A bicicleta

17
A bicicleta

Transcript of A bicicleta

Page 1: A bicicleta

A bicicleta

Page 2: A bicicleta

A bicicleta é un vehículo de dúas rodas movido por unha persoa, provisto dun manubrio na parte dianteira, un asento para o condutor e dous pedais que transmiten o movemento das pernas á roda traseira mediante unha cadea e un piñón.

Page 3: A bicicleta

Pierre Lallement (naceu en Francia e morreu Estados Unidos) é considerado por algúns como o inventor da bicicleta.Aos 19 anos cando era un fabricante de cochiños de bebé en Nancy, Francia, Lallement viu a alguén camiñando cun «cabaliño de madeira» e tivo a idea de construír o seu propio vehículo, pero coa adición dunha transmisión cal incorpora unha manivela e pedais conectados á buxa na roda dianteira, creando así a primeira bicicleta de verdade.

Page 4: A bicicleta

A evolución da bicicleta

Page 5: A bicicleta

Velocípedo 1818O inxeñeiro alemán Karl Von Drais deu orixe á chamada "draisiana", non obstante, aínda parecéndose máis ás bicicletas actuais manexábase como un patinete, ou sexa, impulsada polo arrastre dos pés sobre o chan.

Page 6: A bicicleta

Velocípedo 1830Thomas McCall construíu un velocípedo con pancas e varas lanzando unha manivela na roda traseira.

Page 7: A bicicleta

Bicicleta con pedais 1860

Pierre Michaux foi un dos principais desenvolvedores da bicicleta con pedais. Xunto co seu fillo Ernest, son os inventores da bicicleta moderna en 1861.

Page 8: A bicicleta

Bicicleta de roda alta 1870

A roda dianteira da máquina de Starley era tres veces máis grande que a de atrás.

Page 9: A bicicleta

Máquina segura 1885John Kemp creou a bicicleta de seguridade, a súa roda dianteira é mais pequena e funciona propulsada por unha cadea, tamén lle incorporou freos.

Page 10: A bicicleta

Bicicleta de pista (década 1960)

Unha bicicleta de pista é unha bicicleta de carreiras optimizada para ser utilizada nun velódromo ou pista ao aire libre. Diferénciase das bicicletas de carreiras porque é unha bicicleta cun sistema de piñón fixo que fai que se free aplicando gradualmente menor presión no pedaleo.

Page 11: A bicicleta

Bicicleta de montaña(mediados de 1970)

A bicicleta de montaña é un tipo de bicicleta deseñada para viaxes pola montaña ou campo.

Page 12: A bicicleta

Tipos de ciclismo:

Page 13: A bicicleta

Ciclismo de competición

O ciclismo de competición é un deporte na que se utilizan distintos tipos de bicicletas. Hai varias modalidades ou disciplinas no ciclismo de competición como ciclismo de estrada, ciclismo en pista, ciclismo de montaña, trial de ciclismo, cyclo-cross e BMX, e dentro delas varias especialidades.

Page 14: A bicicleta

Ciclismo de recreaciónÉ a práctica do ciclismo sen ánimo competitivo, usando a bicicleta como medio de exercicio físico, diversión, transporte ou turismo.

Page 15: A bicicleta

Ciclismo urbanoO ciclismo urbano non é necesariamente un deporte, aínda que favorece a saúde de quen o practica. Consiste na utilización da bicicleta como medio de transporte urbano, xa sexa ao traballo, de compras, para facer xestións ou de ocio; trátase polo tanto de distancias curtas ou medias recorrido en medio urbano e os seus arredores.

Page 16: A bicicleta

O ciclismo como deporte olímpico

O ciclismo debutou como deporte de competición nos Xogos Olímpicos de 1896, nos que se celebrou a primeira proba de fondo de estrada.Os ciclistas están considerados como deportistas especialmente esforzados, capaces de soportar un alto grao de sufrimento, tenaces, valorosos e están necesitados das mellores virtudes derivadas do compañeirismo para poder alcanzar os seus fins persoais ou colectivos. Os accidentes xeográficos e as inclemencias meteorolóxicas son, en lugar de obstáculos, alicientes de toda carreira ciclista.

Page 17: A bicicleta

Feito por alumnos de 6ºB:Adrián VeigaManuel SuárezIris SanmiguelLorena PereiroAlejandro Sanmartín