a mazá reveladora de sucidade€¦ · Lavamos as nosas mans e repetimos o proceso, pero neste caso...

3
www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc MATERIAIS dúas mazás un coitelo dous recipientes de plástico ou cristal transparente Coas nosas mans sucias, collemos unha mazá sen lavar e cortámola en tiras non moi grosas cun coitelo tamén sen lavar. Colocamos as tiras finas desta mazá nun recipiente de plástico (tupper) ou cristal transparente, que tamén estará sen lavar. Se non dispoñemos nese momento de elementos sucios, podemos simplemente colocar sobre as mazás sucias restos do ba- rrido da casa para simular a sucidade. Pechámolo sen facer o selado coa tapa, simplemente colocámola para tapar. Lavamos as nosas mans e repetimos o proceso, pero neste caso empre- gando unha mazá e un coitelo que estarán ben limpos e usaremos un reci- piente para colocalas tiras da mazá que estará tamén ben lavado. Poñe- mos a tapa sobre o recipiente. Colocamos os 2 recipientes nunha zona iluminada e cálida (favorece o cre- cemento dos seres vivos), identificando ben cal é o recipiente sucio e cal o limpo. Ao pasar uns 2 ou 3 días, observarase que no recipiente sucio comezan a medrar mofos e outros microorganismos sobre a mazá, mentres que no recipiente limpo, a mazá permanecerá intacta (algo ennegrecida) máis días. Polo tanto, vemos que todo o que medra sobre a mazá sucia son microorganismos que estaban na sucidade. Por iso debemos lavarnos moi ben as mans, alimentos e utensilios que empregamos para comer! a mazá reveladora de sucidade

Transcript of a mazá reveladora de sucidade€¦ · Lavamos as nosas mans e repetimos o proceso, pero neste caso...

Page 1: a mazá reveladora de sucidade€¦ · Lavamos as nosas mans e repetimos o proceso, pero neste caso empre-gando unha mazá e un coitelo que estarán ben limpos e usaremos un reci-piente

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

MATERIAIS

dúas mazás

un coitelo

dous recipientesde plástico ou

cristal transparente

Coas nosas mans sucias, collemos unha mazá sen lavar e cortámola en tiras non moi grosas cun coitelo tamén sen lavar. Colocamos as tiras finas desta mazá nun recipiente de plástico (tupper) ou cristal transparente, que tamén estará sen lavar. Se non dispoñemos nese momento de elementos sucios, podemos simplemente colocar sobre as mazás sucias restos do ba-rrido da casa para simular a sucidade. Pechámolo sen facer o selado coa tapa, simplemente colocámola para tapar.

Lavamos as nosas mans e repetimos o proceso, pero neste caso empre-gando unha mazá e un coitelo que estarán ben limpos e usaremos un reci-piente para colocalas tiras da mazá que estará tamén ben lavado. Poñe-mos a tapa sobre o recipiente.

Colocamos os 2 recipientes nunha zona iluminada e cálida (favorece o cre-cemento dos seres vivos), identificando ben cal é o recipiente sucio e cal o limpo.

Ao pasar uns 2 ou 3 días, observarase que no recipiente sucio comezan a medrar mofos e outros microorganismos sobre a mazá, mentres que no recipiente limpo, a mazá permanecerá intacta (algo ennegrecida) máis días. Polo tanto, vemos que todo o que medra sobre a mazá sucia son microorganismos que estaban na sucidade. Por iso debemos lavarnos moi ben as mans, alimentos e utensilios que empregamos para comer!

a mazá reveladora

de sucidade

Page 2: a mazá reveladora de sucidade€¦ · Lavamos as nosas mans e repetimos o proceso, pero neste caso empre-gando unha mazá e un coitelo que estarán ben limpos e usaremos un reci-piente

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

BIODEGRADACIÓNos microorganismos

e a hixieneQUE SON OS MICROORGANISMOS?Son aqueles seres vivos que, ao ser tan pequenos, só se poden ver empregando un microscopio. Dentro deste grupo os máis coñecidos son as bacterias, virus e fungos.BacteriasSon seres vivos que pertencen a un reino chamado reino monera. Sabías que foron os primeiros habitantes do planeta? Son moi curiosas porque poden ter formas rectangulares, esféricas ou espirais, e porque unha bacteria pode multiplicarse e xerar 2 bacterias en menos de 30 minutos!PROS As bacterias son fundamentais no planeta, encárganse de reciclar materia que cae no solo (follas, madeira, corpos de animais mortos) para que poida nacer nova vida. E tamén son esenciais no noso corpo, pois moitas delas son precisas para a facer a dixestión.CONTRAS Algunhas bacterias causan enfermidades (gastrite, diarrea, cólera). As bacterias poden eliminarse empregando antibióticos. VirusOs virus poden non considerarse seres vivos (existe debate) porque non poden reproducirse por si mesmos: precisan doutro ser vivo para sobrevivir. Son os máis pequenos dos microorganismos.PROS Non todos os virus causan enfermidades, hai moitos inofensivos.CONTRAS Son causantes de numerosas enfermidades comúns coma o catarro ou a gripe e, a tan coñecida estes días, a enfermidade covid19. Os virus non se poden eliminar con antibióticos. FungosOs fungos pertencen ao reino fungi, onde existen numerosos organismos visibles a simple vista coma os cogomelos, ben ricos algúns deles (coidado coa recolección, tamén os hai velenosos!). Os lévedos e os mofos son fungos que son microorganismos.PROS Son seres vivos que tamén reciclan a materia e, ademais, algúns fungos (os lévedos) encárganse de facer medrar o pan e crear produtos coma o viño ou a cervexa. Ademais, a penicilina (famoso antibiótico) é producida por un fungo.CONTRAS Son causantes de problemas coma os fungos que aparecen nos pés, a tiña (enfermidade da pel),... Por outra banda, os mofos que medran nas froitas ou no pan tamén son fungos. A importancia da hixieneOs microorganismos habitan todos os recunchos da Terra, poden atoparse en calquera superficie que toquemos! Poden pegarse ao noso corpo (sobre todo ás mans), a roupa ou aos alimentos que vaiamos comer. Por sorte, moitos microorganismos elimínanse con xabón, polo que é fundamental lavarse con auga e xabón as mans (e tamén o resto do corpo), así como o lavado dos alimentos e utensilios de comida, e tamén o lavado da roupa. Esa será a nosa mellor defensa!

Page 3: a mazá reveladora de sucidade€¦ · Lavamos as nosas mans e repetimos o proceso, pero neste caso empre-gando unha mazá e un coitelo que estarán ben limpos e usaremos un reci-piente

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

QUE APRENDEMOS SOBREos microorganismos?

Crea a frase correcta ordenando as seguintes palabras, sabendo que sempre sobra unha. Para axudarvos, na resposta aparece a primeira palabra da frase.

EXEMPLO.

A OS HIXIENE INTELIXENCIA MICROORGANISMOS E

Os microorganismos e a hixiene.

Sobra: Intelixencia.

OS PARA UN VER MICROSCOPIO LUPA PRECISAMOS MICROORGANISMOS

Para

A SON MOITAS NECESARIAS PARA BACTERIAS VIRUS FACER DIXESTIÓN

Moitas

ANTIBIÓTICOS CON OS NON ELIMINAR SE VIRUS SI PODEN

Os

O FACER ALGÚNS BACTERIAS LEVEDAR PAN FUNGOS DE ENCÁRGANSE

Algúns

QUE SON OS FROITAS MEDRAN MOFOS NAS FUNGOS BACTERIAS

Os

CON MICROORGANISMOS PORQUE ELIMÍNANSE SAL É LAVARSE XABÓN MOITOS FUNDAMENTAL BEN

É