A ilustración

11
A Ilustració n

description

A ilustración e os ilustrados do século XVIII

Transcript of A ilustración

Page 1: A ilustración

A Ilustración

Page 2: A ilustración

Índice

1.- Contexto histórico2.- Características xerais da Ilustración3.- A Enciclopedia4.- A prosa ilustrada

Page 3: A ilustración

1713Tratado de Utrech

1789Revolución francesa

1776Os EEUU proclaman a súa

independencia1750 Morte de Bach

1756Nacemento de Mozart

1715Morte de Luis XIV

1729Nace Catalina a Grande de Rusia

1724Nace Kant

1797Nace Mary Shelley

1769Máquina de vapor

1.- Contexto histórico

Page 4: A ilustración

A Ilustración é un movemento cultural que se desenvolve en Europa, especialmente en Inglaterra, Francia e Alemania, durante o século XVIII, chamado tamén Século das Luces

2.- Características xerais da Ilustración

Page 5: A ilustración

O Racionalismo é a tendencia filosófica predominante

A Razón, e non a Fe, é o camiño do progreso

Optimismo humanista: o home é quen de mellorar o mundo.

O Racionalismo conduce a grandes avances no ámbito das ciencias experimentais: Newton, Linneo, Lavoisier…

Concédeselle gran importancia á educación, que debe liberar ao home da superstición.

En política, o absolutismo deixa paso ao despotismo ilustrado: todo para o pobo pero sen o pobo.

Os novos plantexamentos culturais, así como os avances técnicos e económicos, abrirán o camiño para as revolucións burguesas e os novos valores sociais.

Page 6: A ilustración

3.- A Enciclopedia

Intento editorial por recopilar todos os coñecementos do século XVIII. Foi levado a cabo en Francia polos chamados “enciclopedistas”.

Afán divulgativo

Datas de composición: 1751 a 1780

Foi dirixida por D`Alembert e Diderot, pero colaboraron os principais intelectuais do momento: Voltaire, Rousseau, Montesquieu…

Jean le Rond d`Alembert (1717-1783) redactou o Discurso preliminar, no que describe o movemento intelectual europeo desde o Renacemento.Denis Diderot (1713-1784) foi o planificador e principal director. Redactou máis de novecentos artigos para a Enciclopedia.

Page 7: A ilustración
Page 8: A ilustración

4.- A prosa ilustrada

Finalidade eminentemente didáctica

O racional anteponse ao emocional

Importante desenvolvemento do xénero ensaístico

Respétanse as regras clásicas: concédeselle gran importancia á claridade, que se antepón ao emprego de moitas figuras retóricas.

Cultívase o humor, aínda que con afán didáctico ou moralizante, e a novela epistolar.

Page 9: A ilustración

Montesquieu (1689-1755)

Cartas persas: ficticio intercambio de cartas entre dous nobles persas que viaxan a París e os seus familiares de oriente. O autor analiza e critica os costumes do seu tempo.

Do espíritu das leis: este ensaio político anticipou os principio do liberalismo e exerceu unha gran influencia no pensamento europeo.

Na literatura española, José Cadalso (1741-1782) tomou como modelo a Montesquieu para redactar as Cartas Marruecas.

Page 10: A ilustración

Voltaire (1694-1778)

É un dos intelectuais máis representativos da ilustración francesa. O seu carácter satírico e independente ocasionáronlle problemas tanto co poder político como coa Igrexa, da que foi crítico feroz. Cultivou distintos xéneros: ensaio, teatro, novela.

Cándido: novela filosófica na que Voltaire satiriza o optimismo do filósofo Leibniz.

Os que pensan que o diñeiro fai todo, acaban facendo todo por diñeiro

Page 11: A ilustración

Rousseau (1712-1778)

Confesións: adiántase ao Romanticismo na preocupación polo “eu”.

O contrato social: ensaio político no que fala da liberdade e da igualdade. Formula o concepto de “pacto social”

A nova Eloísa: novela epistolar de temática amorosa.

Emilio: novela na que aborda o tema da educación. Apártase das doctrinas ilustradas, xa que opina que a cultura aparta ao home da súa esencia bondadosa.