6 Lingua - back-edupack.santillana.es

22
O libro Lingua para o 6.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo. Na súa elaboración participou o seguinte equipo: Teresa Broseta Fandos Anxos Campos González Ánxela Carril Caldelas Rafael Fortes Otero Luísa March Soler Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz ILUSTRACIÓN ARTIMAGOS (Malena F. Alzu e Esther Pérez-Cuadrado) EDICIÓN EXECUTIVA Luísa March Soler Afonso Toimil Castro DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero As actividades deste libro non se deben realizar en ningún caso no propio libro. As táboas, os esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos que se deberán trasladar a un caderno. PRIMARIA Lingua 6

Transcript of 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

Page 1: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

O libro Lingua para o 6.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

Teresa Broseta Fandos Anxos Campos González Ánxela Carril Caldelas Rafael Fortes Otero Luísa March Soler Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz

ILUSTRACIÓN ARTIMAGOS (Malena F. Alzu e Esther Pérez-Cuadrado)

EDICIÓN EXECUTIVA Luísa March Soler Afonso Toimil Castro

DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero

As actividades deste libro non se deben realizar en ningún caso no propio libro. As táboas, os esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos que se deberán trasladar a un caderno.

PRIM

AR

IA

Lingua6

Page 2: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

Cadro de contidos

UnidadesTempo para ler

Vocabulario Gramática

1. Imos á revisión

médica9

A estrutura da narración: Unha médica en Atenas

A farmacia Formación de palabras: prefixación e sufixación

O grupo nominal: substantivo, adxectivo e artigo

2. Coidamos a alimentación

25

O conflito: As castañas da terra

Os alimentos Formación de palabras: a composición

Os demostrativos e os posesivos

3. Descubrimos a arte43

O marco da narración: O pintor Li

O obradoiro de pinturaAs palabras parónimas

Numerais e indefinidos

4. Mantémonos en forma

59

O desenlace: O novo veciño da aldea

O ximnasio Eufemismos e palabras tabú

O verbo (I) e o verbo (II)

COOPERAMOS Preparamos un titorial de Youtube

5. A familia medra

89

A estrutura da noticia: Sorpresa en Naturparque

O nacemento dun bebé As palabras onomatopeicas

Os pronomes persoais

6. Aprendemos a reciclar

105

Os personaxes: O alquimista

A planta de reciclaxe Palabras polisémicas e palabras homónimas

O adverbio. As locucións adverbiais

7. Cantos inventos!

121

O protagonista: O soño de Tom

A tenda de lámpadas Palabras sinónimas e palabras antónimas

Os enlaces: preposicións e conxuncións

8. Traballamos cos demais

137

Os personaxes secundarios: O estraño empregado

A oficina As frases feitas e as interxeccións

Os enunciados. A oración. O suxeito

COOPERAMOS Inventamos técnicas mnemotécnicas

9. Exploramos o espazo

165

Os diálogos na narración: Unha de romanos

A ficción científica As siglas e as abreviaturas

O predicado nominal. O atributo

10. Un mundo de lendas

181

As instrucións: Como ver un trol (e non morrer no intento)

A escena dun conto Os neoloxismos

O predicado verbal. Os complementos

11. Viaxamos ao corazón da Terra

197

O autor e o narrador: Ulises e o ciclope

As covas Os estranxeirismos

Clases de oracións

12. Un mar de aventuras

213

Tipos de narradores: Un día de sorte

O porto Os arcaísmos

As linguas de España. O galego

COOPERAMOS Preparamos o discurso de graduación de Primaria

Page 3: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

Ortografía Saber facer Literatura Tipos de texto

O uso das maiúsculas A comparación de dous lugares relacionados coa saúde

Os versos: medida e tipos

Repaso de acentuación A explicación oral dunha receita

Os textos instrutivos

Casos especiais de acentuación

Un traballo de investigación

A rima

O acento diacrítico Un coloquio sobre o deporte

Os textos argumentativos

SABER MÁIS Conxugación verbal:os verbos regulares

Repaso de grafías Unha entrada para un blog

As estrofas

O son B. A grafía b Unha conferencia sobre o cambio climático

Os textos preditivos

O son B. A grafía v A descrición dun obxecto

Os recursos literarios

A grafía h Un folleto publicitario Os textos persuasivos

SABER MÁIS Conxugación verbal: os verbos irregulares

Palabras con x e con ll Un cómic sobre o espazo O texto teatral: diálogos e anotacións

A coma e os dous puntos A narración oral dun conto ou dunha lenda

Os textos descritivos

O punto e coma e os puntos suspensivos

Un folleto de información turística

A obra teatral: acto e escena

As parénteses, as comiñas e a raia

Unha entrevista en directo

Os textos dialogados

SABER MÁIS Conxugación verbal: os verbos irregulares

Page 4: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

Iconas utilizadas neste libro

As actividades en que vas ter que traballar cunha compañeira ou cun compañeiro están marcadas con esta icona.

Nas actividades que leven esta icona, terás que cooperar cos demais e traballar en equipo.

Esta icona identifica as actividades en que vas ter que exercitar de xeito especial a túa capacidade de reflexión para sacar conclusións.

PENSA

MENTO

Coas propostas que vas atopar na sección de creatividade terás que poñer en xogo a túa imaxinación para achegar ideas orixinais.

C

REATIVIDADE

As actividades que levan esta icona animarante a expresar o que sentes e a poñerte no lugar dos demais.

EMOCIÓNS

Indica que actividades debes realizar escoitando unha gravación.

Page 5: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

Tempo para escoitar

1 Escoita a pista 21 e elixe. Que tres programas se oen? Xustifica a resposta.

A Un concurso. B Unha película.

C Un debate. D Un noticiario.

E Un documental. F Unha entrevista.

2 Escoita a pista 22 e responde as preguntas.

• A cal dos programas anteriores se refire o anuncio? Como se titula?

• En que canle se emite? A que hora?

• De que trata?

Tempo para falar

3 Estás de acordo con estas teorías? Le o texto e expresa a túa opinión. Achega argumentos que sirvan para reforzala.

Algunhas teorías afirman que a chegada do ser humano á Lúa en 1969 non se produciu nunca e que todo foi unha montaxe dos Estados Unidos de América feita nun estudio cinematográfico.

Exploramos o espazo9

165

Page 6: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

Unha de romanosAquela fin de semana foramos a Quintá, á casa dos avós. Á noite,

o tío Carlos propuxo irmos pasear, pero miña prima Raquel asegurou-me que botaban unha película de romanos na televisión e quedei con ela.

–Déixate de películas e ven comigo, que vas ver unha cousa intere-sante –díxome ela despois, cando os outros se foran.

Sacoume da casa pola porta traseira, atravesamos o porral, abrimos a cancela e baixamos ata os prados da ribeira. Alí díxome que me deita-se na herba. Ela deitouse tamén á miña beira e preguntoume:

–Mira para o ceo. Que ves?–Moitísimas estrelas. Nunca vira tantas.–Ves aquela azulada, que parece que se prende e se apaga? É o pla-

neta Moneixiñas. Parécenos que se acende e se apaga porque xusto neste momento hai alguén deitado nun prado dese planeta mirando para nós.

–E venos coma un puntiño intermitente?–Pois si. Cando hai un moneixícola mirando para a Terra e un terríco-

la mirando para Moneixiñas, establécese un contacto de intercambio. Se o contacto funciona, o terrícola e o moneixícola intercambian os seus lugares.

5

10

15

20

SABER MÁIS

En case todos os contos hai momentos en que os personaxes falan, é dicir, expresan coas súas palabras o que pensan, o que senten, etc. Estas intervencións directas dos personaxes no medio da narración son os diálogos.

O uso de diálogos na narración fai que esta se desenvolva dunha maneira máis áxil e amena.

Tempo para ler

166

Page 7: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

9–Para sempre?

–Non, ho. Só uns momentos. Ás veces varios minutos, cinco ou dez como máximo... ti concentra a vista nesa luz e dime se notas que te transportas a Moneixiñas.

–E como teño que notalo? Saíndo despedido polos aires?

–Non. O que sentes é unha especie de formigo nos dedos… e de repente estás noutro sitio, nunha noite parecida pero distinta, deitado nunha herba tamén parecida pero distinta, mirando fixamente para unha luciña que resulta ser o planeta Terra.

–Eu non sinto nada diso, prima.

–Tes que estar relaxado. Eu xa estou notando algo. Se cadra só hai sitio para un viaxeiro porque só hai un moneixícola mirando. Se me toca a min, ti non te ergas do chan ata que eu regrese á Terra. Lembra que son só uns minutos.

A min todo aquilo parecíame unha parvada das moitas que argalla-ba Raquel, pero seguinlle o xogo. Calei e estiven un minuto ou dous en silencio. Entón escoiteina falarme cunha voz como metálica:

–Pedro, pódesme oír?

–Claro que podo.

–Pois por favor, non te ergas nin mires para min, nin quites a ollada da estrela. Déixame que me presente. Chámome Binuke Kelu. Son de Moneixiñas, constelación de Asneiro.

Eu boteime a rir.

–Que ben o fas, prima!

–Non son a túa prima. Chámome Binuke Kelu. Estaba en Moneixi-ñas co meu amigo Sinuka nunha noite de verán e decidimos facer un intercambio con terrícolas para escoitarmos xuntos o son dunha fonte no planeta Terra. Desta vez eu intercambieime coa túa curmá sen pro-blema, pero Sinuka non pode facer o propio contigo porque non dás concentrado a vista no noso planeta…

–Raquel, se continúas meténdome medo, eu marcho! –berreille.

Incorporeime todo enfadado e ao mirar para o chan vin algo que me encheu de horror. Non era a miña curmá. Era un ser repugnante, cu-nha especie de gorra de mariñeiro e unha pipa na boca. Peguei un brinco espantado e botei a correr coma un tolo en dirección á casa, sen poder borrar do meu pensamento aquel rostro horrible.

Entrei na casa berrando e de súpeto batín co tío Carlos.

–Que pasou, Pedro? Non estabades a ver unha película de roma-nos?

Niso asomou Raquel pola porta traseira, cunha carauta de Popeye.

–Non era de romanos, era de extraterrestres!

Gonzalo Navaza (Adaptación)

25

30

35

40

45

50

55

60

porral: anaco de terreo onde se sementan hortalizas.

terrícola: habitante do planeta Terra.

formigo: sensación de proído ou de cóxegas que se sente nos pés ou nas mans a causa dunha mala circulación do sangue.

Os diálogos na narración

Describo un extraterrestre.

Imaxina como é Binuke Kelu, do planeta Moneixiñas da constelación Asneiro, e descríbeo. Despois, intercambia a túa descrición coa dun compañeiro ou compañeira.

C

REATIVIDADE

167

Page 8: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

Comprensión lectora

1 Corrixe os erros das seguintes afirmacións sobre a lectura.

1 O tío Carlos, Raquel e Pedro quedaron a ver unha película de romanos na televisión.

2 Os habitantes de Moneixas chámanse moneixenses e os da Terra, terráqueos.

3 A conexión de intercambio prodúcese cando se sente o formigo nos pés.

4 Pedro fuxiu escachando coa risa.

2 Copia substituíndo a expresión destacada polo grupo de palabras que significa o mesmo.

A min todo aquilo parecíame unha parvada das moitas que argallaba Raquel, pero se-guinlle o xogo.

• Continuei xogando con ela.

• Fixen coma quen que a cría.

3 Contesta de xeito razoado.

• Quen é Binuke Kelu? De onde vén?

• E Sinuka?

• En que momento da historia Pedro confunde a realidade coa ficción?

• Como consegue Raquel levalo a ese extremo?

4 Explica por escrito cando, durante canto tempo e onde pasa a historia da lectura, achegando exemplos do texto.

5 Facede un breve coloquio sobre onde están os límites á hora de gastar bromas.

6 Conta a historia de tal xeito que Raquel observe abraiada como o seu primo se conecta cun moneixícola.

TEST DE COMPRENSIÓN

1. Onde ocorre a historia?

a) No planeta Moneixiñas.

b) No cine.

c) No medio dun prado.

2. Quen son os protagonistas da historia?

a) Carlos e Raquel.

b) Binuke e Sinuka.

c) Pedro e Raquel.

3. Que quere dicir que Raquel lle falaba a Pedro cunha voz como metálica?

a) Que imitaba a voz dun robot.

b) Que imitaba a voz dunha persoa maior.

c) Que falaba berrando.

4. Quen é Popeye?

a) Un famoso extraterrestre.

b) Un personaxe de cómic.

c) Un home malvado.

5. Que quería facer o tío Carlos?

a) Ver unha película de romanos.

b) Ver as estrelas con Raquel e Pedro.

c) Ir dar un paseo.

6. Que película viron ao final Raquel, Pedro e Carlos?

a) Unha de romanos.

b) Unha de extraterrestres.

c) Ningunha.

168

Page 9: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

1 Escribe o nome de cada personaxe onde corresponda.

• Aquel estaba deseñado para recoller información sobre Marte.

• O protagonista era un que proviña do planeta XZ350.

• O esperaba impaciente o momento de engalar cara á Lúa.

• Premiaron o que analizou os restos daquel meteorito.

2 A que aparello se refire cada un? Elixe en cada caso.

• foguete

• prato voador

• radar

• satélite artificial

É a nave dos extraterrestres.

Envíanos información

desde o espazo.

3 Escribe o nome dun obxecto que teña a forma proposta en cada caso.

• ovada • cadrada • redonda • aguda

AS SIGLAS E AS ABREVIATURAS

As siglas son abreviacións que se formaron a partir da unión das letras iniciais de diversas palabras. Por exemplo, RAG está formada a partir das iniciais das palabras Real Academia Galega.

As abreviaturas son representacións reducidas de palabras. Exemplo: teléfono → tfno.

4 Escribe en siglas os nomes das seguintes institucións.

• Centro Galego de Arte Contemporánea. • Organización de Consumidores e Usuarios.

• Organización das Nacións Unidas. • Universidade de Santiago de Compostela.

5 Localiza as abreviaturas do seguinte texto e indica que palabra representa cada unha. Despois, cópiao coas palabras completas.

9Vocabulario. A ficción científica

UTILIZA O DICIONARIO

6 Busca nun dicionario de siglas cada unha das seguintes e anota o significado.

ONG DNI UCI IES ANPA CEIP

extraterrestrecientífico

astronautarobot

Sr. Antón:

Se Vde. fai o favor, copie as páxs. 70-75 do libro Os extraterrestres, realidade ou ficción, métamas nun sobre e envíemo ao seg. enderezo:

Avda. de Lugo, núm. 3. C. P. 15704 Santiago de Compostela

169

Page 10: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

QUE SABES XA

Que expresa o predicado de cada oración? Le e clasifica.

1 O piloto parecía canso. 3 Alberte prepara a merenda.

2 Marta traballou todo o día. 4 María é moi simpática.

UNHA CALIDADE OU ESTADO DO SUXEITO

UNHA ACCIÓN QUE REALIZA O SUXEITO

O predicado. ClasesO predicado é o que se di do suxeito nunha oración. O núcleo do predicado sempre é un verbo en forma persoal. Segundo a natureza do verbo, os pre-dicados poden ser de dúas clases: nominais ou verbais.

• O predicado nominal expresa que é ou como está o suxeito. Constrúese cos verbos ser, estar ou parecer. Estes verbos chámanse copulativos por-que non teñen significado propio, senón que só fan de unión entre o su-xeito e o resto da oración.

• O predicado verbal expresa unha acción ou un proceso. Constrúese con verbos que teñen un significado pleno, como navegar, correr, durmir... Este tipo de verbos chámanse verbos predicativos.

O predicado nominal

O predicado nominal está formado, basicamente, por un verbo copulativo e un atributo.

O atributo é a palabra ou grupo de palabras que expresan unha calidade ou un estado do suxeito. Por exemplo, na oración A lúa é nova, o atributo é nova.

As palabras que adoitan funcionar como atributo son os adxectivos (Brais é alto), os substantivos (Alicia é médica), os pronomes (A gañadora es ti) e os grupos nominais (Tomé é un bo fotógrafo).

Xeralmente, o atributo concorda en xénero e número co núcleo do suxeito. Polo tanto, se cambiamos o xénero ou o número do núcleo do suxeito, ta-mén cambiará o xénero ou o número do atributo. Deste xeito poderemos recoñecer que palabra ou grupo de palabras realizan a función de atributo na oración. Exemplo: O rapaz parece triste. ➛ Os rapaces parecen tristes.

ACTIVIDADES

1 Responde.

• En que se diferencian os verbos copulativos dos predicativos? Que clase de predicado se constrúe con cada un?

• Que é o atributo? Como se pode recoñecer na oración?

GRAMÁTICA O predicado nominal. O atributo

Nominal

Clases de predicado

Roi é alto.

Laura corre.

Verbal

Verbo copulativo

Predicado nominal

Atributo

170

Page 11: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

2 Clasifica as oracións do seguinte texto segundo o tipo de predicado que teñen.

Un monitor moi precavido

A expedición prepárase para o ascenso. Todos están moi ilusionados. É normal. Hoxe van escalar por primeira vez unha montaña! As cordas, os mosquetóns e os arneses parecen novos. Pero o monitor revísaos unha vez máis. O bo estado do material é fundamental para evitar perigos. E el non quere correr riscos.

TEÑEN PREDICADO NOMINAL TEÑEN PREDICADO VERBAL

3 Completa cun verbo axeitado tendo en conta o código de cores.

VERBO PREDICATIVO VERBO COPULATIVO

• O meu curmán Alberte avogado. • Os zapatos do ano pasado novos.

• Marta neste hospital. • O vento con moita forza.

• Antía a irmá de Iria. • A tesoureira do grupo ela.

• O barco ao porto de noite. • Xavier informática no instituto.

4 Identifica o atributo nas oracións anteriores e di que tipo de palabra ou grupo de palabras o forman.

5 Que atributo lle corresponde a cada unha? Relaciona e escribe as oracións completas.

1 Roberto é... 3 A cociña está...

2 As botas son... 4 Os atletas parecen...

6 Di por que os verbos ser e estar non son copulativos nestas oracións.

• A festa de aniversario será ás cinco.

• Hai un ano que o meu curmán está en Francia.

9

Que dúas clases de predicado hai?

Que expresa o predicado nominal? Que elementos o forman?

Que palabras ou grupos de palabras poden facer de atributo?

O predicado dunha oración pode ser ou

O predicado nominal expresa que é ou o suxeito. Está formado basicamente por un verbo (ser, ou ) e un , que é a palabra ou o grupo de palabras que do suxeito.

Poden realizar a función de atributo un , un substantivo, un ou un

ELABORA O TEU RESUMO

• cansos. • limpa.

• cómodas. • valente.

171

Page 12: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

ORTOGRAFÍA Palabras con x e con ll

ACTIVIDADES

1 Completa estas palabras con ex- ou con es-. Despois, clasifícaas.

• pertar • cepción • premer

• céntrico • tremidade • tender

• plorar • caso • pectacular

• coller • terior • quisito

COMEZAN POR ES- COMEZAN POR EX-

2 Completa este texto empregando palabras da actividade anterior. Ten en conta a conxugación, no caso dos verbos.

Cada mañá

Afonso cada mañá, sen , ás sete e segue sempre o mesmo ritual. dúas boas laranxas para as Despois, a manteiga sobre unha gran torrada e senta a almorzar fronte á ventá. Desde aí observa como no o sol vai iluminando a paisaxe. É unha imaxe que lle parece sempre

A grafía x pode representar dous sons en galego:

• A maioría das veces, a grafía x pronúnciase coma en xenio e lonxe. Exemplo: viaxe, xeranio, mensaxe...

• En moitas palabras cultas, a grafía x pronúnciase KS como en exame e expediente. Exemplo: éxito, expulsar.

Levan x palabras cos prefixos ex- e extra- (‘fóra de’, ‘exceso’). Exemplo: extraer, extraordinario.

Ás veces, por influencia do castelán, algúns falantes utilizan x en palabras que teñen que levar ll. Exemplo: a forma correcta é antollo, non *antoxo. Outro erro común pola influencia do castelán dáse en palabras como escavar (*excavar), estrañar (*extrañar)…

QUE SABES XA

Clasifica estas palabras segundo a forma en que se pronuncia o x.

• exótico • solfexo • dislexia • sinxelo • exacto

• xarope • téxtil • suxerir • exilio • manxar

O X PRONÚNCIASE COMA EN XEO

O X PRONÚNCIASE COMA EN TAXI

ll

172

Page 13: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

3 Escribe os nomes do que representan estas imaxes e ten en conta que todas conteñen ll.

Comproba no dicionario se o fixeches ben.

4 Todas as palabras de cada cadro teñen a mesma letra; pensa, escríbeas e completa.

in*ección *eso tra*ecto Escríbense con , non con

*ampú *ilaba *utar Escríbense con , non con

5 Escribe un verbo a partir de cada substantivo e explica, poñendo exemplos, o seu significado.

• atallo • parella • acubillo

• consello • antollo • baralla

6 DITADO. Prepara o ditado para facelo no caderno.

Fíxate ben nas palabras que levan x e ll.

Esixencias do guión

Desde pequeno, Anxo soñaba con ser astronauta. Imaxinaba como sería viaxar polo universo e coñecer os atallos que levan ás galaxias máis afastadas. O que non imaxinara era ter de acompañante e conselleiro nas viaxes espaciais un extraterrestre dun planeta afastadísimo. Que lle ía facer! Ás veces nas obras de teatro pasan cousas extravagantes!

APRENDO COMO SE ESCRIBE

9

7 Completa coa palabra de cada par que corresponda.

Utiliza o dicionario, se che cómpre.

• A de árbores ten que estar controlada.

• Algúns bombos están feitos con

• Ten unha mancha de no pantalón.

8 Escribe unha oración con cada unha das palabras que non empregaches.

ORTOGRAFÍA VISUAL

talla taxa

pelella pelexa

gralla graxa

173

Page 14: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

PAM!FIU!

Un cómic sobre o espazoNesta unidade vas poñer a proba os teus dotes artísticos e elaborar un cómic ambientado no espazo. As actividades que che propoñemos a continuación vanche axudar a preparar con todo detalle esta tarefa para que obteñas un resultado espectacular.

PREPARA O TEU TRABALLO

1 Elixe o elemento que prefiras en cada caso para o teu cómic.

LUGAR DA ACCIÓN

• Unha estación espacial. • A Lúa.

• Un planeta descoñecido. • A Terra.

PROTAGONISTA

• Un astronauta. • Un robot.

• Un extraterrestre. • Un científico.

2 Imaxina e responde como queiras.

• Que problema vai ter o teu protagonista?

• Que vai facer para solucionar o seu problema?

• Con quen se vai enfrontar? Quen o axudará?

• Como acabará todo?

3 Relaciona cada elemento do cómic coa función que ten e pon exemplos.

1 CARTUCHO

2 GLOBOS

3 ONOMATOPEAS

Para representar palabras que imitan sons.

Para introducir a voz do narrador, cando é necesario.

Para introducir a voz ou os pensamentos dos personaxes.

4 Di que representa cada un destes elementos dun cómic.

A B C

D E F

SABER FACER

174

Page 15: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

ELABORA O TEU GUIÓN

5 Escribe o argumento da historia que vas contar no teu cómic.

Para facelo, utiliza as respostas que deches nas actividades 1 e 2 da páxina anterior.

6 USA AS TIC. Busca en Internet varios modelos de cómics e fíxate nas seguintes características.

7 Prepara o guión do cómic a partir das seguintes preguntas.

• Como será o lugar onde vai pasar a acción? E os personaxes?

• En cantas viñetas podes dividir a historia? Que vas debuxar en cada viñeta?

• Que tipo de globos vas utilizar en cada viñeta? Que texto poñerás?

• Vai haber algún cartucho? Onde? Que información conterá?

• Que outros recursos vas utilizar (signos de interrogación e de admiración, onomatopeas, liñas de movemento...)?

DEMOSTRA QUE O SABES FACER

8 Elabora o cómic seguindo estas indicacións.

9 Escollede entre todos os tres mellores cómics da clase tendo en conta os seguintes criterios.

9

Divide un folio en tantas partes como viñetas precises.

Extensión dos textos escritos Distribución dos elementos

na viñeta

Recursos usados para indicar ton

de voz, velocidade, movemento…

Fai os esbozos de cada viñeta e deixa sitio para os globos, os cartuchos ou os outros recursos que queiras empregar.

Antes de pasar a limpo o cómic, comproba que os debuxos explican a historia e que os textos están escritos correctamente e ben distribuídos.

Si Non

Enténdese ben a historia?

Correspóndese a imaxe co texto dos globos?

Utilizáronse varios tipos de globos e outros recursos propios do cómic?

175

Page 16: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

Os textos teatrais son textos literarios pensados para representalos diante dun público. Neles diferéncianse os diálogos e as anotacións.

• Os diálogos son os fragmentos de texto que reproducen as palabras dos personaxes. Son a parte máis importante do texto teatral, xa que a acción avanza a través deles.

• As anotacións son as indicacións que fai o autor sobre o vestiario, o decorado, os movementos e os xestos dos personaxes, etc., que se deben ter en conta no momento da representación.

1 Observa o fragmento teatral anterior, escolle e completa.

letra normal cursiva e entre parénteses maiúscula

Nos textos teatrais os nomes dos personaxes escríbense en , as palabras que din os personaxes escríbense en e as anotacións en

Literatura

A reconciliación

(XULIO e UXÍA, sós nunha esquina dun parque da vila, míranse a certa distancia. El achégase a ela, sen que o vexa ninguén).

XULIO. (De costas a UXÍA, en ton conciliador). Síntoo, Uxía. Eu ás veces teño ese tipo de arrebatos, non sei…

UXÍA. (Anoxada). Pero por que es tan besta? Tes que desculparte con Roi…

XULIO. (Con voz tenra). Sabes que non sempre son así…

UXÍA. Xa me din as miñas amigas que estou saíndo co máis arroutado da vila.

XULIO. (Xira arredor dela para mirala en fite). Pero ti ben sabes como son de verdade. O outro é só fachada, aparencia…

UXÍA. (Reprendéndoo). E para que necesitas ser o máis duro do instituto? De que che vale?

XULIO (Burlón). Muller, non quererás que pase o día soltando frases de amor coma o Romeo ese?

UXÍA (Soñadora). Pois a min encantaríame…

XULIO. Iso é pan comido. (UXÍA mírao agardando a demostración).

HÉCTOR CAJARAVILLE

en fite: sen arredar a vista.

176

Page 17: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

9O texto teatral: diálogos e anotacións

2 Que información dan as anotacións do fragmento A reconciliación? Copia.

• O lugar onde pasa a acción. • Os elementos do decorado.

• O vestiario dos personaxes. • A actitude dos personaxes.

• Os movementos dos personaxes. • O ton de voz dos personaxes.

3 Explica brevemente as diferenzas entre este fragmento e a lectura da unidade, Unha de romanos, utilizando as seguintes palabras.

narrador

diálogos

acción

personaxes

4 Le a información seguinte. Despois, indica cal das anotacións propostas sobre a mesma escena cres que pertence a un guión cinematográfico e cal corresponde a un texto teatral e explica por que.

5 Busca un chiste que che guste e convérteo nun texto teatral.

Faino así:

1. Selecciona a información que vas poñer nas anotacións: lugar onde pasa a acción, xestos, movementos, emocións ou actitudes dos personaxes, etc.

2. Escribe o teu texto teatral diferenciando diálogos, anotacións e nomes de personaxes como aprendiches.

6 Representa con outros compañeiros e compañeiras o texto teatral que escribiches.

DEMOSTRA O TEU TALENTO

Para podelo facer ben, no chiste ten que haber polo menos un diálogo entre

dous personaxes.

Os guións cinematográficos son os textos a partir dos cales se realizan as películas. Aínda que son moi semellantes aos textos teatrais, presentan algunhas características especiais, sobre todo nas anotacións. Descubrímolas?

1 (Primeiro plano frontal de GRACE soltando un grito de espanto. Despois queda en silencio, cos ollos avermellados moi abertos, respirando profundamente. Pouco e pouco a visión afástase e descubrimos que está deitada. Gotas de suor sobre a fronte).

2 (GRACE, deitada sobre a cama, esperta soltando un grito de espanto. Despois queda en silencio respirando profundamente).

177

Page 18: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

COMPROBO O MEU PROGRESO

1 RESUMO. Copia e completa o resumo destes contidos da unidade.

• As siglas son palabras que se formaron a partir da unión das de diversas palabras. As abreviaturas son

• A grafía x pode representar A maioría das veces o x pronúnciase coma en , pero en moitas palabras cultas pronúnciase Escríbense con x palabras cos prefixos

e

• Nos textos teatrais os reproducen as palabras dos , e as son as indicacións que fai o autor ou autora sobre

, que se deben ter en conta no momento da representación.

2 ESQUEMA. Copia e completa o seguinte esquema.

TIPOS DE PREDICADO

ComplementosVerbo copulativo

3 A que se refire? Localiza a sigla que hai en cada oración e copia a opción correcta.

• No prezo xa está incluído o IVE. Imposto sobre o Valor Engadido / Imposto Engadido ao Valor

• Viches a nova campaña da DXT? Dirección de Tráfico / Dirección Xeral de Tráfico

• A irmá de Marta traballa no ILG. Instituto Lingüístico / Instituto da Lingua Galega

• Uxía irá renovar o DNI o mércores da semana que vén. Documento Nacional de Identidade / Documento de Identidade

Comparo e contrasto.

Le as siglas e responde as preguntas.

BCE (Banco Central Europeo) OMS (Organización Mundial da Saúde)

UDC (Universidade da Coruña) IES (Instituto de Educación Secundaria)

Lense do mesmo xeito as siglas anteriores? Cales se len coma unha palabra?

PENSAMENTO

178

Page 19: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

9

COMO O FIXEN? Responde as preguntas no caderno.

Sei identificar as siglas e as abreviaturas? Coñezo o significado das siglas e das abreviaturas que se trataron na unidade? Que siglas e abreviaturas me custou máis recoñecer?

Identifico o predicado dunha oración? En que me fixo para diferenciar o predicado nominal do predicado verbal?

Sei que a grafía x representa dous sons distintos? Pronúncioos e distíngoos ben? Resúltame complicado saber se unha palabra se escribe con x ou con ll?

Sei como se chaman as indicacións que fai o autor ou autora dun texto teatral? Coñezo os diferentes tipos de letra que se utilizan nun texto teatral e para que se utiliza cada tipo?

4 Escribe a palabra que representa cada abreviatura.

• Dr. • vol. • D.ª • introd.

• tfno. • cap. • Sra. • asdo.

5 Separa estas oracións en suxeito e predicado e di cales teñen predicado nominal (PN) e cales predicado verbal (PV).

• No verán, Antón aprenderá a facer surf. • Aquela moza é a nova directora.

• Mañá volverán meus pais da viaxe. • Nós estamos hoxe moi aburridos.

• O teu compañeiro parece simpático. • Este ano iremos de acampada.

6 Localiza o atributo nas oracións anteriores e indica o tipo de palabra ou grupo de palabras que o forman.

7 Escribe para cada un destes suxeitos un predicado nominal e un predicado verbal.

• O entroido • Santiago de Compostela • Os meus curmáns

8 Completa con x, s ou ll.

PRÓ*IMA E*TREAVIA*E INTERE*TELAR

UNHA E*PERIENCIA EN 3D.

«Unha e*ploración e*pacial que agasa*a os sentidos do e*pectador».

(The NYV)

«Nunca viviches nada seme*ante!».(Revista Cinex)

Non a perdas!

179

Page 20: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

1 Localiza unha interxección en cada globo.

2 Escribe oracións que conteñan as interxeccións anteriores ou outras que se che ocorran.

3 Completa estas oracións cun suxeito léxico que responda á estrutura dada en cada caso.

• (DET. + NÚCLEO + COMPL.) é nova.

• (DET. + DET. + NÚCLEO) ten máis de dez anos.

• (NÚCLEO + ENLACE + NÚCLEO) iredes á festa?

• (DET. + NÚCLEO + ENLACE + NÚCLEO) estudamos sempre xuntos.

4 Escribe tres palabras que en castelán teñen h e en galego non.

5 DITADO ACUMULATIVO. Prepara o ditado para facelo no caderno.

• A acentuación

• As grafías b e v

• A grafía h

• A grafía x e o dígrafo ll

Un agasallo marabilloso

Os avós preparáranlles a Helena e a Brais unha tarde de sábado extraordinaria. Primeiro estiveron no cine, na estrea do último filme de ficción científica de Aleixo Vermello. Despois leváronos a tomar un xeado e, para acabar, foron divertirse á pista de patinaxe. Foi unha xornada inesquecible!

REPASO ACUMULATIVO

Escribe SI ou NON e puntúate. Cada resposta correcta vale 2 puntos.

1 As siglas fórmanse coas sílabas iniciais de diversas palabras.

2 Os predicados nominais conteñen un verbo copulativo e un atributo.

3 Na palabra pare_a hai que escribir un x.

4 A función de atributo só a poden realizar adxectivos e substantivos.

5 Nos prefixos ex- e extra-, o x pronúnciase coma en exame.

AUTOAVALIACIÓN

A

B

C

Ala! Quedáronme os deberes na casa!

Vai con coidado. Abur!

Veña! Clara e ti non sodes irmás? D

Caramba! As análises non che

saíron tan mal!

180

Page 21: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

• Saber máisConxugación verbal: os verbos irregulares

• Audicións de Comunicación oral Terceiro trimestre

Page 22: 6 Lingua - back-edupack.santillana.es

SABER MÉS

232

Os verbos irregulares

O verbo DICIR

Conxúganse coma o verbo dicir os seus derivados contradicir, desdicir e predicir. Os verbos bendicir e maldicir seguen un paradigma regular na súa conxugación.

Formas persoais

Formas non persoais

MODO INDICATIVO

PRESENTEPRETÉRITO IMPERFECTO

(Copretérito)PRETÉRITO PERFECTO

(Pretérito)

euti

el / elanósvós

eles / elas

digodisdidicimosdicidesdin

euti

el / elanósvós

eles / elas

dicíadicíasdicíadiciamosdiciadesdicían

euti

el / elanósvós

eles / elas

dixendixechesdixodixemosdixestesdixeron

PRETÉRITO PLUSCUAMPERFECTO (Antepretérito)

FUTUROCONDICIONAL (Pospretérito)

euti

el / elanósvós

eles / elas

dixeradixerasdixeradixeramosdixeradesdixeran

euti

el / elanósvós

eles / elas

direidirásdirádiremosdiredesdirán

euti

el / elanósvós

eles / elas

diríadiríasdiríadiriamosdiriadesdirían

MODO SUBXUNTIVO INFINITIVO CONXUGADO

PRESENTEPRETÉRITO IMPERFECTO

(Pretérito)

euti

el / elanósvós

eles / elas

dicirdiciresdicirdicirmosdicirdesdiciren

euti

el / elanósvós

eles / elas

digadigasdigadigamosdigadesdigan

euti

el / elanósvós

eles / elas

dixesedixesesdixesedixésemosdixésedesdixesen

MODO IMPERATIVO

di ti dicide vós

INFINITIVO XERUNDIO PARTICIPIO

dicir dicindo dito, dita, ditos, ditas

SABER MÁIS Verbos irregulares