4º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-xaneiro 2012

4
Boletín informativo. #15M Asemblea Popular de Monte Alto. Nº 4 - xaneiro 2012 RECORTES. Parece que a palabra “RECORTES” forma parte do noso mundo diario: escóitase nos informativos, nos faladoiros da radio e televisión, lese nos xornais e ímola incorporando como propia. RECORTES E AlTERNATivAS. A SAúdE é uN dEREiTO. WWW.SOMOSMONTEALTO.COM # FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTO WWW.15M-ACORUNA.COM/MONTEALTO # [email protected] Parece que a palabra “recortes” forma parte do noso mundo diario: escóitase nos informativos, nos faladoiros da radio e televisión, lese nos xornais e ímola incorporando como propia. Dunha forte carga negativa inicial pasou a estar aí, acompañán- donos e, agora, algúns non a ven como un inimigo. Adaptámonos porque en todos os sitios oímos que os recortes son inevitables, que non hai alternati- vas, e ao final corremos o risco de aceptalo. Re- centemente o señor Durão Barroso, Presidente da Comisión Europea, afirmaba referíndose á situa- ción na que se encontraba Grecia: "Non hai al- ternativas nin plan B para Grecia. A alternativa é a catástrofe". Afortunadamente hai moitas persoas e grupos que nos recordan que iso non é así. Que hai máis po- sibilidades. Que non temos porque aceptar a tris- teza, o empobrecemento e a miseria á que nos quere condenar ese 1% sen vergonza. O 15M ou os 15M forman parte desa reivin- dicación da felicidade. A Plataforma defensora da sanidade pública en Galiza, SOS Sanidade Pú- blica, tamén traballa nesa liña, reivindicando o de- reito á saúde, con xustiza e igualdade. No libro Hay Alternativas de Vincenç Navarro, Juan Torres e Alberto Garzón, na introdución di que “sa- bemos que hai alternativas, que se poden facer ou- tras cousas distintas ás que propoñen a patronal, os banqueiros, os directivos dos bancos centrais e os políticos que comparten con eles a ideoloxía neoli- beral… Nós sabemos que hai alternativas, é dicir, que se poden facer outro tipo de políticas simplemente porque iso é o que demostra a literatura científica”. Quen parece que non saben executar outra política son os que gobernan a Xunta, os que gobernaron o Estado na última lexislatura e os actuais que aca- ban de entrar. RECORTES Os orzamentos da Consellaría de Sanidade de 2012 xunto con algunha decisión tomada polo goberno español que cesa, a falta das medidas que tome agora Rajoy, traen unha serie de recortes en varios campos: g Cambia a modalidade de pago das próte- ses: ata o momento as próteses son prescritas polos facultativos, o paciente vai á clínica de pró- teses e logo a clínica cobra o que lle co- rresponda ao paciente e o resto, ás veces todo, ao Sergas. A partir de agora, cando remate o convenio actual, o paciente terá que pagar todo o que vale a prótese e despois facerlle unha reclamación ao Sergas, que lle pagará cando sexa, tal como paga o Sergas aos provedores. Haberá pacientes que non van poder afrontar o pago inicial e polo tanto non pedirán a prótese, repercu- tindo este RECORTE sobre todo nos pa- cientes con menos recursos. g Pago a provedores mediante a redu- ción de servizos á ciudadanía. 4 Ambulancias: redución do trans- porte programado para pacientes con problemas de mobilidade, redución de postos nocturnos de ambulancias do 061 e redución de persoal obrigatorio nas ambulancias. Deste xeito, para non subirlle o pago aos empresarios do transporte, reducen as obrigas contrac- tuais e reducen os servizos aos cida- dáns, diminuíndo deste xeito o gasto dos donos das ambulancias. O Sergas paga o mesmo por menos servizo. 4 Eliminación da subvención eléc- trica para os pacientes con osixenotera- pia domiciliaria: Actualmente os pacientes con osíxeno no domicilio reci- ben 14 euros para o pago da electrici- dade que gasta o aparato. O Sergas decidiu eliminar esta subvención e que estes cartos os cobre a empresa que fai o subministro de osíxeno. Igual que coas ambulancias, o Sergas paga o mesmo reducindo prestacións á cidada- nía. 4 Eliminación de gardas noctur- nas nas farmacias rurais: Nos Con- cellos que non teñen PAC as farmacias non terán obriga de facer garda noc- turna. Como se está reducindo moito a ganancia das farmacias por decisión da administración, as que teñen menores ingresos, no rural sen Punto de Atención Continuada, poderán pechar polas noi- tes para reducir gastos, pero tamén verán reducido o servizo os cidadáns destes concellos. g Cobro de 10 euros por renovación da tarxeta sanitaria a partir do 1 de xaneiro de 2012. Artigo de Ramón Veras Castro. Médico de familia. Portavoz da Plataforma de defensa e mellora da sanidade pública da Coruña.

description

4º Boletín da Asemblea Popular de Monte Alto 15M-xaneiro 2012

Transcript of 4º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-xaneiro 2012

Page 1: 4º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-xaneiro 2012

Boletín informativo. #15M Asemblea Popular de Monte Alto. Nº 4 - xaneiro 2012

RECORTES. Parece que a palabra “RECORTES” forma parte do noso mundo diario: escóitase nos informativos, nosfaladoiros da radio e televisión, lese nos xornais e ímola incorporando como propia.

RECORTES E AlTERNATivAS. A SAúdE é uN dEREiTO.

WWW.SOMOSMONTEALTO.COM # FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTO

WWW.15M-ACORUNA.COM/MONTEALTO # [email protected]

Parece que a palabra “recortes” forma parte donoso mundo diario: escóitase nos informativos, nosfaladoiros da radio e televisión, lese nos xornais eímola incorporando como propia. Dunha fortecarga negativa inicial pasou a estar aí, acompañán-donos e, agora, algúns non a ven como un inimigo.Adaptámonos porque en todos os sitios oímos queos recortes son inevitables, que non hai alternati-vas, e ao final corremos o risco de aceptalo. Re-centemente o señor Durão Barroso, Presidente daComisión Europea, afirmaba referíndose á situa-ción na que se encontraba Grecia: "Non hai al-ternativas nin plan B para Grecia. Aalternativa é a catástrofe".

Afortunadamente hai moitas persoas e grupos quenos recordan que iso non é así. Que hai máis po-sibilidades. Que non temos porque aceptar a tris-teza, o empobrecemento e a miseria á que nosquere condenar ese 1% sen vergonza.

O 15M ou os 15M forman parte desa reivin-dicación da felicidade. A Plataforma defensorada sanidade pública en Galiza, SOS Sanidade Pú-blica, tamén traballa nesa liña, reivindicando o de-reito á saúde, con xustiza e igualdade.

No libro Hay Alternativas de Vincenç Navarro, JuanTorres e Alberto Garzón, na introdución di que “sa-bemos que hai alternativas, que se poden facer ou-tras cousas distintas ás que propoñen a patronal, osbanqueiros, os directivos dos bancos centrais e ospolíticos que comparten con eles a ideoloxía neoli-beral… Nós sabemos que hai alternativas, é dicir, quese poden facer outro tipo de políticas simplementeporque iso é o que demostra a literatura científica”.

Quen parece que non saben executar outra políticason os que gobernan a Xunta, os que gobernarono Estado na última lexislatura e os actuais que aca-ban de entrar.

RECORTES

Os orzamentos da Consellaría de Sanidade de 2012xunto con algunha decisión tomada polo gobernoespañol que cesa, a falta das medidas que tomeagora Rajoy, traen unha serie de recortes en varioscampos:

g Cambia a modalidade de pago das próte-ses: ata o momento as próteses son prescritaspolos facultativos, o paciente vai á clínica de pró-

teses e logo a clínica cobra o que lle co-rresponda ao paciente e o resto, ásveces todo, ao Sergas. A partir deagora, cando remate o convenio actual,o paciente terá que pagar todo o quevale a prótese e despois facerlle unhareclamación ao Sergas, que lle pagarácando sexa, tal como paga o Sergas aosprovedores. Haberá pacientes que nonvan poder afrontar o pago inicial e polotanto non pedirán a prótese, repercu-tindo este RECORTE sobre todo nos pa-cientes con menos recursos.

g Pago a provedores mediante a redu-ción de servizos á ciudadanía.

4 Ambulancias: redución do trans-porte programado para pacientes conproblemas de mobilidade, redución depostos nocturnos de ambulancias do061 e redución de persoal obrigatorionas ambulancias. Deste xeito, para nonsubirlle o pago aos empresarios dotransporte, reducen as obrigas contrac-tuais e reducen os servizos aos cida-dáns, diminuíndo deste xeito o gastodos donos das ambulancias. O Sergaspaga o mesmo por menos servizo.

4 Eliminación da subvención eléc-trica para os pacientes con osixenotera-pia domiciliaria: Actualmente ospacientes con osíxeno no domicilio reci-ben 14 euros para o pago da electrici-dade que gasta o aparato. O Sergasdecidiu eliminar esta subvención e queestes cartos os cobre a empresa que faio subministro de osíxeno. Igual quecoas ambulancias, o Sergas paga omesmo reducindo prestacións á cidada-nía.

4 Eliminación de gardas noctur-nas nas farmacias rurais: Nos Con-cellos que non teñen PAC as farmaciasnon terán obriga de facer garda noc-turna. Como se está reducindo moito aganancia das farmacias por decisión daadministración, as que teñen menoresingresos, no rural sen Punto de AtenciónContinuada, poderán pechar polas noi-tes para reducir gastos, pero taménverán reducido o servizo os cidadánsdestes concellos.

g Cobro de 10 euros por renovaciónda tarxeta sanitaria a partir do 1 dexaneiro de 2012.

Artigo de Ramón Veras Castro. Médico de familia. Portavoz da Plataforma de defensa e mellora da sanidade pública da Coruña.

Page 2: 4º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-xaneiro 2012

W W W . 1 5 M - A C O R u N A . C O M / M O N T E A l T O # W W W . S O M O S M O N T E A l T O . C O M

[email protected] # FACEBOOK: 15 ASAMBlEA POPulAR dE MONTEAlTO

g Redución do persoal do Sergas: Casenon se substitúe ao persoal, bloquéanse asaxendas dos médicos de cabeceira e as en-fermeiras de atención primaria (destemodo, cando o médico falta, os seus pa-cientes non teñen médico, só poden seratendidos por urxencias, creando asemadelista de espera en atención primaria) e nonse van cubrir as vacantes das xubilacións. Ataxa de reposición foi fixada polo gobernoespañol anterior nun 10% (de cada 10 xu-bilados só se podería cubrir 1) pero Rajoyavanzou que se baixaría ao 0%. No período2010-2013 vanse xubilar 2330 traballadoresdo Sergas, dos que 712 son facultativos, enon van ser substituídos por outros profe-sionais, o que vai producir un empeora-mento do servizo.g investimentos: 0.g Financiamento para saúde mental, atenciónde drogodependencias ou colectivos comoVIH: ven reducida de modo moi impor-tante as contías das subvencións. O quexa estaba mal, os máis vulnerables, quedanagora en situación máis precaria se cabe.g Porta aberta ao COPAGO: O Sergasmete no DOG, pola porta de atrás, nunhanorma que regula as tarifas de prezos,nunha disposición adicional, a posibilidadede cobrar aos usuarios por gastos ocasiona-dos polo uso irresponsable do Sistema Pú-blico de Saúde de Galiza. Din que é paratratar o fraude sanitario pero non se atrevena levar un proxecto sobre fraude ao Parla-mento, nin a aclarar que consideran ‘usoirresponsable’ pero aí queda para o futuro.

O MÁiS GRAvE: A PERdA dO dEREiTOÁ ASiSTENCiA SANiTARiA

terían dereito a asistencia sanitaria de urxen-cias previo compromiso de pago co Sergas.Estes feitos en Galiza son unha ilegalidade xaque a Lei Galega 8/2008 universaliza a aten-ción sanitaria sen discriminacións de ningúntipo.

Só cando unha das persoas afectadas con-tou o seu caso e se fixeron eco os mediosde comunicación estatais, tiveron que re-cuar. Nese momento tanto Feijoo como Far-jas empezaron por botarlle a culpa ao INSSe, finalmente, ante a resposta do propioINSS, falaron de descoordinación. En nin-gún momento pediron desculpas e non secoñece ata o momento ningunha dimisiónpor semellante incompetencia de xestión epolítica.

Despois destes incumprimentos e despropó-sitos, e de todas as críticas recibidas polaXunta, cal é a situación neste mo-mento?. A Xunta dá marcha atrás e:

g Para os cidadáns e cidadás con tarxeta sa-nitaria galega que sufriron a “desactivación”da mesma, a Consellaría de Sanidade garán-telles toda a asistencia sanitaria no ámbitogalego, a través da asignación dun novo có-digo denominado “Residencia en Galicia”.Estas persoas non teñen garantida a asisten-cia sanitaria no resto do Estado.g Cidadáns e cidadás que solicitan a tarxetapor primeira vez terán asistencia sanitariacando presenten toda a documentación,mentres tanto serán atendidos só de urxen-cias e non se lles financiarán os medicamen-tos. Fáiselles alta rápida no momento enque teñen a documentación e gozarán detodos os dereitos (non precisan esperar arecibir a nova tarxeta).g A partir do 1 de xaneiro de 2012, a Xunta,cambia a Lei 8/2008, e esixe 183 días deempadroamento nun concello galego paraacreditar a Residencia e ter dereito a asis-tencia sanitaria. Con este cambio podenquedar sen cobertura sanitaria durante 6meses os estranxeiros que se empadroenaquí e tamén aqueles emigrantes galegosque retornan e os galegos que foron traba-llar a Canarias…, e volven de novo. Moitaxente. E volve ser unha decisión política daXunta a que coloca a moitas persoas sen

atención. Este cambio lexislativo pode en-trar en contradición e vulnerar a Lei deSaúde Pública estatal, segundo indica oConsello Económico e Social.g Tamén a partir do 1 de xaneiro de 2012,pola Lei 33/2011 de saúde pública (estatal),segundo a disposición adicional sexta “es-téndese o dereito ao acceso á asistencia sa-nitaria pública a todos os españoisresidentes en territorio nacional, aos quenon se lles puidese ser recoñecido en apli-cación doutras normas do ordenamento xu-rídico”. Esta norma debe resolver oproblema de asistencia en todo o Estado eque ninguén quede sen cobertura sanitariaaínda que cambie de comunidade autó-noma.

iNiCiATivA lEXiSlATivA POPulAR(ilP) EN dEFENSA dA SANidAdEPúBliCA

No Boletín Oficial do Parlamento de Galicianúmero 606, do 27 de decembro de 2011,publicouse a admisión a trámite pola Mesado Parlamento da Iniciativa Lexislativa Po-pular para a defensa e promoción da sani-dade pública en Galiza. Este é unprocedemento polo que a cidadanía podepresentar leis no Parlamento. Hai que pre-sentar o texto dunha lei no Parlamento e,cando é admitida, hai 3 meses para recoller15.000 sinaturas de persoas residentes enGaliza.

A ILP é unha oportunidade para levar o de-bate da defensa da sanidade pública a cadarecuncho galego e conseguir que esta pro-posta vaia avalada por moitos miles de ga-legos e galegas. O proxecto de lei quere quea saúde sexa un dereito, que non formeparte do negocio de ninguén, eliminandotodas as formas de privatización, e pretendeademais que se respecte a capacidade dexestión de todas as Áreas Sanitarias, impe-dindo deste xeito que Áreas periféricascomo Monforte, O Barco, A Mariña ou o Sal-nés sexan absorbidas pola Área provincial.

É unha oportunidade para desafiar aosRECORTES, para esixir os nosos dereitos.Tony Judt, no seu libro póstumo ‘Algo vamal’ di, na sección onde analiza Que facer?,que “a disposición ao desacordo, o rexeita-mento ou a desconformidade -por irritanteque poida ser cando se leva a extremos-constitúe o zume dunha sociedade aberta.Necesitamos persoas que fagan unha vir-tude de opoñerse á opinión maioritaria.Unha democracia de consenso permanentenon será unha democracia durante moitotempo”. Tal como recomenda Judt non po-demos acomodarnos, debemos reaccionare falar moi, moi alto. Levar miles de sina-turas ao Parlamento galego é un modo ní-tido, democrático e contundente de dicir oque queremos. g

Ramón Veras Castro.

A asistencia sanitaria é gratuíta e universalen España, na teoría, e tamén din así algun-has leis pero a realidade vivida por moitaspersoas, e coñecida publicamente nestas úl-timas semanas, desminte esta afirmación.O SERGAS desactivou, sen aviso previo (axente afectada informouse ao intentar collernas farmacias os medicamentos ou ao pedircita para o médico), todas as tarxetas sani-tarias dos parados sen prestación de des-emprego e remitiu aos centros de saúde unprotocolo de actuación indicando os trámi-tes que deberían realizar tanto estas per-soas en paro como as consideradas persoassen recursos, para poder acceder á asisten-cia sanitaria. Mentres se realizasen os trámi-tes, que podían durar meses, estas persoas

Page 3: 4º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-xaneiro 2012

W W W . 1 5 M - A C O R u N A . C O M / M O N T E A l T O # W W W . S O M O S M O N T E A l T O . C O M

[email protected] # FACEBOOK: 15 ASAMBlEA POPulAR dE MONTEAlTO

Mercado de troco

Cantos anos tiña quen recolleu o algo-dón da roupa que levo posta? Cantosquen ensamblou as pezas do meu últimocapricho? Cal será a vida útil do enésimoaparato que vou comprar? Cantos quilóme-tros percorreu o meu próximo bocado? Po-dería ter aproveitado alguén boa parte dosobxectos que tirei ultimamente ao lixo? Queporcentaxe do prezo paguei ao produtor, aodistribuidor, aos intermediarios, etcétera?

Aínda que algunha vez nos formulásemosalgunha destas cuestións, parecemos vivirtan á présa, entre tanta publicidade e tanapegados aos nosos bens materiais que nosdeixamos levar pola inercia, aparcamos esasdúbidas nun recuncho do cerebro e segui-mos adiante. E ademais (polo menos ataagora) o crédito parecía infinito e para algotraballamos, non? Por que non nos permitirun caprichiño de cando en vez?

Quizais chegou o momento de cambiar eempezar a aceptar a nosa responsabilidadenalgúns dos problemas que nos rodean,chegarán a cercarnos e, no peor dos casos,rematarán por asfixiarnos. Quizais poderia-mos facer as cousas doutro xeito. Polomenos poderiamos intentalo, deixar de per-mitir que sexan os publicistas os que nos(des)orienten e formulármonos outrasalternativas, que as hai.

E se tivésemos en conta en que condiciónsse fabrica o que compramos? E se non ne-cesitásemos todo o que nos din quenecesitamos? E se nos informásemos dosprodutores que están máis preto de nós eintentásemos prescindir dos intermediarios?Aforrariamos? Reduciriamos a contamina-ción que produce o seu transporte? Favore-ceriamos aos que nos rodean? Paga a penainformarse. Temos moito que gañar e poucoque perder.

O mesmo valería para todas esas cousas quexa non utilizamos e "atesouramos" na casa.

Poderían facerlle falta a algún veciño. Po-deriamos crear redes veciñais para com-partir obxectos, habilidades, transporte...

En Monte Alto decidimos saír á rúa o úl-timo sábado de cada mes para reencon-trarnos cos nosos veciños e compartiralgunhas desas cousas. Pero tamén paraconvencernos de que podemos facer ascousas doutro xeito: recuperar os espazospúblicos, reformularnos a súa utilidade, dei-xar de ser meros consumidores e dar unnovo valor a cousas que criamos que xa nono tiñan. Esperámosvos! g

LaboraL

Ademais de levar a cabo, entre outras cou-sas, un estudo das normativas relacionadascoa reforma laboral que comezou no ano2010 (coa rebaixa de salarios no empregopúblico e conxelación de pensións ata unnovo regulamento sobre a negociación co-lectiva e o Pacto do Euro), o luns 19 de de-cembro o grupo de Traballo e Laboral daAsemblea Popular de Monte Alto do 15M re-alizou no instituto de Zalaeta (Ramón Me-néndez Pidal) unha charla temática coobxectivo de facilitar á xente o acceso aomercado laboral, axudándolle a elaboraraxeitadamente un Currículo (de cal-quera dos tipos existentes), unha carta deacompañamento ou aconsellando acerca decomportamentos adecuados nas entrevistasde traballo.

Tratáronse os seguintes apartados:

g Introdución.g O currículo: introdución, currículo crono-lóxico, funcional, europeo e electrónico.g A carta de acompañamento.g A entrevista de traballo.g Conclusións e outras recomendacións.

A devandita actividade tivo unha duraciónaproximada de unha hora. Aos asistentesentregóuselles un resumo da charla, xuntocun listado de páxinas web para buscar tra-ballo por Internet, e incluíu un pequeno de-bate á finalización desta. O resumo dacharla encóntrase dispoñible na nosa páxinaweb.

O grupo de Traballo e Laboral da AsembleaPopular de Monte Alto do 15 M centra as súasactuacións nos consensos alcanzados na loitacontra o desemprego por parte das Asem-bleas de Barrios e Vilas de Coruña (reparti-ción racional do traballo, xubilación aos 65anos ata eliminar o desemprego xuvenil...).

Relacionado con eses aspectos, iniciouse ointento de agrupar os parados e paradas deMonte Alto, coa finalidade de defender as-pectos que melloren as súas condicións devida (subcontratación directa de obras ouservizos por parte do Concello a desempre-gados que estean capacitados, servizos bá-sicos gratuítos para as familias con tódolosos seus membros no paro...).

Por iso, búscase con este tipo de activida-des, como a charla sobre o Currículo e aentrevista de traballo, chegar ao maior nú-mero posible de parados e paradas para,entre todos e todas, proceder a alcanzar ospuntos mínimos deseñados polo grupo detraballo, e mellorar as súas condicións devida, axudándolles a organizarse e deter-minar as reivindicacións futuras. g

Charla sobre currículo e entrevista de traballo

Page 4: 4º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-xaneiro 2012

WWW.SOMOSMONTEALTO.COM # FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTOWWW.15M-ACORUNA.COM/MONTEALTO # [email protected]

NON ME TiRES cando me leas. Seguro que coñeces a alguén máis a quen lle intereso. PÁSAME.

eSpazoS púbLicoS

Sen teito

E seguimos agardando!

Hai algo máis de 6 meses, o grupo de tra-ballo de espazos públicos da Asemblea Po-pular de Monte Alto #15M, estableceucontacto coa dirección do centro cívico deMonte Alto coa finalidade de poder utilizarunha das aulas baleiras do devanditocentro. A directora deste centro comuníca-nos que actualmente, segundo a normativa,só poden ter acceso ás mesmas as asocia-cións ou voluntarios que exerzan algunhaactividade, pero que trasladará as nosas pe-ticións ao coordinador de centros centros cí-vicos da Coruña. Isto era o 6 de xullo. O día22 comunícannos que o concelleiro de ser-vizos sociais considera oportuno ter unhareunión con el, polo que nos é facilitado uncorreo electrónico de contacto e un númerode teléfono para concertar unha cita, a calten lugar o 12 de agosto co director de ser-vizos sociais, José Luis Quintela, dado queo concelleiro está moi ocupado e non podeatendernos. Nesta reunión entregámoslleun informe coas nosas peticións e un estudosobre o estado dos espazos públicos donoso barrio. O señor Quintela dinos que noné da súa competencia pero que está dis-posto a "pelexalas”. O 17 de agosto recibi-mos unha chamada do director de asuntossociais, comunicándonos que para aceptaras nosas peticións habería que cambiar anormativa e dado que era verán e habíamoita xente de vacacións teriamos que es-perar a setembro para obter unha resposta.Durante o tempo de espera reunímonos envarias ocasións diante do centro cívico eemitimos un comunicado en prensa, expli-cando a nosa situación.

A mediados de setembro, seguimos sen ternoticias polo que nos poñemos de novo encontacto co Sr. Quintela quen nos comunicaque é un proceso longo e que a ver se a

principios de outubro nos pode dar unharesposta. Pasan os días e non chega e o 8de outubro emitimos unha nova nota deprensa e unha carta ao director na que ex-presamos a nosa sensación de estar dandodesculpas e ningunha solución. Isto non foido agrado do Sr. Quintela, cousa que nosfixo saber a través dunha chamada de telé-fono, e ata hoxe.

Preguntarédesvos que pedimos?:

g dereito de calquera cidadán ou cidadá áutilización de todo espazo público,tanto aberto como pechado, simplementecoa solicitude e a presentación do DNI (do-cumento que nos identifica). Isto xa é posi-ble noutras localidades do noso ámbitocomo sucede no Concello de Oleiros.

g A humanización e acondicionamentodos espazos comúns no noso barrio e ci-dade, para que se convertan en lugar de reu-nión e goce e non en simples lugares de pasoou zonas abandonadas e degradadas.

g Ampliación de horarios en centrosculturais e deportivos, especialmente asfins de semana, que actualmente están in-frautilizados.

Por todo iso o pasado 14 de decembro rea-lizamos un acto de protesta no centro cívicode Monte Alto, no que fixemos unha en-trega de reclamacións coas nosas peticións.Eles ignórannos, pero seguimos aí.

Se ti es dos que pensan que os espazos pú-blicos son da cidadanía e non dos políticos,únete á nosa acción: solicita unha folla dereclamacións (SyR) no centro cívico máispróximo ou en calquera dependencia mu-nicipal e entrégaa reflectindo as nosas pe-ticións ou as túas ao respecto.Posteriormente, se podes, comunícanolo aonoso correo:

[email protected]

ou no noso blog:

www.15m-acoruna.com/montealto

#15M #15MASEMBlEA POPulAR MONTE AlTO# # # #

No marco dun Plan que foi bautizado comoHousing First (primeira vivenda), empren-dido por algunhas ONGs particulares coapoio do goberno de Washington, miles depersoas sen fogar da costa Leste dos Esta-dos Unidos, como Nova York, están a serrealoxados nun domicilio fixo.

Só unha mínima parte do aluguer debe serpagado por eles, e non pode superar unterzo dos seus ingresos (en xeral, subsi-dios).

O programa permite abreviar os longos pro-cedementos de espera para obter vivenda

aos que debían enfrontarse (seis, seteanos... e ter previamente un domicilio) coaparticularidade de que un antecedente dealcoholismo ou consumo de drogas o ex-cluía a priori de entrar nos programas dosorteo. Agora decidiuse emprender a cam-paña inversa que permite realoxar ao senfogar sen condicións previas cun segui-mento máis axeitado do seu tratamento.

Ao parecer, a ambiciosa campaña (iniciadaen Nova York) estase estendendo a todo opaís, co obxectivo de reducir a cero o nú-mero das persoas sen fogar. Unha cues-tión moi a ter en conta é que a campaña

dos aloxamentos fixos non desprace aostemporais (albergues) xa que o feito de pe-char un centro de aloxamento de emerxen-cia para adoptar a estratexia de PrimeiraVivenda, non faría senón desprazar tempo-ralmente a máis persoas á rúa.

Cómpre que os servizos sociais municipaistomen boa nota: o aloxamento fixo e a aten-ción psicolóxica e sanitaria (por esa orde) éunha estratexia que funciona. Só setrata de comprometerse con ela. g

Luis Enrique Veiga RodríguezComisión sen Teito da Coruña

Primeiro vivenda para os sen teito