A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

21
No modo de produción teórico da ideoloxía (...) a formulación dun proble- ma non é senón a expresión teórica das condicións que permiten a unha solu- ción xa producida fóra do proceso de coñecemento —posto que é imposta por instancias e esixencias extrateóricas (por «intereses» relixiosos, morais, políti- cos ou outros)— recoñecerse nun problema artificial, fabricado para servirlle, ao mesmo tempo, de espello teórico e de xustificación práctica. LOUIS ALTHUSSER 1 0.1 É voluntariamente inxenuo clasificar a chamada cuestión normativa, a questione della lingua galega, no andel dos debates ortográficos ou filolóxicos padecidos por outras lin- III / 27 347 A IDEOLOXÍA REINTEGRACIONISTA (Notas de filoloxía política - 2.0) Xabier Cordal Fustes 1 Trad. Francisco Sampedro.

Transcript of A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

Page 1: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

No modo de produción teórico da ideoloxía (...) a formulación dun proble-ma non é senón a expresión teórica das condicións que permiten a unha solu-ción xa producida fóra do proceso de coñecemento —posto que é imposta porinstancias e esixencias extrateóricas (por «intereses» relixiosos, morais, políti-cos ou outros)— recoñecerse nun problema artificial, fabricado para servirlle,ao mesmo tempo, de espello teórico e de xustificación práctica.

LOUIS ALTHUSSER1

0.1

É voluntariamente inxenuo clasificar a chamada cuestión normativa, a questione dellalingua galega, no andel dos debates ortográficos ou filolóxicos padecidos por outras lin-

III / 27 347

A IDEOLOXÍA REINTEGRACIONISTA

(Notas de filoloxía política - 2.0)

Xabier Cordal Fustes

1 Trad. Francisco Sampedro.

Page 2: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

guas romances. O que se confronta na realidade son dúas visións sobre o papel que a nosacultura ten no mundo e sobre o futuro da comunidade nacional (a galega).

O obxectivo destas páxinas é demostrar que o denominado reintegracionismo, cons-cientemente ou non, comporta unha ideoloxía de alleamento dos referentes políticos nacio-nais; que nacendo e desenvolvéndose no interior das diversas formas de soberanismo,actuou primeiro como o seu soporte retórico-político e despois virou cara á ruptura coneles.

O reintegracionismo, cando se dirixe ao sector da sociedade que defende a emancipa-ción, presenta unha disxuntiva lingüística, cultural e social entre Portugal e España da quenon sería posible fuxir. A escolla forzosa só en casos contados se fai expresamente «políti-ca» —non é pouca a dimensión política de cada un dos termos anteriores— defendendo aintegración no Estado portugués.

Para o reintegracionismo é un fracaso o modelo de lingua (e polo tanto tamén o cultu-ral, o literario, o social, etc.) desenvolvido desde o século XIX. Na idea de derrota a partirda cal o reintegracionismo alimenta o seu discurso, a desnacionalización do noso paísdeberíase antes ao propio modelo de lingua (e de cultura, etc. etc.) elixido para a súareconstrución ca á presión política de España ou ao capitalismo mundial.

O reintegracionismo acusa a galeguidade contemporánea de ser un relato dialectal:segundo ese punto vista, practicamente todo o que hai na lingua galega diferente do portu-gués (salvo algunhas variantes que se cualifican como «endémicas», «locais» ou «convalor afectivo») é consecuencia da colonización castelá. Portugal, a Galicia liberada norelato histórico reintegracionista, sería punto de chegada necesario e o portugués a formu-lación pura, completa e moderna de calquera aspiración lingüístico-cultural ao norte doMiño. Xa que o modelo está rematado, a tarefa histórica sería fundirnos nel.

Sectores que van perdendo peso no reintegracionismo insisten en que o proxecto nacio-nal galego é diferente do portugués, malia que semella unha contradictio in terminis para aliña hexemónica dese movemento. De feito, quen asuma a tese reintegracionista precisaráargumentos moi complexos para dar percibido dúas nacións, e non unha cuxo norte perma-nece irredento, nun territorio de continuidade xeográfica e pasado histórico común (aíndaque remoto) que se expresa, conforme esa tese, na mesma lingua.

0.2

O reintegracionismo lexitímase a si mesmo mediante:

– a pureza lingüística (a do portugués fronte ao galego«o que se entende como galegoé uma forma deturpada de português»)

– a coherencia coas proclamas do nacionalismo da primeira metade do século XX

– a disxuntiva, para o galego presuntamente ineludible, entre castelán e portugués («ogalego ou é galego-português ou galego-castelhano»)

– unha invocación aos beneficios prácticos (no mercado capitalista, nas relaciónsinternacionais, etc.) de asumir o portugués

A ideoloxía reintegracionista

III / 28 348

Xabier Cordal Fustes

Page 3: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

Outras lexitimacións secundarias que trataremos brevemente son a aura de radicalidade,o apoio de elites internacionais e a protección interesada que o Estado español estaría brin-dando á lingua galega fronte á portuguesa. Asemade a descualificación dos outros puntosde vista adoita formar parte habitual da estratexia lexitimadora. Toda aquela persoa, colec-tivo ou institución que cuestione o reintegracionismo sofre ataques do signo máis diversocuxa intensidade é directamente proporcional á forza simbólica que poidan ter, especial-mente no seo do soberanismo.

1. A CUESTIÓN TERMINOLÓXICA

As prácticas do lusismo ou do reintegracionismo unificaron dúas faccións coa mesmaestratexia e tácticas discordantes. Unha delas contempla o estándar portugués como solu-ción exclusiva; a outra coidou ata agora que a lingua galega precisa marcas rexionais nocontexto lusófono. As pezas móvense rápido e está perdendo a partida quen, sobre tododesde a AGAL, tratara de manter a vixencia dos trazos morfolóxicos, sintácticos e léxicosgalegos fronte á súa eliminación. Aínda non se creara a asociación Academia Galega daLingua Portuguesa cando se oen publicamente estas palabras de Bernardo Penabade2

No caso galego, a razom existencial destas pessoas (agrupadas sob as mais diversas siglas, com osmesmos associados) é a necessidade de conseguir umha língua portuguesa uniforme, com umha unifor-midade tal que nom postulam nela variaçons em funçom da sua especial situaçom em territórios concre-tos, como no caso da Galiza. Nem especifidade histórica, nem territorialidade, nem possibilidade de pla-nificaçons temporais, nem estratégia didáctica, nem receptividade... nada é argumento contundente queaconselhe umha mínima adaptaçom por leve que esta for. Qualquer traço de variaçom nacional é conside-rado despectivamente como portunhol (...):

Refírese, como é obvio, á postura que sen ser maioritaria dentro dun movemento xa deseu testemuñal funciona como vangarda cuxas teorías acaban sendo asumidas por todo ogrupo. Vexamos as características que o brillante profesor —e amigo— Penabade detallapara identificar o lusismo hoxe dominante na AGLP e na AGAL:

(...) – Uns poucos Notáveis consideram-se como predestinados para dirigirem as massas; estas hamde aprender umha verdade absoluta e ham de fazê-lo pola força (nom se repara em procedimentos peda-gógicos; só nos conteúdos finais); aliás, o discrepante é considerado quer ignorante quer incapaz.

– Um complexo de inferioridade, que se manifesta em certo auto-ódio polos valores galegos: toda aliteratura galega contemporánea é considerada de péssima qualidade; os autores som alcunhados de cas-trapistas e incompetentes no conhecimento do código; o professorado de Língua e Literatura é qualifica-do como mercenário ao serviço da espanholizaçom; além de incompetente no conhecimento do código ena estratégia didáctica; torna-se, portanto, em fonte de assimilaçom de alunos e alunas à cultura domi-nante. Segundo interpretaçons como estas, a AGAL seria um obstáculo para a unidade da lusofonia, por-que fomentaria um híbrido portunhol que nom possui as características fundamentais do idioma comum.

A ideoloxía reintegracionista

III / 29 349

Xabier Cordal Fustes

2 «O reintegracionismo galego: um ponto de vista sob fogo cruzado», VIII Congresso da Associação Interna-cional de Lusitanistas, Compostela, 2005. Aínda que este artigo de Penabade figura nas actas do congreso, xapublicadas, citamos e extraemos do documento que o Portal Galego da Língua publicou na rede, sen outra refe-rencia e sen paxinación.

Page 4: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

Nesta achega denominaremos a todos os efectos galego o que o pobo galego e a roma-nística3 recoñecen como lingua independente (a que se usa na literatura, no ensino, naadministración etc.) e unificaremos co termo portugués as diversas propostas do reintegra-cionismo, dado que este considera, tamén a todos os efectos, adecuada tal denominación,tanto se se refire ás falas galegas, ás portuguesas ou ás varias formulacións dun estándardependente da lingua portuguesa actual. O reintegracionismo pode aceptar as denomina-cións «galego» ou «galego-portugués»4 cando caracteriza as falas galegas, mais non as usa—se non é en calidade de invocación retórica— ao designar o portugués ou o brasileiro,nin tampouco para sinalar internacionalmente a lingua galega, posto que na perspectivalusista se trataría dun portugués dialectalizado polo castelán.

Convén lembrar que non é posible cualificar de científicos os argumentos filolóxicos e/ousociopolíticos reintegracionistas. A fixación dun idioma estándar é competencia da Filoloxía,rama das Humanidades que (excluíndo os estudos fonéticos e fonolóxicos) non gañou o reco-ñecemento de ciencia. A ciencia5 avanza sobre hipóteses que se confirman nos feitos e é capazde construír modelos provisionalmente incontestables. A Lingüística Xeral estase refundandopermanentemente desde Saussure e produce enunciados subxectivos. Para abordar a ideoloxíareintegracionista, polo tanto, cómpre familiarizarse cunha retórica que, malia que se insinúahistoricamente (J. V. Viqueira, Rodrigues Lapa, Carvalho Calero) dentro do dominio da Filo-loxía, na actualidade segmenta un discurso con intrincadas ramificacións sociais.

Hai entón unha retórica reintegracionista e unha retórica non reintegracionista que usanos mesmos termos para delimitar realidades ás veces moi diverxentes. Basta someter a obser-vación os conceptos vulgarismo, cultismo, patrimonial, castelanismo (lingüístico) para com-probar a súa volatilidade en función do que se queira demostrar: o reintegracionismo conde-na como «vulgar» ou «hipocorística» calquera forma evoluída do galego (a palabra terreo, osnomes Sabela e Uxío, por exemplo) que non cadre co estándar portugués, pero acepta cal-quera dos castelanismos portugueses6 (castelhano, trecho, cavalheiro…) ao mesmo tempoque nega competencia ao estándar galego para restauralos conforme á evolución patrimonial.

A ideoloxía reintegracionista

III / 30 350

Xabier Cordal Fustes

3 Somos debedores —e non só nesta cuestión— do imprescindible artigo A problemática elaboración dogalego moderno (Francisco Fernández Rei, A Trabe de Ouro, nº 72) onde farán ben o lector ou lectora en se diri-xiren para evitarmos longas e continuas citas a rodapé. Atópase ademais, desprovisto das notas, na web www.rede-sescarlata.org.

4 A evolución dos acontecementos probou que eran denominacións tácticas; Martinho Montero Santalha des-botou o termo «galego-português» que usaba en 1976 e foi dos primeiros en aludir claramente ao «português daGaliza» na década seguinte. Tras o malestar que provocara en boa parte do reintegracionismo, este acabou natura-lizando a nomenclatura substitutiva.

5 Aínda que a Lingüística Xeral (non digamos as disciplinas humanísticas coas que se foi aliando desde oséculo XX) sexa poucas veces quen de sentar paradigmas ao modo kuhniano, iso tampouco invalida a súa capaci-dade para refutar incoherencias en cada un dos seus discursos provisionais; de feito podería dicirse que é o seuparticular xeito de avance. Así cómpre entender estas clarificadoras palabras de Henrique Monteagudo: «Que sesaiba, está por inventar a ciencia da que se deduzan solucións únicas e obrigatorias para problemas de ámbitosocio-cultural; non só parece temerario admitir que tal ciencia exista, senón que probablemente sexa altamentedesexable que nunca chegue a existir. Todo o máis, a sociolingüística e a estandardoloxía poden servirnos paraentender mellor o problema, informarnos sobre opcións que noutros lugares se teñen adoptado e as súas conse-cuencias, e orientarnos sobre avantaxes e inconvenientes relacionadas coas alternativas que se presentan. Pero á derradeira, a decisión sobre o futuro do idioma ten que estar nas mans do país. Trátase dalgo tan simple como aopción pola autodeterminación lingüística». («Modelos de lingua. Consideracións teóricas ó fío do debate sobre a estandardización do galego», Cadernos de Lingua, 16, RAG, A Coruña, 1997, p. 21).

6 Significativamente, non así os termos brasileiros Galícia, trem, película...

Page 5: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

A questione della lingua galega nunca progresou logo con argumentos científicos aínda queas complexas (e útiles) taxonomías filolóxicas lle conferisen esa respectabilidade.

Os enunciados galego e portugués son a mesma lingua e galego e portugués son lin-guas diferentes son crenzas, non axiomas. Os vocábulos «galego» e «portugués» relació-nanse para o reintegracionismo mediante sinonimia imperfecta: o idioma galego (as cursi-vas non son nosas) só merece tal nome cumprindo o preconcepto de identidade coportugués; por súa vez, a lingua portuguesa, sen cursiva, pode recibir o nome doméstico de«galego», aínda que se trataría dun particularismo; no mundo e na comunidade lusófona adenominación recta é «portugués». Para o reintegracionismo o portugués é unha evidencia(a lingua portuguesa xustifícase en-si como lingua), pero as falas galegas só conformaríanunha entidade potencialmente lingüística formalizadas a través do estándar portugués. Sequere ser idioma, o galego precisaría un modelo exterior.

Para a postura contraria, a clausura do estado dialectal comeza no Rexurdimento. Nonse considera que as pegadas da colonización española impidan o idioma galego ser unhalingua independente capaz de elaborar o seu nivel culto (literario, científico e administrati-vo) onde esas falas se identifiquen a si propias como idioma nacional e internacional.

Ningunha cátedra negou desde os puntos de vista dialectal ou diacrónico (como deixaclaro a primeira páxina do clásico de Francisco Fernández Rei7) un continuo iberrománicode Bares a São Vicente. Pero hai anos que as gramáticas históricas e os mapas de isoglosasperderon a condición de criterio exclusivo para establecer a diferenza entre lingua e dialec-to. Paga pouco a pena detérmonos, entón, en invalidar ou confirmar a terminoloxía reinte-gracionista. Ao sinalarmos a súa existencia só desvelamos a frivolidade coa que xentes deescasa formación nese eido acaban por asumila acriticamente e falan de isolacionismo, cas-trapo, galego internacional e grafía etimolóxica ou histórica.

Manexan construcións da retórica lusista incluso aquelas persoas que tratan de reivindi-car o galego como lingua culta fóra do dominio portugués ou español. Con idéntico rigorpódese cualificar de diglosia a tese que defende a asunción dun estándar que nunca se pen-sou para as falas galegas e que interpoñería continuos atrancos ao/á falante común á horade manexar con fluidez o nivel culto. Castrapo indicou sempre o castelán deturpado queensaian galegofalantes e parece irónico que alguén persiga dignificar o noso idioma menos-prezándoo cos mesmos alcumes que lle puxo o inimigo. O galego que se identifica interna-cionalmente é o de Rosalía, Castelao, Cunqueiro ou Blanco-Amor, autores traducidos avarios idiomas e estudados ao largo do mundo en cátedras ou lectorados de lingua galega.E a pesar da mistificación que acabaron creando as versións portuguesas do cantigueiromedieval8 (fóra do dominio especialista, o galego medieval adoita imaxinarse a partir de

A ideoloxía reintegracionista

III / 31 351

Xabier Cordal Fustes

7 Dialectoloxía da Lingua Galega, Xerais, Vigo, 1990.8 Reparemos nestas palabras de Clarinda de Azevedo Maia: «A comparação da linguagem dos documentos da

Galiza e de Portugal revelou-se bastante eficaz no que se refere ao conhecimento da diferenciação regional exis-tente no interior do domínio linguístico galego-português. A conclusão mais sugestiva é a de que quase todos ostraços que representam uma evolução do galego no sentido do galego moderno, divergente, portanto, da do portu-guês, aprensentam indícios nos textos escritos a partir do século XIII, tornando-se mais frequentes nos séculosseguintes (...) Nalguns casos, a diferença entre a linguagem dos documentos da Galiza e de Portugal resulta defacto de os notários ou escribas da Galiza revelarem mais intensamente particularidades da língua falada da regiãodo que os tabeliães de Portugal». (História do Galego-Português, Instituto Nacional de Investigação Científica,Coimbra, 1986, p. 924).

Page 6: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

construcións teóricas previas aos grandes avances da filoloxía galega desde os anos oitentado século XX ata hoxe), a grafía histórica anticipa signos do galego contemporáneo coma oll e o ñ,9 sendo un pouco menos histórica, quere dicir, posterior, a incorporación ao sur doMiño dos grafemas provenzais lh e nh. Etimoloxicamente escribimos en galego «voda»,«prohibir» e «móbil» fronte aos antietimolóxicos boda, proibir e móvel do portugués.

Deconstruír estas e outras aparentes miudezas10 —hoxe tampouco non estaría de máistal esforzo pedagóxico— tería axudado a colocar a disputa no escenario correcto. O que seestendeu, moi ao contrario, foron lugares comúns contra a elaboración culta do noso idio-ma. Que se corrompese a percepción sobre o galego estándar non se tratou dun dano cola-teral: o reintegracionismo precisaba cuestionalo.

2. DAS RETÓRICAS PRESTIXIADORAS AO GALEGO ESTÁNDAR. A PRÁCTICA DE SUBSTITUCIÓN

2.1

Carolina Michaelis de Vasconcellos introduce hai cen anos a nomenclatura galego-por-tuguesa para se referir á literatura medieval en lingua galega. O galeguismo, con febleestrutura política —e máis interesado nese intre en combater a dialectalización dos idiomasperiféricos ordenada polo nacionalismo español— atopa un instrumento útil para afirmarse.O galego precisaba dignidade e apoio internacional cando os primeiros galeguistas sumancon entusiasmo a nosa nación aos mapas lusófonos. Ninguén podería chamar dialecto oque os propios estudos portugueses —amosando escaso fervor— incluían no seu dominiohistórico e lingüístico. Os contactos culturais con vultos eminentes do saudosismo e outrascolaboracións políticas e sindicais a ambos os lados da raia parecían insinuar unha maiorimplicación portuguesa na articulación do soberanismo galego.11

Mentres o proxecto lexitimador de reintegracionismo martela as citas de Antón VillarPonte e de Castelao esquece o paradoxo de que practicamente ninguén entre as elites do

A ideoloxía reintegracionista

III / 32 352

Xabier Cordal Fustes

9 «Outro processo de representar /ñ/ é a grafía nn de origem castelhano-leonesa, correspondente ao resultadoda evolução da geminada latina -NN-. (...) Tanto podia aparecer na sua forma plena como através da abreviatura ñ.(...) Nos documentos galegos, nn não surge com muita frequência (...), é muito mais usada a forma abreviada ñ.(...) Em Portugal também foi adoptada a grafia nn ou a sua forma simplificada ñ; contudo, parece ter sido raraquer nos documentos da Chancelaria Real quer nos documentos privados (op. cit., p. 488)

10 Francisco Dubert puxo xa hai anos unha moi significativa pedra no milladoiro, aínda cativo, das páxinasque axudan a esfarelar a mitoloxía de consumo interno da que tiran boa renda os libros doutrinais. Fronte á selec-ción reintegracionista de certas autoridades da Lingüística —é o caso de Eugen Coseriu— para lexitimar a tese daidentidade galego-portuguesa, Dubert («¿Norma galega, sistema galego-portugués? Aplicación dos termos deCoseriu ó «galego» e ó «portugués», Cadernos de lingua, 22, RAG, A Coruña, 2000, pp. 101-122) demostra enque medida o clásico sistema, norma e fala naufraga no máis científico dos escenarios, a Fonética, e como oromanés non segue (pp. 120-121, op. cit.) a caracterización que el mesmo postulou para diferenciar linguas e dia-lectos.

11 Non é preciso recordalo: xamais se xulgou transcendente a existencia de Galicia e do seu idioma nos pro-gramas partidarios ou nas institucións oficiais portuguesas, nin antes nin agora, e moitas das veces que así ocorreno campo cultural temos que aturar o tratamento de região da Espanha.

Page 7: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

galeguismo dea o paso de escribir portugués. Construíronse teorías sobre esa reticencia quevan desde o menoscabo intelectual ata o paternalismo; chegouse a afirmar que aos líderesdas Irmandades, e antes a Pondal ou a Curros, lles resultaba moi difícil a ortografía portu-guesa. O desprezo das capacidades de quen foron sobranceiras figuras da Europa do seutempo xa atacara o proxecto rosaliano, pero nas bibiliotecas do precursor Sarmiento etamén na de Rosalía, de Pondal, de Curros, de Risco ou de Otero —que lían grego e latínclásicos, francés, inglés, nalgún caso alemán e algunha outra fala exótica— o portugués eralingua preferente.

O argumentario do continuo Irmandades da Fala/Nós —a sintonía co esencialismo ale-mán dalgúns dos seus líderes era unha débeda burguesa que non tardaría en pasar factura—apuxo a receita céltica e a lusofonía contra a españolidade. Murguía e Pondal usaran asmesmas armas para elevar o noso idioma minorizado á categoría de lingua culta. O nomedese proxecto era Galicia e o seu suxeito imprescindible as clases populares. Na bandacontraria responderon como mandaba a tradición castelanista: para os gramáticos españoiso noso idioma foi a un tempo dialecto campesiño (cando se trataba de infravaloralo comorealidade social) e portugués arcaico (cando se quería abortar o edificio da nación galegacontemporánea).

As retóricas celtista e lusitanista gañaron alento no seo do galeguismo de signo bur-gués, pero non adoitaban traspasar a liña das declaracións intencionais. Proclamouse unhaestraña fraternidade na que os irmáns celtas e portugueses gardaban silencio. Houbo gale-guismo celtista e galeguismo anticeltista, mais a retórica de identificación co portugués nonse cuestionou ata que se propuxo claramente o abandono da elaboración culta e autónomado galego. Figuras coma o poeta Manuel Antonio posicionáronse en contra.

O que nace co aspecto de polémica acerca do galego estándar empeza, como ten anali-zado a profesora Carme Hermida,12 no século XIX. No primeiro terzo do XX un debate quesi era predominantemente ortográfico ficou sen resolver. O acordo non se produciu debidoa unha serie de razóns externas, entre as cales cómpre lembrar a precariedade da lingua for-mal e a debilidade do nacionalismo. Con todo, fundar unha Academia para a lingua popularque decidiran reescribir Sarmiento e Rosalía de Castro foi unha das primeiras vitorias insti-tucionais. O desclasamento está na raíz da refundación do noso idioma: Murguía e Rosalíadeconstrúen o prexuízo romántico de que o pobo serve á elite nacional como almacén doque extraer as esencias burguesas. Esa é a letra capital da Historia da literatura galega con-temporánea.

De aí que, cando se lea a finais do XX que a ortografía debe ser coherente coa historiado galeguismo, entremos nun territorio escolástico, como se a fidelidade aos ideoloxemasdoutro tempo lexitimase prácticas actuais. Ninguén reclama, por exemplo, que o soberanis-mo desenterre a machada pancéltica para seguir sendo tal, ou que manteña a prevención deCastelao ante as ideas comunistas. A tradición é un elemento máis do presente que calqueraideoloxía actualiza á súa conveniencia, non unha esencia inmóbil. Así e todo a «fidelidadeá tradición» está tanto no preliminar das Normas Ortográficas de 1982 coma nos argumen-tarios reintegracionistas; e ninguén mente: ser fiel ás prácticas de Castelao conduce dereito

A ideoloxía reintegracionista

III / 33 353

Xabier Cordal Fustes

12 Os precursores da normalización, Xerais, Vigo, 1992.

Page 8: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

ao galego actual, pero seguir algunha das recomendacións de Sempre en Galiza13 levaría-nos a asumir o portugués. Tirando de máis recursos anacrónicos, a tradición (lingüística eliteraria) politicamente independentista comeza con plena conciencia en De catro a catro,mentres que a xinea españolista, desde o XIX á FAES,14 afirma que o galego é un dialectohispano-portugués.

Todo mudará cando a retórica lusista trate de materializarse en praxe. A revista Grialreproduce no número 41 (1973) un artigo de Rodrigues Lapa, publicado antes na portugue-sa Colóquio/Letras, onde asegura que o nivel culto e literario do galego xa está elaboradohai séculos. As escritoras e os escritores do noso país deben abandonar un modelo que eltacha de ruralista, extravagante e subsidiario do español.

2.2

A polémica entra por fin na súa verdadeira dimensión, mais pertencerá ao dominioespecialista ata que sectores intelectuais e políticos tomen a estandarización da lingua gale-ga coma un campo de batalla. Cómpre subliñar que as posturas discrepantes e incluso asresiduais cadraban na necesidade de que a lingua galega tivese un estándar propio e fose,polo tanto, dona da súa propia formalización.

Choveron os máis insospeitados argumentos, pero o primeiro triunfo antigaleguista sen-tíase nas expresións «galego normativo», «galego de laboratorio» (e ata «normalizado»),apelacións sen equivalente nas linguas que se consideraban de alta cultura: ninguén saberíade «inglés de laboratorio» ou de «español normativo», a pesar da enorme distancia quepode separar, por exemplo, a lingua que se oe nun informativo da BBC con respecto a cal-quera fala anglosaxoa. Coa insistencia no «normativo» queríase no caso do galego signifi-car alleo, estreito e impostado. Quen ata o momento estigmatizara o idioma aldeán pasou ainvocalo como valor supremo de naturalidade e de pureza fronte ao estándar, agachando aresistencia á idea de que o idioma de Galicia —de pasado pobre e escrito nunha literaturahistoricamente marxinada— puidese ter un rexistro culto. A escola inoculouno con sangue,e non só durante o franquismo.

A ideoloxía reintegracionista

III / 34 354

Xabier Cordal Fustes

13 Castelao era un lusista con fino olfacto ideolóxico e escribirá isto na obra citada: «Agás Menéndez y Pela-yo non hai no centro de Hespaña un soio investigador que non se poña impúdicamente ao servizo do feito hexe-mónico e non trate de furtar ou amingoar os merecimentos lingoísticos e literarios de Galiza. O galego, para eles,foi o galaico-portugués; pero agora sóio existe o portugués porque o galego xa non é língoa... A política centralistamanexou de tal maneira os vocablos “idioma” e “dialecto” —aplicando o primeiro somentes â língoa do Estado—que a xente iñorante chegou a creer que o galego proviña do castelán; pero cando esa iñorma xa non corría comoválida, entón rebaixábase a categoría do galego decindo que era un dialecto do portugués. E semellante ideia,saída de Hespaña, sigue correndo antre estranxeiros de poucas letras. Ben saben os centralistas que a domiñaciónde Galiza endexamais será efeitiva antrementras fale un idioma diferente do castelán».

14 «Ahora era preciso, sin embargo, inventarse todo un vocabulario. Una institución vinculada a la Universi-dad de Santiago, el Instituto da Lingua Galega, se ocuparía de ello. La duda estribaba en el concepto. ¿De dóndesacar las palabras? Lo más cómodo era continuar acudiendo al castellano, como era natural en Galicia. Pero todossabían las consecuencias: el gallego acabaría siendo no más que un dialecto. La otra posibilidad era la del portu-gués, lengua que se había desgajado del gallego a finales de la Edad Media. El problema aquí era que, de hacerlo,la población no sentiría como propia esa neolengua». (Andrés Freire, Las paradojas de la «normalización» delgallego, Papeles FAES, nº 95, 2009).

Page 9: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

Desde que a lingua galega estándar se puxo en marcha nas aulas e case de inmediato(1985) nas ondas da radio e da televisión, a pista que agardaba diante estaba sen asfaltar. Seen calquera idioma as mudanzas ou refundacións do modelo culto conlevan un período deadaptación non exento de críticas (pensemos nas longas décadas que precisou Portugal paraaceptar a hexemonía brasileira), no caso galego ese primeiro paso para a normalizaciónbateu con máis dificultades das esperables. Oímos ducias de anécdotas acerca dos vellos dafamilia, fronte á recén estreada TVG, negando a posibilidade de que un policía norteameri-cano «falase» igual ca eles. Televisión, radio (chegou a anunciarse como «a radio nacionalde Galicia») e literatura nas aulas eran síntomas da existencia dun país que por primeira vezse dotaba de ferramentas masivas, algo que para algúns resultaba intolerable.

A, máis ca deficiente, españolizada fonética das dobraxes —e das locutoras e presenta-dores, sobre todo na xeira inicial— dificultou a asimilación do estándar. Quen non tiveraacceso á escola en galego e só recibía o nivel culto do idioma a través deses soportes che-gou á conclusión de que a artificialidade da pronuncia se correspondía coa presenza depalabras que soaban «novas» e a ausencia «das de toda a vida». Faltou pedagoxía paraexplicar, usando a mesma televisión, a riqueza xeográfica do noso léxico e as razóns polasque se privilexiaran no estándar determinadas formas, deixando sempre claro que todaselas pertencían á lingua galega.

Sometido a fortes turbulencias, o nacionalismo15 maioritario interpretou mal a estanda-rización. Naquel tempo dominaba o rechazo sen matices da autonomía ao consideralamecanismo de perpetuación do Réxime que viña de morrer con Franco. A nomenclaturapreautonómica, referendada despois nas urnas, pouco contribuía a desmentilo. Non obstan-te, en vez de separar a un lado o rexeitamento da autonomía e ao outro os pequenos avan-ces que a fin da represión ía posibilitando (creación dunha industria editorial, dignificacióndos referentes culturais, presenza oficial da lingua na Universidade, etc.), combateuse cal-quera vitoria que se relacionase formalmente coas novas institucións. Incluíronse nesepaquete as normas do galego sen reparar en que a estandarización comezara no XIX e gaña-ra un espazo académico para a lingua moito antes de estas se redactaren. A confusión rei-nou, distraendo esforzos da tarefa normalizadora, cando a Asociación Sócio-PedagóxicaGalega e outras minorías quixeron converterse en guieiros. Publicáronse diversas normasdiverxentes e todas fracasaron, pero tamén resultou obvio que sen a participación do nacio-nalismo continuaría unha polémica nefasta para a percepción social do idioma.

Neses mesmos anos oitenta a Facultade de Filoloxía da USC foi unha fábrica en cadeade disidencia normativa. No espazo de debate por antonomasia, o universitario, escolleuseemprender unha caza de bruxas (que parecía dirixida polos mesmos que acumulaban cam-pañas normalizadoras de luxo nos sotos de San Caetano) en vez de formar o alumnado nasrazóns para a conveniencia dun determinado estándar.16 A ansia pola institucionalización

A ideoloxía reintegracionista

III / 35 355

Xabier Cordal Fustes

15 FPG, V Asemblea Nacional, 2006: «só [a independencia] permitirá un proxecto global de nación (...). Eseproxecto cristaliza na nosa idea da República Galega. Nese sentido, o noso proxecto non é nacionalista, senónrepublicano e independentista».

16 Ningunha normativa é coherente nin sequera do punto de vista filolóxico, por iso en calquera idioma domundo existen detractores do estándar —aínda que adoitan selo pola súa dificultade, non pola sinxeleza—. Rexis-tra Williams, no seu Do latim ao português, que a ortografía da nación irmá, pola súa excesiva complexidade aoatribuír varias posibilidades gráficas a un mesmo fonema, parece querer interpor un foxo entre as persoas letradase as iletradas.

Page 10: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

do que moi pouco antes fora clandestino levou a descoidar, con actitudes non exentas dedisplicencia, calquera crítica técnica ou ideolóxica da formalización. Mentres, o reintegra-cionismo ofrecía á mocidade os encantos dun relato contracultural.

O novo século, coa pax normativa asinada polo BNG, solidificou os compromisos caraá normalización a partir dun modelo cuxa unidade non se vise continuamente sabotada.Encarnábanse nel as chaves mestras do acordo: a lingua debía regularse a si propia demaneira independente; o modelo de idioma non podía distanciarse en exceso do galegovivo; tampouco do proxecto de restauración implícito na súa literatura; os debates acercado estándar debían rematar en aras da credibilidade pública da idea de normalización. Asforzas políticas e sindicais lexitimaron por fin a lingua culta unha vez deslindada a con-frontación co réxime autonómico —ou a súa reforma— do imperativo de crear instituciónsnacionais que se apoien no máis amplo consenso. Nada disto implica que o galego se ache-gue ou se distancie da ortografía portuguesa. Son as maiorías quen se encargan de sancio-nar mediante o uso o modelo culto. O máximo consenso social é unha das condicións dasque non se pode prescindir e ese modelo existe, entre outras cousas, porque así o quere oque en termos porcentuais é unha moi cualificada maioría do pobo galego, con indepen-dencia da súa orientación ideolóxica.

2.3

A discusión que levara á palestra Rodrigues Lapa culminou na emerxencia do reintegra-cionismo organizado. O nacionalismo dividiuse. Unha parte dos chamados galeguistas his-tóricos integraron, xa fose activamente ou como membros de honra, a primeira AGAL.Incorporáronse tamén homes e mulleres vinculadas ao nacionalismo hexemónico, aíndaque a súa participación no proxecto continuaba reproducindo o esquema tradicional ao uti-lizaren sempre ou case sempre modalidades ortográficas que se deron en chamar «mínimosreintegracionistas», deixando no horizonte a converxencia co portugués.

As sucesivas propostas gráficas da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, vinculada aoBNG, ían dando pasos aproximativos ao portugués en cada reedición, pero —alén da con-fusión no grao de achegamento que cadaquén escollía— a prensa nacionalista e as publica-cións literarias e científicas da maior parte dos teóricos militantes do reintegracionismocontinuaron sendo galego no nivel léxico e gramatical. Incluso nos casos en que a cercaníaao portugués era graficamente obvia, as maiorías mostráronse reticentes a substituír sinaisde identidade traídos desde o galego medieval (-çom fronte a -ção) ou a modificar, porexemplo, o paradigma verbal do noso idioma, véndose forzados a crear híbridos que que-daban fóra do patrón portugués (quijo por quis, fijo por fez, puido por pôde, puxo por pôs,etc.). Ocorreu o mesmo co léxico galego inexistente na lingua irmá.

O malestar dos ideólogos reintegracionistas que propugnaban a «fusión total» co portu-gués foi crecendo e, con el, aboiaron novas siglas para as cales deixara de ser tabú o aban-dono dos trazos galegos. A lóxica do lusismo, que eses grupos ao comezo minoritarioslevaron ás últimas consecuencias, semellaba elemental: se o galego e o portugués eranunha mesma lingua, que podía argumentarse para non escribir en portugués estándar? Aresistencia do bando rival —o partidario de manter unha ortografía relativamente discor-

A ideoloxía reintegracionista

III / 36 356

Xabier Cordal Fustes

Page 11: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

dante do patrón lusófono— produciu dous efectos: por un lado, radicalizou as teses críticasdo lusoreintegracionismo contra o nacionalismo galego; polo outro, foi afastando da matrizorixinal moitas e moitos reintegracionistas que seguían instalados no noso idioma comovehículo escrito de comunicación, especialmente en canto lingua dos sistemas escolar,administrativo e literario. As acusacións de isolacionismo —de «traizón»— empezaban adirixirse contra antigos compañeiros; os ataques pasaban do persoal ao político e viceversa.

O mecanismo retórico e social reintegracionista funcionaba xa a toda máquina. Abon-daba aceptar algunha das ideas lexitimadoras expostas arriba para se ir achegando a el, fosea autoridade do galeguismo da primeira metade do XX, a dialéctica español/portugués, aproximidade obvia dos nosos idiomas fronte ao castelán ou as vantaxes de dominar unhalingua de máis de douscentos millóns de usuarios.

Mais a realidade funcionaba doutra maneira. Perante o feito indiscutible de que osmateriais lingüísticos galego-portugueses coinciden nunha boa porcentaxe, a súa organiza-ción no discurso, alén das discordancias fonéticas, morfosintácticas e léxicas, pode diver-xer severamente. Tales diverxencias son menos visibles nos niveis científicos e técnicos;pero cousa ben distinta de comprender portugués culto nun artigo de alta competenciahumanística é re-producilo desde o galego (e á inversa). Cando falamos dun texto en portu-gués medio ou popular que describe calquera tarefa cotiá, a súa distancia coas falas galegaspode abeirarse á inintelixibilidade, algo que tamén ocorre á inversa e non unicamente polasfiltracións do castelán como lingua-teito. A coherencia da lingua —modificada oralmentepolo transcorrer dos séculos—e as intervencións desde o rexistro culto que se efectúandesde o XIX a través da literatura e do xornalismo desembocan no galego contemporáneo.Escribirmos portugués representa a aprendizaxe (para nós moito máis sinxela) dunha lin-gua cómplice coa que compartimos fondo léxico e Historia, mais con todo inzada de falsosamigos, disposición estrutural e paradigmas diferentes. O proceso require axuda de dicio-narios ou longas visitas ao país irmán cando se intenta pasar do idiolecto humanístico ouinformativo ao portugués natural, o da vida diaria. Velaí está, se a admitimos desprexuiza-damente, a limpa razón pola que algúns entusiastas do reintegracionismo recearon tanto áhora de efectuar un salto que se supoñía accesible para calquera persoa xa de seu ben for-mada en galego e con coñecemento medio de portugués. Non digamos se o produtor dotexto oral ou escrito pertence ao inmenso estrato social alleo ao estudo das linguas.

2.4

Ao chegar o punto crítico de ruptura entre usar o galego ou adoptar o portugués, os fei-tos resultaron máis teimudos aínda. Só así damos explicado que —como ocorrera no tempodas Irmandades e despois no Partido Galeguista— da ampla nómina de militantes e de sim-patizantes reintegracionistas apenas un feixe puxese en práctica o seu discurso tendo, teori-camente, case todo a favor coa progresiva permeabilización cultural que comezara nosanos setenta, cun coñecemento cada vez mellor das literaturas e dos textos xornalísticos etécnicos lusófonos. Ameceuse a iso outra comprobación que resultou pouco grata. Se ficaraxa claro que a adopción do portugués arreda o pobo galegofalante do rexistro culto do seupropio idioma, o sistema cultural luso ou brasileiro nunca admitiron esas normas parapor-

A ideoloxía reintegracionista

III / 37 357

Xabier Cordal Fustes

Page 12: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

tuguesas. Algunhas publicacións emblemáticas na variante que fabricara a AGAL17 retra-ducíanse ao portugués estándar unha vez que traspasaban a fronteira. O reintegracionismomáis coherente acelerou o que consideraba urxencia histórica: eliminar todo rastro galego eincorporar o padrão metropolitano. Podíase tolerar que as disposicións normativas daAGAL causasen rechazo cara a dentro, mais o rexeitamento exterior probaba a esterilidadedas tácticas intermedias para ingresar na lusofonía.

Un caso moi significativo foi exposto á luz polo escritor Fernando Venâncio,18 quen trassaudar en termos eloxiosos a obra Inxalá (Carlos Quiroga, Ed. Laiovento, Compostela,2006) se facía estas preguntas ante a edición da mesma novela no mercado portugués:19

Confesso uma intensa curiosidade, ao saber da existência dessa edição portuguesa. Que nela se man-tivesse a Norma Agal parecia-me impensável. Mas, perguntava-me, que sucederia com o léxico exclusivogalego e, sobretudo, com a sintaxe em que um galego se exprime? Teriam sido, esses, conservados? Fui,pois, ver. Já o cólofon decentemente nos informa: «Revisão linguística para o português: Maria do Rosá-rio Pedreira». Ao fim de quinze, vinte páginas, sabe-se o que essa «revisão» implica. A obra foi profun-damente «revista». Digamos tudo: foi reescrita.

Nas edições portuguesas, que respeitam peculiaridades brasileiras, angolanas, timorenses, as galegasacabam implacavelmente trucidadas (...).

Uma primeira constatação: a revisora sabe galego. O que é reconfortante, sabendo nós quanto sãoraros, na edição em português de literatura galega (Ferrín, Rivas, Queipo, Borrazás, Lopez Teijeiro, Fer-nández Paz), os bons conhecedores do idioma de Além-Minho. Segunda constatação: o livro de Quirogaadquire uma fluidez caracteristicamente lusa, conseguindo ler-se como um original. Tudo bem. Mas istoé uma má notícia para os galegos convencidos de que, vergando o galego ao português, se lhes abrem asportas do Mundo. Podem abrir-se, mas por este preço: a pura eliminação do galego.

Tras achegar varias mostras do que Venâncio denomina «substituição da morfologiagalega» ou do léxico, incluso a tradución de parágrafos enteiros, o autor de Mértola conti-núa con estas liñas que terían custado moitas dores de cabeza a calquera crítico nacional:

Que ninguém grite ao escândalo. Com efeito, é exactamente isso que, na própria Galiza, anda fazen-do o integrismo lusista, hoje acoitado numa pomposa «Academia». Nos seus textos, mesmo os destina-dos a galegos, é limpo tudo quanto um português desconhece. Nas mãos desses lusomaníacos, o portu-guês tornou-se a máquina mais eficaz de matar o galego.

Julgará ainda alguém que basta aos galegos grafarem segundo o Acordo Ortográfico para terem oMundo a seus pés? Não sejais inocentes. «O galego na Lusofonia»? Oh almas simples! Os portuguesessão pelo menos tão eficientes como os espanhóis em lembrar-vos o recuncho humilde. Recuncho? Comose dirá isso em português?

Amigos: tudo isto tem de ser repensado. Com coragem, com realismo. Mas começai por denunciar,no vosso meio, os demagogos.

Nada impide, pois, aportuguesar o galego ata o linde da súa natureza e encofralo nuncódigo que responde a unha fonética, morfosintaxe, léxico, etc., diverxentes. Pero o máisparadoxal é que tras o tratamento cirúrxico no celme de Carlos Quiroga —profesor univer-

A ideoloxía reintegracionista

III / 38 358

Xabier Cordal Fustes

17 Foi o caso, entre outros, de Portugal no quadro peninsular asinado por Ramom Lôpez-Suevos.18 «O galego pasteurizado», Portal Galego da Língua, 25-9-2008.19 Inxalá. Espero por ti na Abissínia, Ed. Quid Novi, Lisboa, 2008.

Page 13: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

sitario de portugués e escritor— a proposta reintegracionista de lingua queda isolada endúas direccións: ao norte, o sistema literario e o público lector admiten con dificultadeunha proposta inscrita noutro canon (de feito é a destrución do canon); ao sur a lusofoníaprohibe case mecanicamente que pase a aduana un «galego» ao que ninguén podería repro-char estigmas castelanizadores. O que quere dicir, visto en positivo, que a personalidade dalingua galega se acaba impoñendo ao preconcepto da fusión, por voluntariosa e ben inten-cionada que queira ser.

É doado antecipar o que ocorrería nas escolas, na administración ou nos mediosimplantando o modelo reintegracionista. O prezo que cumpriría pagar nas condiciónsactuais, fóra das minoritarias elites filolóxicas, para unha «reintegración» apenas posiblecomo substitución lingüística tardaría pouco en manifestarse traumaticamente. En calqueracaso estes son, insistimos, os verdadeiros motivos polos que usuarios e usuarias do idiomaque se adhiren á retórica lusista do nacionalismo galego continúan fieis ao seu rexistroculto, non moi diferentes das que levan a oralidade reintegracionista a respectar o galegoreal evitando as marcas dun estrañamento que se percibe como escisión. A grosa nóminados «traidores» á práctica lusista explícase con naturalidade, a naturalidade —aínda mal-treita e asediada polo español— dun idioma vivo capaz de seguir acumulando millóns dehoras de conversa canda, digámolo sen chovinismo, narradores recoñecidos mundialmente,a mellor poesía hispánica do noso tempo e unha literatura infantil e xuvenil de prestixiointernacional. Acusar de deserción os modernos artífices da lingua ou culpar a formaliza-ción do galego de colaboracionismo con España constitúen síntomas dunha ruptura ideoló-xica.

3. A IDEOLOXÍA REINTEGRACIONISTA

O reintegracionismo abala entre presentarse como proposta cultural neutra («científi-ca»), que procura apenas a mudanza normativa para o galego, ou como unha crítica demaior alcance. O certo é que, igual ca o piñeirismo, escapa intencionalmente ao esquemapartidario (non existe un Partido Reintegracionista20): utilizan dúas ou tres variantes deportugués desde grupúsculos da extrema dereita ata forzas que se proclaman de filiaciónmarxista-leninista, pasando por colectivos ou individuos con tendencia dispar. Pódense lerao longo do noso país páxinas escritas nun portugués de textura cambiante defendendo osionismo, a causa palestina, a supremacía aria, o anticapitalismo, o mercado. Son posturastan irredutibles ao factor común de contido coma as que se producen en galego.

Caracterizar ideoloxicamente o reintegracionismo precisa entón partirmos da orixe edas consecuencias dunha práctica. A impronta filoloxista dos seus primeiros anos, a pesar

A ideoloxía reintegracionista

III / 39 359

Xabier Cordal Fustes

20 A percepción de que o reintegracionismo vai unido ao independentismo responde a un coñecemento pobreda estrutura política nacional. Os partidos que defenden a independencia —dentro ou fóra da formación hexemó-nica do nacionalismo— diríxense á sociedade maioritariamente en galego e nos outros casos existen diverxenciasentre partidarios da Norma AGAL e do portugués estándar. Unicamente a FPG pareceu incorporar conscientemen-te ao seu discurso a tarefa de readecuar a praxe escrita, o galego oral e a ideoloxía lingüística, en tanto que o BNGcontinúa mantendo a retórica do galeguismo que se xeneralizara na anteguerra ao mesmo tempo que, agás casosindividuais, usa o galego.

Page 14: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

dalgún esforzo (Isidoro Padim, Celso A. Cáccamo) por sintetizala desde a esquerda, predo-mina en tal medida que moitas veces os centros sociais que utilizan o portugués se autode-finen como «reintegracionistas» (antes ou no canto de «independentistas», «comunistas»,etc.) aínda que a súa actividade poida diversificarse no aspecto político. Onde as siglasmaioritarias da Associaçom Galega da Língua conviven nomes históricos da esquerdanacional con figuras do empresariado e —se cadra por iso— a AGAL nunca manifestoutendencia política expresa. O reintegracionismo desexa presentarse como ideoloxía trans-versal, ao xeito do ecoloxismo de mercado, do feminismo burgués ou do galeguismo que sepretendía suprapartidario fronte ás «accidentais» formas de goberno (un espírito non estra-ño ás formulacións actuais do BNG).

O soño de calquera idealismo é desmaterializarse ata acadar a eternidade, suspendendo apercepción histórica de si. O reintegracionismo comeza producindo discurso nun terreo moiafastado da refundación do movemento emancipatorio galego. A UPG xurdira dez anos antesnunhas coordenadas antagónicas ao filoloxismo: tras avaliar a posición de Galicia no contex-to económico, o partido decide adoptar o noso idioma como lingua de comunicación, sinalidentitario («lingua proletaria do meu pobo», cantaba Celso Emilio Ferreiro) e ferramentaliberadora, de xeito que calquera retroceso social tiña un correlato nacional e viceversa.

Se o marxismo galego engadía a contradición Galicia/España ao arsenal das clasespopulares, o reintegracionismo transforma a adopción ora gradual, ora total do portugués(ou o que se interpreta de maneira moi libre como portugués21) como núcleo dunha rexene-ración case platónica. Das tres ideas-forza que repite desde os anos setenta, dúas son dexinea esencialista (pureza do idioma, esplendor medieval do idioma) e apuntan ao pasado;a única que o fai cara ao futuro alude ás vantaxes mercantís e/ou comunicativas dunhainserción na lusofonía á que o reintegracionismo atribúe, de seu, efectos emancipadores.

Idea-forza 1: a Idade de Ouro

A ideoloxía reintegracionista

III / 40 360

Xabier Cordal Fustes

21 No ensaio Discurso nacionalista e imagens de Portugal na Galiza (in Etnográfica, Vol. VII, 2003) o antro-pólogo António de Medeiros expón a idealización á que someten a cultura portuguesa incluso aqueles lusistasmellor informados, ignorando —nun contraste que non deixa de sorprender o autor do estudo— as máis tópicasreferencias da vida diaria, da cultura audiovisual, etc. Non faltan páxinas para ilustrar as dificultades de compren-sión mutua ou o lugar que ocupa o idioma galego no imaxinario social e na realidade lingüística portuguesas.Sirva para ilustrar a estrañeza do profesor Medeiros, bo coñecedor da nosa cultura, esta nota non exenta de retran-ca ante un texto que alguén publica no Internet acerca de Ramón Otero Pedrayo: «(...) surge aqui um dos exem-plos da aplicação da norma “reintegracionista de máximos”. Foi em textos que observavam esta regra —sobretu-do aqueles que a aplicavam de forma mais imaginosa, mimando tanto quanto possível a ortografia portuguesa—que encontrei algumas das dificuldades mais intrincadas de compreensão do galego». (Op. cit., p. 330). Este eoutros traballos do mesmo autor darían para unha reflexión delongada sobre o Portugal realmente existente versusa nación que o reintegracionismo tantos anos leva fabricando á súa medida, un construto político-cultural decarimbo e expectativas que só poden asimilar, e non sen dificultade, persoas cunha boa formación literaria e certaproximidade á questão galega.

lingua (galego?)portuguesa

lingua galega

pureza (reino medieval)

impureza (presente)

«independencia»

«autonomía»

Page 15: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

Estas tres metáforas falsean a realidade lingüística e interfiren constantemente no deba-te político. Se o centro da nación —para o nacionalismo premarxista— se basea no bino-mio lingua-cultura, o reintegracionismo acepta a tese desprazando o referente fóra das cla-ses populares e da produción humanística galega desde o Rexurdimento ata hoxe. O feitode que, na súa visión, ese máximo referente estea xa configurado resta sentido á duplica-ción dos espazos académicos lusobrasileiros, a carón dos cales a presenza galega é teste-muñal e carece de potencial formalizador. Aínda que moi dubidosamente así fose, o papeldo galego vivo reduciríase a un depósito de actos de fala cuxa función pasiva sería confir-mar ou desmentir a elaboración lusobrasileira. Na escrita e na oralidade altamente formali-zadas todo trazo diverxente co modelo descartaríase —así se procede de feito— baixo ascategorías de vulgarismo, dialectalismo, arcaísmo, solecismo, idiotismo, etc., só aptos paraun uso identitario ou próximo ao cadro de costumes. Trátase pois dunha desnacionalizaciónque atinxe ás falas galegas e sacrifica a independencia tanto do texto culto resultante delascoma do proceso que lles conferiu e lles confire representatividade simbólica. A tópica«como se di onde ti vives?», do modelo léxico galego22 —por moito que poida incomodaro que se denomina, unha miga despectivamente, ruralismo lingüístico— é substituída poloreintegracionismo no «como é que se diz em português?». É innecesario detallar as conse-cuencias (na autoestima, no valor dos actos de fala, no protagonismo da transmisión, etc.)de tal desprazamento para os e as falantes. Se o modelo galego acaba carecendo de sentidono intre —esperamos que nunca se dea— de as masas galegofalantes desapareceren daHistoria, o modelo portuguesista repite a consigna de que o idioma galego non morrerámentres se escoite portugués en Braga ou São Paulo.

Existe unha simbiose entre a elección do portugués socavando as falas galegas comomodelo e as críticas reintegracionistas ao nacionalismo cando usa o idioma baixo os pará-metros que asume a esmagadora maioría da sociedade, incluída a que pensa Galicia como

A ideoloxía reintegracionista

III / 41 361

Xabier Cordal Fustes

Pobo puro(galego non castelanizado↔portugués/Portugal)

impureza(clases populares↔castrapo/galego/Galicia)

lingua portuguesa

lingua galega

internacional

rexional

normalización

desaparición

Idea-forza 2: a Pureza

Idea-forza 3: a Lingua/Norma Libertadora

22 É o modelo que goberna os dicionarios cultos de lingua no que se refire á incorporación do léxico patrimo-nial e así o explicaba Darío X. Cabana na XXIV Semana de Filosofía: as alternativas léxicas que ofrecen osmanuais asumen a diversidade (como fixo o italiano) en detrimento da extrema canonización dunha soa área (aoxeito francés).

Page 16: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

nación. A estratexia reintegracionista (desde logo podía ter sido outra) especialmente a par-tir de 1983, data da publicación do Estudo Crítico da AGAL, dedica polo menos tantosesforzos a combater o galego que eles consideran dialectalizado coma a defender a norma-lización.23 Son xa parte do folclore dixital as diatribas que sementan o desprestixio, a desle-xitimación ou a caricaturización non só de quen defende o galego moderno e se expresanel, senón dos progresos que o noso idioma vai acadando nun contexto cada día máis difí-cil. As críticas mostran un ton que oscila entre o sarcasmo e a visceralidade e e acostumana mesturar o tradicional repertorio reintegracionista con cuestións políticas do momento,magnificando a impresión errónea —a quen non saiba da capacidade de traballo da súamilitancia— de que canto máis radical é a postura soberanista, maior será a empatía co por-tugués. Unha estratexia asertiva do lusismo, hoxe rara, resultaría incompatible coa consignade atacar o inimigo biface encarnado nas linguas española e galega (alcumada esta de gale-go-RAG, galego-ILGa, «galego» —entre aspas—, castrapo, galenhol, jallejo, portunhol,gallego do pueblo...).

É provisorio que as forzas hostís ao idioma galego non exploten esa contradición. O reintegracionismo que bate no nacionalismo e nos seus refererentes político-culturais (a obsesión contra Méndez Ferrín chega a ser cómica) ateiga a rede 2.0. Por citar un caso, áre-publicación galega do cómic Astérix seguiron intervencións nas que os argumentos rein-tegracionistas foron, sinteticamente: a) O Astérix xa está dispoñible en galego —referíanseá versión portuguesa—. b) É, daquela, unha perda de tempo e de diñeiro que se podíaninvestir noutras necesidades. c) O que chaman «Astérix en galego» na realidade trátasedunha deturpación.

Estes tres argumentos esgrímense contra os programas informáticos en lingua galega,contra as traducións dos clásicos internacionais ou dos best-sellers, contra os dicionarios deidiomas (galegos ou galego-estranxeiros) e ás veces contra o sistema literario24 no seu con-xunto. Un amplo abano desa batería crítica sería asinado gustosamente polo españolismocultural cando relativiza a utilidade do galego acusándoo de idioma «rexional» e non inter-nacional, cuestionando o seu futuro e sinalando o carácter subsidiario e subvencionado daliteratura na nosa lingua. Que a coincidencia sexa involuntaria non evita os efectos políti-cos.

Porque é no diagnóstico sobre a perda de falantes onde a herdanza filoloxista descobreo seu potencial máis reaccionario. A pesar das aludidas tentativas de describir o conflitolingüístico en termos de clase, a práctica do discurso reintegracionista explica o éxito dapresión do español nos últimos anos, sobre todo, coma un fracaso do modelo de galego.

A ideoloxía reintegracionista

III / 42 362

Xabier Cordal Fustes

23 Un concepto de normalización que se mantén no limbo, sen desambiguar, dado que normalización do gale-go e normalizaçom/-ção do (galego-)português non constitúen, nin aos seus ollos nin aos nosos, o mesmo procesosocial. Por iso o reintegracionismo, cando se adhire ás mobilizacións pola lingua, disimula tacticamente a súa rei-vindicación fundacional: Na Galiza, em português.

24 Como ocorre coa cuestión xeopolítica, a postura do reintegracionismo fronte á literatura galega aínda nonse clarificou. Nalgúns textos do movemento avógase por eliminar a diferenciación nacional —a literatura galegasería un macrotexto irredento da literatura portuguesa, e polo tanto debe integrarse no seu canon—, mentres queoutros manteñen a existencia de dous sistemas nacionais na mesma lingua. Non embargante a bidireccionalidadeteórica (como ocorre con outras esixencias lusistas de intercambio cultural, e como vimos de comprobar no casoInxalá) unicamente funciona a partir da eliminación dos trazos rexionais galegos.

Page 17: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

Esta inversión traslada a un primeiro plano o que a ciencia sitúa entre as causas de tiposuperestrutural, e do mesmo xeito converte en chave mestra da superación do conflito lin-güístico o uso do galego internacional (portugués). A formalización do idioma deixaría deser instrumento secundario e arrastraría, cos poderes dun verbo sagrado, o prexuízo queasocia o castelán ao progreso socioeconómico. O português da Galiza, lingua «útil» e«universal», bastaríase para rachar ademais os vínculos da españolidade.

Vemos logo que o desprazamento dos referentes nacional e popular corre paralelo á sub-tracción do conflito de clase. Lémbranos Karl Marx no seu Primeiro Manuscrito que osobxectos producidos polo traballo humano rematan por serlle estraños ao se cousificarencoma unha forza independente; irá despois máis alá cando desvele a humanización doobxecto e a cousificación do produtor. O método científico da sociolingüística (tamén nostraballos desa disciplina que se espallaron polo país durante as últimas décadas) desce aoplano técnico ou desaparece sen máis non unicamente na tese fundacional reintegracionista;incluso o nacionalismo que di asumir a loita de clases —faltou seguramente un gran volumeteórico que unificase a ruptura coa estela de Nós no que respecta á visión da historia, da lin-gua, etc.— parece incapaz de superar a reificación (e a posterior humanización/sacraliza-ción) do idioma galego ao esquecer que se trata dun feito produtivo. Se cadra por iso tantolle custou antecipar as consecuencias que o desmantelamento do noso sector primario e asagresións contra o industrial terían para a lingua, instrumento de produción e produción ensi mesma. Reducila a obxecto identitario malogrou moitas outras perspectivas de rendemen-to social aínda que hoxe empece a valorarse a súa centralidade na industria de bens mate-riais (pedagóxicos, literarios, audiovisuais, etc., traducidos en miles de postos de traballo25)e intanxibles (autoestima, proximidade simbólica ou factor cohesivo).

Pero a pesar das présas de certos sectores por liquidar un pasado e unha realidade daque se avergonzan —da que queren desclasarse—, o galego existe como lingua popular:

A ideoloxía reintegracionista

III / 43 363

Xabier Cordal Fustes

25 É urxente documentar a capacidade do idioma para producir riqueza; tomemos como exemplo as oficinastelefónicas das empresas que prestan servizos no noso país. Tanto ou máis importante que a presión política indi-vidual e social en prol do galego é a constatación, por parte de calquera consorcio que pretenda estenderse porGalicia toda, de que un bo rendemento vai parello á oferta de lingua. Telefónica de España viuse obrigada aincluír a opción galega ante as continuas protestas, tamén do persoal administrativo, ao se evidenciar que a pesardo bilingüismo teórico unha significatica parte da poboación daba por feito que sería atendida no seu idioma e senegaban a cambiar; en moitos casos incluso falando castelán —fortemente dialectalizado— o diálogo resultabadifícil. Os plans da empresa para abaratar custos tiveron que pregarse á realidade lingüística mantendo moitospostos de traballo galegos. Obviamente non se podían subcontratar traballadores e traballadoras que exercesen esafunción desde Brasil da mesma maneira que as transnacionais anglosaxoas se valen de sucursais telefónicas naIndia. O galego produce algo máis ca identidade, relacións e literatura. O que se condena acomplexadamente porisolado ou regional non só serviu á empresa de telecomunicacións R como unha proxección de imaxe nacionalque resultou exitosa, senón que asegurou a presenza de centos de postos de traballo. Resulta sorprendente a pasi-vidade do nacionalismo político e cultural galego para denunciar o uso do portugués (unha mestura que descon-certaba os servizos de tradución) no Parlamento de Europa. As licenciadas en tradución e interpretación desde alingua galega necesitan que continúe a loita polo noso recoñecemento lingüístico nas institucións de Bruxelas pormotivos idénticos aos descritos no caso de Telefónica, e este mesmo esquema é válido para as publicacións e aAdministración. A facilidade para accedermos ao portugués constitúe unha gran vantaxe que, como veremos aseguir, debe estimularse a todos os niveis. Mais ninguén pareceu deterse a avaliar no que se refire á competencialaboral as consecuencias de instituír o portugués como lingua que nos representase no mundo, e non digamos caraa dentro; abonda o sentido común para decatarse de que un exame de capacitación con eses criterios lingüísticosno sector público ou no privado, ademais de conceder vantaxe a quen habita o universo cultural lusófono, viraríaas retóricas da lingua millonaria en subalternización.

Page 18: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

nela a estrutura morfosintáctica, fonética26 e fraseolóxica mantén o distanciamento co restode idiomas romances. As persoas que reciben en España a TVG vía satélite comprendensen esforzo a locución castelanizada, mais non o galego vivo da inmensa maioría. Desde aperspectiva de clase, consciente ou non, sumada ao desprezo polo mundo labrego e mari-ñeiro, é que cómpre entender a fuxida das marcas populares e a inclinación por restituír asdiferenzas —as que o propio neofalante previamente expulsara da súa idea de fidelidade aoidioma— mediante a escrita. Nos círculos nacionalistas primitivos o chamado diferencia-lismo léxico sinalaba na mesma dirección; agora os signos da escrita cumpren ese papel easígnanlle un plus na aura de radicalidade27 que vai gañando atractivo como elemento decohesión e de afirmación de grupo nun contexto tan adverso como pode resultar a urbe. Secadra a iso se refería Otero Pedrayo definindo o éxodo cara ao portugués como un recurso«de última desesperación», para o caso desesperación ante a imposibilidade de que a bur-guesía intermediaria e un segmento do proletariado urbano desanden o camiño da súa aco-modación no esquema colonial. Xa as Irmandades da Fala teimaran na quimérica burguesíade Galicia chamando arreo por ela nas páxinas d´A Nosa Terra. O erro repetiuse durante osanos de transición entre o franquismo e o réxime monárquico, cando a elite cultural domi-nante no nacionalismo comezou a relacionarse consigo mesma dando prioridade á conquis-ta dos espazos de poder institucional ao tempo que os arrabaldes obreiros consumían cultu-ra de masas en español ou en inglés. A migración ás cidades, o desmantelamento da pesca edo agro e a tecnificación comprometeron, por unha banda, a vitalidade léxica da linguagalega en canto ferramenta de traballo e, por outra, remataron por confundir a urxencia dunrexistro culto co afastamento dos modelos vilegos ou rurais nos que segue estando a cernado idioma. O prexuízo —ás veces subconsciente— de que aprender galego non esixe coñe-cer en profundidade a fala viva arruína a adquisición do idioma por parte do neofalante-tipo. A gramaticalización pobre, o desprezo da realidade lingüística que se ten por «rural» eda literatura galega contemporánea (aí onde o noso idioma dialoga á maior altura coa trans-modernidade) espellan, neste caso, tanto a ausencia do galego do presente urbano coma aideoloxía de exterminio que interiorizou a alta burguesía no século XIX. O paupérrimo códi-go, hibridado ademais pola castelanización, fai emerxer a súa mala conciencia mediante unrexeneracionismo lingüístico que transformaría a —como veremos inmediatamente— ina-prazable interlocución lusófona en fetiche, aínda que do centro de Ferrol ou da Coruña aouniverso galegofalante haxa dez minutos en autobús. E aínda que existan os barrios: non écasualidade ningunha que, aténdomonos aos feitos expostos, sexan as forzas sindicais(tamén as soberanistas CIG e CUT) as menos permeables a que o portugués se sobrepoñaao galego. Así o fai notar a organización Espazo Irmandiño cando avoga por que o reinte-gracionismo debe adiarse e ««modularse en función do público ao que se dirixe», unha

A ideoloxía reintegracionista

III / 44 364

Xabier Cordal Fustes

26 X. Antón L. Dobao n´A Nosa Terra: «Cando alguén ardorosamente alenta o debate —iso si, sosegado—nas páxinas dalgún importante xornal galego e menta a adecuación prosódica e fonética, interpreto eu que se refe-rirá á recuperación dun discurso oral segundo os modelos do galego vivo. Sete vocais, prepalatal fricativa xorda,consoante nasal velar, entoacións xenuínas... mesmo léxico, morfoloxía, recursos expresivos e sintaxe galegas».

27 As accións armadas do EGPGC, que redactaba os comunicados na Norma AGAL, resultaron decisivas paraconferir aos grafemas portugueses unha presunción de radicalidade política, aínda que parte do reintegracionismosentiu que tal asociación (cuxo afastamento simbólico foi carniza para a prensa do sistema) contribuía a confinalosocialmente.

Page 19: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

decisión á que se chega logo de comprobar como, por exemplo, os obreiros á saída deCitroën deitan no chan sen ler moita da documentación que se lles entrega.28

O movemento reintegracionista, en canto tal, nin se inclúe nin se exclúe do debate for-malmente político. A súa transversalidade posúe vocación totalizadora e —a pesar de quesó as organizacións Nós-UP e AMI incorporasen o portugués— o desexo do lusismo orga-nizado é dialogar en calidade de forza sociocultural con calquera institución. De aí quecando os representantes de AGAL se presentaron ante as autoridades de Lisboa quedasenfóra do programa reinvidicacións nacionalistas29 ou independentistas, unha circunstanciaque reforza o aparente paradoxo, xa exposto, de que o reintegracionismo torpedee a princi-pal reserva simbólica e humana da que se nutre.

4. RECUPERANDO O LUSISMO

A pesar da apropiación ao que o someteu o reintegracionismo, o termo lusismo designaunha corrente de simpatía cara a Portugal que funde as súas raíces na conciencia política ecultural deste país. O galeguismo estudou tamén os dous motivos polos que o Estado con-temporáneo portugués nunca se interesa na nosa supervivencia nacional: o primeiro, que omito fundador de Portugal colide co Reino de Galicia —a historiografía lusa fai xogosmalabares para non mencionalo—. A segunda razón sinala cara á estratexia dun país queprecisa fluidez co poderoso veciño ao leste, no institucional e no económico. A xeopolíticada Guerra Fría concibiu a Península Ibérica coma un único territorio; non foi casualidadeque España e Portugal sufrisen dúas longas ditaduras nacionalcatólicas seguidas dunhaintegración nos mercados globais na que o xendarme norteamericano se coidou de erradi-car toda posibilidade dunha transición ao socialismo, dixese o que dixese a Constituciónportuguesa. Dentro do Imperio occidental, que controla ferreamente a creación e a destru-ción de fronteiras, non está prevista a creación de novos Estados se non é para pulverizarrestos de anticapitalismo. A oligarquía portuguesa mantense fiel á súa función: as relaciónshispanas son mellores ca nunca e vétase calquera intromisión na estrutura do Reino. Máxi-me cando unha parte significativa da poboación portuguesa tería poucos inconvenientes ense integrar nun Estado con maior nivel económico. Tampouco os partidos da esquerda lusa,coa moi tímida excepción do Bloco de Esquerdas, deron continuidade ás relacións conacionalismo, máis baseadas no compromiso antifascista común ca nunha enunciaciónfranca do conflito galego. Portugal, na relación con Galicia —for esta empresarial, políticaou cultural—, non é nada lusista.

A ideoloxía reintegracionista

III / 45 365

Xabier Cordal Fustes

28 Publicado no dixital Vieiros, 15-06-2009.29 Con todo, o nacionalismo maioritario no intre de redactarmos estas liñas (BNG) mantén nos seus progra-

mas a tradición retórica lusista e durante o seu período de goberno na Xunta recoñeceu implicitamente a asocia-ción Academia Galega da Língua Portuguesa enviando representantes aos actos da súa constitución; quizais nonforon alleas a ese xesto retesías políticas puntuais coa Academia (a da lingua galega). Tendo por incompleto e dia-lectal o idioma deste país e idealizando a fusión co portugués nun contexto soberano, non estraña que a prácticalusógrafa se autoproclame materialización da independencia. De pouco serve que o BNG puxese fin ás discordan-cias —estas si— normativas en 2004. A teoría dun galego interino beneficia pouco a imaxe social do estándar. O modelo de lingua non é inmutable, pero, cando periga a supervivencia do código enteiro, cómpre asentar o dis-curso da súa validez como idioma universal. Así soubo velo hai máis de cen anos Curros Enríquez.

Page 20: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

No entanto, perseveramos. Novas conexións que seguen adoitando carecer de reciproci-dade se establecen a ambos os lados da raia. A permeabilidade do capitalismo serodio,tanto nas relacións culturais a través da rede coma na circulación de man de obra, tendecada vez máis pontes e a nosa lingua fai máis doado o acceso ao mundo lusófono. As olla-das apuntan cada vez máis ao Brasil,30 potencia emerxente e verdadeira metrópole da lin-gua portuguesa. Certas reivindicacións que se asumen alén do reintegracionismo (o asenta-mento do portugués como lingua opcional nas escolas, a recepción das canles portuguesasde televisión, etc.) poden ficar obsoletas en pouco tempo coa facilidade con que a rede écapaz de unir palabras e imaxes. Os aínda magros achegamentos entre a cultura galega e abrasileira, desgraciadamente interrumpidos coa derrota do bipartito nas eleccións autonómi-cas de 2009, prometen moito no aspecto cuantitativo e achegan unha novidade cualitativa: oxigante sudamericano, menos proclive ao xesto colonial en virtude da súa propia Historia,adoita contemplar desprexuizadamente a situación sociolingüística galega e, á inversa, acultura do noso país está mellor dotada para a comprensión do feito poscolonial na Américae na África lusófonas.

As relacións, sendo insuficientes, puxéronse en marcha con maior pulo ca nunca duran-te as tres últimas décadas e atinxen xa outros aspectos que van máis alá do literario. Que oportugués avance no ensino só pode resultar benéfico: a competencia rigorosa na linguairmá, o coñecemento da literatura, da música e da vida cotiá lusófonas axudan a compren-der coa amplitude adecuada os puntos de conexión e as diverxencias evolutivas entre ogalego e o portugués intercontinental, mais sobre todo brindan unha oportunidade de diálo-go que favorece as dúas partes. Para que calquera intercambio se edifique baixo o principiode reciprocidade —un diálogo no que só Galicia fose receptora supoñería reproducirmos oesquema colonial—, o resto da lusofonía debe renovar o interese pola Historia, a literaturae a cultura que se expresan en lingua galega, de seu un patrimonio da humanidade que con-tinuará a súa produción, aínda que ameazada, durante o século XXI. O reintegracionismositúase aquí nunha encrucillada: pode continuar o seu labor de crítica sen cuartel cara aointerior, pedindo desculpas fóra pola incorrección desta Galicia que non cadra cos seusdesexos, ou resetear o discurso todo caendo na conta de que o seu avance, se se der, nonbebe precisamente da derrota de quen nos expresamos en galego. Ao reintegracionismocorresponde definir quen son aliados e quen inimigos para o futuro, admitindo que o seulusismo non é o único posible e establecendo territorios de lealdade sen descualificar amaioría do corpo social en loita permanente pola normalización.

Unha comunidade nacional existe por decisión libre das persoas que a compoñen. Talcomunidade, que se recoñece a si mesma en virtude de factores obxectivos, ten dereito a

A ideoloxía reintegracionista

III / 46 366

Xabier Cordal Fustes

30 Escribía isto hai máis de dez anos o profesor Júlio Barreto Rocha na revista dixital Çopyright: «Não sepode dizer que traz muitas facilidades dizer que o Brasil fala a língua galega, quando já pouco se discute que fale‘português’, dentre os filólogos. Também não se poderia afirmar que este é um tema novo. Ao contrário: são aomenos setecentos anos em que muitos estudiosos do Mundo, muita vez por ignorância quanto à “questão da lín-gua galega”, não põem em dúvida a existência de um idioma eminentemente “português”, diferenciado em suaessência de suas raízes primeiras, “sendo oriundo diretamente do latim”. São pelo menos setecentos anos destainjustiça histórica; uma injustiça cultural com um povo, mas também sócio-política, ademais de lingüístico-termi-nológica. Muitos por certo são contrários de antemão a nomear de “galego” à língua comum atual empregada porbrasileiros, portugueses e galegos, valendo-se de artifícios pseudo-sociolingüísticos para isolar as várias faces doidioma».

Page 21: A Ideoloxia Reintegracionista Xcf

regular todas as manifestacións da vida social, desde a economía ao idioma. Calquera ideo-loxía que poña en dúbida este principio ou pretenda usurpalo traballa en contra da nosasoberanía política. No horizonte da independencia, que algúns queren utópico, a confedera-ción en pé de igualdade co Estado portugués —que neste intre só defende de maneiraexpresa a Frente Popular Galega— supoñería un síntoma de madureza da nosa realidadenacional. Unha decisión libre.

A ideoloxía reintegracionista

III / 47 367

Xabier Cordal Fustes