A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

11
7/30/2019 A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira http://slidepdf.com/reader/full/a-deriva-nacionalista-en-galicia-os-vellos-erros-e-a-ultima-fronteira 1/11 A deriva nacionalista en Galicia: os vellos erros e a última fronteira Carlos Neira Cortizas Malia ao recoñecemento de nacionalidade histórica que ostenta, Galicia sitúase a medio camiño entre as CC.AA. con maior identidade propia e as que menos. Independentemente do momento da Democracia que observemos, tras Cataluña, Euskadi e Navarra (ás que habería que engadir Canarias en razón da súa insularidade), existe un heteroxéneo segundo vagón no tren das Autonomías. Nel, xunto a Galicia, se atopan Aragón, Baleares e Cantabria -se atendemos ao número de forzas políticas propias e ao seu resultado electoral- , pero a Asturias, Andalucía, Estremadura e Aragón se atendemos á identidade territorial subxectiva expresada pola cidadanía nos estudos sociolóxicos -aínda que non se materialicen en forzas e votos. O caso galego sería o único, ou polo menos o que máis concordancia amosa nas últimas décadas, entre sentimento de identidade e a presenza e o voto a forzas políticas propias. Claro está, isto prodúcese nun nivel moi inferior á das CC.AA. do vagón de cabeza e nunha realidade cambiante que a crise económica parece ter acelerado 1 . A pluralidade de graos de identidade nacional ou territorial que existe no Reino de España, e paralelamente a diversidade de preferencias sobre o grao de descentralización política e administrativa, é máis variado do que o Estado das Autonomías do café para todos ten ofrecido até o momento, desbordándoo en moitos sentidos. Desde a distinción constitucional das vías dos arts. 143 e 151 e o recoñecemento do réxime fiscal foral, pasando por todo o controvertido desenvolvemento lexislativo e financeiro posterior, até chegar ao cuestionamento da descentralización política e administrativa que existe hoxe nunha faixa importante da cidadanía española, todo fai pensar que o modelo do Estado autonómico fracasou. E esta é unha das compoñentes subxacentes á crise do sistema institucional e de partidos políticos ao que asistimos na actualidade. No caso da cidadanía galega, o sentimento identitario sitúase en 2012 no mesmo nivel que en 1981, ano das primeiras eleccións ao Parlamento de Galicia. A porcentaxe de persoas adultas que se senten só galegas ou máis galegas que españolas 2 é do 24%, cando tres décadas antes era do 23%, apenas un punto máis de diferenza 3 . 1 Os últimos barómetros do CIS indican que parella á crise económica decorre unha demanda cidadá de recentralización e de recorte de competencias nas administracións autonómicas. Galicia estaría inserida nesta corrente xeneralizada da que só se desmarcan en principio Euskadi e Cataluña. Neste sentido demóstrase eficaz a campaña de desprestixio das CC.AA. a conta dun déficit público que pertence maioritariamente ao Estado central. 2 Sigo a LAGO PEÑAS, I. Cleavages y umbrales, las consecuencias políticas de los sistemas electorales autonómicos  (2002). Utilizo este indicador de sentimento diferencial galego por ser o que presenta unha serie máis longa de datos, dado que a dispoñibilidade dos outros dous indicadores que o CIS usa de forma regular é menor:

Transcript of A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

Page 1: A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

7/30/2019 A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

http://slidepdf.com/reader/full/a-deriva-nacionalista-en-galicia-os-vellos-erros-e-a-ultima-fronteira 1/11

A deriva nacionalista en Galicia: os vellos erros e a última fronteira

Carlos Neira Cortizas

Malia ao recoñecemento de nacionalidade histórica que ostenta, Galicia sitúase a medio

camiño entre as CC.AA. con maior identidade propia e as que menos.

Independentemente do momento da Democracia que observemos, tras Cataluña, Euskadi e

Navarra (ás que habería que engadir Canarias en razón da súa insularidade), existe unheteroxéneo segundo vagón no tren das Autonomías. Nel, xunto a Galicia, se atopanAragón, Baleares e Cantabria -se atendemos ao número de forzas políticas propias e ao seuresultado electoral- , pero a Asturias, Andalucía, Estremadura e Aragón se atendemos áidentidade territorial subxectiva expresada pola cidadanía nos estudos sociolóxicos -aínda

que non se materialicen en forzas e votos.

O caso galego sería o único, ou polo menos o que máis concordancia amosa nas últimas

décadas, entre sentimento de identidade e a presenza e o voto a forzas políticas propias.Claro está, isto prodúcese nun nivel moi inferior á das CC.AA. do vagón de cabeza e nunharealidade cambiante que a crise económica parece ter acelerado1.

A pluralidade de graos de identidade nacional ou territorial que existe no Reino de España, e

paralelamente a diversidade de preferencias sobre o grao de descentralización política eadministrativa, é máis variado do que o Estado das Autonomías do café para todos ten

ofrecido até o momento, desbordándoo en moitos sentidos.

Desde a distinción constitucional das vías dos arts. 143 e 151 e o recoñecemento do réximefiscal foral, pasando por todo o controvertido desenvolvemento lexislativo e financeiroposterior, até chegar ao cuestionamento da descentralización política e administrativa queexiste hoxe nunha faixa importante da cidadanía española, todo fai pensar que o modelo doEstado autonómico fracasou. E esta é unha das compoñentes subxacentes á crise do sistemainstitucional e de partidos políticos ao que asistimos na actualidade.

No caso da cidadanía galega, o sentimento identitario sitúase en 2012 no mesmo nivel que

en 1981, ano das primeiras eleccións ao Parlamento de Galicia. A porcentaxe de persoasadultas que se senten só galegas ou máis galegas que españolas2 é do 24%, cando tresdécadas antes era do 23%, apenas un punto máis de diferenza3.

1Os últimos barómetros do CIS indican que parella á crise económica decorre unha demanda cidadá de

recentralización e de recorte de competencias nas administracións autonómicas. Galicia estaría inserida nesta

corrente xeneralizada da que só se desmarcan en principio Euskadi e Cataluña. Neste sentido demóstraseeficaz a campaña de desprestixio das CC.AA. a conta dun déficit público que pertence maioritariamente aoEstado central.

2Sigo a LAGO PEÑAS, I. Cleavages y umbrales, las consecuencias políticas de los sistemas electorales autonómicos 

(2002). Utilizo este indicador de sentimento diferencial galego por ser o que presenta unha serie máis longa dedatos, dado que a dispoñibilidade dos outros dous indicadores que o CIS usa de forma regular é menor:

Page 2: A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

7/30/2019 A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

http://slidepdf.com/reader/full/a-deriva-nacionalista-en-galicia-os-vellos-erros-e-a-ultima-fronteira 2/11

 Pero este indicador subxectivo de identidade diferencial galega non permaneceu constante.Creceu desde o inicio da Autonomía até un momento situado entre 1993 e 1998, cando

acadou máximos de arredor do 38-39%. A partir de entón descendeu sen interrupción atéaproximadamente o ano 2009, parecendo terse estabilizado até hoxe.

Desde hai uns anos o CIS inclúe nalgún dos seus estudos en Galicia a pregunta ‘Considérase Vostede

nacionalista galego’, con posibilidade dicotómica de resposta. De 2005 a 2012 a porcentaxe de quen

responden si a esa pregunta varía entre o 28,2% e o 22,8%, con tendencia descendente aínda que irregular.

Máis clásica nos estudos do CIS desde 1997 é a autolocalización nunha escala de nacionalismo galego. Porén,as porcentaxes resultantes de agrupar os valores máis elevados da escala son extremadamente variables, enon as considero tan fiables como as dúas posibilidades anteriores.

No mundo nacionalista soe preferirse o indicador dicotómico porque a diferenza dos restantes reflicte a

existencia de moitos nacionalistas galegos á dereita do centro. O problema radica en que moitos desesnacionalistas, cando se sitúan nunha escala que mide o grao de nacionalismo, optan por posición intermedias,

ao punto de que nesas posicións moderadas ou máis galeguistas que nacionalistas a proporción de nonnacionalistas iguala á da media da poboación, o que quere dicir que o electorado aí situado non é diferente doelector medio.

3Nos 31 anos transcorridos a poboación adulta galega e residente pasou de 1,9 a 2,3 millóns de persoas, e o

censo electoral renovouse en aproximadamente 1 millón de persoas, practicamente o 50%, por efecto docrecemento vexetativo e sen ter en conta os saldos migratorios.

0

510

15

20

25

30

35

40

45

        1        9        8        0

        1        9        8        5

        1        9        9        0

        1        9        9        5

        2        0        0        0

        2        0        0        5

        2        0        1        0

        2        0        1        5

   %    d   o   c   e   n   s   o   e    l   e   c   t   o   r   a    l

Ano do estudo

Sentimento diferencial galego 1981-2012Fonte: Elaboración propia sobre datos de Lago Peñas, I. (2002) e CIS, CIRES, DATA

Só galego ou máis galego que español

Page 3: A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

7/30/2019 A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

http://slidepdf.com/reader/full/a-deriva-nacionalista-en-galicia-os-vellos-erros-e-a-ultima-fronteira 3/11

Existiu por tanto un crecemento do sentimento de identidade diferencial:

a)  Durante cando menos as tres ou catro primeiras lexislaturas autonómicas, de xeito

parello ao proceso de crecemento e consolidación do aparato institucional daAutonomía galega e á asunción de novas competencias4.

b)  Durante a incorporación ao censo electoral das persoas nadas no tramo final daDitadura e durante a chamada Transición5.

c)  Durante o proceso continuo de desgaste electoral do PSOE no Estado entre 1982 e2000, e en paralelo tamén ao crecemento de IU6.

d)  Durante a existencia dunha oferta política plural de partidos de ámbito non estatal(PANEs)7 ou nacionalistas, durante a breve vida da centrodereitista Coalición Galega

e antes de producirse a unificación de practicamente todo o nacionalismo galego

(fundamentalmente de esquerdas) no BNG.

Como se traduciu en Galicia este sentimento identitario diferencial nos resultados electorais

dos PANEs? 8 Se ben en gran medida a evolución corre parella, existen algunhas diferenzasque me interesa pór de relevo:

4Queda ben reflectida a importancia deste proceso se o medimos pola evolución do orzamento agregado da

Xunta de Galicia durante ese período.

5Son varias e do meu punto de vista autorizadas as voces que na última década sinalaron unha forte

compoñente xeracional na evolución do nacionalismo galego na súa etapa moderna. Foi esta unha ideaempregada durante o liderado de Anxo Quintana para evidenciar o relevo dunha xeración á fronte do BNG. Oresultado da AGE o 21-O e o renovado liderado de Xosé Manuel Beiras amosa que en grande medida a idea

segue moi presente e sen solución de continuidade. A constatación de que o nacionalismo deixara de ser a

primeira forza entre a mocidade, como o fora nos últimos 90, é outro fenómeno que apunta no mesmosentido.

6

A análise da volatilidade electoral e as transferencias de voto evidenciadas polas enquisas electorais poñende manifesto a interrelación estreita e a proximidade entre os votantes do PSOE e do BNG, unha vez que enGalicia IU foi até este ano unha forza extraparlamentaria. Durante 20 anos, desde 1989 até 2009 os retrocesoselectorais do PSOE en todas as eleccións acompañábanse dun avance electoral do BNG, e viceversa (con só a

excepción das municipais e 2003, posteriores ao desastre do Prestige, en que avanzaron ambos). Desde 2009

en todas as eleccións celebradas (unha de cada tipo) tanto PSOE como BNG recuaron ao mesmo tempo, o queexplica o espazo aberto para a aparición en 2012 dunha nova forza parlamentaria na esquerda como é a AGE.

7Contabilizo dentro deste grupo a metade dos votos obtidos polas coalicións formadas por EU-UG en 1993 e

EU-Anova en 2012, ámbalas dúas constituídas formalmente ao 50% por unha forza de carácter estatal (IU nos

dous casos) e outra de carácter galego (UG e Anova, respectivamente).

8

A comparación establécese entre unha magnitude censual e outra calculada sobre o voto emitido, o queequivale a supor que o electorado abstencionista posúe características idénticas ás reflectidas polos votantes,

nomeadamente no que á cuestión nacional se refire.

Page 4: A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

7/30/2019 A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

http://slidepdf.com/reader/full/a-deriva-nacionalista-en-galicia-os-vellos-erros-e-a-ultima-fronteira 4/11

 

a)  O sentimento de identidade diferencial foi significativamente maior que o respaldoelectoral dos PANEs durante case todo o período.

b)  Se temos en conta que as eleccións autonómicas son o ámbito natural e máisfavorable para os PANEs, se tiveramos en consideración os restantes tipos de

comicios electorais esta diferenza sería aínda maior.

c)  O sentimento de identidade variou en maior medida que o resultado electoral, máisríxido, que flutuou arredor do nivel do 20% do censo durante todo o período. Atranslación entre sentimento e voto non é directa, aínda que poidan interactuarparcial e puntualmente en sentido positivo e negativo.

d)  Ambas series tenden a converxer co paso do tempo, diminuíndo a distancia entrerespaldo nas urnas e sentimento diferencial desde o comezo até o final da serie, esobre todo desde a época de máximo sentimento diferencial galego.

e)  Relativamente ao seu ciclotendencia, os mellores resultados electorais dos PANEs(1985, 1997 e 2001, pero tamén un dos peores, en 1989) danse nese período demaior sentimento9.

9En 1985 o éxito de Coalición Galega explícase en gran medida polo derrubamento tardío e máis lento en

Galicia que en España da UCD, cuxo sector máis galeguista contaba cun amplo respaldo electoral e inserciónsocial nas provincias de Ourense, Lugo e, en menor medida, Pontevedra. O mínimo relativo de 1989 explícase

pola caída do goberno tripartito 1987-1989 e a escisión múltiple de CG, xunto á presentación de Fraga como

0

510

15

20

25

30

35

40

45

        1        9        8        0

        1        9        8        5

        1        9        9        0

        1        9        9        5

        2        0        0        0

        2        0        0        5

        2        0        1        0

        2        0        1        5

   %    d   o   c   e   n   s   o   e    l   e   c   t   o   r   a    l

Ano do estudo

Sentimento diferencial galego e voto a PANEs 1981-2012Fonte: Elaboración propia (vid. gráfico anterior)

Só galego ou máis galego que español

% de voto emitido a PANEs

Page 5: A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

7/30/2019 A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

http://slidepdf.com/reader/full/a-deriva-nacionalista-en-galicia-os-vellos-erros-e-a-ultima-fronteira 5/11

A diferenza do sentimento identitario, que remata o período case como o comezou, nas

recentes eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2012 o nivel de voto dos PANEs superaen 4 puntos ao que existía ao comezo da Autonomía, resultado directo da referidaconverxencia. Mais, en certo modo, o sentimento pódese considerar o teito ao que aspiranos PANEs nunhas eleccións autonómicas, e o proceso de converxencia como o esgotamento

dun ciclo.

Se interpretamos a relación entre o voto recibido e o sentimento diferencial galego como o

seu rendemento electoral observaremos que esta cifra ten variado ao longo do períodoanalizado máis do que as súas dúas compoñentes.

Desde o 70% de 1981 e 1985, pasouse ao 55% de 1989 e 1993, e de aí ás cifras do entorno

do 85% nas eleccións de 1997 e 2001. Afundiuse de novo en 2005 e 2009, para recuperarsenestas últimas eleccións de 2012. Cando o sentimento diferencial era máis grande os PANEsobtiveron peor rendemento, e ao reducirse o sentimento é cando o seu rendementomellorou.

candidato da coalición de Alianza Popular con Centristas de Galicia. En 1997 e 2001 a segunda posición do BNG

explícase pola crise do PSOE.

69%74%

55% 55%

80%

87%

75% 76%82%

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

90%

100%

        1        9        8        1

        1        9        8        3

        1        9        8        5

        1        9        8        7

        1        9        8        9

        1        9        9        1

        1        9        9        3

        1        9        9        5

        1        9        9        7

        1        9        9        9

        2        0        0        1

        2        0        0        3

        2        0        0        5

        2        0        0        7

        2        0        0        9

        2        0        1        1

   %    d   o   c   e   n   s   o   c   o   n   s   e   n   t   i   m   e   n   t   o    d   i    f   e   r   e   n   c   i   a    l

Ano do estudo

Rendemento electoral dos PANEs 1981-2012Fonte: Elaboración propia (vid. gráficos anteriores)

Page 6: A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

7/30/2019 A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

http://slidepdf.com/reader/full/a-deriva-nacionalista-en-galicia-os-vellos-erros-e-a-ultima-fronteira 6/11

Pero o dato máis importante da análise do rendemento reside en que os tres máximos

valores da serie rexístranse nos momentos de maior crise electoral do PSOE en España e enGalicia10. E se en 1997 e 2001 os elevados rendementos eran patrimonio exclusivo do BNG,o 21-O pasado é a suma do resultado de dúas forzas: Anova11 (o 50% da Alternativa Galegade Esquerda) e BNG. O 82% que atinxe esta oferta plural e mixta do nacionalismo acada un

rendemento do 82%, a segunda porcentaxe máis alta da serie e un cambio de tendencia arespecto das dúas convocatorias precedentes12. O éxito da AGE é a principal novidadedestas últimas eleccións, non só pola súa terceira posición senón por este outro dato.

Cómpre lembrar que fronte á minoría da poboación cun sentimento diferencial galego amaioría de Galicia manifesta un sentimento identitario mixto, tan galego como español. Estegrupo, ademais, non só é maioritario senón que aumentou a súa importancia nos últimosanos, pasando de agrupar ao 52% do censo electoral en 1996 ao 65% en 2012, en paralelo á

diminución do sentimento diferencial desde o 33% ao 24% no mesmo intervalo.

10Situándose o máximo local de 1985, liderado por CG e conseguido a tres bandas (xunto co PSG-EG e o BNG),

nun segundo plano que obriga a relativizar a súa importancia.

11Neste ano 2012 escindíronse do BNG dous grupos políticos que xunto a outros grupos alleos acabaron por

dar lugar á Anova e a Compromiso por Galicia (CxG). A primeira forza situouse a si mesma no ámbitosoberanista e na esquerda radical e antisistema, en tanto a segunda cualificouse como galeguista e

progresista, quedando fóra do Parlamento.

12

Contribúen á taxa de rendemento de 2012 aínda que en menor medida outras pequenas forzas nacionalistasextraparlamentarias, fundamentalmente CxG, a oitava forza en resultado cun 1% dos votos emitidos.

6

52

65

2320

104

0

10

20

30

40

50

60

70

80

        1

        9        9        6

        1

        9        9        7

        1

        9        9        7

        1

        9        9        8

        2

        0        0        1

        2

        0        0        1

        2

        0        0        2

        2

        0        0        5

        2

        0        0        5

        2

        0        0        5

        2

        0        0        5

        2

        0        0        5

        2

        0        0        6

        2

        0        0        6

        2

        0        0        9

        2

        0        0        9

        2

        0        1        2

   %    d   o   c   e   n   s   o   e    l   e   c   t   o   r   a    l

Ano do estudo

Sentimento identitario en GaliciaFonte: CIS, 1996-2012

Só español/a

Máis español/a que galego/a

Tan galego/a como español/a

Máis galego/a que español/a

Só galego/a

Page 7: A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

7/30/2019 A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

http://slidepdf.com/reader/full/a-deriva-nacionalista-en-galicia-os-vellos-erros-e-a-ultima-fronteira 7/11

Pero a realidade é que o nacionalismo galego, desde o frustrado asalto do BNG ao Goberno

en 2001, cando ostentaba a condición de segunda forza política en Galicia e por tanto dealternativa ao PP, sempre apostou por xogar nese espazo minoritario e minguante que lle épropio e exclusivo, erguendo unha fronteira entre o nós e o eles. Esa cleavage foiafastándoo progresivamente da xente e laminando as súas aspiracións electorais,

abandonando o gran segmento poboacional de identidade mixta e non excluínte onde sesitúa o campo natural expansión de calquera PANE que teña aspiracións electoraismaioritarias e de goberno13.

Máis dunha década despois o saldo desa aposta errada é que o sentimento diferencial sereduciu do 30% ao 24%, o voto a PANEs do 24% ao 20%, e o rendemento electoral do 87%ao 76% en 2009. A cleavage entre nacionalistas (galegos) e non nacionalistas (galegos)actuou durante a última década de retrocesos do sentimento identitario diferencial como

teito electoral do nacionalismo que representou o BNG, e só a irrupción da AGE e da súacompoñente nacionalista, Anova, serviu para volver a elevar este indicador e apuntar na

dirección correcta para a maximización do voto nacionalista: a superación da fronteira e aabertura a posicións integradoras14.

Sorprendeu nestas últimas eleccións a tentativa de CxG de reeditar en solitario a estratexia

fracasada do BNG insistindo na validez e mantemento da cleavage nacionalista15. A apostapolítica de CxG gardou un forte paralelismo coa estratexia política da desaparecida CoaliciónGalega, non só na súa definición ideolóxica, que daba cabida a líderes e posicións docentrodereita galego tradicional, senón na súa aposta por nutrirse das redes sociais epolíticas tecidas arredor de gobernos municipais da Galicia vilega e rural, así como daxestión dunha parte do nacionalismo no goberno bipartito da Xunta entre 2005 e 2009.

Os irmáns LAGO PEÑAS xa puxeron de manifesto na súa obra de referencia Vinte e cinco anos

de Autonomía en Galicia, mudanzas políticas e económicas (2006) varios fenómenos queexplican por que esa estratexia estaba condenada de antemán ao fracaso:

13Nas eleccións de 2001 o BNG mantivo a condición de segunda forza ao quedar algo máis dun punto por riba

do PSOE, pero ambos empataron a 17 escanos. A campaña dos nacionalistas tíñase dirixido a intentar captarelectorado do PP, dando por seguras a febleza do PSOE e a fidelización do voto ao BNG no electorado urbano e

xuvenil. A partir da reválida da maioría absoluta popular a dirección nacional do BNG, un equilibrio inestableentre a hexemónica UPG e o resto de grupos nacionalistas baixo o liderado de X. M. Beiras, acorda profundarna estratexia de achegamento ao PP, que se representa no histórico almorzo entre Fraga e Beiras en 2002. Aidea subxacente consistiu en todo momento en apostar pola dimensión identitaria, co ánimo de fortalecer o

nacionalismo -e a cleavage nacionalista- en detrimento do perfil de esquerdas. O sucesor de Beiras, Anxo

Quintana, e o mal chamado quintanismo, só viu a reforzar esta aposta estratéxica que o tempo revelouescasamente frutífera e equivocada para os intereses electorais do BNG.

14E tamén, probablemente, o illamento das posicións nacionalistas excluíntes máis extremas e minoritarias,

dada a importancia da diferenciación e das preferencias negativas para a construción da identidade dunha

nova oferta política.

15

A teor dos primeiros movementos postelectorais tanto BNG como CxG seguen atadas a esa idea, e intentanutilizala para abrir fendas entre IU e Anova no seo da AGE, tanto entre a súa militancia como entre aquel

electorado que presupoñen, non de todo desacertadamente, continúa acreditando na susodita separación.

Page 8: A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

7/30/2019 A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

http://slidepdf.com/reader/full/a-deriva-nacionalista-en-galicia-os-vellos-erros-e-a-ultima-fronteira 8/11

Page 9: A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

7/30/2019 A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

http://slidepdf.com/reader/full/a-deriva-nacionalista-en-galicia-os-vellos-erros-e-a-ultima-fronteira 9/11

Os mesmos autores apuntan tamén outro dato relevante para entender o devalo do BNG na

súa dobre aposta por dirixirse ao minguante electorado galeguista de centrodereita e porreforzar a cleavage nacionalista. As cuantiosas transferencias de voto entre o PSOE e o BNG,que caracterizaron a concorrencia electoral entre ambos durante 20 anos, corresponden aun electorado que se sente tan galego como español. Neste segmento identitario mixto do

electorado de esquerdas, se en 1989 o BNG facíase só cun 2% do total, en 1993 acada o50%, e en 1997, ano do sorpasso sobre o PSOE, faise co 66%. O máximo electoral donacionalismo prodúcese entre as persoas cun sentimento de identidade non diferencial20.

Minguado e subsumido o electorado galeguista do PP, o outro fenómeno que caracteriza aosistema galego de partidos é a distancia existente entre o lugar onde se localizan osvotantes do BNG e o lugar onde estes mesmos votantes localizan a esta forza política: sonmenos nacionalistas. Precisamente nas únicas dúas ocasións en que o BNG superou ao PSOE

nas eleccións autonómicas, 1997 e 2001, é cando se reduciu esa distancia. A intelixencia e

ilusión que espertou na esquerda galega ese incipiente proceso de coordinación, que levaría

ao BNG a moderarse no eixo ideolóxico e sobre todo no nacionalista, non tivo continuidade.O proceso non só foi interrompido senón invertido, ao punto de que en 2009 e 2012 o BNGse sitúa nas posicións máis nacionalistas de todo o período, evolucionando dentro do seuinmobilismo en sentido contrario ao da sociedade e ampliando a fenda que o separa dela.

20O voto de castigo ao PSOE en 1997 é de tal magnitude que o BNG tamén o supera entre o electorado de

esquerdas que se sente máis español que galego.

1993

1993

1993

1993

1997

1997

1997

1997

2001

2001

2001

2001

2005

2005

2005

2005

2009

2009

2009

2009

2012

2012

2012

2012

1

2

3

4

5

6

7

89

10

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

   E   s   c   a    l   a    d   e   n   a   c   i   o   n   a    l   i   s   m   o   g   a    l   e   g   o

Escala de ideoloxía esquerda - dereita

Localización dos partidos nos eixos ideolóxico e identitarioFonte: Elaboración propia, datos de Lago, I. e S. (2006), Rivera (2003) e CIS

PP

BNG

PSOE

Electorado

Page 10: A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

7/30/2019 A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

http://slidepdf.com/reader/full/a-deriva-nacionalista-en-galicia-os-vellos-erros-e-a-ultima-fronteira 10/11

En conclusión, o panorama aberto despois das eleccións do 21-O déixanos unha situación

potencial de avance do nacionalismo, encarnado na AGE, condicionado á transformacióndos seus postulados identitarios tradicionais, pero tamén nos deixa evidencias dasresistencias e dos obstáculos que poden igualmente impedir que iso se produza.

Os sistemas electorais en España amosan que o equilibrio nas CC.AA. do vagón intermedioen canto a sentimento identitario propio se sitúa arredor de 3,2 partidos efectivos. EnGalicia desde 1997 e até 2009 este indicador de estrutura electoral situouse arredor dos 2,5partidos efectivos, e os incentivos inducidos pola concorrencia electoral para o seu cambioeran moi baixos, en virtude das dimensións electorais de PSOE e BNG. En 2012, coa divisióndo nacionalismo e a entrada da AGE no Parlamento como terceira forza, o indicador departidos efectivos aproxímase máis ao punto de equilibrio, encetándose un ciclo dereestruturación da esquerda galega que en boa medida xa foi andado e descontado.

O voto de castigo recibido polo PSOE en Galicia garda notables paralelismos en dimensión e

estrutura co que recibiu en 199321, antesala da debacle de 1997, o cal permite aventurarunha continuidade do seu retroceso electoral, o que abriría un horizonte de competenciapola segunda posición entre o PSOE e a AGE, horizonte que podería acelerarse de seproducir novas adhesións á Fronte Ampla proposta pola AGE.

A AGE acertou na conformación dunha alternativa de esquerdas nunha fase en que toda aesquerda parlamentaria (PSOE e BNG) tiña madurecido a crise latente e non resolta desde asúa saída da Xunta en 2009, e no intre en que a gran recesión económica tiña agravado as xaenormes diferenzas económicas e sociais da poboación galega, contando ademais co factorclave do liderado social de Beiras, que eclipsou aos candidatos de PSOE e BNG.

Atinou asemade ao aparcar as diferenzas existentes entre os proxectos políticos de IU eAnova en canto á cuestión nacional22, aínda que perante o cuestionamento político e socialdo sistema institucional autonómico axiña deberán formularlle á cidadanía o seu proxecto.Enfrontaríanse aí unha proposta federal e unha ruptura soberanista que lembra á velladivisión nacionalista entre autonomistas e partidarios dunhas novas Bases Constitucionais.

Pero a principal ameaza á que se enfronta á AGE é a de repetir os mesmos erros estratéxicosque cometeu o BNG a partir de 2001. Como o BNG entón a AGE foi apoiada por unelectorado localizado en posicións moi diferentes ás da súas militancias e aparatos23.

Nutriuse do sector máis moderado de electores da esquerda nacionalista e do sector máisesquerdista e galeguista do PSOE, a partes iguais24, así como da abstención urbana, e tamén

21AGE superou ao PSOE, situándose como segunda forza en dúas das sete cidades galegas, quedando

practicamente empatadas nunha terceira.

22Integran Anova forzas declaradamente independentistas como a Fronte Popular Galega e o Movemento

pola Base.

23Segundo amosa a análise da volatilidade electoral por municipios e mesas electorais, e a falta de enquisas

postelectorais.

24Con base ao exposto e a outros estudos pódese afirmar que este electorado representa mellor que ningún

outro o tradicional voto dual PSOE-BNG.

Page 11: A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

7/30/2019 A deriva nacionalista en Galicia, os vellos erros e a última fronteira

http://slidepdf.com/reader/full/a-deriva-nacionalista-en-galicia-os-vellos-erros-e-a-ultima-fronteira 11/11