A lenda de Robin Hood.

46
Curso 2012-2013 A cova do lobo Seitodo. CEIP Bormoio- Agualada. Patricia Rodríguez Bardanca | Equipo de dinamización da biblioteca escolar. CADERNO DE INVESTIGACIÓN PARA O 2º CICLO DE E.P. A LENDA DE ROBIN HOOD.

description

Caderno de investigación dirixido ao 2º ciclo de Educación Primaria sobre a Idade Media e Robin Hood.

Transcript of A lenda de Robin Hood.

Page 1: A lenda de Robin Hood.

Curso 2012-2013

A cova do lobo Seitodo. CEIP Bormoio- Agualada. Patricia Rodríguez Bardanca | Equipo de dinamización da

biblioteca escolar.

CADERNO DE

INVESTIGACIÓN

PARA O 2º

CICLO DE E.P.

A LENDA DE ROBIN HOOD.

Page 2: A lenda de Robin Hood.

“Prestade atención ao que vai

acontecer,

a Robin Hood ides coñecer.

Viviu fai moitos anos na

época medieval,

tempo de loitas e guerras

e de castelos sen igual.

A través das súas aventuras

atravesaredes os bosques, os

valados, os pasos empedrados…

Todo para aprender a

investigar

a Idade Media e o que alí tivo

lugar.”

Page 3: A lenda de Robin Hood.

NOS TEMPOS DE ROBIN HOOD…

Os normandos era un pobo procedente de Francia.

No ano 1066 cruzaron o Canal da Mancha e invadiron

Inglaterra, que era o país dos saxóns.

Un século despois, Enrique II, de orixe normanda,

chegou a ser rei de Inglaterra.Tivo dous fillos: Ricardo, o

herdeiro ao trono, e Xoán, a quen se lle chamou “Sen

Terra”. A súa morte, o seu fillo Ricardo foi coroado e

tratou de que as leis fosen xustas para todos, normandos

e saxóns.

Sen embargo, ao pouco, Ricardo tivo que marchar

a Terra Santa nunha expedición militar. Na súa ausencia,

deixou ao seu irmán Xoán como rexente de Inglaterra,

pero para Xoán este feito non era suficiente xa que

desexaba permanecer no trono para sempre.

Así comezou a enfrentarse a todos aqueles que

eran partidarios de seu irmán, a esixir grandes impostos

aos campesiños e a cometer todo tipo de atropelos.

Robin Hood non puido permanecer indiferente

ante tales inxustizas.

Page 4: A lenda de Robin Hood.

CAPÍTULO 1. SOÑOS DA FRAGA.

-Nai! – exclamou o rapaz ao chegar á casa despois de pasar a mañá vagando pola fraga – está xa preparado o xantar?

A comida estaba xa sobre a mesa e Robin sentouse e empezou a comer, mentres a súa nai estaba fregando.

De repente, o rapaz dixo:

-É certo que o señor Locksley era o teu tío?

-Claro que sí, Robin – contestou ela.

-É certo que matou a un porcobravo sen que ninguén o axudase? – voltou a preguntar Robin.

-Así é – dixo a nai sorrindo -, foi unha fazaña moi valente e arriscada. Decidiu facelo porque o porcobravo salvaxe dera morte a varios campesiños cando atravesaban a fraga e ninguén ousaba enfrentarse a el.O señor de Locksley lanzouse sobre a besta e cravoulle o puñal no corazón. Despois, sacoulle os colmillos e levounos como trofeo para a súa casa.

Robin permaneceu calado imaxinando ao seu valente devanceiro camiñando só polo medio da fraga, cun puñal na man. Logo (…), saiu e botou a andar pola vereda de altos pastos que conducía dende a súa casa ata a zona boscosa de Sherwood (…).

Pero esa tarde, cando o sol comezou a poñerse, Robin aínda non aparecera pola casa. Mentres acendía a lámpada de aceite, a nai de Robin comezou a preocuparse. O seu pai decidiu saír na súa busca, mais ao chegar ás escuras sombras, viu unha figura correr en dirección á casa.

-Onde estiveches? – gritou anoxado o pai.

Robin explicoulle ao seu proxenitor que andivera pola fraga, buscando as pegadas dun porcobravo. Tamén atopara uns homes rudos pero alegres que lle diran algo de comer e auga fresca, ademáis de invitalo a practicar a loita con garrote. O que máis desexaba Robin era aprender a manexar o arco coas frechas, a montar a cabalo e coñecer tódolos segredos da fraga. E así medrou.

Page 5: A lenda de Robin Hood.

1.- Coloreade no mapa de Europa de amarelo o país onde residimos, España, de azul o país veciño, Francia, xa que de alí son os normandos e de vermello Inglaterra, de alí proceden os saxóns. Cal é a Canle da Mancha? Escribide onde corresponda.

Trazade unha liña negra dende Francia ata Inglaterra para sinalizar o camiño que seguiron os normandos cara o país saxón.

Page 6: A lenda de Robin Hood.

2.- Imaxinade que todos xuntos queredes viaxar de Francia a Inglaterra. Que medios de transporte empregaríades? Escribide no cadro os elexidos e debatide oralmente a conveniencia de empregar un ou outro.

Metro – Tren – Automóbil – Avión –

Barco/ferri .

Elaborade un cadro comparativo onde consten as ventaxas e os inconvintes.Para axudarvos, visitade a seguinte páxina: http://mvictoriaeducprimaria.blogspot.com.es/2011/11/medios-de-transporte-segundo-ciclo.html

Transporte por carretera. Transporte aéreo Ferrocarril

Ventaxas Inconvintes Ventaxas Inconvintes Ventaxas Inconvintes

Page 7: A lenda de Robin Hood.

3.- Que medios de transporte credes que se empregaban na Idade Media? Rodeade e logo comparade.

• Que medio de transporte credes que empregaron os normandos para chegar a Inglaterra?

4.- Actualmente, existe un túnel que atravesa a Canle da Mancha e conecta Francia con Inglaterra. Chámase o Eurotúnel e inaugurouse no ano 1.994. Visualizade a primeira parte do seguinte documental http://www.youtube.com/watch?v=cF7WeH6hcUE e contestade ás preguntas.

• En que ano comeza a súa construcción? Canto tempo tardou en construírse?

• Como se plantexou a súa construcción?

• Que pasaba se os túneles non se atopaban?

Page 8: A lenda de Robin Hood.

5.- Unha das máquinas máis importantes empregadas na excavación do Eurotúnel foi a tuneladora. Na Idade Media tamén había máquinas, pero non tan complexas. Éstas eran algunhas.

Dividídevos en grupos e completade as características visitando os enlaces.

POLEA

• É simple ou composta?

• De que partes consta?

• Para que se utilizaba?

ARCO

• É simple ou composta?

• De que partes consta?

• Para que se utilizaba?

Page 9: A lenda de Robin Hood.

CATAPULTA

• É simple ou composta?

• De que partes consta?

• Para que se utilizaba?

RODA

• É simple ou composta?

• De que partes consta?

• Para que se utilizaba?

Page 10: A lenda de Robin Hood.

6.- Imos crear a nosa propia catapulta con materiais de uso diario. Esto é o que precisamos:

Pasos a seguir.

Paso nº1. En primeiro lugar, recortamos a caixa de panos por a parte de arriba e deixamos dúas bandas de cartón nos extremos máis estreitos.

Paso nº 2. Aos lados da caixa facemos uns buratos polos que pasarán os dous lápis. Hai que asegurarse de que os buratos están ben alineados para que o lápis horizontal non quede torto. Faino a 2 cm do bordo superior e a 3 ou 4 cm do lateral.

Paso nº3. O seguinte paso consiste en montar os dous lápis e unilos coa goma en forma de cruz. Hai que abrir un novo burato na parte inferior da caixa, xusto no que sería a parte de atrás. Deste xeito, podemos montar o mecanismo que fará que a nosa catapulta funcione. É tan sinxelo como enrolar un extremo da goma no

limpiador da pipa, que actúa como manillar, e outro extremo na punta inferior do lápis que se coloca en vertical.

Paso nº 4. Agora o que nos queda é pegar o tapón, que é a canasta onde se coloca o proxectil, ó lápis. Debemos usar un

pegamento forte e esperar a que faga efecto para poder usar a nosa nova catapulta.

http://www.guiademanualidades.com/aprende-a-hacer-una-catapulta-para-jugar-12557.htm

Material necesario:

-Unha caixa de panos baldeira.

-Dous lápis.

-Un limpiador de pipas.

-Un tapón de botella de leite ou similar.

-Dúas gomas elásticas.

-Un bolígrafo.

-Unhas tixeiras.

-Un bote de pegamento.

Page 11: A lenda de Robin Hood.

CAPÍTULO 2. O PRIMEIRO TORNEO.

Unha tarde, sendo xa Robin un rapaz de máis de vinte anos, chegou ata a casa Will Scarlett, un xoven da súa mesma idade, curmán e amigo seu.

-Que tal, Robin? – saudou Will dende a porta -. Teño unha nova para ti.

-Pasa, Will – contestou Robin -. De que se trata?

-Hai unha feira a unhas millas de aquí, no condado de Nottingham – explicoulle ao seu amigo -. Os artesáns e granxeiros dos arredores irán ofrecer as súas mercadorías, pero o mellor é que se organiza tamén un torneo de tiro con arco; competirán os homes máis hábiles de toda a rexión: o premio é unha bolsa de moedas de ouro e un barril de cervexa!

-Coidado, rapaces – advertiulles o pai de Robin -. A feira de Nottingham soe ser o lugar de reunión dos nobres normandos. Non vaiades buscar pelexa!

Will e Robin non fixeron caso e o domingo pola mañá, ven cedo, marcharon montados nos seus cabalos cara a feira. Pero, moi preto da vila, bateron cun grupo de normandos reunidos á sombra dun carballo.

-A onde ides, mociños? – preguntaron.

Outro normando burlón, exclamou:

-Ja, ja! Observade os seus arcos! Non valen máis ca un penique.

Robin sentiu que se enfurecía.

-O meu arco e a miña frecha son tan bós coma os de calquera.

De pronto, Robin tomou o seu arco, sacou unha frecha e, case sen apuntar, lanzouna facendo que rozara levemente a orella do normando que falara primeiro. Fíxose un silencio. O home, impresionado, levou a súa man dereita á orella para asegurarse de que aínda estaba no seu lugar.

Robin e Will marcharon sen volver a cabeza.

Page 12: A lenda de Robin Hood.

Os comerciantes prepararan os seus postos no centro da praza e ofrecían as súas mercadorías. Robin achegouse ao grupo e inscribiu o seu nome para participar no torneo de tiro con arco.

Por fin chegara o momento. Cando foi o seu turno, Robin lanzou a súa frecha directamente sobre o branco. Sen embargo, tres ou catro rapaces normandos demostraron tamén a súa habilidade na puntería. Habería que atopar outra forma para decidir quen era o vencedor.

Guy de Gisborne, sheriff de Nottingham, que observaba o torneo, dixo:

-Ordeno que unha estreita vara de xunco sexa cravada na terra; o que poida derribala coa súa frecha, a unha distancia de catorce pés, será o gañador do torneo.

A proba era moi dificultosa xa que o vento balanceaba a póla de xunco. Un tras outro fixeron silbar as súas frechas pero ningún participante atinou. Robin tomou nas súas mans o arco e apuntando coidadosamente, disparou.

Crac! A esbelta póla ficou partida en dous atravesada pola frecha de Robin. O atronador aplauso do público encheu o aire. Guy de Gisborne fixo un xesto de desgusto e viroulle as costas aos competidores. Preferiu retornar ao seu castelo antes de ser el mesmo quen lle entregara o premio a ese saxón descoñecido.

7.- Dividídevos en grupos. Cada grupo cubrirá unha ficha relacionada coas diversións e os deportes que se practicaban na Idade Media. Buscade a información nos libros de consulta e nos enlaces que aparecen no blogue.

Page 13: A lenda de Robin Hood.

AS XUSTAS

• En que consistían?

• Quenes participaban?

• Cales eran as reglas?

• Para que se celebraban?

• Onde tiñan lugar?

FOTO MATERIAIS NECESARIOS

Page 14: A lenda de Robin Hood.

A CAZA

• En que consistía?

• Quenes participaban?

• Cales eran as reglas?

• Para que se celebraban?

• Onde tiñan lugar?

FOTO MATERIAIS NECESARIOS

Page 15: A lenda de Robin Hood.

O TIRO CON ARCO

• En que consistía?

• Quenes participaban?

• Cales eran as reglas?

• Para que se celebraba?

• Onde tiña lugar?

FOTO MATERIAIS NECESARIOS

Page 16: A lenda de Robin Hood.

OS TORNEOS: A SORTIXA E A QUINTENA.

• En que consistían?

• Quenes participaban?

• Cales eran as reglas?

• Para que se celebraban?

• Onde tiñan lugar?

FOTO MATERIAIS NECESARIOS

Page 17: A lenda de Robin Hood.

12.- Na Idade Media non había unha moeda común, senón que cada reino tiña a súa propia. En España empregáronse o ducado, o maravedí e o real, mentres que en Inglaterra usábase a libra esterlina, o chelín e o penique.

• Contestade. Cal é a nosa moeda actual? • Recortade as moedas e pegade cada unha no país de Europa onde sexa utilizada.

Page 18: A lenda de Robin Hood.

EUROS

PAÍSES EUROPEOS QUE EMPREGAN O EURO.

Alemania – Austria – Bélxica – Chipre – Eslovaquia

Luxemburgo – Malta – Países Baixos.

PAÍSES EUROPEOS QUE NON EMPREGAN O EURO.

Bulgaria (lev) – Dinamarca (coroa danesa) – Reino Unido (libra)

(litas) – Polonia (zloty) – República Checa (coroa checa)

LIBRA ESTERLINA COROA SUECA

LATS LETÓN

COROA CHECA

COROA DANESA

Eslovaquia – Eslovenia – España – Estonia – Finlandia – Francia – Grecia

EURO.

Reino Unido (libra) – Suecia (coroa sueca) – Hungría (florín húngaro) – Letonia (lats)

República Checa (coroa checa)-

COROA SUECA FLORÍN HÚNGARO

LITAS LITUANO ZLOTY POLACO

Grecia – Irlanda – Italia –

Letonia (lats) – Lituania

LEV BÚLGARO

Page 19: A lenda de Robin Hood.

CAPÍTULO 3. UNS ANOS DESPOIS.

Era un inverno cruel nos bosques de Sherwood. A neve pesaba sobre as pólas espidas e nin unha folla de herba se erguía por enriba do branco manto de xeo. A fraga sinalaba as terras que administraba o poderoso Guy de Gisborne. Entre as árbores apareciu de pronto unha figura temerosa, chea de farrapos; a súa pel víase vermella polas queimaduras do frío e os seus pés feridos polas fieitas. Era Sibald, o servo, que desorientado e débil, internábase cada vez máis nas profundidades da fraga. De pronto, un ruído detívoo. Uns cervos achegábanse. Sibald ocultouse detrás das árbores, preparou o seu arco e disparou unha frecha. Un pequeno cervo caeu e Sibald rematouno co coitelo.

O home, famento, devorou coma un can, o primeiro anaco de carne. De súpeto, sentiu que alguén se achegaba polas costas.

-Deixa o coitelo, Sibald – dixo o home sereamente.

-Robin… Robin de Locksley! – farfullou Sibald -. Amo Robin, tiña fame.

-E ganas de que te maten – replicou Robin -. Se o gardabosques atopa o cadáver do cervo, aforcarante Sibald. Quen caza un cervo recibe como castigo a morte.

Sibald contoulle a Robin que tiña muller e dous fillos e que caera enfermo cando comezara o inverno, cousa que non lle estaba permitida a un servo, e que Guy de Gisborne os botara da súa choza. Un home que non traballaba, non podía permanecer nin comer nas terras do Señor.

Robin ofreceulle a Sibald aloxarse na casa que herdara de seu pai, a pesares de que este feito podería resultar perigoso para el. Enterraron ó animal e dirixíronse cara aló.

Sen embargo, máis tarde, o gardabosques descubriu o cadáver do cervo e as pegadas que Robin e Sibald deixaran na neve de camiño a casa. O gardabosques informou a Guy de Gisborne do sucedido. Éste xuntou aos seus homes e con eles marchou apresar a Robin. Atacarían o seu fogar cando despuntaran as primeiras luces do día. Co que non contaban os normandos era con que todo o seu plan se viría abaixo.

Page 20: A lenda de Robin Hood.

Robin e o seu primo Will pronto se decataron de que ían sufrir un ataque. Con toda rapidez, Robin trazou un plan: atacar o campamento de Guy de Gisborne no medio da noite, mentras os seus soldados durmían.

Así foi. Cando o sheriff escoitou o tumulto, vestiu a súa armadura e saíu ao campo e, no medio da escuridade, gritou a través do seu ielmo:

-Robin de Locksley, depoñede as vosas armas e rendídevos!

Sen deixar de loitar, Robin respostou:

-E por que debemos rendirnos?

-Porque ti e os teus homes désteslle morte a un cervo na fraga de Sherwood – replicou Guy -. Por eso, declárote, Robin de Locksley, desposeído dos teus bens e condeado a perder a túa man dereita para que non volvas a empregar o teu arco.

-Sen xuicio, sheriff? – preguntou Robin.

-O caso xa está probado – respostou Guy. E agregou: - Facerei xustiza sobre ti e os teus homes no nome do abade.

-Os homes do sheriff, entretanto, fuxían cara as fragas, incapaces de organizarse para dar batalla frente a frente. A medida que os soldados se alonxaban, o silencio facíase máis notable para Guy que pronto entendiu que ficaba alí sen protección.

-Ei, sheriff! – gritou Robin -. Por toda esta loita convertinme nun home fóra da lei, e tamén estes homes tan leais que me acompañan. Agora, ti e o abade xa podedes apoderarvos da miña granxa. Dende hoxe declárovos a guerra tanto a ti coma a el.

Robin deixou fuxir ao sheriff e este prometeu que acabaría con el. Agora, Robin e os seus amigos terían que esconderse nos bosques de Sherwood para que non os puidesen atopar.

14.- Dividídevos en catro grupos para estudar como era a vida nos tempos de Robin. As áreas de estudo son: a vida na aldea, a vida no castelo, a vida na cidade e a vida no monasterio. Antes de empezar, poñede o medallón!

Page 21: A lenda de Robin Hood.

GRUPO1: OS CAMPESIÑOS

A VIDA NA ALDEA

OS CAMPESIÑOS/AS.

Page 22: A lenda de Robin Hood.

A VIDA NA ALDEA

a)Onde se ubicaban as aldeas?

b)Quenes vivían nas aldeas? Que dous tipos de campesiños había?

c)Como era o traballo no campo?

• Tarefas:

• Ferramentas:

d)De que se alimentaban os aldeanos?

e)Como ían vestidos?

IMAXE

Page 23: A lenda de Robin Hood.

GRUPO 2: OS CABALEIROS/AS.

A VIDA NO CASTELO

CABALEIROS/AS.

Page 24: A lenda de Robin Hood.

A VIDA NO CASTELO

a)Onde se ubicaban os castelos?

b)Quenes vivían alí?

c)Cal era o principal problema da vida no castelo? Como se solucionaba?

d) Para que servía cada parte do castelo?

� Patio de armas:

� Torre da homenaxe:

� Cabalerizas:

� Muralla:

� Almena:

� Foso:

IMAXE

Page 25: A lenda de Robin Hood.

GRUPO 3: OS ARTESÁNS

A VIDA NA CIDADE

ARTESÁNS.

Page 26: A lenda de Robin Hood.

A VIDA NO CIDADE

a)Como se protexían as cidades?

b)Quenes vivían alí?

c)Como eran as rúas? Como eran as vivendas?

d)En torno a que espazo se dispoñían as vivendas?Describídeo.

e)Que eran os gremios? Cal era a súa xerarquía?

IMAXE

Page 27: A lenda de Robin Hood.

GRUPO 4: OS MONXES

A VIDA NO MONASTERIO

MONXES.

Page 28: A lenda de Robin Hood.

A VIDA NO MONASTERIO

a)Quenes vivían alí?

b)Onde durmían os frailes? Describide o lugar.

c)Como se chamaba o comedor común? De onde conseguían os alimentos?

d)Cal é o lugar de reunión dos frailes? Que se decidía alí?

e)Que tarefas se levaban a cabo na biblioteca do monasterio?

f)Cal era a parte máis importante do monasterio? Define tamén claustro e pousada.

IMAXE

Page 29: A lenda de Robin Hood.

CAPÍTULO 4. O RESCATE DE LADY MARIAN.

A comezos da primavera Robin de Locksley estaba instalado nas fragas de Sherwood e o grupo de homes que o rodeaba fixérase máis numeroso: outros coma el refuxiábanse na espesura, fartos das inxustizas de baróns e abades, expulsados das terras que herdaran, perseguidos polo sheriff cando trataban de cazar algún animal que os liberase da fame e do frío durante o inverno.

Robin guiara aos homes cara cavernas onde poideran aloxarse, indicáralles camiños segredos que levaban cara fontes de auga cristalina, provira da súa propia granxa fariña para que non faltara pan e os expertos cazadores conseguiran o resto.

Robin, para non ser recoñecido polos comerciantes e outras xentes que cruzaban o bosque, cubría en ocasións a cabeza cunha carapucha, de ahí o nome de Robin Hood1.

Un día Robin viu a un cabaleiro acompañadao por un rapaciño de moi poucos anos atravesar a fraga. Ambos tiñan fermosos cabalos pero as súas roupas víanse pobres e vellas. Ían cara a abadía de Santa María, moi preto de Nottingham.

O cabaleiro, ao velo achegarse, botou pé a terra e díxolle:

-Vós debedes ser Robin Hood.

-Así é, cabaleiro – respostou Robin -. Que desexades?

-Chámome Sir Richard de Lea. Eu fun un rico cabaleiro normando ata fai dous anos. Parte da miña fortuna foime roubada e débolle cartos ó abade de Santa María. Se non pago a miña débeda, o abade apropiarase das miñas terras e do meu castelo.

-Eu prestareiche os cartos – dixo Robin.

O cabaleiro estaba emocionado e sorprendido. O seu acompañante non quitaba os seus ollos claros do rostro de Robin. Éste deulle os cartos e Sir Richard e o rapaciño montaron nos seus corceis e marcharon cara a abadía.

Hood1 significa “encapuchado” en inglés.

Page 30: A lenda de Robin Hood.

-Hoxe é o día! – farfullaba Hugo de Rainault, abade de Santa María -. Ás doce convertireime en dono das terras e do castelo de Sir Richard de Lea.

O astuto abade estaba convencido de que o cabaleiro non reuniría os cartos suficientes para pagar a súa débeda. Con el atopábase o sheriff Guy de Gisborne que planeaba casarse coa filla de Sir Richard, lady Marian.

De pronto, o cabaleiro, acompañado do rapaciño, entrou no gran vestíbulo.

-Veño liquidar a miña débeda – informou Sir Richard.

-Trouxéstedes os cartos? – inquiriu Hugo o abade.

-Sí, señor – respostou Sir Richard. E por debaixo da súa capa sacou dúas pesadas bolsas de moedas e púxoas enriba da mesa ante a ollada atónita do abade quen, furioso, vía perder a propiedade das terras e o castelo que tanto ambicionaba.

-Fica outro asunto por falar con vós, cabaleiro – interrumpiu o sheriff Guy.

-É certo – confirmou o abade Hugo, mentras contaba os cartos -. Desexo pedirvos a man da vosa filla Lady Marian para Guy de Gisborne, sheriff de Nottingham e o meu home de confianza.

-Eso xamáis! – gritou o xove acompañante de Sir Richard, facendo oír a súa voz por vez primeira.

-Lady Marian! – exclamou Guy de Gisborne sorprendido -. Que facedes así vestida coma un home?

-Acompaño ao meu pai a enfrentarse a feras inhumanas coma vós! – gritou Marian, ao mesmo tempo que o seu cabelo, a causa da explosión de furia, caía por debaixo do sombreiro que, ata aquel momento, o mantivera oculto.

-Basta xa de tratos! – exclamou Richard de Lea -. Entregádeme o papel que me declara libre da miña débeda e Marian e máis eu voltaremos ó castelo de inmediato.

Page 31: A lenda de Robin Hood.

-Concedédeme a man da vosa filla ou non vos darei o documento! – ameazou o sheriff Guy.

O abade Hugo axitou unha pequena campá e, de súpeto, entraron no vestíbulo un grupo de homes armados que lle impedían a Sir Richard e a Lady Marian marchar da habitación.

Sir Richard, ao ver que non podía enfrentarse só a tal cantidade de soldados, fuxiu da abadía deixando a Lady Marian alí e dirixiuse de contado ao bosque para pedirlle axuda a Robin Hood.

Robin reuniu aos seus homes e xuntos tendéronlle unha emboscada a Guy e aos seus soldados cando trasladaban a Lady Marian dende a abadía ata o castelo do sheriff. Robin loitou co sheriff Guy ata que lle fixo saltar a espada polo aire. Lady Marian ollaba incrédula a loita. Ningún home defendera a súa honra coma Robin Hood. Naquel momento, Robin tamén se virou cara a ela. Marian levaba un claro vestido liláceo e o seu cabelo ía recollido por unha peineta de igual cor. Era moi fermosa e delicada, con grandes ollos azuis e louros cabelos.

O sheriff fuxiu derrotado e Marian pediulle a Robin se podía ficar con el nas fragas de Sherwood. Os demáis aplaudiron e tiraron os seus sombreiros cara o aire.

-Marian – preguntou Robin -. Desexades ser, ademáis, a miña raíña?

-Si – respostou ela – porque xamáis coñecían a un home coma vós. Débovos a vida e a liberdade.

A voda celebrouse nunha noite de primavera. Marian e Robin permanecían baixo a fresca sombra dun carballo, de pé enriba dunha alfombra de follas verdes. Os convidados estaban dacordo en que poucas veces viran unha noiva tan fermosa.

FIN

Page 32: A lenda de Robin Hood.

15.- Imos a configurar o mapa dos castelos de España. En que provincia se atopa cada un? Recortade e pegade según corresponda.

Page 33: A lenda de Robin Hood.

Castelo de Arteaga (Biscaia). Castelo de Manzanares o Real (Madrid).

Castelo de Olite (Navarra).

Castelo de San Antón (A Coruña). Castelo de Calahorra (Granada). Castelo de Bellver (Alicante).

Castelo de Santa Bárbara (Alicante). Castelo de Coca (Segovia). Castelo de Belmonte (Cuenca).

Page 34: A lenda de Robin Hood.

Castelo de Montjuic (Barcelona). Fortaleza do Sol en Lorca (Murcia). Castelo de San Miguel (Tenerife).

Castelo de Alburquerque (Badaxoz). Castelo de Loarre (Huesca).

Page 35: A lenda de Robin Hood.

16.-O papel da muller na Idade Media era diferente ao que consideramos que ten que ser na actualidade. Face un estudo e logo comparade.

A MULLER NA IDADE MEDIA

a)As mulleres nobres: raíñas, princesas e señoras.

� Tiñan acceso á educación, é dicir, sabían ler e escribir?

� Que tarefas realizaban?

b)As mulleres monxas.

� Tiñan acceso á educación, é dicir, sabían ler e escribir?

� Que tarefas realizaban?

Page 36: A lenda de Robin Hood.

c)As mulleres campesiñas.

� Tiñan acceso á educación, é dicir, sabían ler e escribir?

� Que tarefas realizaban?

A MULLER NA SOCIEDADE ACTUAL

� Teñen acceso á educación?

� Que tarefas realizan?

Page 37: A lenda de Robin Hood.

17.- Estas son algunhas figuras que poden observarse nas tumbas dos grandes señores. Cada cabaleiro tiña un debuxo ou un deseño propio na armadura para ser recoñecido xa que a súa cara ía tapada pola visera do ielmo na batalla. Averiguade algúns rasgos da súa vestimenta, así como as súas principais armas.

Hugh le Despenser, conde de Winchester (1261-1326).

Page 38: A lenda de Robin Hood.

18.- A Idade Media abrangue os séculos V e XV. Construíde en papel continuo unha liña do tempo por séculos onde reflexedes:

-A época das cavernas.

-A época dos romanos.

-A época dos castelos e dos cabaleiros.

-A época dos descubrimentos.

-A época actual.

19.- Elaborade un Diccionario medieval con todas aquelas palabras que consideredes importantes para explicar a vida da época. Deberedes incluir as destacadas de cada capítulo da historia de Robin Hood, podendo engadir algunha máis. Incluide ilustracións ou fotos.

Page 39: A lenda de Robin Hood.

DÍA DO LIBRO. MARCAPÁXINAS DE ROBIN HOOD E MARIAN.

Page 40: A lenda de Robin Hood.

SEMANA DA PRENSA.

Escribide, en grupos de dous, unha noticia para a revista LERIA baseada en calquera feito que lle acontecera a Robin Hood (a loita contra os opresores, unha inxustiza, o rescate dunha dama en apuros, etc…).

Lembrade que unha nova consta de varias partes: o titular (destaca o máis importante da noticia), a entrada (resume a nova e destaca e resposta ás preguntas básicas) e o corpo (texto onde se recollen os acontecementos por orde de importancia).

Page 41: A lenda de Robin Hood.

LERIA, ______________ , ___ de __________ de ____________

titular

entrada

Page 42: A lenda de Robin Hood.

OBXECTIVOS XERAIS.

-Coñecer, de forma amena e divertida, unha lenda que serviu de argumento para a elaboración dun clásico da literatura

infantil.

-Desenvolver o gusto pola lectura de lendas e obras clásicas.

-Escoitar, representar e participar dalgún dos capítulos máis destacados da lenda de Robin Hood.

-Fomentar a curiosidade e a capacidade de investigar sobre diferentes aspectos da Idade Media.

-Desenvolver destrezas de uso e busca de información.

-Ampliar o coñecemento da biblioteca do centro e dun dos seus medios de difusión: o blogue (cales son as súas funcións, que

tipo de recursos proporcionan e de cales dispoñen).

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS.

-Resumir e organizar a información en blocos de contido.

-Distinguir entre información principal e secundaria, atendendo a unha serie de requerimentos.

-Traballar coa prensa e diferenciar as partes dunha noticia.

-Producir textos axeitados á idade do alumnado.

Page 43: A lenda de Robin Hood.

CONTRIBUCIÓNS AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS.

• Competencia en comunicación lingüística.

-Elaborar pequenos textos ou completar os xa iniciados.

-Interpretar diferentes tipos de información.

-Seleccionar os datos máis significativos.

-Empregar a lectura para acceder a outro tipo de contorno, cultura, fantasía e saber.

• Competencia matemática.

-Coñecer algúns datos máis sobre a moeda e os diferentes tipos de moedas que se empregan no continente europeo.

-Poñer en práctica procesos de razoamento que leven á solución de problemas ou á obtención de información.

• Competencia no coñecemento e a interación co mundo físico.

-Interpretar os cambios tecnolóxicos dados no ámbito do transporte e das máquinas.

-Coñecer os diferentes hábitos de vida e ocio que se levaban a cabo na Idade Media, así como o papel da muller na vida

cotiá.

-Manexar o mapa de España e coñecer o de Europa.

• Tratamento da información e da competencia dixital.

-Dispoñer de habilidades para buscar, obter e seleccionar a información, utilizando os medios cos que conta a

biblioteca para acceder.

Page 44: A lenda de Robin Hood.

-Usar diferentes soportes (impresos, audiovisuais, dixitais e multimedia).

-Realizar deducións de distinto nivel de complexidade.

-Desenvolver a actitude crítica e reflexiva na valoración da información dispoñible.

• Competencia social e cidadá.

-Apreciar as diferentes manifestacións culturais e artísticas da Idade Media.

-Apreciar as obras máis importantes da literatura universal.

• Competencia para aprender a aprender.

-Adquirir consciencia do que un mesmo pode facer e do que pode chegar a facer coa axuda de outros/as.

-Desenvolver a habilidade de obter información e transformala en coñecemento propio.

• Autonomía e iniciativa persoal.

-Afrontar as tarefas académicas, coñecendo e manexando as diferentes técnicas que permitan resolvelas

satisfactoriamente.

Page 45: A lenda de Robin Hood.

BIBLIOGRAFÍA.

• Harris, N. (2010): Viaja a la época de los castillos medievales. Susaeta. Madrid.

• Rowland, A. (2009): La vida en la Edad Media. SM. Madrid.

• Torres, M. (2005): Plan Plurianual para el mejoramiento de la enseñanza. Robin Hood. Gobierno de Educación. Buenos

Aires.

• Trapp, K. (2011): El castillo medieval. Elfos. Barcelona.

• Valiente, F. (2008): Busca en el castillo medieval. Susaeta. Madrid.

ENLACES

• A Idade Media: http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cmedio5/el_final_de_la_edad_media/indice.htm

http://catedu.es/chuegos/media/creditos.swf

http://catedu.es/chuegos/historia/leyenda.swf

• Presentación da Idade Media e características principais: http://imedayo.blogspot.com.es/2011/04/historia-para-ninos-13-la-edad-

media.html

• Presentación dos medios de transporte para alumnado do 2º ciclo: http://mvictoriaeducprimaria.blogspot.com.es/2011/11/medios-

de-transporte-segundo-ciclo.html

• O eurotúnel: http://www.inglaterra.net/tren-francia-inglaterra/ e http://www.youtube.com/watch?v=cF7WeH6hcUE

Page 46: A lenda de Robin Hood.

• As máquinas: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/andared02/maquinas/, xogos:

http://contenidos.santillanaenred.com/jukebox/servlet/GetPlayer?p3v=true&xref=200606201425_PRE_0_634912426&mode=1&rtc=1001&locale=

es_ES&cache=false

• A roda: http://masdehistoria.blogspot.com.es/2009/11/mas-inventos-la-rueda.html

• Como facer unha catapulta: http://www.guiademanualidades.com/aprende-a-hacer-una-catapulta-para-jugar-12557.htm

• Torneos e xustas: : http://www.quixote.tv/torneo.htm,

http://web.educastur.princast.es/cursos/cursowqp/aplic/gloria%20menedez/plantilla_webquest.htm#Introduction http://nea.educastur.princast.es/caballeros/

http://universalis.mforos.com/1222880/5761757-diversiones-en-la-edad-media/

http://es.wikipedia.org/wiki/Torneo_medieval

• A muller na Idade Media: http://www.arteguias.com/mujeredadmedia.htm e

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/sanwalabonso/wqyct/mq_mujermedieval/recursos.htm • Vida cotiá na Idade Media: http://catedu.es/chuegos/media/creditos.swf