A implantación do liberalismo en españa (1)

140
A implantación do liberalismo en España Proceso lento e descontinuo. Guerras civís Pronunciamentos Cambios políticos sobre unha base económica e social pouco transformada. Revolución política burguesa. Revolución feble que permite permanencia dunha sociedade oligárquica, caciquil e agraria.

Transcript of A implantación do liberalismo en españa (1)

Page 1: A implantación do liberalismo en españa (1)

A implantación do liberalismo en España

• Proceso lento e descontinuo.

• Guerras civís

• Pronunciamentos

• Cambios políticos sobre unha base económica e social pouco transformada.

• Revolución política burguesa.

• Revolución feble que permite permanencia dunha sociedade oligárquica, caciquil e agraria.

Page 2: A implantación do liberalismo en españa (1)

Antecedentes. Consecuencias da Revolución francesa.

• Intento de atallar a difusión das ideas revolucionarias.

Freo á política de reformas. Reimplantación da censura e a

Inquisición.• Inversión de alianzas. Guerra contra

Francia(1793-1795).• Paz de Basilea (1795) España recoñece

a República francesa.

Page 3: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Alianza con Francia mediante o Tratado de San Ildefonso (1796)

• Guerra contra o Reino Unido.

• Batalla deTrafalgar(1805).Consecuencias.

Page 4: A implantación do liberalismo en españa (1)

A crise da Monarquía española.

• Carlos IV apóiase un valido para dirixir o goberno: Manuel Godoy

• Adquire un gran prestixio que se incrementa coa firma da Paz de Basilea(1795) que lle valeu o título de Príncipe da Paz.

• Pero suscita rexeitamento por:

Page 5: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Non ser capaz de solucionar os problemas económicos.

• Medidas desamortizadoras para afrontar a crise.

• Subordina a política exterior ás necesidades de Francia.

Page 6: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Oposición organízase en torno ao Partido antigodoyista que prepara unha conspiración contra Carlos IV na que está implicado o seu fillo (Proceso do Escorial). Culmina no Motín de Aranxuez (1808) que obriga a Godoy a fuxir e a Carlos IV a abdicar.

• Petición de axuda a Napoleón.( Xa se firmara o Tratado de Fontainebleau).

Page 7: A implantación do liberalismo en españa (1)

Carta de Carlos IV a Napoleón

Señor mi hermano: V.M. sabrá sin duda con pena los sucesos de Aranjuez y sus resultas, y no verá con indiferencia a un rey que, forzado a renunciar a la corona, acude a ponerse en los brazos de un gran monarca, aliado suyo, subordinándose totalmente a la disposición del único que puede darle su felicidad, la de toda su

familia y de sus fieles vasallos.Yo no he renunciado a favor de mi hijo sino por la fuerza de las circunstancias (…)

Yo fui forzado a renunciar, pero asegurado con plena confianza en la magnanimidad y el genio del gran hombre que siempre ha mostrado ser amigo mía, yo he tomado la resolución de conformarme con todo lo que este gran hombre quiera disponer de

nosotros y de mi suerte, la de la Reina y la des Príncipe de la Paz.Dirijo a V.M.I. una protesta contra los sucesos de Aranjuez, y contra mi abdicación.

Me entrego y enteramente confío en el corazón y amistad de V.M. (…)De V.M.I,, su afecto hermano y amigo. Carlos

Marzo de 1808

Page 8: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Coa excusa de mediar nas disputas, Napoleón reúne en Bayonne á familia real.

• Fernando é obrigado a devolver a coroa ao seu pai, e este cede os seus dereitos a Napoleón.

• Napoleón nomea como rei de España ao seu irman como Xose I

• Desvelábase así a verdadeira intención de Napoleón.

Page 9: A implantación do liberalismo en españa (1)

A Guerra da Independencia (1808-1814).

• Proporcionara a coxuntura favorable para levar a cabo o paso do Antigo Réxime á España liberal.

• 1807 Firma do Tratado de Fontainebleau.• 1808 traslado da familia real a Bayonne.• 2 de Maio levantamento do pobo de

Madrid contra os franceses. • A represión dirixida polo xeneral Murat

provoca sublevación en toda España.

Page 10: A implantación do liberalismo en españa (1)

Proclama de Murat

“Orden del día:Soldados: mal aconsejado el populacho de Madrid, se ha levantado y ha cometido

asesinatos. Bien sé que los españoles que merecen el nombre de tales han lamentado tamaños desórdenes, y estoy muy distante de confundir con ellos a unos miserables que sólo respiran robos y delitos. Pero la sangre francesa vertida clama venganza. Por tanto,

mando lo siguiente:Art. 2. Serán arcabuceados todos cuantos durante la rebelión han sido presos con armas.

Art. 3. La Junta de Gobierno va a mandar desarmar a los vecinos de Madrid. Todos los moradores de la corte que pasado el tiempo prescrito para la ejecución de esta resolución anden con armas, o las conserven en su casa sin licencia especial, serán arcabuceados.Art. 4. Todo corrillo que pase de ocho personas, se reputará reunión de sediciosos y se

disipará a fusilazos.Art. 5. Toda villa o aldea donde sea asesinado un francés será incendiada.

Art. 6. Los amos responderán de sus criados, los empresarios de fábricas de sus oficiales, los padres de sus hijos y los prelados de conventos de sus religiosos.

Art. 7. Los autores de libelos impresos o manuscritos que provoquen a la sedición, los que los distribuyeren o vendieren, se reputarán agentes de la Inglaterra, y como tales serán

pasados por las armas.Dado en nuestro cuartel general de Madrid, a 2 de mayo de 1808.

Page 11: A implantación do liberalismo en españa (1)
Page 12: A implantación do liberalismo en españa (1)

• A loita e a defensa do territorio foi asumida polas masas populares aos que se engadiron eclesiásticos e nobres.

• A superioridade militar francesa obriga a adoptar o sistema de guerrillas.

• Baseábanse na formación de pequenas partidas de homes que apoiándose no coñecemento do terreo atacaban ás tropas francesas. Serán o xermen do novo exército.

Page 14: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Algúns caeron no bandolerismo.

http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=jQL6lg_hU5chttp://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=jQL6lg_hU5chttp://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=jQL6lg_hU5c

Page 15: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Ante o baleiro de poder fórmanse en moitas localidades Xuntas de goberno, controladas en moitos casos polos grupos dominantes.

• Asumiron o poder e a soberanía na súa xurisdición, organizan a resistencia e chaman á loita contra os franceses. (O primeiro caso é o do alcalde de Móstoles)

• En Galicia formouse a Xunta Suprema do Reino de Galicia.

Page 16: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Para coordinar as actuacións e presentar unha acción de goberno común fórmase a Xunta Central, que será substituída por unha rexencia en 1810 nas Cortes de Cádiz.

• A Xunta Central estaba presidida por antigos ministros da monarquía como Jovellanos ou Floridablanca, e estaban integradas por representantes das autoridades, periodistas, avogados, militares..

Page 17: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Os grupos que integraban as Xuntas, ainda que heteroxéneos tiñan un punto en común, eran

• Patriotas, non recoñecían o goberno de Xose I e defendían a monarquía borbónica.

Dentro deste grupo Liberais, vían unha oportunidade

para facer reformas. Absolutistas ou que vían unha

xustificación para manter o réximen anterior.

Page 18: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Pero houbo quen se comprometeu e colaborou coa nova dinastía de Xosé I.

• Os Afrancesados. Dentro deste grupo estaban

• Os que actuaban por interese.

• Os que estaban convencidos de que o reformismo autoritario era o único medio de logran cambios en España.

Page 19: A implantación do liberalismo en españa (1)

O goberno francés. O Estatuto de Baiona.

• Napoleón convocou en Baiona tamén unha xunta de deputados españois. Esta Asemblea aprobou o Estatuto de Baiona.

• Os franceses intentan instaurar en España un sistema baseado nos principios do liberalismo político, pero con carácter autoritario. Ademais os deputados españois limitáronse a redactalo seguindo as directrices de Napoleón. Esta lei é polo tanto unha Carta Outorgada.

Page 20: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Xosé I intentou levar a cabo unha modernización do país, pero carecía de autonomía de goberno.Non obstante a propaganda patriótica deu unha imaxe que non correspondía coa realidade.

Page 21: A implantación do liberalismo en españa (1)
Page 22: A implantación do liberalismo en españa (1)

Desenvolvemento da Guerra.

• Primeira fase. (Maio- Nov 1808) Intento de ocupación francesa e levantamento popular.

• Victoria española na Batalla de Bailén.• Segunda fase.(Nov 1808- xaneiro 1812)• Dominio francés. Victoria en Ocaña,

ocupación das principais cidades e herícas resistencias(Palafox, Agostina de Aragón)

Page 23: A implantación do liberalismo en españa (1)

• As tropas inglesas que axudan aos españois son perseguidas ata A Coruña onde ten lugar a Batalla e Elviña (1809).

• En Galicia a resistencia popular protagonizóu algunhas accións heróicas como a reconquista de Vigo (28-3-1809) realizada pola acción conxunta de Mauricio Troncoso, abade do Couto e as partidas de Bernardo González Cachamuíña ou a Batalla de Pontesampaio.

• Galicia se convertirá no primeiro territorio liberado.

Page 24: A implantación do liberalismo en españa (1)

• A terceira fase. Napoleón retira as tropas para a conquista de Rusia.

• Ofensiva hispanoinglesa comandada por Wellington, victorias en Cidade Rodrigo e Arapiles(1812), Vitoria (1813)

• En 1814 as últimas tropas francesas en Cataluña se retiran cara a Francia. Se firma o Tratado de Valençay.

Page 25: A implantación do liberalismo en españa (1)
Page 26: A implantación do liberalismo en españa (1)
Page 27: A implantación do liberalismo en españa (1)

Los desastres de la Guerra

Page 29: A implantación do liberalismo en españa (1)

As cortes de Cádiz

• Paralelamente ao desenvolvemento da guerra foise estendendo a idea da necesidade de convocar Cortes Xeráis e extraordinarias para acometer reformas.

• Existían discrepancias sobre as medidas a tomar e sobre como tíñan que ser esas Cortes.

• Uns querían restablecer o sistema absolutista e Cortes por estamentos.

Page 30: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Outro grupo pretendía un sistema intermedio entre o absolutismo e o modelo constitucional(Jovellanos)

• Os liberais propoñían unha cámara única, restrinxir o poder real e establecer unha Constitución baseada na Soberanía do pobo e na separación de poderes.

• Triunfa finalmente a proposta liberal de Cortes Xeráis elixidas por Sufraxio universal masculino e indirecto.

Page 31: A implantación do liberalismo en españa (1)

• A composición social dos deputados convocados en Cádiz era complexa.

• Había membros da nobreza, altos cargos eclesiásticos, máis escasos.

• Predominaban as clases medias urbanas e instruídas. O clero era o grupo predominante, seguido de avogados, xuristas,funcionarios, militares..

• Non asistiu ningún artesán ou campesiño e poucos pequenos comerciantes.

• Tendencias ideolóxicas:absolutistas ou servís e liberais.

Page 32: A implantación do liberalismo en españa (1)

A labor lexislativa das Cortes.

As Cortes reuníronse en Cádiz o 24 de Setembro de 1810. As súas priméiras medidas foron:

• Proclamación da Soberanía Nacional que as Cortes asumen, e separación de poderes.

• Abolición de señoríos xurisdicionais e dos privilexios de orixe feudal. Recoñecemento de señoríos territoriais como propiedade privada.

Page 33: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Igualdade ante a lei que supón o fin da sociedade estamental.

• Liberdade de imprenta.• Supresión do tribunal da Inquisición.• Supresión de aduanas internas e dos

gremios.• Supresión de terras vinculadas e

morgados.• Elaboración dunha Constitución.

Page 34: A implantación do liberalismo en españa (1)

PRIMER DECRETO DE LAS CORTES

Los diputados que componen este Congreso, y que representan la Nación española, se declaran legítimos en Cortes generales y extraordinarias y que residen en ellas la

soberanía nacional.Las Cortes generales y extraordinarias de la Nación española, congregadas en la Real Isla de León con la voluntad general, pronunciada del modo más enérgico y patente, reconocen, proclaman y juran fidelidad al legitimo Rey al Señor D. Fernando VII de

Borbón; y declaran nula de ningún valor ni efecto la cesión hecha en favor de Napoleón, no sólo por la violencia que intervino en aquellos actos injustos e ilegales por faltarle el

consentimiento de la Nación. No conviniendo queden unidos el Poder legislativo, el ejecutivo y el judiciario, declaran las Cortes soberanas, que se reserva el ejercicio del

Poder legislativo en toda su extensión.Decreto I (24-10-1810)

Page 35: A implantación do liberalismo en españa (1)

A Constitución de 1812

• Tras un intenso debate sobre o modelo de constitución e monarquía, promulgouse a popularmente coñecida como A Pepa o 19 de Marzo de 1812.

• A Constitución recollía o espírito das ideas liberais da revolución conxugado coas tradicións.

Page 36: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Establécense os seguintes principios:• Soberanía nacional.• Recoñecemento de dereitos e liberdades

individuais e igualdade ante a lei.(dereito á propiedade, liberdade económica)

• División de poderes. O lexislativo correspondía ás Cortes, o poder executivo ao rei e o goberno nomeado por él e o poder xudicial era independente.

• Monarquía limitada.• Catolicismo de Estado.• Crease a Milicia Nacional (Corpo civicomilitar

para defender a orde pública e intereses constitucionais progresistas).

Page 37: A implantación do liberalismo en españa (1)

Selección de artículos de la Constitución española de 1812.

Art. 1º. La Nación española es la reunión de todos los españoles de ambos hemisferios. Art. 2º. La Nación española es libre e independiente, y no es ni puede ser pa­trimonio de

ninguna familia ni persona. Art. 3º. La soberanía reside esencialmente en la Nación, y por lo mismo pertenece a ésta

exclusivamente el derecho de establecer sus leyes fundamentales. Art. 4º. La Nación está obligada a conservar y proteger por leyes sabias y justas la libertad

civil, la propiedad y los demás derechos legítimos de todos los individuos que la componen.[ ... ]

Art. 12º. La religión de la Nación española es y será perpetuamente la Católica, Apostólica, romana, única verdadera. La Nación la protege por leyes sabías y justas y prohíbe el

ejercicio de cualquiera otra.Art. 14º. El Gobierno de la Nación española es una Monarquía moderada hereditaria.

Art. 15º. La potestad de hacer las leyes reside en las Cortes con el Rey. Art. 16º. La potestad de hacer ejecutar las leyes reside en el Rey.

Art. 17º. La potestad de aplicar las leyes en las causas civiles y criminales reside en los tribunales establecidos por la ley.[ ... ]

Art. 27º. Las Cortes son la reunión de todos los diputados que representan la Nación, nombrados por los ciudadanos en la forma que se dirá.[ ... ]

Art. 168º. La persona del Rey es sagrada e inviolable y no está sujeta a res­ponsabilidad.Art. 172º. Las restricciones a la autoridad del Rey son las siguientes:

Primera. No puede el Rey impedir bajo ningún pretexto la celebración de las Cortes en las épocas y casos señalados por la Constitución, ni suspenderlas, ni disolverlas.

Segunda. No puede el Rey ausentarse del Reino sin consentimiento de las Cortes.Tercera. No puede el Rey enajenar, ceder, renunciar o en cualquiera manera traspasar a

otro la autoridad real ni alguna de sus prerrogativas [ ... ]Quinta. No puede el Rey hacer alianza ofensiva, ni tratado especial de comer­cio con

ninguna potencia extranjera, sin el consentimiento de las Cortes.Séptima. No puede el Rey ceder ni enajenar los bienes nacionales sin el con­sentimiento

de las Cortes.Octava. No puede el Rey imponer por sí, directa ni indirectamente, contribu­ciones.

Undécima. No puede el Rey privar a ningún individuo de su libertad ni imponerte por sí pena alguna [ ... ]

Duodécima. El Rey, antes de contraer matrimonio, dará parte a las Cortes pa­ra obtener su consentimiento, y sí no lo hiciere entiéndase que abdica la Corona.

Page 38: A implantación do liberalismo en españa (1)

A restauración absolutista.O sexenio Absolutista 1814­1820

• En 1814, tras a firma do Tratado de Valençay Fernando VII O desexado regresa a España, pero non acepta as reformas levadas a cabo en Cádiz e prodúcese unha volta ás estruturas do Antigo Réxime.

• Á súa chegada, 69 deputados absolutistas presentan ao rei o Manifesto dos persas no que se reclama restaurar o absolutismo. que se fará en virtude do decreto de Valencia 4 maio 1814 que abolía a lexislación de Cádiz.

Page 39: A implantación do liberalismo en españa (1)

.• Manifiesto de los Persas• “Manifiesto que al señor D. Fernando VII hacen el 12 de abril del año 1814 los que escriben

como diputados de las actuales Cortes ordinarias de su opinión acerca de la soberana autoridad, ilegitimidad con la que se ha elidido la antigua Constitución española, mérito de ésta, nulidad de la nueva, y de cuantas disposiciones dieron las llamadas Cortes Generales y extraordinarias de Cádiz, violenta opresión con que los legítimos representantes de la nación están en Madrid impedidos de manifestar y sostener su voto, defender los derechos del monarca, y el bien de su patria, indicando el remedio que creen oportuno.

• SEÑOR: Era costumbre de los antiguos persas pasar cinco días de anarquía después del fallecimiento de su rey, a fin de que la experiencia de los asesinatos, robos y otras desgracias les obligase a ser más fieles a su sucesor. Para serlo España a V.M. no necesitaba igual ensayo en los seis años de su cautividad. Del número de españoles que se complacen en ver restituido a V.M. al trono de sus mayores, son los que firman esta reverente exposición con carácter de representantes de España, más como en ausencia de V.M. se ha mudado el sistema que regía al momento de verificarse aquélla y nos hallamos al frente de la nación en un Congreso que decreta lo contrario de lo que sentimos y de lo que nuestras provincias desean, creemos un deber manifestar nuestros votos y circunstancias que hacen estériles, con la concisión que permita la complicada historia de seis años de revolución. […]

• La monarquía absoluta (voz que por igual causa oye el pueblo con harta equivocación) es obra de la razón y de la inteligencia: está subordinada a la ley divina, a la justicia y a las reglas fundamentales del Estado; fue establecida por derecho de conquista o por sumisión voluntaria de los primeros hombres que eligieron a sus Reyes[…], por esto ha sido necesario que el poder soberano fuese absoluto, para prescribir a sus súbditos todo lo que mira al interés común, y obligar a la obediencia a los que se nieguen a ella. Pero los que declaman contra el poder monárquico confunden el poder absoluto con el arbitrario; sin reflexionar que no hay Estado (sin exceptuar las mismas repúblicas) donde en lo constitutivo de la soberanía no se halle un poder absoluto […]

• No pudiendo dejar de cerrar este respetuoso Manifiesto, en cuanto protesta de que se estime siempre sin valor esa Constitución de Cádiz, y por no aprobada por S.M., ni por las provincias,: aunque por consideraciones que acaso influyan en el piadoso corazón de V.M. resuelva en el día jurarla; porque estimamos las leyes fundamentales que contiene de incalculables y trascendentales perjuicios, que piden la previa celebración de una Cortes especiales legítimamente congregadas, en libertad y con arreglo a las antiguas leyes. Madrid, 12 de abril de 1814.”

• Manifiesto de los Persas. Entregado a Fernando VII a finales de abril en Valencia.

Page 40: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Decretouse a disolución das Cortes, abolición da Constitución.

• Restablécese a Inquisición, os señoríos xurisdicionais, privilexios fiscais da nobreza etc.

• Levouse a cabo unha represión contra afrancesados e aínda máis contra os liberais. Os primeiros foron considerados traidores e os liberais un perigo para a monarquía. Moitos deles abandonaron España cara ao exilio no Reino Unido e Francia.

Page 41: A implantación do liberalismo en españa (1)

• A volta ao Antigo réxime vai ter o apoios dos absolutistas, da Igrexa e do pobo.

• No contexto internacional, a derrota de Napoleón permitiu a restauración do absolutismo en toda Europa.

• Fórmase a Santa Alianza ou Europa de Viena polas potencias vencedoras.

http://www.youtube.com/watch?v=uFXm6YWabAE

Page 42: A implantación do liberalismo en españa (1)

• O goberno de Fernando VII nesta etapa vaise ver afectado por numerosos problemas:

• Guerra de Independencia das colonias americanas.

• Inestabilidade gobernamental con continuos cambios de ministros.

• Creba da Facenda.Intento de impoñer unha contribución única e proporcional que provoca rexeitamento dos privilexiados.

Page 43: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Os liberais tentarán recuperar o poder a través da conspiración e os pronunciamentos. Levantamento de parte do exercito que se pronuncia a favor de substituír un goberno por outro. Apóianse no exército ante a falta de apoio popular.

• Os liberais xuntáronse ademais en Sociedades patrióticas e sociedades secretas como a masonería.

• Moitos dos pronunciamentos fracasaron: Espoz e Mina en 1814; Porlier en 1815; Lacy en 1817

Page 44: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Pero o 1 de xaneiro de 1820 triunfa a insurrección do exército acantonado en Cabezas de San Juan (Sevilla) dirixido polo coronel Rafael del Riego. A revolución estendeuse ao resto de Andalucía e outras cidades españolas.

• O 7 de Marzo, Fernando VII tivo que xurar a Constitución. E deuse paso a un goberno de tipo liberal.

• O triunfo revolucionario español inspirou procesos revolucionarios en toda Europa, Portugal, Francia, Nápoles, Sicilia.

Page 45: A implantación do liberalismo en españa (1)

O Trienio liberal 1820­1823• O goberno liberal volverá a poñer en vixencia

toda a lexislación aprobada nas Cortes de Cádiz: Constitución, Sufraxio,Liberdades, Milicia Nacional, Supresión da Inquisición..

• Ademais levará a cabo reformas políticas sociais e administrativas:

Supresión do Réxime Señorial, vinculacións e morgados.

Supresión de ordes monacais. Desamortización dos bens das Órdes

suprimidas. Reforma da instrución pública. Reforma do código penal.

Page 46: A implantación do liberalismo en españa (1)

As divisións internas no Liberalismo.

A partir deste momento as loitas políticas non se darán solo entre absolutistas e liberais, se non dentro dos propios liberais, formándose dúas grandes tendencias:

• Liberais moderados. Favorables a un compromiso coas antigas clases dominantes e dar máis participación á coroa. Pretender introducir o Sufraxio censitario e a creación de dúas cámaras

Page 47: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Liberais exaltados. Pretenden volver estrictamente á

Constitución de 1812 e levar a cabo reformas máis radicais.

No goberno do trienio predominou a facción moderada, ainda que adoptáronse medidas dos exaltados como a supresión dos conventos.

Page 48: A implantación do liberalismo en españa (1)

• A crise entre os liberais favoreceu a inestabilidade do goberno , e os intentos absolutistas de restaurar o Antigo Réxime mediante un golpe de Estado.

• A isto hai que sumarlle os problemas da crise. Fracasada a desamortización e para solucionar os problemas económicos, os liberais vense obrigados a impoñer cargas fiscais directas.

• Ademais continuaba o problema da Guerra da Independencia das Colonias

Page 49: A implantación do liberalismo en españa (1)

A finais de 1822,tras o fracaso do golpe de Estado da Garda real, A Europa de Viena reunida no Congreso de Verona decide intervir en España para restaurar o goberno absolutista . En 1823 decide enviar un exército dirixido por Francia, Os Cen Mil Fillos de San Luis, ao que apoiaron realistas españois. Este restaurará no seu trono a Fernando VII que o 1 de Novembro facía a súa entrada triunfal en Madrid.

Page 50: A implantación do liberalismo en españa (1)

A década Ominosa 1823­1833

• Unha vez recuperado o poder absoluto Fernando VII abole todas as leis e institucións creadas no Trienio Liberal.

• Comeza a persecución e represión dos liberais (execución de Riego, Mariana Pineda…), que teñen que fuxir cara ao exilio.

• A administración e o exército foron sometidas a fortes depuracións.

Page 51: A implantación do liberalismo en españa (1)

• A sociedade estivo sometida a control e represión por parte da:

• Superintendencia Xeral de Policia

• do corpo de Voluntarios Realistas, recrutados entre as clases medias e populares que defendían o absolutismo, a tradición e a relixión.

• Xuntas de fe herdeiras da Inquisición.

Page 52: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Desde o exilio, os liberais conspirarán para restablecer as liberdades. Pero os seu intentos remataron en fracaso.

Page 53: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Pero Fernando VII decátase que ten que facer determinadas reformas, sobre todo no ámbito económico.

• A crise económica agrávase pola independencia das colonias americanas, era polo tanto necesaria unha reforma fiscal. Isto o enfrontará aos grupos privilexiados.

• Ademais leváronse a cabo cambios na administración do Estado,consello de ministros(1823).Se crea o Banco de San Fernando(1829),Código de Comercio(1829), Bolsa de Comercio de Madrid(1831), Ministerio de Fomento(1832).

Page 54: A implantación do liberalismo en españa (1)

• As reformas e a suavidade da restauración do Antigo Réxime exasperaban os sectores máis ultras do absolutismo, que empezan a agruparse en torno ao seu irmán Carlos María Isidro. Este grupo, os carlistas, protagonizarán diversas insurreccións, que logo derivarán nas guerras civís ou carlistas ao longo de todo o século XIX.A máis importante foi a revolta dos agraviados ou malcontents (1827).

Page 55: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Outra das reformas afectaba á cuestión sucesoria. En 1830 publícase a Pragmática Sanción, que derrogaba a Lei Sálica imposta por Felipe V e que impedía que as mulleres herdasen o trono.Isto permitirá reinas á súa filla Isabel.

• Este feito radicalizóu aos carlistas que apoiaban como sucesor a Carlos María Isidro. No verán de 1832 teñen lugar os sucesos de La Granja, nos que os absolutistas intentan que Fernando deroge a Pragmática Sanción.

• Cando morre Fernando en 1833 a súa filla Isabel foi proclamada raíña,Carlos reclamou a Coroa.

Page 56: A implantación do liberalismo en españa (1)

A Independencia das colonias americanas

• Longo e complexo proceso que se desenvolve entre1810­1824.

• O baleiro de poder producido tras a invasión napoleónica será aproveitado polos sectores reformistas da poboación americana para iniciar a súa propia guerra de independencia da metrópole. A protagonista será a poboación crioula.

Page 57: A implantación do liberalismo en españa (1)
Page 58: A implantación do liberalismo en españa (1)

Antecedentes e factores.• O reformismo borbónico do século XVIII

produciu un endurecemento do sistema colonial. • Desde 1765 increméntase o control económico

e as colonias quedan mais ligadas á metrópole. • Auméntase a presión fiscal.• A liberalización do comercio peninsular con

América beneficiou aos peninsulares en detrimento dos crioulos.

• Reforzo do control administrativo que deixa fora dos postos de goberno aos crioulos.

Page 59: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Entre os crioulos empezan a difundirse as ideas da ilustración e do liberalismo peninsular.

• Influencia da Independencia dos EEUU.

• Influencia da Revolución francesa.• Comeza a conformarse unha conciencia

nacionalista.• Estas influencias inspirarán o movemento

emancipador liderado por Simón Bolívar, Francisco de Miranda , San Martín ou Sucre.

• Hai un especial interese na independencia por parte de Reino Unido e os EEUU.

Page 60: A implantación do liberalismo en españa (1)

O proceso de independencia• Pódense distinguir dúas fases:• 1ª Fase 1808-1815 As abdicacións de Baiona e

o goberno de Xosé I tampouco foron aceptados nas colonias, e ó igual que na metrópole as élites dirixentes formarán xuntas que asumiran o poder nos distintos territorios. Estas non cuestionaban a administración española, en un principio se mantiveron fieis a Fernando VII. Pero algunhas evolucionaron cara a posicións emancipadoras e de autogoberno.

Page 61: A implantación do liberalismo en españa (1)

• No vicerreinato de Río da Prata será onde se inicie o proceso dende a xunta de Buenos Aires que logo se estenderá a outras zonas. Intentará liderar o proceso e incorporar as outras áreas.

• Paraguai ante a expedición de Buenos Aires o goberno fuxe e os paraguaios tras expulsar ás tropas porteñas declaran a súa independencia en 1811.

Page 62: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Vicerreinado de Perú.

• En Perú ten lugar o “Motín de Cuzco”, no que crioulos mestizos e indios únense contra os españois.

• En Chile prodúcese o movimento emancipador “vieja patria chilena”

• Pero este vicerreinato estaba en mans do vicerrei Abascal, a posición máis sólida do realismo.

Page 63: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Vicerreinado de Nueva Granada.• En Venezuela a xunta de Caracas formula

a declaración da Independencia en 1811.• O mesmo sucede en Colombia e

Ecuador.• No vicerreinado de Nova España, México

o proceso foi unha revolución social dos máis desposuídos liderado polo sacerdote Miguel Hidalgo . Pero o exterminio de o saqueo provocou unha alianza entre os crioulos e os peninsulares que fixo fracasar o movemento. Mais tarde foi retomado por outro sacerdote J. Morelos que proclama a independencia en 1813.

Page 64: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Coa volta de Fernando VII péchase esta fase, as expedicións españolas a Venezuela e as actuacións do vicerrei Abascal sufocan todos os movementos agás o do Rio da Prata, que no Congreso de Tucumán en 1816 declarará a Independencia das Provincias Unidas de América do Sur.

Page 65: A implantación do liberalismo en españa (1)

• 2ª Fase 1816-1824.• A loita está máis organizada.• Simón Bolívar e San Martín emprenden

unha serie de campañas que culminan na Conferencia de Guayaquil 1822, onde os líderes reparten as súas áres de influencia.

• En Chile, San Martín desde Buenos Aires atravesa os Andes e derrota aos exércitos realistas en Chacabuco e Maipu, dando lugar á Independencia de Chile en 1818.

Page 66: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Uruguai desde 1820 queda en mans portuguesas. A loita entre Brasil e Buenos Aires apoiada por Reino Unido, logrará a súa independencia en 1828.

• En México Os decretos anticlericais e a supresión do foro militar das milicias americanas durante o Trienio Liberal, provocan a unión entre os realistas e os conservadores crioulos. Agustín de Itúrbide proclama a monarquía constitucional e logo autoproclámase emperador e incorpora Centroamérica.

Page 67: A implantación do liberalismo en españa (1)

• En Venezuela Simón Bolívar se enfronta á resistencia do xeneral Morillo e libera Venezuela. No Congreso de Angostura en 1819 é proclamado presidente. Se pretende a creación de Gran Colombia (Venezuela, Colombia, Ecuador, Bolivia). En 1821 vencerá aos españois na Batalla de Carabobo onde se libera Colombia.

• En 1822 o seu lugartenente Sucre libera Ecuador na Batalla de Pichincha.

Page 68: A implantación do liberalismo en españa (1)

• En Perú, en 1820 San Martín avanza pero deixa o labor de expulsar aos españois a Simón Bolivar, que o conseguirá tras a victoria de Ayacucho en 1824 que permitirá a creación de Perú e Bolivia e marca o fin do dominio español.

Page 69: A implantación do liberalismo en españa (1)
Page 70: A implantación do liberalismo en españa (1)

Consecuencias da Independencia

• Para España supuxo a perda do seu papel como potencia internacional, pasando a seu un país de segunda fila.Só conservaba Cuba, Porto Rico, Filipinas e algúns enclaves no Pacífico e en África.

• No ámbito económico supuxo a perda do mercado exclusivo americano, de recursos facendísticos e agravou a crise española polos enorme recursos empregados(económicos humanos e militares).

Page 71: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Nos territorios americanos

• Producíronse loitas entre os países polos límites territoriais.

• Conseguen independencia política pero manteñen a dependencia económica con respecto de España, Reino Unido e os EEUU.

• Dáse un predominio da clase terratenente crioula, o poder dos caciques locais e o caudillismo militar.

Page 72: A implantación do liberalismo en españa (1)

A Rexencia de María Cristina 1833-1840

• Á morte de Fernando VII, a súa viúva convértese en rexente no nome da súa filla Isabel.

• Ao mesmo tempo os sectores máis intransixentes do absolutismo conxúranse arredor de Carlos Mª Isidro que reclama a coroa, comezando así as guerras carlistas, que durarán ata 1839.

http://www.youtube.com/watch?v=i8NGXKXQTxQ

Page 73: A implantación do liberalismo en españa (1)

• O desexo de asegurar o trono para a súa filla, fai que Mª Cristina busque apoios nos sectores liberáis más moderados, polo que iniciará tímidas reformas.

• Isto permitirá implantar un réxime liberal coa participación da burguesía, o exército e a presión popular.

Page 74: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Durante a rexencia sucederánse varios gobernos. Tras a morte de Fernando VII Mª Cristina nomea un gabinete presidido polo absolutista Cea Bermúdez. Este decreta a división provincial, realizada por ministro de Fomento Javier de Burgos antigo afrancesado. España quedaba dividida en 49 provincias que fixeron desaparecer os antigos reinos medievais. Búscábase unha maior centralización e control territorial.

Page 75: A implantación do liberalismo en españa (1)
Page 76: A implantación do liberalismo en españa (1)

• O inicio da primeira guerra carlista e as presións liberais obrigan á rexente a escoitar aos sectores que pedían unha convocatoria de Cortes para consolidar o trono e en xaneiro de 1834 chamou a Martínez de la Rosa, liberal moderado.

Este elabora o Estatuto Real, pseudoconstitución de signo tan conservador que se considera unha Carta Outorgada, propia do Liberalismo doutrinario. Establecía unha convocatoria de Cortes con dúas cámaras:

Page 77: A implantación do liberalismo en españa (1)

Estamento de Próceres. Cámara alta Estamento de Procuradores. Cámara Baixa.

A Soberanía residía no rei que a depositaba nas Cortes co rei.

As Cortes so podían lexislar á proposta do monarca que as convocaba.

O sufraxio indirecto,limitábase ao 0,15% da poboación.

Esta reforma non satisfacía aos sectores máis conservadores pois defendían o absolutismo.

Page 78: A implantación do liberalismo en españa (1)

Tampouco aos liberais doceañistasdoceañistas.Isto provocou de novo a división dos liberaisEntre: Moderados, partidarios de un sufraxio

censatario e amplos poderes para o rei. Progresistas, partidarios de limitar o

poder do rei e voltar á labor lexisladora das Cortes de Cádiz.

A partir de 1835 prodúcese un movementorevolucionario que non admite o EstatutoReal e provoca a dimisión de Martínez de laRosa.

Page 79: A implantación do liberalismo en españa (1)

• A raíña gobernadora chama a gobernar ao moderado Conde de Toreno en xuño. Este coa coa axuda de Mendizábal , o seu ministro de Facenda, tomará medidas contra as ordes relixiosas.

• Disolución de conventos con menos de 12 membros.

• Expulsión dos xesuítas

• Mentres, en xullo e agosto a oposición liberal progresista lánzase novamente á acción revolucionaria.

Page 80: A implantación do liberalismo en españa (1)

Protagonizada pola burguesía das cidades, organizada dentro da Milicia urbana.

As revoltas levaron á formación de xuntas locais e territoriais que asumiron o goberno e formulaban reivindicacións. Os movementos de carácter anticlerical e antiabsolutistas foron violentos con asaltos a conventos e fábricas (Bonaplata).

A extensión do conflito fixo que a rexente chamara a gobernar a Mendizábal.

Page 81: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Mendizábal acometerá un programa de reformas de tipo socioeconómico.

-Integración dos membros das xuntas nas Deputacións provinciais.

-Reforma do recrutamento militar mediante a redención de quintas (exención de alistamento mediante un pago)

- Desamortización dos bens das ordes suprimidas e do clero secular.

A desamortización supuxo un impacto nas ordes relixiosas, supuxo un forte impulso económico

Page 82: A implantación do liberalismo en españa (1)

• E un triunfo político, porque dende entón o grupo de novos propietarios que fixo bos negocios coa desamortización simpatizarán coa causa liberal.

• Porén estas medidas propiciarán que o clero abraze a causa carlista.

http://www.youtube.com/watch?v=i8NGXKXQTxQ

Page 83: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Pero o goberno de Mendizábal non introduciú cambios fundamentais, e as súas actuacións non deron resultados. Isto xenera desconfianza nos moderados e na rexente, que chama a Insturíz, un liberal moderado a formar goberno.

• No verán de 1836 prodúcense novos levantamentos ante a paralización das reformas. Estes rematan co Motín dos Sarxentos de La Granja, un novo pronunciamento que deu paso a un goberno de signo progresista.

Page 84: A implantación do liberalismo en españa (1)

• O novo goberno restablece a lexislación das Cortes de Cádiz e do Trienio Liberal.

• A presidencia está en mans de Calatrava, e Mendizábal de novo como ministro de Facenda.

• A Constitución de 1812 refómase e se promulga a Constitución de 1837.Esta supón un acordo entre progresistas e moderados.Os progresistas aceptan a non implantación da Soberanía Nacional completa e os moderados consinten nas desamortizacións.

Page 85: A implantación do liberalismo en españa (1)

Constitución de 1837

• Reforzamento do poder real. A Coroa tiña poder executivo, potestade lexislativa xunto coas Cortes e dereito a veto.

• Soberanía compartida entre as Cortes e a raíña.

• Cortes bicameráis: Congreso dos deputados e Senado, con iniciativa legal.

• Milicia Nacional

• Declaración de Dereitos e liberdades individuais.

Page 86: A implantación do liberalismo en españa (1)

Establécese a elección popular dos concellos por sufraxio universal masculino restablécese así a lei municipal de 1823. isto será motivo de disputa, xa que os concellos pasarán a ter amplas funcións e controlan á Milicia Nacional.

Lei electoral de 1837 Establece un sufraxio censitario onde solo poden votar un 2,2 % da poboación.

Lei de Imprenta que favorece a liberdade de expresión.

Lei xeral de desamortización.Decrétase a abolición definitiva dos señoríos e a supresións das vinculacións

Page 87: A implantación do liberalismo en españa (1)
Page 88: A implantación do liberalismo en españa (1)

As eleccións de outubro de 1837 dan o triunfo aos moderados, cuxo presidente será Evaristo Pérez de Castro.

Os moderados intentarán botar abaixo as reformas progresistas. Así iniciase a tramitación de novas leis como a Lei electoral de 1840 ou a Lei de Concellos. Isto provoca a oposición dos progresistas e un novo levantamento revolucionario, o que obrigou á rexenta a buscar o apoio do xeneral progresista Espartero para reprimir os motíns.

Page 89: A implantación do liberalismo en españa (1)

Espartero dimite tras a sinatura da Lei de Concellos por parte da Raiña. Pero a reactivación dos conflitos e a formación de xuntas fará que a rexente volva chamar a Espartero pero este négase e pon como condición un novo goberno progresista, disolución de Cortes e unha nova Lei de Concellos.

A raíña gobernadora renuncia á rexencia e nomea presidente a Espartero.

Estes últimos anos de goberno moderado están mediatizados pola guerra carlista.

Page 90: A implantación do liberalismo en españa (1)

As guerras carlistas• Ten os seus antecedentes na Revolta dos

Agraviados en 1827.Pero os primeiros levantamentos prodúcense tra a morte de Fernando VII e a proclamación como raíña de Isabel II.

• A guerra civil enfrentará aos partidarios da lexitimidade de Carlos Mª Isidro e aos de Isabel.

Pero non so foi un enfrontamento pola coroa, senón tamén un enfrontamento entre:

Liberalismo- Absolutismo.

Centralismo- foralismo.

Page 91: A implantación do liberalismo en españa (1)

• A proposta ideolóxica do carlismo defendía o tradicionalismo político, relixioso e social. Tamén proclamábase a defensa dos foros de País Vasco e Navarra. Isto recóllese no seu lema Deus rei e foros.

• As bases sociais do carlismo estaban compostas por:

-Nobreza absolutista. -O clero regular e parte do secular afectado polas

desamortizacións. -Fidalguía rural -Parte do campesiñado prexudicado pola abolición

foral e a desamortización dos concellos.

Page 92: A implantación do liberalismo en españa (1)

A primeira guerra carlista

• Primeira fase.Sep 1833-xullo 1835.

O movimento limítase ás provincias vascas e Navarra, norte de Cataluña e Maestrazgo.

• A superioridade do exército isabelino obriga aos carlistas a adoitar o sistema de guerrillas, organizados en partidas rurais dirixidas polo xeneral Zumalacárregui, que morre no intento de tomar Bilbao.

http://www.youtube.com/watch?v=-OVd7QswC1Y

Page 93: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Segunda fase, xullo 1835-Oct 1837. O conflito enténdese cara outras zonas de

Cataluña, Galicia, Andalucía, Estremadura e Madrid. Destacan as expedicións do xeneral Cabrera pero tiveron pouco apoio popular.

Outra foi a expedición real co obxecto de impoñer un pacto á raíña, pero o exército ao mando do xeneral Espartero obrigounos a retirarse.

Page 94: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Terceira fase, Oct 1837-xullo 1840.

Prodúcese unha división interna dentro dos carlistas:

-Uns, dirixidos polo xeneral Maroto son partidarios e chegar a un acordo coa raíña.

-Outros, dirixidos polo xeneral Cabrera son partidarios de continuar coa loita.

O triunfo dos primeiros permitirán a sinatura do Convenio de Vergara en 1839 , entre o Xeneral Maroto e Espartero.

Page 95: A implantación do liberalismo en españa (1)

Neste pacto comprometíanse ao mantemento dos privilexios forais e ao recoñecemento de emprego e grao dos militares carlistas. A cambio os carlistas aceptaban a Constitución de 1837 e recoñecían a Isabel II.

Carlos de Borbón non aceptou o acordo e a guerra continuou dirixida polo xeneral Cabrera en Cataluña e Aragón ata 1840, cando as derradeiras partidas carlistas marchan cara ao exilio en Francia.

Page 96: A implantación do liberalismo en españa (1)
Page 97: A implantación do liberalismo en españa (1)
Page 98: A implantación do liberalismo en españa (1)

Pero as reivindicacións carlistas mantivéronse e deron lugar a novos conflictos bélicos.

A Segunda guerra carlista 1846 1849 ou Guerra dos Mantiners. Protagonizada polos campesiños que protestaban pola crise agraria, os impostos, o recrutamento militar e a defensa dos dereitos de Carlos V( a razón , a oposición ao posible matrimonio entre Isabel II e o seu primo don Carlos Luís, fillo de Carlos Mº Isidro) Sufriran unha forte represión.

Page 99: A implantación do liberalismo en españa (1)

Terceira guerra carlista 1872-1876. Aproveitando a expulsión de Isabel e co reinado de Amadeo I e a I República. Esta será dirixida por Carlos, neto de Carlos Mª Isidro. Fracasará coa chegada de Alfonso XII.

En Galicia. Antonio López tivo un castigo exemplar.

www.youtube.com/watch?v=-OVd7QswC1Y

Page 100: A implantación do liberalismo en españa (1)

A Rexencia de Espartero 1840-1843

Page 101: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Tras a renuncia de Mª Cristina Espartero queda como rexente. Aínda que se debate entre os progresistas a correxencia, Espartero esixiu ser único rexente.O seu goberno apoiase nas clases medias e nos “ayacuchos ” e manten ao marxe aos membros do seu propio grupo como Olozaga.

-Desenvolvese a Constitución de 1837. -Supendese a Lei de Concellos de 1840 -Continúase coa desamortización(Lei de

Espartero).

Page 102: A implantación do liberalismo en españa (1)

Tras a firma do Convenio de Vergara cos carlistas hai un intento de resolución do problema foral de Navarra e País Vasco.

En 1841 A Lei paccionada recoñece a Navarra o dereito a conservar parte das súas institucións e particularidades forais. No caso vasco a negativa das suas autoridades a facer calquera concesión provocou a supresión dos seus privilexiós

Page 103: A implantación do liberalismo en españa (1)

O autoritarismo de Espartero provocará descontento tanto entre os moderados como nos propios progresistas, isto provoca unha escisión dos progresistas e un retraemento dos moderados, que se autoexclúen e conspiran coa rexente(Orde Militar española) .

En 1841 ten lugar un levantamento por parte dos xenerais moderados dirixidos por O’ Donnell, pero fracasa e é duramente reprimido. Isto provoca a perda do apoio dunha parte importante do exército.

Page 104: A implantación do liberalismo en españa (1)

No aspecto económico apoiase no librecambismo, o que producirá unha apertura de aduanas e favorecerá a entrada de produtos exteriores sobre todo ingleses. Isto prexudicará á industria catalana. Esta será unha das causas da insurrección en Barcelona en 1842, o descontento popular derivou nun motín que Espartero reprimiu duramente ordenando o bombardeo de Barcelona que provocou a ruptura definitiva entre progresistas e esparteristas.

Page 105: A implantación do liberalismo en españa (1)

Únense os descontentos que se enfrontan ao exército esparterista, tendo lugar o Pronunciamento do Xeneral Narváez en Torrejón de Ardoz xullo 1843. Espartero renuncia á rexencia e marcha cara ao exilio en Londres.

O goberno provisional dirixido por Joaquín Mª López intenta unha coalición entre moderados e progresistas, pero a inestabilidade obrigará a adiantar a maioría de idade de Isabel, coroada con só 13 anos.

Page 106: A implantación do liberalismo en españa (1)

O REINADO DE ISABEL II• Desde finais de 1843 ata 1868 a vida política española estará mediatizada pola personalidade e o carácter da nova raíña (de vida licenciosa influenciada polo seu confesor e a monxa Sor Patrocinio) e polo predominio dun liberalismo moderado apoiado pola raíña.

Page 107: A implantación do liberalismo en españa (1)

A vida política durante o reinado de Isabel II estivo caracterizada por:

• A práctica electoral sometida a corrupción e ao amaño, facilitará que case sempre gañe as eleccións a candidatura do goberno que as convoca.

• A frecuente suspensión de garantías sociais.

• Isto provoca un retraemento ou renuncia a participar nas eleccións por parte da oposición ou que recorra á violencia e ao pronunciamento.

Page 108: A implantación do liberalismo en españa (1)

• A escasa participación nas eleccións fai do pobo un simple espectador da vida política.

• As leis electorais darán poder aos xefes políticos e a notables locais que pasarán a ser os caciques, que negociarán os resultados a cambio de favores.

Page 109: A implantación do liberalismo en españa (1)

Perfílanse os incipientes partidos políticos.Durante este período Os liberais continúan

divididos entre moderados e progresistas.

Da ala esquerda do progresismo xorde o partido demócrata que defenderá a Soberanía popular e o sufraxio universal masculino, limitación do poder real, maiores liberdades a descentralización administrativa. Este grupo se dividía entre os partidarios da monarquía e os da república.

Page 110: A implantación do liberalismo en españa (1)

A Union liberal partido de centro entre moderados e progresistas liderado por O’Donnell.

O partido carlista que promovía a volta ao Antigo Réxime, o absolutismo monárquico e a defensa dos privilexios forais.

Estes partidos estaban moi afastados da realidade social.

Os militares van ter un papel moi activo, os espadóns Espartero,O’ Donnell e Narváez serán chamados á presidencia polos seus partidos.

Page 111: A implantación do liberalismo en españa (1)
Page 112: A implantación do liberalismo en españa (1)

Estas alteracións permiten distinguir tres períodos:

• A década moderada1844-1854.

• Bienio progresista 1854-1856.

• Goberno moderado-unionista 1856-1858

Tras os gobernos do progresista

Olozaga e o moderado

Gonzalez Bravo pasa a

dirixir o goberno o

xeneral Narváez.

Page 113: A implantación do liberalismo en españa (1)

A década moderada1844-1854A década moderada1844-1854

Con Narváez iníciase un longo período de homoxeneidade política dominada polos moderados, agás a experiencia do Bienio progresista e a do Xeneral O’Donnell.

Narváez modelou un estado centralizado de tipo conservador. Modificou as bases do sistema e promulga unha nova constitución en 1845, outra lei de concellos, incremento do poder da coroa, a centralización e redución do sufraxio.

Page 114: A implantación do liberalismo en españa (1)

A CONSTITUCIÓN DE 1845 establecía:• Soberanía Compartida entre o rei e as

Cortes.• Supremacía política da Coroa. Tern

poder executivo, comparte o lexislativo, nomea o goberno disolve e convoca Cortes, nomea ao Senado..

• Sufraxio censatario que restrinxe a participación política ao 0,8% dos cidadáns.

• Restrición de liberdades. Lei de Imprenta• Confesionalidade católica do Estado.

Page 115: A implantación do liberalismo en españa (1)
Page 116: A implantación do liberalismo en españa (1)

Reformas administrativas:Suprímese a Milicia nacional e se crea a Guarda

Civil en 1844. Lei de Concellos 1845 que impoñía o

nomeamento dos alcaldes das capitais de provincia polo goberno ou polo gobernador civil nas máis pequenas.

Suspéndese a Desamortización.Reforma fiscal 1845 de Alejandro Mon baseada

nos principios de proporcionalidade e simplificación dos impostos, pero as clases populares viron incrementada a presión fiscal cos impostos indirectos(consumos).

Reforma do sistema educativo co Plan de Estudios de Gil y Zarate.

Page 117: A implantación do liberalismo en españa (1)

Prodúcese ademais un novo levantamento carlista, a Guerra dos Mantiners ou Segunda Guerra Carlista en 1846.

En 1851 con Juan Bravo Murillo como presidente do goberno fírmase o Concordato coa Santa Sé, o que normaliza a relacións coa Igrexa católica rotas tras a desamortización eclesiástica. Supoñía a aceptación da relixión católica como única do Estado, a inspección da igrexa sobre o sistema educativo e o mantemento da igrexa por parte do Estado con cago aos orzamentos.

Page 118: A implantación do liberalismo en españa (1)

As medidas tomadas polos moderados orixinaron numerosas protestas. Os sectores máis radicais dos progresistas ante a imposibilidade de acceder ao poder protagonizan numerosos pronunciamentos que fracasarán.

Un destes pronunciamentos deuse en Galicia en 1846, encabezado por Miguel Solís, que se inicia en Lugo e é seguido por diversas cidades galegas, os revolucionarios estableceron unha Xunta Superior de Galicia.

Page 119: A implantación do liberalismo en españa (1)

Pero as tropas sublevadas

foron derrotadas e Solís e

once oficiais foron fusilados

en Carral. Este levantamento

esboza ademáis unha

reivindicación

específicamente galega.

Page 120: A implantación do liberalismo en españa (1)

O carácter cada vez máis ultraconservador dos gobernos moderados incrementou os descontentos incluso dentro das súas propias filas.

O cisma entre os moderados prodúcese a partir do Proxecto de Reforma constitucional que pretendía a restrición da participación política e as liberdades; ampliar as competencias da coroa e reforzar o executivo cun carácter autoritario. Os descontentos tamén se deron pola política financeira e económica de Bravo Murillo e pola corrupción.

Page 121: A implantación do liberalismo en españa (1)

En 1854 os progresistas e os moderados descontentos protagonizaron un pronunciamento militar polos xenerales O’Donnell, Dulce e Ros Olano en Vicálvaro e coñecido como “a Vicalvarada”. Os levantamentos se estenden e fírmase o Manifesto de Manzanares, onde se pedía reformar a lei electoral e ampliar o sufraxio, reimplantar a Milicia Nacional, descentralización municipal, supresión da camarilla palaciana e Convocatoria de Cortes constituíntes. Era un programa que atraía aos progresistas.

Page 122: A implantación do liberalismo en españa (1)
Page 123: A implantación do liberalismo en españa (1)

O pronunciamento derivou nunha revolución e formouse unha Xunta de Salvación, que trata de formar un goberno provisional a cargo de Evaristo San Miguel. Nestas revoltas aparecen por primeira vez reivindicacións demócratas e republicanas.

Esta etapa estivo dirixida por dous caudillos militares: Espartero e O’Donnell.

Page 124: A implantación do liberalismo en españa (1)

O bienio progresistaCando cae o goberno moderado a raíña

atemorizada e sen apoios nomea a Espartero xefe do goberno, O’ Donnell será nomeado ministro da guerra.

Este novo goberno é o resultado dunha coalición progresista –moderada con maioría progresista no Congreso.

Neste momento amplíase o panorama político. Desde a ala esquerda do progresismo xorde o partido demócrata e fórmase a Unión Liberal centrista.

Page 125: A implantación do liberalismo en españa (1)

A labor do bienio progresista:• Lei de Desamortización de Madoz 1855 que

pon de novo á venda os bens da Igrexa e os bens propios e comúns dos concellos.

Isto supuxo un duro golpe para a economía dos concellos e para os campesiños que se viron desposuídos do usufruto das terras comunais. Esta lei provoca a oposición da Igrexa e dos campesiños e incrementa as tensións e protestas no campo de Andalucía.

• Lei de ferrocarrís 1855 sentou as bases para a formación da rede ferroviaria .

• Lei de Sociedades de Crédito, de Banca e minería.

• Elabórase a Constitución non nata en 1856.

Page 126: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Ademais restablécese a lei de concellos de 1823 e a de Imprenta de 1837 e restablece a Milicia Nacional. Intenta tamén ampliar as bases electorais

O goberno ten que afrontar varios problemas:Ten lugar un novo levantamento carlista.Prodúcese unha profunda crise que produce un

alza de prezos e incrementa a débeda pública.Incrementase a conflitividade obreira e

campesiña e o goberno se enfronta á unha folga en Barcelona, a primeira folga xeral de España.

Todos estes problemas e as diferenzas entre Espartero e O’Donnell forzan a dimisión de Espartero e o apoio da raíña a O’Donnell ao que chama para gobernar.

Page 127: A implantación do liberalismo en españa (1)

Goberno moderado-unionista 1856-1863Nesta etapa altérnanse no poder os membros da

Unión Liberal, presididos por O’Donnell e os moderados presididos fundamentalmente por Narváez.

O novo goberno presidido por O’Donnell levou a cabo o desmantelamento do labor político e lexislativo do Bienio. Disolve as Cortes, a Milicia nacional, se reorganizan os concellos...

Restáurase a Constitución moderada de 1845 aínda que con algunhas modificacións como o mantemento dalgunhas leis progresistas como a de imprenta, a desamortización e a lei de concellos.

Isto provocará a destitución de O’Donnell.

Page 128: A implantación do liberalismo en españa (1)

Narváez volve a presidir o goberno. Suspende toda a lexislación progresista e se volve a un moderantismo máis conservador e autoritario. Restrinxen a liberdade de imprenta, o sufraxio, vólvese ao Concordato de 1851, se suspende a desamortización...

Os progresistas se retráen e optan pola vía conspirativa.

Destacan a aprobación da Lei Moyano 1857 de instrución pública, que establecía a gratuidade no ensino primario e crea os institutos de ensino medio.

Prodúcese unha crise de subsistencia que agudiza os conflitos sociais.

Page 129: A implantación do liberalismo en españa (1)

Narváez dimite e a raíña chama de novo a O’ Donnell que preside o goberno.Tras as

eleccións de 1858 previsiblemente gaña a Unión Liberal. Restablece parte da labor do bienio como a ampliación das bases electorais, pero non modifica a Constitución de 1845.

En política exterior embarcouse en diversos empresas militares co obxectivo de obter prestixio para a monarquía española como a de Conchinchina(1857-62),Mexico(1861-62), A Guerra do pacífico contra Perú e Chile(1862-64)ou a de Marrocos(1859-60), a máis importante.

Page 130: A implantación do liberalismo en españa (1)

En 1863 O’ Donnell é sutituido e se suceden gobernos cada vez máis autoritarios, inestables e ineficaces. A raíña volve chamar a Narváez que goberna de forma ditatorial.

• A oposición ao goberno se incrementa, a axitación popular aumenta.

• A monarquía está cada vez máis desprestixiada, polo apoio á Santa Sé no proceso de Unificación italiana, e pola conduta privada e amorosa da raíña.

• A critica de Emilio Castelar á raíña provocou a expulsión da súa cátedra da Universidade e a posterior protesta estudantil, brutalmente reprimida por Narváez a noite de San Daniel.

Page 131: A implantación do liberalismo en españa (1)

• Outro episodio foi a sublevación protagonizada polo xeneral Prim, que fracasou.

• Un novo pronunciamento militar no cuartel de San Gil en 1866 (carácter antidinastico)foi reprimido con dureza por O’ Donnell..

• Unha crise internacional en 1866 que afectou a todos os sectores produtivos e ás finanzas viu a agravar a situación.

• Unha crise de subsistencia.

• A crise favorece o crecemento dos partidos de esquerdas, demócratas e republicanos.

Page 132: A implantación do liberalismo en españa (1)

En agosto de 1866 progresistas e demócratas no exilio acordan o pacto de Ostende (Bélxica) onde se acorda o derrocamento de Isabel II e un cambio de goberno.

En 1867 morre O´Donnell e Narváez en 1868.A represión do último goberno moderado de

Gonzalez Bravo provocou o a asociación de unionistas, progresistas e demócratas promoven un pronunciamento en Cádiz por parte dos xenerales Serrano, Prim, Dulce e o almirante Topete. setembro de 1868

O manifesto remataba co berro “Viva España con Honra”, símbolo da Revolución de setembro de 1868, coñecida como La Gloriosa.

Page 133: A implantación do liberalismo en españa (1)

O Sexenio Democrático

Constitúe o primeiro intento democratizador da historia de España, aparece por primeira vez o Sufraxio universal (masculino) e unha ampliación dos dereitos sociais.

Ensáianse novas formas políticas como a democracia, o republicanismo e o federalismo, que serán o canle da participación política das clases populares.

Pero o intento de implantar un réxime democrático fracasará.

Page 134: A implantación do liberalismo en españa (1)

O levantamento militar de setembro deu paso a un movemento revolucionario, fruto da alianza entre progresistas e unionistas co apoio dos demócratas. Iníciase en Cádiz e logo se estende ao resto de Andalucía e a outros focos da Península.

Pouco despois os sublevados vencen ás tropas leais á raíña na batalla de Ponte de Alcolea (Córdoba).

Ao mesmo tempo nas cidades xorden xuntas revolucionarias dominadas polos demócratas que reclaman: Sufraxio Universal, liberdade de prensa,ensino, culto e asociación. Abolición dos consumos,supresión do sistema de quintas.

Renace a Milicia nacional baixo o nome de “Voluntarios da Liberdade”

Page 135: A implantación do liberalismo en españa (1)

Tras a marcha da raíña constitúese un goberno provisional presidido polo xeneral Serrano e no que estaban Prim, Sagasta.. Estaba formado por progresistas e unionistas, pero exclúen aos demócratas.

O goberno provisional adopta os principios defendidos polas xuntas a través do Manifesto da Nación como:

Liberdade de asociación,prensa,reunión,ensinanza.

Sufraxio universal

Emancipación dos fillos dos escravos das colonias..

Page 136: A implantación do liberalismo en españa (1)

Ademais póñense en marcha en marcha numerosas reformas tanto políticas como económicas (creación da peseta, arancel librecambista).

O goberno provisional convocou eleccións a cortes constituíntes que deron a maioría aos partidos progresista e unionista, pero os republicanos obtiveron unha ampla representación.

Pero as reivindicacións das clases populares ían deixándose de lado.

Elaborouse unha nova constitución, a máis liberal e a primeira democrática de España.

Page 137: A implantación do liberalismo en españa (1)

A Constitución de 1869• Soberanía Nacional de base popular.• División de poderes.• Recollía dereitos e liberdades individuais

individuaís(culto,ensinanza, reunión, asociación,expresión..)

• Sufraxio universal• Sistema bicameral (Congreso e Senado)• O poder executivo estaba nos ministros.• A monarquía estaba suxeita á soberania

nacional.

Page 138: A implantación do liberalismo en españa (1)

A adopción da monarquía obriga a nomear unha rexencia e buscar un novo rei.

Serrano será nomeado rexente e Prim ocupa a xefatura de goberno.

A rexencia ten que afrontar varios problemas:Guerra en Cuba.Oposición dos carlistas e os alfonsinos.Os republicanos.Descontento das clases populares.

O novo rei será Amadeo de Savoia, apoiado por Prim, por ser considerada a monarquía máis liberal de Europa.

Page 139: A implantación do liberalismo en españa (1)

O reinado de Amadeo I 1871-1873Desde a chegada de Amadeo a Madrid sufrirá o

menosprezo da aristocracia e dos mandos militares que preferían aos borbóns, ademáis morrera o seu principal valedor, Prim. O seu reinado estivo salpicado pola inestabilidade política e tivo que facer fronte a numerosos problemas:

División interna dos partidos unionistas e progresistas que se enfrontan e dificultan o goberno.

A guerra de Cuba que se inicia durante a rexenciaA terceira guerra carlista.Oposición republicana

Page 140: A implantación do liberalismo en españa (1)

Ademais increméntase o malestar do exército polo nomeamento do xeneral Hidalgo como capitan xeneral das Vascongadas o cal participara na represión dos artilleiros do cuartel de San Gil en 1866. e que enfrontou cos mandos artilleiros. Ista foi a escusa aproveitada por Amadeo para renunciar á coroa.