A arquitectura romana

76
A ARQUITECTURA ROMANA: TIPOLOXÍAS Arquitectura relixiosa O templo Arquitectura civil: Edificios públicos: basílicas, termas Edificios para espectáculos: Teatro, anfiteatro, o circo Monumentos conmemorativos: O arco de triunfo, a columna Arquitectura doméstica: A casa romana, a vila, o palacio Arquitectura funeraria: A tumba Obras de enxeñería: Pontes, acuedutos, calzadas, encoros

description

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina

Transcript of A arquitectura romana

Page 1: A arquitectura romana

A ARQUITECTURA ROMANA: TIPOLOXÍAS

• Arquitectura relixiosa

– O templo

• Arquitectura civil:

– Edificios públicos: basílicas, termas

• Edificios para espectáculos:

– Teatro, anfiteatro, o circo

• Monumentos conmemorativos:

– O arco de triunfo, a columna

• Arquitectura doméstica:

– A casa romana, a vila, o palacio

• Arquitectura funeraria:

– A tumba

• Obras de enxeñería:

– Pontes, acuedutos, calzadas, encoros

Page 2: A arquitectura romana

A ARQUITECTURA RELIXIOSA

O TEMPLO ROMANO

Page 3: A arquitectura romana

A ARQUITECTURA RELIXIOSA

O TEMPLO ROMANO

A relixiosidade romana, ao igual ca grega, estaba baseada nunha complexa mitoloxía xerarquizada, chea de divindades (moitas delas provintes do Olimpo

grego) e das sociedades orientais conquistadas. Este feito favoreceu o sincretismo relixoso, trazo distintivo da civilización romana até a conversión do Estado romano ao cristianismo. Ademais era unja relixiosidade doméstica, con

deuses familiares (mans, lares e penates) aos que se ofrecían xestos de respecto, dons e pregarias. O propio emperador, como Pontifex Máximus,

exercía de intermediario entre o Estado e os deuses

Page 4: A arquitectura romana

O MODELO DE TEMPLO ROMANO Segue o plantexamento xeral grego, anque con modificacións:

• Hai un só pórtico con columnas, que forma a fachada e única entrada ao edificio

• Adoita ser seudoperíptero. É dicir, as columnas circundantes están encostadas aos muros laterais e posteriores da cella (máis decorativo que sustentante)

• Posúe a tripla cella etrusca (dedicadas a Xuno, Xúpiter e a Minerva), que é maciza e completamente pechada por intercolumnios cegos

• As bancadas do templo grego son substituídas por un alto podium, que se prolonga na fachada principal a través dunha escalinata de acceso

• Material: a partir do s. I realizánse en pedra

Page 5: A arquitectura romana

Templo romano de Asua, en Vic (Barcelona)

Page 6: A arquitectura romana

Templo de Diana en Mérida (España)

Page 7: A arquitectura romana

Templo da Fortuna Viril en RomaTetrástilo e

pseudoperíptero, de orde xónica

Page 8: A arquitectura romana

A Maison Carré de Nimes (Francia) Templo romano

Page 9: A arquitectura romana

Templo de Antonino e Faustina

(Roma)

Page 10: A arquitectura romana

Templo circular de Vesta en Roma, 142 a.C.De planta circular e orde corintia. Levántase sobre un basamento.Construiuse en época republicana para manter nel o lume sagrado

da deusa Vesta

Page 11: A arquitectura romana

A súa forma circular determinou o nome que levou moito tempo, Templo de Vesta, até que unha inscrición, que posiblemente coresponde á basa da súa estatua de culto, aportou unha información moi distinta: o templo

estaba dedicado a Hércules Víctor Olivarius, patrón do comercio de

aceite. O doador chamábase Marcus Octavius Herrenus; e o escultor,

Scopas minor, un grego do século II. O templo de Hércules Víctor houbo de ser restaurado por Tiberio e perdeu o

entablamento orixinal, mais é un períptero corintio de vinte

columnas de mármore asentadas nun basamento de toba de Grotta

Oscura, elocuente testemuño da helenización da Roma dos Escipións

Page 12: A arquitectura romana

O Panteón de Agripa, 27 a.C. (Reformado en época de Hadriano, s. II)

Page 13: A arquitectura romana

Volumetría do Panteón de Agripa

Templo romano dedicado a varias divindades, especialmente a Venus e Marte, construído por mandato do cónsul Agripa, xenro de Augusto, no ano 27 a.C. Despois de varios incendios, que practicamente o arruinaron, reconstruíuse no ano 126, en tempos de Hadriano, atribuóndose a súa construción ao arquitecto Apolodoro de Damasco

Page 14: A arquitectura romana

PLANTA DO PANTEÓN

As proporcións e a estrutura do Panteón son representativos da concepción relixiosa dos romanos: A morada de todos os deuses, na que os romanos pretenderon centralizar a gran variedade de cultos da cosmopolita "cidade eterna", aparece como unha síntese do ceo e da terra. Por iso o conxunto ten unha planta circular pechada por unha cúpula. Tanto a altura do espazo interior da cúpula como o diámetro da parede circular da planta son de 43,20 m. Se nos imaxinamos completa a esfera que se inscribe na gran salga circular e que determina a bóveda semiesférica, teriamos representado o globo celeste repousando no chan A esfera que repousa esteticamente no cilindro, ten un radio de 21,60 m, correspondendo ao radio do cilindro e da altura

Page 15: A arquitectura romana

O PANTEÓN: SECCIÓN

Na estrutura interior do Panteón, os romanos souberon conxugar con harmonia a tradicional arquitectura arquitrabada grega coas liñas abovedas características das obras romanas; a esta harmonía corresponde a distribución da parede dividida en dous partes: a inferior está composta por nichos redondos e rectangulares alternos e a superior decorada por delicadas incrustacións de bronce (non existentes na actualidade). Igual xenialidade apréciase na súa planta: unha gran sala circular precedida dun corpo porticado cunha fachada octástila de robustas columnas de pórfido rematado por un frontón

Page 16: A arquitectura romana

A CÚPULA

• A media laranxa da súa cúpula ten no centro unha abertura redonda de 8,92 m, único punto de iluminación do interior

• Está construída con nervios e arcos de descarga feitos de ladrillo recheos de formigón que se apoian no muro circular da base, á cal se abren numerosas exedras e nichos, onde estaban colocados figuras dos deuses

• A técnica construtiva do Panteón serviu de inspiración aos arquitectos de diferentes épocas: bizantinos, ao renacentista Brunelleschi na cúpula de Santa María das Flores de Florencia, etc.

Page 17: A arquitectura romana

Os casetóns da cúpula, antigamente estucados e quizá adornados con estrelas, van reducindo o seu tamaño a medida que avanzan até o centro, acentuando o efecto da perspectivaNo exterior a bóveda orixinariamente cubríase con tellas de bronce dourado, que durante o século VI foron arrincadas para o aproveitamento do metalDeste xeito, Bernini, para construír o Baldaquino de San Pedro do Vaticano, extraeu os bronces que adornaban o pórtico

Page 18: A arquitectura romana
Page 19: A arquitectura romana

A fachada do Panteón, pensada como a dun templo convencional

Columnas de orde corintia

Page 20: A arquitectura romana

Interior do Panteón. Revestido de mármores de coresNichos para as estatuas dos deuses

Page 21: A arquitectura romana
Page 22: A arquitectura romana

Interior do Panteón:

Bóveda de cuarto de esfera sobre a ábsida

Page 23: A arquitectura romana

O PANTEÓN: VISTA DO INTERIOR

Page 24: A arquitectura romana

TRASCENDENCIA DO PANTEÓN

• O Panteón de Agripa conservouse con bastante fidelidade á súa orixe, por habilitarse case desde os primeiros momentos do cristianismo como igrexa para o culto

• Nas capelas interiores, onde outrora estaban estatuas das divindades adoradas, existen hoxe capelas con numerosas obras de arte e entre elas hai tumbas de ilustres personaxes da historia e da arte romanos, por exemplo a de Rafael de Urbino. Conserva aínda o seu pavimento antigo de mármores e restos de policromía sobre os relevos do pórtico.

• O máis extraordinario do Panteón é o feito de ser o primeiro edificio no que aparece o moderno concepto da arquitectura como "arte creadora de espazos interiores". É a primeira construción da Antigüidade na que claramente se pretende crear un recubrimento, non preocupándose en extremo dos volumes exteriores. A arquitectura grega creaba os seus edificios para ser contemplados desde o exterior onde se reunía o pobo para as celebracións relixiosas. No Panteón, pola contra, créase un espazo interior onde os crentes romanos adoran aos seus deuses illándose do universo exterior porque o cosmos está baixo a súa cúpula.

• É unha perfecta síntese de harmonía e intelixencia construtiva e nunca, ata o Renacemento, catorce séculos despois, o home atreveuse a realizar unha obra tan xigantesca. Miguel Anxo dixo deste edificio que tiña "un deseño anxélico e non humano"

Page 25: A arquitectura romana

A ARQUITECTURA CIVIL

TERMAS

OS EDIFICIOS PÚBLICOS

BASÍLICAS

Page 26: A arquitectura romana

A BASÍLICA ROMANA: PLANTA

Edificio de carácter administrativo e comercial. Era a sede da administración de xustiza, centro de reunión para as relacións comerciais e os negocios, e lugar de encontro O modelo procede da Grecia helenística:

Planta rectangular e consta dunha nave central (con vans na parte superior para facilitar a iluminación do recinto) e dúas laterais de menor altura e máis estreitas, separadas por columnatas.

O muro do fondo ten forma semicircular (ábsida). As cubertas deste edificio eran de bóveda de canón nas naves laterais e de arestas na central

Page 27: A arquitectura romana

A BASÍLICA EN TRES DIMENSIÓNS

Page 28: A arquitectura romana

SECCIÓN TRIDIMENSIONAL DA BASÍLICA ROMANA

Page 29: A arquitectura romana

A basílica de Maxencio ou de Constantino en Roma (s. IV)

Grosos muros de morteiro Bóvedas de canón

Page 30: A arquitectura romana

Reconstrución da basílica de Maxencio ou de Constantino

Page 31: A arquitectura romana

BASÍLICA DE MAXENCIO(detalles)

Page 32: A arquitectura romana

As Termas de Caracalla

Un muro porticado (1) arrodeaba as Termas de Caracalla, que constaban de diversas instalacións: vestiarios (2), sala de calor seco (laconicum) (3), sala de auga moi quente (caldarium) (4), sala de auga morna (tepidarium) (5), sala de auga fría (frigidarium) (6), piscina (natatio) (7), ximnasio (palestra) (8).

Page 33: A arquitectura romana
Page 34: A arquitectura romana

Planta das Termas de Caracalla, S. III

Page 35: A arquitectura romana
Page 36: A arquitectura romana

O TEATRO

O ANFITEATRO

EDIFICIOS PARA O ESPECTÁCULO

Page 37: A arquitectura romana

O TEATRO ROMANO

Inspírase o teatro grego, pero con algunhas modificacións:

• Pode aparecer exento e é de forma semicircular

– Aprovéitase para construír galerías e vomitorios que permiten a comunicación entre as distintas zonas do teatro e facilitan o desaloxo

– Galerías cubertas con bóvedas anulares

• Partes:

• Fachada, nalgúns casos adoitábase dar unha secuencia rítmica de arcos e piares con columnas encostadas e que se distribuían en pisos sucesivos (as columnas do piso inferior eran toscanas, a do medio xónicas e as do superior corintias)

• Orchestra: era semicircular en contraste coa grega (circular). Nela situábase o coro

• Escena. Tivo un apreciable desenvolvemento no teatro romano, no seu fondo colocábase o “frons escenae”, especie de decorado monumental consistente nunha superposición de tres corpos adintelados con decoración de columnas e estatuas

• Cavea. Eran os chanzos, constaban dunhas saídas chamadas *vomitorios. Dividíanse en tres partes

Page 38: A arquitectura romana

O TEATRO ROMANO

Page 39: A arquitectura romana

Teatro romano de Mérida

Page 41: A arquitectura romana

Teatro romano de Sagunto

Page 42: A arquitectura romana

Planta do teatro romano de Sagunto (Valencia)

Page 43: A arquitectura romana

O ANFITEATRO ROMANO

• Edificio tipicamente romano. Nel realizábanse loitas de homes contra homes (gladiadores), de animais contra animais ou de homes contra feras (venationes) e outro tipo de espectáculos como as naumaquias

• O anfiteatro é unha edificación pechada, formada pola superposición de dous teatros. Ten planta elíptica

• Partes:

– Cavea ou bancadas: tiña a mesma división que o teatro e constaba así mesmo de saídas ou vomitorios que conectaban coas galerías interiores

– Area: lugar onde levaban a cabo as loitas

– Por baixo desta existían corredores, cámaras e dependencias

– Fachadas: podían presentar unha superposición de arcos e piares con columnas encostadas

Page 44: A arquitectura romana

O Coliseo ou anfiteatro flavio

Emprega a bóveda de aresta e arcos de reforzo de ladrillo, dispostos a treitos na bóveda de formigón

A súa trascendencia para a arquitectura é enorme: os edificios para os grandes espectáculos de masas contemporáneos seguen este modelo creado polos romanos

Page 45: A arquitectura romana

= Coliseo flavio de Roma

Page 46: A arquitectura romana

Interior do Coliseo, capacidade para 50.000 espectadores

Page 47: A arquitectura romana

Sección do Coliseo de Roma

Page 48: A arquitectura romana

Area de Verona (Italia)

Page 49: A arquitectura romana

O CIRCO ROMANO

Edificio deseñado para as carreiras de carros, cabalos e competicións atléticas, é unha adaptación do estadio grego. Planta es estreita e alongada, e está percorrido lonxitudinalmente por unha espiña ou muro que divide o espazo en dous, arredor do cal discorre a competición. Adoitaba estar arrodeado de bancadas A maioría dos circos romanos desapareron, aínda que en Roma o chamado “Circo Máximo” debeu de ser un magnífico exemplo, con 600 m de lonxitude

Page 50: A arquitectura romana

O Circo Máximo en Roma

Page 51: A arquitectura romana

OS MONUMENTOS CONMEMORATIVOS

Son fillos do desexo de gloria terrea do pobo romano. Serven para testemuñar a grandeza do seu imperio e as fazazas dos seus emperadores e xenerais. Adoitan situarse no Foro, no cruzamento de calzadas ou noutros lugares importantes. Trátase, pois, dunha arquitectura propagandística

ARCO DE TRIUNFO

COLUMNACONMEMORATIVA

Page 52: A arquitectura romana

Arcos de Triunfo

• Portas simbólicas polas que atravesaban os longos cortexos dos xenerais ou emperadores vitoriosos, celebrando os seus triunfos

• Partes:– Basamento na parte inferior– No centro o/os arco/s sobre piares– Ático na parte superior, onde se colocaba a inscrición

conmemorativa do personaxe a cuxa memoria se construiu– Por encima adoitaba situarse a estatua ou o carro triunfal,

de bronce da persoa á que ía dedicado o monumento.

• Podían ter un ou máis vans (tres, neste caso o central era maior que os laterais; catro, etc.). Segundo o numero de vans que teñan chámanse: trifontes (3), cuatrifontes (4), se estaban no cruzamento de dúas vías, etc. Ás veces estes monumentos decorábanse con relevos

Page 53: A arquitectura romana

Ten forma de porta de cidade, illada do resto da muralla. Trátase dun ingreso monumental. Este modelo arquitectónico combina o arco e elementos adintelados (entablamento), con profusión de elementos decorativos como columnas de orde corintia e relevos que narran as fazañas do personaxe a quen se honraA maioría foron construídos en pedra ou mármore e conservamos máis de 100 exemplos

Arco de triunfo del emperador Tito

Page 54: A arquitectura romana

EL ARCO DE CONSTANTINO (ROMA)

Page 55: A arquitectura romana

conmemora as vitorias do emperador Septimio Severo

sobre os árabes e os partosARCO DE SEPTIMIO

SEVERO

Page 56: A arquitectura romana

ARCO DE TITO

Page 57: A arquitectura romana

A COLUMNA CONMEMORATIVA

A COLUMNA TRAXANACOLUMNA DE MARCO

AURELIO

Construción de invención romana, ten a mesma finalidade e ubicación que o arco de triunfo. O seu fuste

está percorrido por relevos históricos dispostos de forma helicoidal, e na parte superior

aparece a estatua do emperador realizada en bronce

Page 58: A arquitectura romana

COLUMNA TRAXANA, DETALLE

Page 59: A arquitectura romana

A CASA ROMANA (DOMUS)

A VILA RÚSTICA

Page 60: A arquitectura romana

A domus romana

Page 61: A arquitectura romana

A casa romana ou domus

CASA DE POMPEIA

Page 62: A arquitectura romana

Pavimento de mosaico dunha casa romana

MOSAICO DE MÉRIDA

Page 63: A arquitectura romana

Reconstrución dun detalle de Ostia (Roma)

Page 64: A arquitectura romana

Pintura da Vila Hadriana

Page 65: A arquitectura romana

Escena de xardín

Page 66: A arquitectura romana

Ritos de iniciación do culto a Baco. Vila pompeiana

Page 67: A arquitectura romana

A ENXEÑERÍA ROMANA

• As calzadas. Exemplo: A Vía da Prata

• As pontes: Ponte romana de Mérida, Ponte de Alcántara

• Os pantanos e os acuedutos: Pantano de Proserpina (Mérida), Pantano de Cornalvo (Mérida), Acueduto de Segovia, Acueduto dos Milagros (Mérida), Acueduto de San Lázaro de Mérida, Acueducto de Gard (Francia)

• Outros. Galerías subterráneas abovedadas para conducir a auga (Exemplo: arredores de Mérida). A de rede de sumidoiros nas cidades para eliminar as augas residuais. Exemplos:

– En Roma está xa documentada a “Cloaca Máxima” con anterioridade ao s. IV a.C.2

– A cidade romana de Regina (Badaxoz)

• Pantano de *Proserpina (*Mérida)il, Pantano de *Cornalvo (*Méri

Page 68: A arquitectura romana

A construción dunha ponte romana

Page 69: A arquitectura romana

A ENXEÑERÍA ROMANA: A ponte-acueduto sobre o río Gard (Nimes, Francia)

Page 70: A arquitectura romana

Ponte romana de Salamanca

Page 71: A arquitectura romana

Ponte romana de Córdoba

Page 72: A arquitectura romana

Ponte de Alcántara (sobre o río Teixo)

Page 73: A arquitectura romana

Ponte romana (Madrigal de la Vera)

Page 74: A arquitectura romana

O acueduto de Segovia

Page 75: A arquitectura romana
Page 76: A arquitectura romana

Acueduto dos Milagros (Mérida)

Construído sobre tres andares de arcos realizados en pedra e ladrillo