A agricultura en Galiza (traballos)

62

Transcript of A agricultura en Galiza (traballos)

Page 1: A agricultura en Galiza (traballos)
Page 2: A agricultura en Galiza (traballos)

OS TRABALLOS AGRÍCOLAS son o conxunto de labores que se realizan para preparar o terreo, modificando se é necesario as súas características; coidar as plantas para que teñan un desenvolvemento correcto, eliminarlles os competidores e protexelas dos perigos do ambiente e das pragas; e facer as colleitas.

Page 3: A agricultura en Galiza (traballos)

APARELLOS E MÁQUINAS AGRÍCOLASDesde os comezos da agricultura, hai uns 10.000 anos, as persoas descubriron que para facilitar o crecemento das sementes había que traballar o terreo e, coa experiencia, foron deseñando distintos aparellos para facelo. Na actualidade conviven aparellos primitivos coa maquinaria máis moderna e tecnificada que facilita o traballo en todas as fases do proceso de cultivo.

Page 4: A agricultura en Galiza (traballos)

APARELLOS PARA LABORES NO SOLOO laboreo agrícola ten por obxecto romper e esmigallar o terreo, airealo, mesturalo cos fertilizantes e facilitar a penetración e a retención de auga. Os labores que se realizan no solo son importantes para o desenvolvemento da vida no seu interior.

Page 5: A agricultura en Galiza (traballos)

ARADOS Empréganse para labrar a terra arrastrados por máquinas ou animais.

Cambela: é un arado tradicional galego moi primitivo. Está feito aproveitado a camba natural dunha árbore á que se lle engadía unha rella de ferro. Usábase nas montañas do Cebreiro, Ancares e O Courel.

Arado romano: é o arado trdicional máis común. Usouse desde a prehistoria ata a actualidade. Está construído en madeira agás a rella ou ferro que cobre o dente.

Museo da Fonsagrada

Page 6: A agricultura en Galiza (traballos)

Arado de volteo ou veso: está feito de ferro. A disposición asimétrica da súa rella fai que a terra, á vez que se abre, dea a volta, deixando sempre cara abaixo a parte superficial.

O soliño usábase para xunguir os aparellos ao gando.

Page 7: A agricultura en Galiza (traballos)

CANIZO:Estrutura rectangular feita de paus e varas ou bimbias entretecidas. Usábase para achanzar a terra.

RASTRO ou GRADE:Estrutura de madeira ou ferro, xeralmente de forma rectangular, con dentes de ferro, que se usa para achanzar o terreo despois de labrado e romper os terróns.

Page 8: A agricultura en Galiza (traballos)

SUBSOLADOR: é un aparello que se arrastra con tractor. Úsase para abrir as capas máis fondas do solo para facilitar o seu drenaxe.

Arado de discos

Arado

Page 9: A agricultura en Galiza (traballos)

PELADEIRA, CACHADEIRA PEQUENA OU ESCARPADEIRA: estrutura de ferro con ganchos rematados en dentes, que servían para abrir a codia da terra e desarraigar as herbas, e unhas rabelas para conducila.

MOTOCULTOR:Máquina de pequeno tamaño con pezas intercambiables coa que se poden realizar moitos labores: labrar, sachar, fresar... e ao engancharlle un remolque serve como medio de transporte.

ROTOCULTIVADOR (fresadora): fai labores superficiais, parte a codia, desfai os terróns, arrinca as malas herbas e achanza o terreo.

Page 10: A agricultura en Galiza (traballos)

EIXADA: Peza de ferro de forma máis ou menos rectangular, cun ollo no medio dun dos lados curtos, no que se mete o mango de madeira. Emprégase para cachar, sachar e romper terróns.

LEGÓN: Está formado por unha peza de ferro de forma case triangular con vértice dianteiro en curva, e na metade da parte oposta un ollo onde leva o mango. É a ferramenta máis versátil das empregadas no campo. Úsase para cavar, sachar, arrendar, facer regos, conducir a auga, desfacer terróns...

LAIA ou PÁ: Formada por unha folla metálica, case rectangular, cun albado no medio dun dos lados estreitos, no que se inxire o mango. Úsase para facer pozas de plantación.

Page 11: A agricultura en Galiza (traballos)

• Labra por enxoito ou por mollado e non terás que pedir emprestado.• Labra ben fondo se queres coller pan abondo.• Labra con xeada, matarás a grama e terás boa anada.• Quen labra no xaneiro labra para o ano enteiro.• Cando a garza vai pró mar, colle os bois e bota a arar.• Are quen arou, que xa maio entrou.• Encarnado para o mar, colle os bois e vai labrar.

Refráns

Fura coma unha toupeirae non é toupeira,luce como a pratae non o é.(O arado) Cal é o fillo cruelque á súa nai despedaza,e a nai con moita cachazavaino comendo a el?(O arado)

Adiviñas

Page 12: A agricultura en Galiza (traballos)

APARELLOS PARA O COIDADO DAS PLANTAS

Empréganse para proporcionarlles ás plantas as condicións que faciliten ou controlen o seu desenvolvemento e permitan obter delas un óptimo rendemento: distribución axeitada sobre o terreo, suxeición, eliminación de malas herbas e pragas, fertilización, regas...

Page 13: A agricultura en Galiza (traballos)

BASTÓN DE SEMENTAR, CORVOÉ un tubo rematado nunha punta que se pode abrir. Úsase para sementar o millo, fabas...

ESPICHO ou PLANTADORÉ un pau afiado que se emprega para facer os buratos nos que se botan as sementes ou se poñen as plantas.

SEMENTADORASDistribúen en ringleiras sementes ou plantas.Abren a terra, depositan a semente e logo apretan a terra enriba. Teñen un depósito para a semente e un mecanismo que regula a súa caída. As antigas eran de tracción animal.

Sementando patacas na Limia

Plantando verdura cun bastón

Page 14: A agricultura en Galiza (traballos)

SACHOS e SACHIÑOSAparellos de dimensións reducidas que se usan para cavar, sachar, limpar, mondar e para facer buratos onde se botan as sementes ou se meten as plantas. Segundo a lonxitude do mango manéxase con unha ou coas dúas mans.

CAVADORAFormada por un marco de ferro no que van suxeitos diferentes tipos de sachos que desarraigan as malas herbas e achegan terra ás plantas para protexelas.An antigas eran de tracción animal.

Page 15: A agricultura en Galiza (traballos)

TESOURA DE PODARÚsase para cortar ponlas nas faenas de cultivo.

SERRUCHOLámina de ferro cunha beira dentada e afiada e un mango para manexala. Úsase na poda para cortar ponlas gordas.

PODA ou PODADORFouce de pequeno tamaño que se usa para cortar ponlas.

Page 16: A agricultura en Galiza (traballos)

CABAZORecipiente cilíndrico cun mango que se usaba para sacar auga de regueiros ou pozos pouco fondos.

BIMBASTROMecanismo formado por un soporte e unha vara longa que xiraba nel. Nun extremo da vara amarrábase unha corda cun caldeiro para sacar auga do pozo e do outro un contrapeso para facilitar o traballo.

MOTOBOMBASMotores de combustión interna ou eléctricos que fan xirar unha bomba de succión que aspira a auga para levala, a través dunha conducción, ata os cultivos. Os sistemas de rego complétanse con mangueiras, boquiñas, aspersores, pulverizadores...

Page 17: A agricultura en Galiza (traballos)

VIRADEIRA: utilízase para facer aneis nos aramados para despois pasar por elas outros arames que o tensan

MÁQUINA DE ARAMAR OU TENSAR: tensa os arames, xa que teñen que quedar apretados e fortes para suxeitar outros elementos.

VEO e PIÑA: utilízanse para enroscar os arames para que vaian dereitos e sexan máis fortes. Traballan xuntos: a piña coida que vaia dereito e o veo enrosca os arames.

ARAMADOS

Page 18: A agricultura en Galiza (traballos)

FOL ou IXOFRADEIRARecipiente en forma de bolsa con dúas pezas de madeira que serven de mangos e unha boquiña pola que colle o aire e expulsa os produtos. Úsase para administrar tratamentos en po.

FERTILIZADORASRecipientes equipados con orificios de saída regulables que son arrastrados por tractores para distribuir distintos produtos.

MÁQUINAS DE SULFATARBombas, accionadas por unha manivela ou conectadas a un motor, que se usan para aplicar tratamentos líquidos.

Sistema de distribución de

fertilizantes nun invernadoiro.

Nas plantación modernas ordeadas, úsanse motobombas accionadas por tractores para aplicar os tratamentos fitosanitarios.

Page 19: A agricultura en Galiza (traballos)

PetacánEstá formado por un soporte e unha táboa que funciona como panca que leva nun extremo un recipiente que se enche de auga e no outro un obxecto que, ao chocar contra outro situado debaixo, fai ruído. Colócase ao pé dunha fonte ou dunha regueira.

Tarabelas.Aparellos mecánicos que funcionan coa enerxía do vento. Están formados por unha hélice orientable á que poden ir acoplados mecanismos para producir ruídos.

Espantallos.Estruturas con forma humana feitas con paus, palla, pezas de roupa vella... que se poñen no medio dos cultivos para impedir que os paxaros estraguen as colleitas. Tamén se usan outros obxectos móbiles de cores (cintas plásticas, espellos, latas, DVDs...).

Page 20: A agricultura en Galiza (traballos)

INVERNADOIROSSon construcións cubertas, de material transparente, que protexen os cultivos e crean no seu interior unhas condicións ambientais especiais. O cultivo en invernadoiros ten por obxecto acadar unha protección da climatoloxía, un mellor control e regulación da auga e a precocidade nos cultivos.Os modernos invernadoiros contan con sistemas de ventilación controlada, rego automático, que en moitos casos inclúe tamén a distribución de nutrintes...

Page 21: A agricultura en Galiza (traballos)

• Polo San Clemente bota a túa semente.• Polo San Clemente, moito abono e pouca semente.• Cando a ruliña veña a rular, colle o millo e vai sementar.• Canta a bubela, liñaza á terra.• Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar.• Polo San Simón tapa o portelo da sazón, o da resteva non.• Se é na nova todo é rama, se é na vella máis engrana. (A pataca e a lúa).• Canta a bubela, pataca á terra, canta o cuco, pataca ao suco.• As patacas de xaneiro van na cesta e veñen no sombreiro.• Quen queira comer patacas no maio, que as semente encetado o ano.

Refráns

Page 22: A agricultura en Galiza (traballos)

• O que sementa en leira allea perde o tempo e a colleita.• O que sementa no camiño cansa os bois e perde o trigo.• O que sementa sen semente sega sen fouciña.• Se queres ter allo fino plántao no San Martiño.• Polo San Martiño fabóns ao liño.• En xaneiro pon o alleiro.• Se queres ter bo alleiro, plántao no xaneiro.• Por Santa Lucía, o allo quere ver o día.• Nin no abril nado, nin no maio plantado (o sandial).• O que queira ter pirixel todo o ano, seménteo no maio.• Para coller moitos nabos, por Santiago sementalos.

Refráns

Cando vai prá leira mira prá casae cando vai prá casa mira prá leira(O legón, o machado)

Vai para o monte enleadoe para a casa estirado(O cabestro ou adibal)

Adiviñas

Page 23: A agricultura en Galiza (traballos)

• Horta do meu veciño, canta máis froita ten, máis eu consigo.• Maceira na horta, rapaces á porta.• Millor ca das mazáns falar, é dalas a probar.• A caste da horta, sae pola porta.• Horta de San Martiño, mantén ao seu dono e máis ao veciño.• A horta de moitos, é a dos raposos.

Refráns

Page 24: A agricultura en Galiza (traballos)

APARELLOS PARA A COLLEITAA colleita á e culminación dos labores de cultivo, é o momento de recoller o froito do traballo de varios meses ou do ano enteiro.Os sistemas de traballo para colleitar os produtos agrícolas son moi variados e dependen do tipo de cultivo, da extensión da parcela e dos medios cos que se conte. Nos sistemas tradicionais a colleita facíase de xeito comunitario e era a ocasión para festas e reunións.

Page 25: A agricultura en Galiza (traballos)

É a primeira fase da colleita dos cereais e o forraxe. Faise utilizando fouciños, gadañas ou máquinas segadoras.Tradicionalmente a seitura facíase á man, cortando e xuntando as plantas en gavelas que se ataban en feixes ou mollos. Os mollos poñíanse de pé apoiados uns nos outros formando medeiros para que secasen, logo fórmábanse as medas, onde se amoreaban os mollos colocándoos en víos horizontais e cos grans cara adentro.

A SEITURA

Page 26: A agricultura en Galiza (traballos)

Despois facíase a MALLA, para separar o gran da palla, golpeando as espigas contra un obxecto, ou golpeando as espigas coa axuda dun pau ou dun mallo. Antes de gardar o gran avéntabase para separalo das abixardas (restos de pallas) e do po. Para eso, nun sitio aireado coa axuda de pandeiros, cribos, cestos ou pás, deixábase caer desde o alto para que o vento levase os lixos.

Festa da malla en Allariz

Page 27: A agricultura en Galiza (traballos)

GALLAS, GALLETAS, FORCADAS, FORQUILLAS.Instrumentos de formas diversas con varios dentes longos e finos dispostos, unhas veces alineados, e outras en planos diferentes. Úsanse para cargar e remexer herba, palla...

forquilla galla galleta

GADAÑAFormada por unha lámina de ferro triangular e curvada, afiada pola parte cóncava, é un mango perpendicular para manexala. Úsase para segar herba e cereais.

FOUCE, FOUCIÑO ou FOUCIÑAFormado por unha folla de ferro en forma de media lúa, afiada pola parte cóncava, cun mango para suxeitala. Úsase para cortar herba, cereais...

Page 28: A agricultura en Galiza (traballos)

PANDEIRO, PENEIRA, CRIBORecipientes cilíndricos formados por un marco de madeira e un fondo de coiro ou rede metálica. Úsanse para aventar os cereais.

MALLOFormado por dous paus, un longo (mangueira) e outro máis curto (pírtigo ou malladoiro) articulados entre sí por medio dunhas pezas de coiro, corno ou ferro. Úsase para mallar ou debullar os cereais.

PAS DE AVENTARFormadas por unha peza de madeira rectangular cun mango. Úsábanse para aventar os cereais.

Page 29: A agricultura en Galiza (traballos)

ESFOLLADEIRASPequenos aparellos de formas variadas rematados en punta que se usan para esfollar o millo.

MÁQUINA SEGADORA: úsase para cortar herba, cereais...

DESBROZADORA: manéxase á man para segar ou facer limpezas.

Page 30: A agricultura en Galiza (traballos)

As modernas colleitadoras segan, mallan, separan o gran e, algunhas, empacan a palla nunha soa operación.

COLLEITADORA (segadora e trituradora para o millo).

AVENTADORA antiga para limpar o gran dos cereais.

Page 31: A agricultura en Galiza (traballos)

EMPACADORAS: xuntan a palla en pacas cilíndricas ou prismáticas de distinto tamaño.

VOLTEADORA: úsase para voltear a forraxe para que seque.

MALLADORA

Os cereais destinados a alimento para o gando non se mallan, séganse, sécanse e empácanse. Durante o secado, que se fai na propia leira, voltéanse para evitar que fermenten.

Page 32: A agricultura en Galiza (traballos)

Colleita de patacas. Nas pequenas parcelas faise á man, levantádoas cavando co legón ou máquinas. Nas grandes empréganse colleitadoras que levantan e seleccionan por tamaños.

Antiga máquina de seleccionar

patacas (Museo da

Limia)

Page 33: A agricultura en Galiza (traballos)

A VENDIMA: é a colleita da uva. Faise á man cortando os acios coa axuda de tesoiras, podas, vendimadoiros ou coitelos.

APARELLOS PARA A COLLEITA DA CASTAÑA(Museo da Fonsagrada)

Page 34: A agricultura en Galiza (traballos)

FOUCE ou PODÓNPequena fouce, máis resitente e co mango longo. Úsase para cortar xestas, toxos, silvas...

MACHADAÚsase para cortar leña, preparar estacas e titores...

PAÚsase para cargar materiais miúdos.

PICARAÑAFormada por unha peza de ferro rematada en punta por un extremo e plana polo outro, cun ollo no medio no que se inxire o mango. Úsase para excavar en terreos duros.

Page 35: A agricultura en Galiza (traballos)

PICAÑA ou GADAÑOPeza de ferro con dous ou máis gallos longos e afiados que se une perpendicularmente a un mango. Úsase para manexar o esterco e, ocasionalmente, para cavar en terreos duros.

ANGAZOSFormados por unha pletina ou cota (de ferro ou madeira) con dentes finos. Úsase para achanzar, para xuntar e amorear herba, palla...

Page 36: A agricultura en Galiza (traballos)

• Polo San Pedro (xuño) abre o rego.• Pouca terra ben abonada vale por moita mal traballada.• No outubro, a terra esterca a cubre.• Entre San Xoán e San Pedro xofra sen medo.• Non caves o millo con néboa, que como está, así queda.• Dame unha, dame tres, pero sen a de maio non me deixés (cava da viña).• Onde non hai mata non hai pataca.

Refráns

Sachade ben sachadoras,sachade ben o meu millo;se non queda ben sachadoQue farei pró San Martiño?

Cantiga

Page 37: A agricultura en Galiza (traballos)

• Poda en xaneiro, vendima no sombreiro.• O que en marzo non poda, perde a vendima toda.• A viña do bo amo pódase no marzo, a viña do ruín pódase

no abril.• Cando o trigo está nos campos é de Deus e máis dos santos.• Nin viña no baixo nin trigo no cascallo.• O queixo ou o barbeito, en abril ou maio sexa feito.• Abona forte, poda curto e ara fondo, xa verás como tes viño

e pan abondo.• A horta de outono mantén ao seu dono.• A verdura de outono cómea o seu dono.• A verdura de San Simón da para o amo e máis para o

ladrón.• A pataca enche de verde a terra e de fartura a tega. • A froita que cae no camiño é do veciño.• A castaña que está no camiño é do veciño.• En xaneiro, a berza é carneiro. • No mes morto (febreiro) non saches o horto nin capes o

porco.• Labrador sen horta, fame á porta.

Refráns

Page 38: A agricultura en Galiza (traballos)

• Por San Xoan bótalle a fouciña ao pan, e en Santa Mariña da meda fai fariña.• No agosto a fariña e no setembro a fouciña.• Por Santa Mariña deixa o sacho e colle a fouciña.• O millo mesto vai no cesto, o millo raro vai no carro.• Vendima enxoito, se queres coller bo mosto.• Polo San Mateu, vendima ti, vendimo eu.

Refráns

Vendimai vendimadeirasna vendima do meu pai,vendimai e comer uvasque outra cousa non a hai.

Cantiga

Page 39: A agricultura en Galiza (traballos)

APARELLOS PARA O TRANSPORTEE O ALMACENAMENTO

Unha vez feita a colleita hai que transportar os productos para comercializalos en directo, almacenalos ou transformalos.

Page 40: A agricultura en Galiza (traballos)

CESTOS e CESTASRecipientes de formas e tamaños variados feitos con materiais vexetais entretecidos (palla, xunco, bimbias, vergas...). Úsanse para transportar todo tipo de produtos e materiais.

BOCOIS, CUBAS, TINALLASRecipientes de madeira construídos con duelas suxeitas con aros de ferro e pechados polas cabezas con pezas circulares (fondos). Úsanse para transportar e almacenar líquidos.

CAIXASRecipientes prismáticos de cartón, madeira ou plático que se empregan para recoller, transportar e almacenar distintos produtos.

Recipientes de plástico

Page 41: A agricultura en Galiza (traballos)

CARROS: Plataformas sobre rodas arrastrados por animais. Existen multitude de tipos de dúas ou catro rodas. Úsanse para transportar fertilizantes, aparellos e produtos. Para transportar produtos miúdos póñense uns adrais, e cando transporta obxectos moi voluminosos mantéñense entre os estadullos e átanse cun adibal. Actualmente están desaparecendo.

CARRETA: unha plataforma ou un recipiente que leva nun extremo unha roda e no oposto uns mangos para empurrala e conducila. Úsase para pequenos transportes.

REMOLQUESPlataformas sobre rodas arrastrados por un tractor.

Page 42: A agricultura en Galiza (traballos)

O CARRO DO PAÍSO carro galego é un carro de estrutura moi primitiva, de dúas rodas que forman un só corpo co eixo móbil, tirado por unha parella de animais, xeralmente bois ou vacas.Aínda que hai moitas variantes ao longo do país, en función, sobre todo, do terreo e dos costumes de cada zona, a estrutura segue unhas pautas comúns. Os carros da montaña son máis lixeiros que os das zonas baixas. Xaquín Lourenzo rexistrou perto de noventa variedades de rodas.Ata hai moi poucos anos o carro foi o principal medio de transporte da Galicia campesiña. A orixe do carro galego remóntase á prehistoria e mantivo a súa estrutura ata a actualidade con poucas variacións.

Page 43: A agricultura en Galiza (traballos)

O carro está formado por dúas partes, O CHEDEIRO (plataforma) e o RODADO (conxunto de rodas e eixo).

CHEDEIRO

chedas

estadullos ou fungueiros

ladrás, adrais, ladraias, ou canizas. Na parte traseira pechábanse co recadén ou canizo.

lanza, cabezalla ou timón

chavella (une o carro ao xugo).

cadeas

sollo ou soallo (piso)

chumaceira, coucón ou coucillón (o rebaixe onde se asenta o eixo chámase zoca ou cantadeira).

apeladoiras ou treitoiras

eixo, encaixa entre as treitoiras por medio duns rebaixes, os luidoiros.

O burato central da roda, na que penetra a ampela do eixo, chámase ulló.

tillas ou cuñas

llanta

escabo, galga ou ceo

mildeiras, rilleiras ou sunchos camba

ampela, tufo ou turro

mión ou milde

Page 44: A agricultura en Galiza (traballos)

Xugo de molidas É típico de gran parte da provincia de Ourense e da zona oriental de Lugo.

Xugo de bregueirosÉ típico do Sur da provincia de Pontevedra, centro da de Lugo (centro) e o Val do Miño en Ourense.

Xugo de cangallas É o máis común e atópase na provincia da Coruña, no norte e norleste da de Pontevedra e no oeste e norte da de Lugo.

O XUGO é un complemento indispensable para a utilidade do carro. É a peza que une aos animais ao carro. En Galiza hai tres tipos diferentes con moitas variantes. Dous que xunguen aos animais polo pescozo (de canga) e un que xungue polos cornos (de molida).

Page 45: A agricultura en Galiza (traballos)

Curioso xugo mixto para xunguir polos cornos (vaca, boi) e polo pescozo (burro, mula, cabalo, ou animais novos cos cornos pouco desenvolvidos).

Algúnhas variantes de xugos.Museo da Fonsagrada.

Page 46: A agricultura en Galiza (traballos)

Nalgunhas zonas da costa usáronse carros de eixo fixo e un só animal que se xunguía entre as lanzas.Nos últimos tempos a algúns carros puxéronselle as rodas de goma.

Page 47: A agricultura en Galiza (traballos)

Carro cos adrais de bimbias tecidas. Xuño.

Carro coa estrutura do chedeiro e as rodas de ferro. Allariz.

Carro coa estrutura típica da montaña: chedeiro e rodas lixeiros. O Cebreiro.

Page 48: A agricultura en Galiza (traballos)

Na actualidade o carro practicamente non se usa en ningún sitio. Moitos convertéronse en pezas decorativas e de museo ou remataron abandoados.

Page 49: A agricultura en Galiza (traballos)

• Carro derradeiro, ben cargado ou ben baleiro.• Carro entullado non sae, se o home vello non

vai.• Catro bois nun carro, se ben turran para arriba,

mellor turran para abaixo.• Onde pode andar o carro, non vaia cabalo.• O que non ten carro nin bois, ou anda antes, ou

anda despois.• Quen o seu carro unta, aos seus bois axuda.• Deica abaixo sen bois anda o carro.• O que o boi non pode cantar cántao o carro

Refráns

Se queres que o carro cante,compañeiro, meu veciño,se queres que o carro cante,móllalle o eixo no río. Se queres que o carro cantemóllalle o eixo no río,logo co eixo molladocanta coma un asubío.

Se queres que o carro ande, forte, a un tempo e velaíño,bótalle o eixo de freixoE as treitoitas de sanguiño.

Cantigas

Page 50: A agricultura en Galiza (traballos)

CUBASRecipientes cilíndricos de gran tamaño para almacenar e transportar líquidos.

As tullas, huchas ou artesas son recipientes de madeira nos que tradicionalmente se almacenaba o gran.

SILOSGrandes recipiente para almacenar produtos sólidos a granel (grans, forraxes…). Poden ser construcións no chan ou sobre o terreo de distintas formas e materiais (cemento, aceiro...).

Tulla feita cun toro de árbore oco. Ten unha abertura na parte de arriba para cargala e outra na parte de abaixo para para retirar o gran.

Artesa

Page 51: A agricultura en Galiza (traballos)

Moitas das faenas agrícolas, principalmente sementeiras e colleitas, realizábanse tradicionalmente de forma colectiva coa participación dos familiares e os veciños, e ían facendo roldas para axudárense uns aos outros. Estas xuntanzas remataban con comidas e festas. As máis importantes eran as mallas, as esfollas, as vendimas, os magostos... Na actualidade en moitos lugares instauráronse festas que rememoran estas tradicións.

Costumes e tradicións

Page 52: A agricultura en Galiza (traballos)

APARELLOS PARA ATRANSFORMACIÓN DOS PRODUTOS

Na agricultura tradicional os labregos completaban os procesos de transformación dos produtos para o consumo ou conservación: elaboración de viño, aceite, sidra, pan…

Page 53: A agricultura en Galiza (traballos)

PeneirasOS CEREAIS-O PANDebulladoras de millo

Page 54: A agricultura en Galiza (traballos)

MUÍÑOS

Page 55: A agricultura en Galiza (traballos)

O VIÑONas adegas tradicionais consérvanse unha gran diversidade de aparellos e recipientes que varian case tanto como zonas e casas.

Lagar.O Rosal

Lagar.O Salnés

Estruchadora. Museo da Fonsagrada

Page 56: A agricultura en Galiza (traballos)

Prensas

Museo da Fonsagrada

Museo de Artes

Museo do Pobo Galego

Monterrei

Page 57: A agricultura en Galiza (traballos)

Recipientes

Page 58: A agricultura en Galiza (traballos)

Bocoi nunha cova de Valedorras

garrafónfunil

tina

olas arroba

Page 59: A agricultura en Galiza (traballos)

Máquinas de embotellar

Page 60: A agricultura en Galiza (traballos)

varios

Mazos, chazos, tirafondos...

Pisóns, paus, enviñadeiras.

billa

Page 61: A agricultura en Galiza (traballos)

Ademais dos sinalados existen moitos outros aparellos, algúns en desuso e outros de recente introdución, e variantes dos mesmos adaptadas ás faenas, tipos de cultivos, lugares...

Page 62: A agricultura en Galiza (traballos)

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta

Novembro 2014