78330720 textos-en-galego-traducidos-dos-textos-do-plan-de-lectura-dos-ceip-de-granada

14
GUÍA TURÍSTICA DE DEIFONTES FESTAS _Patronais : a mediados de agosto _ San Isidro : 15 de maio. Romaría de carrozas ao Nacemento. QUE VISITAR A Igrexa : de estilo mudéxar, encargada ao arquitecto Ambrosio de Vico en 1.620. _ A Atalaia : construcción medieval dende onde se divisa unha bela panorámica. _A Casa- Palacio : dos Marqueses de Casablanca, dun século de antigüidade. Comprada polo Concello en 1.991 _A Cova da Auga : preciosa cova de estalactitas e estalacmitas chea de encanto. Só se pode visitar con permiso da Deputación e un número reducido de persoas. _ A Alberca : probablemente medieval. Pódese observar parte do muro que a forma e que se conserva íntegramente. _ A Almazara : orgullo do pobo e do seu esforzo por progresar unidos, onde se elabora o purísimo aceite de oliva virxe COPROVIR O Nacemento : paraxe máis singular do pobo. A este lugar débese o nome de Deifontes( Fuentes de Deus) e Dar-Alfont ( Casa da fonte, en latín e árabe). É un manantial onde se pode contemplar, rodeado do frescor das árbores e o grato chiar das aves, brotar a auga en varias das súas pozas. As dúas presas no río, unha delas romana. Verá tamén as ruinas da Venta , que aínda de construcción renacentista, probablemente puido ser unha casa romana. Conserva columnas. E a Ermita de San Isidro o Labrador , patrón dos agricultores. TELÉFONOS DE INTERESE Concello : 958-407005 958-407008 Garda Civil : 958- 407020 CEIP San Isidoro : 958- 893328 958-893305 Cooperativa San Isidro : 958-407061 QUE COMPRAR _ Aceite: na Cooperativa San Isidro. _ Xeados artesáns : xeladería Abril. _ Tortas e doces : en calquera das panaderías do pobo. _ Artigos de agasallo, prantas... : en calquera das tendas adicadas a isto. ONDE HOSPEDARSE _ Apartamentos “ Villa Pucherete” _ Apartamentos : “ Caserío da Fonte” _ Hotel : “ O Nacemento “

Transcript of 78330720 textos-en-galego-traducidos-dos-textos-do-plan-de-lectura-dos-ceip-de-granada

Page 1: 78330720 textos-en-galego-traducidos-dos-textos-do-plan-de-lectura-dos-ceip-de-granada

GUÍA TURÍSTICA DE DEIFONTES FESTAS _Patronais: a mediados de agosto _ San Isidro : 15 de maio. Romaría de carrozas ao Nacemento.

QUE VISITAR A Igrexa : de estilo mudéxar, encargada ao arquitecto Ambrosio de Vico en 1.620. _ A Atalaia : construcción medieval dende onde se divisa unha bela panorámica. _A Casa- Palacio : dos Marqueses de Casablanca, dun século de antigüidade. Comprada polo Concello en 1.991 _A Cova da Auga : preciosa cova de estalactitas e estalacmitas chea de encanto. Só se pode visitar con permiso da Deputación e un número reducido de persoas. _ A Alberca: probablemente medieval. Pódese observar parte do muro que a forma e que se conserva íntegramente.

_ A Almazara: orgullo do pobo e do seu esforzo por progresar unidos, onde se elabora o purísimo aceite de oliva virxe COPROVIR O Nacemento: paraxe máis singular do pobo. A este lugar débese o nome de Deifontes( Fuentes de Deus) e Dar-Alfont ( Casa da fonte, en latín e árabe). É un manantial onde se pode contemplar, rodeado do frescor das árbores e o grato chiar das aves, brotar a auga en varias das súas pozas. As dúas presas no río, unha delas romana. Verá tamén as ruinas da Venta, que aínda de construcción renacentista, probablemente puido ser unha casa romana. Conserva columnas. E a Ermita de San Isidro o Labrador, patrón dos agricultores. TELÉFONOS DE INTERESE Concello : 958-407005 958-407008

Garda Civil : 958- 407020 CEIP San Isidoro : 958- 893328 958-893305 Cooperativa San Isidro :958-407061

QUE COMPRAR _ Aceite: na Cooperativa San Isidro. _ Xeados artesáns : xeladería Abril. _ Tortas e doces: en calquera das panaderías do pobo. _ Artigos de agasallo, prantas...: en calquera das tendas adicadas a isto. ONDE HOSPEDARSE _ Apartamentos “ Villa Pucherete” _ Apartamentos : “ Caserío da Fonte” _ Hotel : “ O Nacemento “

Page 2: 78330720 textos-en-galego-traducidos-dos-textos-do-plan-de-lectura-dos-ceip-de-granada

1.- Cal é a orixe do nome de Deifontes? 2.- Cales son os dous monumentos máis antigos? 3.- Cales son as paraxes naturais máis importantes que podemos visitar? 4.- De que estilo é a Igrexa? 5.- Que diferencia hai entre igrexa e ermita? 6.- Que é unha presa ou embalse ? 7.- Que pensas que é unha guía turística, como este folleto ? Para que serve? 10.- Ves algo práctico nela?

Page 3: 78330720 textos-en-galego-traducidos-dos-textos-do-plan-de-lectura-dos-ceip-de-granada

1.- Describe o teu pobo. 2.- Enumera os lugares que ten de interese para o visitante. 3.- Se chegas a unha localidade como turista a ónde te dirixirías para informarte dos lugares que podes visitar?

4.- Explica por qué é importante que o teu pobo teña a súa propia guía turística.

Page 4: 78330720 textos-en-galego-traducidos-dos-textos-do-plan-de-lectura-dos-ceip-de-granada

Os dous irmáns Cando o seu pai morreu, os dous irmáns, chamados 

Xacinto e Rosendo, herdaron as súas terras. Para 

obrar con prudencia dividíronas en partes iguais e 

cada un adicouse ás tarefas de labranza e cultivo do 

millo. 

Pasaron os anos. Xacinto casouse e tivo seis fillos. 

Rosendo permaneceu solteiro. Ás veces non podía 

dormir pensando algo que lle preocupaba. “Non é 

xusto que estas terras estén divididas á metade. 

Xacinto ten seis fillos que debe alimentar, vestir e 

educar. Eu non teño familia. El necesita máis millo 

ca min.” 

Deste modo, unha madrugada 

decidiu ir ao seu propio depósito. 

Tomou catro pesados costais e 

cargándoos, atravesou o outeiro que 

separaba o seu rancho do de Xacinto. 

Entrou a escondidas ao depósito 

deste y alí deixounos. Rosendo 

regresou á súa casa pensando, feliz, 

que os seus sobriños estarían mellor. 

Durmiu profundamente. 

Por aqueles días Xacinto tamén estaba preocupado: “Non é xusto que estas terras 

estén divididas á metade. Rosendo non ten familia. Cando chegue a vello os meus seis 

Page 5: 78330720 textos-en-galego-traducidos-dos-textos-do-plan-de-lectura-dos-ceip-de-granada

fillos coidaránnos a min e á miña muller. Pero a el, quen lle dará sustento? Debería 

ter máis millo ca min para vivir tranquilo na súa ancianidade” pensaba. 

Deste modo, na mesma madrugada, pero a 

unha hora distinta, tomou catro costais de 

millo. Cargándoos, levounos e deixounos no 

depósito de Rosendo. Regresou á súa casa 

pensando, feliz, que o seu irmán estaría 

mellor. Durmiu profundamente. 

Ao día siguinte un e outro quedaron sorprendidos ao comprobar que tiñan a mesma 

cantidade de millo que a noite anterior. Cada un, polo seu lado, pensou: “tal vez non 

levoei a cantidade que supuxen. Esta noite levarei máis.” E así o fixeron aquela 

madrugada. 

Cando saiu o sol sentíronse máis perplexos que antes posto que atoparon a mesma 

cantidade de sempre, nin un costal menos. “Qué está pasando?” dicíase cada un 

“Acaso soñeino?”. Decidido a non caer na mesma situación Rosendo encheu un 

pequeno carro con doce costais. Xacinto fixo o mesmo. Con dificultades, foron 

tirando del pola colina, antes de apuntar o alba. 

Cada un subía polo seu lado do outeiro. Cando Rosendo atopábase case no cume 

alcanzou  ver unha silueta baixo a luz da Lúa, que viña da outra dirección. A Xacinto 

pasoulle o mesmo. De quen podería tratarse? Tratábase, quizáis, dun foraxido? 

Cando os dous irmáns se recoñeceron entenderon qué pasara. Durante as noites 

anteriores só estiveran intercambiando costais de millo entre un depósito e outro. 

Sen dicir palabra deixaron as súas cargas a un lado e déronse un longo e forte abrazo. 

Adaptación dun conto xudeu 

 

 

Page 6: 78330720 textos-en-galego-traducidos-dos-textos-do-plan-de-lectura-dos-ceip-de-granada

VOCABULARIO

Qué significa: costal, rancho, sustento, ancianidade, perplexos, alba, silueta, e foraxido

Preguntas:

Quen/es es/son e/os principal/is personaxe/s do texto?

Como dividiron as terras?

Que pasou cando transcurriron os anos?

Que fixo Rosendo pola noite?

Que fixo Xacinto?

Que pasou pola mañá?

Que pasou a seguinte noite?

Cando se viron os irmáns pola noite, quen pensaron ao principio que eran?

Que lle preocupaba a Xacinto?

Page 7: 78330720 textos-en-galego-traducidos-dos-textos-do-plan-de-lectura-dos-ceip-de-granada

Como acaba a historia?

Paréceche que podería ser verdade esta historia?

Cres que Xacinto eRosendo eran bos irmáns? Ti faríalo?

Que postura de cada irmán cres que é máis razoable, a de Xacinto ou a de Rosendo?

Defende a que ti creas.

Como cres que pode seguir o conto? ¿Quedaráse cada un co que ten, un deles

axudará ao outro agora e o outro ao un despois?

 

Page 8: 78330720 textos-en-galego-traducidos-dos-textos-do-plan-de-lectura-dos-ceip-de-granada

INCIDENTE NO AUTOBÚS Acababan de chegar os autobuses do colexio como todas as mañás. Aínda que os alumnos e alumnas estaban habituados a entrar no patio con relativa orde e rapidez, esa mañá baixaron a trompicóns e detivéronse en grupiños no enreixado da entrada. Os profesores e profesoras intentaban averiguar a causa de tanto nerviosismo. Varios nenos apresuráronse nunha veloz carreira, coa fin de ser eles os primeiros en dar a nova. Agolpáronse rebosantes de excitación e, dándose gran importancia, comunicaron a nova a gritos:

“Ricardo Gómez pegouse co condutor do autobús! Con ese tan grande que fai a ruta sete”. O resto dos nenos e nenas comezou a preguntar detalles sobre o insólito feito:

“Fíxolle dano?, Con que lle pegou?, Onde está agora?, por que ninguén nos explica o que pasa?”. Os profesores/as conseguiron a duras penas levar aos alumnos e alumnas ás clases; pero en sexto D, a clase de Ricardo, resultaba imposible poñerse a traballar. Don Amando, o profesor, intentou descubrir quen presenciara a suposta agresión. Na clase ninguén o vira, pero si o seu irmán, miles de amigos e unha profesora de Matemáticas. Pero… onde estaba Ricardo?

Page 9: 78330720 textos-en-galego-traducidos-dos-textos-do-plan-de-lectura-dos-ceip-de-granada

Seguro que co director, ou na súa casa expulsado; eso, senón o levaran a comisaría. Houbo algúns que adornaron a historia dicindo que Ricardo estaba farto de ir en autobús, que xa discutira condutor outras veces, que… O profesor intentaba, sen moito éxito, tranquilizar aos alumnos e alumnas, cando Ricardo entrou na clase. “Que pasou?, foi a pregunta que se lle fixo dende todos os lugares da aula. “Nada -respondeu Ricardo- , miña nai ven ao colexio”. “Vante expulsar?” “Dícheslle moi forte?”

“De que estades falando? Meu irmán mareouse no autobús e entre o condutor e eu levámolo ao botiquín. Xa está mellor pero a miña nai quere levalo ao médico. Por que ían expulsarme?” Non resultou fácil explicarlle ao rapaz o barullo que organizara e a morea de de

tonterías que imaxinaran sobre el. Todo eso e moito máis consegue un rumor.

Page 10: 78330720 textos-en-galego-traducidos-dos-textos-do-plan-de-lectura-dos-ceip-de-granada

1. Por que notou o profesorado que algo especial ocorría ese día, antes

de falar cos alumnos e alumnas?

2. Quen presenciou a suposta agresión?

3. Onde pensaban os de sexto D que estaba Ricardo?

4. Que ocorrera en realidade?

5. Alguén poñía en tela de xuízo a historia?

6. Os que “adornaban” os feitos, facíano para aclarar as cousas ou para

darse importancia?

7. Enteránronse do rumor uns poucos, ou practicamente todo o colexio?

8. Cal foi a actitude dos profesores e profesoras?

Page 11: 78330720 textos-en-galego-traducidos-dos-textos-do-plan-de-lectura-dos-ceip-de-granada

9. Se fose unha noticia doutro tipo, como por exemplo, que non podía

usarse o ximnasio porque estaba en obras, extenderíase con tanta

rapidez? Xustifica a túa resposta.

10. Que actitude deberíamos ter nestes casos?

Page 12: 78330720 textos-en-galego-traducidos-dos-textos-do-plan-de-lectura-dos-ceip-de-granada

As abellas Paloma ten unha amiga que, na súa casa de campo, ten abellas. O pai da súa amiga prometéulles levalas un día a ver os panais. Paloma, interesada polas abellas, colleu unha enciclopedia para informarse destos curiosos insectos. As abellas viven en colonias chamadas colmeas ou cortizos. Cada colmea forma

unha gran familia cunha sola nai. A abella raíña que ten como única misión a de poñer ovos; unhas cantas docenas de machos, os zánganos que viven pouco tiempo e só serven para fecundar á raíña; e as obreiras, abellas estériles que forman a gran masa da poboación, pode haber ata 80.000 abellas obreiras nas colmeas máis prósperas. As abellas obreiras realizan todos os traballos da colmea. Ao longo da súa vida adícanse a distintas tarefas: liban o néctar das flores e transfórmano en mel, que almacenan no panal; alimentan ás larvas; producen a cera coa que constrúen as celas dos panais, etc. O mel está basicamente constituído polo azucre contido no néctar, líquido segregado pola flor. O mel debe o seu perfume ao das plantas libadas polas abellas, o que á súa vez explica que o mel teña distintos gustos según as rexións.

Page 13: 78330720 textos-en-galego-traducidos-dos-textos-do-plan-de-lectura-dos-ceip-de-granada

As xoves abellas que saen dos ovos postos pola raíña son unhas larvas brancas, sen alas nin patas e cunha cabeza que apenas se distingue do resto del corpo. Estas larvas se desenvolven cada unha dentro dunha das celdas de cera que foron fabricadas polas obreiras. As abellas teñen a súa propia linguaxe. Por medio de xiros e piruetas que realizan no seu voo a modo de danza, as abellas comunícanse unhas ás outras ónde atoparon alimentos. Preguntas de comprensión literal 1º.- Que é un panal? 2º.- Cal é a misión da raíña? 3º.- Que quere dicir que as abellas obreiras son abellas estériles? 4º.- Que tres clases de abellas poden distinguirse nunha colmea?

Page 14: 78330720 textos-en-galego-traducidos-dos-textos-do-plan-de-lectura-dos-ceip-de-granada

5º.- Para que serven os zánganos? 6º.- Como son as larvas das abellas? Preguntas de comprensión inferencial 1º.- Son beneficiosas as abellas? Por que? 2º.- O mel, que sabor ten? Razoa a resposta