A candeloria 2

2
A CANDELORIA a festa da luz e día do amor nos antigos costumes galegos A Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro. Consiste na bendición das candeas que despois serían utilizadas na celebración da Semana Santa (máis exactamente o xoves santo). Pero en Galicia ademais era considerada a data coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos. Como sucede con outras moitas celebracións cristiáns, a festividade xurdiu para suplir (no ano 492 o Papa Gelasio fixou o 2 de febreiro como a festa da Purificación da Virxe María) outra festa pagán (que celebraban nestas datas os celtas e os romanos). Os celtas celebraban o primeiro día do mes de febreiro a festa coñecida como “Brigantia”. O nome deriva da deusa celta Brigid que representaba á nova lúa, á primavera e era a época das purificacións e do lume sagrado e Brigid era honrada poñendo unha candea en cada habitación ou fiestra da casa. Tamén os romanos nestas datas facían unha procesión con candeas acesas de noite en honor de Proserpina, deusa relacionada co nacemento das sementes e da primavera.

Transcript of A candeloria 2

Page 1: A candeloria 2

A CANDELORIA

a festa da luz e día do amor nos antigos costumes galegos

A Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro.  Consiste  na bendición  das candeas que despois serían utilizadas na celebración da Semana Santa (máis exactamente o xoves santo). 

Pero en Galicia ademais era considerada a data coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza.

Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos. 

 Como sucede con outras moitas celebracións cristiáns, a festividade xurdiu para suplir (no ano 492 o Papa Gelasio fixou o 2 de febreiro como a festa da Purificación da Virxe María)  outra festa pagán (que celebraban nestas datas os celtas e os romanos).

Os celtas celebraban o primeiro día do mes de febreiro a festa coñecida como “Brigantia”. O nome deriva da deusa celta Brigid que representaba á nova lúa, á primavera e era a época das purificacións e do lume sagrado e Brigid era honrada poñendo unha candea en cada habitación ou fiestra da casa.

Tamén os romanos nestas datas facían unha procesión con candeas acesas de noite en honor de Proserpina, deusa relacionada co nacemento das sementes e da primavera.

En Galicia, ademais, a Candeloria era unha festividade que marcaba un tempo: a metade do inverno, tal e como reflicte o coñecido refrán:

“Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fóra. Que chore, que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está aínda por pasar”.

Neste sentido, a festividade era tamén considerada o preludio da chegada da primavera e do renacer a natureza; dicíase que era a época na que os paxaros casaban nas árbores. É a festa do AMOR, do sentimento, da atracción física e tamén o amor a familia, os amigos, os animais, ou a terra de nacencia.

EDLG CEIP BERGANTIÑOS