8º CERTAME DE CONTOS

60

Transcript of 8º CERTAME DE CONTOS

Page 1: 8º CERTAME DE CONTOS
Page 2: 8º CERTAME DE CONTOS

2

Page 3: 8º CERTAME DE CONTOS

3

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 3

ÍNDICE

Limiar

“A CHARCA DE ALDÁN”: Ed. Infantil 3 E 4 anos.

“A RA E O CABEZÓN”: Ed. Infantil 4 e 5 anos.

“BRACO E A CHARCA”: ED. PRIMARIA 1.º CURSO.

“AUGALANDIA”: ANDREA ÁLVAREZ BERMÚDEZ.

“A LIBÉLULA DOS DENTES”: MARÍA RIAL ALFAYA.

“MOLLADAS!”: LUCÍA MÉNDEZ SANTOMÉ.

“A CHARCA ENCANTADA”: AndrÉ Nerga Gar-cÍa.

“SEDARIA E O ROUBO DAS FLORES PARLANTES”:

PEDRO PAZOS CURRA.

“A CEGOÑA VIAXEIRA”: IvÁn Blanco Gayo.

“A PÍNTEGA MANCHIÑAS”: BRAIS OTERO RODRÍGUEZ.

“O MUNDO DE CARAMELO”: Ana Piñeiro MenduÍña.

Page 4: 8º CERTAME DE CONTOS

4

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 4

Page 5: 8º CERTAME DE CONTOS

5

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 5

LIMIAR

Aquí estamos de novo, un ano máis, e xa van alá oito, con este

libriño que recolle algúns traballos presentados para este Certame

de contos 2011, por parte do alumnado do C.E.I.P. Espiñeira-

Aldán.

Este ano solicitamos que os contos incorporasen cancións ou

copliñas dentro deles, xa que o noso proxecto para este curso chá-

mase “Ao galego cantando con alegría”. Nel ten especial impor-

tancia o fomento de distintos xeitos da oralidade, por ser a des-

treza básica que máis custa mellorar. Entre as distintas activida-

des destaca a busca, aprendizaxe e elaboración baseándose en co-

plas, cantigas, recitados, xogos orais… que o alumnado, profeso-

rado, e por extensión, con eles toda comunidade escolar vai apren-

dendo, dun xeito alegre, lúdico... Tamén vos decataredes de que

moitos dos contos tratan como tema central a vida nas charcas,

porque como sabedes, estamos desenvolvendo este proxecto en

colaboración con Voz Natura, aproveitando a mina de auga e a

xunqueira que temos nos terreos do centro. Os nosos obxectivos son espertar o interese pola compren-

sión e expresión no noso idioma e xerar afeccións literarias. Ta-

mén queremos fomentar a creatividade, a imaxinación e a autoes-

tima, eloxiando os seus labores, amosándolles que poñendo esfor-

zo pola súa parte, poden conseguir moito do que se propoñan, que

se desexamos de verdade escribir, somos capaces de facelo, mello-

rando coa práctica e a vontade.

Deste xeito, podemos colaborar a que este tesouro cultural

extraordinario que é a fermosa lingua galega, herdanza que nos

legaron os nosos devanceiros, poida seguir viva engrandecéndose

e enriquecéndose, como foi sucedendo desde os poetas medievais

e do Rexurdimento ata os mellores escritores actuais.

Non vos esquezades de seguir visitando a nosa páxina web ht-

tp://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/

e os múltiples enlaces aos nosos diferentes blogues onde pode-

mos aprender moito e atopar importantes e variadas informacións

Page 6: 8º CERTAME DE CONTOS

6

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 6

ÉRASE unha vez...

Page 7: 8º CERTAME DE CONTOS

7

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 7

A CHARCA DE ALDÁN

Alumnado de educación infantil 3 e 4 anos

Page 8: 8º CERTAME DE CONTOS

8

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 8

.

.

Page 9: 8º CERTAME DE CONTOS

9

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 9

.

.

Page 10: 8º CERTAME DE CONTOS

10

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 10

Estes son bichiños con algo especial; todos pequeniños, non queren falar.

Page 11: 8º CERTAME DE CONTOS

11

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 11

Relato e Ilustracións: Alumnado de Educación Infantil

Aula de 3 e 4 anos.

Page 12: 8º CERTAME DE CONTOS

12

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 12

Alumnado de educación infantil 4 e 5 anos

Page 13: 8º CERTAME DE CONTOS

13

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 13

Page 14: 8º CERTAME DE CONTOS

14

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 14

Page 15: 8º CERTAME DE CONTOS

15

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 15

Page 16: 8º CERTAME DE CONTOS

16

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 16

Relato e Ilustracións: Alumnado de Educación Infantil

Aula de 4 e 5 anos.

Page 17: 8º CERTAME DE CONTOS

17

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 17

BRACO E A CHARCA

Alumnado de

1.º de Educación Primaria

Page 18: 8º CERTAME DE CONTOS

18

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 18

BRACO E A CHARCA Érase unha vez unha cobra de auga que vivía nu-nha charca. A cobra chamábase Braco, era moi longa, media máis de dez metros e era vexetaria-

na, só comía vexetais. A charca era moi gran-de, nela había moitos animais: ras, limpafon-tes, insectos paus, bol-boretas... ademais de xuncos e outras her-bas. A auga da charca estaba moi limpa, transparente e fresca. Braco ao ser vexetaria-na, tiña moitos ami-gos, un limpafontes, un insecto pau, bolbo-

retas e moitas culleres pequeniñas. Un día de primavera, un neno botou xabón na charca e pouco a pouco comezaron a enfermar as culleres e os limpafontes. Braco deuse conta de que os seus amigos estaban pasándoo mal e

Page 19: 8º CERTAME DE CONTOS

19

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 19

Cra-cra cra-cra cantaba unha ra cra-cra cra-cra

na beira da charca cra-cra cra-cra

marchei para alá cri-cri cri-cri

fai de novo o grilo cra-cra cri-cri cri-cri cra-cra

cantan os dous xuntos o grilo e a ra.

Os seus amigos non lle fixeron caso porque era un pouco mentireira, ata que o limpafontes sa-cou a cabeza da auga da charca e comprobou que era certo. Entón saíron correndo coma fre-chas. A auga aínda estaba sucia e os bichiños non po-dían volver á charca. Apareceron logo uns nenos e nenas que abriron máis a mina para que pasa-se auga limpa, e así o xabón foi desaparecendo. Grazas a eles, todos os animais volveron á char-

Relato: Nenos e nenas de 1.º E.P.

Ilustracións: Deshiré Amoedo Pazos e Enrique Herbello Piñeiro

Page 20: 8º CERTAME DE CONTOS

20

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 20

AUGALANDIA

Andrea Álvarez Bermúdez

2.º curso de Educación Primaria

Page 21: 8º CERTAME DE CONTOS

21

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 21

AUGALANDIA

Era unha vez un colexio que tiña unha charca. As nenas e os nenos sempre ían mirar os animais e ve-xetais que alí había, pero un neno, que se chamaba Diego, maltrataba aos ani-mais e non tiña coidado para non facer dano ás plantas. Un grupo de ne-nas sempre estaban de-fendendo aos seres vivos. Chamábanse María, Elsa e Andrea. Gustábanlle moi-to as ras e tamén as pínte-

gas, pero os que máis lles gustaban eran as crías pequenas que se chaman cágados, culleres ou cabezóns. E cantábanlle:

Ai, Dieguiño, adeus. Ai, Dieguiño, adeus.

Ai, Dieguiño por Deus non te vaias. Quédate con nós. Quédate con nós.

Page 22: 8º CERTAME DE CONTOS

22

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 22

Non te vaias afogar na charca, Como nos pasou a nós.

Ai Sálvora, ai San Vicente! Ai Sálvora, ai San Vicente! Ai Sálvora, ai San Vicente!

as mozas bonitas témolas presentes Ai Sálvora, ai San Vicente!

os mozos bonitos témolos presentes

Véndoas a elas como facían para manter limpa a

poza e a coidar aos seres que nela vivían, os ou-

tros, ata Diego, foron axudando aos demais por-

que xa aprenderan a lección: A natureza é o fo-

gar de todos os seres vivos!

Relato e ilustración: Andrea

Álvarez Bermúdez 2.º E.P.

Page 23: 8º CERTAME DE CONTOS

23

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 23

A LIBÉLULA DOS DENTES

María Rial Alfaya

2.º curso de Educación Primaria

Page 24: 8º CERTAME DE CONTOS

24

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 24

A liBELULA DOS DENTES

Había unha vez unha libélula que recollía os den-tes dos habitantes da charca e dáballes, a cam-bio, moedas, lamboadas… Un día mandaron ao cabalo do demo, como se lles chama en moitos sitios ás libélulas, que fose recoller tamén os dentes dos seres humanos. A píntega Carla, que era a raíña da poza, mandou-lle empezar esa mesma noite. Comezarás hoxe pola noite – díxolle. Escureceu e tivo que empezar. Afastouse da poza

e escoitou unha canción que, ao principio, non

comprendía pero, ao achegarse, foi entendendo

o que dicían:

vai o gato metido nun saco, vai o gato pra terra da laxe, vai o gato metido nun saco, ai gatiño xa non volve máis.

Xuntáronse catro un día, os mellores deste barrio,

colleron ao gato a tiro e metérono nun saco.

Page 25: 8º CERTAME DE CONTOS

25

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 25

vai o gato metido nun saco...

Aquel gato era un artista, Actuaba na lontreira,

agora éche un bañista, na praia de castiñeiras.

vai o gato metido nun saco...

Que ben lles parecería, a calquera deses catro,

que lle caíse o pelo, como lle caeu ao gato.

vai o gato metido nun saco...

Esa noite cambiou un dente por lambetadas e

así foi pasando o tempo, pero un día unha nena

deuse conta de que lle collera o seu dente e se-

guiuno ata a charca, tropezou cunha pedra e ca-

eu dentro dela.

Cando a nena quixo levantarse convertérase nu-

n cabalo do demo, mentres que este era agora

Page 26: 8º CERTAME DE CONTOS

26

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 26

un humano. Botáronse a chorar, fixéronse ami-

gos, quitáronse as bágoas e volveron á normali-

dade como eles querían.

Relato e ilustración: María Rial Alfaya 2.º E.P.

Page 27: 8º CERTAME DE CONTOS

27

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 27

MOLLADAS!

Lucía Méndez Santomé

3.º curso de Educación Primaria

Page 28: 8º CERTAME DE CONTOS

28

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 28

MOLLADAS!

O día vinte e tres de febreiro chegamos, como cada mañá, moi

ledos ao noso colexio. Estabamos entusiasmados por saber qué

nos contaría a nosa mestra. Despois dun bo anaco dedicados ás

nosas tarefas da clase, un son veu interromper o noso silencio:

Riiiiiiiiiiiiiiiiiiiing.

Era o timbre que nos indicaba que a nosa hora de lecer, diver-

sión, xogo... empezaba. Era a hora do recreo!

A nosa “profe” dixo:

-Collede a merenda, formade a vosa fila e baixade, sen correr.

Que ledicia! Era un día claro, de sol. Daba a impresión de que xa

quedaran atrás as xornadas frías do inverno e tamén as intermi-

nables semanas de vento e chuvia que nos castigaban pechados

na casa. Vaia aburrimento!

A miña amiga Sabela suxeriu:

-Imos á charca, a saltar polas rochas?

-Boa idea. Que ben o imos pasar...! -dixemos os demais

Non podiamos pensar no que nos ía acontecer. Empezamos tran-

quilamente a ollar os xuncos, a observar se algunha ra saltaba, a

escoitar o rechouchío dos paxaros e así, amodiño, achegámonos

ás pedras que hai arredor da auga. De súpeto o vento, que para

Page 29: 8º CERTAME DE CONTOS

29

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 29

nós xa marchara por este inverno, empezou a zoar con forza e...

CHOF...RECHOF...POF.

Iria e mais eu, á auga...

O vento ría a gargalladas dicindo:

-Ha, ha, ha, haaaaaaa…Molladas, eh?

Para nós aquilo era coma unha piscina. Bastante porcalleira, por

certo.

Page 30: 8º CERTAME DE CONTOS

30

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 30

O vento seguía mofándose de nós e asubiaba unha canción:

Xaac, xaac, xaac.

Aquí vén o vento

moi toleirón,

tirando ás nenas

co seu bastón.

Xaac, xaac, xaac.

Xa zoa o vento

moi tolambrón;

cantando vai

esta canción:

Xaac, xaac, xaac.

collede animais

que hai a montóns.

Iria e mais eu seguiamos baixo a auga. Estando mergulladas vi-

mos ras, píntegas, cágados xa coas patiñas de atrás (por iso da

metamorfose), carpas... e sobre todo moito, moita lama... Xa ti-

ñan onde esconder ben os seus oviños toda esta chea de bechos!

Page 31: 8º CERTAME DE CONTOS

31

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 31

Eu pregunteille á miña amiga:

-Gústache o interior da charca?

-Siiiiiiiiiiiii. E a ti, Lucía? -preguntoume Iria.

-Ta-ta-ta-me-me-meeeeén…

-Que che pasa? Nótote rara.

-Ai, non sei Iria! Teño frío, parece que sinto medo e estou moi,

moi nerviosa. Empezo a pensar na rifa que me vai botar miña na-

i...

-Non penses así. Seguro que as nosas nais vannos perdoar por-

que elas tamén foron cativas coma nós e tamén fixeron travesu-

ras. Pero... veña, saímos.

Aquela idea gustoume moito así que... agarreime con forza a mi-

ña valente amiguiña, demos un chimpo e... outra vez nas pedras

con todos os nosos compañeiros arredor.

Eles ríanse e ríanse e nós estabamos moi avergoñadas por ver-

nos tan negras do lodo.

-Estades ben? Veña imos onda a mestra que está aló, ao fondo

do campo - dixo alguén.

Fomos xunto da “profe”, que avisou aos nosos pais para que nos

trouxesen roupa seca, mudámonos e volta para a clase. Xa enxoi-

tas, alí falamos do acontecido e, para que o vento non nos

Page 32: 8º CERTAME DE CONTOS

32

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 32

volvese xogar unha mala pasada, decidimos non andar a saltar

máis polas rochas que están á beira da nosa fermosa charca.

Relato: Lucía Méndez Santomé 3.º E.P.

Ilustracións: Manuel Menduíña Dacosta e Lucía 3.º E.P.

Page 33: 8º CERTAME DE CONTOS

33

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 33

A CHARCA ENCANTADA

André Nerga García

4.º curso de Educación Primaria

Page 34: 8º CERTAME DE CONTOS

34

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 34

A charca encantada

Érase unha vez un neno chamado Xoán. Era alto e delgado e tiña

once anos. Gustáballe moito investigar e escoitar música.

O oito de marzo foise de excursión coa súa clase a Encancharca,

a charca encantada. A xente do pobo dicía:

-Pero, que tolo organizou a excursión???!!!- dicía un.

-Vas morrer, alí vive unha bruxa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!- dixo outro.

Pero Xoán non cría nas meigas.

Xa estaban todos no autobús, aterrorizados, todos menos Xoán,

que estaba escoitando co seu MP3 “A Rianxeira”, moi contento:

«Ondiñas veñen

Ondiñas veñen

Ondiñas veñen e van

Non te vaias Rianxeira

Que te vas a marear...»

A visita duraría 3 horas, pero Xoán tiña pensado quedarse todo o

día, quería explorar a Mariansión (a mansión da Bruxa María).

A charca non era normal: non tiña ras, nin cabaliños do demo,

nin píntegas, nin tritóns, nin nenúfares; porque... o rumor chega-

ra ata os animais e ás plantas!!!!!!!!!!!!!!!

Page 35: 8º CERTAME DE CONTOS

35

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 35

Xoán entrou na Mariansión e pareceulle unha mansión normal:

tiña os corredores cheos de cadros e mobles de luxo do ano 504

a.C. (que era o único raro) e os picaportes das portas e ventás de

ouro.

-Vou durmir,

que teño sono

- dixo Xoán,

bocexando. E

buscou un

dormitorio.

Pasaron as ho-

ras ata que

chegou o día

seguinte.

Xoán foi mi-

rarse ao espe-

llo e, vaia sorpresa!!, o espello era un portal que daba á Encan-

charca, pero non a fóra da Mariansión, non, a dentro da auga.

A auga invadía a mansión, así que Xoán meteuse no espello. Pen-

sou que ía afogar:

-Vou morrer! Vou morrer!!- repetía desesperado.

Pero todo cambiou cando descubriu que podía respirar debaixo

da auga. Empezou a mergullar e entrou nunha cova subacuática.

A súa sorpresa fora a máis grande que tivera na súa vida. Descu-

brira toda unha descharca!!!!!

Page 36: 8º CERTAME DE CONTOS

36

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 36

Era un ecosistema igual que unha charca, mais non había charca

por ningún lado. Decidiu investigar a descharca. Descubriu ta-

mén un desbosque cun desclaro, todo ao revés: no desbosque

non había árbores e no desclaro si. Foi ao descampamento aban-

donado a durmir, pois era un hotel de cinco estrelas. O hotel era

marabilloso! Pola mañanciña tronou, choveu e houbo moito frío.

Así que Xoán foi explorar o hotel e descubriu que se chamaba “O

Descampamento, hotel de desuperluxo”.

Deixou de chover e saíu o sol. Decidiu volver a Aldán, xa que a

descharca estaba en Vigo. Colleu o autobús das oito e media.

Cando xa chegou, colleu pinturas e un papel e pintou unha ban-

deira mais ou menos así:

Volveu a descharca polo espello da Ma-

riansión e colocouna no outeiro máis alto.

Tomou a decisión de chamarlle “A DES-

CHARCA DE XOÁN”.

Relato e Ilustracións: André Nerga García 4.º E.P.

Page 37: 8º CERTAME DE CONTOS

37

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 37

SEDARIA E O ROUBO DAS FLO-RES PARLANTES

Pedro Pazos Curra

4.º curso de Educación Primaria

Page 38: 8º CERTAME DE CONTOS

38

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 38

SEDARIA E O ROUBO DAS FLORES PARLANTES

Había unha vez unha eiruga chamada Sedaria, xa que era unha eiruga de seda. Encantábanlle as flores, pero non no sentido de miralas e aprecialas, no sentido de comelas! Vivía nunha fraga, na fraga do Eume, unha fraga húmida e chuvio-sa, con temperaturas suaves. Ten moooita vexetación. Un día pasou algo espantoso, horrible! Todas as flores da fra-ga desapareceran! Sedaria íalle pedir axuda á súa nai, pero… de súpeto, veulle á cachola a idea de que seguramente ela es-taría facendo a colada, pasando o ferro, lavando a louza ou ben durmindo. Pero se cadra podería tocarlle o "Tinto, levan-ta" coa súa vella trompeta. Riuse un pouco, pero enseguida volvéuselle a cara de decepción, porque o que acontecía na fraga era moi grave para ser obxecto dun chiste ou dunha gra-za. Entón, foille pedir axuda ao seu avó, que estaba vendo a tele-visión no salón: -Avó!, avóóó!

Page 39: 8º CERTAME DE CONTOS

39

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 39

O ancián abriu a porta: -Cala un chisco, Sedaria, vas acabar co pouco dos tímpanos que me quedan. -Isto é grave! , moi grave! - exclamou a eiruga. -Bueeeno, que pasa?-preguntoulle o avó con parsimonia. -As flores da fraga desapareceron! -Veña, home, que van desaparecer! – contestou sen facer moito caso. - Que si, que si. É certo o que che digo – insistía Sedaria. - Imos aló oh, á fraga a buscar "pistas"!! - Alá vamos! Foron indo cara ao bosque felizmente cantando :

«Ai Pepiño, adeus, ai Pepiño, adeus, ai Pepiño por Deus non te vaias! Quédate con nós, quédate con nós...

Pasaron pola lagoa, polo vello carballo e polo "Pantano dos por-

cos”, onde había moito lixo, ata chegar á espesura da fraga. Ao

mesmo tempo que se internaban, escoitaron un berro. A medida

que avanzaban cara ao corazón do bosque, o son facíase máis in-

tenso, pero cada cinco ou seis segundos aproximadamente, ha-

bía unha pausa, pero despois seguía o berro.

Sedaria e mais o seu avó cada vez asustábanse máis, pero armá-

ronse de valor e entraron na “praza”do bosque.

Estaba a malvada “Floraña”papando Flores Parlantes, as flores

máis deliciosas, que eran tamén as máis caras, de todo o bosque.

Page 40: 8º CERTAME DE CONTOS

40

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 40

Os berros procedían do tendeiro, que intentaba perseguir a este ser maníaco e malvado que só pensaba en maldades e amolar á xente.

Mentres Floraña corría para escapar ata o secuoial, tropezou cu-nha pedra camuflada entre a herba alta. O ancián aproveitou pa-ra quitarlle as flores, mentres Sedaria a envolvía cun manto de seda para inmobilizala. Rapidamente, as avespas policías foron alí para apresala. En agradecemento a súa fazaña, o concello mandoulle ao mellor agricultor que tiña para que lle plantase na eira de Sedaria, un campo de Flores Parlantes.

Relato: Pedro Pazos Curra 4.º E.P.

Ilustracións:André Nerga García, Rafael Otero Ribeiro e Pedro

4.º E.P.

Page 41: 8º CERTAME DE CONTOS

41

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 41

A CEGOÑA VIAXEIRA

Iván Blanco Gayo

5.º de Educación Primaria

Page 42: 8º CERTAME DE CONTOS

42

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 42

A CEGOÑA VIAXEIRA

Ola, son a cegoña Begoña, e son moi viaxeira. Cando vén o ou-

tono nun sitio e chega o frío e a neve, voume para outro lado

onde faga calor. As miñas viaxes son longas… e parece que

nunca van acabar. Gústame ir ás charcas e lagos con auga lim-

pa, non aos que están cheos de verdello e con tubaxes botan-

do auga contaminada. Díxome a miña amiga Mila, que un ano

destes foi a unha pucharca e que as persoas botaban o lixo das

súas casas alí. Cada vez estamos peor. Temos medo de que de-

saparezan as lagoas e as pozas tan belas que temos na nosa Te-

rra. E tamén… que desaparezamos nós; antes, hai uns vinte

anos, cando eu era pequena eramos billóns de cegoñas, pero

agora… entre o lixo, os canos que botan auga contaminada e a

xente que nos caza por pracer… xa case non quedamos nin vin-

te mil.

Antigamente cando emigrabamos, iamos cada unha para un lu-

gar, pero co medo que temos agora imos todas xuntiñas, en

grupos de vinte, trinta… ou máis. Este ano imos emigrar alí, ao

noroeste de España, a Galicia, unha comunidade chea de fer-

mosas rías, ¡e uns ríos! , ¡e uns lagos! ¡im-pre-sio-nan-tes!

Page 43: 8º CERTAME DE CONTOS

43

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 43

Por non falar… das súas praias con areas finas e brancas, das sú-

as paisaxes sempre verdes e fermosas e, como non, das pocei-

ras e gándaras onde nós paramos.

Agora estamos en Uruguai, e xa está chegando o outono ¡o frío

parece que chega! Hoxe pola noite sairemos cara a Galicia, e

cruzaremos todo o Atlántico, espéranos unha longa travesía. Te-

mos que ir todas xuntas para non perdernos e que non lle pase

nada a ningunha.

-Rapazas, veña, imos aló.

-Si, veña, vamos - dixo Mila.

Page 44: 8º CERTAME DE CONTOS

44

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 44

Eramos exactamente 26 cegoñas, cegoñas viaxeiras. Nese mo-

mento puxémonos todas a voar¡ Parecía unha avalancha !

Xa estabamos por riba do mar, cunha hora de viaxe e todas abu-

rridas. A Mila ocorréuselle unha idea para entreternos:

-Por que non cantamos cancións que teñan que ver co mar can-

do vexamos un barco?

-¡Siii! - contestamos todas.

-Veña, alí hai un barco.

-Pero… Cal cantamos?

-Que vos parece a de “Ondiñas Veñen”?

-Vale, esa é moi bonita.

Ondiñas veñen, ondiñas veñen,

ondiñas veñen e van,

non te vaias rianxeira,

que te vas a marear.

Ondiñas veñen, ondiñas veñen,

ondiñas veñen e van,

non te vaias rianxeira,

que vin unha onda no mar.

Page 45: 8º CERTAME DE CONTOS

45

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 45

Estivemos así ata que se fixo de día e todas quedamos sen alen-

to. Xa estabamos chegando a Galicia, ¡víanse as illas Cíes! Ao

chegar á illa do sur, paramos a descansar para coller forzas e se-

guimos voando ata chegar a un pobo chamado Aldán, cunhas

praias de auga limpa e cristalinas que parecían feitas por anacos

de vidro. Este sitio xa nos gustou, seguro que volvemos para o

ano que vén.

-¡Mirade alí! - dixo Mila.

Era unha charca grande e con auga limpa que saía continuamen-

te dunha mina, e aínda mellor, ¡estaba a sombra! ¡Quedamos

abraiadas! Xa sabiamos seguro, pero seguro a onde volver.

Page 46: 8º CERTAME DE CONTOS

46

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 46

Cando xa estabamos na charca, vimos montóns de animais: ras,

sapos, píntegas... A Mila encantoulle, dixo que era o mellor do

mundo, pero a min pareceume un pouco pequena para quedar-

nos alí. Ocorréuseme unha idea e dixen:

-Por que non buscamos unha paraxe húmida preto de aquí para

poder voar ata esta pucharca cando queiramos?

Ás demais pareceulle unha idea fantástica e fomos parar a Coto-

rredondo. Cando chegamos alí mirei para o lago e quedei coa bo-

ca aberta do fermoso que era. Díxenlle ás demais:

-¡Isto merece unha canción!

¡ Galicia!

Cada día máis linda, máis linda,

cada día mellor e mellor.

Cada día máis linda, máis linda,

Cada día mellor.... e... mellor....

Quedamos alí, pero sen esquecernos de visitar aquela poza onde

estaban tantos nenos e nenas contemplándoa, e así polo camiño,

cantabamos esa cantiga a Galicia que tanto nos gustaba cantar.

Relato e ilustracións: Iván Blanco Gayo 5.º E.P.

Page 47: 8º CERTAME DE CONTOS

47

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 47

A PÍNTEGA MANCHÍÑAS

Brais Otero Rodríguez

5.º de Educación Primaria

Page 48: 8º CERTAME DE CONTOS

48

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 48

A PíNTEGA MANCHIÑAS

Había unha vez, unha píntega chamada Manchiñas, que vivía coa súa familia nunha charca detrás dun colexio, nunha charca gran-de e moi bonita. Manchiñas era a píntega máis nova de tres irmáns, aínda non saí-ra a inspeccionar os arredores e tiña moita curiosidade por saber o que había no exterior. Os seus pais contábanlle que era moi pe-rigoso saír, porque se podía atopar con moitos perigos como os seres humanos ou animais máis grandes ca ela que podían mata-la. Nesta poceira tamén vivía unha familia de ras, que eran de cor verde con manchas negras e levábanse moi ben coa familia das píntegas.

Page 49: 8º CERTAME DE CONTOS

49

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 49

Un día Manchiñas atopouse coa ra máis nova que se chamaba Peque e preguntoulle se saíra algunha vez da poza. -¡Non! - respondeulle moi asustada - ¡Pero ti que dis! ¡Ti estás tola! Saír fóra é un suicidio, pódente matar. O meu avó saíu unha tarde a dar un paseo e nunca máis soubemos del. Con-tan os meus pais que seguramente o colleu un humano para experimentar e logo matalo. Manchiñas moi asustada marchou para a casa, pero esa noite non foi capaz de durmir porque tiña pesadelos coa historia que lle contara Peque. Pola mañá ao erguerse pensaba se se-ría certo ou sería mentira. Foi á casa das ras para falar con ela, contoulle que ía saír dar una volta fóra da charca e pediulle que non llo dixese a nin-guén.

-Se non regreso pola tarde avísalles aos meus pais.

-Non vaias - díxolle a ra - ¡Vas dereita á morte!

Pero ela marchou toda decidida.

Xa levaba un anaco camiñando cando ao lonxe viu que algo se acercaba a ela. Era de cor escura e moi longa e cando se ato-paron comprobou que era unha lesma. Babas, que así se cha-maba, preguntoulle para onde ía. Manchiñas contoulle que quería saber o que había máis ala da súa pucharca e Babas contoulle que había un grupo de humanos un pouco máis adiante, por iso ela dera a volta. Manchiñas comezou a chorar porque agora non sabía regresar á súa casa e entón Babas axudoulle. Cando chegaron á charca, os seus pais e mais as outras ras ían saír buscala e, de repente, vírona chegar con Babas a quen lle deron as grazas e fixeron una festa. Manchiñas prometeulles a

Page 50: 8º CERTAME DE CONTOS

50

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 50

todos que xamais volvería saír da súa pucharca. E cantaron todos xuntos esta canción: A saia da Carolina -Bailaches Carolina?

ten un lagarto pintado, -Bailei si señor

cando a Carolina baila -Dime con quen bailaches

o lagarto dálle ó rabo . -Bailei co meu amor...

Manchiñas aínda seguía tendo gana de saber o que había fóra da charca, por iso cando amenceu preparou a mochila e marchou. Levaba camiñando medio día cando, de súpeto, unha man xigan-te a colleu. Era un humano pero non lle fixo nada porque os mes-tres explicáronlle que non hai que maltratar aos animais. Entón soltouna. Dende aquel día Manchiñas xa non tivo nunca máis medo de saír da súa poceira porque pensaba que os humanos xa non lle farían dano, pero un día afastouse tanto da charca, que atopou cuns ra-paces que nunca foran á escola e o único que facían era mal á xente e aos animais . Os rapaces ao ver a Manchiñas dixeron:

-Mira que píntega vén aquí.

-Vamos divertirnos con ela.

-Si,si, si – dixeron todos.

Colleron a Manchiñas e comezaron a tirarlle pedras, darlle pata-das e rirse canto querían e Manchiñas xa pensaba que a súa mor-te estaba preto pero tivo sorte, porque cando estaba xa moi mal, pasou por alí un mestre da escola na que ela vivía e díxolle aos rapaces que deixaran vivir a píntega. Non se sabe moi ben como, fixéronlle caso e deixaron en paz a Manchiñas.

Page 51: 8º CERTAME DE CONTOS

51

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 51

O mestre levou a píntega para a charca do colexio e alí os seus pais curárona. Manchiñas desta vez si que non volveu saír da charca e alí viviu feliz o resto da súa vida.

Page 52: 8º CERTAME DE CONTOS

52

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 52

O MUNDO DE CARAMELO

Ana Piñeiro menduíña

6.º de Educación Primaria

Page 53: 8º CERTAME DE CONTOS

53

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 53

O MUNDO DE CARAMELO

Como todos os días Rosa foi coa súa amiga Maite á tenda de do-ces. Esa tenda era moi grande, espazosa e sobre todo moi doce. Alí podías atopar lambonadas de todo tipo, dende polbos de go-minola ata “koias”. Rosa e Maite adoitaban ir a esa tenda, pero sempre pedían algo distinto.

Antes de nada teño que advertirvos de que Maite e Rosa son moi lambonas, así que se fan algo raro coas larpeiradas, como com-prar dous quilos e medio de pos pica-pica, non vos estrañedes. Pero ese día algo era distinto e non sabían por qué; o que non sospeitaban era o gran segredo que agochaba a tenda entre as súas catro paredes.

Rosa e Maite ao entrar foron, como todos os días, coller 10 euros de lambonadas, sen reparar en cantas poderían mercar por eses cartos. Nunca se decidían axiña, porque alí había moitas clases de larpeiradas entre as que elixir. Compráronas e foron pagalas, pero esta vez Víctor, o dependente, non tiña moi boa cara. E Mai-te preguntoulle:

-Víctor, que che pasa?

-Nada, estou ben - respondeu.

-Estás seguro? - díxolle Rosa.

-Vale… Vouvos contar o que me pasa. Sodes a miñas mellores clientas, e a vós non vos podo esconder nada. Temos un proble-ma - afirmou el.

-Quen? - dixeron as amigas a coro.

-Seguídeme e verédelo vós mesmas.

Elas foron tras Víctor con curiosidade e chegaron ao soto. Era a

primeira vez que entraban alí xa que estaba prohibidísimo. Can-

do abriu a porta e os seus ollos acostumáronse á tenue luz, apre-

ciaron unha escaleira e Víctor fíxolles o sinal de que pasaran por

Page 54: 8º CERTAME DE CONTOS

54

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 54

unha pequena porta.

-Xa estamos aquí, este é o meu país.

-Uau…

Preguntarédesvos por qué estaban tan alucinadas Rosa e Maite, pero é lóxico porque alí había… un auténtico país feito de do-ces!!!!!!!!!!! Era fermoso. As casas eran de paredes e teitos com-pletamente feitos de galleta, as rúas de xenxibre e os ríos en vez de auga, levaban batido de chocolate. -Víctor, non sei ela pero eu non me explico como puideches dei-xar este sitio - dixo Rosa coa boca chea dunha árbore feita de nu-be. -Eu tampouco. -Esa resposta é moi simple. Aquí todos comen todo e hai moitos animais como a “seterna” negra que só comen as casas, e aí está o problema; isto non é unha soa cidade, é outra dimensión, e nesta dimensión as cousas son moi diferentes á vosa.

Page 55: 8º CERTAME DE CONTOS

55

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 55

Aquí como veña unha praga de “cruopen” (outro animal que co-

me lambonadas) todo o mundo está en perigo porque, e isto non

volo contei, o noso corpo está feito de riquísima lambonada - co-

mentou.

Víctor sacouse o disfrace e volveuse de lambiscada.

-Agora mesmo a miña cidade está invadida por uns animais que

só comen gominolas, e a única maneira de botalos fóra é desfa-

celos con auga. Nesta dimensión non hai auga e precisamos moi-

ta.

-Creo cun amigo, da prima, da sogra, do irmán, do tío, da empre-

gada do súper do meu pai é dono dunha torre de auga - comen-

tou Rosa.

-Que? - preguntaron os outros dous ao mesmo tempo.

-Nada, non fai falla que o entendades, só dixen que podo conse-

guir auga.

-Aaaaah…

-Xenial, agora vou poder salvar á miña familia!!!!!!!!!!

-Vou correndo a dicirlle ao meu pai que me consiga a auga - dixo

Rosa.

-Vale, eu vou á miña cidade a avisarlles da boa nova - dixo Víctor.

-E eu quedarei aquí a beber do río - dixo Maite.

-Non, ti veste comigo que así polo menos fas algo - mandoulle

Rosa.

Volveron cruzar a porta e foron á casa de Rosa. Alí preguntoulle

ao seu pai:

-Papá, alguén que ti coñeces ten unha torre de auga, verdade?

-Si é verdade, e por que me fas esa pregunta?

-Necesito unha pouca desa auga, mellor dito unha moita.

Page 56: 8º CERTAME DE CONTOS

56

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 56

Cando o camión cisterna no que estaba a auga chegou ata a ten-

da metérona na outra dimensión. Houbo unha longa e difícil loita

contra eses animais e como era de esperar gañaron as persoas-

lambonada porque desfixeron aos animais coa auga. A continua-

ción déronlles as chaves da cidade a Rosa, Maite e a Víctor. A

partir dese día celebrouse o día da guerra e Maite e Rosa pasa-

ban as vacacións alí, porque lles gustou moito a eles e os seus

pais, e ningún dos animais se atrevían a meterse con elas.

-Vale, vou ver que po-do facer. Ao cabo dun anaco… -Díxome que si, pero a onde queres que a le-ven? -Á tenda de doces. -De acordo.

Page 57: 8º CERTAME DE CONTOS

57

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 57

Tamén lles ensinaron cancións populares ás persoas-lambetada

como a de:

Relato : Ana Piñeiro Menduíña 6.º E.P.

Ilustracións: Pablo Ferradás Herbello e Gabriel Otero Ribeiro 6.º E.P.

Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van. Non te vaias rianxeira, que te vas a marear. Moito me gustas rianxeira, que estás eiquí na Arxentina, verche cantar e bailar(e), coma alá na terra miña. A Virxe de Guadalupe cando vai pola ribeira, descalciña pola area parece unha rianxeira. Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van. Non te vaias rianxeira, que te vas a marear. A virxe de Guadalupe cando vai para Rianxo, a barquiña que a trouxo era de pau de laranxo. Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van. Non te vaias rianxeira, que te vas a marear.

Page 58: 8º CERTAME DE CONTOS

58

8.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 58

EDITA E IMPRIME: C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Baixada a Areacova, 4

36946 Aldán – Cangas (Pontevedra)

CORREO : [email protected]

PÁXINA WEB :

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/

Page 59: 8º CERTAME DE CONTOS

59

Page 60: 8º CERTAME DE CONTOS

60