A fala - edu.xunta.galN NADAL.pdfO papiro do César Unha nova historia de Astérix en Banda...

2
A fala O idioma é a chave coa que abrimos o mun- do: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén! O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. ¡Precisamos a lingua se queremos vencer! Manuel María PARA LER, CANTAR E BAILAR

Transcript of A fala - edu.xunta.galN NADAL.pdfO papiro do César Unha nova historia de Astérix en Banda...

Page 1: A fala - edu.xunta.galN NADAL.pdfO papiro do César Unha nova historia de Astérix en Banda Deseñada. Neste número, aparece un novo e vil personaxe: Promoplús. A filla do ladrón

A fala

O idioma é a chave coa que abrimos o mun-do: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén! O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. ¡Precisamos a lingua

se queremos vencer!

Manuel María

PARA

LER, C

AN

TAR E B

AILA

R

Page 2: A fala - edu.xunta.galN NADAL.pdfO papiro do César Unha nova historia de Astérix en Banda Deseñada. Neste número, aparece un novo e vil personaxe: Promoplús. A filla do ladrón

El arte tiene letras

El arte tiene colores

Violeta Montreal

Adivina cuántas adivi-

nanzas adivinarás

Libro de adiviñas con moitos detalles que pro-

porcionan pistas.

O bigote de Mimí

Libro de Manuel María, autor das Letras

Galegas 2016.

Mimí dedica todo o tempo que lle queda libre a enfeitar o bigote. Pero de tanto preparalo está a pi-ques de se converter no cazador

cazado.

El pequeño hoplita

Libro infantil de Arturo Pérez-Reverte

A batalla das Termópilas desde a mirada dun neno que, testemu-ña de todo, sobrevivirá para

contalo.

O papiro do César

Unha nova historia de Astérix en Banda Deseñada. Neste número, aparece un novo e vil personaxe:

Promoplús.

A filla do ladrón de bicicletas

Premio Merlín 2010

Conta a historia dunha nena que an-sía ser equilibrista nun circo con Cele-

rífera, a súa bicicleta.

Rubicundo

Finalista Merlín 2014

Cada noite Erea saltaba da cama para ver ao seu veciño Rubicundo nunha bicicleta antiga marchando por enriba da árbore do seu xardín cunha

indumentaria pouco común.

Érase una vez Don Quijote

Adaptación de Agustín Sánchez Aguilar.

IV Centenario de la publicación de la Segunda Parte de Don Quijote de la

Mancha.

Unha casiña branca

Marcos Calveiro fai reflexionar sobre unha natureza que non coidamos, un mundo que de seguir así o ser humano transformará e estragará, convertendo a propia

terra en cheirume e degradación.

O lapis de Rosalía

A Rosalía acabóuselle o lapis e seu país mercoulle un novo que resultou ser moi distinto ao anterior. Leva escrito: Lapis especial para nenas de

seis anos. Que terá de especial?

Espantallo amigo

Xosé Neira Vilas, finado neste mes.

Esta é a historia dun espantallo que

en vez de espantar os melros, faise

amigo dos animais e dos rapaces.

Marcopola 3. Dragoneta!

Demoneta transformarase en Dragoneta, un ser invencible capaz de voar e de cuspir lume pola boca e

ninguén no mundo estará a salvo!

Os soños na gaiola

Libro de Manuel María, autor das Letras

Galegas 2016.

Unha recopilación poética que trans-miten o agarimo e compromiso do autor pola súa terra, Galicia, a que

dedica os dous primeiros poemas.

La coleccionista de palabras

Un conto poético sobre a maxia da palabra, sobre o poder que ten cando é positiva e fai do mundo un lugar mellor no que vi-

vir.

O monstro de cores

Un conto de Anna Llenas para empezar a poñer orde e cor ne-

so das emocións.

En Londres (Pepe en Inglaterra)

Mestúranse español e inglés para contar as aventuras de Pepe que vai pasar unha tempada a Inglaterra á

casa duns amigos dos seus pais.

Hurry Potter y la piedra filosofal

A vida de Harry Potter cambia para sempre o día que cumple once anos, cando un xigante lle entrega una carta e lle revela noticias asombrosas: Harry

Potter non é un rapaz máis, é un mago.