91...de animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de Mellora Gandeira de Galicia,...

8

Transcript of 91...de animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de Mellora Gandeira de Galicia,...

Page 1: 91...de animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de Mellora Gandeira de Galicia, no que se establecen liñas xerais para a recuperación e conservación das razas
Page 2: 91...de animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de Mellora Gandeira de Galicia, no que se establecen liñas xerais para a recuperación e conservación das razas
Page 3: 91...de animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de Mellora Gandeira de Galicia, no que se establecen liñas xerais para a recuperación e conservación das razas

No 91 L Venres, 11 de maio de 2001 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 6.329

Orde do 26 de abril de 2001 pola quese fai público o estándar racial do Poden-go Galego e se crea o libro xenealóxicoda raza.

As distintas características sociais, culturais eambientais nas que un pobo leva a cabo as súasactividades levan consigo a aparición de razas ani-mais que se adaptan a estas necesidades e ó medio.

A Unión Europea e outras organizacións interna-cionais como a FAO instan os gobernos a promoverena protección, valoración e conservación das razasde animais domésticos en perigo de extinción.

Dentro do Plan de Mellora Gandeira de Galicia,no que se establecen liñas xerais para a recuperacióne conservación das razas autóctonas en perigo deextinción e, tras dun período de documentación, deestudio e de prospección do agro galego na buscade animais da especie canina, comprobouse a exis-tencia dunha poboación canina comunmente deno-minada polos criadores como Podengo Galego, com-posta por exemplares que gardan entre si unhascaracterísticas similares e diferenciadoras doutrasrazas xa descritas.

Page 4: 91...de animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de Mellora Gandeira de Galicia, no que se establecen liñas xerais para a recuperación e conservación das razas

6.330 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 91 L Venres, 11 de maio de 2001

A situación social vivida en Galicia durante oderradeiro século empurrou a gran parte da nosapoboación á emigración, sendo o regreso destes emi-grantes unido á mellora na situación económica omotivo da entrada de razas foráneas que en granparte desprazaron as nosas razas autóctonas, queactualmente se atopan en grave perigo de extinción.

Debido ó interese xenético, social e cultural quesupón para Galicia a recuperación, conservación efomento da raza Podengo Galego, e encadrado noseu programa de recuperación e conservación, resul-ta procedente a publicación do seu estándar raciale a implantación do seu libro xenealóxico, tendoen conta o Real decreto 391/1992, do 21 de abril,polo que se regula o recoñecemento oficial das orga-nizacións ou asociacións de criadores de animaisde raza que leven ou creen libros xenealóxicos, queincorpora ó ordenamento xurídico interno a Direc-tiva 91/174/CE, do 25 de marzo, relativa ás normaszootécnicas e xenealóxicas que regulan a comercia-lización de animais de raza e pola que se modificanas Directivas 77/504/CEE e 90/425/CEE.

Por todo isto e de acordo co disposto no artigo30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e enuso das facultades que me confire a Lei 1/1983 regu-ladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Apróbase a regulamentación espe-cífica do Libro Xenealóxico da Raza Podengo Galegoe o seu estándar racial, que figuran respectivamentecomo anexo I e II desta orde.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Producción Agro-pecuaria para dictar cantas disposicións sexan nece-sarias para o desenvolvemento e cumprimento destaorde, que entrará en vigor o día seguinte ó da súapublicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2001.

Juan Miguel Diz GuedesConselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria

ANEXO I

REGULAMENTACIÓN ESPECÍFICA DO LIBRO XENEALÓXICO DA RAZA

PODENGO GALEGO

1. Libro xenealógico: rexistro, ficheiro ou sistemainformatizado onde se inscriben cans de raza puraPodengo Galego, facendo mención dos seus ascen-dentes, descendentes e os méritos recibidos nas suascualificacións morfolóxicas (fenotipo), como repro-ductor e de traballo (se procede), sendo o órganoresponsable e competente a Consellería de Agricul-tura Gandería e Política Agroalimentaria, que poderádelega-la súa xestión do mesmo en organizaciónsrecoñecidas oficialmente pola dita autoridade com-petente para tales efectos.

2. Xestión do Libro Xenealóxico da Raza PodengoGalego.

A Consellería de Agricultura, Gandería e PolíticaAgroalimentaria será o órgano competente paraleva-lo Libro Xenealóxico da Raza Podengo Galego.

Non obstante, cando un club da raza Podengo Gale-go, con recoñecemento oficial, segundo Real decre-to 391/1992, do 21 de abril, BOE 24 de abril edemais lexislación concordante reúna as condiciónsde medios e de infraestructura para a correcta xestióndo libro xenealóxico, a Consellería de Agricultura,Gandería e Política Agroalimentaria poderalle enco-mendar ó dito club a súa levanza. En todo caso,a propiedade, inspección e intervención do libroxenealóxico será competencia da Consellería deAgricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

3. O Libro Xenealóxico da Raza Podengo Galegoconstará dos seguintes rexistros:

1. Sección Anexa:

1.1. Rexistro de Nacementos.

1.1.1. Rexistro Auxiliar de Nacementos (RAN).

1.2. Rexistro de Adultos.

1.2.1. Rexistro Fundacional (RF).

1.2.2. Rexistro Auxiliar de Adultos (RA).

2. Sección Principal:

2.1. Rexistro de Nacementos.

2.1.1. Rexistro Principal de Nacementos (RN).

2.2. Rexistro de Adultos.

2.2.1. Rexistro Definitivo (RD).

2.2.2. Rexistro de Méritos (RM).

SecciónsRexistros

Sección anexa Sección principal

Rexistro de nacementos Rexistro auxiliar de nacementos(RAN)

Rexistro principal de nacemen-tos (RN)

Rexistro de adultos Rexistrofundacional

(RF)

Rexistroauxiliar

(RA)

Rexistrodefinitivo

(RD)

Rexistrode méritos

(RM)

Para a inscrición dun animal en calquera dos rexis-tros xenealóxicos que lle corresponda, o titular ouo seu representante legal deberá solicitalo de xeitoexpreso nun impreso normalizado e aprobado parao efecto, pola Comisión Rectora do Libro Xenea-lóxico da Raza Podengo Galego e acredita-los cri-terios de inscrición especificados nesta orde.

O paso de animais dun rexistro a outro prodúceseautomaticamente segundo o establecido nesta regu-lamentación.

Como referendo ós rexistros deste libro xenealóxicoe para maior garantía de inscrición e identificacióndos exemplares neles, a Comisión Rectora do LibroXenealóxico poderá realiza-las dilixencias e inves-

Page 5: 91...de animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de Mellora Gandeira de Galicia, no que se establecen liñas xerais para a recuperación e conservación das razas

No 91 L Venres, 11 de maio de 2001 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 6.331

tigacións que coide pertinentes para aclarar cantosextremos considere necesarios, podendo, así mesmo,recorre-la verificación do parentesco mediante ascorrespondentes probas de paternidade.

O libro xenealóxico desta raza contará con dúasseccións, Sección Anexa e Sección Principal, encada unha das cales haberá tres rexistros.

a) Sección anexa:

Poderán ser inscritos os cans que carecen totalou parcialmente de documentación xenealóxica queacredite a súa ascendencia, pero que polas súascaracterísticas étnicas poidan contribuír á mellorada raza.

Rexistro Auxiliar de Nacementos (RAN): nel ins-cribiranse todos aqueles animais, de pais e/ou avósrexistrados, en que polo menos sempre un dos seusproxenitores ou avós se atope no Rexistro Fun-dacional.

Rexistro Fundacional (RF): rexistraranse aquelesanimais, maiores de 24 meses, con pais descoñecidosou non rexistrados e que previamente teñan pasadoa confirmación de raza.

Este rexistro ten unha vixencia limitada, que virádeterminada pola Comisión Rectora do Libro Xenea-lóxico.

Rexistro Auxiliar de Adultos (RA): incluirá aque-les animais inscritos no Rexistro Auxiliar de Nace-mentos que, a partir dos 18 meses, obrigatoriamentedeberán pasa-la confirmación de raza.

b) Sección principal:

Poderán ser inscritos os cans de raza pura.

Rexistro Principal de Nacementos (RN): inscri-biranse todos aqueles animais que proveñan de pais,avós e bisavós que estean inscritos no Libro Xenea-lóxico da Raza.

Rexistro Definitivo (RD): os animais procedentesdo Rexistro Principal de Nacementos, para poderseren inscritos neste Rexistro Definitivo deberánpasa-la confirmación de raza a partir dos 18 meses.

Rexistro de Méritos (RM): é para aqueles animaisadultos, inscritos no Rexistro Definitivo, que polassúas cualidades morfolóxicas (fenotipo), reproduc-toras (xenéticas) e de traballo (se procede), des-taquen significativamente sobre o resto dos animaisrexistrados. Excepcionalmente e consensuado polocomité técnico e criadores do libro xenealóxico, logoda autorización da autoridade competente, poderíanincluírse animais inscritos no Rexistro Auxiliar deAdultos ou no Fundacional.

4. Comisión Rectora do Libro Xenealóxico.

Conforme o establecido nesta regulamentación ecomo salvagarda das actividades do libro xenealóxi-co e garantía da súa pureza racial, funcionará unhacomisión denominada Comisión Rectora do Libro

Xenealóxico, de exemplares, que terá a constitucióne cometidos seguintes:

Composición da Comisión Rectora do Libro Xenea-lóxico:

a) Presidente: o subdirector xeral de Sanidade eProducción Animal ou persoa na que delegue.

b) Inspector director técnico: o xefe do Serviciode Producción Animal ou persoa na que delegue.

c) Secretario: un veterinario do Servicio de Pro-ducción Animal.

d) Vocais:Un técnico cualificador da raza nomeado, para o

efecto, pola Consellería de Agricultura, Ganderíae Política Agroalimentaria.

O presidente do Club da Raza Podengo Galego,recoñecido oficialmente pola autoridade competente,ou persoa na que delegue.

Competencias da Comisión Rectora do LibroXenealóxico:

a) Aprobar, se procede, as solicitudes de inscriciónde animais nos distintos rexistros do libro xenea-lóxico.

b) Expedi-los respectivos documentos xenealóxi-cos.

c) Atende-las incidencias que xurdan do normalfuncionamento do libro xenealóxico, así como resol-ve-las reclamacións que puideran presentarse.

d) Propoñe-las modificacións do prototipo racialou da regulamentación específica do libro xenea-lóxico que consideren convenientes.

e) Valida-los técnicos cualificadores da raza.f) Dicta-las instruccións oportunas e establece-los

documentos necesarios para o correcto funcionamen-to do réxime interno do libro xenealóxico.

5. Criterios de inscrición.O criador deberá inscribi-la camada nacida no pra-

zo de 6 meses.1. Para que os cans de raza pura poidan ser ins-

critos na Sección Principal deberán:a) Provir de pais, avós e bisavós que estean ins-

critos no libro xenealóxico da raza recoñecido ofi-cialmente pola autoridade competente.

b) Ter sido declarada a cubrición e a notificacióndo nacemento da camada, nun prazo de 30 días apartir da data de nacemento, en impresos asinadospolos propietarios dos proxenitores, e autorizadospara tal fin pola Comisión Rectora do Libro Xenea-lógico, detallando o número total de cachorros nados.

c) Ter sido identificados despois do nacemento,logo da verificación do cumprimento dos requisitoscontidos nesta orde.

d) No momento de formaliza-la solicitude de ins-crición das camadas, o criador deberá achega-losdatos correspondentes a identificación de cada undos cachorros. Non obstante, se por algunha razóno criador non pode achega-los datos de identificación

Page 6: 91...de animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de Mellora Gandeira de Galicia, no que se establecen liñas xerais para a recuperación e conservación das razas

6.332 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 91 L Venres, 11 de maio de 2001

dalgún dos cachorros nados, faráselle entrega dunxustificante provisional de inscrición no que figuraráa obriga que adquire o criador ou o novo propietariode identificalo e xustifica-la identificación perantea Comisión Rectora do Libro Xenealógico, no prazomáximo de 9 meses desde a data de nacemento.

e) Cumpri-lo estándar racial e os requisitos míni-mos da raza conforme o previsto na presente orde.

2. Para que os cans de raza poidan ser inscritosna Sección Anexa deberán:

a) Axustarse ó estándar da raza.

b) Ter sido declarada a cubrición e a notificacióndo nacemento da camada, nun prazo de 30 días apartir da data de nacemento, en impresos asinadospolos propietarios dos proxenitores, e autorizadospara tal fin pola Comisión Rectora do Libro Xenea-lógico, detallando o número total de cachorros nados.

c) Ser identificados despois do nacemento, de acor-do cos requisitos previstos nesta orde.

d) No momento de formaliza-la solicitude de ins-crición das camadas, o criador deberá achega-losdatos correspondentes á identificación de cada undos cachorros. Non obstante, se por algunha razóno criador non pode achega-los datos de identificacióndalgún dos cachorros nados, faráselle entrega dunxustificante provisional de inscrición no que figuraráa obriga que adquire o criador ou o novo propietariode identificalo e xustifica-la identificación perantea Comisión Rectora do Libro Xenealóxico, no prazomáximo de 9 meses desde a data de nacemento.

e) Reuni-las características mínimas de confor-midade cos requisitos previstos nesta orde.

3. Os animais deberanse someter ó proceso deconfirmación de raza requirido, realizado por persoalexperto, nomeado para tal efecto pola Comisión Rec-tora do Libro Xenealóxico, co obxecto de compro-ba-la súa aptitude para a cría e a ausencia de defectoszootécnicos e psíquicos de carácter transmisible.

Será preceptivo un resultado positivo na confir-mación de raza, para capacita-los exemplares confins reproductivos e inclusión da súa futura des-cendencia no libro xenealóxico da raza.

6. Identificación de exemplares.

Todo animal inscrito será identificado, para efectosdo libro xenealóxico, mediante un transponder (mi-crochip), implantado subcutaneamente no ladoesquerdo do pescozo ou subsidiariamente a tatuaxena cara interna da orella dereita, ou polo métodoque aprobe a Comisión Rectora do Libro Xenea-lóxico.

O transponder ou microchip terá prioridade soborda tatuaxe e deberá axustarse á Norma ISO 11784,podendo ser lido por un lector englobado na NormaISO 11785.

ANEXO IIESTÁNDAR RACIAL DO PODENGO GALEGO

Orixe: Galicia. España. Europa.Función zootécnica ou da raza: can de caza.A. Breve resumo histórico.I. Orixe da raza.Tódolos podengos ibéricos (eivisenco, andaluz,

galego, portugués) están emparentados e compartenun mesmo tronco común cos restantes podengos daárea mediterránea, como o podengo dos faraóns (illasde Malta e Gozo), o cirneco do Etna (Sicilia), opodengo da illa Lampedusa (Tunicia), o podengocharnigue ou charnègre do Rosellón e a Provenza(Francia) e mailo podengo canario.

Este tipo de animal xa estaba presente no antigoExipto (IV milenio a. C.) e era coñecido co nomede tesem ou lebrel exipcio de orellas rectas, asícomo tamén en Eritrea e Somalia; proviña moi pro-bablemente do antigo can neolítico das sabanas saha-rianas, de aspecto lebreloide (tipo graioide) e deorellas erectas, presentes nas pinturas rupestres dadesolada paisaxe do Tassili dos Ajjer, no Ued Djeratdo Sáhara central alxeriano (VII milenio a. C), sendoestendido polas rutas comerciais, ó longo de todaa conca mediterránea, por mercadores cretenses(2000 a. C.), fenicios (1000 a. C.), gregos e car-taxineses, sendo así mesmo apreciado polos romanospara a caza do coello e da lebre con redes enHispania.

II. Área de orixe e de dispersión.Comprende toda a zona noroccidental da Península

Ibérica, con montañas de 600 m a 800 m sobre onivel do mar, con zonas de serra e monte forestadocon abundante vexetación arbustiva, con silvas ematogueira do tipo do toxo, uces, carrasca, carpaza,carrasco, codesos, xesta, etc., que forman un montebaixo e/ou sotobosque, onde se atopan os coellos,lebres, raposos e demais caza de pelo e pluma (arcea,perdiz e paspallás).

Atópase espallado por toda Galicia, pero princi-palmente polas provincias de Pontevedra e Ourense,aínda que tamén se localizan exemplares nas outrasprovincias galegas.

B. Prototipo racial.1. Características xerais.Aparencia xeral.Animal de tipo primitivo, graioide, de tamaño

mediano, lixeiro e sublonxilíneo, tipo dolicomórfico;moi rústico, austero, sobrio, áxil, con gran capa-cidade olfactiva, auditiva e visual, calidades estasque, xunto coa súa astucia, lle confiren un carac-terístico comportamento de intelixencia naturaldurante a caza. As orellas son erguidas, largas nabase e moi movibles. Son animais moi uniformes,de tamaño mediano e lixeiro, de capa canela entódolos seus gradientes, dende a cor area ós aver-mellados, podéndose atopar, ás veces, exemplaresfígado/chocolate, presentándose normalmente aco-larados e/ou calzados en branco, podendo ser de

Page 7: 91...de animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de Mellora Gandeira de Galicia, no que se establecen liñas xerais para a recuperación e conservación das razas

No 91 L Venres, 11 de maio de 2001 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 6.333

pelo semicurto ou de mediana lonxitude. Teñen oventre recollido. As femias son lixeiramente máisliviás e esveltas cós machos.

Temperamento e comportamento.

É un tipo de animal levantador da peza (non mos-tra), sendo un dos máis completos dentro das razasenglobadas nesta categoría. É un cazador astuto epícaro, incansable, verdadeiro auxiliar para o caza-dor, con extraordinaria habilidade para a caza docoello e do raposo, aínda que tamén con destrezapara a perdiz, pois ademais do nariz emprega moitoo oído e a vista en apoio do olfacto. Caza a pasorápido que alterna co trote na busca, de forma con-tinua, ventando ou baixando a cabeza na procurado rastro, levando a cabeza á altura do tronco candodetecta o rastro no aire e movendo entón o rabodun xeito ostensible. Cobra ben a peza ferida, por-tándoa ó cazador.

É un animal polivalente, xa que se adapta a cal-quera modalidade do terreo, situación e tipo de caza;está especializado para descubri-la caza no campoe sacala do seu escondedoiro sen necesidade de mos-tra. Ó percibi-lo olor da peza aniñada, lánzase desúpeto sobre ela (algúns exemplares realizan, co pas-pallás, unha pequena parada), sendo moi adecuadopara acompaña-lo cazador solitario, na modalidadedo salto, xa que non adoita afastarse en exceso, rea-lizando unha busca de 30-40 metros ó redor.

2. Características rexionais.

Cabeza.

Dolicocéfalo, cunha lonxitude aproximada de 4/10a alzada á cruz, en forma piramidal de cono alongado.O cranio é reducido e plano. Depresión fronto-nasalpouco acentuada. Fociño longo e delgado, en liñarecta coa testa. Nariz saínte e anguloso, con ventasde boa abertura. Beizos pequenos e apertados. Den-tadura forte e de peche en tesoira. Os ollos son vivose expresivos, lixeiramente oblicuos (semilaterais),de forma ovalada e de cor acorde coa capa. Conorellas erguidas, de forma triangular, de tamañomedio e anchas na base.

Pescozo.

Pescozo levemente arqueado, musculoso, ben pro-porcionado sen presentar papada.

Tronco.

Corpo rectangular. Cruz longa e estreita. Liña dor-so-lumbar recta, co lombo curto, largo e flexible,ben unido de forma continua co dorso. Cruz doscadrís media, recta e larga. Peito medio e con ten-dencia á profundidade. Costelar pouco arqueado ealongado. Ventre recollido pero non retraído. Colade inserción alta, de tamaño mediano e provista depelos algo máis longos. En repouso descansa caídaou levemente arqueada entre as pernas, á altura dosxarretes; en movemento elévaa arqueándoa sobre acruz dos cadrís en forma de fouce, pero nunca enros-cada sobre si.

Extremidades.

Son gráciles, coas verticalidades longas, rectas emoi fortes, aínda que con óso fino.

-Extremidades anteriores.

Costas (escápulas) lixeiramente inclinadas, res-pecto da liña horizontal, cunha abertura duns 50º;o ángulo escápulo-humeral é aberto, maior de 90º,antebrazos verticais e longos. Os pés son de formaovalada, con almofadas duras e unllas fortes.

-Extremidades posteriores.

Os pernís son longos, musculosos e oblicuos, coanádega alongada e algo descendida. Xarretes conángulos abertos e baixos. Os pés son de forma ova-lada, con almofadas duras e unllas fortes, en ocasiónscon presencia de esporóns, que non son desexables.

Movemento.

Paso longo e de movementos moi rápidos, saltarínse de gran velocidade.

Manto.

-Pel.

De mediano grosor e pegada ó corpo.

-Capa (cor).

De capa unicolor canela en tódolos seus gradien-tes, desde a cor area a avermellados, podéndose ato-par tamén exemplares fígado/chocolate, amosándosefrecuentemente acolarados, manchados no peito, tes-ta, cola e punta dos pés, e tamén calzados en branco.Tamén poden aparecer ocasionalmente animaisbrancos marxados en canela ou laranxa.

-Pelo.

Semicurto ou de mediana lonxitude, groso e denso.En ocasións presentan algúns pelos algo máis longose grosos ó redor do fociño. Non ten pelo duro.

Tamaño e peso.

-Alzada á cruz.

De 42 a 52 cm: machos de 46 a 52 cm e femiasde 42 a 46 cm.

-Peso.

De 10-15 kg.

C. Faltas, defectos e faltas e defectos descua-lificables.

C.1. Faltas.

Calquera desviación dos criterios mencionados.

C.2.Defectos.

Orixina a diminución máis ou menos acusada dal-gunha función determinada do animal, podendo sertotal, parcial ou rexional, dependendo do grao enque se vexa menoscabada a aptitude esencial doanimal:

-Coxeiras en extremidades.

Page 8: 91...de animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de Mellora Gandeira de Galicia, no que se establecen liñas xerais para a recuperación e conservación das razas

6.334 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 91 L Venres, 11 de maio de 2001

-Ablacións ou mutilacións en orellas e rabo.

-Ausencia de pezas dentarias por extraccións.

-Traumatismos nos ollos con perda de visión.

C.3. Faltas e defectos descualificables.

Son aquelas características que en absoluto seaxustan ós criterios mencionados no estándar raciale son excluíntes por si mesmas:

-Anomalías psíquicas.

-Defectos anatómicos ou de tipo, ligados a xenesindesexables:

Inestabilidades ou desequilibrios de carácter.

Agresividade extrema sen provocación.

Epilepsia.

Monorquidia e criptorquidia.

Displasia de cadeira.

Atrofia progresiva da retina.

Peches incorrectos das arcadas dentarias: enog-natismos e prognatismos.

Ausencia de máis de dous premolares.

Albinismos.