A escola dun pasado non tan afastado

76
A escola dun pasado non tan afastado

Transcript of A escola dun pasado non tan afastado

Page 1: A escola dun pasado non tan afastado

A escola dun pasado non tan afastado

Page 2: A escola dun pasado non tan afastado

A 2ª República española

14 de Abril de 1931, proclamación da II República

Page 3: A escola dun pasado non tan afastado

Bienio Reformista, 1931-1933

• Cun programa de reformas, preténdese superar o atraso secular do país e modernizalo.

• Apróbanse medidas moi avanzadas, e tratan de recortar o poder da Igrexa e dos militares.

• Tamén se lle chamou Bienio Progresista ou Bienio social-azañista.

• Sucédense miles de conflitos que non dan tregua á nova república.

Page 4: A escola dun pasado non tan afastado

Constitución de 1931

Instaura un réxime plenamente democrático no que todos os partidos podían estar representados.

Page 5: A escola dun pasado non tan afastado

Constitución de 1931

• Amplo recoñecemento das liberdades individuais: de expresión, de reunión e asociación; dereito ó divorcio.

• Sufraxio universal sen distinción de sexos.• Estado aconfesional (co dereito a recibir unha educación laica).• Organización territorial descentralizada (posibilidade de crear rexións autónomas e recoñecemento de linguas propias).• Importancia do benestar social (contempla expropiacións de bens de interese público, ensino público..)

Page 6: A escola dun pasado non tan afastado

Avances• Voto feminino (as mulleres votarán por 1ª vez en 1933).

• Dereito de reunión, asociación, prensa libre.

• Escolas laicas.

Page 7: A escola dun pasado non tan afastado

Avances

Interese polo benestar social. Anteponse o interese público. Potenciación do ensino público e laico así como da dignidade profesional do corpo docente.

Page 8: A escola dun pasado non tan afastado

As Misións Pedagóxicas

• Creadas por Decreto o 29 de Maio de 1931.• Fomentar a cultura, e levar ás zonas rurais o mesmo disfrute cultural das cidades.• Mellorar a calidade do ensino.• Educación da cidadanía con principios democráticos.• Abaixo, a chegada do cine a unha serra andaluza.

Page 9: A escola dun pasado non tan afastado

Misións Pedagóxicas

Chegada do cine ó rural.

Page 10: A escola dun pasado non tan afastado

Misións Pedagóxicas

Activa participación de intelectuais: Miguel Hernández (á esquerda), Luis Cernuda (á dereita, nun pobo de Ávila durante as Misións Pedagóxicas)

Page 11: A escola dun pasado non tan afastado

Misións Pedagóxicas

Lorca, coa compañía La Barraca, leva o teatro a todas partes.

Page 12: A escola dun pasado non tan afastado

Misións Pedagóxicas, o teatro chega a todas partes

Page 13: A escola dun pasado non tan afastado

Misións Pedagóxicas

Nenos das Alpujarras nunha sesión de cine

En Cebreros (Ávila), contemplando As fiandeiras, nunha exposición ambulante das Misións Pedagóxicas.

Page 14: A escola dun pasado non tan afastado

Misións Pedagóxicas

Cando nace a República, España era un país sen bibliotecas. As Misións Pedagóxicas gastaron o 60% das súas reservas en crealas. Cada biblioteca creada tiña 100 libros e material complementario. O mestre que a recibía iría ampliándoa con peticións de dez libros ben seleccionados. Arriba, un pobo de Huesca celebra a chegada da súa biblioteca.

Page 15: A escola dun pasado non tan afastado

Reforma educativa

Festa escolar conmemorando a República (Alicante).

Page 16: A escola dun pasado non tan afastado

13.000 escolas primarias novas en 2 anos

A idea era crear 27.000 escolas en 5 anos

Page 17: A escola dun pasado non tan afastado

Reforma educativa

• Intento de modernizar o ensino con métodos innovadores.• Coeducación alumnos e alumnas.• As ciencias naturais ensinábanse no campo.• Tentou chegar non só ós nenos e nenas, tamén ás clases que non tiveron a oportunidade.

Page 18: A escola dun pasado non tan afastado

Reforma educativa

Alumnas de Secundaria

Parvulario

O presuposto en educación aumentou un 50%

Page 19: A escola dun pasado non tan afastado

Reforma educativa

Excursión de fin de curso en Secundaria (coeducación). Todas as medidas innovadoras serán interrumpidas no franquismo.

Page 20: A escola dun pasado non tan afastado

Coeducación

Page 21: A escola dun pasado non tan afastado

As mulleres empezan a ter oportunidades

Page 22: A escola dun pasado non tan afastado

Reforma educativa

Escola republicana en Fontesaúco (Zaragoza). O mestre, Bernardo Pérez, será fusilado na guerra civil. Entre 15.000 e 16.000 mestres, morrerán durante a guerra.

Page 23: A escola dun pasado non tan afastado

Pero a ilusión ía durar pouco

Page 24: A escola dun pasado non tan afastado

Sublevación militar

• O golpe de Estado do 17 e 18 de xullo foi planeado por Emilio Mola, Sanjurjo e Franco.

• O asasinato de Calvo Sotelo foi a excusa, pois víñase planeando desde atrás.

• A sublevación iníciase en Melilla.

Page 25: A escola dun pasado non tan afastado

Empeza a guerra civil

O 17 de xullo a sublevación iníciase en Melilla. O 18 xeralízase a case toda España, se ben as forzas leais á República, conseguen aplastar o alzamento en amplas zonas. O país quedaba roto, dando inicio a unha longa e destrutiva guerra.

Page 26: A escola dun pasado non tan afastado

España rota

Bando Nacional: son os sublevados, bendicidos pola Igrexa e apoiado por carlistas, monárquicos, conservadores e falanxistas.

Bando republicano: defensores da legalidade e partidarios dunha revolución de esquerdas.

Page 27: A escola dun pasado non tan afastado

Triunfo nacional, 1939

O 19 de Maio celebrábase en Madrid o desfile da vitoria.

Page 28: A escola dun pasado non tan afastado

Empeza o exilio

Republicanos recén chegados a Coillure, Francia.

O 5 de febreiro ábrese a fronteira francesa.

Page 29: A escola dun pasado non tan afastado

Cara ó exilio

Page 30: A escola dun pasado non tan afastado

Cruce dos Pireneos

Page 31: A escola dun pasado non tan afastado

Brigadistas, tropas leais á república, milicianos…

Page 32: A escola dun pasado non tan afastado

Os rostros da derrota

Page 33: A escola dun pasado non tan afastado

A derrota de todas e todos

Page 34: A escola dun pasado non tan afastado

O país convertido en prisión

Page 35: A escola dun pasado non tan afastado

O adestramento no pensamento monolítico

Page 36: A escola dun pasado non tan afastado

A “limpeza”

Page 37: A escola dun pasado non tan afastado

O novo poder represor

Page 38: A escola dun pasado non tan afastado

…e así durante 36 anos

Page 39: A escola dun pasado non tan afastado

A ruptura

O pensamento libre secuestrado e condenado

Page 40: A escola dun pasado non tan afastado

A ruptura

Ao finalizar a guerra civil as mestras e os mestres de escola, profesorado de instituto e de universidade, que impartiron de bo grao o ensino laico segundo o ideario da República, ían padecer unha represión inmisericorde: fusilamentos, exilio, expulsión do corpo…

“Muera la inteligencia. Viva la muerte”. Millán Astray

Page 41: A escola dun pasado non tan afastado

A ruptura

Case un centenar de mestres e mestras sufriron, en Galicia, a pena máxima e pagaron coa súa vida a consecuencia de defenderen as propias ideas ligadas ao socialismo, ao galeguismo, ao laicismo escolar e ao anticlericalismo. Moitos outros acabaron optando polo exilio. En Galicia, unha cuarta parte do Maxisterio foi sancionado e castigado; case en 700 casos con destitución e cesamento.

Vieiros da escola

Page 42: A escola dun pasado non tan afastado

A ruptura O control ideolóxico significaba o control de todo canto se dicía e facía nas aulas. Xa na 2ª metade de 1936, iniciada a guerra civil, e en 1943, procédese a unha depuración sistemática e implacable do profesorado de tódolos niveis. Había que eliminar os valores democráticos e progresistas e substituílos por valores fascistas, nacionais e católicos.

Os cargos máis graves para proceder á depuración foron:Pertenza a partidos de esquerdas ou á masonería.Irrelixiosidade ou condutas privadas inmorais.Ter aplicado plantexamentos pedagóxicos contrarios á dictadura.As sancións ían desde a inhabilitación ou baixada de escalafón, suspensión de emprego e soldo durante un período, ou traslado fóra da provincia, así como xubilacións forzosas.

Castelao

Page 43: A escola dun pasado non tan afastado

Depuracións

Segundo a normativa depuradora, as Comisións debían pedir ao menos catro informes diferentes: ao alcalde, cura párroco, xefe da Garda Civil e a un pai de familia ben considerado, que viviran onde estivera ubicada a escola e individuo obxecto de investigación.

Page 44: A escola dun pasado non tan afastado

Depuracións

As listas negras eran outra forma de terror. Os que caían en desgraza debían pasar un interrogatorio sobre a súa ideoloxía, prácticas relixiosas, modelo de vida…

Calquera mestre ou mestra podía ser denunciado de forma anónima, o que deu pé a un clima inquisitorial que daba acubillo a todo tipo de revanchismo trala guerra.

Page 45: A escola dun pasado non tan afastado

Depuracións

Segundo algunhas estimacións, o número de mestres sancionados aproximouse aos 20 000, habida conta que en 1936 había en exercicio en torno a 60 000 mestres nacionais, podemos concluir que a depuración implicou a imposición de sancións para un tercio do total do corpo. Pero as repercusións máis lesivas da depuración afectaron á sociedade enteira, pois supuxo unha notable merma da calidade educativa da escola española, sobre todo durante a década dos anos cuarenta e cincuenta.

Page 46: A escola dun pasado non tan afastado

Os novos pedagogos

A Igrexa católica ten a educación nas súas mans e amplos privilexios. O control ideolóxico era fácil.

Page 47: A escola dun pasado non tan afastado

A escola nacional católica

Tralas depuracións queda un baleiro que se vai encher con mestres escollidos máis con criterios políticos que pedagóxicos, sobre todo nos primeiros momentos. Na convocatoria de provisión de prazas do 25 de marzo de 1939, quedan claros os criterios: ter sido vítima ou familiar dunha vítima dos roxos, participar na guerra no bando nacional… (“oposicións patrióticas”). Despois recibían un curso de formación sobre os novos valores que debían transmitir. A élite intelectual queda excluída (“mellor santos que sabios”). Desaparecen os debates pedagóxicos e o pensamento crítico.

Page 48: A escola dun pasado non tan afastado

A escola nacional católica

Para exercer de mestre ou mestra, había que presentar unha declaración xurada e avais de boa conducta

Page 49: A escola dun pasado non tan afastado

Normas do Caudillo

Orde do 15 de novembro de 1945, publicada no Boletín Oficial do 13 de decembro do mesmo ano, que marca as directrices que hai que seguir e os requisitos necesarios para pedir permiso para a apertura dunha escola. Entre as esixencias destacan: “certificado do párroco, acerca da conducta relixiosa e moral, certificado sobre os antecedentes político-sociais e outro certificado de  boa conducta”

Normas para abrir unha escola

Page 50: A escola dun pasado non tan afastado

Primera. La reposición del Santo Crucifijo marca la apertura de curso, que será rápida e inmediata.Segunda. Además del retrato del Caudillo, habrá en el salón de clase una imagen de la Virgen, con preferencia de la Inmaculada, y en sitio preferente.Cuarta. A la entrada de la escuela los niños saludarán con el tradicional “Ave María Purísima”, siendo contestados por el maestro: “sin pecado concebida”.Sexta: La ceremonia de colocar la bandera antes de empezar las clases y arriarla al terminar, mientras se entona el Himno Nacional… es obligatoria para todas las Escuelas…Séptima: Con el fin de cumplir con el precepto de oír misa los domingos, asistiendo los niños con sus maestros al frente, acudirán a la iglesia en que la celebren las Organizaciones Juveniles…

Normas do Caudillo

“Normas para la Escuela Primaria”. 6 de Maio de 1939

Page 51: A escola dun pasado non tan afastado

Normas do Caudillo

O curso inaugurábase co acto da “Reposición do crucifixo”. Trala misa, cada mestre ía co seu alumnado a colocar o crucifixo na escola. Era toda unha declaración de principios.

Page 52: A escola dun pasado non tan afastado

A escola nacional católica

Cerimonia da bandeira

Page 53: A escola dun pasado non tan afastado

Fin da coeducación

Supresión da coeducación. Contidos diferentes por sexos. Nas zonas rurais, onde a ratio era baixa, dábase como excepción a escola mixta.

Page 54: A escola dun pasado non tan afastado

Debilidade da educación pública

A escasa dotación para as escolas públicas deu lugar a proliferación de escolas da Igrexa ou privadas (ás veces en pisos). O bacharelato prácticamente estaba privatizado.

Page 55: A escola dun pasado non tan afastado

As carencias da escola pública

Page 56: A escola dun pasado non tan afastado

As carencias da escola pública

Page 57: A escola dun pasado non tan afastado

As carencias da escola pública

Princ. dos 70

Page 58: A escola dun pasado non tan afastado

Lei de educación primaria, 1945

O sistema educativo aínda procedía da Lei Moyano de 1857, clasista. Establecía ensino obrigatorio durante 6 cursos (dos 6 aos 12 anos), se ben quedan establecidos dous tramos: ata os 10 anos os que despois ían a bacharelato (unha minoría); ata os 12 para quen ingresaba directamente no mercado laboral. A educación superior quedaba reservada só para as clases pudientes.

Page 59: A escola dun pasado non tan afastado

Educación sexista

As mulleres eran educadas para servir aos homes e obedecelos. Partíase da idea de que tiñan unha capacidade intelectual inferior, polo que a súa formación era distinta.

Page 60: A escola dun pasado non tan afastado

A educación das nenas baseábase nas labores e ensinanzas apropiadas ao fogar (labores de punto, cociña, lavado, planchado, economía doméstica, puericultura, faenas varias…), xunto con Historia, Matemáticas e Lingua (só española). Por suposto, a relixión tiña un peso importante.

Educación sexista

Page 61: A escola dun pasado non tan afastado

Educación sexista

O papel que se lle dá á muller fixo que fosen moi poucas as que accederon a estudos superiores.

Page 62: A escola dun pasado non tan afastado

Educación sexista

Page 63: A escola dun pasado non tan afastado

Educación sexista

Page 64: A escola dun pasado non tan afastado

Educación sexista

"Las mujeres nunca descubren nada; les falta, desde luego, el talento creador, reservado por Dios para inteligencias varoniles; nosotras no podemos hacer nada más que interpretar, mejor o peor, lo que los hombres nos dan hecho". Pilar Primo de Rivera.

Page 65: A escola dun pasado non tan afastado

Comparemos…

República versus franquismo

Page 66: A escola dun pasado non tan afastado

Comparemos…

República versus franquismo

Page 67: A escola dun pasado non tan afastado

O material escolar

Page 68: A escola dun pasado non tan afastado

O material escolar

Page 69: A escola dun pasado non tan afastado

O adoutrinamento

A educación como ferramenta política

Page 70: A escola dun pasado non tan afastado

O adoutrinamento

Page 71: A escola dun pasado non tan afastado

O adoutrinamento

Page 72: A escola dun pasado non tan afastado

O adoutrinamento

Page 73: A escola dun pasado non tan afastado

O resultado

Page 74: A escola dun pasado non tan afastado

Lobotomía educativa

Aprendizaxe excesivamente memorística. Elevada ratio. Elevada taxa de abandono escolar. Sistema educativo centralizado (uniformidade). Reválidas. Autoritarismo. Educación confesional católica. Escola socialmente segregadora. Sexismo.

Page 75: A escola dun pasado non tan afastado

Evolución

Page 76: A escola dun pasado non tan afastado

Hoxe… involución?