A agricultura en Galiza (construcións)

60

Transcript of A agricultura en Galiza (construcións)

Page 1: A agricultura en Galiza  (construcións)
Page 2: A agricultura en Galiza  (construcións)

A vida agraria non só modifica o espazo e o seu aspecto, senón que tamén busca solucións ás necesidades específicas: espazos, medios, estruturas e construcións, para poder desenvolvela; vedacións e peches para as parcelas; construcións para a auga, para os apeiros e produtos, para o gando…

Page 3: A agricultura en Galiza  (construcións)

CONSTRUCIÓNS PARA DELIMITAR AS PROPIEDADES OU LIMITAR O PASO DO GANDO E AS PERSOAS.

A TERRA

Marcos : pedras chantadas nas extremas que delimitan as propiedades por medio dunha liña imaxinaria trazada entre elas.

Regos ou foxos : excavacións pola linde ou aproveitando desniveis, que ademáis servían para drenar o terreo. Podíanse reforzar con terra ou valados (cómaros , turrións ...).

Page 4: A agricultura en Galiza  (construcións)

Sebes : delimitacións feitas con material vexetal vivo: silvas, ramallos, plantacións...

Page 5: A agricultura en Galiza  (construcións)

Valados : construcións de madeira ou pedra de moi diferente estrutura e calidade segundo a zona. Podemos atopar valados de cachotes, de pedras chantadas, de pastas ou perpiaños... Na actualidade utilízanse arame e formigón.

Page 6: A agricultura en Galiza  (construcións)
Page 7: A agricultura en Galiza  (construcións)
Page 8: A agricultura en Galiza  (construcións)
Page 9: A agricultura en Galiza  (construcións)

Nos pasos e entradas póñense ramallos, portelos, atrancos, cancelas, portalóns...

Page 10: A agricultura en Galiza  (construcións)
Page 11: A agricultura en Galiza  (construcións)

Moitos camiños que conectaban lugares ou que ían ás terras, aos muíños ou ao monte reforzábanse con pedras elevadas para pasar as persoas ou enlousábanse.

Page 12: A agricultura en Galiza  (construcións)

Carreiro , vieiro , verea : camiño estreito formado xeralmente polo paso de persoas e animais.

Carreiro elevado para cruzar unha zona lamacenta á vez que serve de separación entre propiedades.

Congrostra , corga , corredoira : camiño de carro máis fondo que o terreo que o rodea.

Page 13: A agricultura en Galiza  (construcións)
Page 14: A agricultura en Galiza  (construcións)

CONSTRUCIÓNS PARA PROTEXER O SOLO

Os socalcos , muras ou paredóns son muros de pedra (cachotes) que permiten crear solo cultivable e aproveitar ao máximo o terreo á vez que o protexen da erosión da auga. Constrúense en terreos en pendente nas abas soleadas, especialmente para o cultivo das vides. Para comunicar uns socalcos con outros constrúense escaleiras ou rampas laterais. Son característicos das zonas de cultivo da vide nos vales do Miño, Sil, Bibei, Xares...

Socalcos no val do Miño

Page 15: A agricultura en Galiza  (construcións)

Raíl na Ribeira Sacra

Page 16: A agricultura en Galiza  (construcións)

Socalcos no canón do Sil (Doade)

Page 17: A agricultura en Galiza  (construcións)

Emparrados : son construcións para o cultivo da vide. As tradicionais están formadas por postes de pedra chantados no terreo sobre os que se colocan elementos horizontais (vigas de madeira, varas, arames tendidos...). Os emparrados tradicionais que cobren camiños está protexidos como patrimonio etnográfico.

OS CULTIVOS

Page 18: A agricultura en Galiza  (construcións)
Page 19: A agricultura en Galiza  (construcións)

Construíndo un emparrado

Page 20: A agricultura en Galiza  (construcións)

Arxóns : estruturas lineais formadas por soportes verticais (de madeira, pedra, formigón) e arames.

Page 21: A agricultura en Galiza  (construcións)

Invernadoiros : construcións formadas por unha estrutura, xeralmente metálica, cuberta de material transparente ou traslúcido.

Page 22: A agricultura en Galiza  (construcións)

Pozos : excavacións no terreo para captar auga. Por dentro recóbrense de pedra, ladrillos ou elementos prefabricados.

A AUGA

Page 23: A agricultura en Galiza  (construcións)

Pías : depósitos para recoller a auga de fontes, mananciais...

Page 24: A agricultura en Galiza  (construcións)

Atrancos : pequenas presas para conter e desviar cursos de auga.

Atranco nun río e canle de rego

Page 25: A agricultura en Galiza  (construcións)

Levadas, acuedutos : conducións para a auga (para regar, mover mecanismos...)

Page 26: A agricultura en Galiza  (construcións)

A casa labrega tradicional, ademais de estar perfectamente adaptada ao medio, forma un conxunto armónico cos elementos que a rodean.

A CASA

Page 27: A agricultura en Galiza  (construcións)
Page 28: A agricultura en Galiza  (construcións)

Unha vez feita a colleita hai que almacenar os produtos, transformalos ou comercializalos. En Galiza temos varias construcións específicas destinadas ao almacenamento dos produtos do campo: graneiros, hórreos, alpendres, palleiras, adegas... nas que se conservan baixo unhas condicións determinadas de aireación, temperatura e illamento da humidade.

CONSTRUCCIÓNS PARA GARDAR APEIROS E PRODUTOS

Page 29: A agricultura en Galiza  (construcións)

Os corredores e as solainas das casas usánse para gardar e secar produtos.

Page 30: A agricultura en Galiza  (construcións)
Page 31: A agricultura en Galiza  (construcións)

Alpendres , alboios , pendellos , cubertos ...: construcións total ou parcialmente pechadas para protexer o carro, gardar aparellos e produtos (leña, forraxe..) e realizar alguns traballos. Poden estar anexos á casa ou ser independentes.

Page 32: A agricultura en Galiza  (construcións)
Page 33: A agricultura en Galiza  (construcións)
Page 34: A agricultura en Galiza  (construcións)

Palleiras, palleiros ou secadeiros : construcións destinadas a almacenar a palla, a herba seca e, ás veces, a leña. Instálanse xeralmente achegadas ás cortes do gando en lugares ben aireados e sen humidade.Para garantir a circulación do aire as paredes están construídas con algún sistema de aireación: táboas separadas entre sí, ocos...

Palleira. O Valadouro.

Page 35: A agricultura en Galiza  (construcións)
Page 36: A agricultura en Galiza  (construcións)

Hórreos (canastros, cabazos, paneiras, piornos, celeiros...)Construcións illadas do terreo, cun sistema de aireación nas paredes. Utilízanse para gardar os produtos do campo, especialmente o millo. Para garantir unha boa ventilación sitúanse nun lugar elevado e illado doutras construcións e orientánse de xeito que estén protexidos da chuvia e reciban os ventos secos.

Page 37: A agricultura en Galiza  (construcións)

Cada comarca de Galiza ten o su hórreo de características propias e diferenciadas na forma da cámara (de base circular, cadrada ou rectangular), polo tipo de manteriais empregados (pedra, madeira, ponlas, ladrillos, cemento...) e polos elementos decorativos.

Piornedo (Os Ancares)

Canastro. Caldas de Reis.Cuño

Page 38: A agricultura en Galiza  (construcións)

O Courel

Page 39: A agricultura en Galiza  (construcións)

Nalgunhas zonas é habitual agrupar os hórreos en eiras ou campos comunais.

Campo de hórreos (A Merca)

Page 40: A agricultura en Galiza  (construcións)

SequeirosConstrucións para secar as castañas. No interior están divididos a media altura por unha tarima de madeira con ocos. Na parte baixa faise lume e enriba das táboas bótanse as castañas. Xeralmente constrúense aproveitando un desnivel no terreo.

Page 41: A agricultura en Galiza  (construcións)

Ouriceiras , corrizas ou curriceirasEspazos de planta circular ou ovalada rodeados por un valado de aproximadamente 1 m de altura cunha entrada. Úsanse para secar os ourizos e evitar que os coman os animais.

Page 42: A agricultura en Galiza  (construcións)

EirasSuperficies chans, xeralmente enlousadas, situadas ao pe da casa ou en lugares aireados. Poden ser privadas ou comunais. É o lugar onde se fan diversas faenas como secar produtos, a esfolla do millo, a malla dos cereais...

Os Ancares

Page 43: A agricultura en Galiza  (construcións)

Buño

Page 44: A agricultura en Galiza  (construcións)

O Courel

Page 45: A agricultura en Galiza  (construcións)

CONSTRUCIÓNS PARA A TRANSFORMACIÓN DOS PRODUTOS

Muíño. Xares.

Page 46: A agricultura en Galiza  (construcións)

Muíños para os cereaisSon construcións onde se moe o gran para facer fariña. Os muíños tradicionais están formados por un elemento que aproveita a enerxía (da auga ou do vento) que fai mover un eixo cenectado a unha moa que ao xirar desfai o gran.Os muíños máis abundantes son os de río, construcións de pedra, maiormente sinxelas e de pequeno tamaño, cubertas a unha soa auga. Tamén houbo algúns muíños de marea e de vento espallados sobre todo pola costa.

Page 47: A agricultura en Galiza  (construcións)

Restos dun muíño de vento. A Guarda.

Muíño de marea da Seca. Cambados.

Page 48: A agricultura en Galiza  (construcións)

Muíños de aceiteConstrucións a xeito de alboio pechado, que contiñan os elementos para facer o aceite: pedra de moer e lagar.

Muíño de aceite en Bendilló (Quiroga), o único que segue a funcionar dos moitos que houbo nos Vales do Sil.

Page 49: A agricultura en Galiza  (construcións)

Mazos ou batáns .Construcións onde se mazaban os tecidos. A enerxía da auga movía a roda que impulsaba os mazos.

Batán do Mosqutín (Vimianzo).

Page 50: A agricultura en Galiza  (construcións)

FornosConstrucións para cocer o pan. Podían ser particulares ou comunais. Os fornos particulares eran construcións anexas á casa ou formaban parte dela e os comunais estaban dentro dunha construción independente na que se facía o traballo e gardaban as ferramentes.

Forno comunal de Cea.

Page 51: A agricultura en Galiza  (construcións)

Feiras e mercados .Construcións e recintos temporais ou permanentes destinados á realización de transaccións comerciais.A maioría eran pendellos coa parte frontal aberta e con mostradores ou bancos para expoñer as mercadorías. Podían estar cubertos ou descubertos.As actuais son grandes naves dotadas de todos os servizos: postos de venta, recintos para os animais, oficinas, auga, almacéns...

Construcións medievais da feira de Agolada.

Page 52: A agricultura en Galiza  (construcións)

Ponte Olveira

Page 53: A agricultura en Galiza  (construcións)

O Páramo

Page 54: A agricultura en Galiza  (construcións)

As adegas son construcións destinadas á elaboración, almacenamento e conservación do viño. Unha boa adega debe ser fresca e manter unhas condicións ambientais constantes, por eso xeralmente son dependencias pechadas con muros grosos e poucos vans, están soterradas, aproveitando covas naturais ou artificiais, ou situadas debaixo da casa. As modernas adegas industriais son grandes edificios que contan con todos os avances tecnolóxicos para manter e controlar as mellores condicións para a conservación do viño.

Page 55: A agricultura en Galiza  (construcións)

As adegas tradicionais facíanse aproveitando a planta baixa da casa ou illadas dela, con muros grosos case cegos para manter constantes as condicións ambientais ou aproveitando covas. Ao pé das adegas había un pendello especial no que estaba o lagar para prensar as uvas.

Page 56: A agricultura en Galiza  (construcións)

Cada vez son máis frecuentes as imaxes de construcións abandoadas no rural galego.

Page 57: A agricultura en Galiza  (construcións)
Page 58: A agricultura en Galiza  (construcións)
Page 59: A agricultura en Galiza  (construcións)
Page 60: A agricultura en Galiza  (construcións)

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Lucía Leiro, Mon Daporta Novembro 2014