A gandería

57

Transcript of A gandería

Page 1: A gandería
Page 2: A gandería

A gandería é a cría de animais domesticables con fins utilitarios para obter deles alimentos e outros produtos de interese como tecidos, coiro, peles... ou para traballar.A gandería naceu parella á agricultura e segue moi vencellada a ela, xa que parte do seu desenvolvemento depende do cultivo das especies coas que se alimentan os animais, ademais, desde tempos moi antigos os animais foron empregados como forza de traballo para tirar de aparellos e para o transporte.

Page 3: A gandería

O obxectivo da gandería é obter do animal o maior rendemento posible e cunha calidade axeitada. Para eso é fundamental proporcionarlles unha alimentación correcta e controlar o seu estado sanitario para evitar enfermidades.Dentro dunha mesma especie animal pódense producir distintas orientacións de cría en función dos produtos que se poidan obter: carne, leite, ovos, la...

O manexo de animais silvestres (non domesticables) en cativerio ou semicativerio coñecese como zoocría.

Page 4: A gandería

Tradicionalmente os coidados do gando consistían en proporcionarlles o alimento necesario e manter limpos os animais e as instalacións. Na actualidade o gando está sometido a controis veterinarios periódicos e vacínase contra as enfermidades infecciosas para garantir a súa saúde e a do leite e a carne que producen porque nas explotacións onde conviven gran cantidade de animais favorécese a difusión de microorganismos infecciosos e as enfermidades reducen a produtividade ralentizando o crecemento e alterando a produción.

Page 5: A gandería

Para garantir o bo estado de saúde todo o gando está identificado con dúas chapas ou crotais colocadas nas orellas. Estes crotais levan un número e un código de barras que permiten controlar aos animais en todo momento. A identificación é obrigatoria para toda a cabana e debe facerse antes de que o animal abandone a granxa nun prazo máximo de trinta días despois de nacer. Cada res ten, ademais, un documento identificativo ou pasaporte e cada explotación ten un libro de rexistro certificado por axentes oficiais.

Page 6: A gandería

Os ruminantes teñen un gran estómago dividido en catro partes, cada unha cunha función diferenciada: o bandullo almacena a herba que tragan enteira, alí é atacada polas bacterias que empezan a súa transformación; desde o bandullo a herba, xa amolecida, volve á boca para ser remoída e dalí vai ao retículo onde é atacada polos ácidos, desta pasa ao cenfollas onde se absorben algunhas das substancias e logo ao calleiro onde continúa a transformación antes de pasar ao intestino. Con este estómago especializado os ruminantes aproveitan as substancias da herba mellor que os outros herbívoros.

bandullo

retículocalleiro

cenfollas

Os animais herbívoros teñen unha gran capacidade para alimentarse de forraxes de baixa calidade debido ás bacterias e protozoos presentes no su aparato dixestivo que son capaces de dixerir a celulosa (febra vexetal) e convertela en ácidos graxos utilizados polo animal como primeira fonte de enerxía.

Ruminococcus albus

Page 7: A gandería

Cada tipo de gando, a pesar de ser especies semellantes, presenta unhas adaptacións que lle permiten sobrevivir mellor que outros no seu medio. O gando das áreas tropicais, adaptado a vivir en condicións de altas temperaturas e extremada seca, pode alimentarse de forraxes de moi baixa calidade (pastos pobres, palla de arroz...) porque posúe un enorme estómago que lle ocupa a terceira parte do corpo o que lle permite inxerir unha gran cantidade de alimento. En comparación, o gando das zonas temperadas, que se alimenta con pastos máis ricos, ten un estómago que lle ocupa só unha quinta parte do corpo.

Page 8: A gandería

Neolítico 10.000-7000 a.C.

-Cazadores-recoletores-pescadores en transición á agricultura e gandería.-Domesticación do porco, a cabra o burro e a ovella en Oriente Próximo e sur do Mediterráneo europeo.

Calcolítico7000-5000 a.C.

7000-6500 a.C.

-Domesticación do boi en Tesalia e Anatolia-Domesticación do porco en China

6000 a.C. -Domesticación do pavo (Meleagris gallopavo) en Mesoamérica

4400 a.C. -Doma de cabalos en Rusia4000 a.C. Domesticación da llama, a alpaca e o cui ou

cobaio nos Andes.3500 a.C -Arado tirado por bois (Mesopotamia)3000 a.C -Xugo (Mesopotamia)

IDADE DO BRONCE3000-1500 a.C.

2500 a.C. -Doma do cabalo en Asia Central2000 a.C. -Domesticación das aves de corral (Val do

Indo)IDADE MEDIA

500-1500900 -Coleira e arnés para o gando

IDADE CONTEMPORÁNEA

1800...

1860 -Munxidora, L. O. Colvin (EE.UU.)

1997 -Clonación da ovella Dolly (Reino Unido)

Bois tirando dun arado no antigo Exipto.

ALGUNHAS DATAS HISTÓRICAS

Estandarte de Ur. Sumeria, 2500 a.C.

Releve romano

Page 9: A gandería

O tipo de gando que se cría nun lugar depende do clima e das características das propiedades. Nas zonas de clima atlántico, húmidas, con abundantes pastos, predomina a gandería sedentaria e o gando bovino. Nas zonas de clima seco, con vexetación escasa e estacional, predomina o gando ovino e practícase o nomadeo e a trashumancia.

Zona árida (África) Zona húmida e fría (Escocia)

Page 10: A gandería

GANDERÍA INTENSIVALévase a cabo en espazos pechados (cortes) e os animais aliméntanse con forraxes e pensos. Precisa de moitas inversión en alimentos, instalacións e tecnoloxía.

GANDERÍA EXTENSIVAPractícase en grandes extensións de terreo e o gando aliméntase de pasto natural.

Page 11: A gandería

GANDERÍA NÓMADADesprázase continuamente ao gando na busca de pastos. É típica das zonas secas.

GANDERÍA MIXTACombina desprazamentos diarios con estabulación parcial.

GANDERÍA TRASHUMANTEFanse desprazamentos estacionais (inverno, verán) do gando.

Page 12: A gandería

GANDERÍA DE SUBSISTENCIAÉ complementaria da actividade agrícola. nela o gando úsase como forza de traballo, e produtor de fertilizantes, alimentos (leite, carne...) pel, la... É propia dos países subdesenvolvidos.A vaca foi un dos animais fundamentais na gandaría de subsitencia.

GANDERÍA COMERCIALEstá orientada á obtención de produtos destinados ao mercado.   

Page 13: A gandería

Na GANDERÍA ECOLÓXICA os animais críanse en espazos amplos, aliméntanse de cultivos ecolóxicos e non se empregan produtos químicos que alteren o proceso natural de desenvolvemento (hormonas de crecemento sintéticas...).

Page 14: A gandería

• No mundo consúmense máis de 286 millóns de toneladas de carne ao ano (nove toneladas por segundo):

• 115 toneladas de carne de porco • 62 millóns de toneladas de carne de bovino.

• Cada ano consúmense 66 millóns de toneladas de ovos, 34.880 ovos por segundo.

CONSUMO MUNDIAL DE CARNE

Page 15: A gandería

PRINCIPAIS ESPECIES GANDEIRASMAMÍFEROS Bovinos: vaca, cebú, búfalo, iak....

Ovinos: ovella, cabra...Équidos: cabalo, burro...Roedores: coello, cobaioCamélidos: camelo, dromedario, llama, alpacaCérvidos: renosSuídos: porcoPaquidermos: elefante asiático

AVES Galliformes: galiña, pintada, pavo, paspallás… Anátidas: ganso, pato… Columbiformes: pombaStruiformes: avestruz,...

INSECTOS AbellasEirugas da seda

MOLUSCOS Caracois

Iak

Avestruces Ovellas

Page 16: A gandería

Críase, sobre todo en áreas de clima temperado. No mundo hai máis de 1.300 millóns de vacas. Os países con máis cantidade son Brasil, A India, Estados Unidos, China e Arxentina.Destínase á produción de carne e leite ou pola súa doble aptitude. Ata hai pouco tempo criábanse un gran número de animais para o traballo (tiro de carros e aparellos do campo).

PRINCIPAIS RAZAS PRODUTORAS DE CARNE: Shorthorn, Hereford, Aberdeen Angus, Charolais e Cebú, a as razas derivadas.PRINCIPAIS RAZAS PRODUTORAS DE LEITE: Shorthorn leiteira, Holando, Jersey…Algunhas razas serven para leite e carne: Shorthorn, Hereford…

Page 17: A gandería

É o animal produtor de leite máis extendido do mundo. Está ligada á vida e o traballo das persoas desde a antigüidade. A súa domesticación comezou, probablemente na India e Oriente Medio, hai case dez mil anos. Os primeiros restos de vacas domésticas atopados en Europa son de hai seis mil anos aproximadamente. A maior parte das razas bovinas europeas proceden do uro (Bos primigenius) un touro silvestre que se extinguiu no 1627, aínda que tamén as hai de orixe indoeurepeo e norteafricano.

Pintura africana de hai máis de 6.000 anos que representa a persoas coidando do gando.

Uro

Page 18: A gandería

A vaca é un mamífero ungulado da familia dos bóvidos. De bo tamaño, co corpo macizo e pesado cuberto de pelo curto de cor variable. Xeralmente os machos son máis grandes e máis fortes, cos músculos e os cornos máis desenvolvidos. Os machos poden superar 1,50 m de altura e os 1.000 quilogramos (nalgúns casos poden acadar os 1.400 kg). As femias son uns 10 cm máis pequenas e case nunca superan os 800 kg. As femias teñen na zona inguinal traseira as ubres (con catro tetos). Se vive ceibe forma mandas.A xestación dura 9 meses (de 280 a 300 días ). Normalmente teñen unha cría e máis raramente dúas. Pode vivir aproximadamente 20 anos.

As vacas comezan a producir leite a partir do primeiro parto, e mantéñense nas explotacions como media ata o 4º parto, as máis lonxevas poden durar ata 13 lactacións.As vacas leiteiras seleccionadas superan os 8.000 litros de leite ao ano e as mellores pasan de 12.000.

Page 19: A gandería

As vacas son animais con utilidade múltiple. Úsanse, cada vez menos, como animais de traballo para laborear nas terras e carrexar cargas. Das vacas obtense a maior parte da carne que se come, o leite e os seus produtos derivados (queixos, iogur, manteiga, ...). A súa pel curtida, o coiro, úsase para facer roupa, calzado e outros obxectos. O esterco das cortes úsase para abonar as terras. Os cornos aprovéitanse para facer obxectos útiles ou de adorno. Os excrementos, a bosta, úsase nalgúns países como combustible e como material de construcción.

Na India considérase as vacas animais sagrados polo que non poden ser maltratados nen sacrificados, aínda que se lles aproveita o leite e o abono que producen.

Page 20: A gandería

CEBÚ (Bos indicus)É de orixe india e está extendido como animal doméstico por todas as zonas tropicais e subtropicais do mundo pola súa resistencia á calor e ás enfermidades. O que máis destaca nel é a xiba de graxa enriba da cruz. Ten o pelo curto de cor variable. Existen varias razas. Os machos poden acadar entre 1,50 e 1,70 de altura e pesar ata 1.000 kg.

BOIS CORNILONGOS AFRICANOSEstán emparentados cos cebús. Existen distintos tipos e críanse como animais produtores de leite ou de traballo. Algunhas tribus africanas (como os masai) sácanlles sangue que usan directamente como alimento. Os cornos de algúns exemplares de boi watusi poden acadar máis de 2,5 metros.

Page 21: A gandería

BÚFALO DE AUGA OU CARABAO (Bubalus bubalis bubalis)É o búfalo doméstico da India e do Sur de Asia. Úsase como animal de traballo e productor de carne e leite. As femias acadan 1,40 m e 600 kg e os machos 1,70 m e 900 kg. Vive uns 20 anos.

IAK (Bos grunniens) Vive no Tibet entre os 4.000 e os 6.000 m de altitude. Está cuberto dun pelo longo e espeso que o protexe das baixas temperaturas da zona. Como animal doméstico úsase para cargar e transportar obxectos e persoas e para producir leite. O iak salvaxe é máis grande, pode acadar 1,50 m de altura e 700 kg de peso.

Page 22: A gandería

ANTÍLOPE DE ELAND (Taurotragus oryx)O macho pode acadar 1,4 m de altura e 1.000 kg; as femias son máis pequenas. Teñen un cornos longos retorcidos en espiral. Pode ser domesticado para producir leite, carne e pel. Nas súas zonas de orixe é moito máis resistente ás enfermidades e á seca que o gando vacún. Hai mandas desde comezos do século XX no sur de Ucrania

Page 23: A gandería

Presenta una gran adaptabilidade a diversas situacións; pode resistir moi ben a escaseza de auga, polo que pode sobrevivir en zona áridas; alimentarse de pastos duros e moverse por terreos.Hai razas especializadas na producción de la, de carne ou mixtas.A ovella é o mamífero doméstico máis numeroso do mundo (hai máis de 10.0000 millóns). Os países produtores máis importantes son Australia, Rusia, China, Nova Zelanda, India e Arxentina.

Page 24: A gandería

Foi un dos primeiros animais domesticados polo ser humano, a partir do muflón, en Oriente Próximo hai 11.000 anos. Seguramente foron o seu tamaño (que facía que fose facil dominalos), a sua maneira de vivir (en rabaños) e a posibilidade de obter delas un aproveitamento múltiple os que fixeron da ovella un animal asociado ao desenvolvemento da civilización. A súa importancia foi tan grande que se chegou a medir a riqueza das persoas polo número de ovellas que tiñan. Estivo tamén asociada á relixión e aos deuses. Os exipcios representaban ao deus Ra con cabeza de carneiro. Os xudeos sacrificaban carneiros a Deus e os cristiáns asociaron a súa figura á de Xesucristo.

A ovella (Ovis aries )

Page 25: A gandería

A ovella é un mamífero ruminante de tamaño mediano, cunha altura entre os 40 cm e 1,10 m, e un peso desde 25 aos 100 kg. Os machos son máis grandes e pesados que as femias. Está cuberta dun pelo espeso, a la, formada por pelos longos e duros e outros curtos e finos (borra). Os cornos son de sección triangular e enrólanse en espiral aos lados da cabeza. A súa xestación dura 150 días (5 meses) e pode ter de unha a tres crías. As femias e os machos dalgunhas razas seleccionadas case nunca teñen cornos. É un animal de temperamento pacífico e asustadizo que vive en rabaños. Soporta ben o frío, pero non a humidade.

Existen unas 450 razas de ovellas destinadas á producción de carne, leite ou la.

Page 26: A gandería

Cada ano, cando chega o bo tempo, xeralmente a comezos do verán, as ovellas rápanse, córtaselle a la, que volve a medrar de novo.

A cría e o coidado das ovellas e cabras deu lugar a un tipo de vida e a unha profesión, a dos pastores.

Page 27: A gandería

As ovellas críanse pola la, polo leite, a pel e a carne. O leite é máis nutritivo que o da vaca, úsase case todo para facer queixos, so ou mesturado con leite de vaca ou de cabra. Como as ovellas so dan leite cando teñen crías, para aproveitalo mellor, véndense ou mátanse os años ás catro semanas, así aprovéitase o leite durante tres meses.

Page 28: A gandería

Un de cada 7 animais que pastorean no mundo é unha cabra. A maioría atópanse en lugares onde outros animais non serían produtivos xa que poden alimentarse de malas herbas e matogueiras. Pódense atopar en todas partes, desde as montañas ata os desertos. No mundo hai uns 800 millóns de cabras. Os principais produtores son China, A India, Pakistán, Sudán, Bangladés, Nixeria, Irán…

Page 29: A gandería

É orixinaria de Asia Menor. Está considerada como o primeiro animal doméstico (8000 a. de C.). Pode ter entre 40 e 90 cm de altura e pesar entre 30 e 100 kg. Os machos son máis grandes e pesados que as femias e teñen o pelo e a “barba” máis longos e máis cornamenta. O pelo é de lonxitude e finura variable, segundo as razas.Alimétase de herbas e follas de árbores. Ten unha xestación de 5 meses. Pode vivir ata 19 anos.Críase sobre todo nos terreos difíciles, aos que está perfectamente adaptada.Son animais áxiles e resistentes, vivos e enredantes. Viven en pequenos grupos. Cando son silvestres os machos novos viven por un lado, as femias con crías por outro e os machos adultos son solitarios. Se se deixan en libertade adáptanse perfectamente á vida silvestre.

Page 30: A gandería

Das cabras aprovéitase a carne (sobre todo as crías) a pel, que é o elemento fundamental para a elaboración de obxectos finos como guantes, bolsos (coñecida co nome de tafilete, gamuza ou cabritilla); e sobre todo o leite.No mundo consúmese máis leite de cabra que de vaca. Unha cabra pode producir 3,5 litros de leite ao día. A relación entre o peso do animal e o peso do leite que produce é a mellor de todos os animais domésticos. Pode producir de 12 a 13 veces o seu peso en leite ao ano. A vaca só 5 ou 6.

O leite de cabra ten un sabor suave e lixeiro, pola calidade da súa graxa e polo seur menor contido en caseínas é máis doada de dixerir que o leite de vaca. Da un queixo moi bo porque os glóbulos de graxa son moito máis pequenos que os do leite de vaca, polo que non se calla tan rapidamente.

Page 31: A gandería

Os porcos son mamíferos adaptados a climas temperados e semitropicais e atópanse en moitos lugares do mundo. No mundo hai uns 950 millóns de porcos. Os principais produtores son China, Estados Unidos, Brasil, Alemania e España. Críanse para aproveitar a carne e para elaborar numerosos produtos alimenticios. Os musulmáns, budistas e hinduístas prohíben o seu consumo.

A domesticación do porco comezou no Próximo Oriente e en China hai uns 10.000 anos

Page 32: A gandería

É un mamífero artiodáctilo de corpo pesado e groso protexido por unha pel dura cuberta de pelos raros e duros. Debaixo da pel ten unha capa de graxa, touciño ou unto que lle serve de illante. Os porcos poden ter distinta cor na pel e pelo de distinto tamaño e máis ou menos abundante. As orellas son de forma triangular e poden estar erguidas, caídas ou dobladas, segundo a raza. O tamaño varía segundo a raza. Os machos poden acadar case 1 metro de altura e pasar dos 300 quilos. As femias son máis pequenas.É omnívoro: come de todo: restos das comidas, patacas, verdura, millo, raíces, froitos, pequenos animais. Nas granxas aliméntanse con pensos compostos.A xestación dura 114 días e poden ter entre 8 a 12 bacoriños. Acadan o seu tamaño máximo aos 2-3 anos e poden vivir ata 20 anos, aínda que xeralmente sacrifícanse aos 10-18 meses.

Page 33: A gandería

UTILIDADEÉ un animal do que todo se aproveita: A carne pódese consumir fresca ou conservala de moitas maneiras: seca, salgada, embutida, conxelada... Son a base dunha importante industria agroalimentaria.Aprovéitase o sangue, a pel como coiro e ata os pelos para facer cepillos.En casos excepcionais o porco pódese usar como animal de traballo. Os exípcios soltábanos nos campos enlamados para que pisaran e enterraran as sementes e así naceran mellor.Nas zonas onde se recollen as trufas (uns fungos moi apreciados que viven enterrados) adéstranse porcos para que as localicen co seu fino olfato.Os excrementos do porco úsanse como abono.Algúns persoas téñenos como mascotas.

Page 34: A gandería

As principais especies son o cabalo, o burro. Foron domesticados en distintos lugares hai entre 6.000 e 5.000 e utilizados como animais de carga, tiro e monta, tanto para o transporte como para traballos agrícolas e a guerra. As mulas coñécense tamén desde tempos moi antigos.

Esceas exipcias antigasMula (Grecia, século V a.C.)

Page 35: A gandería

Os primeiros cabalos domesticáronse hai 6.000 anos na Ucraína. Existen referencias de cabalos domesticados en Mesopotamia e na China de hai 5.000 anos. Nos comezos os cabalos usábanse como animais de carga e tiro, especialmente nos carros de guerra. Máis adiante empezáronse a usar como montura. Durante case 3.000 anos o cabalo foi o medio máis usual de viaxe e transporte. A mecanización restoulle importancia aos cabalos que xa só se utilizan como animais de labor e transporte en zonas pouco desenvolvidas ou de difícil acceso.

Na actualidade existen no mundo uns 60 millóns de cabalos, a maioría usados como animais de montura. Os países con maior número son Estados Unidos, China, México e Brasil

Page 36: A gandería

É un animal mamífero grande de corpo esbelto, ben proporcionado, cuberto de pelo xeralmente curto, fino e brillante, de cor variable. Pode acadar 1,80 m de altura e 1.000 kg. Os cabalos máis grandes son os de tiro e os máis pequenos os ponis.É un animal áxil, veloz e resistente. Os cabalos que viven en libertade pastan herba dos campos e gromos de toxos e outras plantas. Nas casas aliméntanse con gran, palla e pensos.A xestación dura 330 a 350 días e case sempre teñen un só poldro e raramente dous.Os cabalos poden vivir ata 40 anos, aínda que a media de idade está nos 30.

Page 37: A gandería

O cabalo críanse como animal de tiro (cada vez menos), de montar (especialmente para deportes) e para producir carne.

Principais raza para tiro: percherón, frisón, shiro e belgaPara montar: árabe, andaluz, berberisco e puro sangue inglés.Para carreira: puro sangue.

Page 38: A gandería

O burro foi domesticado no leste de África case ao mesmo tempo que o cabalo.Existen moitos tipos. A talla pode estar entre os 80 cm e 1,60 m. É un animal sobrio e resistente, menos esixente que o cabalo tanto na alimentación coma nos coidados por eso soporta condicións máis difíciles. Ao igual que o cabalo utilízase como animal de carga e de traballo. Os burros son animais fideis ao seu amo, dóciles e con moi boa memoria. Son capaces de recoñecer un camiño polo que pasaran unha sola vez.Da pel dos burros facíase o máis fino e suave pergamino (material sobre o que se escribía antes de que se coñecese o papel).

O burro (Equus assinus)

Page 39: A gandería

Os MULOS, tamén chamados machos, son o resultado do cruce entre un burro e unha égoa. Son estériles e non poden ter descendencia. Son animais sólidos e resistentes. Teñen o tamaño e a forza dos cabalos e a sobriedade e a resistencia dos burros. Utilízanse para a carga en terreos escarpados e soportan ben o clima riguroso e as dificultades do terreo accidentado. Desde que deixaron de ter importancia como animais de traballo o seu número descendeu moitísimo. Hoxendía son raros.

Os BURDÉGANOS, máis raros, son cruces de cabalo e burra.

Page 40: A gandería

Dromedario

(Camelus dromedarius)Vive nas zonas desérticas de África. Existe como animal doméstico desde hai máis de 4.000 anos. Supera os 2 m na cruz. Úsase como animal de carga, de traballo, como produtor de carne e de leite e ata se lle aproveitan os excrementos como combustible.

Camelo (Camelus bactrianus)Semellante ao dromedario, máis pequeno e con dúas xibas. Vive nos desertos do interior de Asia, onde foi domesticado hai uns 2.500 anos.

Page 41: A gandería

Llama (Lama glama)Vive nos Andes (Perú, Bolivia e Norte de Arxentina). Existe como animal doméstico desde o tempo dos antigos incas. Acada 1,15 m na cruz e pode pesar 140 kg. Despois de 11 meses de xestación ten unha cría que mama durante catro meses.Úsase como animal de carga, produtor de la, de carne e de leite.

Alpaca (Vicugna pacos)Foi creada por hibridación de vicuña e llama. Vive nas mesestas dos Andes. Poden acadar 70 kg e 1 m de altura na cruz. Emprégase para a produción de la.

Page 42: A gandería

Reno (Rangifer tarandus)É un cérvido que vive nas zonas frías do Hemisferio Norte (Laponia, Siberia). Pode acadar 1,20 m de alto. Úsase como animal de carga e produtor de carne e leite. Tamén se lle aproveitan os osos para facer instrumentos e os tendóns para facer fíos.

Elefante (Elephas maximus)Domesticado desde tempos moi antigos no sureste asiático para levar cargas e para a guerra. Na actualidade empréganse para traballos forestais e para o turismo.

Page 43: A gandería

É orixinario das illas mediterráneas ou do noroeste de África. A domesticación debeu comezar hai uns 3.000 anos. No século V a. de C. xa hai referencias de coellos domésticos na China. Aínda que os romanos xa os criaban en sitios pechados e foron os que o extenderon, en Europa a verdadeira domesticación comezou na Idade Media. Os coellos domésticos miden entre 30 e 70 cm de longo e poden superar os 7 kg de peso. Son de cores variables, os máis abundantes son os gris-marrón, e os brancos con manchas negras. Na actualidade existen máis de 100 razas diferentes en peso, cores e tamaño.Aliméntase de vexetais variados ou de pensos. Reprodúcense moi activamente, crían entre cinco e seis veces ao ano e poden ter ata 12 crías cada vez. Maduran sexualmente a partir dos seis meses e poden vivir ata 12 anos.Críase para aproveitar a carne, o pelo e a pel; ou como mascotas.

Coello (Oryctolagus cuniculus)

Page 44: A gandería

As aves críanse para aproveitar a carne, os ovos, a pel e as prumas. A máis abundante é a galiña. Tamén se crían patos, pavos, gansos, pintadas, paspallás, pombas, avestruces, emús, ñandús, casuarios... As aves son moi importantes como fonte de alimento nas sociedades agrícolas tradicionais.A nivel xeral os principais produtores son China e Estados Unidos.

Page 45: A gandería

A domesticación da galiña comezou hai máis de 4.000 anos na India, onde aínda vive en estado silvestre o Gallus galllus bankiva do que procede. En Grecia xa as había no século VI a.de C. Na actualidade existen galiñas en todos os continentes. Críase polos seus ovos e a súa carne.Nos países máis desenvolvidos abandonouse a cría artesanal. Actualmente críanse de forma intensiva en grandes granxas dotadas dos máis avanzados sistemas de mantemento e alimentación e baixo rigurosos controis técnicos e sanitarios.

Gallus gallus bankiva Pintura romana en Santa Baia de Bóveda

Page 46: A gandería

A galiña é unha ave de tamaño medio co corpo redondeado groso, cuberto de plumas de cor variable (brancas, grises, castañas...). Os machos son máis grandes, teñen a prumaxe máis vistosa (especialmente o rabo e o pescozo), os apéndices da cabeza máis grandes e un esporón nas patas . Segundo as razas o peso pode variar entre 1,5 a 4 kg nas femias e entre 2 e 6 kg nos machos.

A galiña aliméntase de herba, grans, restos de comida, verdura, miñocas, penso… Nos galiñeiros industriais son alimentadas enteiramente con pensos.

A maioría das galiñas pon un ovo cada dous días, as poñedoras poñen unha media de 200 ao ano e algunhas poden poñer ata 300 ovos.

Page 47: A gandería

Existen numerosas variedades de galiñas con distintas aptitudes, tendo en conta principalmente a súa importancia para a produción de carne, ovos, ou o seu valor ornamental.ASIÁTICAS: moi pesadas, grandes, con moitos adornos na cabeza. Producen principalmente carne.MEDITERRÁNEAS: lixeiras, finas, de tamaño medio, plumaxe variada, crista grande e orella branca. Son boas poñedoras. ATLÁNTICAS: semipesadas, de plumaxe variada, crista pequena e orella encarnada. Son de aptitude mixta, producen carne e ovos. GALIÑAS DE PELEXA: son dunha tipoloxía especial: peito forte, postura erguida e moita agresividade (especialmente os machos). Críanse en todo o mundo.ORNAMENTAIS: con características especiais (cor, plumaxe, detalles...). Crianse como animais de exposicion.ENANAS: de tamaño reducido pero con formas similares ás das demais razas. Son boas galiñas de cría.

Page 48: A gandería

GALIÑA DE MOSRaza autóctona galega orixinaria de Castro de Rei (Lugo), de cor castaña crara e crista en piña, boa produtora de carne e moi boa nai. É a raza que cría os capóns de Vilalba.

Page 49: A gandería

GALIÑA DE PESCOZO ESPIDO: orixinaria de Persia e da India, chamada en moitos lugares de Galicia galiña portuguesa. Son poñedoras e boas para criar.

LEGHORN: a típica galiña branca. De orixe italiana, mellorada en Inglaterra. Lixeira, coa crista grande, tesa nos machos e dobrada nas femias. Máis ben pequenas, moi poñedoras e desenvolvemento moi rápido.

WARREN: galiña de tamaño medio, con moi boa aptitude para a posta de ovos. É a que se utiliza na maioría das granxas de poñedoras.

BROILER: é unha galiña grande, pesada, de cor branca e desenvolvemento rápido. As femias poden chegar as 4 kg e os machos pasar dos 6. Na actualidade é a galiña de carne máis criada.

Page 50: A gandería

PatosTeñen unha gran importancia como fonte de alimento en Asia, especialmente no sudeste. Críanse pola carne, as prumas e para facer foie gras.

Gansos O ganso cinza (Anser anser) é o ancestro da maior parte das razas europeas de gansos domésticos.O ganso chinés ou ganso cegoña (Anser cygnoides) é orixinario de China e Mongolia e foi domesticado hais uns 3.000 anos.

Page 51: A gandería

PavoÉ orixinario de México, domesticado a partir do Meleagris gallopavo gallopavo, e en América latina aínda se conserva como pavo doméstico indíxena. Foi traído a Europa no século XVI e despois levado a América do norte nos séculos XVIII e XIX, onde se cruzou con outra especie silvestre, o Meleagris gallopavo sylvestris e deu lugar ao pavo bronce, precursor de todos os pavos que se comercializan na actualidade. Os principais produtores son Estados Unidos e China.

Page 52: A gandería

Pintada doméstica (Numida meleagris) Foi domesticada en Exipto (1750 a.C.) e Grecia (400 a. C.)

Avestruz

(Struthio camelus)Críase ben en catividade. A domesticación comezou en Arxelia arredor de 1860. Críase pola carne, os ovos, a pel e as prumas.

Page 53: A gandería

É a cría de abellas para a produción de mel e cera. No Mesolítico o ser humano comezou a recoleción de mel de abellas silvestres e no Neolítico aprendeui a controlar os enxames. Hai papiros exipcios que describen a cria de abellas no ano 2.400 a C.A abella máis empregada en Europa é a Apis mellifera, con diferentes subespecies e variantes rexionais.

Pintura na cova da Araña en Bicorp de hai uns 7.000 a 8.000 anos.

Page 54: A gandería

É cría da bolboretas da seda (Bombix morii) para aproveitar a seda coa que as eirugas fan os seus casulos. Os primeiros en elaborar seda foron os chineses hai uns 5.000 anos. Os principais produtores na actualidade son China e a A India.

Page 55: A gandería

As actividade gandeiras poden ter importantes repercusións sobre o medio ambiente: deforestación, contaminación, desertización, transmisión de enfermidades... polo que unha correcta planificación e control sanitario é básico para garantir a saúde das persoas e a conservación do medio.

GANDERÍA E MEDIO AMBIENTE

Page 56: A gandería

O pastoreo excesivo, sobre todo nas zonas secas, incide de maneira grave na vida do solo porque impide a rexeneración das plantas e deixa o solo desprotexido. Este problema é especialmente grave nas zonas próximas aos desertos onde viven do pastoreo nómada uns 700 millóns de persoas. A sobreexplotación dos pastos desas zonas destrúe a cuberta vexetal e permite que o solo se seque e poida ser arrastado polo vento. O po e a area enterran a escasa vexetación que subsiste e o deserto avanza.

Numerosas áreas de bosques tropicais do mundo son deforestadas para convertir as terras para o pastoreo.

Page 57: A gandería

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon DaportaMáis imaxes: Internet, especialmente Vikipedia

Novembro 2014