a micro pechado primavera 2012 nº 116a micro pechado amp Nº 116 3 Biografía de la lamprea Juan...

8
primavera 2012 a micro pechado 116 N o AMP sempre aplaudimos o feito de que o Ajunta- ment de Barcelona decida bautizar algunha praciña ou rúa co nome dalgunha vila ou persoeiro desta- cado de Galicia. Xa temos celebrado aquí, por exemplo, os xardinciños de Tiberio Ávila en Nou Barris, ou a praza Mari Luz Morales, en Francesc Macià. Desta vez non se trata dunha nova incorporación ao nomenclator barcelo- nés, senón dunha descuberta: a rúa Galicia, situada no barrio de Trinitat Vella. Desafortunadamente, trátase dun- ha vía pouco céntrica e de aspecto mais ben triste. De seguro que a maioría de vostedes, lectores galegos resi- dentes en Barcelona, nin sequera a tiñan visto nunca. R ecentemente, constituíuse na capital catalá un novo colectivo de galegos, denominado Asemblea Cultural Galega de Barce- lona (ACGB). A presentación oficial será o día 21 de abril no Ateneu Roig de Gràcia, a partir das 14.00 horas, e irá acompañada da celebración da 1ª Foliada Intercultural de Barcelona, unha festa na que haberá empanada, viño, queimada, música e baile. Forman parte da ACGB algúns colectivos xa coñecidos na comunidade galego- catalá, como Furafollas ou Galauda, e membros da antiga directiva do Centro Galego de Barcelona. Máis información: [email protected] http://acgbcn.wordpress.com O triste Carrer de Galícia Novo colectivo galegocatalán, e foliada á vista La revista gallega de Catalunya. AGAFA’M!

Transcript of a micro pechado primavera 2012 nº 116a micro pechado amp Nº 116 3 Biografía de la lamprea Juan...

Page 1: a micro pechado primavera 2012 nº 116a micro pechado amp Nº 116 3 Biografía de la lamprea Juan Prados e Jaume Rodón presentan o 27 de abril, no Centro Galego de Barcelona (CGB),

primavera 2012

a micro pechadonº116

No AMP sempre aplaudimos o feito de que o Ajunta-ment de Barcelona decida bautizar algunha praciña ou rúa co nome dalgunha vila ou persoeiro desta-

cado de Galicia. Xa temos celebrado aquí, por exemplo, os xardinciños de Tiberio Ávila en Nou Barris, ou a praza Mari Luz Morales, en Francesc Macià. Desta vez non se

trata dunha nova incorporación ao nomenclator barcelo-nés, senón dunha descuberta: a rúa Galicia, situada no barrio de Trinitat Vella. Desafortunadamente, trátase dun-ha vía pouco céntrica e de aspecto mais ben triste. De seguro que a maioría de vostedes, lectores galegos resi-dentes en Barcelona, nin sequera a tiñan visto nunca.

Recentemente, constituíuse na capital catalá un novo colectivo de galegos, denominado Asemblea Cultural Galega de Barce-lona (ACGB). A presentación oficial será o día 21 de abril no

Ateneu Roig de Gràcia, a partir das 14.00 horas, e irá acompañada da celebración da 1ª Foliada Intercultural de Barcelona, unha festa na que haberá empanada, viño, queimada, música e baile. Forman parte da ACGB algúns colectivos xa coñecidos na comunidade galego-catalá, como Furafollas ou Galauda, e membros da antiga directiva do Centro Galego de Barcelona. Máis información: [email protected]://acgbcn.wordpress.com

O triste Carrer de Galícia

Novo colectivo galegocatalán, e foliada á vista

La revista gallega

de Catalunya.

AGAFA’M!

Page 2: a micro pechado primavera 2012 nº 116a micro pechado amp Nº 116 3 Biografía de la lamprea Juan Prados e Jaume Rodón presentan o 27 de abril, no Centro Galego de Barcelona (CGB),

amp Nº 116

Desde que Manoel Carrete chegou á presidencia do Centro Galego de Barcelona (CGB), a entidade máis emblemática da comunidade galega en terras catalás semella que virou nunha organización da Igrexa Cató-lica.

As tallas dos santos, almacenadas ata hai pouco nas dependencias privadas do centro, recuperaron un lugar preeminente na sala Xulio Prieto, a estancia de entrada e a máis visible do CGB.

O novo logo do centro, resultado dun traballo profesional de moderniza-ción da imaxe corporativa —empren-dido pola anterior directiva—

desterrouse en favor do antigo logo; é dicir, un escudo con cáliz, apoiado nunha gran cruz de Santiago.

Aínda non pasaran dous meses da toma de posesión e xa se anunciou a organización dunha misa funeral en recordo dos defuntos dos socios do centro, unha cerimonia —oficiada, ao parecer, por dous sacerdotes xemel-gos— que podería ser acaída ao un de novembro, pero que está fora de lugar dentro da programación cultu-ral do mes de marzo.

Soubemos, tamén, que a flamante di-rectiva vén de reinaugurar a bibliote-ca Otero Pedrayo, unhas instalacións xa estreadas oficialmente hai unhas cantas décadas, pero que agora se volveron reinaugurar coa participa-ción activa dun sacerdote.

Ata certo punto é normal que as en-tidades culturais participen de cando en vez en celebracións relixiosas de arraigada tradición. As festas cristiás merecen todo o noso respecto.

Pero o que non pode ser é que o CGB se convirta nunha sancristía e que cada acto público sexa aproveitado para manifestar as crenzas relixiosas particulares de quen dirixe o centro. Porque, ademais, a directiva débese aos seus socios, e de seguro que hai moitos que non comungan coas mesmas ideas.

Curas no CGB

[email protected]

2

a micro pechado

Se foses un colaborador do A Micro

Pechado, cal sería o teu artigo?

Page 3: a micro pechado primavera 2012 nº 116a micro pechado amp Nº 116 3 Biografía de la lamprea Juan Prados e Jaume Rodón presentan o 27 de abril, no Centro Galego de Barcelona (CGB),

a micro pechado amp Nº 116

3

Biografía de la lamprea

Juan Prados e Jaume Rodón presentan o 27 de abril, no Centro Galego de Barcelona (CGB), ás 19.30 horas, a súa particular Biografía de la lamprea (edicións Trea), unha obra que percorre a historia deste mis-terioso peixe lambepedras desde múltiples puntos de vista (científico, artístico, gastronómico...). No acto de presentación participarán os dous autores do libro acompañados de Manuel Novoa, un galego amante da gastronomía, ex xefe de Costas en Catalunya. E para pasar da teoría á mesa, o restaurante do CGB preparará para a ocasión lamprea á bordelesa (cociñada no sangue do propio peixe), un prato difícil de atopar nos restaurantes de Barcelona. Biografía de la lamprea arrinca literariamente en Padrón e está prologado pola coñecida cociñeira Carme Ruscalleda. Ademais deste título, a parella de amigos formada por Prados e Rodón ten publicados outros libros, Eugenio Serrano Casanova, un nedense universal (Concello de Neda) e Comerma, un engin-yer de l’Armada en el segle de les llums (Publicacions de l’Abadia

de Montserrat).

Nos muros do mundo

Amauta Castro, bardo galego asentado en Girona, andará de xira por Galiza na semana do Sant Jordi para presentar o seu poemario Nos muros do mundo, publicado por Urco Editora. O 26 de abril, ás 20:00 h, estará na libraría Couceiro de Com-postela, acompañado de Antía Marante, da revista Grial, quen presentará o acto. E o día 27 trasládase á libraría Cartabón de Vigo, onde fará de presentador Francisco Táboas, tradutor e profesor da Universidade de Vigo, ás 20.00 h. Nos muros do Mundo está dispoñible para descarga na rede en Andar21: an-dar21.fiestras.com

El Port del nou món

Xulio Ricardo Trigo, escritor nado en Betanzos e afincado en Tarragona, participa o 4 de abril, ás 18.00h, na Casa del Llibre do Passeig de Grà-cia de Barcelona nunha mesa redonda baixo o título ‘A arte de novelar a historia’. Acompañarano os escritores Maria Carme Roca e Albert Salva-dó, e Jordi Fernando como moderador. A última obra de Trigo en catalán titúlase El Port del nou món (Edicions 62, 2011), unha novela histórica que reconstrúe os inicios da Barcelona portuaria. En galego, o seu último título publicado é o libro xuvenil A paixón de Alexandra (Xerais, 2010).

Especial Sant JordiDía do libro

Page 4: a micro pechado primavera 2012 nº 116a micro pechado amp Nº 116 3 Biografía de la lamprea Juan Prados e Jaume Rodón presentan o 27 de abril, no Centro Galego de Barcelona (CGB),

a micro pechado amp Nº 116

4

Cambio na directiva da Fegalcat

REDACCIÓN

A Federación de Entidades Culturais Galegas en Ca-talunya (Fegalcat) renovou o pasado mes de febreiro a composición da súa xunta directiva. Así, Domingo Bal-boa, presidente do colectivo barcelonés Cova da Serpe, pasou a ocupar a presidencia da Fegalcat, en substitu-ción de Luís Lamas, que se mantén como presidente de honra da federación. O cargo de vicepresidente desem-péñao agora Manoel Carrete, en representación do Cen-tro Galego de Barcelona. Ao parecer, o resultado das eleccións non gustou aos representantes da Casa Ga-lega de L’Hospitalet e de Rosalía de Castro de Cornellà, que ameazaron con darse de baixa da Fegalcat.

Arrinca o 120 aniversario do CGB

REDACCIÓN

O Centro Galego de Barcelona (CGB) celebrou o 24 de marzo o primeiro dos actos de conmemoración do 120 aniversario da entidade, coincidindo co XV Encontro de Corais Galegas en Cataluña. Segundo informaron desde o CGB, a efeméride contou cunha destacada presenza

institucional, entre a que figuraba a alcaldesa de Triacas-tela, Olga Iglesias, quen acudiu ao evento para participar nunha homenaxe á emigración galega. Ao parecer, a pri-meira emigrante galega –da que consta documentación– que chegou a Cataluña por razóns de traballo procedía destas terras. Chamábase María e foi contratada como ‘dida’, é dicir, para aleitar un neno. A alcaldesa recibiu unha copia do contrato laboral da súa antiga veciña.

A Banda Xuntanza cumpre un ano

REDACCIÓN

No mes de abril cúmprese un ano da presentación públi-ca da Banda de Gaitas Xuntanza de Catalunya, unha for-mación resultado da unión de músicos procedentes da Casa Galega de L´Hospitalet, de Amigos da Gaita Toxos e Xestas de Barcelona, da agrupación Rosalía de Cas-tro de Cornellà e da asociación Agarimos de Badalona. Cunha posta en escena espectacular e máis dun cento de integrantes, a banda Xuntanza naceu coa intención de participar en festivais internacionais e grandes esce-narios. O seu repertorio así como os arranxos non son estritamente tradicionais; tampouco o son a percusión e a estética do vestiario.

ASOCIACIONISMO GALEGO EN CATALUNYA

O pasado 28 de xaneiro celebráronse eleccións á presidencia do Centro Galego

de Barcelona (CGB). Dúas candidaturas fronte por fronte, a de Xosé Conde (Xepe) e a de Manoel Carrete, pero sobre todo dúas posicións, concepcións e maneiras ben diferenciadas no tocante ao proxecto que ambas as dúas presentaban para xestionar o CGB nos vindeiros tres anos. A candidatura de Xepe, moi presente nas redes sociais, mostrábase con fasquía contemporánea e disposta, conservando a tradición e as actuais actividades do centro, a afondar na achega do CGB ao tecido asociativo e cultural da cidade de Barcelona coa vontade de constituírse, como expoñían no seu programa electoral, “en punto de referencia da comunidade galega en Cataluña”. Pola contra, a candidatura de Carrete, con reminiscencias do século XIX, apelaba á recuperación e mantemento da tradición como eixo central da súa acción. Dá conta disto a frase cabeceira do tríptico publicitario co programa que

p r e s e n t a b a n : “Esta candidatura encabezada por Manoel Carrete, ten un marcado espírito de retorno ás tradicións do Centro Galego que dende hai uns anos se perderon”.O resultado, como era de esperar nunha entidade conservadora e con socios na súa maioría en idade xubilar, foi contundente a favor da candidatura de Carrete, que superou por 103 votos a 54 á de Xepe. Tampouco foi sorpresa observarmos, mentres cubriamos o acto para o programa de radio Galiza algo máis, como moitos dos socios que se

encamiñaban á urna eran guiados por membros dunha das candidaturas, que mesmo lles entregaban o voto en sobre pechado. A carretaxe funciona tamén neste cativo e pequeno mundo do CGB. E todo, entendemos, por controlar eses pequenos privilexios e prebendas que proporcionan o pertencer ao grupo de directivos e achegados da entidade.

Vitoria de Carrete nas eleccións ao Centro Galego

SUSO MON

Manoel Carrete

Page 5: a micro pechado primavera 2012 nº 116a micro pechado amp Nº 116 3 Biografía de la lamprea Juan Prados e Jaume Rodón presentan o 27 de abril, no Centro Galego de Barcelona (CGB),

a micro pechado amp nº116

5

Cancelados os cursos Celga na UAB

REDACCIÓN

Finalmente, a UAB Idiomes comezou un novo trimestre sen aula de galego. O Servei de Llengües da Autònoma sus-pendeu a convocatoria dos cursos Celga, ao non rexistrar un número suficiente de matriculacións. Así e todo, houbo xente interesada nos cursos, sobre todo no Celga 1 e no Celga 4. Deste último nivel, chegou a inscribirse un gru-po de 5 persoas, mais esixían un mínimo de 8, polo que as clases quedaron canceladas. Esta era a primeira vez que a Universidade con sede en Bellaterra ofrecía aulas de galego dentro da súa oferta de aprendizaxe de linguas modernas. Non puido ser, alén da escasa e tardía difusión feita pola institución, o prezo de 300 euros non axudou ao éxito da convocatoria.

Rosalía de Cornellà convoca os seus certames literariosREDACCIÓN

A asociación cultural galega Rosalía de Castro de Cornellà vén de convocar una nova edición dos seus concursos li-terarios anuais. Así, ata o 15 de outubro está aberto o pra-zo para presentar obras orixinais ao XXVI Certame de poe-sía Rosalía de Castro e ao IX Certame de narrativa Rosa Reboredo. Os traballos de poesía deben ser en galego e contar cunha extensión de entre 30 e 100 versos. E os de narrativa, poden ser en galego ou en catalán, e teñen que ocupar unha extensión de entre dúas e sete páxinas (letra corpo 12, a dobre espazo). O concurso de poesía está dotado con tres premios de 500, 300 e 200 euros, e o de narrativa, cun único galardón de 500 euros.Máis información: Asociación Rosalía de Castro. C/ Fre-deric Soler, 71, 08940, Cornellà de Llobregat (Barcelona).Tel. 93 375 11 03.

Actuación de Toxos e Xestas en Sants

REDACCIÓN

Os alumnos de Toxos e Xestas actúan o sábado 21 de abril na Festa del Comerç organizada pola asociación de comerciantes do barrio de Sants de Barcelona. O espec-táculo iniciarase cun pasarrúas ás 17.30 h na Plaça de Sants, e continuará ás 18.30 h coas actuacións do grupos de danza, da banda de gaitas e da banda infantil de har-mónicas.

Ergac busca locutores de radio

REDACCIÓN

Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (Ergac) bus-ca redactores e locutores de radio que residan en Barce-lona e estean dispostos a dedicar tempo a un proxecto comunicativo sen ánimo de lucro. O único requisito é do-minar o galego. Os interesados poden poñerse en contac-to coa asociación no correo [email protected].

Medios e subvencións

Non é a primeira vez que escribo no A Micro Pe-chado das axudas aos medios de comunicación que traballan na lingua propia do noso país. É a eterna discusión que adoitan criticar os que asen-taron en tempos do franquismo a influencia das súas empresas e que ollan con desconfianza aque-les que comproban que ao final só serven para o control político da información. A finais dos anos 90

foi Francisco Fernández del Rie-go, daquela presidente da

Real Academia Galega, quen esixía a progre-siva galeguización da prensa con sede en Galiza. Unha das ins-titucións que debía ter máis responsa-bilidade en fomentar

unha mudanza na si-tuación de minorización

que sofre o galego era, e é, a administración autonó-

mica, a Xunta. Non foi así ao lon-go de todos estes anos, malia o inicio dun cambio por parte do goberno PSdeG-BNG coa creación dunhas axudas propias para a prensa monolingüe en galego que ata entón priorizaba a prensa diaria fronte ao emprego do idioma. Coa chegada do PP, as axudas reducíronse á mínima expresión co resul-tado dunha rápida desaparición de empresas his-tóricas e doutras que xurdiron con ilusión nos anos 90. Estes días anunciouse a colaboración econó-mica pública cun semanario local da empresa que edita El Correo Gallego para mudar o seu nome (de “Tierras de Santiago” pasa a ser “Terras de San-tiago”) e o incremento do galego nos contidos de deportes, cultura e tecnoloxía. Non hai cifras desta operación (ou polo menos non se fixeron públicas) e o resultado non semella moi esperanzador. Iso si, sabemos que a prensa en castelán recibiu dende a chegada de Feijóo 11,8 millóns de euros de fondos públicos. Xulguen vostedes que futuro lle queda á lingua galega se quen ten que defendela por lei aplica maneiras tan sectarias e partidistas.

ANTÓN F. ESCUREDO

Deitado fronte ao mar

Coa chegada do PP, as axudas

á prensa en galego reducíronse á

mínima expresión, co resultado dunha rápida desaparición

de empresas

Page 6: a micro pechado primavera 2012 nº 116a micro pechado amp Nº 116 3 Biografía de la lamprea Juan Prados e Jaume Rodón presentan o 27 de abril, no Centro Galego de Barcelona (CGB),

a micro pechado amp nº116

6

Significa poñer a unha persoa nunha situación apuradísima na que non lle queda elección.Esta expresión fai a representación gráfica dun home desarmado, cunha espada no peito e coa parede ás súas costas: non hai para onde escapar e, polo tanto, só cabe unha solución, renderse e aceptar as condicións da rendición, por moi aldraxosas que sexan. Para referirse a este tipo de situacións apuradas, nas que se está nunha situación realmente comprometida e apretada, escoitei a unha paisana de Santiago a frase: “Estar entre o eixo e a roda”. Sinceramente, gústame

moito máis e recoméndovos o uso dela. Velaquí as equivalencias que atopei para o inglés e para o francés.

En inglés dise: “To be between the devil and the deep blue sea”. Traducida ao galego sería: “entre o Demo e o profundo mar azul”. Poético de máis, é ou non é?

En francés dise: “Être entre le marteau et l’enclume” que traducida ao galego viría a ser: “estar entre o martelo e a bigornia”. Esta gústame máis, moi enxebre!

XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ

Fraseoloxía

‘Poñer entre a espada e a parede’

Deixa de emitirse o programa

Barcelona Atlántica

Pois si, é certo. O Barcelona Atlàntica rematou. Non sei se para sempre, xa sabedes como son estas cousas. Pero, polo momento, as ondas de Ràdio

Trinitat Vella ficaron sen as voces en galego que viñan falando alí desde o ano 2007. Foron máis de 200 horas de radio na diáspora que pretenderon dar unha imaxe reno-vada dos galegos e galegas en Catalunya. A xente moza foi o motor desa embarcación atlántica que partía todos os martes desde a badía barcelonesa da Trinitat. Mais che-gou o momento de poñer un punto e aparte. Din que os mozos somos leña verde: todo fume. Pero como vos digo, no noso caso non foi así. Máis ben ao contrario, deixamos este camiño para emprender outros de maior relevancia. Ou iso agardamos. Pero, como todo na vida, unhas cousas morren e outras nacen. Din os que saben que non hai que parar na procura (e na conquista) de espazos críticos. O certo é que a perda dun programa de radio é a perda dun espazo simbólico; é a perda dun imaxinario. Desde as cousas máis elaboradas ou técnicas até a anécdota máis insignificante, semella que desaparece para nunca endexamais volver. E para evitar esa sensación de baleiro, nós non desaparecemos. Nacerá neste 2012 o que demos en chamar o “Espazo Barcelona Atlántica”. Que que é? Pois nin nós o sabemos, exactamente. Será a caixa onde depositar os recordos do programa de radio, pero tamén a base que utilicemos para construír novas aventuras. O lugar onde tomar un bocadillo,

SILVIO FALCÓN

ou alí onde poder falar do que van facendo os diferentes integrantes do programa. Dicía un aforismo: “Avanzar por camiños construídos é ne-garse a oportunidade de construír mellores camiños”. E isto foi o que nos aconteceu. Ampliar as fronteiras para chegar màis lonxe. Sen deixar de ollar sempre para a nosa fermosa Barcelona Atlàntica.

Adeus ao Aturuxos Bóla ExtraAo peche desta edición, tamén se anunciaba a cancelación do veterano programa ‘Aturuxos bóla extra’, conducido por Alberte Montes desde Ràdio Ciutat Vella. Deste xeito, nun curto período de tempo desapareceron dous programas emblemáticos da grella radiofónica de Ergac. As razóns, a imposibilidade dos seus directores de seguir dedicando tempo á realización dos programas.

Page 7: a micro pechado primavera 2012 nº 116a micro pechado amp Nº 116 3 Biografía de la lamprea Juan Prados e Jaume Rodón presentan o 27 de abril, no Centro Galego de Barcelona (CGB),

amp nº 116a micro pechado

7

Peor estou eu

O bar de sempre, a cervexa diaria. Ao pé da fies-tra o Alberte e mais o Xocas repasan acontece-mentos, viravoltas. Quen roubará eses carros?, pregunta o Xocas mentres ven pasar pola beirarrúa unha muller coa vontade prendida ao carro de hipermerca-do, ateigado de bolsas, de obxectos, de boca-dos resistentes. Aínda acabaremos todos sendo caracois desafiuzados, respóndelle o Alberte; antes non se vían mulleres así polas rúas de Vi-lachá.

A filla do Xocas ten mentes de ir traballar fóra. Onde vai ir, ela que é estudada?, vai marchar co rapaz ese?; interrogacións preocupadas. O rapaz, Alberte, como ti ben sabes chámase Ma-rek, polaco, e seica agora atopa traballo no seu país, e a Alicia non se cansa de repetir que se vai canda el, aínda que sexa para fregar pratos. Todo se troca do revés, Xocas; hai poucos anos semellaba que todos querían vir aquí, e agora volvemos liscar nós; mesmo se pode dicir que o mundo completou unha volta enteira, e agora toca apalpar de novo as fondas mancadelas da vida.

As perspectivas económicas en Vilachá son ren. Si; imos para tras, tornamos para os luns e os outros días ao sol. Cada día que pasa a xente quéixase máis, Xocas; isto ten trazas de ir re-bentar por algún sitio. Contoume o Luís, o que ten o supermercado no baixo da nosa casa que cada vez é máis a xente que lle rouba cousas: patacas, cebolas, froita, e el que os coñece de hai anos non é quen de dicirlles nada, porque sabe que non teñen cartos para mercar comida. Mira Xocas, a semana pasada tiven que ir firmar o paro (eles chámanlle emprego, pero é paro), e alí na fileira case pelexamos. Como eramos moi-tos e a cousa ía devagar, cada un comezou a contar o seu caso: que os da construción, que se administrativos, que se universitarias, que se a botaron por estar preñada; terrible. E sabes que foi o que máis dixemos todos, polo que aca-bamos rifando?: peor estou eu. LITO CARAMÉS

microcosmos

De vilarouto a vilacháNunha ocasión Manolo, o enorme mastín de Elia, desapareceu. Non podía dicir que era a primeira vez que sucedía algo así. Manolo era o seu amigo fiel, e sempre estaba contento e agarimoso. Era o cómplice perfecto para espantar rapaces indesexables e para atraer ós desexables. Queríalle a Elia por riba de todo, pero había algo que quería aínda máis que “todo”. Non había dúbida: unha cadela estaba detrás de todo aquilo. Pero iso, nin moito menos, a tranquilizaba. Manolo era un romántico e era capaz de calquera loucura por amor. Elia, tratando de manter a nivel as bágoas e de non perder o control, pegou carteis por todo o barrio. Ó terceiro día, aínda sen ningunha resposta, non puido máis e botouse a chorar no medio da rúa. E entón, uns ladridos soaron ó lonxe. Elia soltou os carteis e correu cara eles. Ó final dunha estreita rúa estaba Manolo e abrazouno con todas as súas forzas. Case nin repara na mastín de barriga enorme que estaba ó seu carón. Elia examinouna de arriba abaixo e a cadela, pola súa parte, mirábaa de maneira desafiante. “Paréceme que...” -pensou Elia- “como boas sogra e nora, ti e mais eu non nos imos levar nada ben...”.

Manolo desaparece

JESUSA RIAL

Elia e arredores

Page 8: a micro pechado primavera 2012 nº 116a micro pechado amp Nº 116 3 Biografía de la lamprea Juan Prados e Jaume Rodón presentan o 27 de abril, no Centro Galego de Barcelona (CGB),

A MICRO PECHADODirección: Helena Domínguez. Colaboradores: Martí Aviñoá, Eduard del Castillo, Antón F. Escuredo, Xosé Manuel Fernández, Alberte Montes, Suso Mon, Lito Caramés, Ana Belén Real, Silvio Falcón, Miguel L.Calzada, Susi Rial, Pablo AguiarMaquetación: Luís Berroy CONTACTO: [email protected]/amicropechado.htmlTIRAXE: 250 exemplaresIMPRESIÓN: Master- Graf. Barcelona

Edita: ERGaC-Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya. REXISTRO LEGAL Nº B-28699-2001

APDO. CORREOS Nº. 501 08080 Barcelonawww.ergac.org

Membre de la Taula de Comunicació del consell municipal d’associacions de Barcelona.

SUBSCRICIÓNS

Distribución por correo postal a domicilio (6 números ao ano) mediante subscrición. Cota anual de 20 euros. Pagamento mediante ingreso en La Caixa: 2100-1194-51-0100571924 Esta publicación recibe unha subvención da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Agradécese a reprodución dos contidos citando a fonte de procedencia, así como a súa transmisión e distribu-ción en calquera forma ou medio. A dirección da publicación non se fai responsable das opinións dos colaboradores.