A historia de Compostela dende os viños dos seus...

10
A historia de Compostela dende os viños dos seus barrios

Transcript of A historia de Compostela dende os viños dos seus...

A historia de Compostela dende os viños dos seus barrios

Equipa de Redacción:Textos historicos de Compostela: Mercedes Pintos BarreiroTextos da Ulla: Berta Barcia e Cesar Lema.Textos de Bertamirans: Pepa Faraldo.Recolleita de datos estatisticos e cartograficos: Pilar Ibeas, Begoña Cortés, Jose Maestro.Maquetación e coordenación: Quico Lourenzo.

Foto de portada: Gonzalo (libraria Virgondouro), Alfredo López (propietario do bar 42), Maximino Castiñeiras (Opoeta de Amaía), Paz Cans (pintor), Pepe Alvite ( xornalista), e outros compañeiros de “taceo”, nos anos 70. Foto cedida por Genoveva López Paredes.Foto de contraportada: rota de viños na Difuntaza 2000. Arquivo fotografico da Troita Armada.Foto interior do edificio Castromil, cedida por Xulio Fernandez Pintos.

Agradecemos a colaboración prestada polo Departamento de estatística do Concello de Santiago de Compostela.

2. A historia de Compostela dende os viños dos seus barrios.

A historia de Compostela dende os viños dos seus barrios. 3

PrólogoDende que aquel lugar da Gallaecia emprazado á beira da Vía XIX que comunicaba Braga con Astorga, por onde se instalou o achado do Bispo

Teodemiro, impulsado dende o Rei Afonso II como Santiago apóstolo... foise construíndo Compostela coma un lugar de aluvión e tránsito de xentes.

Máis alá do empuxe de Xelmirez, a importancia dos irmandiños, da capitalidade dunha das sete provincias e cidade destacada do Reino de Galiza,da súa tradición universitaria e cultural... a importancia que foron tendo as xentes que moitas veces quedaban incluso fora das murallas medievais foideterminante do que hoxe somos. Tanto é así que algun barrio tan importante coma San Pedro aínda é lembrado coma o barrio de "Fora de Portas".

Historia de moitos que por aquí pasaron e quedaron. Esta é a visión que presentamos nesta publicación da sociedade cultural e gastronómica "Atroita armada". A visión de Compostela dende a diversidade dos que a fomos construíndo. A visión do tempo coma uns viaxeiros que, a modiño, nosachegamos a novas descubertas. A ruta duns camiñantes que empregamos coma transporte un valioso producto da terra, felizmente elaborado polacultura humana: o viño.

Coa Troita Armada e as nosas máis de 60 rutas de viños polos barrios de Compostela, descubrimos a importancia da xente do Val de Amaía ouA Barcala dende o Carme de Abaixo, ou xentes do Xallas dende Vista Alegre, de Arzúa e Melide dende San Pedro e San Lázaro, da Ulla dende OCastiñeiriño e A Pontepedriña... e de todos eles e todas elas no que hoxe xa é a comarca de Compostela.

Sae a edición desta publicación no ano de Anxel Casal, o noso editor e alcalde que, tamén viaxeiro, gobernou Compostela ata que o terror san-guinario nolo roubou, sirva coma homenaxe para el e para todas as persoas boas e xenerosas ás que a barbarie levou.

10. A historia de Compostela dende os viños dos seus barrios.

O nacemento deste arrabaldo,como tantas cousas desta cidade,hai que relacionalo co bispo DiegoXelmírez, o primeiro grande urba-nista de Compostela.

Durante o seu señorío, queabrangue de 1095 a 1140, moitasforon as obras por el proxectadas.

Como non era o que se di unhome modesto, encargou a trespersoas da súa confianza (MunioAlfonso, tesoreiro da catedral; ofrancés Hugo, arcediano e coengoe o mestre Giraldo, de igual orixe

que o anterior), a redacción dunrexistro para lembrar os seus fei-tos, obra coñecida desde o séculoXVIII co nome de HistoriaCompostellana, que ningún santia-gués debería deixar de ler xa que,por riba de resultar un relato deaventuras apaixoante, permitecoñecer as orixes da nosa cidade.

A última edición ata o momen-to, Akal 1994, débese a EmmaFalque Rey.

Munio Alfonso foi recompensa-do por Xelmírez co bispado de

Mondoñedo, pero en 1134, fartodos abusos dos señores da zona,regresa a Compostela onde mercaunha herdade nas marxes do Sarpara entregarse á meditación xun-to a outros santos varóns baixo aregra de san Agostiño.

Emprende entón as obrasdunha igrexa que, a súa morte, o26 de xuño de 1136, estaba senrematar, de modo que lla enco-menda ao seu bispo Xelmírez,quen levou a cabo a consagracióno 1 de setembro do mesmo anocoa asistencia dos prelados de

SAR

Orientación: Este.Habitantes: 2.194.

Rota de viños (1997):Dorado, Patio,Tellado,Cru-ceiro,Río Sar,Jaime,Domin-guez,Díaz,78,Chantadina

A historia de Compostela dende os viños dos seus barrios. 11

Braga e León. As obras continua-ron durante algún tempo, o queexplica a existencia de motivosvencellados ao obradoiro do mes-tre Mateo. Foi este lugar de retiroescollido por moitos coengos senperder por iso os seus privilexios.

Dotada como parroquia, o seuterritorio estendíase da VíaFrancorum (rúa de san Pedro) áVía pro ad Velegiam, na estrada

de Pontevea. En 1548 pasa a sercolexiata.

A fábrica de tres naves e tresábsidas padeceu de sempredefectos de construción debidos ápantanosidade do terreno onde seasenta e que deron lugar á inclina-ción que a fai tan singular.

En 1500 abríronse as naves een 1732, houbo que soficala e ree-dificala de novo. Os muros lateraisexteriores, apoiados en botareus,foron reforzados no século XVIIIcon arcobotantes. A última inter-vención levouna a cabo o arquitec-to Ferrant en 1935. No ano 1895recibiu a declaración deMonumento Nacional.

No interior pódense contem-plar interesantes laudas e sepul-cros con xacentes. O máis antigo,encostado ao muro sur, correspon-de ao bispo Bernardo II, quenmudou a mitra polo retiro, falecen-

do no Sar en 1240. Cando en1711 se abriu a sepultura, o corpoe as vestiduras atopábanse inco-rruptas. Interesante é o seu claus-tro do século XIII, que conservapartes románicas.

Abril - 1997

Abril - 1997

16. A historia de Compostela dende os viños dos seus barrios.

Este vicus francorum é, xuntoá rúa da Raíña, un dos topónimosmáis antigos do Locus SanctiIacobi e parece ter relación coscambeadores e hosteleiros quenela se instalaron, moitos delesfranceses que desde moi cedochegaron a través de Padrónseguindo a vía romana de Iria.

O primeiro compostelán coñe-cido é Bretenaldo Franco, citadonun documento do ano 995 dedoación de bens do bispoSisnando II e os seus pais a favordo mosteiro de Sobrado, entre os

que figura unha corte in suburbiopatronis nostri Beati Iacobi aposto-li, loco predicto Compostelle, que ogalo edificara coas súas mans.

É probable que a vinda desteestranxeiro coincidise co privilexiode Ordoño II do ano 915 no que, amáis de ampliar o xiro ata docemillas arredor da igrexa deSantiago, convertía o anterior, detres millas, nun arrabaldo da cida-de e establecía que calquera quenel permanecese coarenta díassen ser reclamado como servo tor-naríase home ceibe.

No que respecta á Raíña, apesar da crenza popular de quedebe a súa toponimia á visita en1325 da raíña Santa Isabel dePortugal, o certo é que moito antesxa se coñecía esta denominación.

No Tumbo C figuran dousdocumentos, un datado o 25 demaio de 1166 no que GuillermePeres vende ao coengo DiegoPeres un quiñón nunha vivenda deFonte Regina.

Outra carta de venda de 12 dexuño de 1235, fálanos da transac-

FRANCO

Orientación: centroHabitantes:2.004 e 1.255 en Algalias.

Rota de viños (1998):Negreira,Barril,Ourense,Ventosela,Portón, Central,San Xaime.

A historia de Compostela dende os viños dos seus barrios. 17

ción dunha casa en Fonte Regina,sita inter alliam domum quae fuitMartini, et ex alie parte congustramqua itur advillare et ad FonteFranci.

O máis probable é que a talraíña fose Urraca, propietaria devarias moradas, entre elas unhaterrea na rúa do Vilar, que doou aSantiago.

Por estas rúas seguen hoxepululando veciños e peregrinos naprocura do conforto corporal, aín-da que se boten a faltar persona-xes como o flegmático Alfredo, odo 42, sempre coa xerra de plásti-co na man para encher ducias detazas ao longo do día; ou Carmenla del Bombero e as súas famosí-simas tortillas.

Por certo que no actual esta-blemento, que nada ten que vercoa fundadora, campa un letreirono que figura o ano 1930 comodata de apertura, finxindo unhasaga co fin de atraer incautos.

Difuntaza- 2001

Difuntaza- 2001

22. A historia de Compostela dende os viños dos seus barrios.

Como xa se explicou ao falardo barrio de san Lázaro, os lazare-tos situábanse nas aforas da cida-de polo terrible medo ao contaxioque a lepra producía.

Se no extremo norte estaba odos homes, ao sur levantábase odas mulleres, baixo a advocaciónde santa Marta, irmá do Lázaroque Xesús resucitou.

Das miserables casopas habi-tadas polas doentes fica a lem-branza no nomenclátor:Choupana, que nos coloca de

inmediato nas condicións de vidadaquelas desgrazadas.

Incontables foron os peregri-nos que por aquí entraban despoisde terse humillado no Milladoiro aocontemplar as torres da catedral,pero na memoria das xentes per-durou durante moitos anos o ines-quecible espectáculo protagoniza-do por Diego Xelmírez, descalzo eaclamado pola multitude ao regre-sar de Braga tras cometer o píolatrocinio.

Nas inmediacións do barrio

erguíase o formidable castelo daRocha, fortaleza episcopal teste-muña dun dos sucesos máis lutuo-sos do secular enfrontamento dossantiagueses co seu bispo.

O nomeamento en 1317 dofrancés Berenguel de Landoira,superior dos dominicos, comorexedor da sede compostelá, coin-cidiu coas ansias do burgueses demudar de señor para someterse ácoroa.

A súa chegada a Santiago, obispo atopa as portas pechadas e

SANTA MARTA

Orientación:SuroesteHabitantes:1.229 persoas

Rota de viños (2005):Balboa, Sevilla, O xugo,Lumar, Punto de encon-tro,O pedrusco, O xantar.

A historia de Compostela dende os viños dos seus barrios. 23

d e c i d erefuxiarsena Rocha,de ondepasa aP a d r ó n ,daí a Pon-tevedra eregreso áR o c h a ,

catro longos anos de revoltas, cer-co da cidade, e queima de campospara someter aos rebeldes polafame.

As rebelións van rematar ensetembro de 1320, cando un grupoencabezado por Suárez de Deza,o principal argallante, foron acoite-lados na fortaleza, golpe que per-

mitiu a don Berenguel tomar pose-sión da cidade o 27 de setembrodo mesmo ano.

En 1366, tempo de loita entrePedro I e o seu irmán Enrique deTrastámara, rexía a nosa sé SueroGómez de Toledo, o prelado máisnovo dos que nos gobernaron.

Cando El-Rei chegou aCompostela, saíu o bispo a recibi-lo, retirándose despois á Rocha,pero entre os membros da comiti-va real receábase das súas simpa-tías a favor de Enrique, tomándosea decisión de eliminalo.

Para executar a encomendacitouse ao bispo despois da sesta.

Don Suero chegou puntual e,entrando polo Obradoiro, foi acoi-telado por Fernán PérezChurruchao, acción presenciadapolo rei desde as torres da cate-dral.

Os feitos acenderon de tal xei-to a imaxina-ción popularque deron péá famosa len-da do crimeda Balco-nada.

Onde nonfalta a copla...

¡Adiós Rúa Nueva hermosacalle de la Balconada

mataron a un arzobispo y fue por una madama !

Cando a realidade é que o cri-me tivo tintes políticos e nuncaexistiron nin tal rúa nin tal mada-ma.

Setembro - 2005

Setembro - 2005