88 - ALTAMIRA Nº 88

24
Variante da AC-300 Entra en servizo o novo ramal de acceso á autovía. Entrevista Ana Souto Villanustre, premio extraordinario de Bacharelato PÁXS. 12 - 13 PÁX. 4 COMEZA O CURSO 2013/2014 Brión e Ames incrementan a colaboración entre ambos municipios Actividades culturais e deportivas para o curso 2013 / 2014 Altamira setembro2013 Nº 88 - SETEMBRO 2013 - ANO XXVIII REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN PAX. 8 PAX. 18

description

Revista Altamira Nº 88

Transcript of 88 - ALTAMIRA Nº 88

Page 1: 88 - ALTAMIRA Nº 88

Variante daAC-300Entra en servizo o novo ramal de acceso á autovía.

EntrevistaAna Souto Villanustre,premio extraordinario de Bacharelato

PÁXS. 12 - 13PÁX. 4

COMEZA O CURSO

2013/2014

Brión e Amesincrementan acolaboración entre ambos municipios

Actividadesculturais edeportivas para o curso 2013 / 2014

Altamira setembro2013

Nº 88 - SETEMBRO 2013 - ANO XXVIII REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

PAX. 8 PAX. 18

Page 2: 88 - ALTAMIRA Nº 88

2 | Concello de Brión

AltamiraRevista Municipal do Concello de Brión

enderezosos nososBIBLIOTECA MUNICIPALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel ./Fax. : 981 50 99 69

CASA DA CULTURACarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel . : 981 50 99 08

CASA DO CONCELLOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

CEIP PEDROUZOSRúa Paseo de Pedrouzos, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 88 70 80

CENTRO DE SAUDERúa das Pedriñas, nº 315865 - BriónTel . Liña 1 : 981 88 77 01Tel . Liña 2: 981 88 77 02

CENTRO SOCIAL POLIVALENTEAvda. de Santa Minia, nº 4615865 - BriónTel . : 981 50 99 10Fax. : 981 50 99 78

ESCOLA INFANTIL MUNICIPALAgro Novo, nº 12515280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 77 42

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICAAvda. de Santa Minia, nº 7015865 - BriónTel . : 981 50 99 03

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E.Avda. dos Ánxeles, nº 3615280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 72 01

FARMACIA BASTAVALES BRIÓNLg. Sabaxáns, Nº 5715280 - BastavalesTel . : 981 88 88 36

FARMACIA NUÑEZ PEREZ, B.Avda. Santa Minia, Nº 5315865 - BriónTel . : 981 88 70 30

GARDA CIVILRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 70 11

IES BRIÓNRúa Paseo de Pedrouzos, nº 315856 - BriónTel . : 981 88 18 17Tel . : 981 88 58 99

OFICINA DE URBANISMOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

PISCINA CUBERTA MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 73 46

POLICÍA LOCALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 89 34 74Fax. : 981 88 74 31

POLIDEPORTIVO MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 76 53

SERVIZO DE AUGASUrb. Agro Novo, nº 126 Baixo15280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 78 51

SERVIZO DE EMERXENCIASLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 629 87 15 42Fax. : 981 88 75 23

XULGADO DE PAZRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 72 71

REPORTAXE

ACTUALIDADE BRIONESES

SERVIZOS SOCIAIS

CULTURA E DEPORTES

HISTORIAS DE BRIÓN

TAMÉN FOI NOTICIA

PASATEMPOS / HUMOR

Pax. 3

Paxs. 4 - 11

Paxs. 12 - 13

Paxs. 14 - 16

Paxs. 17 - 20

Pax. 21

Pax. 22

Pax. 23

con

tidos

José Luís García García

Alcalde doConcello de Brión

AVANCE

Edita: Concello de BriónRedacción, deseño e maquetación:Concello de Brión e Nós ComunicaciónFotos: Arquivo Municipal e Nós ComunicaciónImprime: Imprenta JadfelMail:[email protected]

Neste mes de setembro tan importante por mor das fes-tas que se celebran : Festa dos Maiores, Festa do Cabalo, Santa Minia, Carreira Pedestre, etc. sae a rua o nº 88 da REVISTA ALTAMIRA.

Comezamos cun interesante reportaxe, de obrigada lectu-ra, sobre a crise na administracion local e a reforma local, un plan que o goberno central quere levar a cabo para reti-rarlle competencias aos concellos e privatizar os servizos.

Tamén facemos un repaso as obras que se realizaron du-rante o tempo de verán, a reparacion das escolas, bacheo de pistas, arranxos en beirarruas, etc... Outro dos puntos fortes ven marcado polos lazos de colaboración que esta-mos a manter co veciño Concello de Ames apostando pola cooperación en materia de emprego, emerxencias, etc.

Para finalizar facemos unha cobertura das actividades que se levaron a cabo durante os pasados meses e miramos ao futuro coas que se aveciñan para o vindeiro outono, sen olvidarnos, claro está, das nosas FESTAS DE SETEMBRO.

ESPERANDO QUE DESFRUTES DA LECTURA,RECIBE UN CORDIAL SAUDO

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

Page 3: 88 - ALTAMIRA Nº 88

Revista Altamira | 3

REPORTAXE

A reforma local: a crise como coartada para privatizar os servizos sociaisO Goberno quere retirarlle aos Concellos as competencias en materia de servizossociais, educación e saúde.

CRISE NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

“O maior castigo para quen non se interesan pola política é que serán gobernados por persoas que si se interesan”. Estas verbas do historiador británico Arnold J. Toymbee están hoxe de plena actualidade. Vivimos nun país no que a crise económica, os casos de corrupción nas distintas institucións e os continuos recortes sociais, laborais, sanitarios, educativos... están a xerar unha desafeción cidadá cara todo o que teña que ver coa política. E neste contexto, o Goberno Central pretende aprobar unha Lei de Reforma da Administración Local. Unha norma que conta coa total oposición dos municipios, independentemente da súa cor política, e mesmo do Consello do Estado, que advirte que a lei pode ser inconstitucional, xa que “a garantía institucional de autonomía consagrada no artigo 140 da Constitución podería verse cuestionada”. Dende Altamira queremos analizar como podería influír esta norma aos brioneses se se aproba tal cal está.

O Goberno pretende refor-mar de xeito unilateral a admi-nistración local baixo a coar-tada de evitar duplicidades e aforrar custos. Deixando a un lado a eficiencia e a calidade do servizo ao cidadán, só se terá en consideración os “cus-tos efectivos” máis baixos. Iso suporá a supresión das compe-tencias municipais en materia de servizos sociais, educación e saúde dos concellos de me-nos de 20.000 habitantes para trasladarllas ás Deputacións.

Segundo datos do Banco de España, a débeda pública no se-gundo trimestre de 2013 ascende a 942.758 millóns de euros, o que representa o 92,2% do PIB e supón un 2,1% máis ca no trimestre anterior. Mais o principal responsable destas cifras non son os Concellos, senón o Goberno do Estado que acumula unha débeda de 818.375 millóns de euros, un 20,3% máis que no ano anterior. Pola contra, a débeda dos Concellos ascende a 43.153 millóns de euros e só medrou un 0,8% con respecto ao trimestre anterior.

Quen é, pois, responsable, do endebedamento das Admi-nistracións Públicas? As porcentaxes do Banco de España non deixan lugar a dúbidas: o Estado é responsable do 80,1% da dé-beda, mentres que os Concellos tan só son responsables do 4,2%. Unha cifra que aínda sería menor de non contabilizar a débeda correspondente ás Deputacións (7.211 millóns) e a grandes mu-nicipios como Madrid (7.389 millóns), Barcelona (1.129 millóns) ou Valencia (930 millóns).

Xa o di a sabedoría popular, ao falar de ver a palla no ollo alleo e ignorar a viga no propio. A Reforma Local pretende actuar so-bre as administracións que teñen demostrado ser non só as máis próximas ao cidadán, senón tamén as máis eficaces e eficientes, economicamente falando.

AS CIFRAS QUE DESMONTAN A FARSA

QUE É A REFORMA LOCAL

Coa crise como coartada, o Goberno central leva xa tem-po afrontando unha profunda reforma dos concellos para axudar a refinanciar á banca e

QUE PASARÁ COS SERVIZOSSe o “custo efectivo” dun

servizo prestado nun Concello é superior ao marcado polo Goberno, este trasladarase á Deputación. Pero se a Deputa-ción considera que ese servizo non lle é rendible economi-camente, poderá trasladalo a empresas privadas ou mesmo eliminalo, se non resulta de interese para ningunha empre-sa. Unha situación que se agra-va no rural, onde o custe dos servizos se incrementa.

COMO INFLUIRÁ AOS CIDADÁNSA aplicación desta nova lei

podería supoñer a privatiza-ción practicamente total dos servizos públicos municipais de auga, recollida de lixo ou sumidoiros. Estes servizos que-darían en mans dos dirixentes da Deputación, que non foron elixidos polos cidadáns, e que terían que decidir sobre se llos

conceden a unha empresa ou se deixan de prestar porque non resulta economicamente rendible. Como comentaba hai uns días o alcalde Xosé Luís García, “o outro día achegóu-seme unha veciña e contoume que había unha farola que non funcionaba diante da súa casa. Coa nova lei, agora terá que ir ata A Coruña a contarllo aos dirixentes da Deputación”. Iso por non falar do tradicional ca-ciquismo asociado a estas enti-dades, como ben se está a de-mostrar estes días co xuízo ao ex presidente da Deputación de Ourense.

COMO INFLUIRÁ EN BRIÓNDe aprobarse a nova nor-

ma, en Brión estarían en risco todos os servizos sociais que se prestan dende o Centro Social Polivalente: axuda a domicilio, educación familiar, atención á terceira idade, pre-vención de drogodependenzas e da violencia de xénero, apoio psicoterapéutico, atención a discapacitados e retornados... Tamén estarían en cuestión todos os servizos relacionados coa busca de emprego (bolsa de traballo, orientación labo-ral, asesoramento empresa-rial...) e coa educación, tanto no que atinxe aos cursos de formación como a servizos tan fundamentais como a garde-ría municipal dos Ánxeles ou a escola de música Magariños. Todo isto tería unha brutal re-percusión no emprego local, coa supresión de numerosos postos de traballo e perda de dereitos laborais, así como nos

autónomos e pequenas em-presas locais, que deixarán de ser provedoras do Concello e serán substituídas por grandes concesionarios foráneos. Ade-mais, como a lei non fala en ningún momento da calidade dos servizos e só se centra no seu custe efectivo para a Admi-nistración, isto podería supo-ñer o deterioro dos servizos e un incremento de prezos para o cidadán.

PRIMEIROS EFECTOS

introducir a iniciativa privada en espazos reservados ao sec-tor público. Isto materializouse no plan de pago a provedores, ao que o Concello de Brión non acudiu xa que abonou as facturas pendentes con cargo ao remanente de tesourería, pero que está obrigando a ou-tros municipios da contorna a pagarlle aos bancos xuros de ata o 6%. O que si está a afec-tar directamente ao Concello de Brión é a prohibición de contratar traballadores públi-cos, o que non permite cubrir as baixas por xubilación na brigada de obras e supuxo a desaparición dun dos grupos, co conseguinte prexuízo para a cidadanía.

Page 4: 88 - ALTAMIRA Nº 88

4 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

VARIANTE DA AC-300

Entra en servizo o novoramal de acceso á autovía, que evitará o paso dunmillón de vehículos ao ano polos ÁnxelesO conselleiro confírmalle ao alcalde que “chegaremos a un acordo intelixente polo ben dos veciños de Brión” na outra va-riante.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraes-truturas, Agustín Hernández, e o alcalde de Brión, Xosé Luís García, asistirion o pasado 12 de xuño á posta en servizo do novo ramal de acceso á Au-tovía Santiago- Brión (AG-56) ao seu paso polo concello de Brión, o que significará unha importante redución do tráfico á zona dos Ánxeles. Trátase da variante da AC-300, entre Pe-drouzos e Estrar, e que supuxo un investimento de 3,4 millóns de euros.

Agustín Hernández expli-cou que con esta actuación evítase o paso de máis de 1 millón de vehículos ao ano pola travesía dos Ánxeles, dos que 130.000 son camións. É dicir, que con este novo vial de 1,4 quilómetros, ademais de mellorar as comunicacións coa Autovía Santiago- Brión, incrementa a seguridade para os veciños ao reducir o paso de vehículos por esta zona.

Pola súa banda, o alcalde brionés lembrou que “aínda queda unha segunda parte”, ao que o conselleiro asegu-rou: “chegaremos a un acordo intelixente polo ben dos veci-ños de Brión”. Xosé Luís García falaba da variante á AC-451, fundamental para o crecemen-to de Pedrouzos. “A autovía pasa por Brión sen pagar e nós acudimos aos Tribunais para que a Xunta cumpra o conve-nio. Pode retrasarse uns anos, pero hai que cumprir o que se firmou”, apunta o alcalde brio-nés, quen celebra a actitude

conciliadora do conselleiro. No caso de materializarse este acordo, “sería razoable retirar o pleito”, indica o Alcalde .

Na pista que pasa por Beca e Xinzo actuouse es-pecialmente sobre os bordes da plataforma, que estaban deteriorados

q

O Concello de Brión acometeu durante este verán un Plan de Bacheo polas distintas parroquias, financiado con fondos municipais e realizado a través da brigada de obras do Concello de Brión. Uns traballos que complementan as obras de mantemento do POS 2013, que permitiron arranxos na estrada de Vioxo de Arriba (Luaña) e na pista que une Tembra e Pedreira (Boullón) durante o pasado mes de xullo.

O alcalde Xosé Luís García explica que “tras unha primei-ra actuación na aldea de Mato, na Luaña, comezamos un bacheo importante na pista que vai de Beca a Xinzo, en Bas-tavales, e despois fixemos bacheos puntuais noutras pistas municipais”. As brigadas municipais son as encargadas de desenvolver estes traballos, para o que empregan gravilla e emulsión asfáltica.

Complementarias ao POSEste Plan de Bacheo do Concello de Brión complemen-

tou as obras de mantemento de estradas realizadas ao abei-ro do POS 2013. O Concello de Brión investiu algo máis de 42.000 euros na mellora da estrada de Vioxo de Arriba (Lua-ña) e na pista que une Tembra e Pedreira (Boullón), realiza-das durante as primeiras semanas do mes de xullo.

O alcalde de Brión sinala que “grazas a dispoñer dunha brigada municipal de obras, puidemos conseguir facer máis actuacións para beneficio dos nosos veciños e veciñas, xa que a subvención da Deputación gastámola unicamente na adquisición de materiais, xa que as obras se fixeron co noso persoal e os nosos medios”. Así, o Concello de Brión com-prou emulsión asfáltica por valor de algo máis de 24.000 euros e gravilla por outros 18.000 euros para acometer os traballos incluídos no POS 2013, executado con medios pro-pios.

EXECUCIÓN DA OBRA

A Xunta levou a cabo unha modificación do trazado da AC-300, ao seu paso polo núcleo dos Ánxeles, para conectar esta estrada coa autovía AG-56, co fin de habilitar un novo viario que mellore os tráficos norte-sur e que libere de tráfi-co a zona dos Ánxeles. O viario diríxese á rúa da Senra, onde intersecta coa estrada Vidán-Noia (AC-543), mediante glo-rieta e atravesa o rego do Pego cun viaduto de 14 metros, para continuar ata a AC-300, onde se ubica outra glorieta.

Este novo viario, con 1,4 quilómetros de lonxitude, consta de dous carrís de 3,5 m, dúas beiravías de 1,50 metros cada unha e, ademais, a sec-ción transversal glorietas ten tres carrís de 4 m. Durante a execución das obras foi nece-sario escavar preto de 40.000 m3, case 5.000 m3 de terra-plén e máis de 18.000 m3 de recheo material seleccionado. Así mesmo, empregáronse 10 toneladas de mestura bitumi-nosa quente, na beirarrúa em-pregáronse case 1.500 m2 de loseta hidráulica, 1.144 metros de bordo de formigón e case 60 quilos de aceiro. As obras concluíron coa restauración vexetal, o drenaxe lonxitudinal e transversal e a sinalización e balizamento.

O CONCELLO COMPLEMENTA AS OBRAS DO POS 2013 CUN PLAN DE BACHEO POLAS ALDEAS

Page 5: 88 - ALTAMIRA Nº 88

Revista Altamira | 5

ACTUALIDADE

OBRAS NO CENTROS EDUCATIVOS

Profunda reforma daunitaria de Bastavales

A actuación levouse sobre as paredes de todo o inmoble impermeabilizándoas e mellorando así a calidadedas instalacións.

O Concello atendeu as demandas da co-munidade educativa das unitarias de Os Ánxeles e Luaña, así como do colexio de Pedrouzos.

O programa de arranxos nos centros educativos do munici-pio, que realiza todos os veráns a brigada de obras municipal para tratar de solventar todas as necesidades que lle plantexan dende a comunidade educativa brionesa, comezou este ano an-tes do habitual debido á importancia das obras a acometer na escola unitaria de Bastavales, que conta con tres aulas e máis de medio cento de rapaces.

Despois de varias semanas de traballos, os obreiros munici-pais rehabilitaron o tellado da unitaria de Bastavales, retirando grandes cantidades de lixo que tiña acumulado e procedendo ao selado e colocación de novas tellas. Acto seguido, procederon ao lavado e pintado do inmoble.

Unha vez rematadas estas obras, as brigadas desprazáronse ata as unitarias dos Ánxeles e da Luaña, onde acometerán diver-sas obras de pintado, reparación e mellora do seu interior. Os traballos finalizaron no colexio de Pedrouzos e estiveron rema-tadas para o principio do curso escolar.

As fotos do antes e depois evidencian o importan-te arranxo que se levou a cabo no edificio da Escola Unitaria de Bastavales.

q

q

O Concello inviste 15.000 euros en impermeabilizar o exterior da gardería

O Concello de Brión investiu un total de 14.922 euros na mellora da envolvente exterior da escola infantil municipal, situada na parroquia de Os Ánxeles. Unhas obras financia-das con cargo aos orzamentos municipais e que comple-mentarán os traballos realizados en agosto de 2010, cando se investiron outros 13.817 euros na impermeabilización da cuberta da gardería.

O alcalde Xosé Luís García sinala que “hai tres anos aca-bamos coas humidades que apareceran por mor das tres ampliacións que fixemos na gardería municipal e agora imos actuar sobre as paredes de todo o inmoble, impermeabili-zándoas e mellorando así a calidade das instalacións”. Uns traballos que comezaron a principios de agosto e que se re-mataron a tempo para a volta dos pequenos ás clases.

Nas escolas unitaria dos Ánxeles e da Luaña tamén se realizaron obras de pintado, reparación e mello-ra do seu interior.

q

Page 6: 88 - ALTAMIRA Nº 88

6 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

Os obreiros das brigadas municipais do Concello de Brión aproveitaron este verán para realizar tarefas de conservación e mellora nas beirarrúas de Bastavales e de Brión. Uns tra-ballos que están incluidos dentro do Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2013.

O feito de que os traballos fosen executados polas briga-das municipais permitiulle ao Concello brionés acometer un maior número de actuacións que as que se terían feito no caso de acudir a unha empresa externa. Os traballos comeza-ron polo limpado en profundidade das beirarrúas da parro-quia de Bastavales.

En primeiro lugar, os obreiros municipais limparon as bei-rarrúas, retirando as follas e todo o lixo depositado sobre as mesmas. Despois procederonn ao seu limpado, utilizando auga a alta presión, así como ao arranxo ou substitución das losetas que se atopan en mal estado. Así mesmo, as brigadas municipais de Brión aplicaron un tratamento para eliminar a maleza que medraba ao pe e baixo as propias losetas das beirarrúas destas parroquias.

MELLORAS NA AC-541

Asfaltado e novos servizos para a Avenida de SantaMinia

As obras de mellora na AC-451 ao seu paso pola avenida de Santa Minia (Pedrouzos) demostran que a unión fai a forza. E é que estes traballos se realizaron de xeito coordinado entre tres axentes diferentes: o Concello de Brión, a Xunta de Galicia e a iniciativa privada. O alcalde Xosé Luís García ex-plica que “ao coordinar estas tres actuacións no tempo con-seguimos vantaxes: a primeira para os veciños, que non teñen que soportar molestias por tri-plicado; e a segunda dende o punto de vista económico, pois non ten moito sentido arranxar unha estrada para despois vol-vela furar”.

Así, en Pedrouzos conflui-ron tres obras diferentes pero que teñen un eixo común: desenvólvense ao longo da avenida de Santa Minia. A pri-meira delas era de promoción privada e consistía na instala-ción dun novo transformador eléctrico para dar servizo a una nova promoción de vivendas en Pedrouzos. Uns traballos que incluiron a necesidade de soterrar o cableado entre este novo transformador e o situa-do a carón do cuartel da Garda Civil de Brión.

A segunda obra estivo relacionada co saneamento municipal brionés, xa que a empresa concesionaria deste servizo en Brión tivo que des-prazar dous pozos de barre-

na que quedaron situados no medio da calzada da AC-541 cando se ensanchara esta es-trada. A terceira obra consiste no arranxo do firme da AC-541, que se atopaba nun estado de conservación lamentable, cheo de fochancas e mesmo sen capa de rodadura nalgúns tramos. Precisamente, os tra-ballos de asfaltado non bene-fician a toda a estrada, senón que tan só se centran naqueles tramos en peor estado de con-servación.

Xosé Luís García sinala que “despois de varios anos solicitando o arranxo da AC-541, finalmente o conselleiro de Política Territorial, Agustín Hernández, comprometeu o arranxo desta importante es-trada durante este mesmo ve-rán”. De feito, a idea de coordi-nar estas tres obras tivo lugar o pasado 12 de xuño, durante o acto de inauguración da es-trada AC-304, que comunica Os Ánxeles coa entrada/saída da Autovía Santiago-Brión. O alcalde brionés agradeceu a boa disposición de Agustín Hernández para o arranxo da AC-451, “pois é unha das es-tradas máis transitadas do mu-nicipio, xa que é o acceso prin-cipal a Pedrouzos, ao Concello e á Carballeira de Santa Minia pero se atopaba nun estado tan lamentable que en máis dunha ocasión temos dito que se trataba da maior corredoira que tiñamos en Brión”.

As brigadas municipaisrealizan tarefas de mellora e conservación dasbeirarrúas de Bastavales e BriónOs traballos están incluídos no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2013.

Page 7: 88 - ALTAMIRA Nº 88

Revista Altamira | 7

ACTUALIDADE

ALUMEADO PÚBLICO

Melloras no alumeado público de Sabaxáns grazas a un proxecto conxunto entre Brión, Ames e Lousame.Trátase dun convenio co INEGA e co IDAE que contan cun orzamento de127.000 euros.

O Concello de Briónlicitará as obras

Cada un dos Concellos asumirá a totalidade dos gastos derivados de cada un destes investimentos, que contarán con achegas municipais de 8.807,53 eu-ros (Ames), 3.701,55 euros (Brión) e 6.557,74 euros (Lousame).

Unhas cantidades que os Concellos de Ames e de Lousame deberán achegar para poder iniciar o expe-diente de contratación das obras. Así mesmo, ambos municipios deberán poñer a disposición do Concello de Brión os terreos libres de cargas e gravames. Unha cesión temporal, men-tres dura a realización das obras.

Como representante desta agrupación de muni-cipios, o Concello de Brión será o encargado de licitar as obras, se ben na mesa de contratación que se consti-túa a tal efecto estarán pre-sentes dous representantes dos Concellos de Ames e Lousame.

O Concello de Brión será quen realice todos os trá-mites administrativos que requira esta actuación com-partida: tramitación e se-guimento do expediente de subvención ante o INEGA, tramitación do expediente de contratación das obras relativas ao conxunto das instalacións previstas e xus-tificación posterior dos in-vestimentos.

Os concellos de Ames, Brión e Lousame xestionarán un proxecto de mellora da eficiencia enerxética e ilumi-nación pública que suporá un investimento de 127.100euros en distintas actuacións nos tres municipios. Un proxecto compartido entre os tres con-cellos que se desenvolverá no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o INEGA, e que contará con financiamento de fondos comunitarios derivados programa operativo FEDER-Galicia 2007-2013.

Os alcaldes de Brión, Xosé Luís García; Ames, Santiago Amor; e Lousame, Teresa Vi-llaverde, reuníronse en Brión para analizar os pasos pre-vios á posta en marcha deste proxecto, que será xestionado polo Concello brionés. Tras a reunión, Xosé Luís García xustificou esta agrupación de Concellos en que “a situación económica está no límite e a unión de esforzos entre distin-tos municipios é case a única posibilidade que hai de con-seguir subvencións para este tipo de proxectos que, no caso de Brión, suporá un aforro enerxético próximo ao 60% no alumeado público de Sabaxáns sen perder luminarias”.

Pola súa banda, Santiago Amor sinalou que “a colabo-

ración entre os tres munici-pios permite a optimización dos recursos, a redución de gastos e, en definitiva, a bus-ca de solucións que revertan en beneficio dos veciños e veciñas dos tres concellos”. Finalmente, Teresa Villaverde subliñou a importancia desta colaboración entre concellos e destacou que Lousame “rea-lizou unha auditoría previa e leva varios anos acolléndose a plans de eficiencia enerxética e realizando melloras en varios núcleos co importante aforro que iso supón”.

CARACTERÍSCIAS DAS OBRAS

O orzamento para a execu-ción do proxecto, denominado “Renovación de instalación de iluminación exterior 2013. Agrupación de concellos: Lousame, Brión e Ames” as-cende a 127.100,77 euros. O Concello de Brión instalará alu-meado público en Sabaxáns, parroquia de Bastavales, por un importe de 24.677 euros. Pola súa banda, o Concello de Ames investirá 58.715 euros en mellorar o alumeado públi-co en Barouta, Aldea Nova e Pedrouzos. Finalmente, o Con-cello de Lousame levará a cabo outras dúas actuacións, nos lu-gares de Béxeres e Horta, que suporán un investimento de 43.718 euros.

As actuacións teñen como finalidade conseguir un aforro enerxético e incrementar a efi-ciencia enerxética, actuando sobre as lámpadas (tanto en tecnoloxía como en potencia), nas luminarias, nos cadros de mando e nos equipos e siste-mas de acendido. Así, instala-ranse reloxos astronómicos en 5 das 6 actuacións, coa excep-ción de Aldea Nova (Ames) no que xa existe. Estes reloxos as-tronómicos permitirán o acen-dido e apagado das lumina-rias segundo a hora exacta do amencer e do solpor da zona onde se instalan, conseguindo un importante aforro e efi-ciencia enerxética ao evitar os acendidos e apagados acciden-tais que provocan as fotocélu-las actualmente instaladas.

Así mesmo, as actuais lám-padas con tecnoloxía de vapor de mercurio serán substituídas por outras equivalentes de va-por de sodio a alta presión, ob-tendo así unha mellor eficien-cia enerxética e eliminando o risco de contaminación am-biental das antigas lámpadas. Ademais, en todos os casos substituiranse os equipos elec-tromagnéticos convencionais por reactancias electrónicas de dobre nivel.

Manteranse as mesmas luminarias pero reducirase a súa potencia, de xeito que se garanta a perfecta iluminación da zona e, ao mesmo tempo, supoña un importante aforro enerxético para as arcas muni-cipais. A potencia das lámpa-das das luminarias instaladas na actualidade oscilan entre os 70 e os 125 W, chegando en ca-sos puntuais ata os 250 W. As novas tecnoloxías que se colo-carán en Ames, Brión e Lousa-me permitirán reducir esta potencia ata unha cifra situada entre os 50 e os 70 W, cun úni-co caso puntual de 100 W.

Page 8: 88 - ALTAMIRA Nº 88

8 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

OBRADOIRO DE EMPREGO

Os alcaldes de Brión e Ames incrementan a colaboración entre ambos municipios Xosé Luís García destaca que “isto demostra que tiñamos razón á hora de apostar pola cooperación entre municipios fronte a outras fórmulas artificiais que non levana ningures”

Os alcaldes dos concellos de Brión e de Ames, Xosé Luís García e Santiago Amor, acor-daron establecer unha comi-sión na que abordar as inicia-tivas e proxectos que teñen en común os dous municipios. O obxectivo desta comisión, que se reunirá periodicamente, é o de coordinar e facer un segui-mento dos proxectos nos que colaboran os municipios.

Xosé Luís García destaca que esta iniciativa “demostra que tiñamos razón á hora de apostar pola cooperación en-tre municipios fronte a outras fórmulas artificiais que non le-van a ningures. Cada Concello ten as súas fortalezas e o im-portante é ver como podemos seguir prestándolles o mellor servizo aos nosos veciños e veciñas co menor custe eco-nómico”. Neste sentido, sinala a boa sintonía entre Ames e Brión “como demostran estes proxectos que xa están en mar-cha e non descartamos seguir colaborando noutras materias en beneficio das veciñanzas de ambos municipios”.

Pola súa banda, Santiago Amor, alcalde de Ames, con-sidera que se trata “dun paso máis na colaboración entre os concellos de Ames e Brión, nunha aposta por seguir cola-borando e traballando conxun-tamente”. O rexedor amiense fai fincapé na importancia de “establecer a través desta co-misión unha canle de comuni-cación estable” entre os dous municipios para alcanzar máis acordos. Do mesmo xeito, destacou a importancia des-ta colaboración entre os dous concellos “que nos permite traballar e buscar solucións a algunhas das principais de-mandas e preocupacións dos nosos cidadáns”.

Page 9: 88 - ALTAMIRA Nº 88

Revista Altamira | 9

ACTUALIDADE

Os alcaldes Xosé Luis García e Santiago Amor, de Brión e Ames respectivamente, estiveron nos actos de finalización e entrega de diplomas do Obradoiro Encontro Verde que formou a 34 persoas na especia-lidade de Xardinería.

q

O obradoiro de empregoEncontro Verde Ames - Brión formou a 34 persoas

Os alcaldes de Ames e de Brión, xunto coa directora xe-ral de Formación e Emprego, Ana María Díaz, clausuraron o obradoiro de emprego Encontro Verde, que durante seis meses deu emprego a 34 persoas. Para a realización desta actividade, a Consellería de Traballo e Benestar concedeu unha subvención de preto de 240.000 euros, mentres que os Concellos de Brión e Ames contribuíron con 50.000 euros.

No acto entregáronse aos alumnos/as do obradoiro de emprego os diplomas e os certificados da formación reci-bida: 960 horas na especialidade de Instalación e Mante-mento de Xardíns e Zonas Verdes. Os alumnos e alumnas traballaron na recuperación de espazos verdes de ambos municipios. En concreto, en Brión acondicionouse o entorno da Casa do Concello e o do centro polivalente. Ademais, rea-lizaron a poda na carballeira de Santa Minia, acondicionando toda a zona, e traballaron no entorno da escola infantil.

Especialmente significativa foi a súa actuación no vivei-ro de Barouta, que estaba abandonado desde había varios anos. Entre outras actuacións, no viveiro levaron a cabo tare-fas de desbroce e limpeza, preparación do terreo, instalación do sistema de rego, montaxe do invernadoiro, produción de plantas e enxertos.

No acto de entrega de diplomas, o alcalde de Brión amo-sou a súa satisfacción polo obradoiro xa que “é importante que dous Concellos de distinto signo político sexamos quen de loitar xuntos contra o paro. Pola súa banda, o rexedor amiense, Santiago Amor, felicitou aos alumnos polo traballo realizado ao longo dos últimos seis meses “nos que todos fomos testemuñas do voso esforzo e comprobamos que sa-bedes traballar en xardinería, dando vida a espazos que non a tiñan, como o viveiro de Barouta”.

Por último, a directora xeral destacou a “triple dimen-sión” que teñen estas iniciativas mixtas de formación e em-prego: melloran a empregabilidade dos participantes cunha formación teórico e práctica de calidade; permiten a reali-zación de actuacións de mellora das dotacións públicas que repercuten na mellora de servizos para toda a cidadanía; e, ao mesmo tempo, promoven a colaboración institucional entre a Xunta e as entidades locais, neste caso, os concellos de Ames e Brión.

Durante a reunión, os rexedores tamén abordaron o acordo de colaboración asinado entre ambos muni-cipios para a prestación aso-ciada dos servizos de emer-xencias e protección civil. Un acordo que ten como obxectivo principal garantir o acceso de todos os ve-ciños de Ames e de Brión a uns servizos públicos de emerxencias e protección civil de calidade ao tempo que se minoran os custes asociados ao mantemento individual destes servizos.

O acordo comprome-teu a ambos municipios

a implementar un servizo asociado de emerxencias e protección civil que garantiu a cobertura ao conxunto do territorio de Ames e de Brión ata a efectiva posta en mar-cha do Grupo de Emerxen-cias Supramunicipal, que tivo lugar o pasado mes de agos-to. Para Brión este acordo é economicamente moi vanta-xoso, pois a súa vixencia esta-bleceuse dende o 1 de xanei-ro de 2013. Na práctica isto supuxo que Ames colaborou no financiamento do servizo de protección civil durante os oito primeiros meses de 2013, o que supuxo un alivio para as arcas municipais.

ACORDO PAR AO SERVIZO DE EMERXENCIAS

Na primeira reunión desta comisión, celebrada en Ames, os dous rexedores abordaron cuestións como a posta en marcha do Grupo de Emerxencias Supramuni-cipal (GES) ou o traballo que está desenvolvendo o obra-doiro de emprego Encontro Verde. Ademais, os alcaldes de Ames e Brión avanzaron que os dous municipios ve-ñen de presentarse conxun-tamente á convocatoria de axudas da Consellería de Traballo para a posta en marcha dun programa inte-grado para o emprego.

O último acordo de co-laboración alcanzado entre Ames e Brión foi a presen-tación dunha solicitude conxunta para poñer en marcha o programa integra-do para o emprego InsertA-mes-Brión para o período 2013-2014. Para optar a esta axuda da Consellería de Traballo, os dous conce-

INSERT AMES

llos asinaron un convenio de colaboración. O obxectivo deste programa, que conta-ría con 80 prazas, é posibi-litar na actual situación de crise económica a prestación dun servizo que formará aos participantes e permitiría re-ducir o desemprego nos dous concellos.

Os dous alcaldes están convencidos de que esta co-laboración permitiría prestar de forma eficaz e eficiente o servizo de programa in-tegrado para o emprego e minoraría os custes econó-micos da prestación illada do mesmo servizo. Segundo os cálculos realizados, o custe total deste programa será de 180.757 euros. Para levalo a cabo, solicitouse unha axu-da á Consellería de Traballo de 144.606 euros. O importe restante non subvencionado sería sufragado polos conce-llos de Ames e Brión nun 83% e un 17%, respectivamente.

Page 10: 88 - ALTAMIRA Nº 88

10 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

10 | Concello de Brión

FEIRA DE BRIÓN

Celebrarase no exterior do C.C. MonteBalado dos Ánxeles

O rastriño de segunda man e ocasión, que ata o de agora se viña celebrando na carballeira de Santa Minia o primeiro domingo de cada mes, afronta neste mes de setembro un cambio radi-cal. En primeiro lugar, cam-bia de nome, pois a partir de agora se chamará “Feira de Brión”.

O segundo cambio ten que ver coa súa periodi-cidade, que se duplica: o segundo e cuarto sábados de cada mes, en horario de mañá (de 11:00 a 14:00 horas). Deste xeito pretén-dese achegarse a ese con-sumidor que aproveita as mañás do sábado para fa-cer a compra da fin de se-mana.

E, por último, quizáis o cambio máis significativo: a Feira de Brión terá lugar no centro comercial Mon-te Balado e incluirá activi-dades para os disfrute dos veciños e veciñas de Brión. Deste xeito, os propios par-ticipantes da Feira de Brión encargaranse de organizar obradoiros de cociña, de artesanía… nas que pode-rán participar os veciños e veciñas de Brión.

Así, o pasado 14 de set-embro tivo lugar a primeira Feira de Brión, que contou coa presenza do espectácu-lo “Rosalía Pequeniña”, do programa Falaredes. Deste xeito, o Concello amosou o seu apoio e compromi-so con esta nova Feira de Brión.

REFORMAS NA PISCINA MUNICIPAL

A piscina municipal reduce prezos, aumenta actividades e homoxeiniza os seus horariosDende o 1 de setembro dispón dunha nova sala de actividades para pilates, aeróbic, GAP, ton, baile e zumba

As novas taxas da piscina municipal cuberta de Brión, veñen de entrar en vigo e su-porán unha redución dos pre-zos para os usuarios. Isto é así porque se inclúe a creación de novas categorías como o “abo-no reducido matinal”, dirixida a desempregados e maiores de 65 anos que poderán disfrutar das instalacións en horario de mañá e por un prezo de 12 eu-ros/mes e sen ter que aboar a matrícula.

Así mesmo, a aprobación definitiva da modificación do Regulamento de réxime inter-no da piscina cuberta munici-pal de Brión permite solucio-nar un dos aspectos que máis incomodaba aos seus usuarios: homoxeneizar os horarios. Se ata o de agora as instalacións tiñan case que un horario pro-pio para cada día da semana, dende agora os horarios que-dan do seguinte xeito:

INVERNOLUNS A VENRESDe 07:30 a 13:00 h.De 16:00 a 22:30 h. SÁBADOSDe 10:00 a 13:30 h.De 17:00 a 20:00 h. DOMINGOSDe 10 a 13:00 h. FESTIVOSPechado

VERÁNLUNS A VENRESDe 07:30 a 12:30 h.De 19:30 a 23:00 h. SÁBADOSDe 10:00 a 13:00 h.De 17:00 a 20:00 h. DOMINGOS E FESTIVOSPechado

INCREMENTO DAS ACTIVIDADESParalelamente ás novas taxas e ao novo regulamento, a em-

presa adxudicataria, Aquafit Gestión SL, anuncia novas activida-des a partir do 1 de setembro, data na que abriu a nova sala de actividades da piscina, que permitirá ofrecer novas actividades como pilates, aeróbic, GAP, ton, zumba e baile. O prezo mensual dunha sesión semanal será de 8 euros para abonados e de 14 euros para os non abonados.

Así mesmo, Aquafit Xestión SL lanza unha campaña para con-seguir novos abonos ofrecendo matrícula de balde para aquelas persoas que se dean de alta antes do 30 de setembro. Outra das novidades é a posibilidade de manter aos fillos no “abono familiar” ata a idade de 24 anos. Ata o de agora, cando un rapaz cumpría a maioría de idade deixaba de estar cuberto polo abono familiar e tiña que facer un propio. Aquafit Gestión SL ofrece agora a posibilidade de que eses fillos/as de abonados, de entre 18 e 24 anos, poidan permanecer no abono familiar aboando un pequeno suplemento. Así mesmo, xa non será obrigatorio ser abonado ás instalacións para participar nalgún dos cursos que se organicen: natación, natación bebés, actividades acuáticas, etc.

Page 11: 88 - ALTAMIRA Nº 88

Revista Altamira | 11

ACTUALIDADE

Revista Altamira | 11

XXXI CARREIRA PEDESTRE DA AMAIA

O circuito para os maiores será de 8 km e de 500 m. para os máis pequenos

Xa van 31 anos de carreira pedeste, e neste 2013 sufre un importante cambio, pois cobrarase a cantiadade de 5 € por particpar aos maiores, para os rapaces continuará sendo gratuita.

A proba que se celebrará o vindeiro día 6 de outubro terá uns percorridos de 8 km aprox. para os adultos e 500 m. para os nenos/as ata 12 anos. As inscricións realizanse unicamen-te vía internét a través da web do concello.

A recollida de dorsais farase na Carballeira de Santa Mi-nia ás 9 hrs., a saída dos nenos/as terá lugar as 10:30 h. e os adultos tomarán parte nesta consagrada cita deportiva brionesa a partir das 11 hrs. Ademais repartiranse agasallos a todolos/as participantes que rematen a proba.

Como novidade, a cita deportiva deixa de ser gratuita para os maiores e cobraran-selle 5 € para sufragar gastos.

XXXI EDICIÓN FESTA DO CABALO

O bo tempo fixo que a Festa do Cabalo fora un éxito

A XXXI edición da Festa do Cabalo de Brión celebrouse, como xa é tradición, no monte de Rañalonga o pasado do-mingo día 22 de Setembro. A xornada de mañá arrancaba ás 10:30 h. coa tradicional ruta cabalar na que se outorga-ron trofeos ao xinete máis novo e tamén ao máis veterano, e continuou ás 12:00 hrs. co concurso de arrastre.

Logo do parón para comer, houbo unha pulpería para to-dos aqueles que desexaron comer en Rañalonga, continuou-se coas probras de Xincana e Carreira de Burros, outra proba xa tradicional na Festa do Cabalo Brionesa. Remataba a XXXI edición desta festa cunha exhibición de doma e unha mostra de rapa das Bestas.

O bo tempo e o númeroso público foron os protafonistas dunha xornada calificada de éxito polos membros da organi-zación. O punto negativo da festa deste ano, foi o importan-te recorte das subvencións por parte das administracións, o que impediu realizar máis actividades como ocorreu en anos anteriores. Ainda así, a festa segue viva e malia a todo repar-tironse arredor de 1000€ en premios.

A pesar do forte recorte das subven-cións a festa foi un grande éxito e repar-tiu uns 1000 euros en premios.

VINDEIRAS ACTIVIDADES CULTURAIS

O noso refraneiro popular é fonte de gran sabedoría e, aínda que ben é certo iso de que “pasa o día, pasa a roma-ría”, tamén o é aquilo de que “quen avisa non é traidor”. E na anterior de Altamira xa avisaramos de que este ano ía ser o Ano de Vidal Bolaño, polo que teriamos un amplo programa cultural para conmemorar a figura deste ilustre veciño.

Así, o sábado 19 de outubro a compañía Espello Cóncavo presentará “Anxeliños”. Sete días despois, o sábado 26 de ou-tubro, será a quenda de Teatro O Manolo, que representará “Tres de Bolaño”, fragmentos da triloxía “Criaturas”, “Anxeli-ños” e “Animaliños”. O 30 de novembro, Bartoleta Teatro pe-chará este ciclo de representacións de obras de Vidal Bolaño con “Macki o navallas”. En todos os casos a cita será no cen-tro social polivalente, a partir das 20:30 horas. Entrada, por suposto, de balde. As Xornadas sobre Roberto Vidal Bolaño, organizadas pola ANPA Pedra Viada, pecharán en novembro o programa de actividades dedicadas á figura do ilustre dra-maturgo compostelán. As charlas celebraranse os días 8, 15 e 22 de novembro.

Mais como non todo vai ser Vidal Bolaño, dende Altamira adiantámosvos tamén algunhas das actividades programa-das para os próximos tres meses. Así, a sala municipal de exposicións acollerá o vindeiro 4 de outubro unha mostra de pintura de Fernando Yáñez, así como o Ciclo de Cine Amal, que terá lugar os días 9, 10 e 11 de decembro. Por último, o 25 de outubro terá lugar a agardada presentación do CD da rondalla e da coral de Brión, da que vos falamos no noso nú-mero anterior. Será no centro Social polivalente, as 20:30 hrs.

Page 12: 88 - ALTAMIRA Nº 88

12 | Concello de Brión

BRIONESES

Ana SoutoVillanustre, premio extraordinariode Bacharelato

Un 9,9 de media no Bacharelato e un 9,79 no exame de Selectividade. Só son cifras, pero permiten as poucas persoas que as conse-guen optar aos Premios Extraordinarios de Bacharelato. E un deses mellores expedientes académicos do país é de Brión. Ana Souto Villanustre, veciña de Agronovo (Os Ánxeles), non é a típica “rata de biblioteca”, por moito que esta entrevista tivera lugar na bi-blioteca municipal de Pedrouzos. Representante desa “excelencia” tan de moda nos círculos políticos actuais á hora de falar de edu-cación, Ana é unha gran defensora dunha ensinanza pública e igualitaria. “Os cartos non deben impedir que unha persoa estude”, asegura con bo criterio.

- Por que decidiches pre-sentarte a este premio?

- Foi un pouco idea do di-rector e dalgún dos profesores do IES, xa que para optar ao Premio Extraordinario de Ba-charelato tes que ter un 8,75 de media en Bacharelato. Eu fixen a proba na Coruña o 27 de xuño. A primeira proba foi un comentario de texto, que escollín en galego, de Víctor Freixanes sobre o Día das Le-tras Galegas. Ademais, coin-cidía moito coas súas teses. A segunda proba foi de inglés, un texto de Charles Chaplin, no que puiden falar sobre o ano que pasei nos Estados Unidos. E a terceira proba foi Historia da Arte.

- Atopáchelo demasiado doado?

- Non fun pensando en ga-ñar. Fun coa idea de facelo o

mellor posible. O tempo che-goume para facer primeiro un borrador e despois pasalo a limpo. A proba de galego foi moi interesante e facilitoume o comentario. O de inglés gus-toume e o de arte púxome moi contenta pois, podendo caer calquera obra, caeu as Plate-rías e un bodegón de Cezanne.

- Que ten que facer un es-tudante para conseguir ese 9,9 de media que lograches ti no bacharelato?

- En clase hai que prestar atención. Tomar apuntes fai que prestes máis atención e identifiques o que é impor-tante. Iso é levar o traballo ao día. E repasar na casa e, sobre todo, entender o que tes que estudar. Memorizar sen enten-der non funciona, temos que ser quen de relacionar unhas cousas coas outras.

- Dito así, ata semella sinxelo. Pero supoño que ta-mén haberá moitas horas de estudo...

- Non son a típica “chapo-na”, sería incapaz. Eu teño que entender as cousas e relacio-nalas. Por iso gústanme moito asignaturas como literatura, xeografía, historia... Non en van o meu itinerario foi o de humanidades.

- Despois do 9,9 no IES Brión e do exame para o Pre-mio Extraordinario de Bacha-relato, supoñemos que o exa-me de Selectividade foi tirado.

- Foi moi ben, saín moi con-tenta. Non esperaba que fose tan ben.

- Xa tes pensado a carreira que queres estudar?

- Tradución e Interpreta-ción, en Vigo.

- Porque o teu futuro profesional vai encamiñado cara...

- O meu soño é moi difícil: traballar no Parlamento da Unión Europea como traduto-ra.

- Vese o teu gusto polos idiomas. Este verán viaxas a Inglaterra para perfeccionar o inglés; mais esta non é a túa primeira bolsa de estudos no exterior.

- Ademais desta bolsa da Xunta tamén conseguín unha de Barrié de la Maza High School e da Fundación Aman-cio Ortega pola que puiden es-tar 11 meses en Virxinia. Fixen aló o primeiro de Bacharelato xunto con outros 75 alumnos de Galicia. Eramos a segunda promoción e na primeira ta-mén fora outro alumno do IES Brión chamado Brais.

Fotografía cedida por La Voz de Galicia. Mónica Ferreirós.

Page 13: 88 - ALTAMIRA Nº 88

Revista Altamira | 13

BRIONESES

“Aposto por unha educaciónpública e igualitaria.Os cartos non debenimpedir queunha persoa estude”

Ana Souto Villanustre, ten as ideas moi claras, estudar tradución e interpretacón, para conseguir traballar no Parlamento da Unión Europea.

q

- Como foi a túa experien-cia nos Estados Unidos?

- Ao principio foi difícil por estar lonxe, pero a experiencia merece a pena. É unha inmer-sión total no idioma: televisión, carteis, exames... Todo en in-glés. E, sobre todo, quedo coas amizades, pois podes coñecer culturas de todo o mundo.

- Cales son as túas afec-cións?

- Gústanme os idiomas, a historia e sempre me gustou escribir. Teño enviado artigos tanto a El Correo Gallego como a La Voz de Galicia.

- Atráete tamén o mundo do xornalismo?

- Teño participado na ra-dio do IES Brión e publicado artigos en distintos medios escritos. Penso que son unha ferramenta para reivindicar ou defender as ideas e compar-tilas cos demais. Non a nivel profesional.

- Falemos entón desas ideas. Na proba que fixeches para o Premio Extraordinario de Bacharelato falabas da si-tuación do galego. Como ves o noso idioma na actualidade?

- Todos os idiomas son igual de importantes, sen importar o número de falantes. O gale-go é un legado cultural, unha riqueza. Ser bilingüe axuda a aprender un terceiro idioma En Galicia deben potenciarse ambos idiomas. Por iso é im-portante que o galego estea presente nas escolas. Ademais, é unha lingua moi bonita.

- Nestes días estase a de-bater sobre a nova política de bolsas, a denominada Lei Wert. Sendo ti unha perfecta representante do que se está a chamar “excelencia”, que opinión che merece a situa-

ción actual da educación no noso país?

- O de “excelencia” non me gusta. É un desprestixio cara outros estudantes igual de válidos e que non chegan a esa nota. Eles son igual de in-telixentes. No tema das bolsas, eu aposto por unha educación pública e igualitaria. Os cartos non deben impedir que unha persoa estude. Para un Gober-no a prioridade debería ser a educación e, sen embargo, fai o contrario e recortan en pro-fesores e bolsas. Se seguimos así, os próximos estudantes non terán as mesmas oportu-nidades de educación que ti-ven eu. É triste ver tanta xente brillante que ten que marchar.

- Agora que non nos escoi-ta ninguén, que opinas no IES Brión e do seu profesorado?

- A miña opinión é moi boa. É un centro moi acolledor onde hai un trato máis directo cos profesores. E non teño queixas do profesorado (rí), creo que comparten o entusiasmo que teñen polas materias. Se eles non disfrutaran, os alumnos non o iamos pasar ben.

- Por último, que recomen-dación lles darías aos rapaces que están estudando agora mesmo?

- Que leven todo ao día e non o deixen para o último momento. Prestar moita aten-ción na clase, facer esquemas, tomar apuntes, estudar en alto... e subliñar axuda moito. Eu cando estudo subliño con cores distintas.

“O galego é un legado cultural, unha riqueza.En Galicia deben potenciarse ambos idiomas”

- O TEU LUGAR FAVORITO DE BRIÓN...- As Torres de Altamira e as vistas que ten. É un lugar

moi bonito.

- A TÚA MELLOR LEMBRANZA...- Cando fixemos o intercambio entre Alemaña e Brión

estando en 3º da ESO. Foron oito días en Alemaña e logo eles viñeron aquí.

- O QUE MÁIS CHE GUSTA DE BRIÓN...- O verde, a natureza, poder pasear sen preocuparse

dos coches... A tranquilidade.

- E BOTA EN FALLA...- Ter un centro urbano máis marcado, pero así tamén

perdería un pouco do seu encanto

“O que máis me gusta de Brión é a súatranquilidade”

EN POUCAS PALABRAS

“A prioridade dun Goberno debería ser a educación e non recortarprofesores e bolsas”

Page 14: 88 - ALTAMIRA Nº 88

14 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Volve a campaña “BRIÓN SOLIDARIO: así de fácil, así de responsable!”

Que sepersegue con esta campaña?

• Axudar a paliar a po-breza e a exclusión social no noso entorno inme-diato, garantindo que as cousas que doamos sirvan para paliar unha necesida-de real, valorada por pro-feionais e controlada.

• Crear e manter unha cadea de solidariedade, establecendo unha pon-te entre doantes e fami-lias con necesidade, e garantindo o anonimato de ambos, sen someter a ninguén ao mal trago de “pedir e dar”.

• Asegurar que aque-las cousas que queremos doar cheguen realmente ás persoas que o necesi-tan e de xeito totalmente gratuíto, sen ningún tipo de interés comercial ou económico.

Brión é, sen dúbida, un concello solidario. Durante a pasada campaña de recollida de alimentos, brioneses e brionesas de todas as idades e condicións demostráronlle a todo o mundo que estamos preparados para afrontar solidariamente as carencias de quen máis o necesita. Coidamos que non houbo en Brión ningunha familia que, gracias á solidariedade veciñal, quedara sen celebrar o Nadal de 2012, contando ademais cun depósito de alimentos non perecedeiros que, xunto coas aportacións períodicas dos bancos de alimentos excedentes da CEE, permitiron cubrir acuciantes necesidades en canto a alimentación. Para 2013, vaise repetir a campaña de recollida de alimentos, xa que, por desgracia, a actual crise económica non permite aínda baixar a garda neste sentido.

Pero ímos a propoñervos ir máis alá. “BRIÓN SOLIDARIO” pretende ampliar o seu campo de acción para ver de cubrir necesida-des básicas ademáis das alimenticias: roupa, material escolar, libros, menaxe, mobiliario básico, … Moitas familias de Brión vense imposibilitadas á hora de adquirir estes artigos que noutros casos nos sobran. Todos quixemos en algunha ocasión desfacernos desa cousas que sobran na casa pero que aínda están en bó uso, e non sabemos cómo, acaban no fondo o armario, enchendo o desván ou non contenedor, mentres que somos conscientes de que outras persoas poderían sacarlle un bó proveito.

Comofuncionará estacampaña?

• As persoas inte-resadas en pertencer á rede “BRIÓN SOLIDARIO”, aportarán unha dirección de correo electrónico á que, de xeito periódico, se enviarán mensaxes de-talladas acerca das nece-sidades concrectas detec-tadas, mencionando con exactitude qué artigo se precisa e en que prazo é necesario cubrir a necesi-dade.

• Ningunha persoa pertencente á rede soli-daria adquire compromi-so algún de participación. So se participará doando aqueles artigos que nun momento concreto se so-liciten, sempre que a per-soa colaboradora dispoña de tal artigo, poida e dese-xe aportalo.

Quen pode doar?• Todas as persoas podemos doar: os adultos en función

do coñecemento e a comprensión que temos da dificilísima situación que atravesan moitas familias, e os rapaces e ra-pazas, como parte da práctica da solidariedade e dentro do ámbito da educación social e humana que reciben na fami-lia e no colexio.

• As persoas que desexen inscribirse como pertencentes á rede solidaria, deberán ter 18 anos cumpridos, ou 16 anos con autorización paterna/materna. Isto non quita que os menores destas idades, decidan doar nun momento dado aquelas cousas que xa non precisan (os seus xoguetes, rou-pa, libros, …), e o fagan saber ao través dos seus pais ou ti-tores pertencentes á rede. Eles han de saber que son nenos e nenas pequenos (como eles), quenes máis apoio precisan.

Como podemos pertencer á rede “BRION SOLIDARIO”?En calquera edificio administrativo do Concello (consistorio, casa da cultura ou centro social), existen follas de rexistro, nas

que só temos que indicar os nosos datos persoais e un correo electrónico de uso habitual. Participar nesta iniciativa local non require un gran esforzo, e tampouco desenvolso económico algún. ASÍ DE FÁCIL, así de responsable !

Page 15: 88 - ALTAMIRA Nº 88

Revista Altamira | 15

SERVIZOS SOCIAIS

CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

“Hai saída” contraa violencia de xéneroA iniciativa consegue un aumento no uso do 016, teléfono de apoio ás vítimas.

“Hai saída á violencia de xénero”. Esta mensaxe esperan-zadora é a protagonista da campaña divulgativa e sensibiliza-dora en materia de violencia de xénero posta en marcha este ano pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero .

Unha iniciativa á que se suma o Concello de Brión, en cumprimento do seu II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2012-2015. A campaña “Hai saída” conta cun logotipo sinxelo e dispón tamén de varios spots de televisión/internet interpretados por actores como Imanol Arias, Juanjo Artero ou Mario Casas.

Mais como a campaña está deseñada dende un punto de vista positivo, dende Altamira preferimos quedarnos tamén co incremento do uso do 016, o teléfono de balde de atención as 24 horas ás vítimas da violencia de xénero. Se cando co-mezou a campaña se rexistraba unha media de 4.506 chama-das, seis meses despois a media ascende a 5.279 chamadas. O mesmo acontece co uso dos dispositivos ATENPRO que, utilizando tecnoloxías de telefonía móbil e xeolocalización, permiten que as vítimas de violencia de xénero podan entrar en contacto en calquera momento cun centro que poda dar unha resposta rápida e axeitada ás súas necesidades.

Estas cifras demostran algo que se vén denunciando dende os Servizos Sociais Municipais e dende os Centros de Información á Muller: a violencia de xénero está aí, está pre-sente en todos os municipios. Neste caso, tristemente, que un municipio presuma de non ter casos de violencia de xéne-ro non é positivo. É, simplemente, que non se teñen detec-tado, polo que as vítimas se atopan nunha indefensión total. Por iso é fundamental a colaboración cidadá, non só para ser sensibles a esta lacra social, senón para denunciar e permitir así a súa eliminación.

Por iso xorden iniciativas como “Libres”, unha aplicación para telefonía móbil que permite acceder aos cidadáns a toda a información precisa sobre os recursos que posúen as distintas Administracións para axudar ás vítimas e que com-plementa á que xa tendes nas vosas casas dentro do folleto informativo do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2012-2015, que se entregou hai uns me-ses canda Altamira.

NENOS/AS SAHARAUIS

Tres saharauis pasaron o verán no noso concello

Ininterrumpidamente dende o verán do ano 205 o Conce-llo de brión ven participando no Programa Vacacións en Paz co pobo Saharauis. Este verán estiveron con nós dúas nenas e un neno acollidos por tres familias residentes en Brión.

Os obxectivos fundamentais de estes acollementos son:

- Facilitar a asistencia médica (Facer revisión pediátricas, analíticas, revisións oftalmolóxica e odontolóxica), valorar a necesidade de posibles intervencións ou tratamentos especí-ficos que de non vir, posiblemente non se detectarían nin se poderían ofrecer.

- Promover entre a sociedade galega os valores de tole-rancia e solidariedade facilitando a convivencia na nosa co-munidade.

- Evitar a súa estancia nos campamentos de refuxiados durante o verán onde alcanzan temperaturas de mais de 50º.

Page 16: 88 - ALTAMIRA Nº 88

16 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

Recollida de libros de texto para aforro das familias

SOLIDARIEDADE

A asociación de pais e nais do colexio de Pedrou-zos vén de retomar unha interesante iniciativa para axudar ás familias brio-nesas nestes tempos de crise económica. Trátase dunha recollida-reciclaxe de libros de texto, que xa comezaron coincidindo coa finalización do curso 2012-2013 e que agora retoman durante este mes de setembro.

Dende Altamira ani-mamos a todos os veciños e veciñas de Brión a cola-borar con esta iniciativa, que pretende facilitarlle os libros de texto a aquelas familias que non poidan ou teñan problemas para afrontar o gasto que supón a súa adquisición. A xente que desexe colaborar coa iniciativa non ten máis que entregar os libros no propio CEIP de Pedrouzos, que se porán en contac-to coa asociación de pais para facelos chegar con total discreción ás familias máis necesitadas do muni-cipio. Máis información no propio CEIP de Pedrouzos.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Os nenos e nenas daescola infantil clebra o fin de curso cunha obra de teatro

Os nenos e nenas da garde-ría municipal de Brión celebra-ron o seu tradicional festival de fin de curso coa represen-tación dunha pequena obra de teatro: “Unha eiruga moi lar-peira”. Á festa asistiron medio cento de familiares (pais, nais, irmáns, avós e avoas...) así como o alcalde de Brión, Xosé Luís García, que foi o encarga-do de entregarlles uns “diplo-mas de graduación” e unhas lambonadas. Así mesmo, os pequenos entregaron aos seus pais e nais un agasallo, consis-tente nunha cunca decorada por eles durante as clases na gardería.

Previamente, e duran-te algo máis de media hora, os pequenos representaron “Unha eiruga moi larpeira”, conto de Eric Carle. Os nenos e nenas ían caracterizados de acordo coas personaxes que representaban: eiruga, bolbo-reta, carpinteiros, mecánicos, doutores... Uns disfraces ela-borados polos propios cativos na clase e coa colaboración tanto dos seus mestres. Todo elo nun escenario de cartón preparado para a ocasión du-rante estas dúas últimas sema-nas.

Ao rematar a representa-ción tivo lugar unha pequena festa con lambonadas e zumes para os pequenos e as súas fa-milias. A directora da gardería municipal de Brión, Dolores Campos, destaca a importancia deste tipo de actividades “pois veñen os pais á gardería e ven como se traballa cos seus fillos e para nós é moi importante manter sempre un contacto di-recto e habitual con eles”.

Page 17: 88 - ALTAMIRA Nº 88

Revista Altamira | 17

CULTURA E DEPORTES

ENCONTROS COA ARTE

Tres días de creación artística en lembranza de Vidal BolañoA Casa da Cultura destapou unha placa en homenaxe ao xenial dramaturgo

Tres días de creación artís-tica coas paisaxes brionesas como inspiración en lembran-za de Roberto Vidal Bolaño. Esta frase sintetiza o que foi o VIII Encontro coa Arte, un-has xornadas de convivencia e creación pictórica que se cele-braron os días 28, 29 e 30 de xuño en Brión.

A actividade destacada das xornadas foron os obradoiros de pintura do natural que se celebraron na parroquia de Luaña, na veciña area fluvial de Ponte Maceira e na entorna na natural do Río Pego . Neles os vinte artistas participan-tes trasladaron ao aire libre os seus cabaletes, paletas e pinceis para amosar a veciños e visitantes o proceso creativo que conduce a composición dunha obra de arte.

O venres 28 de xuñotivo lu-gar a inauguración da exposi-ción das obras cedidas ao con-cello no VII Encontro coa Arte: Lembrando a Castelao e tamén unha emotiva homenaxe ao

dramaturgo galego Roberto Vidal Bolaño, veciño de Brión nos derradeiros anos da súa vida e figura das nosas letras á que se dedicou o Encontro deste ano.

A inauguración da mostra de pintura contou coa parti-cipación do alcalde de Rianxo Adolfo Muíños Sánchez, que acudiu en representación da vila mariñeira que acolleu unha das xornadas do anterior Encontro dedicado a un dos seus fillos máis ilustres. O rexe-dor destacou o compromiso de Rianxo e Brión coa cultura e a súa enorme satisfacción por impulsar iniciativas de colabo-ración neste eido.

A continuación, Roberto Vidal Bolaño foi protagonista dun acto no que participaron os artistas visitantes e nume-rosos veciños que acompaña-ron á familia do dramaturgo. Belén Quintáns, viúva de Ro-berto, recibiu como agasallo unha lámina realizada por Xosé Vizoso, destacado ilustrador e

deseñador da cerámica de Sar-gadelos. Ao remate, procedeu-se a descuberta dunha placa conmemorativa que lembra a relación do xenial dramaturgo con Brión e que pode contem-plarse na fachada lateral da Casa da Cultura.

O VIII Encontro coa Arte: Lembrando a Roberto Vidal Bolaño rematou deixando a porta aberta a unha nova edi-ción que no vindeiro ano vai supoñer o salto das xornadas máis alá do ámbito local e in-cluso rexional.

O interese por este modelo de certame motivou esta pri-mavera a celebración dun “En-contro de Arte de l’Empordà a Galicia” na localidade de CastellPlatjad’Aro en Girona. Este intercambio cultural e ar-tístico entre Galicia e Cataluña retomarase no vindeiro encon-tro cando un grupo de artistas cataláns achegaranse a Brión para participar nunhas xorna-das onde as letras e a pintura volverán ser protagonistas.

Brión,capitalnacional da cerámica por uns días

FORO DE CERÁMICA

Brión acolleu o pasado mes de agosto a IV Gran Quedada de ceramistas na que participaron pres-tixiosos ceramistas de diferentes puntos de Es-paña, Bélxica e Francia, que compartiron técnicas e experiencias nuns obra-doiros prácticos abertos todos os que se achegaron polas instalacións de Cerá-mica Unzueta, en Lamiño (Brión).

O alcalde doulles a benvida recoñecendo que “ata que Unzueta non se trasladou a vivir aquí, non eramos conscientes da im-portancia que ten a man dos artesáns na cerámica”. E puxolles un exemplo: “todos os anos facemos unha carreira pedestre e comprabamos os trofeos. E, claro están, todos eran exactamente iguais. E podo dicir que non teñen nin punto de comparación cunha peza artesán, feita a man por un bo ceramista”.

Pola súa banda, Nano Unzueta, que actuou como representante dos ceramistas, agradeceu a recepción e explicou que se trata “dunha iniciativa na que os propios par-ticipantes somos, á vez, mestres e alumnos, xa que impartimos os obradoiros nos que somos especialis-tas e participamos como alumnos nos demais”.

O Concello agasallou aos participantes con dous libros. E eles entregáronlle ao Concello un especializa-do sobre alfarería.

Page 18: 88 - ALTAMIRA Nº 88

18 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

CURSO 2013/2014

As actividades culturais e deportivas para ocurso 2013-2014 comezan o día 1 de Outubro

O Concello de Brión mantivo aberto o prazo de inscrición no seu programa de actividades culturais e deportivas para o novo cuso 2013-2014. Ata o 20 de setembro, os interesados e as interesadas poideron consultar o programa de actividades, que se atopa colgado na web do concello de Brión, e inscribirse nas actividades nas que estaban interesados na Casa da Cultura ou a través do teléfono 981 50 99 08.

O programa, que dará comezo a partir do 1 de outubro, in-clúe propostas extraescolares para nenos e nenas e un amplo abano de actividades deportivas e culturais para adultos, ade-mais dun programa de formación. No ámbito cultural, a Escola Municipal de Danza e Música Tradicional ofertará tres cursos: Baile galego e Pandeireta (maiores de 3 anos), Baile Moderno (de 4 a 18 anos) e Gaita e Percusión (maiores de 6 anos). Os tres cursos terán un custo de 80 euros/ano.

Paralelamente, a Escola Municipal de Música Magariños mantén aberto ata o 18 de outubro o prazo para anotarse nal-gunha das 16 prazas dispoñibles para o curso 2013-2014: música e movemento (9), saxofón (3), frauta traveseira (2), trompeta/fliscorno (1) e trompa (1). Máis información na escola municipal de música Magariños, en horario de 10 a 13 horas (de luns a ven-res) e os martes de 16 a 19 horas; ou no teléfono 981 50 99 03.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

No que atinxe ás escolas deportivas, a oferta do Concello de Brión abrangue predeporte (de 3 a 6 anos), iudo, patinaxe, ba-loncesto, fútbol sala, fútbol-7, tenis (de 6 a 16 anos) e ximnasia rítmica (de 4 a 16 anos). Todas elas terán un custe de 80 euros anuais e celebraranse no campo de fútbol municipal (Fútbol 7), no CEIP de Pedrouzos (predeporte, iudo e ximnasia rítmica) e no pavillón polideportivo (as restantes).

A oferta deportiva para os maiores de 16 anos inclúe ximna-sia de mantemento e ioga, cun prezo anual de 120 euros cada unha. As outras actividades (pilates e aeróbic) que anos pasados ofertaba o concello, celebraranse este ano na recén estreada sala de actividades da piscina municipal cuberta de Brión, polo que se pode solicitar mais información e inscribirse nas instala-cións da própia piscina e non na Casa da Cultura.

Para ir rematando, o programa completase coas xa tradicio-nais actividades de tipo formativo. A primeira é o curso de ini-ciación á pintura, dirixido a veciños e veciñas entre 6 e 16 anos. Celebrarase no centro social polivalente e terá un custe de 80 euros. O segundo curso é o tradicional sobre novas tecnoloxías, dirixido a rapaces e rapazas de 4 a 16 anos e que terá lugar na Aula CeMIT. O seu prezo é tamén de 80 euros anuais. Finalmen-te, o centro social polivalente tamén acollerá as clases de inglés para nenos e nenas entre 4 e 9 anos. Neste caso, o curso com-pleto custará 150 euros.

A programación dará comezo o 1 deoutubro e contempla tanto actividadesextraescolares para nenos comopropostas para os adultos.

DESCONTOS DE ATA O 100%

Os importes das actividades varían entre os 80 das escolas deportivas, escola de danza e outras actividades culturais ata os 150 euros dos obradoiros de inglés. Sen embargo, o Concello de Brión contempla diversas bonifi-cacións e reducións nas cotas para os veciños. Deste xeito, todos os menores que se inscriban en máis dunha activi-dade de escolas deportivas, de escola de danza e música tradicional e doutras actividades culturais só pagarán in-tegramente a primeira actividade (a de maior importe) e obterán unha bonificación do 50% nas restantes.

Do mesmo xeito, as familias con dous fillos e as consi-deradas numerosas terán unha bonificación do 50% no se-gundo fillo e do 100% (gratuidade) no terceiro e seguintes. No caso de que o segundo fillo se inscriba nunha segunda actividade, esta bonificación do 50% non será acumulable á bonificación do 50% por participar en máis dunha pro-posta.

No que respecta ás actividades deportivas para adultos, ao inscribirse en máis dunha opción aplícase un desconto do 50% na segunda e restantes actividades, pagando inte-gramente só a primeira das escollidas. Máis información: http://www.concellodebrion.org

Page 19: 88 - ALTAMIRA Nº 88

Revista Altamira | 19

CULTURA E DEPORTES

LETRAS GALEGAS 2013

A XXII Feira do Librohomenaxeou a Roberto Vidal BolañoA lembranza da súa vida e obra foi o fío condutor das actividades.

A Feira do Libro de Brión, que este ano celebrou a súa 23ª edición, homenaxeou a Ro-berto Vidal Bolaño, unha figura das nosas letras intimamente ligada a Brión. A lembranza da súa vida e obra foi o fío condu-tor da maior parte das activi-dades programadas tanto para os centros educativos coma para o resto da veciñanza.

Orientado aos nenos e mo-zos que estudan nos centros educativos do concello, a Feira presentou unha variada pro-gramación de actividades con actuacións teatrais, recitais e conta contos que se desen-volveron entre o 13 ao 31 de maio. Tanto a escola infantil municipal, as escolas unitarias, como o CEIP de Pedrouzos e o IES de Brión gozaron dun-has actividades especialmen-te deseñadas para cada nivel educativo.

Os meniños e meniñas da gardería municipal gozaron do espectáculo “Entre arrolos e contiños” do grupo Migallas Teatro. Os nenos e nenas do CEIP de Pedrouzos asistiron aos espectáculos “Pequena” de Talía Teatro, “Lectura dra-matizada e musicada de pezas teatrais de Roberto Vidal Bola-ño” de Picaversos e “Anacos de Touporroutou da lúa e do sol” de Maquinarias Teatro. Ade-mais asistiron a un contaconto teatral a cargo de TINKETRINKE TEATRO que nunha segunda función estivo dirixido ás Es-colas de Luaña, Os Ánxeles e Bastavales.

Gustavo Pernas Cora pre-sentou “Lecturas dramatizadas de fragmentos das obras de Roberto Vidal Bolaño” . Laura Ponte e Roi Vidal falaron da “Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño” . De igual xeito que Xandobela e o seu conta con-to didáctico-musicado “Lem-branzas de Roberto Vidal Bola-ño”. Todos eles dirixíronse aos alumnos e alumnas do IES de Brión.

Para todos os veciños do concello TEATRO DO AQUÍ pre-sentou a obra “CRIATURAS” de Roberto Vidal Bolaño o día 18 de maio. TEATRO ANTROIDO representou o sábado 25 a obra “BailadELAS” a partir de textos de Roberto Vidal Bola-ño. Ámbalas dúas montaxes teatrais foron no auditorio do Centro Social Polivalente.

As actividades arredor de Vidal Bolaño non remataron co mes de maio. O día 1 de xuño un grupiño de alumnos e alum-nas do instituto representaron no Centro Social a obra teatral “Roberto Vidal Bolaño, sempre aquí”, unha montaxe dirixida por Lucho Penabade e Tero Rodríguez (Os Quinquilláns) que reúne unha serie de ‘sket-ches’ de tres obras do drama-turgo. En lembranza do cómico do nariz vermello e o chapeu preto a tamén se celebraron os “Monólogos na Carballeira, venres de conto e comedia” unha programación que trouxo a Brión a cinco representantes destacados do actual panora-ma humorístico galego.

Nas fotografías da esquerda podemos observar varias das obras que se representaron no Centro Social Poli-valente de Brión, entre elas BailadELAS, onde a prota-gonista é a primeira muller de Vidal Bolaño e CRIATU-RAS da compaña TEATRO DO AQUÍ onde o dramaturgo pasou os seus últimos anos.

q

Page 20: 88 - ALTAMIRA Nº 88

20 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

CLAUSURA CURSO 12/13

Uns 400rapacesparticiparon na clausura das escolasculturais e deportivas

Preto de 400 rapaces e ra-pazas de Brión participaron no acto de clausura do curso das escolas culturais e deportivas municipais, celebrado o pasa-do 1 de xuño. Pola mañá máis de 150 persoas asistiron ás 65 actuacións que conformaron o IX Concerto de Fin de Curso da escola municipal de música Magariños, que se celebrou no Centro Social Polivalente.

Polo escenario pasaron to-dos os alumnos matriculados na escola, dende os apuntados en Música e Movemento ata os que teñen un instrumento como especialidade. Así, ao longo desas tres horas, foron actuando numerosos rapaces nas modalidades de piano e guitarra, as máis solicitadas, así como frauta, saxofón, clarinete e trompa. As intervencións fi-nais, a cargo dos alumnos do Nivel III, incluíu a participación de numerosos duetos e tríos, así como a actuación da banda de música Magariños.

Pola tarde, o pavillón poli-deportivo municipal acolleu o acto de clausura das Escolas Culturais e Deportivas de Brión no que participaron alumnos e alumnas matriculados nas diferentes actividades pro-movidas polo concello que se desenvolven ao longo do ano. O numeroso público asistente, que encheu as gradas das ins-talación municipais, contem-plou sobre a pista aos integran-tes das diferentes escolas que demostraron as habilidades e destrezas adquiridas durante o ano en diversos deportes e actividades físicas.

Page 21: 88 - ALTAMIRA Nº 88

HISTORIAS DE BRIÓN

Os caseiros vivían en casa allea. Caseiros eran as fa-milias labregas sen terras nin casa de seu, que estaban de arrendo nun lugar acasarado. O amo poñía as terras para traballar, a casa onde vivir, os apeiros e mailo gan-do; o caseiro poñía o traballo del e de toda a parentela. Cando se recollían as colleitas polo outono, descontadas as contribucións, as sementes e mailos abonos, a meta-de dos froitos e das crías do gando eran para o dono das terras. Iso se o sistema establecido era “a medias”, que nalgúns casos raros rexía o sistema menos opresivo e miserento de “tercias” (unha parte para o amo e dúas para o caseiro). Había tamén o arrendo por un tanto fixo anual en cartos ou en froitos (“a sabido”).

Era tan habitual este sistema de tenencia da terra que os censos agrarios do ano 1965 indicaban que máis da décima parte dos labregos galegos eran caseiros; e o sistema non empezou a mudar ata que a emigración masiva a Europa, a partir dos anos setenta do século XX, foi absorvendo os excedentes de man de obra das aldeas.

En Brión e na Amaía toda había moitos caseiros. Os caseiros da Amaía podían seren familias sen recursos radicadas na zona dende sempre ou recén chegadas de fóra, e case sempre “da montaña”. Cando na Amaía se

Revista Altamira | 21

Os caseiros da montaña

di que algunha familia veu “da montaña”, estase a indi-car case sempre a que chegaron de caseiros nun tempo indeterminado, entre os anos corenta e os setenta do século pasado, e “a montaña” de procedencia podería ser unha aldea da zona central da provincia da Coruña, dende Santiago ata Melide.

Examinando os padróns de habitantes de Brión do ano 1965 comprobamos que máis do cinco por cen dos veciños non nacidos en Brión (ou nos concellos limítro-fes, que se explicarían por razóns de veciñanza) viñan desa zona que chamamos montaña, sendo os concellos de procedencia por orde de importancia os seguintes: Frades (48 habitantes), Tordoia (40), Mesía (34), Arzúa (31), Oroso (30), Cerceda (27), Ordes (27), Enfesta (19), Cesuras (13), Buxán (13), Trazo (11), Melide (10), Vila de Cruces (10), Boimorto (8), O Pino (6). O padrón do ano 1950 dá unhas cifras similares.

Quen se poñían á aventura de iren de caseiros eran matrimonios novos con fillos pequenos que criar e, se cadra, con algún parente vello que non podían abando-nar. Se cadra, non puideran emigraren e fuxían da fame. Contan que nalgúns lugares a mudanza dende a “mon-taña” para a Amaía tiña moito de ritual que expresaba a solidariedade tradicional entre os labregos pobres. A mudanza facíase no outono, cando xa estaban recollidas as colleitas. A familia reunía as súas escasas pertenzas e alugaba un ómnibus para o traslado: aqueles coches das feiras con carrozaría de madeira, que igual carrexaban persoas que apeiros ou animais. O día da partida, os veciños da aldea que quedaban ofrecíanlles un xantar de despedida aos que se ían e metíanlles no autobús un baño novo de madeira coa carne dun porco que pa-garan entre todos, agasallo para que puidesen comer todo o inverno. Ao ano seguinte, cando xa a familia tiña recollidas as primeiras anadas no seu novo destino, era o momento de devolverlles a festa aos veciños, que acudían de todas as casas da aldea á romaría de Santa Minia, e alí o caseiro pagaba o xantar de polbo na car-balleira para todos.

Os caseiros que baixaron para a Amaía dende “a montaña” hai cincuenta ou setenta anos, despois de traballos sen conto, de soportar contratos inhumanos e en moitos casos o desprezo e os abusos dos seus amos, foron saíndo adiante (nalgúns casos tamén atoparon amos bos que foron coma pais para eles). Criaron os fi-llos e conseguiron establecerse aquí, ben como propie-tarios das terras que foron mercando, ben empregándo-se como asalariados fóra da agricultura. Todos merecen recoñecemento polos seus moitos traballos.

Quen casa ten de seu, ten media vida.Unhas telliñas para nos cubrir,catro paus que ardan na lareira nosae a traballar sin fin! (Rosalía de Castro)

Page 22: 88 - ALTAMIRA Nº 88

22 | Concello de Brión

TAMÉN FOI NOTICIA

A FONTE DE HERMES CUMPLE 100 ANOSO pasado 30 de Agosto de 2013 a fonte da Carballeira de Santa Minia cumplia

100 anos. Foi no ano 1913 cando se colocou a fonte de Hermes para conmemorar o primeiro aniversario da feira de Pedrouzos, un mercado que chegou a ser un dos mais importantes do entorno que agora, ao igual que o resto de feiras comerciais, non vive os seus mellores momentos.

O deseño da fonte foi unha creación dun escultor de Santiago, Xosé Rivas Rodrí-guez, que tiña un taller de escultura en plena Rúa do Vilar. Pero a imaxe de Mercurio é da autoría do artesán de Calo (Teo) Manuel Cornes, falecido fai catro décadas.

FESTA DOS MAIORES 2013A XXV festa dos maiores de Brión tivo lugar no pavillón de

Pedrouzos e escomezou cunha misa oficiada polo cura párroco de Bastavales.

A festa reuniu arredor duns 600 maoires de Brión que puide-ron disfrutar dun menú composto por empanada, polbo e carne o caldeiro. Un grupo de gaiteiros, a banda municipal, un grupo musical e o recoñecido cantante Miguel Torres foron o resto de atraccións da festa que se alongou ata ben entrada a tardiña.

Un ano mais a festa resultou ser un absoluto éxito.

II RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓNA asociación O Esquío no Piñeiro coa colaboración do Conce-

llo de Brión organizou o pasado domingo 9 de setembro a II Ruta BTT Río Tambre. Unha proba ciclista que nesta edición presentou dúas modalidades: un circuíto principal de 65 Km e outro de 45 Km.

A proba, que transcorre por terras brionesas con tramos a beira do Río Tambre, contou con 266 participantes que tiveron a oportunidade de escoller entre o circuíto principal ou a ruta máis pequena, aínda que non exenta de dificultade.

PRESENTACIÓN DO CURSOACADÉMICO 2013/2014

A escola de música de Brión, presentou de maneira oficial o curso 2013/2014 o pasado 16 de setembro. Para celebrar que se cumpren 10 anos da sua creación, a escola organizou para os ve-ciños un concerto inaugural a cargo do cuarteto vocal LaCama.

Foi no Centro Social Polivalente, as 18:00 h. cando os profeso-res deron conta das novidades eda organización das clases para esta nova tempada no noso concello con ampla tradición e con bandas de música própias.

Page 23: 88 - ALTAMIRA Nº 88

Revista Altamira | 23

PASATEMPOSSUDOKU FACIL SUDOKU DIFICIL

ULTIMA PÁXINA

UN POUCO DE HUMOR...

Page 24: 88 - ALTAMIRA Nº 88

t HOMENAXE A ROBERTO VIDAL BOLAÑO

O Concello de Brión rendiu, o pasado mes de Xuño, un sentido homenaxe a Roberto Vidal Bolaño no que se lle adicou unha placa na sala de exposicións municipal na que ensaiou repetidas veces durante os anos que o autor residiu en Brión. A homenaxe com-pletouse coa entrega dun cadro a súa viuva, Belén Quintáns. Tanto a placa como o cadro foron obra do recoñecido deseñador de

Sargadelos afincado en Brión, Xosé Vizoso

Concello de BriónPraza do Concello, Nº 1

15865 - Pedrouzos - BriónTelf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:[email protected]

web: www.concellodebrion.org

28anos