-Moi Mala, tamén hai que destacar con respecto á valoración da pregunta anterior quea cualificación sube 5,4 puntos porcentuais o que a sitúa en 11,4%. Mentres que no segmento dos homes se mantén igual quea valoración da pregunta anterior.

Disto dedúcese que referidos ás contestacións da presente mostra, homes e mulleres en canto se achegan ós servizos de urxen-cia melloran a súa opinión en canto ós servizos prestados pola Asistencia Sanitaria do Concello, se ben o fan ambos a expen-sas dunha certa ambivalencia que se valora coa categoría de Regular.

Por outra parte, parece ser que as mulleres, no seu contacto con estos servizos, teñen experiencias máis negativas que oshomes, xa que parte das súas respostas van á categoría de Mala-Moi Mala, mentres que estos manteñen a mesma valoración.

Máis da metade da mostra valora estas urxencias como Boas.

Táboa: Resultados da pregunta 1B por resposta e sexo. Fonte: datos propios a partir da enquisa

Agora, se analizamo-las porcentaxes referidas ás franxas de idade, temos como datos significativos que no segmento de 15-39anos se produce unha baixada na valoración de Regular (31,5%) mentres que o segmento de 40-65 anos se mantén en cifrasdo 40,7%.

Page 68: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

9 7

E se ben en ambos grupos a valoración de Boa-Moi Boa sube do 50% (54,9% e 53,6% respectivamente), 6,3 e 7,4 puntos por-centuais con respecto á valoración da pregunta anterior, no segmento de 15-39 anos o fai a expensas da cualificación de Boado grupo de 15-39 anos (53,1%) e da de Moi Boa do grupo de 40-64 anos que pasa a ter unha porcentaxe de respostas do7,4% (dobra a valoración deste segmento na resposta anterior).

Por outra parte, a valoración do segmento de 65 ou máis anos segue manténdose no 100% para Boa-Moi Boa, coa indicaciónde que agora hai unha porcentaxe do 16,6% que a cualifica de Moi Boa.

As porcentaxes na categoría de Mala-Moi Mala son de 13,5% no segmento entre 15-39 anos e de 7,4% (moito menos) no deentre 40-64 anos.

Gráfico: resultados da pregunta 1B por resposta e tramo de idade

Así temos que as porcentaxes maiores en Boa-Moi Boa, dánse entre os homes (59,6%) e no segmento entre 15-39 anos(54,9%) mentres que na categoría Mala-Moi Mala a maior porcentaxe dáse no grupo das mulleres (11,4%) e entre 15-39 anos(13,5%). Sendo as maiores porcentaxes na categoría de Regular os obtidos polas mulleres (34,6%) e entre 40-64 anos (40,7%).

Do dito anteriormente e polos datos presentados, pódese deducir que como a medida que aumenta a idade as persoas acu-den máis a urxencias, a percepción de mellora dos servizos sanitarios de urxencia do Concello vai aumentando en relación áasistencia normal.

Ademais, aumenta a valoración de Moi Boa nos tres segmentos de idade estudiados (1,8%, 7,4% e 16,6%) e diminúe a de Mala-Moi Mala (13,5%, 7,4% e 0%), cousa que non pasaba nos resultados de valoración por franxas de idade da pregunta anteriorreferida á Asistencia Normal.

Resumo 1B

A maioría dos enquisados opinan que a atención sanitaria nas urxencias é boa ou moi boa (56,1%), un 33,3% comentan que éregular, mentres que só un 10,55 a cualifican de mala ou moi mala.

Page 69: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

98

Podemos dicir que, en xeral, a atención sanitaria nas urxencias é considerada de mellor calidade que a atención nos hospitais ecentros de saúde, se pode pensar que esta opinión en parte se debe ás listas de espera que existen sobre todo na atenciónespecializada.

Un 54,9% das persoas de 15-39 anos opinan que a atención nas urxencias é boa ou moi boa, mentres que as persoas de 40-64 anospensan que é regular nun 40,7%, cousa que habería que ter en conta porque eles serían os que máis empregarían este servizo, xasexa acudindo eles mesmos ou acompañando ós seus maiores. É imporante destacar que o 100% das persoas maiores de 65 anosopinan que esta atención é boa ou moi boa.

PREGUNTA 2: ¿Qué valoración lle merece a atención ofertada polos Servizos Sociais (residencias, centro de día, atenión a domici-lio,…). Moi boa, boa, regular, mala, moi mala.

MEDIA 3,3

Táboa: resultados da pregunta 2 por resposta e sexoFonte: datos propios a partir da enquisa

Gráfico: resultados da pregunta 2 por resposta

Se nos pasamos a analiza-la segunda pregunta, referida á valoración dos Servizos Sociais Municipais podemos ver como a porcentaxemaior de respostas a atopamos na categoría de Regular (49,7%), maior que nas dúas preguntas anteriores do apartado anterior quevaloraba a Asistencia Sanitaria.

Mentres que na categoría Boa-Moi Boa obtemos un 39,2% (moi inferior nas respostas da pregunta anterior) e na de Mala-Moi Malaun 8,8% (algo superior á valoración da pregunta 1A pero inferior á 1B que se referías ás urxencias) de respostas.

Page 70: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

9 9

Táboa: resultados da pregunta 2 por resposta e sexo

Agora ben, se a análise a facemos segmentando por xénero, temos que os homes responden Regular nun 58,2% e as mulleres nun41,8% dos casos (por riba das respostas obtidas tanto en 1A como en 1B en ambos segmentos).

Pero na categoría Boa-Moi Boa, cualificada cun 34,2% e 42,3% nos segmentos de homes e mulleres respectivamente, vai ocorre-lofenómeno contrario. En ambos segmentos vai baixa-la valoración de homes e mulleres en relación coas dúas preguntas anteriores. Asmulleres o valoran mellor que os homes, feito que non ocorría na pregunta anterior.

Pero se ben as mulleres o valoran mellor, tamén son elas as que obteñen unha porcentaxe maior de respostas na valoración de Mala-Moi Mala (10,5%) en relación co grupo de homes (5,9%), situación idéntica á que nos encontraramos ó valorar as Urxencias Sanitarias,e que era contraria na valoración da Asistencia Sanitaria normal. (Os homes a valoraban peor que as mulleres, pero sen chegar ásporcentaxes que obtemos agora cos Servizos Sociais no caso de Asistencia Normal superando con moito esta cifra no segmento demulleres da pregunta 1B, a Asistencia Sanitaria Urxente).

Poderiamos seguir analizando cada categoría en particular e ver como é na categoría de Moi Boa desta pregunta referida a ServizosSociais onde as mulleres fan a súa máxima valoración (4,8%) en relación ás dúas preguntas 1A e 1B da resposta anterior (2,8% e 1,9%,respectivamente).

Mentres que nesta mesma categoría será o grupo dos homes o que, aínda que se achegue ó das mulleres (4,4% para os homes), baixaa súa valoración con respecto a esta mesma categoría en relación á pregunta 1B (sobre as Urxencias Sanitarias) de forma moi signi-ficativa (de 7,4% a 4,4%).

Como significativa tamén parece a comparación de porcentaxes obtidas polo grupo de mulleresna categoría Mala da presente pre-gunta (9,6%) en relación coas preguntas 1A e 1B (3,8% e 8,6% respectivamente).

Así sorprende que as mulleres lle dean unha valoración de Moi Mala do 0,96% á asistencia Municipal de Servizos Sociais (a diferenciade 1,9% e 2,8% das preguntas 1A e 1B respectivamente) e que a porcentaxe de respostas dos homes nesta categoría sexa de 1,4%.

Page 71: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

10 0

Sorprende tamén o feito de que aparece por primeira vez neste estudio unha categoría de Non Sabe/Non Contesta (NS/NC) cunhaporcentaxe do 2,3% do total da mostra (tres mulleres e un home), un 2,8% do segmento mulleres e un 1,4% do dos homes.

Da análise da valoración dos Servizos Sociais por grupos de idade, podemos observar como mentres que as respostas de Regular nosegmento de idade entre 15-39 anos é de 43,2%, a pocentaxe de persoas que categoriza desta maneira a atención de Servizos Sociaisse dispara ó 64,8% no segmento entre 40-64 anos, e mentres que o primeiro segmento a cualifica de Boa-Moi Boa nun 44,1% osegundo o fai nun 25,9%.

A cualificación de Mala-Moi Mala será dun 9,9 no segmento de 15-39 anos e de 7,4 no de 40-64 anos.

A porcentaxe da categoría de NS/NC é maior no primeiro segmento (3 persoas) que no segundo (1 persoa).

Táboa: Resultados a pregunta 2 por resposta e tramo de idadeFonte: datos propios a partir da enquisa

Gráfico: Resultados da pregunta 2 por resposta e tramo de idade

Se o comparamos co cadro de respostas obtidas entre homes e mulleres, temos que son os homes (58,2%) e a franxa entre 40-64anos (64,8%) os que valoran con máis ambivalencia (Regular).

Page 72: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

101

En troques é na categoría de Boa-Moi Boa onde as mulleres (42,3%) e no segmento entre 15-39 anos (44,1%) manteñen as porcen-taxes de respostas máis elevadas.

Por outra banda, o grupo de mulleres (10.5%) e entre 15-39 anos (9,9%) son as que valoran nunha proporción maior como Mala-Moi Mala a Asistencia Social do Concello.

É significativa, aínda que a mostra non é representativa que o grupo de 65 ou máis anos valora esta asistencia como Boa nun 66,6%(4 persoas), Regular nun 33,3% (2 persoas), sendo a primeira vez que aparece esta valoración nas respostas obtidas pola mostra.

Resumo 2:

Á atención ofertada polos Servizos Sociais Municipais dánlle unha valoración de Regular (49,7%) aínda que un 39,3% a valora de Boa-Moi boa, polo que poderiamos considerar que, en xeral, fan unha valoración aceptable destos servizos.

Un 2,3% da poboación enquisada non sabe ou non contestou a esta pregunta, supoñemos que nunca empregaron estos servizos.

Hai que ter en conta que un 66,6% das persoas de 65 ou máis anos opinan que esta atención é boa, e estas persoas son normalmen-te os usuarios destos servizos. É tamén un dato relevante que o 64,8% das persoas de 40-64 anos cualifican a atención de regular, istonos pode indicar que estas persoas non atopan unha solución para o cuidado dos seus anciáns cos servizos sociais que se prestan ouque estos servizos son insuficientes para a poboación, polo que lles suporía un problema.

PREGUNTA 3A: ¿E a valoración en canto a oferta educativa do municipio sobre os seguintes temas? Drogas (Moi boa, boa, regular,mala, moi mala).

2,4 DE MEDIA

Táboa: resultados da pregunta 3A por resposta e sexoFonte: datos propios a partir da enquisa

Page 73: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

10 2

Gráfico: resultados da pregunta 3A por resposta

Nesta pregunta destaca significativamente o feito de que un 53,8% dos enquisados valoren a Oferta Educativa do Concello sobre dro-gas como Mala-Moi Mala (35,7% e 18,1% respectivamente) mentres que a proporción de respostas na categoría de Boa-Moi Boa édun 12,3% (11,7% e 0,6% respectivamente). Se se quere ver así, o 18,1% de Moi Mala contrasta con 0,6% de Moi Boa.

Polo que respecta á categoría de Regular a porcentaxe é dun 35,7% dato que nos orienta en canto ó descoñecemento, falta de inte-rese ou a ambigüidade na valoración da Educación sobre drogas.

Gráfico: resultados da pregunta 3A por resposta e sexo

Pero se esta análise a facemos en relación coas respostas de homes e mulleres da mostra, podemos obserrvar como é o grupo doshomes (64,1%) e en menor proporción o das mulleres (47,1%) o que cualifica como Mala a Educación sobre drogas ofertada.

Mentres que son as respostas das mulleres (13,4%) máis que as dos homes (10,4%) as que orientan en cualificala de Boa-Moi Boa.

Se ben, son significativas as porcentaxes de ambos grupos ó cualificala de Moi Boa: homes o 1,4% e Mulleres o 0%.

Se nos referimos á valoración de Moi Mala, podemos observar como os homes contestan nun 23,8% mentres que as mulleres o fannun 14,4%.

Page 74: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

103

Tamén nestas pregunta aparece unha porcentaxe de 1,9% de respostas de NS/NC (1,2% do total da mostra) que corresponden ócontestado por dúas mulleres.

Táboa. Resultados da pregunta 3A por resposta e tramos de idadeFonte: datos propios a partir da enquisa

Gráfico: Resultados da pregunta 3A por resposta e tramos de idade

Agora ben, ó face-la análise das respostas referidas a este apartado sobre a Educación Municipal sobre drogas, vemos que é o grupoentre 40-64 anos o que a cualifica de Mala-Moi Mala nunha porcentaxe do 70,3% (destacando que dentre estos un 50% a cualificade Mala) mentres que o segmento de poboación da mostra comprendido entre 15-39 anos o fai nun 47,7%, e o que corresponde a65 anos ou máis o fai nun 16,6%.Este último segmento (65 ou máis anos) é o que, aínda non sendo significativo nestra mostra, dá unha porcentaxe de 83,3% na súacualificación de Regular. Os outros dous grupos, de 15-39 anos e de 40-64 anos o farán neste concepto cun 36,03% e 20,3% respec-tivamente.

A valoración de Boa-Moi Boa no segmento de entre 15-39 anos é de 14,4% e no de 40-64 dun 9,2%. O grupo de 65 anos ou máiso fará neste concepto nun 0% e a categoría de NS/NC nútrese da contestación de dúas persoas do segmento de 15-39 anos cun1,8%.

Así temos como son os homes (64,1%) e o grupo entre 40-64 anos (70,3%) os que fan unha valoración de Mala-Moi Mala máis altae son as mulleres (13,4%) e o segmento de 15-39 anos (14,4%) os que valoran máis alto: Boa-Moi Boa, a Educación Municipal sobreDrogas. De tódolos xeitos temos que destacar o 47,7% de valoración de Mala-Moi Mala do segmento entre 15-39 anos e o 47,1%de mulleres tamén a cualificarían desta maneira.

Page 75: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

10 4

A cualificarían de Regular en maior proporción as mulleres (37,5%) e a franxa entre 15-39 anos. Importante, aínda que non significa-tivo, debido ó tipo de mostra, é o resultado de 83,3% de respostas obtido no grupo de 65 ou máis anos en canto á súa valoracióncomo Regular, como xa dixemos anteriormente e un 16,6% a cualifican de Mala.

Resumo 3A:

A opinión da poboación en canto á oferta educativa sobre drogas é máis ben mala (53,8%), seguida dun 32,7% que opinan que éRegular.

A poboación entre 15-39 anos decántase máis por unha valoración de mala ou moi mala (47,7%) sobre esta oferta educativa, omesmo que os de 40-64 anos cunha porcentaxe aínda maior (70,3%), o que nos indica que as persoas que teñen problemas con seusfillos son as que consideran que están menos informadas, ademais de considerar tamén os seus fillos que esta oferta é mala. As per-soas de 65 ou máis anos quizais ven xa este mundo das drogas doutra forma, un pouco máis alonxado, e consideran que esta ofertaé regular nun 83,3% e Moi Mala nun 16,6%.

Dentro das persoas de 15-39 anos hai un 1,2% que non sabe ou non contesta a esta pregunta.

PREGUNTA 3B: ¿E a valoración en canto á oferta educativa do concello sobre os seguintes temas? Sexo (Moi boa, boa, regular, mala,moi mala).

Táboa: Resultados da pregunta 3B por resposta e sexoFonte: datos propios a partir da enquisa

Gráfico: Resultados porcentuais da pregunta 3B por resposta

Page 76: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

105

Da mesma forma vemos, nesta segunda pregunta referida a como se valora a oferta educativa municipal sobre sexo, que aumentalixeiramente a porcentaxe das respostas á pregunta anterior en canto á valoración de Regular (pasa de 32,7% a 39,8%) e que baixalixeiramente en relación á valoración de Mala-Moi Mala (do 53,8% da pregunta 3A ó 51,4% desta pregunta).

Nembargantes é significativo que tamén vai baixa-la porcentaxe de respostas Boa-Moi Boa con relación á pregunta 3A (do 12,3% ó7,6%). Así é que vai existir maior ambivalencia e indefinición nesta pregunta.

Gráfico: resultados da pregunta 3B po resposta e sexo

Se comparamo-las respostas entre o grupo de homes e mulleres, vemos como é no grupo de homes onde as respostas son máisnumerosas na categoría de Mala-Moi Mala (62%) mentres que nas mulleres para esta mesma cualificación manteñen un 44,1%.

Situación que ocorría de igual maneira na pregunta 3A (64,1% e 47,1% respectivamente). Se ben aquí a cualificación de Moi Mala porparte dos homes (31%) é lixeiramente superior á da pregunta anterior (3A: 23,8%), mentres que en mulleres nesta mesma categoría(Moi Mala) as porcentaxes son bastante aproximadas (3A: 14,4% e 3B: 15,3%).

Nas porcentaxes obtidas na categoría de Boa-Moi Boa por parte de mulleres (12,8%) prodúcese un pequeno descenso con relacióná pregunta 3A (13,4%), algo que tamén ocorre nas respostas obtidas polo grupo de homes (7,9%) que baixa tamén con respecto ásobtidas na pregunta 3A: 10,4%).

A porcentaxe de respostas que cualifican como Regular a Oferta Educativa Municipal en canto a sexo (pregunta 3B), é dun 47,1% nogrupo das mulleres e de 28,1% no de homes.

Así é que serán elas as que se manteñan nunha maior ambivalencia, indefinición ou descoñecemento á hora de valorar esta ofertaeducativa.

Page 77: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

10 6

Táboa: Resultados da pregunta 3B por resposta e idade. Fonte: datos propios a partir da enquisa

Agora ben, se analizamo-las porcentaxes das respostas obtidas neste apartado en relación ós grupos de idade nos que temos seg-mentada a mostra, podemos ver como a maior porcentaxe de respostas na categoría Mala-Moi Mala é no segmento de 40-64 anos(61,1%) sendo bastante significativo tamén o resultado obtido no grupo de 15-39 anos (48,8%).

Ambos tamén elevados na pregunta 3A (40-64: 70,3% e 15-39: 47,7%). Se ben suben lixeiramente en ambos segmentos as porcen-taxes de Moi Mala na pregunta actual (40-64: 25,9% e 15-39: 20,7%).

Pero se a subida é lixeira na anterior valoración, moito maior é a baixada das porcentaxes obtidas en Boa-Moi Boa no segmento de15-39 anos (pasa de 14,4% en 3A a 8.1% na pregunta actual), mentres que no segmento 40-64 anos se mantén nunhas porcentaxesde 7,4% (algo inferior ó 9,2% da pregunta 3ª).

Na categoría de Regular, é significativo que, con respecto á pregunta anterior (3A), as porcentaxes das contestacións a esta preguntasuben nos dous segmentos de idade que estamos analizando (de 15-39 anos un 41,4% e de 40-64 anos un 31,4%) e fan nun 5,3 e11,1 puntos porcentuais, respectivamente segundo os segmentos citados, con respecto á pregunta anterior. Obtemos unha subidamoito maior no segmento comprendido entre 40-64 anos.

Temos desta forma que son os homes da mostra (62%) e o grupo entre 40-64 anos (61,1%) os que valoran peor (Mala-Moi Mala)a Educación Municipal sobre sexo. Pero aquí vemos como unha maior porcentaxe de mulleres (31%) a cualifican de Moi Mala (na pre-gunta 3A esta porcentaxe era de 14,4%)

Gráfico: Resultados da pregunta 3B por resposta e idade

Page 78: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

107

Destaca o feito de que na pregunta 3A o grupo entre 40-64 anos valora como Mala a Educación Municipal (sobre Drogas), nun 50%,situación que xa fixeramos saber coa análise das respostas a esa pregunta, mentres que a porcentaxe por este concepto (Mala) e nestemesmo grupo de entre 40-64 anos, nesta pregunta (3B) é do 35,1%.

Por outra banda, as maiores porcentaxes nas respostas na categoría de Boa-Moi Boa corresponden ás mulleres (12,8%) e ó segmen-to entre 15-39 anos (8,1%) os que a valoran en maior proporción. Na pregunta 3A eran tamén as mulleres(13,4%) e entre 15-39anos (14,4%) ás que correspondían as maiores porcentaxes. Se ben nesta pregunta (3B) a porcentaxe de homes que valoran Boa-Moi Boa é lixeiramente inferior (pasa do 10,4% na pregunta 3A ó 7,9% da 3B) nas dúas franxas de idade estudadas.

Tamén nesta pregunta aparece a categoría NS/NC que corresponde a 2 mulleres (1,9% deste grupo) que figuran no segmento deidade de 15-39 anos.

É significativo que das seis persoas que forman o grupo de 65 ou máis anos, o 83,3% valora a Educación Municipal sobre sexo comoRegular e o 16,6% como Mala, porcentaxe idéntica á da pregunta anterior (3A).

RESUMO 3B:

En canto á oferta educativa sobre sexo, a xente opina que é mala ou moi mala nun 51,4%, seguido dun 39,8% que opinan que é regu-lar.

Deberiamos ter en conta que as persoas de 15-39 anos, que se supón que deberían estar mellor informadas sobre este tema debi-do a que son na súa maioría estudantes, consideran nun 48,6% que a oferta educativa é mala-moi mala, se debería considerar quenesta franxa de idade as persoas adoitan ter parellas non estables. Entre os 40-64 anos opinan que a oferta educativa é mala nun61,1%, tendo en conta que nesta idade as persoas adoitan ter parellas estables (aínda que sempre deberían estar ben informados),estos datos poden reflexarno-la súa preocupación porque os seus fillos non estean ben informados.

Os homes fan unha peor valoración sobre a oferta educativa sobre sexo, un 62% opinan que é mala, fronte a un 44% de mulleres.

Un 1,2% de toda a mostra, NS/NC. Estas porcentaxes sitúanse no segmento 15-39 anos.

PREGUNTA 3C: ¿E a valoración en canto a oferta educativa do concello sobre os seguintes temas? Educación vial (Moi Boa, Boa, regu-lar, mala, moi mala).

2,6 DE MEDIA

Táboa: Resultados da pregunta 3C por resposta e sexo. Fonte: datos propios a partir da enquisa

Page 79: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

10 8

Gráfico: Resultados porcentuais da pregunta 3C por resposta

Os resultados das respostas obtidas nesta pregunta 3C, referida á Educación Vial, seguen a mesma liña das dúas preguntas anteriores.A alta porcentaxe da categoría de Mala-Moi Mala: 42,1% do total da mostra (o grupo dos homes 52,1% e Mulleres 35,5% aínda quelixeiramente inferior que nas outras dúas preguntas 3A e 3B) contrasta co 21% de respostas obtidas na categoría de Boa-Moi Boa(21,1%) e o 36,7% da cualificación de Regular.

Agora ben, se nos atemos a estas porcentaxes de forma global (en toda a mostra) podemos observar que destaca a alta porcentaxede preguntas obtidas no apartado de Boa-Moi Boa (21,1%) en relación ó obtido coa pregunta 3A (12,3%) ou 3B (7,6%).

E hai outro dato que sorprende, a pesar de subir esta procentaxe nesta pregunta 3C, a categoría Moi Boa obtén o 0% das respostas,ou sexa que a porcentaxe obtida en Boa-Moi Boa a fai a expensas da categoría Boa que ten unha subida importante en relación coasporcentaxes obtidas nas preguntas precendentes (3A: 11,7%; 3B: 6,4% e 3C: 21,1%).

A categoría de Regular manténse nas mesmas cifras aproximadamente (3A: 32,7%; 3B: 39,8% e 3C: 36,3%).

Gráfico: resultados da pregunta 3C por resposta e sexoSe analizamo-los resultados segundo os segmentos da mostra: homes e mulleres, vemos que van se-los homes (52,1%) os que valo-ran máis negativamente (Mala-Moi Mala) a oferta en educación vial, mentres que as mulleres serán as que o fagan máis positivamen-te (Boa-Moi Boa), sendo ademais estas últimas as que manteñen as súas respostas nunhas porcentaxes maiores no segmento deRegular (41,3%) en clara diferencia coas respostas dos homes neste concepto (28,3%).

Page 80: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

109

Cabe destacar que obtemo-lo 22,1 de respostas Boa-Moi Boa por parte de mulleres e o 19,4% de homes e comparando temos:Homes: 3A: 10,4%; 3B:7,9%; 3C: 19,4% e Mulleres: 3A: 13,4%; 3B: 12,8% e 3C: 22,1%. Os dous segmentos suben a súa valoración.

Significativos serán tamén os resultados obtidos na categoría de Regular por homes e mulleres. Os homes obteñen: 3A: 25,3%; 3B:28,1% e 3C: 28,3% (mantéñense) e as mulleres: 3A: 37,5%; 3B: 47% e 3C: 41,3%.

Resulta ilustrativo comproba-la gran diferencia de porcentaxes nas súas respostas (Regular) entre 3A, 3B e 3C, por parte do segmen-to de mulleres da mostra.

Como xa dixemos anteriormente, ninguna persoa de ambos grupos califica de Moi Boa esta pregunta (0% da mostra). O 0,6% damostra (unha muller) responde NS/NC.

Táboa: resultados da pregunta 3C por resposta e tramo de idade. Fonte: datos propios a partir da enquisa

En canto ás respostas obtidas polos distintos segmentos de idade, temos que se segue mantendo unha alta porcentaxe das respostasMala-Moi Mala no segmento entre 15-39 anos (37,8%) e 40-64 anos (53,6%). Se ben esta diferencia se mantén nas preguntas 3A, 3Be 3C, se as comparamos nos distintos segmentos (Entre 15-39 anos: 3A: 47,7%; 3B: 48,6% e 3C: 37,8%. Entre 40-64 anos: 3A: 70,3%;3B: 61,2% e 3C: 53,6%), vemos que hai diferencias entre elas baixando pouco a cualificación de Mala-Moi Mala nesta pregunta, enambos segmentos de idade.

Se analizamo-la categoría de Regular vemos que no segmento entre 15-39 anos, as porcentaxes das distintas respostas serían: 3A: 36%;3B: 41,4% e 3C: 43,2%, en claro incremento nesta pregunta, mentres que para o segmento entre 40-64 anos: 3A: 20,3%; 3B: 31,4% e3C: 20,3%, (a porcentaxe maior de respostas na categoría Regular é na pregunta sobre a Oferta Educativa sobre Sexo).

Gráfico: resultados da pregunta 3C por resposta e tramo de idade

Page 81: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

11 0

Nas distintas respostas obtidas na categoría de Boa-Moi Boa, segundo os distintos segmentos de idade, temos que para o segmentode 15-39 anos: 3A: 14,4%; 3B: 8,1% e 3C: 18%, significativamente aumentado nesta pregunta con respecto ás preguntas anteriores. Nosegmento da mostra entre 40-64 anos, temos que os resultados son: 3A: 9,2%; 3B: 7,4% e 3C: 25,9%.Tamén elevado respecto ás ante-riores e nestra franxa de idade con maiores porcentaxes que no anterior segmento analizado (15-39 anos).

A persoa que contesta NS/NC sitúase no segmento de idade de entre 15-39 anos e o único que responde con Moi Boa en toda amostra a estas tres preguntas sobre Educación formuladas, é un home que se sitúa neste mesmo segmento de 15 a 39 anos.

Así temos que van se-los homes (52,1%) e o segmento de entre 40-64 anos (53,6%) dos que obtemos unha porcentaxe maior derespostas na valoración desta pregunta como Mala-Moi Mala.

Nas respostas 3A ( Homes: 64,1% e o grupo de 40-64 anos: 70,3%) e 3B (Homes: 62% e entre 40-64 abos: 61,1%) o facían nunhaporcentaxe maior.

As porcentaxes das mulleres neste grupo de idade e con estas porcentaxes sería: 3A: 47,1%; 3B: 44,1% e 3C: 35,5%, como vemos bas-tante inferiores ós das respostas obtidas polos homes. E van se-las mulleres (22,1%) e o segmento entre 40-64 anos (25,9%) as quevaloran Boa-Moi Boa cunhas porcentaxes maiores a Oferta Educativa Municipal en canto a Educación Vial, mentres que os homesneste segmento de idade o fan nunha porcentaxe lixeiramente menor (18%).

Se comparamos coas dúas preguntas anteriores, teremos que os que valoran en maior proporción como Boa-Moi Boa en 3A: Mulleres(13,4%) e a franxa entre 15-39 anos (14,4%) e 3B: Mulleres (12,8%) e entre 15-39 anos (8,1%), se ben estas últimas non moi alon-xadas do 7,4% do segmento entre 40-64 anos.

Concluímos que, a diferencia dos resultados obtidos nesta pregunta, as mulleres que valoran como Boa-Moi Boa, van se-las compren-didas entre os 15-39 anos nas preguntas A e B, mentres que nesta pregunta C o segmento que valora en maior proporción comoBoa-Moi Boa vai se-lo de 40-64 anos.

As maiores respostas obtidas na categoría de Regular podemos atopalas entre o grupo de Mulleres (41,3%) e o segmento de idadeentre 15 e 39 anos (43,2%) a moita distancia da porcentaxe de respostas por este concepto dos homes (28,3%) e do segmento demostra comprendido entre os 40-64 anos (20,3%). A maior porcentaxe de respostas obtidas como Regular nas outras dúas pregun-tas serían: 3A: Mulleres (37,5%) e entre 15-39 anos (36,03%) e 3B: Mulleres (47%) e entre 15-39 anos (41,4%). Está claro que na mos-tra que estudamos, é o grupo das mulleres entre 15 e 39 anos o que maioritariamente valora como Regular a Oferta EducativaMunicipal nos tres apartados desta pregunta (3A, 3B e 3C).

O segmento de 65 ou máis anos sufre unha lixeira modificación xa que as respostas obtidas para esta pregunta se reparten entre:Regular : 50% (3 respostas); Mala: 16,6% (1 resposta) e Boa: 33,3% (2 respostas), que aínda que varían con respecto ás contestaciónsdas preguntas anteriores (3A e 3B), non sería significativa debido ó tamaño deste segmento no conxunto da mostra. Os resultadosserían para as dúas preguntas (3A e 3B) de 83,3% e de 16,1% para as categorías de Regular e Mala-Moi Mala respectivamente.

Resumo 3C:

En relación coa oferta sobre educación vial, as respostas son moi dispares, predominando a contestación de Mala-Moi mala no 42,1%dos casos, seguido dun 36,3% que contestaron regular, e un 21,1% Boa. Ninguén a cualificou de Moi Boa.

Page 82: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

111

Se analizamos segundo a idade, de 15-39 anos opinan que a oferta sobre educación vial é regular, frente ós de 40-64 anos que a cua-lifican de mala-moi mala (53,6%). Disto podemos deducir que os mozos quizais están menos concienciados da importancia da edu-cación vial (xa que nesta idade é cando ocorren máis accidentes) e polo tanto a cualifican de regular, mentres que os pais (40-64 anos)se dán máis de conta do problema que isto supón na sociedade de hoxe en día, sobre todo ó pensaren nos seus fillos e entón dán-lle unha mala valoración.

PREGUNTA 4: ¿Qué lle parece o funcionamento do transporte público urbano? (Moi bo, bo, regular, malo, moi malo)

3,5 DE MEDIA

Táboa: resultados da pregunta 4 por resposta e sexoFonte: datos propios a partir da enquisa

Gráfico: resultados porcentuais da pregunta 4 por resposta

Á hora de analiza-los resultados das respostas dadas pola mostra poboacional escollida en canto á valoración sobre o funcionamen-to do transporte público urbano, impresiona a primeira vista, sobre as porcentaxes xerais, que un 60,8% da mostra o cualifica de Boa-Moi Boa e un 14,0% de Mala-Moi Mala, mentres que o resultado da categoría de Regular é dun 22,2% e o NS/NC obtén unha por-centaxe de 2,9%.

Page 83: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

11 2

Gráfico: Resultados da pregunta 4 por resposta e sexo

Agora ben, se a análise a facemos comparando os segmentos Homes e Mulleres nos que temos divididos os resultados da enquisa,obteremos que un 68,6% dos homes e un 55,7% de mulleres cualifican o transporte público urbano de Bo-Moi Bo.

Da mesma forma vemos como a porcentaxe de Malo-Moi Malo dos homes sería dun 13,4% e as mulleres o cualificarían do mesmoxeito cun 14,4%. As porcentaxes de respostas Regular obtidas serían de 16,4% e 25,9% para homes e mulleres respectivamente.

Cabe destaca-la diferencia tanto na primeira categoría (Malo-Moi Malo) e na segunda (Regular) entre as respostas obtidas de homese mulleres, sempre máis elevados nos primeiros que nas segundas. Como tamén elevadas son as porcentaxes de respostas Boa-MoiBoa que se obteñen por parte dos homes (68,6%) e mulleres (55,7%).

Así diremos que, a excepción da categoría Regular, a valoración de homes é porcentualmente maior que a de mulleres para esta pre-gunta número catro. Unicamente catro persoas da mostra (2,9% do total), un home e catro mulleres contestan NS/NC.

O anteriormente dito contrasta cos resultados obtidos para a valoración de Educación Vial (pregunta 3B). Nela obtíñanse resultadosde Mala-Moi Mala da orde de 52,1% en homes e do 35,5% en mulleres, que resultaban se-las porcentaxes maiores de respostas obti-das.

Mentres que as porcentaxes da categoría de Boa-Moi Boa eran dun 19,9% para as respostas dadas polos homes e dun 22,1% dasdadas por mulleres. A categoría de Regular chegaba a un 41,3% no caso de Mulleres e era de 28,3% no grupo de homes. Este últimodato significativamente maior ó resultado de Regular obtido na presente pregunta 4 (25,9% en mulleres e 16,9% en homes).

Temos así valoracións de Educación Vial maioritariamente Mala-Moi Mala (42,1%) e Transporte Público maioritariamente Bo-Moi bo(60,8%) entre outras significacións.

Page 84: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

113

Táboa: Resultados da pregunta 4 por resposta e tramo de idadeFonte: datos propios a partir da enquisa

Se miramo-lo resultado das respostas por segmentos de idade, vemos como un 56,7% das persoas entre 15-39 anos entrevistadascualifican de Bo-Moi Bo ó Transporte Público Urbano, mentres que o segmento de idade 40-64 anos a porcentaxe por este concep-to sube ó 66.6%.

Gráfico: Resultados da pregunta 4 por resposta e tramo de idade

As respostas Malo-Moi Malo do segmento 15-39 anos serían do 16,2% e as do segmento 40-64 anos dun 11%. Así vemos como é osegmento de 40-64 anos o que se decanta máis por unha ou outra opción (79,7% entrambas) e mantén a súa cualificación de Regularnun 20,3%, sendo lixeiramente maior a valoración de Regular (23,4%) do segmento entre 15-39 anos. Como xa dixemos, é o seg-mento entre 15-39 anos o que valora peor este servizo.

Así temos que son os homes (68,6%) e o grupo entre 40-64 anos (66,6%) os que valoran como Boa-Moi Boa o transporte públicourbano, se ben vai se-la cualificación de Boa, tanto no grupo entre 15-64 anos (52,2%) como entre 40-64 anos (55,5%) onde se obte-ña maior porcentaxe de respostas.

Pero, por outra banda, van se-las porcentaxes de respostas Malo-Moi Malo do grupo de mulleres (14,4%) –a pouca distancia doshomes (13,4%)- e o segmento entre 15-39 anos (16,2%), as que valoran peor este servizo. Mentres que serán novamente as mulle-res (25,9%) e a franxa entre 15-39 anos (23,4%) as que máis indecisión, descoñecemento ou imprecisión reflexan coas súas respos-tas de Regular, a pouca distancia dos resultados obtidos entre os 40-64 anos (20,3%).

Page 85: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

11 4

O segmento de idade de 65 ou máis anos, aínda que non é significativo, aporta un 83,2% das respostas Boa-Moi Boa e un 16,6% devaloración como Regular deste transporte. E dentro da categoría NS/NC temos un 3,6% (4 persoas) no segmento entre 15-39 anose un 1,8% (unha persoa) entre as respostas obtidas no segmento 40-64 anos.

RESUMO 4:

O funcionamento do transporte público urbano na súa maioría o valoran como bo (60,8%), seguido dun 22,2%, que opina que é regu-lar.

As persoas de 65 anos ou máis son as que valoran máis positivamente o funcionamento do transporte público urbano, un 83,2% opi-nan que é bo ou moi bo, hai que ter en conta que estas persoas son usuarios habituais deste servizo, ademais dos estudantes, quetamén fan unha boa cualificación.

Un 2,9% dos enquisados non saben ou non contestan a esta pregunta.

PREGUNTA 5A: ¿Cre que existe contaminación ambiental no concello? (Si, non, ás veces)

Táboa: Resultados da pregunta 5A por resposta e sexo. Fonte: datos propios a partir da enquisa

No primeiro apartado desta pregunta (5A), as respostas obtidas cambian con respecto ás anteriores e as que lle seguen. Aquí se pre-gunta por unha crenza, esperando unha resposta afirmativa (“si”), unha negativa (“non”) ou outra ambivalente (“ás veces”).

Como se está a preguntar pola crenza en se existe ou non Contaminación Ambiental no Municipio, faremos coincidir que, no casode ser positiva a respostas (“si”), se considere, como en preguntas anteriores, que o entrevistado valora a saúde ambiental do muni-cipio como Mala (equivalería á categoría de Mala-Moi Mala) e no caso negativo (“non”) a saúde ambiental sería boa (categoría Boa-Moi Boa das preguntas anteriores). Sendo Regular nas porcentaxes das respostas “ás veces”.

Gráfico: Resultados porcentuais da pregunta 5A por resposta

Page 86: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

115

Así temos que para esta pregunta 5A, referida á crenza por parte do entrevistado da existencia de Contaminación Ambiental noMunicipio, o número de respostas “as veces” (Regular) do conxunto da mostra é dun 50,3%.

Máis da metade dos entrevistados cren que a saúde ambiental do Municipio é regular.

Cunha porcentaxe de 32,2% temos as respostas de “si”, cuxa porcentaxe equivalería á crenza na existencia dunha mala saúde ambien-tal, mentres que un 17% valoraría que existe unha boa saúde ambiental no municipio.

Gráfico: Resultado da pregunta 5A por resposta e sexo

Pero isto é cando as porcentaxes se refiren a toda a mostra. Se segmentámo-la mostra entre homes e mulleres, temos que un 52,2%dos homes e un 49,3% das mulleres cren que a saúde ambiental é regular (“ás veces”). Mentres que unha porcentaxe de mulleres do35,5% (maior que o 26,8% de homes) valora como mala a saúde ambiental (“si”).

E soamente un 19,4% de homes e un 15,3% de mulleres pensa que a saúde ambiental do concelllo é boa (“non”).

O manterse cunha porcentaxe tan elevada na ambivalencia, descoñecemento, falta de interese,..incerteza do “ás veces”, por parte deambos segmentos da mostra, contrasta coas baixas porcentaxes na categoría de boa saúde ambiental (“non”).A categoría de NS/NCobtén un 0,6% (1 home) de tódalas respostas da mostra.

Táboa: resultados da pregunta 5A por resposta e tramos de idade

Page 87: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

11 6

Gráfico: resultados da pregunta 5A por resposta e tramos de idade

Pero se analizamo-las respostas obtidas nos distintos segmentos de idade nos que dividimos a mostra, temos que un 50% do segmen-to entre 40-64 anos e o 49,5% dos agrupados entre 15-39 anos cre que a saúde ambiental do municpio é regular (“as veces”).

Aqueles que valoran como Mala (“si”) a saúde ambiental o fan nunha porcentaxe do 36% no segmento de 15-39 anos e dun 27,7%no de 40-64 anos.

Unha saúde ambiental como Boa (“non”) é valorada polo 22,2% do segmento 40-64 anos e como Mala (“si”) polo 13,5% das res-postas no segmento entre 15-39 anos.

Así vemos como é o segmento entre 15-39 anos onde a porcentaxe de respostas é maior na categoría que orienta hacia unha saúdeambiental municipal Mala, mentres que é o segmento entre 40-64 anos onde atopamos unha porcentaxe maior de respostas quereflicten a crenza nunha saúde ambiental municipal Boa.

A maior porcentaxe de respostas sobre a saúde ambiental do municipio dáse na categoría Regular (“as veces”) do grupo homes(52,2%) –en mulleres sería do 49%- e a franxa entre 40-64 anos (50%), se ben o segmento entre 15-39 anos está cerca cun 49,5%.

A segunda categoría que aparece, segundo as porcentaxes de respostas obtidas, é a que suxire unha saúde ambiental Mala (“si”), quese dá con maior frecuencia no grupo de mulleres (35,5%) – a porcentaxe de homes sería do 26,8%- e o grupo entre 15-39 anos(36%) –a porcentaxe de respostas no segmento 40-64 anos sería de 27,7%- mentres que as porcentaxes maiores na categoría Boasaúde ambiental (“non”) se dan no grupo de homes (19,4%) e na franxa entre 40-64 anos (22,2%) cunhas porcentaxes significativa-mente menores que as obtidas polas dúas anteriores categorías.

Isto fálanos da gran ambivalencia, descoñecemento ou desinterese da mostra por este tema nos dous segmentos de idade analizadose tanto por homes coma por mulleres.

A porcentaxe de respostas obtidas no segmento de idade de 65 anos ou máis repártese entre a categoría Regular (“ás veces”) cun66,6% (4 respostas) e a de saúde ambiental Boa (“non”) cun 33,3% (2 respostas). A porcentaxe de NS/NC é do 0,009%.

Page 88: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

117

Resumo 5A

Con respecto á contaminación ambiental, a metade da poboación está de acordo en que existe ás veces, seguida dun 32,2% que opinaque si existe.

Cabe destacar que unha terceira parte das persoas de 65 anos ou máis opinan que non existe contaminación ambiental, e as outrasdúas terceiras partes opinan que existe ás veces.

PREGUNTA 5B: ¿A calidade da auga parécelle? Boa, regular, mala

2,1 DE MEDIA

Táboa: Resultados da pregunta 5B por resposta e sexo

Gráfico: Resultados da pregunta 5B por resposta

Nesta pregunta voltamos ás mesmas categorías que obtiñamos coas contestacións das catro primeiras preguntras, se ben unicamen-te aparece a categoría Boa e Mala, en vez de Boa-Moi Boa e Mala-Moi Mala, que era como agrupabamos estas dúas categorías naspreguntas anteriores e que neste caso equivalerían a Boa e Mala da pregunta actual, respectivamente.

Aínda que deste xeito, se ben non temos tanta concreción como nas anteriores, nas repostas obtidas da mostra, o feito de ter só trescategorías simplifica a nosa análise das distintas porcentaxes obtidas.

Se analizamo-la totalidade da mostra, vemos que a porcentaxe de repostas maior a atopamos na categoría de Mala (52,6%) mentresque a porcentaxe de persoas que responden que a calidade da auga lles parece Regular descende a un 36,3%.

Page 89: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

11 8

A porcentaxe de respostas que valoran como Boa é dun 9,4% e NS/NC un 1,8% da totalidade da mostra. É dicir, que mentres napregunta anterior (5A) a maiorías das respostas se situaban na categoría ambivalente (“ás veces”), a crenza de que exista contamina-ción ambiental no municipio, agora cunhas porcentaxes semellantes de máis do 50%, as respostas obtidas califican de Mala a calidadeda auga.

Gráfico: Resultados da pregunta 5B por resposta e sexo

Agora ben, se analizamo-las porcentaxes das distintas repostas dadas entre homes e mulleres, vemos como é o grupo das mulleres(52,8%), pero por unha escasa diferencia (homes:52,2%), as que pensan que a calidade da auga é Mala; nada que ver con 35,5% (o“si”: Mala de mulleres) e o 26,8% (“si” de homes) de respostas obtidas na pregunta 5A.

Unha calidade de Regular obténse de porcentaxes moi próximas entre homes e mulleres (36,5% e 35,8% respectivamente), ben dis-tinto ás porcentaxes “ás veces” (Regular) de mulleres e homes na pregunta anterior (5A: homes: 52,2% e mullleres: 49,03%).

Pero é nas porcentaxes da categoría que orienta hacia unha calidade Boa do líquido elemento onde as mulleres (10,5%) superan lixei-ramente ós homes (7,4%) coas súas contestacións.

Táboa: Resultados da pregunta 5B por resposta e sexo. Fonte: Datos propios a partir da enquisa

Nos segmentos de idade analizados temos que as maiores porcentaxes na categoría de Mala se dan nos segmentos de idade entre40-64 anos (55,5%) se ben no segmento entre 15-39 anos a porcentaxe é do 51,3%. En ambos segmentos máis da metade da mos-tra que fai unha valoración de Mala.

Page 90: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

119

Contestan que a calidade da auga municipal lles parece Boa un 16,6% de entre 40-64 anos e un 6,3% dos que agrupamos en 15-39anos, unha diferencia significativa entrambos.

Na cualificación da calidade da auga como Regular, invírtese esta tendencia: un 40,5% entre 15-39 anos e un 25,9% o grupo de 40-64 anos.

O grupo de 40-64 anos é menos ambivalente á hora de cualifica-la auga e o de 15-39 anos manténse máis nesta portura ambivalen-te, desinterese, descoñecemento,... feito que non ocorría na pregunta anterior onde a ambivalencia do “ás veces” superaba en ambosgrupos o 49% das respostas emitidas.

Gráfico: Resultados da pregunta 5B por resposta e sexo

No segmento de 65 ou máis anos, un 50% (3 persoas) cualificarán a auga municipal de Regular e outro 50% dirán que é Mala, moidiferente das respostas da pregunta anterior 5A (Boa: “non”: 33,3% e Regular : “ás veces”: 66,6%). Pero sabemos, que a mostra nestesegmento non é significativa, como xa dixemos en varias ocasións anteriormente.

Vemos que van se-las respostas do grupo de mulleres (52,8%) a pouca distancia das emitidas polos homes (52,2%) e entre o seg-mento de 40-64 anos (tamén a pouca distancia da porcentaxe obtida polo segmento de 15-39 anos: 51,3%) as que cualifiquen nega-tivamente a calidade da auga (Mala) de toda a mostra. E van ser tamén as mulleres (10,5%) e entre 40-64 anos as que lle dean unhamellor valoración (Boa).

A ambivalencia vai estar nas mulleres (36,5%) e no grupo entre 15-39 anos (40,5%).

Resumo 5B:

En relación coa calidade da auga, máis da metade da poboación di que é mala (52,6%) e unha porcentaxe importante tamén opinaque é regular (36,3%) fronte a só un 9,4% que se decanta por que é boa.

Cabe destacar que ningunha persoa de 65 ou máis anos a cualificou de boa, un 50% calificárona de regular e o outro de mala. Haique ter en conta que moitas persoas maiores que viven soas lles costa moito transportar a auga desde a tenda ata o seu fogar, poloque se debería mellorar a súa calidade para que puideran empregala para cubri-la maioría das súas necesidades.

Page 91: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

12 0

Un 1,8% da poboación non sabe ou non contesta a esta pregunta.

PREGUNTA 5C: ¿A calidade do aire? Boa, regular, mala

4,1 DE MEDIA

Táboa: Resultados da pregunta 5C por resposta e sexo. Fonte: datos propios a partir da enquisa

Polas contestacións a esta pregunta imos ver como un 56,7% da mostra cualificará a calidade do aire do concello como Boa, mentresque un 38% dirá que é Regular e un 3,5% dirá que é Mala. A porcentaxe de NS/NC de toda a mostra será do 1,8%.

Gráfico: Resulados porcentuais da pregunta 5C por resposta

Gráfico: Resultados da pregunta 5C por resposta e sexo

Page 92: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

121

Se unha vez máis analizamo-las porcentaxes de respostas obtidas nos distintos grupos nos que temos segmentada a mostra, temosque un 58% dos homes e un 55,7% das mulleres cren que a calidade de aire do concello é Boa, un 4,4% de homes e un 2,8% demulleres decántanse por cualificala de Mala e un 32,8% de homes contesta que temos unha calidade de aire Regular.

A porcentaxe de mulleres que cualifican ambivalentemente (Regular) o aire do municipio é sensiblemente inferior á obtida polasrepostas dos homes, un 41,3%.

Isto contrasta coas porcentaxes obtidas polos homes e mulleres na pregunta 5A (Homes: Boa “non”: 19,4%; Mala “si”: 26,8% e Regular“ás veces”: 52,2%-Mulleres: Boa “non”: 15,3%; Mala “si”: 35,5% e Regular “ás veces”: 49,03%) e coas da pregunta 5B (Homes: Boa: 7,4%;Mala: 52,2% e Regular: 35,8%- Mulleres: Boa:10,5%; Mala: 52,8% e Regular: 36,5%).

Táboa: Resultados da pregunta 5C por resposta e tramo de idadeFonte: datos propios a partir da enquisa

Por segmentos de idade, temos que o segmento de entre 40-64 anos unha porcentaxe do 59,2% dos enquisado cualifican de Boa acalidade do aire que respiramos no concello (un 54,05% no segmento 15-39 anos) mentres que un 0% entre o primeiro segmento(40-64 anos) e un 5,4% no segundo (15,39 anos) a cualifican de Mala.

As porcentaxes da categoría de Regular entre o segmento 15-39 anos (37,8%) e o 40-64 anos (40,7%) están moi próximas. Estosdatos contrastan cos da pregunta 5A (Regular “ás veces”: 50,3%; Mala “si”: 32,2% e Boa “non”: 17,0%) e a pregunta 5B (Mala: 52,6%;Regular : 36,3% e Boa: 9,4%)

Así temos que son os homes (58,2%)-un 55,7% das mulleres- e o grupo entre 40-64 anos (59,2%)-entre 15-39 anos un 54,05%-osque pensan, nunha porcentaxe maior, que a calidade de aire que respiramos no municipio é Boa. Mentres que vai a ser maior a por-centaxe de mulleres (41,3%) e entre 40-64 anos tamén (40,7%) as que se decanten por cualificar de Regular o aire do municipio.

Page 93: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

12 2

É significativo o feito de que o 4,4% de homes e o 2,8% de mulleres e entre 15-39 anos (5,4%) contesten que a calidade de aire querespiramos no municipio é Mala e que no segmento entre 40-64 anos ningún dos entrevistados o cualificara deste xeito. É ademaissignificativo que no segmento de 65 anos ou máis un 83,3% dos enquisados (5 persoas) a cualifique de Boa e un 16,6% (1 persoa)de Mala, ó ser estos dous últimos segmentos aqueles que se poderían ver máis afectados na súa saúde, por esta circunstancia, porrazóns de idade.

Resumo 5C

En contraste coa calidade da auga, a poboación opina que a calidade do aire é boa, unha elevada porcentaxe (56,7%) e un 38% opinaque é regular.

Só unha pequena porcentaxe di que a calidade do aire é mala, un 3,5%, e estas repostas pertencen todas ó intervalo de idade entre15-39 anos, polo tanto non hai ningunha persoa entre 40-64 e de máis de 65 anos que opinen que a calidade do aire é mala.

Un 1,8% das persoas enquisadas non saben ou non contestan a esta pregunta.

PREGUNTA 6: ¿Do falado anteriormente, que actuación cre prioritaria para mellora-las condicións de saúde municipais?

Táboa: Resultados da pregunta 6 por resposta e sexoFonte: datos propios a partir da enquisa

Na análise das porcentaxes de repostas obtidas neste apartado debemos ter en conta que a pregunta sobre actuacións prioritarias arealizar para mellora-las condicións de saúde, vai orientar un pouco o restos de diagnósticos que obtivemos nos apartados anterio-res.

Ademais, esta pregunta consta de dúas partes ben diferenciadas. Na primeira delas dáselle ó entrevistado un grupo de respostaspechadas a elexir unha, por áreas de actuación prioritaria (Sanidade, Servizos Sociais, Educación,Transporte Público e Contaminación),mentres que na segunda parte se deixa aberta a posibilidade de que a persoa entrevistada cite outra área de actuación que conside-re preioritaria e que non figure nas dadas na primeira parte.

Page 94: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

123

Así vemos como a área que aparece cunha porcentaxe maior de respostas é a da Educación (32,1%) seguida pola Sanidade (31,7%)e Servizos Sociais (22,5%). A suma das porcentaxes destas tres áreas de actuación aglutinan o 86,3% das repostas emitidas.

Gráfico: Resultados procentuais da pregunta 6 por resposta

Séguelle en importancia o Transporte Público (4,8%) e a Contaminación Ambiental (4,8%). Isto referido á primeira parte da pregun-ta, mentres que no resto das porcentaxes levaríanas: contaminación química (1,2%)-3 respostas; Educación Cívica (0,4%)-1 resposta;Listas de Espera do Sergas (1,6%)-4 respostas; Estilo de Vida (0,4%)-1 resposta; Conservación de Parques (0,4%)-1 persoa, tamén.

Se analizamos estos datos tendo en conta os dous segmentos de xénero en que está dividida a mostra, vemos como, referidos óstres primeiros ámbitos de actuación de recibiron unha maior porcentaxe de respostas: Educación, Sanidade e Servizos Sociais (86,3%das respostas), o grupo dos homes cre que a actuación máis prioritaria deberíase dar en Educación (36,08%) seguida de actuaciónsno ámbito da Sanidade (27,8%) e os Servizos Sociais (23,7%).

As mulleres, pola súa banda, cren prioritaria a actuación en Sanidade (34,2%) seguida de medidas correctoras en Educación (29,6%)e cunha porcentaxe próxima á obtida polos homes, actuacións en Servizos Sociais (21,7%).

Gráfico: Resultados da pregunta 6 por sexos

Page 95: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

12 4

Actuacións de mellora en Transporte Público e Contaminación Ambiental valóranse cun 11,2% por parte de homes e un 8,5% pormulleres. É significativa a porcentaxe e 1,6% (4 persoas) que suxeriron actuacións sobre listas de espera do Sergas.

Táboa: Resultados da pregunta 6 por resposta e tramos de idadeFonte: Datos propios a partir da enquisa

Gráfico: Resultados da pregunta 6 por resposta e tramos de idade

Agora ben, se miramo-las respostas obtidas atendendo ós distintos segmentos de idade, vemos que un 51,8% de persoas entre 40-64 anos cre prioritarias actuacións en Sanidade (45% no segmento 15-39 anos) e un 31% de entre 15-39 anos elixe como priorida-de acometer actuacións en Educación (20% de entre 40-64 anos).

A porcentaxe de respostas que dan prioridade a actuacións en Servizos Sociais é dun 13,5% entre 15-39 anos e un 16% entre 40-64 anos. É significativo o feito que o segmento de máis de 65 anos, con tódolos condicionantes que este segmento ten para a mos-tra, valora como prioridade nun 60% (4 respostas) actuacións en Educación e un 16% en Transporte Público.

Así vemos que son os homes (36,08%) e o grupo entre 15-39 anos (31%) os que responden que serían prioritarias actuacións enEducación.Van se-las mulleres (34,2%) e o segmento entre 40-64 anos (51,8%) as que valoran nunha porcentaxe maior actuaciónsprioritarias en Sanidade. E volven ser os homes (23,7%)-a 2 puntos porcentuais das mulleres- e entre 40-64 anos (16%) os que eli-xen os Servizos Sociais como o ámbito estratéxico das actuacións municipais correctoras.

Page 96: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

125

É significativo o feito de que sexan as mulleres (1,6%) –4 respostas- as que apuntan as Listas de Espera do Sergas como o ámbitoonde actuar de forma priopritaria. Se engadimos estas repostas ás obtidas na categoría de Sanidade, teriamos que a prioridade subi-ría a un 33.3%, porcentaxe que sería maior que a obtida pola categoría de Educación (32,1%) e Servizos Sociais (22,5%), resultadosobtido das 4 respostas do grupo de mulleres.Resumo 6:

Para mellora-las condicións de saúde municipales, a poboación cre prioritario actuar sobre todo na educación e na sanidade, un 32,1%e un 31,7% respectivamente, aínda que tamén consideran importante mellora-los Servicios Sociais (22,5%).

En canto ó transporte público e a contaminación ambiental non os consideran prioritarios.

Con respecto a outras actuacións que consideraron prioritarias e que contestaron no último apartado, que é libre, danlle máis impor-tancia ás “Listas de espera do Sergas”, que poderiamos englobar no noso apartado de “Sanidade”.

Consideraron tamén importante a contaminación química, educación cívica, estilo de vida e conservación de parques.

Pódese observar que as mulleres e o grupo entre 40-64 anos cren prioritario actuar sobre a sanidade para mellora-las condicións devida municipais, con isto nos poden dicir que ven carencias na atención de saúde á muller, especialmente en determinadas idades nasque a mulleres teñen máis problemas de saúde. En troques disto, os homes e o segmento entre 15-39 anos consideran máis impor-tante actuar sobre a educación, ó igual que as persoas maiores, que na súa maioría adoitan opinar que hoxe en día non existe unhaboa educación para os mozos e ademais os anciáns están bantante contentos coa atención sanitaria que reciben.

4.2.3. Análise das medias

Unha vez recollidos tódolos datos e configuradas as distintas categorías, damos a cada unha delas (Moi Boa, Boa, Regular, Mala e MoiMala) unha puntuación correlativa do 1 ó 5 e calculamo-la media de tódalas respostas emitidas en cada pregunta.

Temos así que unha puntuación de 2,5 sería a media sobre a cal pivotaría un aprobado ou suspenso do asunto a tratar en cada unhadas preguntas.

Aquelas medias que estiveran por debaixo desta puntuación orientarían a que a opinión da mostra valoraría como negativa a crenzaou valoración emitida, mentres que as respostas por riba deste 2,5 as valoraría como positivas. Se ben na pregunta número cinco amedia obtense sobre tres categorías.

Da análise destas medias, o primeiro que impresiona é o feito de que a media da pregunta número 3, referida á oferta educativa doconcello, é a única que non mantén un aprobado por parte da opinión dos enquisados.

A oferta en Educación suspende cun 2,4. Se ben se pode matizar máis e dentro desta pregunta (que consta de tres apartados) pode-mos ver como é a oferta educativa municipal sobre sexo a que obtén menor puntuación (2,3) seguíndolle drogas cunha puntuaciónde 2,4 (ámbalas dúas suspensas) e Educación Vial cun 2,6 (aproba a consulta).

Page 97: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

12 6

Pero se ben é certo que o resto das preguntas pasan a proba cun aprobado, podemos observar como na pregunta 5B obtemos unhapuntuación media de 2.1 (suspenso e a máis baixa de todas); esta pregunta en concreto compénsase coas outras dúas que compo-ñen a pregunta 5 (5A e 5B) e obteñen un resultado global, como pregunta, de 3,1. Pero se ben é certo isto, debemos deixar cons-tancia que é na valoración referida á auga onde se obtén unha puntuación media menor (2,1) unha vez contabilizadas tódalas respos-tas.

A valoración que obtén unha media maior é a referida á pregunta número 4, referida ó transporte público urbano (3,5). A seguintepregunta que pasa cun aprobado esta consulta é a número 1 onde se quere saber a opinión que ten a mostra en canto a AtenciónSanitaria que se ofrece no concello.A súa puntuación é de 3,45, un pouco menor que a da pregunta 1B que fai referencia a esta aten-ción pero nas urxencias.

A terceira pregunta en ser valorada máis positivamente por parte dos enquisados é a número 2, que se refire á valoración dos ServizosSociais Municipais (3,3) se ben esta mesma puntuación a obtemos na pregunta 5A referida á contaminación ambiental do concello.

Esta pregunta enteira (5A, 5B e 5C: Contaminación Ambiental, auga e aire) a que obtén unha puntuación de 3,1 e aproba a consulta.

Resumindo: o sector de servizos que vai ser valorado máis positivamente é o do Transporte Público, seguido da oferta de AtenciónSanitaria, Servizos Sociais e Contaminación Ambiental, todos eles aproban a consultan. Mentres que é a oferta municipal en Educaciónonde se obtén unha puntuación por debaixo da media e suspende a consulta desta mostra de 171 persoas.

Se ben é certo que dentro da Educación, a oferta municipal en Educación Vial aproba polos pelos e dentro da Contaminación (queaproba globalmente) é a calidade da auga a que suspende e saca a puntuación máis baixa de toda a consulta.

Se comparamos estos resultados de medias coas porcentaxes globais obtidas na pregunta número 6, vemos como era en Educación(que aquí suspende cunha nota media de 2,4) onde se obtiñan as maiores porcentaxes (32,1%) en canto a respostas sobre actuaciónprioritaria.

Pero en Sanidade, que aqui aproba cun 3,45, obténse unha prioridade de actuación dun 31,7% que podería ascender a un 33,3% seincluímos a porcentaxe obtida polas Lista de espera do Sergas. E para terminar, en Servizos Sociais, que aqui aproba cun 3, obténseun 22,5% de respostas que o elixiron como ámbito de actuación prioritaria.

Pero se isto é así, e se mantén o interese por mellorar determinados servizos municipais, a pesar de recibir unha boa valoración decalidade, vemos como o funcionamento do Transporte Público, que é o máis valorado de tódolos servizos consultados e por tódolosenquisados (3,5) obtén unha porcentaxe do 4,8% na pregunta que valora a prioridade das actuacións de mellora e a mesma porcen-taxe de respostas vai obter, por este concepto, a prioridade de actuacións de mellora en contaminación ambiental, que obtén de notamedia un aprobado (3,1); a pesar de suspender na valoración que se fai no presente traballo da calidade da auga municipal.

Page 98: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

127

4.3 Opinións de expertos cualificados

Á vista da análise sobre as opinións vertidas polos expertos consultado sobre o estado de saúde do municipio de Lugo decidimos,en primeiro lugar, estructura-las distintas respostas obtidas no presente estudio, de maneira tal que poidamos comparalas e avalialasdunha maneira lóxica.Primeiramente, e para ser máis precisos, deberemos precisar que o cualificativo de “expertos” non se axusta exactamente á realida-de, senon que vén a definir a un conxunto de persoas con relevancia social na cidade. Se algo teñen en común todas elas é que desen-volven actividades de grupo ou están en contacto con grandes sectores estratéxicos de Lugo, razón pola cal foron elexidas por nós.

Unha vez dito isto e debido á diversidade de respostas obtidas por estes “expertos”, faise preciso ordenalas cun sistema propio, queadapte as súas linguaxes ás nosas categorías analíticas para, de esta maneira, empregar unha terminoloxía universal coa que poidamostraballar e entendernos.

Pero tamén, incluso antes de adentrarnos nesta fase, é preciso clasificalos en distintos grupos para, desa maneira, simplifica-la análisedas súas respostas. Diferenciaremos pois cinco categorías grupais:

1. Grupo de sanitarios2. Asociacións de veciños e de familiares de enfermos3. Educadores4. Políticos5. Outros

Así, sobre unha mostra total de 18 persoas, no grupo primeiro, o dos Sanitarios teremos tres persoas (16,6%). No segundo grupo,tres e dous respectivamente (16,6% e 11,11%). No grupo de Educadores teremos catro (22,2%), catro no dos políticos (22,2%) e nacategoría de outros aparecen dúas persoas (11,1%).

Queremos facer así notar que os sectores da Educación primaria e secundaria, asi como o Sistema sanitario, Seguridade, IgrexaCatólica, Política e Asociacións estarían representados nas súas contestacións.

4.3.2. Descrición dos grupos

O grupo de Sanitarios compónse de tres persoas (homes). Un desenvolve a súa actividade en labores de xestión na Asistencia Pública(médico), outro no ámbito privado (estomatólogo) e un terceiro no ámbito de atención á Drogadicción (enfermeiro).

O grupo de Asociacións está formado por tres presidentes de Asociacións de Veciños (2 homes e unha muller) e dous presidentes(1 home e unha muller) de Asociacións de Familiares de Enfermos.

O grupo de Educadores o compoñen directores de distintos centros escolares de capital, tanto de primaria como de secundaria (3homes e unha muller).

O grupo que denominamos Políticos o compoñen catro políticos lucenses (3 homes e unha muller) de distintas orientacións políti-cas, uns con tarefas de goberno e outros na oposición.

Page 99: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

12 8

O grupo Outros está formado por un párroco dunha conocida parroquia da capital e un representante destacado (home) do corpoda Policía Nacional.

O traballo consta de tres preguntas, dúas delas múltiples, das cales só unha delas é pechada e se contesta mediante puntuación.Todaselas intentas averigua-la opinión dos entrevistados referida á Saude do Concello, tanto de forma xeral como nos seus ámbitos espe-cíficos. Con estas premisas pasamos a analizar estas respostas.

PRIMEIRA PREGUNTA

A análise farémola de dúas maneiras. Por unha parte a análise xeral das respostas obtidas polos 18 entrevistados, e por outra unhaanálise comparativa dos distintos grupos deseñados. Comezaremos pola resposta numérica, a máis sinxela e obxectiva de analizar, con-tida na primeia pregunta, que di así:

¿Qué puntuación lle daría do 1 ó 10? Á situación da Saúde do Concello de Lugo.

A media das puntuacións obtidas é de 6 puntos, co cal se infire que valoran a Situación de Saúde de Lugo cun “Aprobado simple”.Agora ben, se facemo-la análise por grupos obteremos que o grupo que a valora máis positivamente sería o dos Sanitarios cunhapuntuación de 7. A continuación o grupo dos Políticos: 6,5 e Asociacións de Familiares con idéntica puntuación. Se ben as AsociaciónsdeVeciños e Familiares (Grupo 2) responden cun 6,2. Por último, tanto no grupo de Outros como de Educadores a puntuación seríade 6.

Todo isto fainos pensar que a maior valoración (tódolos compoñentes deste grupo sanitario puntuaron 7) corresponde a aqueles quecoñecen máis de cerca o Sistema Sanitario en detrimento da atención.

Parécenos significativo o dato aportado pola Asociación de Esclerose Múltiple (puntuación de 7) e o representante da Seguridade(dentro do grupo Outros) que vén a coincidir coa puntuación dada polo grupo de Sanitarios. Mentres que o representante da IgrexaCatólica é o que dá unha puntuación máis baixa (5 puntos).

Resumindo, tódolos grupos e compoñentes de cada grupo, aproban a situación de Saúde do Concello alcanzando a puntuación mediade todos eles un aprobado simple.

Seguindo coa primeira pregunta, que como deciamos consta de tres apartados, analizaremo-la que se enuncia da seguinte maneira:

¿Cómo valora a situación de saúde do Concello de Lugo?

Debido a que se deixou liberdade total ós entrevistados en canto a cualifica-la situación de saúde e resultando, por tanto, que cadaun o fixo ó seu xeito, deseñamos unhas categorías nas que incluímos as distintas respostas obtidas. De maneira que a partir de agorafaremos referencia ás deseñadas, que son as seguintes:

1. Situación de Saúde “Boa”2. “Case boa”3. “Inaxeitada”4. “Deficitaria”

Page 100: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

129

Así na categoría “BBoa” incluímo-las seguintes respostas: Positiva, Boa, Ben “Axeitada”, Correcta e “Boa pero mellorable”. Na categoría“CCase boa” incluímos Mellorable e Aceptable. Mentres que na categoría de “IInaxeitada” incluiríamos Case aceptable e Regular. Paraterminar, a nosa categoría de DDeficitaria se correspondería con “carencial”, termo empregado polo 22.2% dos entrevistados.

Unha vez definida-las nosas categorías e segundo as respostas emitidas polos expertos, a valoración global da situación do concello écualificada como “BBoa” (33,3%) mentres que soamente un 27,7% a considera “DDeficitaria”. Un 22,2% entraría nas respostas corres-pondentes á categoría de “CCase boa” e 0 16,6% á de “IInaxeitada”.

Agora ben, se facemo-la análise polas distintas respostas dos grupos previamente definidos resulta significativo sinalar que as corres-pondentes ó grupo dos Políticos son as que obteñen unha porcentaxe maior na categoría de “Boa” (16,6% do total) de maneira quea valoración total desa categoría dependería no seu 50% da opinión deste grupo.

Mentres que os Sanitarios ofrecerían o 5,5% do total desta valoración, cualificando de “Case boa” o resto das súas respostas (11,1%do total). De maneira que os Sanitarios consideran que podería haber unha melloría.

O grupo de Mestres reparte as súas opinións entre “Case boa” (5,5% do total), “Inaxeitada” e “Deficitaria” (16,6%), o que nos fai pen-sar en que realizan unha valoración tirando á baixa.

Ata aqui tratamo-la mostra de expertos de forma estatística xa que pensamos que o son en medida en que representan a grupos depersoas cuns intereses comúns, e isto non é totalmente certo pois os segmentos de actividade profesional dos que se sacaron nonteñen unha opinión tan unánime das cuestións formuladas como indican as respostas dos entrevistados.

Pero se ben é certo que isto pode inducir a erro, tamén o é o feito de que as respostas destes “expertos”, que non son nin máis ninmenos que persoas relevantes de determinados segmentos de poboación, aínda que non representen a opinión nin intereses maio-ritarios dos grupos ós que pertencen, si deben ser tomadas como respostas de calidade dentro dos devanditos grupos. E isto últimoé o que intentaremos analizar na presente valoración: ¿Cómo varían as súas opinións, nas cuestións plantexadas, un grupo significativode persoas que representan a outras nas súas apreciación de calidade?

É por este motivo que aínda que poderiamos seguir creando novas categorías de engloben as súas respostas emitidas polos enquisa-dos e de feito o fixemos, na análise das seguintes respostas imos centrarnos nas contestacións mesmas para chegar a conclusións ope-rativas.

Isto faise necesario porque moitas das categorías que aparecen nas respostas figuran incrustadas nun texto que de por si ofrece infor-mación de relevancia e algunhas delas presentan incluso unha explicitación bastante peculiar. De maneira que a análise das respostasa estas últimas preguntas vai ser referido, en maior medida, á mostra en xeral e non a cada grupo en particular, centrando o intereseno tipo de respostas e a apreciación do contexto no que aparece. A pesar de que, de tódolos xeitos, si se fará referencia a datos derelevancia vertidos por calquera grupo e que puidesen significar algún punto de interese en relación ó tema para o que se solicita opi-nión.

Para finalizar con esta primeira pregunta, valoraremos a continuación a que figura na enquisa formulada da seguinte maneira:¿Parécelle que existen carencias na Atención?

Antes de pasar a analiza-la pregunta, é importante sinala-la diversidade de opinións vertidas ó respecto debido, ó igual que sucedeu

Page 101: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

13 0

coa pregunta referida á valoración da situación da Saúde, á liberdade que se lles dá ós enquisados para cualifica-las carebcias asisten-ciais.

Tamén aqui deseñamos unha serie de categorías propias coas que agrupa-la variedade de respostas obtidas, e que nos vai permitirfacer unha análise máis sinxela e obxectiva a hora de futuras comparacións con outras partes do estudio.

Pero antes disto debemos dicir que das 28 respostas obtidas para esta pregunta, un 25% foron categorizadas polos expertos como“Listas de Espera” que é o que en maior medida parece preocuparlles. A seguinte categoría que identifican como carencia é a da“Educación Sanitaria” (10%) para continuar con “Falta de persoal” e “Mellora da coordenación de niveis” (7%) se ben esta categoríatan técnica foi axustada por nós.

O resto das contestacións en canto á identificación de carencias serían:

· “Hemodinámica cardíaca”· “Oncoloxía”· “Visitas periódicas ás consultas”· “Envellecemento da poboación”· “Servizos de rehabilitación”· “Formación Preventiva do Profesional”· “Turnos Prolongados”· “Falta de Control de material sanitario”· “Envases máis axustados ás doses habituais”· “Novo hospital por sobrecarga”· “Masificación de consultas”· “Falta de recursos sociosanitarios”· “Altas prematuras”· “Actividades preventivas”· “Axuda a Domicilio”· “Déficit de funcionamiento de cita previa”

Estas últimas, nunha porcentaxe de 3,5% (unha reposta por categoría).

Debido á gran variabilidade nas respostas vémonos obrigados a agrupalas en outras máis xenéricas que nos faciliten a análise poste-rior, se ben podemos adiantar que case tódolos expertos entrevistados identifican carencias sanitarias categorizándoas máis técnica-mente aqueles que traballan no ámbito hospitalario.

É así que as categorías nas que agrupámo-las contestacións dos expertos son as seguintes:

1. Listas de espera2. Educación sanitaria (Actividades preventivas e Formación Preventiva do profesional: 2 respostas por pregunta)3. Tratamento Hospitalario Especializado (Radioterapia, Hemodinámica cardíaca, Oncoloxía, e Rehabilitación)4. Déficit de Recursos Sanitarios (Falta de persoal, falta de control de material sanitario)

Page 102: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

131

5. Déficit na Organización Sanitaria (Consultas máis periódicas, menos masificación de Consultas, Mellor coordenación de Niveis,altas prematuras, Mellor funcionamento de cita previa, Sobrecarga hospitalaria, Envases máis axustados ás doses habituais, sobre-carga de profesional e turnos prolongados)

6. Déficit sociosanitario (Falta de recursos Sociosanitarios e apoio social e Axuda a domicilio)

Se ben estas seis categorías nos poderían orientar en canto ás distintas repostas agrupadas, aínda poderiamos reunir á súa vez estasdúas últimas nunha soa:“Déficit de Organización e Recursos Sanitarios”, pois nos parece máis axeitada facer esta distinción previa polainformación que nos proporciona.

Para valora-los diferentes grupos podemos dar unha puntuación de 3,5% (unha respostas das 28 obtidas) a cada un dos que se agru-pan nas diferentes categorías, a pesar de que uns serán máis significativos que outros, cousa que resaltaremos cando o consideremosoportuno. Así vemos como, atendendo ´sa categorías de cada grupo, teríamos:

1. Listas de Espera......................................................................................................25%2. Educación Sanitaria ..............................................................................................14%3. Tratamento Hospitalario Especializado ....................................................14%4. Déficit de Recursos Sanitarios..........................................................................7%5. Déficit de Organización Sanitaria ............................................................31,5%6. Déficit Sociosanitarios ..........................................................................................7%

A pesar de estas porcentaxes, debemos ter presente que na categoría 1 (Listas de espera) tódalas respostas que comprende son amesma, cousa que non ocorre na categoría 5 (Déficits de Organización Sanitaria) que presenta maior porcentaxe polo número derespostas distintas que non polo feito dunha mesma resposta moitas veces.

É por isto que a categoría 1 a mativemos separada, como explicamos anteriormente.Tamén queremos facer notar que esta catego-ría 1 ben podería incluirse na número 5.

Á marxe destas valoracións imos estudiar como son as repostas dos distintos grupos de expertos que, na configuración de categorí-as, eran: Sanitarios, Asociacións de Veciños e Familiares de enfermos, Educadores, Políticos e Outros (Seguridade e Igrexa Católica).

Observamos como tódolos grupos contestan á pregunta sobre as carencias como problema facendo referencia ás Listas de espera(1), mentres que en referencia ás categorías de Déficit de Recursos Sociosanitarios, os que identifican a súa carencia son o grupo deSanitarios que o engloban co restos das súas respostas e os Educadores, con menor número de respostas que os anteriores e que orepresentante da Igrexa Católica que centra a súa resposta exclusivamente neste aspecto.

Resulta significativo o feito de que os representantes das Asociacións deVeciños e incluso os de familiares de enfermos non mencio-nan nada sobre carencias en Atención Sociosanitaria, centrando as súas respostas nas carencias en Rehabilitación (dentro da catego-ría 3: Tratamento Hospitalario Especializado) mentres que as contestacións das Asociacións de Vecinos se centran nos Déficits deRecursos e Organización Sanitaria (Categorías 4 e 5 respectivamente).

Tamén parece interesante ver como na categoría catalogada como falta de Educación Sanitaria é o grupo de políticos o que máis avalora, xunto co grupo de sanitarios e Educadores mentres que as Asociacións non o citan expresamente.

Page 103: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

13 2

Esta Educación Sanitaria é, despois das Listas de Espera, a resposta máis valorada, se ben centrada na Prevención. Recordemos que asAsociacións falaban de Rehabilitación, que non é expresamente Educación Sanitaria, pero si ten algunha conexión.

É significativo o feito de que os expertos incluídos no grupo Asociación de Vecinos (un dos dous que están na categoría 2), centresas súas respostas na sobrecarga de traballo, listas de espera, falta de persoal, turnos de horarios prolongados, sistema de inspeccións,etc, o que non fan o resto dos grupos, a excepción dos Políticos, quen, nembargantes, si se manifestan de forma específica sobre afalta de persoal.

SEGUNDA PREGUNTA

Esta segunda pregunta é a continuación da anterior que, lembremos, rezaba da seguinte maneira: ¿Cómo valora a Situación da Saúdeno Concello de Lugo? ¿Qué puntuación lle daría do 1 ó 10? ¿ Parécenlle que existen diferencias na atención? Pero formulada da seguin-te maneira: ¿E no ámbito da súa actividade profesional?, sería a pregunta.

Polas contestacións obtidas dímonos conta de que o noso grupo de expertos non fai máis que ampliar un pouco as súas respostasanteriores e, nalgúns casos, concretalas.

De tal forma que a súa análise requeriría aclaracións adicionais que non tivemos oportunidade de realizar.Tamén percibimos que apregunta non foi ben entendida nalgúns casos, producíndose contestacións que, en ocasións, non se ciñen ó pretendido coa súa for-mulación.

É posible que o fallo sexa achacable ós redactores da enquisa dado que non aclaramos suficientemente o feito de que o ámbito óque faciamos referencia era o da representación pola que foran escollidos os distintos e non pola súa actividade profesional en par-ticular.

Intentabamos con ela que cada enquisado se identificase co grupo social que como experto representaba (sanitarios, asociacións,…)e isto foi algo que non se chegou a entender suficientemente (os expertos o son en canto a persoas socialmente relevantes, comoaclaramos anteriormente) e en moitos casos personalizaron as respostas en relación coas distintas profesións que cada un delesdesenvolve. Se ben algunhas das opinións manifestadas é significativa para o estudio, outras non se adaptan ó perfil das respostas pre-tendidas.

Unha vez dito isto, imos intentar ordenar e orienta-las respostas en relación coas categorías analíticas que subxacen e soportan aestructura de toda a análise comparativa na que estamos inmersos.

Para aborda-la análise das respostas obtidas polo grupo de 18 expertos seleccionados para o presente traballo, que foron agrupadosnas categorías de: Sanitarios, Asociacións de veciños e familiares de enfermos, Educadores, Políticos e Outros, creamos as nosas pro-pias categorías analíticas (Listas de espera, educación sanitaria, tratamento hospitalario, déficit de recursos,…) para así aportar sinxe-leza á análise posterior.

Pero nesta pregunta pretendiamos ir un pouco máis alá. Posto que as conclusións son as mesmas que as analizadas na pregunta ante-rior, se ben un pouco máis matizadas, intentaremos ordena-las novas respostas en relación a unha división máis xenérica (Sanidade,Servizos Sociais, Educación,…) aínda que centrándonos máis na análise das respostas propias dos enquisados.

Page 104: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

133

Este proceso levarémolo a cabo de dúas maneiras: en primeiro lugar faremos unha análise xeral das respostas obtidas polos 18 entre-vistados e as agruparemos, como dixemos, nas mesmas categorías que se van utilizar na seguinte pregunta: Sanidade, Servizos Sociais,Educación,Transporte Público e Contaminación Ambiental, de maneira que xa as imos introducindo nos traballo; e posteriormentefaremos unha análise comparativa das respostas obtidas dos distintos grupos en cada categoría.

Aínda que xa dixemos que imos deixa-lo método estatístico e centrarnos máis nas respostas propias emitidas, como exercicio meto-dolóxico, a modo de orientación e para valora-las distintas respostas obtidas dos diferentes grupos nos que agrupámo-los expertos,daremos unha puntuación de 4,1% a cada unha das 24 respostas obtidas. Esta valoración faise atendendo ó número de respostas e áproporción de cada unha delas con relación ó total das emitidas e non á importancia de cada unha sobre o conxunto das mesmas.

Se así fo s e, esta importancia sería maior en canto se repetise a reposta e tamén proporcional ó número de repeticións que sume cada resposta.

Unha vez feita esta puntualización o que obteríamos sería na categoría Sanidade un 41,6% (10 respostas), en Servizos Sociais (29,1%),e en Educación (12,5%).

Estos resultados o serían nesa proporción en canto ó número de respostas distintas que suman en cada categoría, como xa dixemosanteriormente. Pero insistimos en que aquí non se valora o número de respostas repetidas (a importancia de cada unha en relaciónó conxunto), xa que desta forma son os Servizos Sociais os que repiten resposta máis veces.

Así, vemos como a porcentaxe maior de respostas emitidas neste estudio para a identificación de carencias coa limitación que nosdaba a moita concreción dalgunhas delas, nalgúns casos ten que ver coas importancias que lle dan os nosos expertos ás carencias naAtención Sanitaria, como xa apreciaramos en preguntas anteriores.

Se ben isto fainos pensar que na valoración da Situación de Saúde no Concello, o feito de se-lo Colexio de Enfermaría o que fai aconsulta poidera provocar unha tendencia a identificar saúde con Servizos Sanitarios ou con Sanidade (se queremos ser máis xenéri-cos), polo que se desprende da orientación das respostas de tódolos grupos entrevistados hacia o mundo sanitario en xeral (Atención,persoal, listas de espera, educación sanitaria,…) os nosos expertos relacionan a saúde do Concello coa Atención Sanitaria eSociosanitaria, máis que coa contaminación ambiental, ocio,…

Vemos agora cales foron as respostas obtidas coa pregunta e como se ar ticulan en relación ós grupos de expertos preguntados:

1. Grupo de Sanitarios: Radioterapia; Hemodinámica Cardíaca e Educación Sanitaria.

2. Grupo de Educadores: Disfonía; Entidade Privadas; Seguro Escolar ; Recoñecemento Médico de profesores e alumnos e carenciade Servizos Sociosanitarios.

3. Asociacións de Veciños e familiares de Enfermos: Compañías privadas; Listas de Espera; Masificación de Consultas; Aumento dePersonal Sanitario (Asociacións de Familiares).

4. Grupo de Políticos: Aspectos Sociosanitarios; Contaminación Ambiental; Estrés: Barreiras arquitectónicas.

5. Grupo de Outros: Protocolos de Seguridade e hixiene; Servizos sociosanitarios; Falta de lexislación en drogodependencias e alco-holismo crónico; Centros de día; Axuda a Domicilio; Coidados de coidador principal.

Page 105: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

13 4

Resulta significativo o feito de que dos 18 expertos preguntados no seu ámbito profesional van se-los que se agrupan nas categoríasde Políticos, Educadores e Outros, os que identifican prioritariamente as carencias en Servizos Sociais, cousa que non ocorría nas pre-guntas anteriores en que eran os Sanitarios (tamén Educadores e outros) os que identificaban estas carencias. Aquí os sanitarios secentran máis nas súas competencias profesionais específicas.

É cando menos curioso que os Educadores non se refiran a Educación e se centren preferentemente nas carencias sanitarias.

As respostas dadas que máis se repiten, referidas os Servizos Sociais ou Sociosanitarios son: Carencias nos servizos sociosanitarios,Axuda a Domicilio, Déficit de Centros de Día e falta de coidado ó coidador principal.

En canto ás respostas dadas polos nosos expertos a esta segunda pregunta (que entrarían dentro da categoría Educación), é impor-tante destacar que a Educación Sanitaria, a necesidade de lexislación e a Estructura dun Plan de Drogas para a nosa cidade son caren-cias identifcadas tanto polo grupo de sanitarios, como polo definido como Outros (Seguridade e Igrexa Católica).

Na categoría de Contaminación Ambiental, poderíamos incluir respostas como: Existencia de Barreiras Arquitectónicas e contamina-ción ambiental ás que unicamente fai referencia o grupo de Políticos.

A continuación hai outras respostas que por ser tan concretas escapan a esta análise comparativa. Respostas como Disfonía, risco labo-ral, ou a reclamación dunha cobertura completa do seguro escolar que aparecen no grupo de Educadores se poden ter en conta,pero as manteremos fóra do resto de categorías.

Resumindo:Vemos como nesta pregunta se repiten unha serie de respostas que poderiamos agrupar nas categorías deseñadas paraa resposta anterior, se ben se obtén unha maior concreción por parte dos entrevistados que ás veces contestan a pregunta cunhaorientación distinta á esperada. Se ben é certo que do conxunto de respostas obtidas se desprende unha preocupación pola asisten-cia Sanitaria e Sociosanitaria, ó igual que pola educación.

TERCEIRA PREGUNTA

A terceira pregunta que se lle fai ós exper tos está enunciada de modo tal que serán eles os que buscarán as solucións ós problemasindentificados nas dúas primeiras partes.

Nesta pregunta, aínda mantendo o carácter de abertas das respostas, inténtase orienta-las mesmas para que sexan agrupadas en cate-gorías xa conocidas, coas que xa traballamos ó longo deste documento e que figuran na enquisa de poboación efectuada en Lugo nomes de setembro.

Isto vainos permitir ter elementos de comparación cos que identificar semellanzas e diferencias nos diagnósticos identificados. A pre-gunta di así: ¿na súa opinión, onde se debería actuar para mellorar esta situación? Está facendo referencia ás carencias en canto á saúdemunicipal. E continúa: ¿ en que aspectos concretos incidiría con prioridade: ocio, Atención Sanitaria, Educación, Servizos Sociais,Actuacións ambientais,Transportes,…?

As opinións ve rtidas nesta pregunta polos distintos expert o s , en canto á orientación de actuacións necesarias para mellora-las situaciónsde carencias de Saúde Municipal, i n f ó rmannos sobre a opinión de todos eles en canto ás solucións que se deben adoptar ó respecto.Se reunimos tódalas respostas dos expertos e as agrupamos segundo as distintas categorías grupais temos:

Page 106: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

135

Sanitarios:

1. Financiamento2. Educación (2)3. Servizos Sociais4. Educación Sanitaria5. Oferta Sociosanitaria6. Educación para a terceira idade7. Atención Sanitaria

Educadores:

8. Educación para a saúde (Tabaquismo, Drogas,…)9. Deporte asiduo

10. Coidados para o ancián e axudas para Servizos Sociais11. Ensinar a toma-los medicamentos necesarios12. Prevención das enfermidades graves13. Promoción de vacinacións tanto a nenos como a anciáns14. Aumento do número de UCIs ambulantes15. Axilización e rapidez en servizos atendidos por especialistas16. Campañas de educación e prevención en centros escolares17. Educación para a saúde (mellora de hábitos alimenticios )18. Cambio do uso de ocio19. Máis medios e profesionais en Atención Sanitaria20. Educación e Servizos Sociais

Asociacións de Veciños:

21. Educación en Colexios22. Preparación de facultativos en Atención Primaria e evitar listas de espera23. Seguro “postconsulta” para valorar atención24. Atención sanitaria (descenso das listas de espera)25. Educación26. Actuación ambulatoria27. Ocio. Actividades para nenos e anciáns28. Educación: colaboración entre pais e educadores29. Máis guarderías, Centros de Día e Residencias

Asociacións de Familiares de Enfermos:

30. Servizos Sociais e Sanitarios31. Educación e profesionalización de servizos

Page 107: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

13 6

Políticos:

32. Actuacións no ámbito da xestión: Aspectos Sociosanitarios33. Por prioridade: A. Sanitaria, Educación, Servizos Sociais, Actuacións Ambientais,Transporte34. Servizos Sociais35. Actuacións Medioambientais36. Actuacións sobre o medio, mellora das condicións ambientais37. Máis medios humanos en atención primaria38. Ampliación e mellora dos Servizos Sociais39. Educación Sanitaria40. Novo Centro de Saúde e mellora dos Servizos Sociais41. Atención Sanitaria. Aumento de organización e coordenación. Educación Sanitaria.

Outros:

42. Servizos Sociosanitarios. Control de enfermidades relacionadas coas drogas e o alcohol. Falta de lexislación.43. Educación sanitaria44. Formación do coidador45. Fomento do voluntariado

Estas respostas suman mais de 45, dado que algunhas son múltiples. A suma de todas é 54, e se aplicamo-lo método de valoraciónpolo número de respostas obteríamos que de todas elas, máis dun 50% as agrupamos como Atención Sanitaria. Agrupamos comoServizos Sociais máis dun 20% (22,2%), Educación obten máis dun 14% (14,8%) e Actuacións ambientais máis dun 7% (7,4%).Deportes, pola súa banda, obtén o 1,8%.

Se agrupámo-las distintas respostas nas categorías que veñen predefinidas por esta pregunta número 3, observamos que na catego-ría de Atención sanitaria temo-las seguintes contestacións: Educación Sanitaria, Prevención de enfermidades,Vacinacións, Aumento doPersoal, Aumento de recursos humanos e materiais, novos centros de saúde, prevención en drogodependencias, axilización das listasde espera en especialidades, mellora de habitos alimentarios,…

Queremos destacar que dentro desa categoría incluímos tanto as melloras no ámbito da Educación Sanitaria, como os tratamentosHospitalarios, Recursos Sanitarios e Organización.Todo isto referido ó ámbito dos Servizos Sanitarios.

En canto á categoría de Servizos Sociais, agrupámo-las respostas de: Coidado do ancián, maior número de Centros de Dia eResidencias e formación do coidador principal.

E na categoría de Actuacións Ambientais temos: Actuacións sobre o medio e eliminación de barreiras arquitectónicas.

Con todo o exposto vemos que a resposta maioritaria, en canto ó ámbito de actuación onde sería prioritario realizar melloras, tantopolo número de veces que se repite como polo feito de que aparece en tódolos grupos sería a Atención Sanitaria. Se ben dentro damesma está incluída, como vimos, a Educación Sanitaria con 8 repostas das 54 emitidas (14,8%).

Page 108: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

137

Así, se esta porcentaxe a sumásemos á obtida pola Educación, teríamos un 29,6% que sería superior á obtida pola Atención Sanitaria,tanto no número de respostas como no numero d eveces que se repite a resposta de Educación Sanitaria.

Pero se atendemos á análise das respostas a esta pregunta (respostas parcialmente pechadas) dadas polos distintos grupos de exper-tos, chámanos a atención comprobar como é o grupo de Educadores quen considera prioritario a aplicación de melloras en AtenciónSanitaria, incluíndo nesta categoría a Educación Sanitaria que, como xa dixemos, foi a resposta máis repetida de tódalas emitidas e aque figura en tódolos grupos.

En canto ó Ocio na cidade, só o consideran necesario para unha óptima saúde o grupo de educadores e o de Asociacións de Veciños(sen familiares de enfermos).

Vemos pois que non se identifica ocio con saúde o cal di moito en canto á educación sanitaria. Os Educadores son tamén os únicosque nos falan do deporte como actividade a ter en conta no ámbito da saúde.

As Asociacións de Familiares de Enfermos da mostra de expertos analizada, consideran prioritario dirixi-los esforzos hacia a mellorada Atención Sanitaria e dos Servizos Sociais. Se ben aquí podemos puntualizar que a Asociación de Familiares de Alzheimer concretamáis pedindo unha maior profesionalización dos servizos.

O grupo de Políticos é o unico que considera prioritario para a Saúde Municipal incidir nas actuacións medioambientais centrando oresto das súas respostas na Atención Sanitaria e nos Servizos Sociais maioritariamente.

Cabe destacar que nos cinco grupos analizados (Sanitarios, Educadores, Asociacións de Veciños, Políticos e outros) será a categoríaque definimos como Educación a que sobresae das respostas emitidas, sendo o grupo de Asociacións de Veciños e Familiares deEnfermos as que máis respostas emiten neste sentido. Se ben é certo que a categoría de Educación Sanitaria, que incluímos dentrodeste grupo de Educación, tamén nos orienta hacia unha preferencia prioritaria hacia a Sanidade, que podemos así mesmo entendercomo Asistencia, Educación, Prevención e Rehabilitación así como Educación para a Saúde.

De todo isto a Educación para a Saúde na terceira pregunta e a Asistencia Sanitaria na primeira son as actuacións e carencias respec-tivamente, máis citadas nas respostas dos nosos expertos.

Isto podemos observalo máis gráficamente no seguinte cadro:

Page 109: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

13 8

Como xa dixemos anteriormente, as porcentaxes que se dan aquí son sobre o número total de respostas e non sobre as veces queunha mesma reposta se repite.

No cadro de Carencias vemos como todo apunta ó Mundo Sanitario, sendo as Listas de Espera o que máis preocupa ós nosos exper-tos, xa que este grupo só conta cunha resposta (“Listas de Espera”) repetida varias veces.

No cadro de Carencias vemos como a atención sanitaria é o que máis urxe mellorar. Pero se sacamo-lo 14,8% (8 respostas) daEducación Sanitaria ás porcentaxes de Atención Sanitaria, sumámosllos á Educación e axustamos novamente ós valores, comproba-mos como se obtén unha porcentaxe moi ampla sobre o conxunto de respostas.

Tódolos grupos sen excepción se refiren á Educación e Educación Sanitaria,e moitos de prevención, rehabilitación,… que, dunha ououtra maneira, ven a ser Educación para a saúde.

Parécenos significativo destaca-la importancia que dá o grupo de Educadores á Educación Sanitaria e resúltanos curioso comprobarcomo o grupo de Asociacións de veciños e familiares de Alzheimer non a citan explicitamente aínda que si falan de Educación.

Os familiares de enfermos de Alzheimer mencionan Educación e Profesionalización de Servizos que si se podería equiparar (primei-ra parte) á Educación Sanitaria.

Resumindo:

Mentres que nas primeiras dúas preguntas os nosos exper tos se centran maioritariamente nas carencias do ámbito sanitario, na ter-ceira delas responden con actuacións sobre este ámbito e con Educación para a Poboación.

Non nos sorprende debido ó feito que, no tema da saúde, os nosos expertos céntranse máis en aspectos sanitarios e sociosanitarios,deixando á marxe actuacións como ocio, transporte, contaminación ambiental,… que, como é sabido, tamén inciden nela.

Debemos ter en conta que o feito de que sexa o Colexio de Enfermaría o que realiza a enquisa, pode sesga-los datos no sentido deorientalos hacia o mundo sanitario, aínda sabendo que a Enfermaría non só desenvolve a súa actividade neste ámbito, senon máisamplamente no ámbito da saúde física, psíquica e social, algo que a xulgar por estes resultados, parece pouco coñecido.

En fase avanzada do presente estudio recibimos unha resposta representativa do mundo empresarial lucense e que vén confirma-losdiagnósticos anteriormente expostos en canto valora como carencia significativa as listas de espera e formula actuacións para reduci-las, así como : “…na educación a tódolos niveis está a clave”, facendo referencia na súa contestación tanto á educación infantil como áreeducación para adultos no que se refire a hábitos de vida saudables.

Page 110: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

139

4.4 Diagnóstico da situación actual no ámbito da Saúde Municipal.

Unha vez que analizamo-la enquisa realizada á poboación xeral e as contestacións ás preguntas realizadas ó grupo de persoas rele-vantes (expertos) da cidade, é posible obte-las diagnoses máis significativas de ambas consultas que fan referencia á saúde percibidana cidade. O resultado destas consultas podemos concretalo nas seguintes diagnoses, que poden ser máis se nos guiamos pola análi-se pormenorizada das diferentes respostas ou os resumes de cada unha das preguntas, e que van server como base de futuras con-sultas que confirmen ou desmentan as hipóteses suxeridas polos mesmos.

4.4.1 Enquisa á poboación en xeral

A) A mostra recollida orienta as respostas hacia o sector productivo da capital, cun amplo compoñente feminino.B) O grupo de 65 ou máis anos enquisado (3,5%) non é representativo segundo o perfil da poboación lucense.C) Case unha cuarta parte dos enquisados teñen unha “Ocupación sen salario”.D) Nas dez primeiras ocupacións en canto ó número de enquisados (dun total de 42 ocupacións rexistradas) están incluídos máis da

metade das contestacións da mostra (61,9%).F) O 42,2% da mostra está entre as catro primeiras ocupacións segundo o número de enquisados: Estudantes, Funcionarios,

Enfermeiros e Enfermeiras, Administrativos. Os Estudantes serían o 15,20% da mostra.

PREGUNTA 1A

A) A maioría dos enquisados (49,7%) pensan que a Atención Sanitaria ofrecida no concello é Boa-Moi Boa. Un 43,3% pensa que éRegular e un 7% pensa que é Mala-Moi Mala.

B) Son os homes os que a valoran máis positivamente e tamén máis negativamente. As mulleres e o segmento entre 15 a 39 anosson as que a valoran como Regular.

PREGUNTA 1B

A) Máis da metade dos enquisados (tanto homes como mulleres) pensan que a Atención Sanitaria das urxencias é Boa-Moi Boa.B) A valoración positiva nesta pregunta aumenta con respecto á resposta da pregunta 1A.C) A valoración de Mala-Moi Mala baixa con respecto á pregunta 1A.D) Son os homes (59,6%) e o grupo entre 15-39 anos (54,9%) os que mellor a valoran.E) Tódolos segmentos (sexo e idade) a valoran positivamente en máis dun 50%.F) Son as mulleres (11,4%) e o segmento entre 15 e 39 anos (13,5%) os que a valoran en maior porcentaxe como Mala-Moi Mala.G) O 100% das persoas de 65 ou máis anos pensan que a Atención Municipal das urxencias municipais é Boa-Moi Boa.

PREGUNTA 2

A) Case a metade da mostra (49,7%) contesta que a Atención ofertada polos Servizos Sociais é Regular.B) Son os homes (58,2%) e o segmento entre 40-64 anos os que máis a valoran de Regular.C ) As mulleres (42,3%) e o grupo entre 15-39 anos (44,1%) son os que dan máis porcentaxe de respostas Boa-Moi Boa. E tamén os que

a valoran peor.D) Os de 65 ou máis anos baixan a súa opinión positiva con respecto ás dúas preguntas anteriores, aínda que segue sendo Boa e

unha terceira parte deles din que é Regular.

Page 111: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

14 0

PREGUNTA 3A

A) A opinión máis maioritaria (53,8%) é que oferta educativa municipal sobre Drogas é Mala-Moi Mala.B) Os homes (64,1%) e o segmento entre 40-64 anos (70,3%) son os que lle dan a peor puntuación.C) As mulleres (13,4%) e o segmento entre 15-39 anos (14,4%) son os que valoran máis alto na categoría de Boa-Moi Boa.D) Un 83,3% das respostas dadas polos enquisados de 65 ou máis anos a cualifican de Regular.Tamén aparece por primeira vez unha

cualificación de Mala.E) Aparece unha porcentaxe de NS/NC dun 1,2%.

PREGUNTA 3B

A) A opinión sobre a oferta educativa sobre sexo segue sendo maioritariamente (51,4%) de Mala-Moi Mala.B) É o grupo dos homes (62%) e o segmento entre 40-64 anos (61,1%) os que lle dan unhamaior calificación de Mala-Moi Mala.C) Un 47% das mulleres din que é Regular.D) A mellor valoración (Boa-Moi Boa) dánlla as mulleres (12,8%) e o segmento entre 15 e 39 anos (8,1%).E) O segmento de 65 ou máis anos a valora igual que na pregunta anterior (3A).F) A porcentaxe de NS/NC é de 1,2 (igual que na pregunta 3A).

PREGUNTA 3C

A) Manténse unha maior valoración de Mala-Moi Mala (42,1%) na oferta educativa municipal sobre Educación Vial.A valoración baixaalgo con respecto ás dúas preguntas anteriores (3A e 3B).

B) Sube algo a valoración de Boa-Moi Boa (21,1%) con respecto ás preguntas 3A e 3B.C) Ninguna persoa cualifica de Moi Boa a oferta en Educación Vial.D) Os homes (52,1%) e o segmento entre 40-64 anos (53,6%) son os que cualifican en maior proporción como Mal-Moi Mala.E) As mulleres (22,1%) e o grupo entre 40-64 anos (25,9%) a valoran en maior proporción como Boa-Moi Boa.F) As mulleres (41,3%) e o segmento entre 15 e 39 anos (43,2%) son as que lle dan unha puntuación máis ambivalente (Regular) a esta pregunta.G) O segmento de 65 ou máis anos valora como Regular (50%) e Mala (16,6%).H) A porcentaxe de NS/NC é de 0,6%.

PREGUNTA 4

A) O funcionamento do Transporte Público valórase como Bo-Moi bo polo 60,8% dos enquisados.B) O funcionamente valórase como Malo-Moi Malo no 14%.C) Na categoría de Regular e Mala-Moi Mala obteñen maior porcentaxe de respostas as mulleres.D) Os homes (68,6%) e o segmento entre 40-64 anos (66,6%) é onde aparecen as porcentaxes maiores en Boa-Moi Boa.E) As mulleres (14,4%) e o grupo entre 15-39 anos (16,2%) obteñen a maior porcentaxe na categoría de Malo-Moi Malo.F) Aparece unha porcentaxe de NS/NC dun 2,9%.

PREGUNTA 5A

A) Máis da metade dos enquisados (50,3%) cre que ás veces existe contaminación ambiental (a saúde ambiental é regular) e un 32,2%cre que si existe contaminación (a saúde ambiental é mala).

Page 112: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

141

B) As mulleres (35,5%) e o segmento entre 15 e 39 anos (36%) son os que en maior porcentaxe valoran que existe contaminaciónambiental (a saúde ambiental é mala).

C) Son os homes (19,4%) e o segmento entre 40-64 anos (22,2%) onde se valora máis positivamente a saúde ambiental (Boa).D) O segmento de 65 ou máis anos opina que non existe contaminación ambiental (33,3%) ou que existe ás veces (66,6%), é regu-

lar a saúde ambiental.

PREGUNTA 5B

A) Máis da metade dos enquisados (52,6%) contesta que a calidade da auga lles parece mala, e un 36,3% di que é Regular. Unicamenteun 9,4% cre que a calidade da auga é Boa.

B) Son as mulleres (52,8%) e o segmento entre 40-64 anos (55,5%) a pouca distancia dos homes e do segmento entre 15-39 anos,os que en maior proporción cualifican a auga de Mala.

C) Tamén son as mulleres (10,5%) e o grupo entre 40-64 anos onde obtemo-las maiores porcentaxes de Boa.D) Do segmento entre 15-39 anos obtemos unha porcentaxe do 40,5% da calidade de auga Regular.E) O grupo de 65 ou máis anos cre que é Mala nun 50% e Regular noutro 50%.F) NS/NC un 1,8% da mostra (3 persoas).

PREGUNTA 5C

A) A calidade do aire parécelles boa a un 56,7% dos enquisados, Regular ó 38% e Mala a un 3,5%.B) Son os homes (58,2%) e o segmento entre 40-64 anos (59,2%) os que a cualifican mellor (Boa).C) Tódolos segmentos a puntúan de Boa nunha porcentaxe maior do 50%.D) Son as mulleres (41,3%) e o segmento entre 40-64 anos (40,7%) os que as valoran máis como Regular.E) Ninguén do grupo entre 40-64 anos cre que a calidade do aire é Mala. Só seis persoas (5,4%) do segmento entre 15-39 anos a

cualifican desta forma.G) O segmento de 65 ou máis anos cre que é Boa (83,3%) ou Regular.H) A categoría de NS/NC obtén unha porcentaxe de 1,8%.

PREGUNTA 6

A) O conxunto da mostra cre que a atención prioritaria para mellora-las condicións de saúde sería en Educación (32,1%), seguida deSanidade (31,7%) e Servizos Sociais (22,5%). Logo baixarían as porcentaxes:Transporte Público (4,8%), Contaminación Ambiental(4,8%)…

B) Aparece a categoría Listas de Espera do Sergas (categoría non dada na enquisa) cun 1,8% de respostas (4 mulleres).C) Os homes poñen como prioritario, de maior a menor: Educación (36,1%), Sanidade (27,8%) e Servizos Sociais (23,7%).D) As mulleres priorizan a súas actuacións en: Sanidade (34,2%), Educación (29,6%) e Servizos Sociais (21,7%).E) As mulleres (34,2%) e o segmento entre 40-64 anos (51,8%) son os que maiores porcentaxes obteñen dando a súa prioridade á

Sanidade.F) Os homes (36,1%) e o segmento entre 15-39 anos (31%) son os que onteñen unha porcentaxe maior dando a súa prioridade

nas actuacións á Educación.G) É significativo que o grupo de 65 ou máis anos crea prioritaria actuacións en Educación (66,6%) e enTransporte Público (16,6%).

Page 113: 4. DATOS MUNICIPAIS · 2006. 5. 8. · da e saída natural de Galicia hacia o resto de España. Táboa: Lugo e a súa comarca en Galicia O concello,cunha superficie de 332 km2,conta

PLAN MUNICIPAL DE SAUDE 2006-2010

14 2

Análise das medias

A. Globalmente se suspende na oferta educativa municipal (Sexo, Drogas) e aproba a oferta educativa en Educación Vial.B. O sector máis valorado é o Transporte Público. Séguelle a atención sanitaria, os Servizos Sociais e a contaminación ambiental.Todos

aproban a consulta.C. A pesar de que se aproba en Contaminación A m b i e n t a l , a calidade da auga recibe a peor puntuación de toda a consulta a suspende.

4.4.2 Opinións dos nosos “expertos”

A. A situación de saúde do Municipio de Lugo valórase por parte de conxunto dos grupos cunha puntuación media de 6 (escala de1 ó 10). E a súa cualificación global sería de Boa.

B. Á hora de identifica-las carencias máis significativas en canto á saúde mu n i c i p a l , dínnos que a situación das Listas de Espera sanitari a sé o que máis lles preocupa.Tamén lles preocupa a Educación Sanitaria e os Serv i zos Sociosanitari o s , nesta orde de import a n c i a .

C. Son os grupos de Sanitarios, Educadores e o representante da Igrexa Católica os que sinalan coas súas respostas ás carencias muni-cipais de recursos sociosanitarios.

D. Sorprende que os representantes das Asociacións de veciños e familiares de enfermos non din nada ó respecto (sobre carenciasen Atención Sociosanitaria). Centran as súas respostas nas carencias municipais que observan nos Tratamentos especializados e aOrganización Sanitaria.

E. En canto ás carencias identificadas nos seus ámbitos profesionais, destacan aquelas respostas que fan referencia ás carencias enAtención Sanitaria (moitas respostas distintas) seguida das obtidas para os Servizos Sociais (respostas máis repetidas).

G. O grupo de Políticos, Educadores e o denominado “Outros” (seguridade e Igrexa Católica) identifican a categoría de ServizosSociais como a carencia municipal máis prioritaria no seu ámbito profesional, frente ó grupo de sanitarios que se centran na cate-goría de Atención Sanitaria.

H. A maior porcentaxe de respostas dadas para mellora-la saúde municipal obténa a Atención Sanitaria (sobre todo listas de espe-ra), seguida moi de cerca pola Educación (incluíndo nesta categoría á Educación Sanitaria). A terceira prioridade que identificansería para os Servizos Sociais.

I. Nos aspectos categorizados como: ocio, deporte, transporte, educación ambiental,… non consideran prioritario realizar ningúntipo de actuación. Ben porque pensan que son axeitados os que existen ou porque non cren que incidan significativamente nasaúde municipal. Unicamente citan o ocio o grupo de Educadores e o das Asociacións de Veciños.

J. A Asistencia Sanitaria é a carencia maiormente detectada e a Asistencia Sanitaria volve se-la prioridade máis demandada (cunhaalta demanda en Educación Sanitaria) xunto cos servizos sociosanitarios.

K. Tódolos grupos sen excepción falan de Educación e Educación Sanitaria á hora de promover actuacións correctoras, e é o grupodas Asociacións de Veciños e familiares de enfermos o que máis número de respostas emite neste sentido.

Conclusión

No desenvolvemento das análises da Enquisa á poboación xeral e a Consulta de Expertos, aparecen máis diagnoses que estas. Aquelque queira profundizar neles debe ir ás análises pormenorizadas dos devanditos documentos.As hipóteses que se desprenden de todos eles van obrigar, nalgúns casos, a realizar novas enquisas que as confirmen ou neguen, e istorequerirá deste plan de saúde municipal.Consideramos que o seguemento ha de ser, por unha parte, continuo, na confirmación de hipóteses concretas e por outra xeral, cadatres ou catro anos para avalia-las medidas correctoras adoptadas en conxunto.