84 - ALTAMIRA Nº 84

24
Servizo de Emerxencias Están pasando unha comprometida situación por falta da subvención da Xunta Brioneses A Comparsa do Paseo de Pedouzos: 12 anos alegrando o entroido de Brión PAXS. 12 - 13 PAX. 6 Posta de largo da recén sinalizada ruta do Tambre Orzamentos municiapis 2012 Certame Novos valores Altamira maio2012 Nº 84 - MAIO 2012 - ANO XXVI REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN Os orzamentos para este ano prevén unha redución do 6% do endebedamento. O certame reafírmase e acada un novo récord de participación. PAXS. 4-5 PAX. 16

description

REVISTA ALTAMIRA Nº 84

Transcript of 84 - ALTAMIRA Nº 84

Servizo de EmerxenciasEstán pasando unha comprometidasituación por falta da subvención da Xunta

BrionesesA Comparsa do Paseo dePedouzos: 12 anos alegrandoo entroido de Brión

PAXS. 12 - 13PAX. 6

Posta de largo da recén sinalizada

ruta do Tambre

Orzamentosmuniciapis 2012

Certame Novos valores

Altamira maio2012

Nº 84 - MAIO 2012 - ANO XXVI REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

Os orzamentos para este ano prevén unha redución do 6% do endebedamento.

O certame reafírmase e acada un novo récord de participación.

PAXS. 4-5 PAX. 16

2 | Concello de Brión

AltamiraRevista Municipal do Concello de Brión

enderezosos nososBIBLIOTECA MUNICIPALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel ./Fax. : 981 50 99 69

CASA DA CULTURACarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel . : 981 50 99 08

CASA DO CONCELLOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

CEIP PEDROUZOSRúa Paseo de Pedrouzos, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 88 70 80

CENTRO DE SAUDERúa das Pedriñas, nº 315865 - BriónTel . Liña 1 : 981 88 77 01Tel . Liña 2: 981 88 77 02

CENTRO SOCIAL POLIVALENTEAvda. de Santa Minia, nº 4615865 - BriónTel . : 981 50 99 10Fax. : 981 50 99 78

ESCOLA INFANTIL MUNICIPALAgro Novo, nº 12515280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 77 42

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICAAvda. de Santa Minia, nº 7015865 - BriónTel . : 981 50 99 03

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E.Avda. dos Ánxeles, nº 3615280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 72 01

FARMACIA BASTAVALES BRIÓNAvda. dos Ánxeles, nº 3615280 - BastavalesTel . : 981 88 88 36

FARMACIA NUÑEZ PEREZ, E.Lg. Sabaxáns, Nº 5715865 - BriónTel . : 981 88 70 30

GARDA CIVILRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 70 11

IES BRIÓNRúa Paseo de Pedrouzos, nº 315856 - BriónTel . : 981 88 18 17Tel . : 981 88 58 99

OFICINA DE URBANISMOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

PISCINA CUBERTA MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 73 46

POLICÍA LOCALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 89 34 74Fax. : 981 88 74 31

POLIDEPORTIVO MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 76 53

SERVIZO DE AUGASUrb. Agro Novo, nº 126 Baixo15280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 78 51

SERVIZO DE EMERXENCIASLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 629 87 15 42Fax. : 981 88 75 23

XULGADO DE PAZRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 72 71

REPORTAXES ACTUALIDADE

SERVIZOS SOCIAIS

BRIONESES

CULTURA E DEPORTES

HISTORIAS E LENDAS

TAMÉN FOI NOTICIA

ÚLTIMA PÁXINA

Paxs. 3 - 5

Paxs. 5 - 9

Paxs. 10 - 11

Paxs. 12 - 13

Paxs. 14 - 20

Pax. 21

Pax. 22

Pax. 23con

tidos

José Luís García García

Alcalde doConcello de Brión

AVANCE

Edita: Concello de BriónRedacción, deseño e maquetación:Concello de Brión e Nós ComunicaciónFotos: Arquivo Municipal e Nós ComunicaciónImprime: Plana Artes Gráficas, S. L.Mail:[email protected]

A REVISTA ALTAMIRA Nº 84 xa está nas vosas mans. Este novo número preséntase falando de cartos, dos orzamen-tos 2012 comprometidos fortemente coa cidadanía e que apostan polo mantemento de tódolos servizos públicos.

Xa de maneira mais distendida, recollemos nestas páxinas a posta de longo da ruta de sendeirismo do Tambre, unha ruta recén sinalizada por varios veciños de Ons, entre os que se atopa Luciano Pena, pai desta revista.

Outras novas salientables son a actualidade do Servizo de Emerxencias Municipais, a tarxeta social metropolitana, as actividades culturais, deportivas e formativas para os vin-deiros meses. E como xa é costume, rematamos coa sec-ción de historias e lendas de Brión que neste número lem-bra aqueles días onde o “Furacán Hortensia” e os outros posteriores arrasaban a nosa comunidade facendo tremer ata as nosas vidas.

ESPERANDO QUE DESFRUTES DA LECTURA,RECIBE UN CORDIAL SAUDO

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

Revista Altamira | 3

REPORTAXE

TRANSPORTE METROPOLITANO

Brión abre o prazo de solicitudes para a Tarxeta SocialMetropolitanaEstá dirixida a maiores de 65 anos, desempregados e discapacitados e permitirá un desconto do 50% sobre a tarifa.

A Tarxeta Social Metropo-litana está xa a piques de ser unha realidade. O pasado mes de marzo, o pleno municipal aprobou por unanimidade o regulamento do programa de axudas ao Transporte Metro-politano. Unha tarxeta que xa se pode solicitar no centro so-cial polivalente, pois o obxec-tivo é que comece a funcionar en todos os concellos da área metropolitana de Santiago a partir do 1 de maio.

A Tarxeta Social Metropoli-tana reduce ata o 50% a tarifa da Tarxeta Metropolitana ac-tual. É dicir, que se ir de Brión ata Santiago custa actualmente 0,78 euros, coa tarxeta social este prezo será de 0,39 euros. E permitirá aos veciños e veci-ñas de Brión trasladarse dende calquera parada de autobús do municipio ata Santiago e mes-mo realizar un trasborde nos 60 minutos seguintes sen custe adicional.

O desconto aplicarase a un máximo de 20 viaxes mensuais e recargarase directamente a través da tarxeta, unha vez efectuadas as viaxes. Iso si, a entrada en vigor desta tarxeta porá fin ao programa municipal de transporte que o Concello viña prestando ata o de agora. Por iso é moi importante saber que a partir do vindeiro 1 de maio os tickets de transporte gratuítos para persoas maiores ou con minusvalía que se en-tregaban no centro polivalente xa non serán aceptados.

A Tarxeta Social Metropo-litana ten carácter persoal e intransferible, o seu uso por persoas non autorizadas dará lugar á baixa no programa. So-licitudes e información no De-partamento de Servizos Sociais no centro social polivalente, ou no 981 509 910.

BENEFICIARIOSAs persoas que viñan recibindo os tickets de transporte gratuitos para persoas maiores

que se entregaban no centro polivalente deberán solicitar agora a Tarxeta Social Metropoli-tana, que está dirixida a tres colectivos: maiores de 65 anos, persoas con discapacidade ou persoas en situación de desemprego. Todos eles deberán estar empadroados no Concello de Brión dende, cando menos, 12 meses atrás.

No centro polivalente informan sobre os requisitos para cada grupo. Así, os maiores de 65 anos deberán acreditar que non exercen actividade laboral, mentres que as persoas con dis-capacidade deberán presentar certificado de minusvalía de, cando menos, o 65%. En ambos casos, as axudas están dirixidas a aquelas persoas cuns ingresos inferiores aos 798,76 €/mes.

No caso dos desempregados, requerirase que estean inscritos como demandantes de em-

prego durante os 12 meses anteriores e que teñan traballado como mínimo durante 12 meses nos ultimos 5 anos. Ademais, deberán participar en itinerarios de inserción laboral e carecer de recursos económicos propios.

DOCUMENTACIÓNEn todos os casos, será preciso presentar DNI, pasaporte ou NIE, certificado de empa-

droamento (en caso de vir doutros concellos da área m,etropolitana), declaración da renda ou certificado negativo, certificado de pensións (positivo ou negativo) e tarxeta metropolitana (que deberá adquirir o solicitante en Novagalicia Banco). A maiores, as persoas con discapa-cidade deberán aportar o certificado de minusvalía, mentres que os desempregados deberán entregar: informe de vida laboral e certificados do período de inscripción no INEM, de non percepción de subsidios e de participación en itinerarios de inserción.

COMO SE CONSEGUEPara conseguir a Tarxeta Social Metropolitana, o solicitante deberá adquirir primeiro e

pola súa conta a Tarxeta Metropolitana, facer a primeira recarga e pagar con ela o importe dos traslados que realice ao longo do primeiro mes. Unha vez concedida a axuda por parte do Concello, a bonificación do 50% dos 20 primeiros traslados realizados durante o mes anterior, cargarase directamente na tarxeta do usuario/a. Así, cada mes irase cargando na súa tarxeta a axuda do 50% correspondente ao gasto realizado no mes anterior, sempre co límite do 20 viaxes ao mes.

4 | Concello de Brión

REPORTAXE

ORZAMENTOS MUNICIPAIS

Orzamento municipal para 2012: Brión resisteXosé Luís García asegura que “o noso Concello paga rápido, en non máis de 54 días de media, o que case supón un récord en Galicia”

Fronte á carreira desen-freada de recortes que a crise está impoñendo nos presu-postos de todas as adminis-tracións públicas, constátase que a característica principal do de Brión para este ano 2012 é a da resistencia: o montante global, tanto en gastos como en ingresos, as-cende a 4.970.671,61 euros, a penas 3.000 euros menos que en 2011. Isto explícase porque o Concello de Brión soubo previr a crise a tempo e non estirou a perna máis do que dá a manta.

OS CAPÍTULOS DE GASTOS

O capítulo primeiro, que recolle os gastos de persoal, supón o 39% do total, só un

punto menos que no exer-cicio anterior. É de salientar que se manteña o montante deste capítulo cando a ten-dencia é que a redución dos contratos de persoal sexa o primeiro que se leva por diante a crise.

O capítulo 2º correspon-de a gastos correntes para mantemento dos servizos que se lles prestan aos cida-dáns e supón o 38% do total, un punto máis que en 2011. Más de medio millón de eu-ros destínanse a electricidade auga e saneamento.

Os capítulos 3 e 9 reco-llen os gastos financieiros (pago de xuros e amortiza-ción de empréstitos) e supón

o 6,7% do total, cantidade razoablemente baixa, que dá idea de que a economía mu-nicipal está saneada.

Dos 470.000 euros con-signados no capítulo 4º para transferencias correntes a outros organismos, a mei-rande pare corresponde á aportación á Mancomunida-de do Barbanza para recollida e tratamento de lixo (305.000 euros).

O capítulo 6º, o de investi-

mentos, é o que máis se res-inte polo efecto da crise: aquí consígnanse 255,000 euros, que van destinados case inte-gramente a conservación das dotacións públicas, maior-mente estradas e beirarrúas.

OS INGRESOS

Polo que afecta aos ingre-sos, en liñas xerais seguen a tónica dos exercicios anterio-res: soben cantidades mínimas os impostos directos (imposto de inmobles, vehículos, etc.), as transferencias correntes e o alleamento de investimentos reais. Baixan tamén modera-damente os impostos indirec-tos (imposto de construcións), as taxass e prezos públicos e as transferencias correntes, A baixa máis salientable é a de transferencias de capital, tanto da Deputación Provincial como da Xunta de Galicia.

Prevese concertar un prés-tamo por importe de 150.000 euros, o mesmo que en 2011.

Revista Altamira | 5

REPORTAXE

A sesión plenaria na que se aprobaron os orzamentos para 2012 estivo marcada polo abandono dos catro edís do Partido Popular, que se ausentaron do salón de plenos e se negaron a debater sobre os orzamentos. Chegados ao punto número 4 da orde do día, o correspondente aos orzamentos, o voceiro do PP pedíu a palabra para expoñer a decisión do seu grupo de abandonar a sesión plenaria por non ter recibido o documento de orzamentos con suficiente antelación. Tomé Fondo xustificou que recibiu a documentación o venres pola tarde, polo que consideraba que o alcalde non cumprira co seu compromiso de enviar a documentación cunha semana de antelación.

O alcalde Xosé Luís García respondeu que a documentación “se enviou con seis días de antelación, cando a Lei marca dous días”. Xosé Luís García entendeu que “o PP é libre de facer o que queira, pero non entendemos que o Partido Popular se ausente do debate máis importante que temos en todo o ano, pois destes orzamentos dependen as obras e os servizos que reciben os veciños de Brión”. Xa cos edís populares fóra do salón de plenos, o alcalde lamentou a postura adoptada polo PP, “que seguramente prefire utilizar o seu tempo noutras cousas, como andar denunciando a veciños de Brión, ou simplemente porque non tiñan nada que dicir e non querían escoitar falar dos incumprimentos da Xunta con Brión”.

Ante a ausencia dos catro concelleiros do PP, os orzamentos de 2012 foron aprobados por unanimidade dos 8 votos dos concelleiros do grupo de Goberno, pois o concelleiro do BNG, Xesús Pena, xustificou a súa ausencia nesa sesión plenaria por motivos profesionais.

O PP ABANDONA O PLENO ANTES DO DEBATE

O Alcalde, no centro da mesa de plenos, considera que os orzamentos de 2012 “están guiados polos principios da contención do gasto, da máxima eficiencia na utilización dos recursos públicos e por un claro compromiso cos servizos públicos que o Concello presta aos seus veciños”.

q

6 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

A SITUACIÓN DO SERVIZO DE EMERXENCIAS

As tesoiras chegan á seguridade: a situación do SEBRI

A situación que está a vi-vir actualmente o Servixo de Emerxencias e Protección Civil de Brión semellaría de chiste, de non ser porque coa seguri-dade das persoas non compre facer broma algunha. Cando menos así o pareceu o pasado 28 de decembro, data na que a Consellería de Medio Rural lle comunica ao Concello a non renovación das axudas para subvencionar aos tres traba-lladores do persoal estable do SEBRI para 2012. É máis, inclu-so “nos anunciaban que non tiñan intención de aboar os 25.000 euros correspondentes ao ano 2011”, explica o alcalde Xosé Luís García.

O que podería parecer unha inocentada, máis que nada polo día escollido para enviar a comunicación, no foi tal. En realidade supuxo un novo golpe da Xunta ás arcas municipais “pois nós tivemos que adiantar eses cartos para pagar as nóminas de 2011 e re-sulta que, a tres días de acabar o ano, nos din que non imos recibir a parte comprometida, polo que tivemos que asumir eses 25.000 euros”, explica o

alcalde brionés.

Máis o esperpento chegou tan só dúas semanas despois, o pasado 11 de xaneiro. Cos ánimos aínda quentes pola ne-gativa de Medio Rural a seguir colaborando na subvención dun servizo tan importante como o SEBRI, esa tarde eses traballadores “non subven-cionables” recibían unha cha-mada do Distrito Forestal III Santiago-Meseta Interior na que alertaba dun lume forestal no veciño concello de Ames e solicitaba a intervención dos operarios brioneses “ante a imposibilidade de atender a situación”. Saben de quen de-penden os distritos forestais en Galicia? Efectivamente, da Consellería de Medio Rural, a mesma que primeiro nega a necesidade duns operarios pero despois os reclama cando hai que sacarlle as castañas do lume, expresión por outra par-te nunca mellor empregada. E máis aínda tendo en conta a seca que estamos a sufrir, o que fai pensar nunha campa-ña de loita contra os lumes no verán, cando menos, compli-cada.

A Xunta négase a colaborar na subvención do servizo pero despois pide a súa axuda para extinguir lumes noutros concellos por non ter medios.

Din que rectificar é de sabios. E así llo esixiu o alcalde aos respon-sables da Consellería do Medio Rural, mesmo citando o argumen-tario que eles mesmos recollen na súa páxina web e que indica que “a política de defensa do medio rural contra os lumes non pode ser implementada de xeito aillado, senón integrándose nun contexto máis amplo de planificación do territorio e comprome-tendo a todas as administracións”.

Mais como non todo teñen que ser malas novas, quen si soubo dar a talla foi a Deputación Provincial, e debido á seca que sufriu Galicia neste ano decidiu adiantar a sinatura dos convenios de co-laboración cos 16 GRUMIR da provincia. No caso de Brión, suporá recibir un total de 45.000 euros, que permitirán sufragar gastos de persoal e material. Ademais, conscientes da situación excep-cional deste ano, a entidade presidida por Diego Calvo mesmo permitiu de xeito extraordinario que con eses cartos se poidan afrontar gastos efectuados dende o 1 de xaneiro de 2012.

BOA REACCIÓN DA DEPUTACIÓN

Así as cousas, o Concello tívose que facer cargo do mantemento dos 3 traballadores do persoal estable do SEBRI (oficiais-xefes de grupo cuxos salarios antes estaban subvencionados ao 50% por Xunta e Concello), ademais do xefe de Protección Civil. As outras 12 persoas, encadradas dentro do apartado de persoal eventual, están á espera da decisión da Consellería de Traballo e Benestar, pois os seus con-tratos dependen desa subvención e remataron o pasado 31 de de-cembro. Iso sí, a adicación destes profesionais ao seu labor é digna de eloxio pois, lonxe de abandoar os seus postos, seguen a colaborar como voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Brión.

De feito, de non ser pola colaboración destas persoas, poderíase mesmo dar o paradoxo de que en Brión tiveramos máis parque mó-bil ca traballadores para manexalo. Porque o SEBRI dispón dun dos máis completos equipamentos da comarca o que, unido á profesio-nalidade dos seus operarios, fan deste servizo un dos mellores da nosa comunidade. Contan con 4 vehículos: un camión forestal, un coche de mando, un vehículo de intervención rápida con bomba e un camión urbano lixeiro, a auténtica xoia da coroa que nada lle ten que envexar a un camión de bombeiros. Basta un dato: dispón dunha capacidade para 2.000 litros de auga, é dicir, 5 veces máis que as tra-dicionais “pick-up” que prestan os seus servizos noutros municipios.

Así as cousas, o futuro dun servizo tan importante para a cidadanía está en cuestión por andar coas tesoiras. Basta con botar a vista atrás e decatarnos de que durante o 2011 o SEBRI fixo un total de 356 intervencións, das que case a metade se corresponden con extin-ción de lumes e actuacións en accidentes de tráfico. Un total de 171 actuacións que, xeográficamente, se concentraron en Brión (105 in-tervencións) e Ames (68 actuacións), o que representa o 82,7% dos casos rexistrados. Ademais, os operarios do SEBRI tamén realizaron actuación en Teo (16), Santiago (9), Rois (5), Negreira (4), Padrón (2) e Boiro (2). A todo isto, hai que sumarlle as máis de 185 pequenas actuacións realizadas a prol dos veciños e veciñas de Brión (desatas-co de sumidoiros, apertura de portas, desconexións de alarmas...).

Cando se fala de recurtes orzamentarios, ás veces cometemos o erro de pensar que só se trata de cifras, de números sen máis. Mais detrás deses números están as persoas e, neste caso en especial, a segu-ridade desas persoas. E con esas cousas, non se debería xogar nin recurtar.

SITUACIÓN ACTUAL

Revista Altamira | 7

ACTUALIDADE

PISCINA MUNICIPAL

A piscina municipal amplía os seus horarios para maior comodidade dos usuarios

Ampliar os horarios da pis-cina municipal de Brión e faci-litar que un maior número de veciños poida facer uso destas instalacións. Este é o obxecti-vo da modificación do regula-mento de réxime interno da piscina de Pedrouzos deseña-do pola Alcaldía, e refrendada polo pleno municipal, que su-porá incrementar en 33 horas anuais os horarios desta insta-lación.

Así, a piscina disporá de dous horarios diferentes de acordo coa temporada de in-verno (do 1 de setembro ao 30 de xuño) e de verán (do 1 de xullo ao 31 de agosto). Un cambio que suporá un incre-mento de 5 horas semanais na tempada de inverno a cambio dunha redución de 14 horas semanais durante os meses de xullo e agosto. Unha redu-ción que non xerará problema ningún aos veciños e veciñas de Brión, xa que nesas datas o Concello ten abertas as pis-cinas municipais de Os Ánxeles e Bastavales.

NOVOS HORARIOS

Os cambios máis signifi-cativos terán lugar no horario de inverno, onde se pechará media hora máis tarde (de luns a xoves) e se abrirá máis cedo pola tarde (ás 15:00 ou 16:30 horas, no canto de ás 18:30 ho-ras). Deste xeito, o horario de inverno será de 7:30 a 12:30 e de 16:30 a 22:30 horas (os luns e mércores); de 7:30 a 12:00 e de 15:00 a 22:30 horas (os martes e xoves); e de 7:30 a 12:30 e de 16:30 a 22:00 horas (os venres). Nas fins de sema-na, o horario será de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 ho-ras (os sábados) e de 10:00 a 13:00 horas (os domingos).

Para os meses de xullo e agosto mantéñense os mes-mos horarios da mañá e cám-bianse os das tardes, que

pasan a ser de 19:00 a 22:30 horas (de luns a xoves) e de 19:00 a 22:00 horas (os ven-res). Os sábados só se abriría pola mañá (de 10:00 a 13:00 horas) e os domingos e festivos estaría pechado.

Medio ano despois da súa posta en funcionamento, a piscina municipal cuberta de Brión supera os 1.200 socios. Neste tempo, a empresa adxu-dicataria deste servizo, Aquafit Gestión SL, ten realizado du-cias de cursos formativos para nenos, bebés e adultos, entre os que destacan os de aquae-róbic e aquaxim. Ademais, esta empresa ten posto en marcha unha serie de mello-ras no equipamento da piscina municipal para adaptarse ás demandas dos usuarios, como a instalación dun sistema de desinfección da auga median-te luz ultravioleta que permite reducir os niveis de cloro na auga, e xa iniciou as xestións para a construción dunha pista de pádel na zona.

A piscina municipal vén de iniciar o pasado mes de marzo unha serie de actividades gratuitas para aqueles abonados que participan nalgún curso. “Trátase de actividades de dinamiza-ción e formación, que teñen lugar ao longo da semana. O noso obxectivo é seguir ofrecendo estas actividades gratuitas de dinamización para aquelas persoas que se anotan aos cursos. Comezamos con iniciación ao salvamento acuático e dúas actividades no ximnasio e segui-remos con iniciación á natación sincronizada”, explica Carlos Amado, responsable de Aquafit Gestión SL, empresa adxudicataria da piscina.

Así, durante o pasado mes de marzo a piscina ofreceu unhas xornadas de iniciación ao sal-vamento acuático e primeiros auxilios e dúas accións no ximnasio: GAP (Glúteo, Abdominal, Perna) e Entrenamento Funcional. O GAP é unha actividade de media hora nas que os alum-nos fan circuitos de 40 segundos de duración nos que fan exercicios para traballar os glúteos, os abdominais e as pernas. No caso do Entrenamento Funcional trátase dun circuito moito máis amplo e trabállase todo o corpo.

ACTIVIDADES DE BALDE

PROMOCIÓN DO COMERCIODurante o primeiro trimestre de 2010, a piscina municipal mantivo unha campaña de pro-moción do comercio local, que permitiu repartir vales de compra por máis de 2.000 euros entre os usuarios da piscina. Grazas a este acordo, cada novo socio recibiu de agasallo un vale de compra de 30 euros para mercar no comercio local de Brión.

Os comercios que participaron neste convenio de colaboración son: Restaurante Casa Fi-liberto, Mesón-Asador Abelleira, Hotel Gastronómico Casa Rosalía, Adegas Santa Minia, Bebiños Puericultura, Solpor Deportes, Súper Couso, Comercio Rivas, Carnicería Blanco e Farmacia Eva Núñez.

8 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

Dende o pasado 1 de xaneiro de 2012, o Réxime Especial de Empregados do Fogar integrouse no Réxime Xeral da Seguridade Social mediante o establecemento dun sistema especial.

As persoas empregadoras están obrigadas a presentar na Seguridade Social as solicitudes de afiliación, altas e baixas, e as variacións de datos correspondentes a estes traballos. Os tra-balladores do fogar deben ter un contrato de traballo no que figuren, entre outros, o nº de horas semanais, o salario mensual ou por hora, o salario en especie ou se existen horas de presenza ou pernocta.

En canto á acción protectora, hai que destacar que o subsi-dio por incapacidade temporal no caso de enfermidade común ou accidente non laboral, pagarase dende o cuarto día da baixa no traballo. Anteriormente percibíase dende o día 29. Sinalar tamén que se amplía a protección ás continxencias profesionais (accidente de traballo e enfermidade profesional), tendo dereito ao subsidio por incapacidade temporal a partir do día seguinte á baixa. A acción protectora deste novo Sistema Especial, sen embargo e polo momento, non inclúe a protección por desem-prego.

O traballador terá, como mínimo, dereito ao salario mínimo interprofesional. O salario en especie non poderá ser superior ao 30% das percepcións salariais. O traballador terá dereito a dúas pagas extraordinarias ao ano, para garantizar a percepción do salario mínimo interprofesional en cómputo anual.

Establécese unha escala de 15 tramos de cotización en fun-ción do salario percibido, con cotas que van dende 19,84€ ao mes ata 164,60€ ao mes pola xornada completa. O tipo de coti-zación durante o 2012 será do 22% (18,3% a cargo do emprega-dor e o 3,7% a cargo do traballador).

Din que se existe, está na Internet. Por iso, o Concello traba-lla na creación dunha Guía On-Line de Empresas, Comercios e Servizos do municipio, co fin de apoiar o desenvolvemen-to económico local, promovendo o consumo nas empresas da nosa localidade. A iniciativa dá continuidade á Guía de Empresas editada a finais de 2009 e que foi repartida entre toda a veciñanza de Brión xunto con esta mesma revista. Esta revisión e mellora da anterior guía será colgada na páxi-na web municipal.

Ao tratarse dunha guía on-line, desaparecen as restriccións de espazo que tiña a guía en papel, polo que ademais de ser un directorio das diferentes actividades empresariais dispo-ñibles en Brión, cada empresa disporá dun pequeno espazo para dar a información que considere máis interesante: da-tos de contacto, servizos ou produtos ofertados, fotografías, promocións... Por outra parte, tampouco existe un prazo límite de inscrición. Os emprendedores poden adherirse e revisar a súa información de maneira permanente.

Para participar nesta guía cómpre facer unha inscrición, tanto os anteriores anunciantes da edición en papel, como aqueles que desexen facelo por primeira vez. Para esto po-den dirixirse á Casa da Cultura, chamar ao teléfono 981 509 908 ou enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: [email protected].

Lembra que a participación nesta guía de empresas é total-mente de balde e cadaquén decide a información e os datos que quere ofrecer nela.

O Concello convida ásempresas locais apromocionarse naInternet

GUÍA EMPRESARIAL ON-LINEIntegración dos empregados do fogar no réxime xeral da seguridade social

Revista Altamira | 9

ACTUALIDADE

Brión incrementa nun 7,5% o seu patrimonio, que supera os 34 millóns de euros

INFRAESTRUCTURAS

O inventario municipal de bens ascende, con data 31 de decembro de 2011, a un to-tal de 34.204.253,23 euros, o que supón un incremento dun 7,52% con respecto ao ano anterior. Un crecemento de 2.394.341,45 euros froito da incorporación das novas infraestruturas realizadas polo Concello nos últimos doce me-ses e, especialmente, a dúas delas: a piscina municipal cli-matizada de Pedrouzos e o parque municipal de Pedrou-zos, que concentran máis do 60% dese incremento.

O alcalde Xosé Luís García destaca que “non paramos de medrar, todo co fin de lograr un máis elevado nivel de vida para os nosos veciños e para facer de Brión un concello agradable, pacífico e atracti-vo”. De feito, este incremento no patrimonio municipal tra-dúcese tamén nun incremento do 1,03% no gasto corrente para o mantemento dos bens e servizos municipais nos orza-mentos de 2012.

A maior incorporación ao patrimonio municipal de Brión durante 2011 foron as instala-cións da piscina municipal de Pedrouzos, que supuxeron un investimento de 1,12 millóns de euros por parte da Deputación da Coruña e o Concello de Brión. A outra gran incorporación foi o parque municipal de Pedrouzos, unha gran área de ocio para o disfrute de toda a familia. Ademais das distintas instalacións incluídas nesta área de ocio, o maior incremento patri-monial provén da recepción da urbanización da Área de Reparto 8, na que está situado ese parque municipal, e que está valorada en máis de 570.000 euros.

Por último, o inventario de Brión inclúe tamén importantes mellora nos servizos e infraes-truturas para a veciñanza, como o acondicionamento da nova biblioteca municipal de Pe-drouzos, o alumeado público en Monte Balado e no paseo do río Pego ou distintas actuacións en materia de saneamento, entre as que destacan o novo bombeo de Nináns. Completan as novas incorporacións ao inventario municipal pequenos traballos de reparación de estradas (por 91.000 euros) e beirarrúas (por outros 63.000 euros).

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS

A incorporación da piscina municipal e da área de ocio de Pedrouzos supuxo un crece-mento de 2,39 millóns de euros.

Os veciños e veciñas de O Cabo nos Ánxeles, disfrutarán en breve dunha importante mellora no saneamento grazas á esta-ción de bombeo e impulsión de augas residuais que a empresa Espina e Delfín vai instalar. Unha obra de algo máis de 21.000 euros que é froito do concurso gañado por esta empresa, que xestionará o servizo publico de saneamento en Brión durante os próximos 20 anos.

Ademais, esta empresa asumirá os custos derivados do correcto mantemento, explotación e limpeza das instalacións de saneamento. Isto suporá un investimento de algo máis de 200.000 euros en tarefas de conservación das acometidas.

Unha rede que se ten máis que duplicado nos últimos dez anos e que está composta por seis estacións depuradoras de augas residuais (Busto de Frades, A Graña, Moldes, Vioxo de Arriba, Vioxo de Abaixo e Ombre), dez fosas sépticas (Goiáns, Pousada, Vilar, Pazos, Salaño Pequeno e Salaño Grande; así como dúas unidades en Ons de Abaixo e en Romarís) e 16 es-tacións de bombeo (A Graña, Nináns, Ombre, Mourentáns, Cantelar, Bastavales, Chave de Carballo, Chave de Ponte, Beca, Gándara, Gosende e Perros; así como dúas estacións en Gundín e outras duas en Brans de Abaixo).

NOVA ESTACIÓN DE BOMBEONestes tempos de crise, o talante dun Goberno amósase

polo xeito de acometer os necesarios axustes económicos. Un pode optar por sacar a pasear a tesoira sen ningún tipo de mi-ramento ou pode optar por pequenas medidas que non reper-cuten na cidadanía pero que supoñen aforros económicos para as arcas municipais.

É o caso do gasóleo A utilizado para os vehículos e maqui-naria municipais e o gasóleo C empregado na calefacción dos centros públicos municipais (centro de saúde, biblioteca, casa da cultura, escola de música e centro social polivalente).

O Concello e Feiraco Sociedad Cooperativa veñen de asinar un acordo que permitirá aforrar un 8,2765% sobre o prezo de venda ao público deste combustible, tributos incluídos. Para fa-cernos unha idea, durante 2011, o Concello de Brión facturou algo máis de 68.000 euros por este concepto. Agora, aforra-ríanse algo máis de 5.600 euros anuais.

Unha cifra que seguramente será maior durante o ano 2012, sobre todo se temos en conta as significativas e reite-radas subidas de prezo experimentadas polo combustible nos últimos meses.

UN 8% DE AFORRO NO GASTO EN GASÓLEO

10 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES

A participación social de veciñas e veciños, basefundamental

Diciamos no anterior nú-mero da revista Altamira que ao longo dos vindeiros meses iamos realizar unha análise por-menorizada do II Plan de Igual-dade de oportunidades entre homes e mulleres do Concello de Brión. Xa sabes, ese folleti-ño violeta, branco e verde que tés na túa casa dende o pasado mes de decembro e que che veu de “agasallo” co número de Nadal.

Agardamos que nestes ca-tro meses tiveras tempo de, cando menos, botarlle unha pe-quena ollada, pois o éxito deste plan depende en gran parte de ti e dos teus veciños. E é que este Plan, imos chamarlle polas súas siglas (PIOM) para abre-viar, sostense sobre unha base fundamental: a participación social das veciñas e dos veciños de Brión. Participación en to-das as súas fases, tanto no seu deseño como no seu desenvol-vemento.

Como terás visto, o II PIOM inclúe unha serie de actuacións para reducir e eliminar as des-

A efectividade do plan dependerá da cooperación entre todos os brioneses, promoven-do un cambio de actitudes, comportamentos e estruturas sociais en favor da igualdade de xénero.

igualdades de xénero existen-tes. De feito, que cada un de nós recoñeza a existencia desas desigualdades na nosa socieda-de, no noso traballo ou na nosa casa xa é un primeiro paso de cara a resolver o problema. Por iso, o Concello aposta dende o primeiro momento por un con-tacto directo coa cidadanía de Brión, de xeito que o documen-to que tés na túa casa é froito do que pensas ti e moitos máis coma ti.

En concreto, levouse a cabo unha enquisa entre a po-boación brionesa para coñecer a vosa opinión sobre deter-minadas medidas a prol da igualdade de xénero e escoitar tamén as vosas aportacións. A maiores, realizáronse entrevis-tas en profundidade cos princi-pais axentes sociais de Brión e creouse unha mesa de traballo para xestar este segundo PIOM. En definitiva, ver que se fixo ben, que se pode mellorar e que non se logrou acometer ou se fixo mal. Xa se sabe, cómpre coñecer os erros da nosa histo-ria para non volver a cometelos.

Froito dese traballo é este II PIOM, cuxo éxito dependerá da cooperación entre todos os habitantes de Brión. O docu-mento non é máis ca iso, un documento. É preciso que esas propostas, que esas medidas se leven a cabo nas seis áreas de actuación delimitadas:

1- Información e sensibilización: para promocionar a con-ciencia de igualdade entre a poboación local

2- Formación e emprego: para fomentar a mellora da forma-ción e apoiar a inserción sociolaboral e o autoemprego das mulleres de Brión

3- Conciliación e corresponsabilidade: para favorecer a co-rresponsabilidade no fogar e a conciliación da vida familiar, laboral e personal de toda a población.

4- Coeducación: para fomentar a educación en igualdade

5- Benestar social e Asociacionismo: para impulsar o tecido asociativo de Brión, tentando mellorar o nivel de benestar en xeral, e o das mulleres en particular

6- Prevención e eliminación da violencia de xénero: para previr e erradicar a violencia contra as mulleres no Concello de Brión

De acordo co cronograma do plan, durante estes dous

primeiros semestres de 2012 poranse en marcha gran parte das iniciativas a desenvolver ata o ano 2015. Dende Altamira imos poñer o noso gran de area e faremos un seguemen-to puntual destas medidas e programas. O obxectivo final é ambicioso: promover un cambio de actitudes, comporta-mentos e estruturas sociais a prol da igualdade de xénero. Se imos cada un polo seu lado, nin ti nin nós seremos quen de facelo. Só co compromiso político do Concello, a implica-ción do persoal técnico e a participación cidadá da veciñanza seremos quen de localizar e eliminar esas desigualdades que afectan a diferentes eidos da nosa vida cotiá. Como en Fuen-teovejuna... todos a unha!!!

ÁREAS DE ACTUACIÓN

Revista Altamira | 11

SERVIZOS SOCIAIS

ACTIVIDADES DOS CENTROS EDUCATIVOS

Os alumnos do IES Brión utilizan a fotografía na defensa da igualdade de xénero

O IES Brión acolleu duran-te o pasado de marzo dúas exposicións fotográficas: “Con A de Astrónomas” e “Galicia e as nosas xentes”. A primeira destas mostras xurdiu como conmemoración do Día Inter-nacional da Muller. “Con A de Astrónomas” é un percorrido polo papel da muller na As-tronomía a través dunha serie de paneis nos que se tratan os principais fitos da Astronomía e Astrofísica. Unha exposición onde os alumnos e alumnas do IES coñeceron o papel da mu-ller nestes ámbitos académi-cos, ás veces tan esquencido como fundamental desde a antigüidade ata os nosos días.

Esta mostra fotográfica foi froito do traballo de 9 mulleres de distintos centros de investi-gación, entre as que se atopa Josefina Ling, profesora da área

de Astronomía e Astrofísica da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, que exerce como comisaria da exposición xunto a investigadora de Historia da Ciencia Eulalia Pérez Sedeño.

A segunda exposición, “Ga-licia e as nosas xentes”, reco-lleu traballos de destacados fotógrafos galegos como Be-nedicto Conde, Pintos, Virxilio Vieitez, Blanco Amor, Veiga Roel, Manuel Ferrol e Ksado. Unha colección que foi cedida pola profesora de Lingua Espa-ñola, Maka Arca Camba, coor-dinadora durante varios cursos do Departamento de Normali-zación Lingüística do I.E.S. nº 1 de Ordes. Unha actividade que formou parte da programación cultural e educativa que o insti-tuto brionés dedica este curso á Memoria.

A música amansa ás pequenas “feras” brionesasGran éxito da Semana da Música, organizada dende a Gardería en colaboración coas familias

Din que a música amansa ás feras, pero no caso da gar-dería municipal é máis ben ao revés. A música anímaos a dar chimpos, a cantar, a dar pal-madas... E se é música tradi-cional galega, xa nin vos con-tamos. “É totalmente lóxico, pois as cancións tradicionais galegas son máis vivas, máis movidas e moito máis alegres cas infantís”, explica Pipo Alva-riño, un dos pais que este ano actuou na Semana da Música.

Durante cinco días, pais e nais dos pequenos da gardería municipal presentaron os seus instrumentos musicais e reali-zaron pequenos concertos de media hora de duración. “O obxectivo é iniciar aos peque-nos no gusto á música grazas á colaboración de xente es-pecializada, que teñen aos seus nenos na gardería e que

colabora desinteresadamen-te connosco”, explica Dolores Campos, directora da garde-ría.

Unha das debutantes este ano, Míriam González, expli-ca que esta actuación “xurdiu porque este ano temos un neno na gardería, somos mú-sicos e nos comentaron a posi-bilidade de actuar na Semana da Música. Creo que é unha experiencia moi recomenda-ble e repetiremos seguro”. Ao longo desa semana, os peque-nos coñeceron instrumentos como a guitarra de Diego Pé-rez Castro, o birimbao de Clei-ton Santos e a súa música bra-sileira, o bouzouki grego de Marcos, o acordeón de Alber-to Míguez López, todo un ve-terán con cinco anos seguidos participando, ou a guitarra e o acordeón dos “debutantes”

Pipo Alvariño e Míriam Gon-zález. “Son un público moi esixente”, asegura Pipo, “pero tamén moi agradecido, pois con ver a cara que poñen xa din todo”, puntualiza Míriam.

“Antes do concerto fala-mos cos pais e informamoslles sobre cancións infantís que lles gustan e suxerímoslles

que inclúan sempre música tradicional galega, pois aos pequenos encantalles. A Saia de Carolina non pode faltar en ningunha actuación”, sina-la Dolores Campos. De feito, pezas como “O Pirimpimpin” ou a mencionada “Saia da Ca-rolina” foron as máis bailadas e aplaudidas polas pequenas feras brionesas.

12 | Concello de Brión

BRIONESES

OS INICIOS

Nuria lembra como “o primei-ro ano que actuamos como comparsa había pouco público e, cando baixamos ao pabillón, as gradas quedaron case balei-ras”. “Estes últimos anos está cheo, polo que nos sentimos algo responsables...”, bromea Pili. E algo de razón non lles falta, pois levan doce anos conseguindo máis premios que Barça e Madrid xuntos. Só houbo dúas ocasións nas que outra comparsa lles arreba-tou o triunfo. “Foi un premio político para uns foráneos de Negreira”, aventura Rafa Arro-

Son os nosos!, a comparsa de Pedrouzos

Medio cento de veciños de Pedrouzos levan xa doce anos facéndonos disfrutar coas súas divertidas e orixinais comparsas de Entroido

Gene Kelly baila baixo a choiva mentres Peter Pan e Mary Poppins sobrevoan unha tormenta que non asusta ás “feriñas” do circo que, da man duns xoguetes moi deportistas e duns anxiños bulideiros, agardan na plataforma da estación a chegada de Cristóbal Colón que, a ritmo de zarzuela e da canción do cola-cao, viaxan camiño de “Braion, cidade sen lei”. Non, nin toleamos nin estamos no camarote dos Irmáns Marx, aínda que algunha vez si que ten aparecido un Groucho por aquí. Estamos falando de Pedrouzos, da imaxinación e o traballo dun grupo de veciños e veciñas que levan xa doce anos divertíndose e facéndonos pasar un bo anaco coas súas orixinais, sorprendentes e simpáticas actuacións no Entroido brionés.

“Houbo algún multitudinario no que chegamos a ser 60, pero andamos case sempre polas 40 persoas”, explica Nuria Serrano, a “culpable” do nacemento da comparsa de Pedrouzos. “Xurdíu por casualidade”, lembra Nuria, “no ano 2000 acababamos de chegar a Brión dende Santiago, vin un anuncio do Entroido e aló me plantei con dez cativos que fun recollendo polas casas. E gañamos!, polo que ao ano seguinte decidimos facer unha comparsa... E dende entón ata hoxe”. Así, o Entroido servía de escusa para unir a un grupo de familias “recén chegadas de Santiago aló polo ano 2000, que nin nos coñecíamos de nada”, puntualiza Pili Dominguez.

Revista Altamira | 13

BRIONESES

DOCE ANOS DE ANÉCDOTAS

Doce anos de actuacións dan para moitas anécdotas. Dende o feito de que Carmela sexa prácticamente a baby-sitter do grupo, “pois sempre me tocan os máis pequenos”, ata enxe-ñosos trucos de auténticos artistas. “Cando en 2002 os ne-nos pequenos ían disfrazados das feras do circo, só houbo un xeito para que pasaran polo aro: darlles unha gominola nada máis brincar”, recorda Blanca. “Aínda lembro como ti-ramos de cola-cao para botar lume pola boca”, engade Pilar. “Ou cando en Braion, cidade sen lei, nos cambiamos detrás da carreta e nos puxemos a bailar o can-can”, comenta Pili entre risas dos maiores e unhas ruborizadas fillas que lem-bran “ese momento final tan vergonzoso”, cando as súas nais levantaron as saias para deixar ver a parte traseira dos seus calzóns.

Diferencias de criterio aparte, o certo é que a comparsa de Pedrouzos ten algo especial. Non só polo feito de que cada ano se incorporen novos membros, senón pola fidelidade dos seus integrantes. Un deses poucos desertores, aínda que con volta, foi o propio Rafa Arroyo: “despois de oito anos, pensei que xa era dabondo. Deixei de actuar pero seguín participando, pero cando vin a montaxe de Xoguetes Olímpi-cos arrepentinme de non estar e volvín”. E cando un os escoi-ta falar deses doce anos de actuacións, cando comentan os vídeos como se os estiveran vendo por primeira vez, cando os pais e nais sinalan con orgullo ao seu pequeno artista ou cando os pequenos falan con orgullo de todo este traballo... é cando nos decatamos que estamos diante dalgo máis ca unha simple comparsa de entroido. Estamos diante dun gran grupo de amigos, diante dunha desas antigas veciñanzas nas que nunca se pechaban as portas e que exemplifican o que debe ser unha comunidade de veciños. Porque en Pedrou-zos, aquí sí hai quen viva. E ben. Só nos queda agardar pola súa próxima proposta, e dende Altamira só lles podemos di-cir que o tema é top secret.

yo. “O público dicía: tongo, tongo”, reforza Pili, a súa nai. Javier Mas, coordinador ac-tual da comparsa, asume que “o ano das películas doeume, pero hai que recoñecer que o que nos desequilibrou foi o paseillo”. “É que somos unha comparsa un pouco atípica. O noso non son os desfiles, so-mos comparsa de pabillón”, conclúe Pilar Acevedo. Mais non hai mal que por ben non veña. “Antes dicían que era-mos os que vivían en Pedrou-zos, agora somos os nosos”, exemplifica Pili. Aspecto que confirma Javier, pois “despois de perder con Negreira pasa-mos a ser os de aquí”.

Javier recorda que “nos pri-meiros anos as nosas composi-cións duraban máis de 20 mi-nutos. Eran moi longas e com-plicadas”. Iso, unido á presenza de moitos nenos pequenos, moitos deles de tan só 3 anos, provocaba que “non hoube-ra maneira de facer unha liña recta ou de que foran todos xuntos a un lado ou a outro. Chocaban entre eles...”, sinala Blanca García. “Pero este ano xuntamonos todas as rapazas e fixemos nós a coreografía”, reivindica Paloma Mas, unha desas nenas que comezou a actuar con 3 anos e que leva 12 seguidos sen faltar á cita co entroido brionés. “Puxémonos a facelo, escollemos a música e nunhas dúas horas tiñamos a coreografía”, corrobora a súa compañeira de comparsa Lau-ra Fernández. “Pero o crucial sempre é a elección do tema, despois vén todo o demais”, si-nala o mozo Rafa.

TRABALLO EN EQUIPO

Unha elección que se adoita tomar despois do Nadal e logo dunha serie de debates que lembran o mencionado cama-rote dos Marx, polo multitu-dinarias, e as famosas xuntas de veciños da serie televisiva “Aquí no hay quien viva”, pola vehemencia coa que cada quen defende a súa postura, aínda que sen a mala intención dos habitantes de Desengaño 21. “As veces debatimos e dis-cutimos durante un mes. Pero ao final sempre chegamos a un acordo”, apunta Carmen P. Lla-gunu. E se todo se desmadra, onde non chegan as voces de Nuria, Pili, Javier, Pilar ou Car-men sempre chegará o asubío de Blanca para poñer paz. Aín-da que un ano máis quede no tinteiro a súa proposta de ver-sionar Shrek.

“E iso que xa sei como facer fá-cil as orellas”, bromea Blanca. E é que todo o vestiario que se luce no desfile é “made in feito na casa”. Raquel e Pilar encárganse do vestiario. “Non gastamos máis de 20 euros por disfraz”, explica Pilar, “e despois tiramos de cartóns e manualidades para facer o atrezzo” terreo onde mandan Begoña e Susana. “Os traxes sacamolos da casa. Cada un aporta o que ten e o que pen-sa que pode servir”, sinala Pili, “o único que buscamos é que os vestidos das rapazas sexan iguais”, engade Blanca, que louba o traballo de Raquel e Pilar: “son moi perfeccionistas, tiran do chinés e son unhas au-ténticas artistas”.

“Despois chega o momento de elixir a música, e cada un ten de novo a súa preferencia”, sinala Nuria. “Se antes as nosas actua-cións duraban vinte minutos, agora buscamos que se adapten á duración dun ou dous temas musicais”, explica Javier Mas, res-ponsable tamén de moitas das coreografías da comparsa “máis relacionadas co mundo do teatro que co propio Entroido”. Co-reografías que, para que resulten vistosas, requiren de moitos ensaios. “Cando non chove, ensaiamos no campo de atrás da urbanización. Se chove, pois imos ao garaxe. E nos últimos días, ao pabillón”, revela Paloma. De feito, eses ensaios oficiais evi-táronlle máis dun quebradoiro de cachola aos técnicos munici-pais, que alucinaban vendo como algunhas veciñas se adicaban a medir os pasos dun lado a outro do pabillón no canto de facer pilates.

14 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

VIAXES

A viaxe dos maiores deste anocelebrouse por AndalucíaCincuenta veciños participaron naViaxe dos Maiores que se realizou du-rante o pasado mes de marzo.

Un total de cincuenta ve-ciños e veciñas de Brión par-ticiparon na tradicional viaxe dos maiores, que este ano tivo como destino central Torremo-linos. Durante seis xornadas, estes veciños aproveitaron para coñecer a catedral e a praza de touros de Ronda, onde disfruta-ron dunhas paisaxes impresio-nantes dunha vila dividida por unha garganta de 500 metros de lonxitude por máis de 100 metros de profundidade nun-ha zona coñecida como Tajo de Ronda, sobre o río Guadelevín. Esa mesma tarde baixaron ás profundidades da Cova de Ner-ja, onde se atopa algunha das pinturas rupestres máis antigas da Península.

Ao día seguinte visitaron Málaga, onde participaron nunha cata de viños da zona, e Mijas, onde aproveitaron para visitar a cidade, moitos deles subidos nos tradicionais burro-taxis. O terceiro día, os veciños de Brión achegáronse ata Mar-bella, Puerto Banús e Gibraltar, onde tiveron algunha que outra agarrada cos monos do lugar, que mesmo se lles subiron aos autobuses que os levaban.

Durante estes días, os brio-neses hospedáronse no Hotel Cervantes (Torremolinos) en pensión completa. Un hotel de catro estrelas con piscina cu-berta, bufete libre e animación nocturna cada día, que foi moi aproveitada polos viaxeiros de Brión.

Corre unha lenda por Hollywood que di que as segundas partes non son boas. Afortu-nadamente, títulos como “El Padrino II” ou “O Imperio contraataca” son a excepción que confirma a regra. Unha excepción que agardamos que se repita tamén no caso da Viaxe da Mocidade, que nesta edición terá de novo como destino Málaga.

A viaxe terá lugar do 21 ao 28 de xullo e nela poderán participar un total de 52 mozos e mozas de Brión, de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. As prazas cubriranse por estricta orde de inscrición, antes do 30 de abril, na casa da cultura brionesa ou nos teléfonos 981 88 70 06 (mañás) e 981 50 99 69 (tardes). O prezo da viaxe é de 200 euros, tarifa que in-clúe o desprazamento ata Málaga e a estancia eses sete días nun albergue a media pensión. Ademais de coñecer Málaga, a expedición realizará distintas saídas a localidades veciñas como Granada, Ronda ou Gibraltar.

A Viaxe da Mocidade naceu tras a iniciativa dos participantes no Intercambio con Guille-na 2005-2006 e que posteriormente levou aos mozos brioneses a visitar Cantabria, Málaga (2008), Valencia, Guillena e Barcelona.

VIAXE DA MOCIDADE 2012: RETORNO A MALAGA

Revista Altamira | 15

CULTURA E DEPORTES

MARCHA BTT

Trescentos ciclistas desafiaron ao frío e á choiva naIII Marcha BTT “Os Esfola Arrós”Segundo apuntan dende o clube ciclista Os Esfola Arrós: “O Rubial nunca deixará de sorprendernos coa cantidade de camiños, carreiros, trialeiras, subidas, baixadas que nos pode chegar a ofrecer”.

Decididamente o ciclismo é un deporte para darlle de co-mer aparte. Despois de dúas edicións subindo quentiños o Rubial, baixo un sol que anima-da a dar pedais, resulta agora que baixan as temperaturas e se pon a chover e os preto de trescentos ciclistas que toma-ron parte na III marcha en bi-cicleta de montaña “Os Esfola Arrós” saen encantados da pro-ba. Empapados coma pitos, si; pero felices por teren superado unha ruta chea de desafíos. Xa se sabe, sarna con gusto non pica.

Cando menos para eses 300 bikers chegados de toda Gali-cia para participar na marcha organizada polo clube ciclista compostelán “Os Esfola Arrós” en colaboración co Concello. A pesar de todas as inclemencias meteorolóxicas mencionadas e á dureza do trazado, os primei-ros participantes non tardaron máis de dúas horas e media en percorrer eses 40 quilómetros polos montes de Brión. De fei-to, tan encantados quedaron que “Os Esfola Arrós” mesmo adoptaron o Rubial, ao que xa denominan “o noso monte” ou “o monte OEA”.

E é que, como aseguran, o Rubial “nunca deixará de sor-prendernos coa cantidade de camiños, carreiros, trialeiras, subidas, baixadas que nos pode chegar a ofrecer. Para gustos colores pero que o recorrido de este ano foi un dos máis logra-dos das tres edicións e divertido tamén gracias á lamugada das trialeiras”. A proba deste ano contou cun invitado de excep-ción, o ciclista Ezequiel Mos-quera, que se apuntou a este percorrido por Brión do que xa agardamos con impaciencia a cuarta edición.

16 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

ACTIVIDADES

Artistas de Lugo, Chantada e Fene copan os premios do “Novos Valores”

Perseverancia. Esta foi a palabra máis escoitada duran-te a entrega dos premios do certame de pintura “Novos Valores”, que este ano chegou á súa oitava edición. Unha per-severancia que o presidente do xurado, Alfonso Costa, lles re-comendou aos presentes pois “hai grandes creadores aquí e vanse ir descubrindo pouco a pouco. É necesario perseve-rar”. Pero perseverancia tamén dun certame que soubo rein-ventarse e facerse un oco no calendario artístico autonómi-co, onde ano tras ano rexistra novos récord de participación. O de 2012 quedou fixado en 67 artistas, seis máis que en 2011.

O atractivo do certame queda patente na proceden-cia dos gañadores e finalistas, todos procedentes de fora de Brión. O xurado elixíu por una-nimidade a Diego Vites Gar-cía, de Lugo, como vencedor da Cateogría B (maiores de 18 anos). A súa obra “Familia IV” foi distinguida con 1.500 euros e diploma acreditativo. O segundo posto foi para Bea-

O certame reafírmase e acada un novo récord de participación: 67 artistasprocedentes de toda Galicia

triz Seijo Lamas, de Fene, coa obra “Ángel”. Esta rapaza, que xa fora distinguida como fina-lista na edición 2011, levou nesta ocasión 1.000 euros e diploma acreditativo (que foi recollido pola súa nai xa que se atopaba de viaxe de estu-dos en Viena). O xurado tamén distinguíu como finalistas, co seu correspondente diploma acreditativo, a Raquel Iglesias Gándara (O Porriño), Eduardo Pérez Baamonde (Vilalba) e Carla Lojo Vieito (Santiago de Compostela). O xurado tivo unha mención especial para o traballo de Carla, rapaza con síndrome de down.

Na Categoría A (de 14 a 17 anos), o xurado decidiu deixar deserto o primeiro pre-mio, concedendo o segundo ao mozo Jairo Ramos Rey, de Chantada, gañador da edición 2011 deste mesmo certame. Ramos Rey foi premiado con 600 euros e diploma acredita-tivo pola súa obra “Revolución africana”. Nesta categoría, o xurado decidiu non conceder ningún accésit.

O presidente do xurado, Alfonso Costa, destacou a dificultade na toma da de-cisión de quen eran os ga-ñadores desta edición xa que “houbo un gran nivel e o certame tivo moita calida-de, polo que hai que darlle a noraboa aos gañadores pero tamén aos que non obtive-ron premio”.

Unha cuestión na que in-cidiu tamén o director xeral de Feiraco, José Luís Antuña, quen lembrou que tras estas oito edicións “o certame se-gue mantendo tan boa saú-de como o primeiro día e os artistas seguen emocionán-donos coa súa capacidade creativa”. Finalmente, o al-calde Xosé Luís García agra-deceu a Feiraco “que mante-ña o seu importante apoio á cultura aínda nestes díficiles tempos de crise económica” e felicitou a todos os partici-pantes polo seu traballo.

GRAN NIVELDas 67 obras presenta-

das, o xurado excluíu dez por non adaptarse ás bases do certame. Así mesmo, elixíu un total de 22 obras que conformaron unha ex-posición que puido visitarse na sala de exposicións da Casa da Cultura.

Este ano 2012, o xurado do “Novos Valores” estivo formado por: Silvia García González, vicedecana de Cultura e Relacións Insti-tucionais da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; María Xesús Díaz, artista pintora; Xosé Vizoso, ilustra-dor, debuxante de carteis e deseñador de cerámica de Sargadelos; Xosé Vázquez Castro, artista pintor; Al-fonso Costa, artista pintor e Alberto Álvarez Escudero, técnico de Cultura do Con-cello de Brión (en calidade de secretario, con voz e sen voto).

Foto de familia do Xurado do certame de novos Valo-res 2012 e os gañadores, así como os de mais artistas finalistas na xa oitava edición deste certame que cada ano vai gañando en calidade e cantidade das obras presentadas.

q

q

Diego Vites, de Lugo, foi o gañador da categoría de maiores de 18 anos, a súa obra “Familia IV” foi ga-

lardoada con 1.500 € e mais o diploma acreditativo deste merecido primeiro posto.

Revista Altamira | 17

CULTURA E DEPORTES

ACTIVIDADES CULTURAIS

Pintura, teatro e Letras Galegas, protagonistas do segundo trimestre culturalA nova sala de exposicións do Concello de Brión funciona a pleno rendemento e conver-teuse no referente cultural que todos agardabamos.

Moito temos falado nestas mesmas páxinas da importan-cia de que Brión contase cunha sala de exposicións municipais e mesmo temos dado todo luxo de detalles sobre como ía ser físicamente. Sen embargo hoxe non imos falar do conti-nente, senón do seu contido, pois esta sala converteuse no referente cultural que todos agardabamos.

Nela non só se expuxeron as obras do Certame de No-vos Valores (como poderás ver neste mesmo número), senón que xa teñen pasado varias mostras artísticas de categoría como os gravados de Yolanda Carbajales ou a exposición co-lectiva de Acuarela.

E se esta sala mesmo fixo falar en galego a un Vasco como Enrique Ochotorena, que nos quedará por ver? Pois facer aínda máis palpable que esta sala de exposicións se fixo por e para os veciños. Por iso é especialmente resaltable a ex-posición de Beatriz Barcia, ve-ciña e profesora do IES Brión, que cos seus óleos e acuare-las máis ca un “Xaque mate” (nome da mostra que se pode visitar ata o 19 de maio) é un esperanzador punto e seguido.

Na espera de que máis ve-ciños se animen a amosar a súa arte, a sala de exposicións xa ten programadas dúas no-vas citas en xuño. A primeira é xa un clásico brionés: a ex-posición das obras realizadas durante os Encontros coa Arte de 2011, que poderán visitarse do 1 ao 15 de xuño. Por certo, os Encontros deste ano estarán adicados a Castelao e celebra-ranse entre o 1 e o 3 de xuño. Posteriormente, do 15 ao 27 de xuño, a protagonista será unha exposición internacional de arte gráfico da Deputación .

Mais en Brión existe ta-mén vida cultural lonxe da sala de exposicións. Así, entre o 5 e o 26 de maio o teatro será o protagonista en Ons, cunha serie de representa-cións no teleclube que a bo seguro repetirán os bos re-sultados de critica e público de anteriores edicións. Ade-mais, os afecionados á foto-grafía aínda están a tempo de enviar as súas propostas para participaren no certame Brionatura 2012 ao mail: [email protected]. O tema xirará sobre os sendei-ros de Brión e a data límite de presentación de orixinais é o 18 de maio.

Pero se algo caracteriza ao mes de maio en Brión é a celebración da Feira do Li-bro, que este ano chega a súa vixésimo segunda edición. Do 14 ao 31 de maio, a biblioteca municipal acollerá unha ex-posición sobre Valentín Paz Andrade que será visitada por todos os nenos e nenas de Brión. A maiores, o cen-tro social polivalente acollerá numerosas actuaciones dirixi-das especialmente aos alum-nos do CEIP de Pedrouzos, do IES de Brión, das escolas uni-tarias dos Ánxeles, Bastavales e Luaña, así como dos meni-ños da gardería municipal. Unhas actuacións programa-das de acordo coa idade dos rapaces e que inclúe dende contacontos con Charo Pita e Tim Bowley, ata actuacións teatrais de compañías como Casahamlet, Baobab Teatro, Os Tres Tenedores, Elefante Elegante ou Teatro do Miolo. Un recital dramatizado de Se-rafín Marcos sobre a figura de Paz Andrade completa este interesante programa cultural para o segundo trimestre.

FEIRA DO LIBRO

18 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

VOLUNTARIADO LINGUISTICO

O proxecto Babel vaifavorecer o intercambiolingüístico entre veciños dedistintos paísesO “Proxecto Babel” é totalmente gratuito e organizarase en parellas de veciños que adquirirán fluidez na conversa nun idioma determinado

Esta iniciativa de volun-tariado lingüístico pretende favorecer a integración e o intercambio lingüístico e cul-tural entre veciños de Brión de diferentes nacionalidades e procedencias a través do intercambio de conversación nas diferentes linguas mater-nas das persoas interesadas. Unha iniciativa aberta e gra-tuíta “para calquera persoa maior de idade que queira practicar o galego, o español ou calquera outra das linguas maternas dos voluntarios que se inscriban”.

O “Proxecto Babel” pro-grama á realización de 10 se-sións, dunha hora de duración cada unha, co fin de acadar maior fluidez na conversa na lingua que interese ó deman-dante. As persoas interesadas poderán inscribirse como de-mandantes e/ou ofertantes. Tendo en conta as linguas e os horarios nos que se inscriben, formaranse parellas para as sesións.

Dora Vieiro explica que

“o proxecto desenvolverase a través de conversas nun am-biente distendido en torno a temas actuais ou de intere-se para os dous membros da parella, nunca se tratará dun curso de idiomas. A finalidade é adquirir fluidez na conversa, non aprender un idioma”. Así, o primeiro encontro realiza-rase na Oficina Municipal de Voluntariado, mentres que os seguintes terán lugar onde e cando a parella decida.

En todo momento, os vo-luntarios terán á súa dispo-sición a Oficina Municipal de Voluntariado, podendo tamén presentar queixas ou apor-tar ideas de mellora, que se tentarán implementar canto antes na medida do posible. Dora Vieiro sinala que “tamén permitirá acadar unha maior integración dos novos veciños na vida comunitaria do conce-llo de Brión”.

Este proxecto está organi-zado polo Concello de Brión, en colaboración coa Xunta de Galicia.

A Escola de Músicadá o salto ao cineO VIII Concerto de Fin de Curso terá lugar o sábado 2 de xuño.

Despois de deleitarnos coa música de cámara e co con-certo de entroido, a escola municipal de música Magariños adéntrase agora no mundo da sétima arte. Os vindeiros 4 e 11 de maio, a aula 6 da escola acollerá o “I Ciclo de música e cine: a arte de interpretar a Bach”. A iniciativa é totalmente gratuita para os que queiran asistir. A cita é ás 21:00 horas ata completar o aforo da aula.

Ademais, este segundo trimestre de 2012 traeranos outra novidade co gallo da celebración das Letras Galegas. Neste caso, a actuación terá lugar na biblioteca municipal de Brión o mércores 16 de maio, ás 18:00 horas. A entrada, novamente de libre e de balde ata completar o aforo.

E para rematar o trimestre, os alumnos e alumnas da escola municipal de música Magariños protagonizarán un ano máis, e xa van oito seguidos, o tradicional Concerto de Fin de Curso. Nesta ocasión o concerto terá lugar o sábado 2 de xuño, ás 11:00 horas, no salón de actos do centro so-cial polivante.

Revista Altamira | 19

CULTURA E DEPORTES

O mundo dos contos cobra vida na biblioteca e nagardería

O mundo dos contos está cada día máis presente na vida cotiá dos brioneses. Contos de medo no mun-do laboral, contos de risa ao botarlle a vista ao soldo mensual e contos de terror e misterio cando escoita-mos as últimas novas polos medios de comunicación. Mais os meniños e meniñas de Brión viven por sorte nun mundo moito máis agradeci-do e divertido: o mundo dos contos.

E iso é posible grazas ás distintas actividades que or-ganiza o Concello e que te-ñen aos contacontos como protagonistas estelares. Boa proba disto é o programa “Xogando cos contos”, unha actividade de animación á lectura da biblioteca públi-ca municipal que ten lugar todos os mércores ás 17:00 horas. Mentres na casa os pequenos tiran de imaxina-ción para convertérense en piratas, detectives ou explo-radores; na biblioteca esa “transformación” é incluso máis real, pois nalgunhas ocasións mesmo chegan a caracterizarse para a oca-sións. Así aconteceu, por exemplo, no pasado entroi-do no que a animadora da actividade, Elena, foinos transformando nuns temi-bles bucaneiros que en nada lle tiñan que envexar ao fa-moso Jack Sparrow.

Deste xeito, “Xogando cos contos” cumpre dous importantes obxectivos. O máis importante é que divir-te aos pequenos, cousa fácil de comprobar. Pero é que

ademais consegue ir intro-ducindo nos cativos o ver-miño da lectura e non son poucos os que levan algún conto á casa pois non poden agardar ao mércores seguin-te para seguir a aventura. Bendita ansiedade.

E como para crear bos hábitos é fundamental co-mezar dende moi cativos, os meniños da gardería partici-paron tamén nun contacon-tos a cargo de Itos Lorenzo e a súa obra “Rufino e as súas rufinadas”. Baixo un título máis propio do pop oiten-teiro, “Cóntame un conto e verás que content@”, trinta pequenos puideron disfru-tar da historia do dinosauro Rufino na súa busca de ami-gos e compaña.

Para a ocasión, o patio da gardería estaba decorado con ilustracións que facían referencia ao conto, facen-do que os nenos puideran seguir a historia de xeito máis ameno. A escritora amosouse moi satisfeita coa iniciativa e aínda quedou tempo suficiente para so-prar as velas de aniversario dunha das pequenas, que estaba de cumpleanos. A di-rectora da gardería, Dolores Campos, explica que esta iniciativa encádrase dentro da Biblioteca na Aula, pos-ta en marcha neste segun-do semestre. “O obxectivo é que os nenos traballen as habilidades lectoras e a comprensión, ao tempo que lles propomos unha serie de actividades que teñen que desenvolver en colaboración cos pais”, sinala.

Os cativos da gardería participaron tamén nun contacontos a cargo de Itos Lorenzo e a súa obra “Rufino e as suas rufinadas”

Co gallo da celebración do Día Internacional do Li-bro, unha vintena de persoas, entre nenos e nenas, pais, nais e avós, animaron a sala de lectura infantil da Biblioteca municipal o pasado 16 de abril, coa realización dun taller de manualidades para decorar as xanelas desta zona da biblioteca. O taller estivo organizado pola biblioteca municipal e o departa-mento de voluntariado.

q

qOs cativos estiveron encantados coas sesións decontacontos que se celebrados na Escola Infantil.

MANUALIDADES COA FAMILIA NO DÍA DO LIBRO

20 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

FORMACIÓN

A oferta formativa deste 2012 centrarase nas novas tecnoloxías

CALENDARIO DE RUTAS DE SENDEIRISMO 2012

Máis de medio cento de alumnos conseguiron o Certificado ECDL

Unha lembranza para ás Fragas do Eume

Ao peche deste número de Altamira, o lume calci-naba un dos patrimonios naturais máis importantes da nosa terra: as Fragas do Eume. Un lugar que ten conquistado a moitos ve-ciños a título individual e aos centos de sendeiristas que teñen participado nas distintas rutas organizadas polo Concello. Non en van, o bosque atlántico máis importante de Europa foi o primeiro destino en ser repetido na programación de roteiros de sendeiris-mo, por petición veciñal. Dende Altamira agardamos que esta traxedia ecolóxica serva, cando menos, como un toque de atención ante o que pode ser a campaña de loita contra o lume deste ano, sobre todo tendo en conta a seca que estamos a padecer.

24 MARZORUTA DO TAMBRE (BRIÓN)

21 ABRILRUTA DE SANTA MARIÑA A CAMARIÑAS

12 MAIORUTA DE ALLARIZ

09 XUÑORUTA DE FERROLTERRA

30 XUÑORUTA DE RIBADUMIA, MEIS

Que as novas tecnoloxías sexan as grandes protagonistas da oferta formativa do Con-cello para o ano 2012 xa non é unha novidade, pois Brión é o único concello galego que pode expedir certificacións ECDL e xa leva varios anos apostando por unha oferta de calidade a través dos distintos módulos do Curso de Informá-tica de Usuario. A novidade deste ano atopámola na oferta de trece obradoiros de infor-mática, de entre 2 e 4 horas de duración, nos que se lles ensi-na ao alumno a manexar unha aplicación determinada.

Manexo de redes sociais (Facebook, Twitter e Tuenti), creación de web e blogs, busca de emprego a través da Rede, organización de viaxes a través da Internet (voos, reservas, hoteis...), comercio electróni-co ou trámites electrónicos (na Seguridade Social, no Sergas, na Axencia Tributaria...), reto-que fotográfico con Photos-hop, manexo de cámaras dixi-tais, música e vídeo, gravación de CD´s e DVD´s, tramitación do DNI electrónico, uso do skype... Trátase de pequenas piruliñas formativas que resul-tarán moi útiles aos alumnos.

A inscrición estará aberta de xeito permanente na Casa

da Cultura e no teléfono 981 509 908, polo que as clases celebraranse no telecentro de comunicacións en canto haxa 8 inscritos. A cota de anotación é de 10 euros e haberá ata catro horarios diferentes para esco-ller: un de mañá (os martes de 10:30 a 12:30 horas) e tres de tarde (os luns de 16:30 a 18:30 horas e os martes e xoves de 20:00 a 22:00 horas).

Canda estes obradoiros,

o Concello xa leva expedidos máis de medio cento de Cer-tificados ECDL, acreditacións internacionais europeas que recoñece que o alumno con-ta cunha formación básica e completa en informática a ni-vel usuario. “Trátase dun título cada vez máis demandado por empresas e pola administra-ción para os seus traballado-res, polo que o interese que espertan as probas para obter esta acreditación increménta-se día a día. Proba disto, é a procedencia dalgúns alumnos que se presentaron aos exa-mes en Brión e que viñeron dende lugares como Abegondo ou Vigo. Incluso, teñen solicita-do información persoas de fóra de Galicia”, explica Antonio Casal, docente encargado das certificacións e coordinador dos cursos de informática que se imparten en Brión.

Mais como o mundo non remata diante da pan-talla dun ordenador, du-rante os vindeiros meses o Concello de Brión vai con-vocar cursos de agricultura ecolóxica, manipulador de alimentos, aforro enerxé-tico no fogar, cursos para pequenas e medianas em-presas, Autocad 3D... Espe-cialmente chamativos son os obradoiros de orienta-ción laboral, que comeza-rán a impartirse nos meses de maio e xuño, nos que os alumnos aprenderán a ela-borar un currículum atrac-tivo e como afrontar unha entrevista de traballo.

Canda eles celebraranse tamén obradoiros dirixidos a emprendedores e empre-sas. Neles falaranse de te-mas como os trámites para darse de alta como autóno-mo, a importancia dunha boa elección do tipo de em-presa a montar (autónomo, SL, SA, cooperativa...) ou o novo réxime de emprega-das do fogar. Dúas iniciati-vas, orientación laboral e obradoiros de empresas, que se retomarán despois do verán.

OUTROS CURSOS DE FORMACIÓN

As alumnas do curso de empregado de oficina, de máis de 850 horas lectivas, recibi-rion o diploma acreditativo de mans da edila de cultura, Patricia Vázquez

q

HISTORIAS E LENDAS

O inverno que acabamos de pasar quedará como o máis enxoito da nosa acordanza. No ob-servatorio meteorolóxico da Universidade de San-tiago rexistran dende o ano 1948 a chuvia de cada día: pois dende que hai rexistros nunca tan pouca auga caeu nun inverno coma neste: non chegou a cen litros por metro cadrado cando noutros inver-nos próximos, como o de hai once anos, pasara de 1.400 litros.

Féro foi aquel outono de 1984, que entre o dous e o catro de outubro sementou en Galicia os restos do ciclón “Hortensia”. Os ventos de máis de 150 km. por hora derrubaron casas, arrincaron árbores, estragaron as liñas eléctricas e de tele-fonía, etc. etc. Contáronse seis persoas falecidas e máis de cincuenta feridos; os danos na nosa Comunicade Autónoma cifráranse en dez mil mi-llóns de pesetas. Por se isto fora pouco, un mes despois -entre o 14 e o 15 de novembro dese ano 1984- presentouse un novo ciclón de nome Klaus que rematou os estragos que o Hortensia deixara a medias,.

En Brión producíronse inundacións en varios puntos, levantáronse os tellados de moitos pallais, establos e naves industriais, as vías de comunica-ción resultaron seriamente danadas e foron cuan-tiosos os danos nas zonas forestais. O temporal cebouse especialmente nas hortas, arrincando infinidade de froitais.Fora motivo de chanzas o caso dun hórreo de Ons que os ventos do Horten-sia ladearan cara o nordés a punto de derrubalo: logo empurroulle o vento contrario do Klaus hacia a travesía e deixouno completamente vertical,

Cebouse especialmente con Brión o temporal producido o 19 de outubro de 1987. Daquela o Concello realizara un inventario bastante pormiu-dado dos danos sufridos e valorara os causados nas instalación municipais en 50 millóns de pe-setas, e os sufridos polos particulares en 100 mi-llóns. Para contribuír á reparación das instalación públicas, a Deputación da Coruña acordou un plan polo que lle asignou a Brión 12 millóns de pese-tas, que se gastaron principalmente en reparación de camiños e alumados públicos. Deste temporal fora moi soado o problema suscitado no encoró Barrié de la Maza, que recibiu unha avenida tan repentina de auga que non había posibilidade de

Revista Altamira | 21

Os temporais da nosa acordanza

TEMPORAIS

Imaxe tomada en Bastavales tralo paso do Furacán Gordón, un ciclo trópical da temporada de furacáns do Atlántico de 2006. En Galicia chegaronse a rexistrar ventos superiores a 150 km/h. (os mais fortes foron de 180 km/h. an Costa da Morte).

Os danos de “Gordon” afortunadamen-te non tiveron ningunha perda mortal, ainda que si se rexistraron ferido por causa de desprendementos.

q

aliviala. O problema agravárase ao non estaren operativos mecanismos de apertura das compor-tas e corría perigo de reventar a represa. De feito, nalgún momento chegouse a decretar o desaloxo de todas as poboacións de Noia e a Serra de Outos próximas á desembocadura do Tambre. Foron mo-mentos de anguria.

Outra tempestade soada fora a de novembro de 1965, que asolara a Costa da Morte con ondas xigantescas e destruíron completamente o dique de abrigo do porto de Malpica. Deu moito que falar o temporal de xaneiro de 1998 que crebou as estachas da plataforma petrolífera Discoverer Enterprise, amarrada nos estaleiros de Astano na ría de Ferrol e se foi esnafrar contra a ponte das Pías. Tamén foron importantes os de novembro do ano 2000, que afectaron especialmente á zona da Arousa; o de novembro de 2002, con inciden-cia na costa coruñesa; e o de novembro de 2005, que causou danos no sur de Galicia. Finalmente, entre o 23 e o 25 de xaneiro de 2009, asolounos outro tamén de nome Klaus, que nalgúns puntos de Galicia produciu ventos de 200 km por hora, falecendo cinco persoas e afectou especialmente á mariña luguesa.

22 | Concello de Brión

TAMÉN FOI NOTICIA

A COPA DO MUNDO E A EUROCOPAESTIVERON EN BRIÓN

Na mañá do 24 de decembro pasado a Copa do Mundo e a Eurocopa, dous dos trofeos máis prestixiosos acadados pola Se-lección Nacional de Fútbol nos últimos anos, estiveron expostos na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Brión.

Preto de duascentas persoas contemplaron algo máis que uns simples trofeos, puideron ver unhas copas que representan en prata e ouro a gloria e o éxito acadado polo deporte español a nivel europeo e internacional, como nunca antes acontecera.

POESÍA DE JULIO MONTES EGRABADOS DEYOLANDA CARBAJALES

Medio cento de persoas asistiron na casa da cultura de Brión a presentación do libro “Figuras que tallaron mi alma y un relato mítico, de Julio Montes Santiago. Un libro ilustrado con grabados de muller, Yolanda Carbajales, que formaron parte da exposición que se puido visitar o pasado xaneiro.

CONCERTO DE ENTROIDO DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL MAGARIÑOS

O departamento de Música e Movemento da Escola Munici-pal de Música Magariños organizou o pasado 17 de febreiro o II Concerto de Entroido no que se puideron observas as destrezas musicais dos mais pequenos do centro.

O repertorio que interpretaron inclueu pezas musicais popu-lares e danzas tamén de ambito popular. As actuacións estiveron ambientadas co atrezzo das festas do entroido para darlle maior colorido ao espectáculo.

II KDD FEMENINA POLOSMONTES DE BRIÓN

O club ciclista Os Esfola Arrós, xunto co Concello de Brión, or-ganizou a segunda edición da Kedada Ciclista Feminina, na que participaron sesenta ciclistas que cubriron un percorrido de 26 quilómetros polos municipios de Brión, Ames e Teo.

A iniciativa, que busca fomentar a participación das mulleres neste esixente deporte, foi todo un éxito. A IGUALDADE TAMÉN CORRE SOBRE PEDAIS!

Revista Altamira | 23

PASATEMPOSSUDOKU FACIL SUDOKU DIFICIL

ULTIMA PÁXINA

UN POUCO DE HUMOR...

t MAIO 2010 | FRAGAS DO EUME: Un grupo de 175 veciños e veciñas de Brión achegabanse a realizar unha preciosa ruta de sendeiris-mo. No pasado mes de marzo deste ano gran parte deste monte atlántico, o mais importante de Europa, foi arrasado polas lapas dun lume seguramente intencionado. Valan estas liñas como sentida homenaxe a un dos lugares mais fermosos da nosa xeografía e un

dos grandes referentes do turismo galego.

Concello de BriónPraza do Concello, Nº 1

15865 - Pedrouzos - BriónTelf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:[email protected]

web: www.concellodebrion.org