A Nova Peneira 67. Maio de 2016

32
XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL ANO 5 - nº 67 maio 2016- 2€ páx. 15 páx. 6 páx. 7 páxS.3 e 4 páx. 13 páx. 9 NÚMERO ESPECIAL A política galega ten nome de muller ACHEGÁMOSTE Á FESTA DA ROSA DE MOS PROTESTAS SINDICAIS EN SERVICARNE-FRIGOLOURO Neste número extraordinario entrevistamos a dúas pesos pesados da política nacional: Por un lado Alexandra Fernández, cabeza de lista de En Marea pola provincia de Pontevedra, e a Ana Pontón, a nova voceira nacional do BNG. As forzas políticas galegas non son alleas ás arelas de cambio e renovación que demanda a xente e apostan polos liderazgos emerxentes, no que as mulleres son protagonistas. AER EN CONTRA DA AREA METROPOLITANA DE VIGO LUCIANO OTERO CARGA CONTRA O PP DE PAZOS DE BORBÉN A XUNTA DENEGA O PERMISO PARA A FESTA DA BICICLETA DO VAL MIÑOR CINEMA: DE CANNES E CANS ALexANdRA feRNáNdez ANA PoNtóN páx. 9

description

A Nova Peneira e Hermes&Atenea de maio do 2016

Transcript of A Nova Peneira 67. Maio de 2016

Page 1: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERALANO 5 - nº 67 maio 2016- 2€

páx. 15

páx. 6

páx. 7

páxs.3 e 4

páx. 13

páx. 9

NÚMERO ESPECIAL

A política galega ten nome de muller

ACHEGÁMOSTE Á FESTADA ROSA DE MOS

PROTESTAS SINDICAIS ENSERVICARNE-FRIGOLOURO

Neste número extraordinario entrevistamos adúas pesos pesados da política nacional:Por un lado Alexandra Fernández, cabeza delista de En Marea pola provincia de Pontevedra, e a Ana Pontón, a nova voceira nacional do BNG.

As forzas políticas galegas non son alleas ásarelas de cambio e renovación que demanda axente e apostan polos liderazgos emerxentes,no que as mulleres son protagonistas.

AER EN CONTRA DA AREA METROPOLITANA DE VIGO

LUCIANO OTERO CARGACONTRA O PP DE PAZOSDE BORBÉN

A XUNTA DENEGA O PERMISO PARA A FESTA DA BICICLETA DO VAL MIÑOR

CINEMA:DE CANNES E CANS

alexandra fernández ana pontón

páx. 9

Page 2: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

2 MAIO 2016

EDITORIAL

Tino LagoDirector de A Nova Peneira

Cando eu tiña 14 anos namoreime por primeiravez. A rapaza chamábase Valentina, era a protago-nista da película “Crónica del Alba”. José Garcés,alter ego do escritor Ramón J.Sender, prisioneiro re-publicano en Francia, rememora con profunda nos-talxia o seu primeiro amor adolescente nun poboaragonés: Valentina.

Valentina Maureira non é a protago-nista de ningunha película, era unha nenachilena que nunca poderá vivir a emoción,e a inxenua tenrura dun amor adolescente,pois morreu con 14 anos afectada por unhafibrose quística. Poucos meses antes deque o camiño de Valentina Maureira che-gara á súa derradeira estación, o seu casofíxose moi famoso, pois protagonizara unvideo no que se dirixía á presidenta chi-lena demandándolle que se lle practicaraa eutanasia: ¨Son Valentina Maureira, teño14 anos, sufro fibrose quística e solicitofalar urxentemente coa señora presidentaporque estou cansa de vivir...” A familiade Valentina realizara distintas campañasco gallo de conseguir fondos para sufragaros tratamentos axeitados para combater á súa enfer-midade, que antes xa se levara a un irmán de Valen-tina con só seis anos de idade, pero vese que nontiveron éxito.

Da outra beira do Atlántico, Amancio Ortega, co-brou recentemente arredor de 500 millóns de eurosa modo de beneficios das accións das súas empresas.

Amancio Ortega recibe premios e distincións, fanlleunha festa emotiva polo seu 80 aniversario, e Valen-tina Maureira aos 14 estaba cansada de vivir, men-tras a súa familia pelexaba para arrincar euro a euro,como pelexa o mineiro para arrincar o carbón damina, para poder pagar os mellores tratamentos con-

tra a enfermidade de Valentina. Iso é o Liberalismoeconómico, amigos e amigas, unha enfermidade milveces peor cá peor das enfermidades; ostentosa opu-lencia para uns poucos e estarrecedora miseria paraa maioría. Mentres haxa un só ser humano que nonpoida acceder, no momento que o necesita, aos máismodernos e mellores tratamentos médicos, porquenon pode pagalos, a nosa civilización non estará to-

talmente civilizada. En Galicia,a fiscalía decidiu haipouco denunciar á Xunta por supostos retrasos naadministración dos tratamentos contra a hepatite C.Varias persoas que estaban pendentes de recibilos,faleceron antes de ter unha oportunidade, porquepresuntamente non había disposición orzamentaria

para que cada persoa recibise a medi-cación que precisase no momento quea necesitase. Persoas que como lem-braban o deputado do Bloque, PacoJorquera, e o deputado de AGE AntónSánchez, non son unha estatística,tiñan nomes ilusións e vidas concretas.En breve teremos dous procesos elec-torais; a repetición das eleccións esta-tais en xuño,e ás elecciónsautonómicas cara aos últimos mesesdo ano. En verdade imos darlle unhanova oportunidade ao Partido Popu-lar? en verdade imos depositar a nosaconfianza nos axentes comerciais dasoligarquías económicas internacio-nais? Digámolo con claridade: o Par-tido Popular e ese experimento de

márketing que ten por nome ciudadanos..

Dedicado á memoria do meu valente irmánClaudio. Cando tiña 14 anos sufriu a ingrata vi-sita dun lupus eritematoso sistémico, pelexoucontra el 14 anos máis, gañoulle moitas batallase pouco despois de cumprir os 28, perdeu defini-tivamente a guerra.

Valentina

Unha das últimas imaxes de Valentina maUreira no hospital

Page 3: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

3MAIO 2016

GALICIA

Que che gusta máis a política ou aarquitectura?

A arquitectura (risas). A arquitecturaé por paixón e a política por deber.

Pois nesta entrevista imos falar dodeber. Nunha enquisa da voz de Gali-cia dicía que ti eras a política galegamellor valorada. Como asumiches esedato tan positivo para unha persoaque se adica a isto?

Iso ten unha explicación, e hai queencadrala na polarización de certos per-sonaxes que provocan amor-odio a partesiguais, e que os votos, neste sentido,sexan de fidelidade; por un lado o PP epolo outro o PSOE. E eu, ao non ser tancoñecida estou nun punto igual menosconflictivo.

Segues a participar na Marea deVigo mentres estabas no Congreso dosDeputados?

Case non puiden participar nela nes-tes últimos meses. Agora mesmo, coaaceleración dos tempos e as dinámicaspolíticas de decisións e acordos no Con-greso, non me daban un respiro parapoder traballar neste espazo na miña ci-dade, que por outra banda é o que máisme gusta: O traballo na base e o munici-palismo, onde me sinto máis cómoda.Unha ten máis afinidades coa xente, nodía a día. É unha forma de facer políticabastante diferente á de Madrid.

O que percibe a xente nas súascasas son os plenos do Parlamento.Que traballo existe detrás diso?

Hai dous espazos principais de traba-llo: Un é en Galicia, tendo contacto coscolectivos. Cada vez que vimos cada se-mana aproveitamos para tratar de facerunha axenda galega onde recollemos asdemandas cidadás que logo levamos aoCongreso. E o outro puramente institu-cional, que é certo que nestes catro mesesnon deu moito tempo a avanzar por mordas negociacións e foi un xogo máis derelato político que de traballo real.

Eu diferenciaría eses dous planos,

pero dentro do institucional cómpre sa-lientar a labor que facemos nas comi-sións de traballo, que non se ve tanto polatelevisión, pero que é importantísimo. Aíé onde realmente se fai política.

Entre as propostas que fixo enMarea no Congreso, houbo unha, a daapertura da Comisión de Investiga-ción do Accidente de Angrois, quepuxo a Galicia no epicentro da políticaestatal. Proposta que non saiu adiantepolos votos negativos do PSOE. Comovaloras tí a repercusión que tiveronestas propostas no país?

Na cuestión concreta de Angrois oPSOE pretende ocultar a súa responsabi-lidade compartida. Fixeron un pacto desilencio co Partido Popular, porqueambos son copartícipes na toma de deci-sións que levaron a que puidese haber eseaccidente, que por desgraza aconteceu, eé evidente que a nosa proposta tensio-naba ese pacto.

Nós pretendimos que se posiciona-sen: Se por unha banda, estaban dispos-tos no útlimo día de pleno do Congresode visibilizar o camiño da ¨Gran Coali-ción¨ ou se pola outra, habería esperan-zas cun goberno alternativo de esquerdasque puxese no centro as reivindicacións

civís, como esta en concreto, e que foimoi respaldada pola sociedade galega, eestou convencida que pola inmensamaioría de votantes do PSdeG e do PP.

Cres que Anova vai ter que se en-tender co BNG cunha hipotética listaconxunta a medio ou longo prazo?

Eu creo que non é Anova quen se tenque entender co BNG, xa que estamos aconstruír un espazo máis amplo no quesí teñen que ter abertas as portas, sobretodo as bases do Bloque, xa que haimoita xente que quere traballar neste es-pazo. Pero non no sentido de construír un¨polo nacionalista¨ dentro de En Marea,creo que temos que traballar pola disolu-ción do modelo competitivo, e favorecero modelo cooperativo dentro.

Nas comarcas onde A Nova Pe-neira, está presente o BNG ten moitaimplantación, incluso un bo númerode alcaldías. Curiosamente nas xerais,En Marea acadou uns resultados moisuperiores á candidatura nacionalista.Cres que nas municipais xógase nou-tro plano?

Eu creo que a xente, cando vota, fainopensando nos proxectos con capacidadede transformar a realidade en cada mo-

mento. En Marea demostrou esa capaci-dade de traballo nestes catro meses. Etamén esa capacidade de trasladar a ilu-sión por unha canle alternativa, aí estántamén as candidaturas municipalistasconformadas pola veciñanza, que deronunha gran sorpesa nestas primeiras elec-cións municipais.

Como ves aos candidatos do PP edo PSdeG?

Por un lado, Feijóo é o alumno aven-taxado das políticas neoliberais do PP. Éun home que se xacta de ser o que me-llores cifras ten en recortes; como o novohospital de Vigo, nos medicamentos daHepatite C... por poñer un par de exem-plos. Un modelo neoliberal que se veudemostrando que para Galicia é un de-sastre. E polo outro, o PSdeG ten unhacrise moi forte de liderazgo, e non tenproxecto para Galicia. Ten proxectos lo-calistas como o de Caballero, pero nonde país.

Últimamente fálase de tensiónsentre Anova e Podemos e EsquerdaUnida. Cres que estas tensións fan pe-ligrar a coalición para estas novas xe-rais e as eleccións galegas de outono?

Todo vai depender da coherencia detodos os axentes políticos que conformanEn Marea ao respecto marco que nosdemos, que foi o acordo político de Ma-zarelos, onde decidimos que Galicia é unsuxeito político único e diferenciado, queestabamos construíndo aínda ese suxeito,e que bebe exclusivamente do marco po-lítico galego.

E que sexamos leais cos galegos e ga-legas, co que nos comprometimos conesas 400.000 persoas que votaron EnMarea en decembro, que de seguro seránmáis agora en xuño.

Veremos a alguén de En Marea napresidencia da Xunta?

Diso estou segura. Pero debemos tra-ballar moito e en rede, cooperando entretodas as partes para derrotar ao PP.

AA

¨Debemos traballar en rede para gañar a Xunta¨Alexandra Fernández, (Vigo, 1988) Militante de Anova e estudante dearquitectura na Universidade de Vila Nova de Cerveira, ata que foi escollida, a través de primarias na súa organización, para encabezar a lista de En Marea pola provincia de Pontevedra.

Foi, durante estes catro meses de lexislatura fallida, a voceira da coali-ción que acadou uns resultados históricos nas pasadas Eleccións Xerais. Participa, ademáis, na Marea de Vigo, e é unha persoa moi activa noasociacionismo cultural a través da Asociación Bou Eva.

Alexandra Fernández, portavoz de En Marea

Page 4: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

4 2ª QUINCENA DE FEBREIRO 2015

GALICIA

Ana, levas algo máis de dousmeses como máxima responsabledunha organización de indubidablerelevancia no tecido social deste país.Cales son os teus sentimentos?

A verdade, asumino cun importanteplus de responsabilidade. Asemade nunmomento tan importante para o BNG,como este, no que temos por diante pro-cesos importantísimos como o procesoAdiante, que ten que levar a que o na-cionalismo recupere apoio social, ou asdúas convocatorias electorais que tere-mos de contado.

No mundo da política, ti es moicoñecida, levas moito tempo en pri-meira liña. Porén, no máis profundoda Galicia interior, nas comarcas nasque o noso xornal está sempre, secadra non o es tanto. Cóntanos Ana,o máis salientable da túa propia histo-ria.

Eu son nacida en Sarria, creo que co-ñezo de primeira man as problemáticasmáis importantes do rural galego, sendúbida moi semellantes na terra na queeu nacín e desenvolvín parte da miñavida, ás comarcas nas que está A Peneira.Desde moi nova comprometinme co na-cionalismo galego. Teño 38 anos e co-mecei aos 16 a militancia naorganización da mocidade do BNG.Sempre pensei, que un dos eixos da ac-ción política do nacionalismo debía ser,rematar co desequilibrio territorial eapostar porque no rural galego haxa, ca-lidade de vida emprego e servizos. Unmozo, ou unha moza ,de Mos, das Nevesou de Fornelos de Montes, teñen que teroportunidades para poder desenvolver,se así o desexan, un proxecto de vida nosseus concellos.

Que é o proceso Adiante?Pois é o nome que lle damos ao pro-

ceso de refundación que acordou a mili-tancia na pasada Asemblea Nacional. Oque estamos a facer é unha re actualiza-ción das nosas lecturas sobre Galiza, danosa estratexia política, e sobre como re-activar a participación da militancia.

Tiveches moitas xuntanzas coa afi-liación, en localidades diversas?

Si, a verdade é que Si.Que impresión sacas do seu resul-

tado?Que o nacionalismo ten unha base

moi sólida, con enorme capacidade paraa crítica e tamén para a autocrítica. Unhaimpresión manifestamente positiva.

Eu estiven na asemblea do procesoadiante, que fixestes en Vigo. Efectiva-mente, había moitísima xente conganas de participar. Os debates foronintensos e de alto nivel político, perohabía pouca xente nova. A maioríaeran persoas historicamente compro-metidas co nacionalismo. Non sei se aresponsabilidade será endóxena, esó-xena ou unha mestura, pero non te pa-rece que o BNG non vende ben a grancantidade de traballo social e políticoda súa militancia?

Seguro que temos parte de responsa-bilidade neso que dis, pero creo que éunha realidade notoria a existencia dunpanorama mediático subordinado aopoder político. Os grandes medios de co-municación están estatalizados e limitanconsiderablemente ao nacionalismo po-lítico, non só ao galego.

Tomemos se che parece, comoexemplo metonímico, dous concellos danosa área de influencia; Tomiño e AsNeves. Alcaldesa do BNG no primeiroe alcalde do BNG no segundo. Nos douslugares, unha importante estrutura eunha ampla base militante. Chegan aseleccións estatais do 20D e As Mareas,que non existenz na realidade social deningún dos dous Concellos supera cla-ramente ao Bloque. Por que?

Ben, eu creo que a lóxica que opera

nun proceso estatal, non é a mesma cádas eleccións municipais. Nestas elec-cións presentóusenos precociñado unmenú a catro, e houbo unha parte impor-tante da poboación que apostou pola op-ción de Podemos. Agora teremos unhasnovas eleccións xerais, e a nós tócanosvolver a ilusionar para que Galiza teñavoz propia.

Si, pero iso como se fai?Todo precisa o seu tempo,este novo

escenario político con opcións presunta-mente novidosas, terá que irse clarifi-cando. Non che podo dicir como orematará. O proceso adiante está aíndaen fase embrionaria, estamos escoitán-donos e reflexionando sobre cales debenser os camiños que debemos percorrerpara recuperar a confianza social.

Pronto teremos dúas convocatoriaselectorais, como as afronta o BNG?

Con moi poucos recursos económi-cos pero con toneladas de ilusión. Asmulleres e homes do BNG, seguimosacreditando que o nacionalismo é unhaalternativa de presente e de futuro. A al-ternativa real fronte a emerxencia nacio-nal e social que nos deixa a política doPP.

Tedes decidida a fórmula coa quevos presentaredes ás eleccións dexuño?

Ben, nós o que temos decidido é quehai un espazo de suma,como foi Nóscandidatura galega, que debemos preser-var, que debemos ampliar, pero ao

mesmo tempo consideramos, que é útilque aparezan as siglas BNG, porque éunha marca moi coñecida, que clarificae da perspectiva sobre o noso compro-miso na defensa das galegas e os gale-gos.

Esperades recuperar o 26 de xuñorepresentación en Madrid?

Nós traballaremos para que iso seproduza. É unha segunda oportunidadepara que Galiza teña voz propia despoisde tantos meses de paripé.

Como está a cohesión interna doBloque?

Temos que seguir traballando paramellorala. Podo dicirche que hai per-soas que se incorporan, e o noso obxec-tivo ten que ser seguir construindo unhaorganización nacionalista moi forte,

onde todas as persoas nos sintamos có-modas.

O Bloque ten unha militancia nu-merosa en cantidade e calidade. Nonte preocupa que o desacougo, o desá-nimo faga que parte se vaia para casa,ou mire cara a outras forzas?

Eu confío moito na militancia doBNG. Estou segura de que non só non sereducirá, senón que se fará máis nume-rosa.Fixate, estou tan ilusionada e con-vencida do que sinto, que quero dicircheque agardo que as nosas fillas, e os nososfillos, poidan ver ao nacionalismo comounha opción hexemónica no País.

Rematamos Ana, agradecéndote atúa amabilidade e formulándote unhaúltima cuestión. Que lle diría a Porta-voz nacional do BNG a unha lectoraou lector de Cela, de Pontellas, de Ri-barteme, de Coiro, ou Nespereira paraque confíe no BNG?

A Papeleta do BNG vale doble. Ex-plícome:

-Vale para todas esas persoas quequeren un goberno alternativo ao PP. OBNG sempre estará en fronte das políti-cas do Partido Popular

-Vale para que Galiza teña peso e vozpropia de verdade, pero de verdade, nonde postureo. Así o amosaron nos últimos20 anos os deputados e deputadas doBloque en Madrid. E así seguiremosamosándoo.

Moitas grazas Ana.

Ana Pontón. Nova portavoz nacional do BNG

O pasado 28 de febreiro, a militancia do BNG escollía a Ana Pontón comoportavoz da fronte nacionalista. O bloque, vive unha situación complicada.Semella que perdeu a conexión con boa parte da sociedade galega e anova executiva que dirixe Ana Pontón ten a responsabilidade de enderei-

tar o rumbo. A Nova Peneira achegouse a Santiago para coñecermos a AnaPontón, que tamén será a candidata do Bloque á presidencia da Xunta.Unha muller nova, intelixente,enérxica, e moi comprometida emocional-mente co que fai.

“O Nacionalismo é a alternativa real ás situacións de emerxencia social e nacional na que nos deixa o goberno do PP”

TINO LAGO

Page 5: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

52ª QUINCENA DE FEBREIRO 2015

GALICIA

Page 6: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

6 MAIO 2016

A LOURIÑA

O 13 de xuño de 1973 celébrasea primeira Festa da Rosa, festa ofi-

cial do Concellode Mos, ademaisde que é un díafestivo na locali-dade. Celébrasesempre o 13 dexuño, pero xa co-mezan os actos noprimeiro domingode xuño coa Festada Empanada ePan de Millo.Despois realí-zanse unha ex-tensa variedadede actividadescunha gran ofertag a s t r o n ó mica ,cultural e depor-tiva que se desen-volve ao longo detodo o mes dexuño. Desta tradi-ción xorde o tancoñecido con-curso de rosas queé, sen dúbida, aesencia da progra-mación.

Ademais docertame das rosas,conta tamén coseu tradicionalpregón e activida-

des culturais e deportivas para todosos públicos.

A festa da RosaParte 1

O Concello de Mos, comezou a utili-zar o título de vila desde o último terzodo século XVII ata primeiros do séculoXIX. A mediados do século XIII era co-

ñecida co nome de Molis. As actuais pa-rroquias de Mos estaban antes distribuí-das en tres xurisdicións pertencentes áantiga provicincia de Tui. As de Mos ede Torroso dependían do marqués deMos; Cela, Dornelas, Petelos e Sangui-ñeda do Conde de Salvaterra e Guizán,Louredo, Pereiras e Tameiga, do Condede Maceda.

En 1599, Gabriel de Quirós, casadocon Violante de Sousa, descendente dafamilia real portuguesa. Fixo a través dedistintas ligazóns matrimoniais condamas da nobreza, o primitivo coto vaialargando a súa posesións e emparen-tando con ilustres liñaxes, como os prín-cipes de Chinay, señores de Lánzara,Castrelos, etc.

Historia do Marquesado deMos e da festa da Rosa

Entre 1685 e 1686 Gabriel de Quirósrecibe o título de Marqués de Mos demans de Carlos II; Desde 1776 ten gran-deza de España, mercé outorgada a Be-nito Correa e Sarmiento, cuarto marquésde Mos. En 1810 únese o marquesado deMos ao de Valadares, ao morrer este sendescendencia, e en 1908, ao falecer omarqués de la Vega de Armijo e de Mos,pasa a propiedade a unha sobriña, MaríaVinials, marquesa de Ayerbe.

Coa creación dos primeiros concellosconstitucionais en España, no ano 1833,xorde tamén o de Mos, formado desde oprimeiro momento polas dez parroquiasque ten na actualidade que son: Cela,

Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Perei-ras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga y To-rroso.. O cambio máis importanteprodúcese en 1935, co polémico trans-lado da capital de Mos a Petelos.

Do escudo dos Marqueses de Quiróssae o emblema da rosa presente no es-cudo do concello.

A Festa

MOs

O Pazo de Mos

G. fIGueIredO

Page 7: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

7MAIO 2016

A LOURIÑA

Máis de 300 delegados/assindicais da CIG participaronhoxe na concentración convo-cada diante da planta principalde Coren en Ourense en soli-dariedade coa loita do persoalautónomo de Servicarne enFrigolouro, compañía porri-ñesa que pertence ao grupocooperativo ourensán. O se-cretario xeral da central nacio-nalista, Suso Seixo, lembrouao remate da protesta que setrata dunha loita en defensados intereses do conxunto daclase traballadora e adiantouque as mobilizacións conti-nuarán para denunciar a ex-plotación laboral na empresade procesados cárnicos.

A concentración, cele-brada diante da sede de Corenna parroquia ourensá de SantaCruz de Arrabaldo -onde seatopan as oficinas centrais daempresa- de 11.00 a 12.00horas, foi promovida polaFGAMT-CIG en solidarie-dade coa loita dos falsos/asautónomos/as de Servicarnedependentes de Frigolouro,que reclaman a readmisióndos cinco despedidos tras par-ticipar na folga contra a explo-tación laboral e en demandadunhas condicións de traballodignas. Nela participaron máis

de 300 delegados/as das dis-tintas federacións das comar-cas de Vigo, Ourense ePontevedra.

A mobilización desenvol-veuse nas proximidades dasinstalacións da empresa baixoun desproporcionado disposi-tivo da Policía española for-mado por preto de mediocento de axentes, incluíndo ungrupo pertencente á unidade“antidisturbios”. No lugardespregouse unha faixa de-nunciando a explotación enFrigolouro e berráronse con-signas como “A explotaciónnon é a solución”, “Despedi-dos readmisión” ou “Servi-carne explotadores”. Naprotesta participou tamén unpequeno grupo de afiliados/asda CNT.

Novas mobilizaciónsO secretario xeral da CIG,

Suso Seixo, que interveu aoremate da concentración, lem-brou que a loita solidaria copersoal de Servicarne que de-senvolve o seu labor en Frigo-louro “é unha loita en defensados intereses do conxunto daclase traballadora” e adiantouque a central continuará aconvocar mobilizacións paradenunciar a explotación naempresa. “Volveremos a Ou-rense, pero a próxima vez pa-saremos pola rúa dedicada aFranqueira [fundador deCoren] e xunto ao seu nomeporémoslle un letriro que digaexplotador”.

Neste senso, asegurou quea CIG non está disposta a bai-xar a cabeza diante deste novo

intento de destruír dereitos“que foron conquistados poalaclase traballadora ao longo demoitos anos de loita”. Seixodenunciou que baixo o capita-lismo incluso a chamada eco-nomía social, da que fan parteas cooperativas, é utilizadapolo sistema non para favore-cer a clase traballadora “senónpara explotala e rematar cosseus dereitos”. Finalmente,cargou contra as últimas refor-mas laborais aplicadas ao am-paro da crise económica edenunciou que “o capital tenmoi claro que as medidas queconteñen chegan para que-darse, co obxectivo de debili-tarnos como clase”.

Previamente tomara a pa-labra o secretario comarcal daFGAMT-CIG de Vigo, Lu-ciano Villar, para explicar oconflito laboral aberto en Ser-vicarne e denunciar as condi-cións laborais de explotaciónque se vive na cooperativa detraballo asociado (sen horariofixo, con ritmos de traballosalvaxes, sen cobrar os des-cansos, con sancións, sen bai-xas laborais, sen licenzasretribuídas, etc.). “Padecenunhas condicións laborais doséculo XIX”, dixo a modo deresumo.

Máis de 300 delegados/as da CIG protestan diante de Coren para denunciar a explotación do persoal de Servicarne en Frigolouro

Nidia Arévalo veta a dous directivos da Asociacion de Veciños de Petelos

A Alcaldesa de Mos negousea realizar a reunión prevista coaDirectiva da Asociación de Ve-ciños de Petelos se estaban pre-sentes a Presidenta, AuroraGiráldez e o vogal Fco. V. Troi-tiño, alegando que o Grupo Ga-ñaMos, ao que pertencen estes2 concelleiros, relatará na infor-mación en redes sociais da orga-nización política, referencias ácorrupción do Partido Populardo que a alcaldesa é vicepresi-denta Provincial e voceira naDeputación.

Estes 2 concelleiros trataronde convencela de que son as-pectos totalmente diferentes: odebate político e a representati-vidade da Asociación de Veciñosde Petelos e que eles nas expre-sións políticas nunca actuarancomo directivos da Asociaciónse non como membros de Gaña-Mos; e no marco da actividadepolítica. Ela insisteu en mestu-rar estes 2 aspectos e os 2 Con-celleiros, ante tal intransixenciadas Alcaldesa decidiron retirarseda reunión para non perxudicaraaos veciños e esta pudese cele-brarse sen eles presentes comoasí sucedeu. A Alcaldesa reafir-mouse na súa postura anun-ciando que non recibiría nofuturo a esta Directiva se estabanpresentes os 2 concelleiros.

Page 8: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

8

A LOURIÑA

MAIO 2016

Page 9: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

XORNAL GALEGO DE CULTURA E DEPORTEnº37 (terceira xeira) maio 2016 - 2€

Día das letras galegas 2016

páx. IV

FESTIVAL DE CANS 2016:PROGRAMACIÓN

A GALIÑA DE MOS:PURA RAZA GALEGA

O CORPUS CHRISTI DE PONTEAREASA NOSA FESTA DE INTERESE TURÍSTICOINTERNACIONAL

O noso idioma celebra o seu día grande este 17 de maio con cele-bracións culturais en todo o país homenaxeando a figura do poeta

chairego Manuel María. A Real Academia Galega organizará enOuteiro de Rei, vila natal do escritor, o acto central.

páx. II

páx. VI páx. VII

XORNADAS DE TEATRO DEALXÉN EN SALVATERRA

páx. x

Page 10: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

LINGUA

MAIO 2016II

Letras galegas 2016

"Gardo dentro de min toda afragancia / dos amados rincós damiña infancia / e os recendos quetiña a vella casa". Manuel MaríaFernández Teixeiro dedicoullesversos coma estes ao fogar deOuteiro de Rei no que naceu o 6de outubro de 1929 e no quepasou a súa infancia, a Casa deHortas. Este lugar, esencial nasúa vida e na súa obra, e hoxe

convertido en Casa-Museo Ma-nuel María, será o escenario noque a Real Academia Galega ce-lebre o vindeiro 17 de maio o Díadas Letras Galegas, nunha sesiónextraordinaria aberta ao público.

Na cerimonia, que se desen-volverá a partir das 12.30 horas,tres membros de número da Aca-demia, Manuel Rivas Barrós,

Margarita Ledo Andión eDarío Xohán Cabana, serános encargados de recordara traxectoria vital e literariado escritor. O presidente daRAG, Xesús Alonso Mon-tero, pechará o acto.

Manuel María foi oautor dalgunhas das obrasmáis populares das letrasgalegas da segunda metadedo século XX e unha per-soa cun compromiso coalingua propia de Galicia in-quebrantable desde a súamocidade. Foi, de feito, oprimeiro escritor novo enpublicar un libro en galegona Galicia da posguerra,Muiñeiro de brétemas, quecreou cando só tiña 19

anos. Iniciaba así unha prolíficatraxectoria literaria na que foisobre todo poeta pero na quetamén cultivou a narrativa, o tea-tro, o ensaio e a prosa xornalís-tica, ademais de desenvolver unimportante labor de activismo edivulgación cultural por toda Ga-licia que mantivo ata pouco antesde falecer, en setembro de 2004.

O secretario xeral dePolítica Lingüística, Va-lentín García Gómez, e odecano do Colexio Profe-sional de Xornalistas deGalicia (CPXG), XoséManuel Pereiro, presenta-ron esta mañá na Secreta-ría Xeral de PolíticaLingüística o web 'ManuelMaría Xornalista' , elabo-rado polo CPXG en cola-boración coa SecretaríaXeral de Política Lingüís-tica e coa Casa-MuseoManuel María. Ao actoacudiu tamén o presidenteda Real Academia Galega,Xesús Alonso Montero.

García Gómez desta-cou o valor do novo webpara mostrar un ManuelMaría completamentedono da palabra, “da pala-bra non só poética, non sóliteraria, senón da palabrano máis amplo dos senti-dos”. Polo que se refire aManuel María, incidiu enque o seu amor profundopola lingua galega taménse viu na súa práctica pe-riodística, pois “escribiuen galego sempre que ascircunstancias llo permiti-ron: en democracia e, du-rante o franquismo, candopublicaba fóra de España”.

Pola súa banda, XoséManuel Pereiro tivo un es-pecial recordo para Ma-nuel María, porque “nalibraría que rexentaban ele Saleta en Monforte ad-quirín os primeiros librosen galego”. Sobre o web,Pereiro dixo que “preten-demos quemanuelmaria.xornalistas.gal sexa tanto un escaparatedo Manuel como unha fe-rramenta para os periodis-tas. Por un lado, un feixe

de recursos documentais,escritos e gráficos, máisamplo que unha nota ouun resumo de axencia, doque botar man á hora defacer unha informaciónsobre a súa persoa e obra.Por outro lado, unha espe-cie de axenda de constru-ción diaria dos actos quese fan na súa homenaxe”.

Utilidades de manuel-maria.xornalistas.gal

O web 'Manuel Maríaxornalista' recolle unhaparte dos artigos do autorda Terra Chá e ofrece unhavisión global da súa bio-grafía, con especial aten-ción á súa vida comoxornalista. Esta visióncompleméntase cunha ga-lería de imaxes recollidado arquivo da Casa-Museo Manuel María,cunha lista dos webs máissalientables relacionadosco escritor e cun espazodedicado á actualidade re-lacionada coa súa escollacomo autor das Letrasneste 2016.Especial im-portancia ten a sección“Unidade didáctica”,creada especialmente paraos escolares, co obxectivode que valoren e singulari-cen a actividade xornalís-tica de Manuel María noconxunto da súa obra emais de que se familiari-cen cos xéneros xornalís-ticos e coa organizacióndun periódico.O webconta tamén coa sección“Xornalismo nas letras”,que se ocupa dos homena-xeados no Día das LetrasGalegas que tiveron unharelación estreita co mundodo xornalismo.

A Consellería de Cultura e o CPXGpresentan o web 'Manuel María Xornalista'

A RAG celebra o Día das Letras Galegascunha sesión pública en Outeiro de Rei

Page 11: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

LINGUA

MAIO 2016 III

2016 Manuel María Fernández2015Xosé Filgueira Valverde2014 Xosé María Díaz Castro2013 Roberto Vidal Bolaño2012 Valentín Paz Andrade2011 Lois Pereiro2010 Uxío Novoneyra2009 Ramón Piñeiro2008 Xosé María Álvarez Blázquez2007 María Mariño2006 Manuel Lugrís Freire2005 Manuel Lorenzo Varela2004 Xaquín Lorenzo, Xocas2003 Avilés de Taramancos2002 Frei Martín Sarmiento2001 Eladio Rodríguez González2000 Manuel Murguía1999 Roberto Blanco Torres1998 Trobadores da ría de Vigo1997 Ánxel Fole1996 Xesús Ferro Couselo1995 Rafael Dieste1994 Luís Seoane1993 Eduardo Blanco Amor1992 Fermín Bouza-Brey1991 Álvaro Cunqueiro1990 Luís Pimentel

1989 Celso Emilio Ferreiro1988 Ramón Otero Pedrayo1987 Francisca Herrera Garrido1986 Aquilino Iglesia Alvariño1985 Antón Losada Diéguez1984 Armando Cotarelo Valledor1983 Manuel Leiras Pulpeiro1982 Luís Amado Carballo1981 Vicente Risco1980 Afonso X o Sabio1979 Manuel Antonio1978 Antonio López Ferreiro1977 Antón Villar Ponte1976 Ramón Cabanillas1975 Xoán Manuel Pintos1974 Xoán Vicente Viqueira1973 Manuel Lago González1972 Valentín Lamas Carvajal1971 Gonzalo López Abente1970 Marcial Valladares Núñez1969 Antonio Noriega Varela1968 Florentino López Cuevillas1967 Manuel Curros Enríquez1966 Francisco Añón1965 Eduardo Pondal1964 Daniel Rodríguez Castelao1963 Rosalía de Castro

Escolma dehomenaxeados 1963-2016

O Día das Letras Galegasé un día de exaltación da lin-gua de Galicia a través dasúa manifestación literaria.Comezou a celebrarse o 17de maio do 1963, coinci-dindo co centenario da pri-meira edición de Cantaresgallegos, de Rosalía de Cas-tro.

O 20 de marzo de 1963,tres membros da Real Aca-demia Galega (ManuelGómez Román, Xesús FerroCouselo e Francisco Fernán-dez del Riego) presentaronnesta institución a propostade celebrar o 17 de maiopara recoller o "latexo mate-rial da actividade intelectualgalega". Estimaban que opoemario de Rosalía era aprimeira obra mestra da lite-ratura galega contemporá-

nea, é dicir, conside-rábana a primeiraobra do Rexurdi-mento. Realmente,descoñécese a datareal de publicacióndo libro, pero to-mouse ese día poladedicatoria autógrafade Rosalía de Castroá tamén poetisa Ceci-lia Böhl de Faber

(Fernán Caballero).Para conmemorar o pri-

meiro día das letras publi-couse unha edición crítica deCantares gallegos, realizadapor Fermín Bouza Brey. Afestividade tivo un alcance eunha significación extraordi-narios, e foi moi ben acollidanon só a nivel literario senóntamén nos ambientes popu-lares. Dende aquela dedíca-selle o día de cada ano aunha figura significativa daliteratura galega, coa únicacondición de que no ano dasúa conmemoración teña pa-sado un mínimo de dezdende a data de falecementoda persoa homenaxeada.

Oficialmente, trátase dundía de carácter festivo entoda Galicia desde 1991.

Breve historia

cartel do día das letras de 1967 dedicado a cUrros. fUndación penzol

Page 12: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

A LOURIÑA

MAIO 2016IV

Xa se presentou oficialmente a 13ªedición do Festival de Cans! E fíxosecoa proposta máis multidisciplinar dasúa historia: a danza, a gastronomía, aliteratura, o humor gráfico ou a video-performance estarán entre os contidos,partindo sempre desde propostas au-diovisuais nunha edición na que Cansreunirá a 160 músicos e 90 obras au-diovisuais dende o 18 ao 21 de maio.O certame continúa reinventándoseano tras ano, adaptándose ás novas ne-cesidades, demandas do público enovos xéneros, así como explorando aspotencialidades do singular espazo noque se celebra. Nesta edición variosdos seus espazos emblemáticos me-dran en contidos e funcionalidades.

A Leira de Alicia pasa a ter progra-mación continua nos dous días centraisdo festival e acolle o Espazo Mahoucon diferentes actuacións musicais vin-culadas aos contidos audiovisuais doJalpón de Alicia, encontros de cineas-tas e o habitual coloquio na leira. Agran sorpresa deste espazo será o con-certo de Iván Ferreiro o venres 20 demaio ás 20h00.

O festival tamén inaugurará o Jali-ñeiro Arena cun espectáculo exclusivode Janet Novás e Mercedes Peón fusio-nando danza contemporánea e músicade dúas das nosas artistas máis interna-cionais. Ademais, o Jaliñeiro Arena -nazona Multiusos- albergará unha novasección gastronómica -“A cociña deEsther”-, coa proxección de El equili-brio de los opuestos, un documental deAlberto Baamonde sobre as peripeciasdo cociñeiro Javier Olleros, que prepa-rará unha tapa delicatessen deseñadapara o festival con produtos da parro-quia.

Os nenos e nenas cobran cada vezmáis protagonismo en Cans, e por isorefórzase a programación infantil, que

segue medrando con proxeccións, ac-tuacións musicais, monicreques e obra-doiros. Os máis pequenos teránactividades no Cuberto do Pato, noBaixo de Carlos e o parque do río, conzona de xogos tradicionais e menús in-fantís. Nestas localizacións poderángozar da Caixa de Mistos, dun obra-doiro de filmes de MrMisto no que xo-garán a ser cineastas ou da proxecciónde Maimiño.

Entre as principais novidades desteano poderemos atopar:

A mellor selección audiovisual

Seleccionáronse 18 curtas a con-curso marcadas por directoras e direc-tores que crean desde o éxodo, enlugares como Bruxelas, Londres, Bar-celona, Madrid ou Lisboa, pero taménpor algúns creadores que xa tocaron oéxito do Can de Pedra de Cans.

Recupérase a sección de animación

Estrearase Psiconautas de AlbertoVázquez e Pedro Rivero.

Dani de la Torre rebobinará El Des-conocido xunto aos dous premios Goyado filme: Jorge Coira (mellor montaxe)e David Machado (mellor son).

Celebraranse tamén os 100 anos deMiss Lledya, proxectándoa con músicaen tempo real do theremin de PauloNimoy.

Inaugurarase a sección Retratos defamilia, que recolle as obras dunha seriede directores e directoras novos queafondan no entorno familiar para crearunha cinematografía diferente. Alí po-deremos ver “Losada”, de Ximena Lo-sada e Marcos Nine; “Imaxes secretas”,de Diana Toucedo, “Vai chover”, deSantiago D. Risco, “Extraño”, de IriaSilvosa e “Cuna”, de Lucía Estévez.

Fill@s de Cans e A que andas? coasúltimas novidades e propostas do sec-tor.

Unha morea de contido musical:máis de 20 actuacións e 30 horas demúsica para non parar de bailar e movero corpo entre proxección e proxección.

Con esta edición celébranse os 25anos da Arroutada Pangalaica dos Di-plomáticos de Montealto.

Novedades Carminha, traerá o seunovo disco, Campeones del mundo.

Iván Ferreiro estreará en concerto oEspazo Mahou da Superleira.

Óscar D’Aniello chegará tamén aCans estreando o seu novo proxectomusical, Delafé, e o seu primeiro discocon esta nova formación, La Fuerzairresistible.

No seu conxunto todos os contidosdo certame teñen a mirada posta nonoso Decálogo para a visibilidade dasmulleres, polo que podemos afirmarque a participación da creación femi-nina no festival segue en aumento.

A que esperades? Mergulládevos decheo en todos os contidos que prepara-mos para vós.

Cans 2016 está en camiño!

Presentación do XIII Festival de CansIván Ferreiro abrirá os concertos na leira na edición máis multidisciplinar do Festival de Cans

O pOrrIñO

Page 13: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

A LOURIÑA

MAIO 2016 V

Máis dun século de historia contem-pla a este local de Cans, falamos con tresxeracións da familia que o fundou, e otraballa con inmenso cariño e dedicaciónaos incontables clientes que nalgún mo-mento gozamos dunha comida no BarFortes: -Maruja (a avoa, pasado, presentee futuro)-Jose (o pai, presente) –Rocio (aneta, futuro).

Contádenos a historia do localO negocio leva máis de cen anos

aberto!En que ano abriu?En 1907, temos 109 anos de historia.Quen o fundou, Maruja?O meu avó, José Fortes, logo pasou ao

meu pai José Fortes Lago, logo chegueieu, o meu fillo José é a cuarta xeración eos meus netos; Sandra, Rocío e Jesússerán a quinta xeración de propietarios donoso negocio.

Cal é o secreto para que o negocioteña unha vida tan longa?

Pois toda a vida traballamos moito,movémonos moitísimo na procura domellor produto para a nosa clientela. Sehabía que ir ata Marín para acadar o me-llor peixe, ata alí iamos. Todo é poucopara que quen nos visite atope sempre unproduto de calidade na nosa casa. Sempre

vendemos o mellor aceite!Ah, pero entón este negocio tamén

foi ultramarinos?Si, inicialmente abriu como tenda de

ultramarinos, arredor de hai 30 anos pa-samos a ser tenda e bar, as dúas cousasxuntas e agora só somos bar.

Esta é unha parroquia pequena ehai bastantes bares para o seu tamaño,non é difícil sobrevivir José?

Afortunadamente, nós seguimos man-tendo unha gran clientela, temos un granproduto e creo que un bo prezo.

Cales son as vosas principais espe-cialidades?

A nosa especialidade é o peixe e osmariscos, vendemos tamén lampreas.Todos os días visitamos ás lonxas para tero produto máis fresco para a nosa clien-tela. Temos que dar moitas grazas á nosaclientela pola súa fidelidade. E non mequero esquecer das nosas famosas torti-llas, creo que exquisitas, de feito animo atodas e todos os lectores a que se ache-guen a probalas.

Fai vostede as tortillas, Maruja?Eu só digo que a nosa tortilla é moi

acreditada.Eu xa estou xubilada.-Ben a avoa digamos que é a que su-

pervisa- dinos Rocío entre as risas da súafamilia

Vese que sodes unha familia conmoi bo rollo entre vós. Penso quecando cumpla 125 anos o negocio, po-deremos celebralo na Nova Peneira?

Si oh! despois de tanto traballo, estoten que ser unha empresa de futuro paraas fillas e fillos dos meus netos.

Moitas grazas aos tres e outros 100anos de vida para a Casa Fortes.

Negocios con historia: A excelencia na LouriñaCando este xornal estea nas súas mans probablemente esteamos adesfrutar dunha nova edición do festival de Cans. Milleiros de per-soas achegaranse ata a nosa vila, para compartir con nós o marabi-lloso evento cinematográfico que cada ano chega a esta parroquia

porriñesa. Para todas e todos, imos permitirnos recomendarlles quecoñezan dous dos negocios de maior calidade da comarca a Louriña,o restaurante Casa Fortes na propia parroquia de Cans, e a PanaderíaProgreso no centro do Porriño.

Restaurante Casa FortesJuan, como arrincamos este ano?Pois a verdade está bastante pa-

rado, creo que máis frouxo có ano pa-sado. Espero que agora no verán vaiamellorando algo a cousa...

Pensas que o que se nos vendede que xa estamos saíndo da crisenon é de todo certo?

Non, nin moito menos, hai moitaxente que o pasa mal, eu nótoo entreos meus clientes.

De feito creo que podemos anti-cipar novidades importantes aosclientes da Panadería...

Si, agora mesmo só temos o des-pacho principal, o da rúa Progreso, ode arriba pechámolo, proximamenteanunciaremos unha novidade impor-tante; a apertura dun segundo despa-cho para toda a nosa clientela.

Cantas persoas traballades naPanadería neste momento?

Agora somos 10, cando abra o se-gundo despacho, algo insisto que seráinminente, polo menos contratarei adúas persoas máis.

Ti es dunha familia de Panadei-ros. Coido que coñeces moi ben osector. Cales son os principais pro-blemas que ten o gremio?

Como che dicía o ano pasado, oselevadísimos impostos que nos aba-fan.O pequeno empresario como nósnon temos ningún tipo de axuda.Oque din dese tema non é máis que pu-blicidade.Un problema moi grave é odos pans baratos que venden os super-mercados, en certo modo podería di-cirse que é competencia desleal.Alí oque compras é pan precociñado e con-

xelado.Algo moi diferente a como nósfacemos o noso pan..

Como é o proceso de fabricacióndo voso pan?

Pois completamente artesanal, abase de moito repouso. Leva masamadre, e uns materiais empregadosnaturais 100% de primeira calidade.Non é que o digamos os panadeiros,é que calquera nutricionista reco-menda sempre que se consuma o pande panadería. Paga a pena gastar unpouquiño máis porque os beneficiosson infinitamente superiores.

Cantas horas dedícaslle ao día?Pois, eu e a miña familia un mínimode 14 horas todos os días.De luns aluns, todos os días da semana.

Rematamos Juan, agradecéndo-che novamente a túa amabilidade epedíndoche que nos lembres caleseran os principais produtos da pa-nadería progreso?

O noso pan do país, os nosos en-trenzados, roscóns , magdalenas eempanadas... e o máis importante paranós, a nosa clientela á que agradezonovamente desde as vosas páxinas ásúa fidelidade coa nosa casa quetamén é a súa.

Moitas grazas Juan.

Panadería Progreso

Page 14: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

A LOURIÑA

MAIO 2016VI

O vindeiro sábado 21 demaio, o Salceda de Caselasacollerá a novena edición daandaina “Concello de Sal-ceda”, incluída na Copa Ga-lega de Andainas. A proba,organizada polo Centro Cul-tural O Coto de Budiño, encolaboración co Concello deSalceda, ofrece dúas alterna-tivas de participación, po-dendo elexir entre 27 ou 50km. A saída realizarase dendeo centro cultural ás 9:00, naparroquia de San Estevo deBudiño, e percorrerá diversospuntos do entorno natural domunicipio, destacando as sen-das e as áreas de lecer.

Para poder participar naandaina, é preciso inscribirsea través da páxina webwww.aforna.org, abonandoun prezo de 10 € para os so-cios e/ou federados e 12 paraos non socios e/ou non fede-rados. O prezo inclúe os dife-rentes avituallamentos que sedisporán ao longo do perco-rrido, así como o xantar finalno centro cultural.

As previsións, en base aosanos anteriores, son de quecentos de persoas se acheguena participar nesta proba, queademáis da xeografía naturaldo Concello de Salceda, pa-sará tamén por puntos dosConcellos veciños de Tui, Po-rriño e Salvaterra. Estamos afalar dunha andaina coas me-llores críticas tanto a nivel or-ganización como a nivel de

interese natural ede elección depercorrido. Estaedición incluiránovos tramos degrande interesenatural.

Manuel Fer-nández Ramírez,máximo respon-

sable do evento,agradeceu aenorme participación e a de-portividade amosada polosparticipantes nas edicións an-teriores. “O bo funciona-mento da proba ata o de agorafai que cada ano a preparemoscon máis adicación e máisganas. Estamos seguros deque a andaina preparada paraeste ano non vai defraudar aosparticipantes que se animen arealizala”.

Carla Pérez, Concelleirade Medioambiente e Depor-tes: “Esta proba serve cadaano para que Salceda amoseas súas sendas e os seus tesou-ros naturais, contribuíndo áposta en valor do nosos en-torno. Manuel Fernández,xunto cos seus colaboradoresrealizan unha excelente tarefacada ano con esta andaina, e oConcello de Salceda terá sem-pre as portas abertas para estae outras iniciativas tan ben or-ganizadas”.

Marcos Besada, Alcaldede Salceda de Caselas: “Esta-mos ante unha nova oportuni-dade que Salceda non vaidesaproveitar para abrir asportas do noso municipionunha cita que se está a con-verter xa en referente nestetipo de probas. Os participan-tes nesta andaina poderán dis-frutar das nosas paisaxes e dasáreas que con tanto esforxoestamos a recuperar e a poñeren valor para o desfrute de ve-ciños e visitantes”

IX Andaina Concello de Salceda

Como comezou a túarelación con estemundo?

Ben, todas as persoastemos algo co que nosapaixoamos, eu era unapaixoado das galiñas. Euson de Puxeiros. Arredorde hai 15 anos, conseguínuns pitos da raza da ga-liña galega. Unha duciade pitos dos que me sai-ron galiñas e galos. Com-prei unha incubadoriñapequena comecei a darllecorpo á miña ilusión. Pú-xenme en contacto conAVIMOS, que está enFontefiz, Coles, Ourense,que é onde está o centrode recuperación de razas,para facerme criador ofi-cial.

O que chamas raza de ga-liña galega é diferente da co-ñecida como galiña de Mos?

Non é a mesma raza. A exis-tencia da raza autóctona de ga-liña galega está xa documentadaen textos escritos, desde princi-pios do século XX.

Pero se a raza é de galiñagalega, por que recibe o nomede Galiña de Mos?

Arredor de 1936 o veterina-rio Juan R. Codina, natural deLugo, comezou a estudar polasaldeas da súa contorna as carac-terísticas morfolóxicas diferen-ciadas das galiñas galegas, eseica nun pobo chamado SanXiao de Mos, no concello deCastro de Rei, atopou uns exem-plares coas características máissenlleiras da raza de galiña ga-lega. E alí decidiu porlle o nomede Galiña de Mos. E así xurde araza Mos, que en realidade é a

raza autóctona de galiña galega.Unha raza totalmente distinta atodas as razas do mundo.

Algunha característica enconcreto que a diferencie?

Fíxate por exemplo, nosgalos, teñen unha cresta dife-rente a todas. Xeralmente son enserra, esta está como cortada.Asemade, o porte dos galos ga-legos é moi esbelto. Hai estudosque consideran a procedenciaviquinga das galiñas galegas, eseica os galos eran utilizadospara pelexas, e así foise transmi-tindo xeneticamente esa formaesbelta, do galo galego, como sefose un estilo galo combatente.

Ti vives disto?Non oh,esto é unha afección.O 100% das galiñas que

hai en Galicia, son da raza au-tóctona, da raza Mos?

Non, calculo que non máisdo 20%

E por que unha por-centaxe tan baixa?

Pois porque ás vecesnon somos capaces dever as súas vantaxes. Otempo de cría dunha ga-liña galega é superior, esempre se crian en liber-dade, co que os ovos e asúa carne son de verdadeexquisitos. Nada que vercoas galiñas criadas in-dustrialmente. Fíxate otempo no que estas gali-ñas poñen ovos é tranqui-lamente tres catro anos,mentres que o das galiñaspoñedoras comúns nonpasa dos dous anos.

Corre perigo a con-servación da raza?

Nestes momentosnon, pero non a podemos

descoidar.Hai algunha outra raza en

Galicia?Está a galiña piñeira, pero de

momento non está recoñecidacomo tal.

De onde é?Seica da zona de Arzúa.

Aquí no Concello de Mos,hai máis persoas que coma ti,crien a raza de galiña galega?

Que eu saiba tres máis.Isto,faise por afección, porquepara vivir non da. Eu vou inten-tar comercializar os ovos en res-taurantes e en tendas artesanais.

E cal é a política da admi-nistración local e autonómica,con relación á Galiña de Mos?

A administración local nada,nada de nada.Para sair na fotonada máis.A Xunta, si que cola-bora con AVIMOS

Moitas grazas.

A Galiña de MosSendo un xornal de Mos, non podiamos dei-xar escapar a oportunidade de aprendersobre algo que ten tanto que ver co nosoconcello: a Galiña de Mos, pois aínda que o

seu nome procede doutro Mos, dalle nomea unha raza autóctona galega e lévao portodo o mundo. Falamos cun dos criadoresmáis importantes, Manuel Rodríguez ¨Ivo¨.

Page 15: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

O CONDADO

MAIO 2016 VII

A vila de Ponteareas acadouespecial renome pola celebraciónda festividade de Corpus Christi,onde os veciños confeccionan parao paso da procesión do SantísimoSacramento artísticas alfombras deflores naturais.

Trátase dunha obra do pobo queexpresa a cultura popular das xen-tes de Ponteareas que, ao longo dosanos, souberon conservar e promo-ver esta celebración, recoñecidacomo “Festa de Interese Turís-tico Internacional”. No domingode Corpus son máis de vinte alfom-bras as que enchen as rúas e prazasde Ponteareas, nunha profusión decolorido, creatividade e beleza queenfeitizan a propios e visitantes.Máis dun quilómetro de alfombrascon miles de flores, matas e arbus-tos, coidadosamente esfolladas emesturadas para obter unha autén-tica obra de arte efémera.

En Galicia coñecemos desde aIdade Media o uso de elementosvexetais nas liturxias do Corpus, así naCatedral de Santiago de Compostela es-parcían fiuncho polas súas naves nestafestividade xa no século XVI, costumeestendido despois por numerosos luga-res de Galicia.

En Ponteareas carecen dunha refe-rencia clara sobre a data en que se come-zaron a adornar as súas rúas, enconsecuencia, o recurso a unha inmemo-rial tradición é obrigado. A existenciadunha Confraría Sacerdotal do Arcipres-tazgo baixo o patrocinio do Santísimoque anualmente celebraba solemnes cul-tos, a Confraría do Santísimo da parro-quia de San Miguel que tiña nestaxornada os seus principais actos deculto, a contribución foránea (algúnsfalan dun xuíz canario residente en Pon-teareas cuxa esposa introduciu a tradi-ción de alfombrar) son elementos quepoden explicar por que xorde en Pontea-reas esta tradición alfombrista e nonnoutros lugares.

Na segunda metade do século XIXxa se adornaban as rúas por onde se es-parcían flores e plantas para o paso daprocesión eucarística, sen confeccionarningún debuxo. Así en 1857 na rúa SanGregorio había estendidas no chan flo-res, herbas aromáticas e máis que seacostumaba a facer no día. Con todo, a

voz popular sitúa a orixe nos veciños dapopularmente coñecida como “Rúa deAbaixo” ou rúa Real e desde alí se ex-tendeu a outras zonas da vila. Co pasodos anos deséxase cubrir a totalidade dasrúas, comézase a usar serraduras tingui-das con anilinas de diversas tonalidadesque eran combinadas cos tradicionaisfentos, xiraldas, mirtos, etc. Estas serra-duras obtíñanse nos numerosos serradoi-ros de madeira que existían na zona e eramesturado coas anilinas en grandes to-neles con auga, pero a combinación foidecaendo nas primeiras décadas do sé-culo XX.

Por estes tempos comezan a reali-zarse os primeiros debuxos, maioritaria-mente de carácter xeométrico e codeseño de grecas, cenefas, etc. debendocubrir con serraduras as rúas empedra-das antes de colocar a ornamentaciónfloral. A festa caracterizábase entón polasúa espontaneidade, era froito do entu-siasmo e devoción dos propios veciños.Desde varias semanas antes homes, mu-lleres e nenos saían aos montes, campose xardíns en busca de material (primeiromirto, mimosa, árnica, etc., a medidaque se achegaba o día, flores) que as mu-lleres e os nenos esfollaban paciente-mente nos portais das casas dopercorrido procesional, mentres os

homes deseñaban, en segredo, a orna-mentación da alfombra. Ningunha insti-tución promovía ou apoiaba esteesforzo, nin tampouco ninguén foráneoachegábase a contemplalo, ao longo danoite en que todos traballaban a reo naconfección.

Así ata o ano 1947 no que a festa deCorpus comeza unha nova etapa. Desde1945 deixa de organizar esta celebracióno correspondente mordomo da Confraríado Santísimo, asumindo este labor unhacomisión de veciños. Estes son Luís Sal-gueiro, José Casasnovas e Gabino Portoque apostaron pola difusión desta festa,ata entón cinguida ao ámbito local. En-trevistas radiofónicas, reportaxes xorna-lísticas, edición de material divulgativo(a revista “Pregón”), etc. son novas ini-ciativas que promoven. A combinacióndestas medidas logra que a festa de Cor-pus adquira unha dimensión inusitadaata entón, coa afluencia de milleiros depersoas a Ponteareas para contemplar assúas alfombras. Ata o punto que en 1968esta festa é declarada de “Interese Turís-tico Nacional”.

A crecente afluencia de visitantes éparalela tamén a unha crecente calidadedas alfombras, cada vez os debuxos, ce-nefas, orlas, etc. adquiren unha dimen-sión máis artística. Aparecen tamén os

temas figurativos, ligados átemática relixiosa ou de ca-rácter galego, onde se co-meza a matizar en base aflores e follas e termínase consementes, moendas, etc.Hoxe en día é moi importanteo apoio municipal queachega o material (mirto, mi-mosa, cocas de eucalipto,etc.,) pero seguen sendo ostraballos anónimos e entrega-dos dos veciños os verdadei-ros artífices da “portentosacreación”que son estas al-fombras de flores. Pero unespazo especial na historiados alfombrados ponteareánsteñen as alfombras de floresrealizadas máis aló da vila.Cabe destacar especialmentea confeccionada na Praza doObradoiro de Santiago deCompostela o 9 de novembrode 1982 con motivo da pri-meira viaxe de S.S. Xoán

Paulo II a España, ou a realizada taménna súa honra na Praza de Santa Ana noVaticano o 2 de febreiro de 1983. Men-ción especial para as realizadas en Cara-cas (1985 e 1998), Sevilla (1992),Buenos Aires (1992), Baía (1993), etc.sen esquecer as que anualmente realizanos veciños de Ponteareas na vila irmá ti-nerfeña de La Orotava desde 1984.

O recoñecemento ao traballo e sabe-doría na confección de alfombras floraistivo o seu último galardón en 2009 coadeclaración da Festa do Corpus Christide Ponteareas como Festa de IntereseTurístico Internacional. Esta distinciónoficial foi un dos motivos que levou aoConcello de Ponteareas a organizar en2010 o III Congreso Internacional deArte Efémera e no que Ponteareas tivo amaior proxección de toda a súa historiaa nivel internacional e no que se reuni-ron en Ponteareas delegacións de variascidades de todo o mundo, mostrando asúa arte floral.

Así mesmo, no ano 2010, na visitado Papa Bieito XVI a causa do ano Xa-cobeo en Santiago de Compostela, ondemilleiros de visitantes de todas as nacio-nalidades puideron contemplar a fer-mosa alfombra confeccionada polosveciños de Ponteareas.

O Corpus Christi de Ponteareas 2016O Corpus Christi este ano celebrarase do 21 ao 30 de Maio, sendo odomingo 29 o seu gran día.O alcalde, Xosé Represas, e a concelleira de Cultura e Turismo, Horten-sia Bautista, xunto a unha representación dos alfombristas que parti-

ciparán no VI Congreso de Noto e na festa da Rosa en Monção, presen-taron o pasado día 6 o cartel para a edición do Corpus Christi 2016. Ocartel destaca o carácter de festa de interese turístico internacional,presidido por un ornamento típico das alfombras de Ponteareas.

HistoriaG. fIGueIredO

pONTeAreAs

Page 16: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

O CONDADO

MAIO 2016VIII

A lectura do pregón, como cada ano,será o que marque o inicio da programa-ción oficial do Corpus Christi en Pontea-reas. O sábado 21 de maio ás 21.00 noauditorio municipal Reveriano Soutullo oxornalista da RTVE Roi Groba honrará ásfestas co seu discurso inaugural. O xor-nalista ponteareán de 35 anos, actual-mente presentador da sección deportivanos informativos matinais, conta xacunha longa traxectoria na radio televi-sión pública estatal. O acto estará seguidopor un concerto da Orquestra de CámaraGalega, dirixida polo director ponteareánRogelio Groba Otero.

Durante a semana do Corpus haberádiferentes eventos e actuacións entre osque estacan o domingo 22 o recital poé-tico e musical a cargo do pianista AlejoAmoedo e a mezzosoprano Iria Cuevas

no auditorio acollerá ás20.00 horas; o martes 24, ogrupo de gaitas Os Muí-ños da Oliveira pasearánpolas rúas da vila do Teasobre as 21.30 horas; omércores 25, a Banda deMúsica do ConservatorioReveriano Soutullo faráun concerto no auditoriohomónimo, e o grupo degaitas San Salvador dePadrón, despois, ás 21.30h. amenizarán o serán nas

rúas aos veciños e veciñas de Ponteareas;así coma o xoves 26, o grupo de gaitasNaiama seguirán coa animación as rúasa partir das 21.30 h.

O venres 27, un cumio de expertosen medio ambiente e saúde terá lugar noauditorio municipal entre as 10.00 e as20.00 horas, coordinado polo profesordoutor Francisco Peña. No remate do díarecibirá o entrega do título de fillo predi-lecto que será declarado fillo predilectode Ponteareas ás 20.30h, no mesmo lugar,amenizado cun concerto da soprano Te-rese Novoa e o pianista Pablo Rodríguez.

O sábado 28 a partir das 16.00 darasecomezo á confección das tradicionaisalfombras florais nos diferentes barrios.Ás 22.00 h inaugurarase a exposición cunpercorrido pola historia das alfombras, osmateriais e o deseño no Mercado Muni-

cipal, aberto a todo o publico ata o 30.O xornada do 29, día do Corpus

Christi, comezará coa actuación da bandade música A Unión de Guláns ás 11.00h diante da Casa do Concello, estrea dapeza A Marcha das Flores, do compositore fillo predilecto Rogelio Groba Groba.Deseguido, ás 11.30 h, realizarase a misasolemne cantada pola Coral Polifónicado Centro Artístico Sportivo, que fina-lizará coa procesión acompañada dabanda A Unión. Pola tarde, haberá tempopara o desfile de carrozas coa banda degaitas Tremiñado de Ponteareas ás 19.30.A partir das 21.30, nunha primeira sesión,e as 23.30, nunha segunda, a orquestraPaladium amenizará as festas do Corpusna praza Bugallal

Luar na LubreSubirán ao escenario ás 22.30 da

Praza Maior o grupo de folk Luar naLubre, no que é o concerto máis impor-tante destas festas. Con máis de 30 anosde traxectoria, o conxunto coruñés estarápresentando o seu último traballo ExtraMundi, duodécimo disco en estudio e pri-meiro con Paula Rey nas voces, no quevolven a recoller e adaptar temas da mú-sica de raíces galegas.

O luns 30, festivo local, centrarase nahomenaxe aos alfombristas finados cunhamisa ás 18.30h na igrexa parroquial eunha posterior ofrenda floral no monu-mento ao alfombrista ás 20.00 h. A conti-

nuación, realizarase o acto de entrega demedallas Corpus Christi. Para rematar osfestexos, a orquestra Panorama presen-tará o seu espectáculo de música, baile eluces na Praza Maior ás 21.30 h.

A maiores da festa, tamén haberá ac-tividades paralelas tanto deportivas comaculturais. O domingo 22 ás 10.00 horasterá lugar a Festa da bicicleta que reco-rrerá as parroquias e o centro de Pontea-reas. O sábado 28 desenvolverase de 9.00a 14.30 h o Campionato Provincial deBádminton Escolar.

Ademais da exposición do Corpusno Mercado Municipal, haberá unha ex-posición do 22 ao 30 de maio sobre pin-tura dos Penedos da Picaraña de PatriSkinner no auditorio Reveriano Soutullo;e outra exhibición sobre reloxos antigosde Sechu Suárez e esculturas elaboradascon material de reciclaxe de Héctor Ro-dríguez no edificio da antiga ferreteríaMariño na rúa Esperanza do 26 ao 31. NaPraza Maior tamén se poderá observar oscadros ao óleo da academia de pinturaIRIS do 28 ao 30.

Con este programa, o Goberno dePonteareas considera que “estas activida-des, complementarias á festa, amais degoce para os turistas e veciños en xeral,irán en favor da promoción do comerciolocal e a hostalería, tan necesitada de es-tímulos nestes tempos de crise”.

A programación do Corpus do 21 ao 30 de maio abrangue unhaoferta para todos os públicosAs actividades programadas teñen como obxecto atender a demanda de lecer, así como promover o comercio e a hostalería local.Destacan as actuacións musicais da Orquestra da Cámara Galega, de Luar na Lubre e a orquestra Panorama e a exposición sobre a historiado Corpus no Mercado Municipal

pONTeAreAs

Page 17: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

O CONDADO

MAIO 2016 IX

O Concello ven de facer unha seriede modificacions no seu centro urbano.

Os cambios implantados incluiron areorganizacion da praza de San Agustin,a creacion dunha area de carga e des-carga, inexistente ata o momento, e oaumento do numero de prazas de esta-cionamento para persoas de mobilidadereducida. Ademais, permitese agora ac-ceder ao nucleo urbano pola zona sur dexeito directo, a traves da rua Esperanza,para o que se inverteu o sentido de cir-culacion no entorno da Praza Maior.Todas estas mudanzas foron levadas acabo tendo en consideracion as posturase opinions das persoas da contorna, paraasi tomar as decisions mais axeitadas,mantendo sempre unha actitude de co-laboracion coa vecinanza.

Lembran dende a institucion, que apesares de que nas inmediacions da

praza de San Agustin se suprimiron al-gunhas zonas de estacionamento, exis-ten mais de 200 prazas para aparcar anon mais de cinco minutos caminandoao centro urbano. Deste xeito, O Con-cello fai unha firme aposta por un mo-delo territorial mais ordenado einclusivo, no que priman as persoasfronte aos vehiculos, fixandose en luga-res como Pontevedra ou Allariz, quehoxe reciben premios por ser cidadescomodas para vivir, e nos inicio da im-plantacion dese modelo so escoitabancriticas, ponendo de manifesto que asveces e necesaria a perspectiva que dano tempo e os resultados.

Alen do exposto, outra idea que mo-tivou estas accions, foi unha nova visionrespecto dos fluxos de trafico nos vin-deiros anos, como consecuencia daposta en funcionamento da via centralda PLISAN. Feito que pode suponer odesvio do trafico da estrada de Pontea-reas cara a PO-400 que circunvala AsNeves cara Arbo, obrigando a reforzara area de acceso a vila desde esa via.

Estas medidas, xunto coa promocione dinamizacion do comercio manifesta-das a traves da permanente colabora-cion coa Asociacion de Comerciantes eEmpresarias/os das Neves e da recenteposta en marcha da campana Quere oteu mercado, van na lina dun modelo defuturo pensado para as persoas, “mu-dando para avanzar cara O Concelloque queremos ver”.

Nunha xuntanza celebrada o pasadovenres, o alcalde recolleu a opinion daspersoas que tenen postos de venda napraza de abastos ademais de explicar-lles en que consiste o programa, que se-gundo verbas do propio rexedor;“supora unha suma de intereses sociais,economicos e educativos que tamencontara coa participacion do Instituto deEnsino Secundario a traves dun traballode avaliacion do mercado”.

Para realizar este traballo, as mozase mozos que estudan no centro de en-sino faran unha primeira visita ao localdo mercado fora do horario comercial,co fin de fotografar o edificio baleiro, eun venres pola mana, en plena ocupa-cion, volveran achegarse a el para en-trevistar as persoas que venden ecompran no seu interior.

Deste xeito, poderan conecer de pri-meira man cal e o tipo de mercado doque se dispon actualmente e idealizar omodelo que a eles lles gustaria ter, para

despois plasmalo, ben nuntexto ou nunha representa-cion grafica, e exponelo napraza de abastos o venres 27de maio. Anunciou tamen oalcalde, que o sabado 28 demaio, coincidindo coa con-memoracion do dia do mer-cado, habera outra actividadeencadrada dentro desta cam-

pana. Impulsada pola idea de que aunion entre a musica e a gastronomiaadoita ser garantia de exito, nela oalumnado da Escola de Musica ofreceraun concerto de media hora nunha sesionvermout que contara coa participacion,non so das vendedoras e vendedores dapraza, senon tamen do sector da hosta-leria do Concello.

Sera un evento ludico co que se pre-tende conseguir un maior achegamentoentre a vecinanza e o Mercado Munici-pal. A informacion contida nas obras doalumnado do IES, xunto cos pareceresdas praceiras e dos praceiros,componeran a base de onde tirar as con-clusions que axuden a avanzar nodeseno do mercado do futuro. Isto,xunto con actividades como a mencio-nada anteriormente, sentaran os alicer-ces dunha promocion e dinamizacionxa iniciada o ano pasado con actos re-alizados na Festa do Tinto Rias Baixase no Nadal.

As Neves pon en marcha a campaña Quere o teu mercadoUnha iniciativa coa que o Concello pretende a promoción e dinamización do Mercado Municipal

As Neves avanza cara un modelo pensadopara as persoas

Page 18: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

O CONDADO

MAIO 2016X

III Encontro de Pandereteiras Infantís do Condado.

A Asociación Cultu-ral Ondiñas do Mendoorganiza, coa colabora-ción do Concello de Sal-vaterra de Miño, o IIIEmcontro de Pandere-teiras Infantís do Con-dado, o próximo 22 demaio, ás 18.00h, noCentro Multiusos deLeirado.

O Concello de Salvaterraentregou un ano mais os pre-mios do concurso de lemas ouslogans para os alumnos ealumnas do IES de Salvate-rra, convocado con motivo dodía contra a violencia de xé-nero, co fin de "mellorar aconvivencia en sociedadetransmitindo valores como aigualdade, a tolerancia, a nonviolencia e desmitificando es-tereotipos, aspectos todos elesque adoitan atoparse na baseda violencia de xénero, entreos rapaces e rapazas do nosomunicipio, que son o noso fu-turo máis inmediato e queteñen na súa man invertirestes datos"

Este concurso busca frases

que traten de transmitir unmensaxe e un posicionamentoclaro de non aos malos tratos.Dentro das iniciativas destacampaña de sensibilizaciónsocial, preténdese reunir ma-terial para facer posterior-mente unha campaña dedifusión e publicidade dal-gúns dos recursos que existenpara abordar este problema.

O proxecto consistirá enconfeccionar uns marcadoresde páxinas onde vaia o lemaou slogan gañador do con-curso e algúns números de te-léfono e enderezos a onde sedirixir en caso de coñecer ouser víctima dunha situaciónde malos tratos.

¨Son máis que feridas, son as nosas vidas¨Ese foi o slogan gañador do V Concurso de Sloganscontra a Violencia de xénero organizado polo Concello de Salvaterra

sALVATerrA

Page 19: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

O BAIXO MIÑO

MAIO 2016 XI

A alcaldesa de Tomiño, SandraGonzález, e o director da área de Ne-gocio de CaixaBank en Pontevedra Sur,Gonzalo Talegón, asinaron este mediodía un convenio de colaboración parafacilitar o financiamento de proxectosempresariais a través de microcréditos.No acto, celebrado no Concello, estive-ron presentes tamén Antonio Tarta-glione, concelleiro de PromociónEconómica e Luis Alberto Pascual, di-rector da oficina de La Caixa en To-miño.

Coa sinatura deste acordo establé-cese unha liña de financiamento de 1millón de euros. Os beneficiarios seránpersoas físicas e microempresas conmenos de 10 (dez) traballadores e unhafacturación anual inferior a 2 (dous)millóns de euros.

Os solicitantes poderán optar a mi-

crocréditos até un im-porte máximo de 25.000euros (cun máximo do95% do investimento).Os proxectos deberáncontar cun plan de em-presa e o informe favo-rable de viabilidadeelaborado polo Concellode Tomiño, co visto bode MicroBank.

O criterio de conce-sión de microcréditos

por parte de MicroBank atende funda-mentalmente á confianza na persoa ouo equipo que solicita o préstamo e áviabilidade do proxecto, podendo acce-der persoas carentes de garantías eavais.

En virtude deste convenio, o Con-cello de Tomiño comprométese a de-tectar as necesidades de financiamento,dirixidas a promover o autoemprego eao establecemento, consolidación ouampliación de microempresas e nego-cios de autónomos, así como a facilitarservizos de apoio e asesoramento em-presarial, analizar a viabilidade do pro-xecto e dirixir ás persoas físicas ouxurídicas asesoradas pola corporaciónmunicipal a MicroBank para que esteanalice, e no seu caso aprobe, as solici-tudes de financiamento.

O Concello de Tomiño, a través da

Oficina de Emprego e Desenvolve-mento Local, realiza distintas acciónsde orientación laboral encamiñadas afacilitar o acceso a un posto de traballoaos desempregados, así como axudar áimplantación de novas actividades eco-nómicas no municipio.

“Con este convenio, ou Concellopretende fomentar a creación de em-prego e reactivar a economía e o co-mercio, facilitando á reincorporaciónao mercado de traballo de moitas per-soas con formación e proxectos viablesque ata o de agora non puideron levará práctica por falta de medios económi-cos ou de avais”, explicou Antonio Tar-taglione, concelleiro de PromociónEconómica do Concello de Tomiño.

A alcaldesa, pola súa banda, indicouque o Concello actuará coma primeirofiltro dos proxectos de emprende-mento, que resulten de interese e sexanviables. Concretamente, será o Depar-tamento de Desenvolvemento Local oque reciba as iniciativas para valoralasantes de pasalas á entidade financieira.

Durante o exercicio de 2015, Mi-croBank concedeu en Galicia un totalde 735 préstamos destinados a autóno-mos, emprendedores e microempresaspor un importe de 7,8 millóns de euros.Para financiar proxectos persoais e fa-miliares, o banco achegou 16,9 millónsa 3.291 iniciativas.

O Concello e MicroBank subscriben un convenio de colaboración para incentivar a actividade emprendedoraO banco abrirá unha liña de crédito de até 1 millón de eurosMicroBank é a única entidade en España dedicada exclusivamente á financiación de necesidadespersoais e proxectos empresariais e de negocio a través de microcréditos. O Concello de Tomiñoé o primeiro do Baixo Miño en asinar un convenio coa entidade.

O Consorcio de Augas do Lourocontinuará coa segunda actuación enca-miñada a mellorar a calidade e a submi-nistración de auga potable á poboaciónde Tui que finalizará coa instalacióndunha nova redutora xeral de presión narúa Colón.

As previsións son realizar cortes deauga entre as 10:00 e as 12:00 do mér-cores para asegurar o correcto funciona-mento das válvulas de corte xerais, o calpodería provocar novos episodios deturbidez na rúa Colón e adxacentes.

Finalmente durante a madrugada domércores ao xoves realizarase a instala-ción da nova redutora, minimizando asías molestias aos usuarios do servizo.

O Consorcio de Augas doLouro realiza a segunda ac-tuación de mellora na redede abastecemento de Tui

TOMIñO TuI

Page 20: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

O CONDADO

MAIO 2016XII

O alcalde da Guarda, AntonioLomba, e a Concelleira de AsuntosSociais, Teresa Vicente, trasladaron áXerencia do Consorcio Galego deIgualdade e Benestar, a demanda deaumentar o número de prazas de Gar-dería para A Guarda, que na actuali-dade é de 40. Isto podería facersemediante a ampliación do edificio ac-tual, sé é posible, ou construíndo

unha nova Gardería.Reiterase así unha

necesidade xurdida doaumento durante os úl-timos anos da de-manda de prazas etamén do número depersoas en lista deagarda que no pasadocurso foi de 30 per-soas.

De acordo ás reco-mendacións da Comu-nidade Europea, onúmero de prazas degardería debería sercomo mínimo o 35%da poboación en idadede acceder a ela. Nocaso da Guarda a por-centaxe é de tan só do17%, polo que seríaaxeitado duplicar o nú-mero de prazas oferta-das.

Ademais, o Conce-llo da Guarda tamén solicitou aoConsorcio que a Gardería da Guardasexa incluída na rede de Garderías deGalicia Galiña Azul.

As demandas que fai o Concellodiante do Consorcio e da Conselleríateñen como obxectivo mellorar osproblemas de conciliación que teñenmoitas familias na Guarda.

O Concello da Guarda convocouaos alcaldes dos municipios do Ca-miño Portugués da Costa á unha reu-nión este mércores día 11 de maio, ás12 horas, na casa dos Alonso (Praza doReló, A Guarda).

A convocatoria responde á recente

inclusión do Camiño Portuguésda Costa entre as rutas xacobeasformalmente recoñecidas polaxunta de Galicia na Lei do Patri-monio Cultural de Galicia apro-bada recentemente noParlamento. A reunión entre os re-presentantes municipais dos con-cellos galegos polos que

transcorre o Camiño Portugués daCosta busca establecer as estratexias eactuacións dirixidas a divulgar e fo-mentar este itinerario, que cada vezacada máis importancia e é transitadopor un maior número de peregrinos dedistintas nacionalidades.

Este domingo celebrouse en Cas-trelo, Mazaricos, a 3ª Copa Galega deSlálom Olímpico correspondente a LigaGalega de Slálom. A competición, quecomezou con moito retraso debido a unmalentendido coas empresas eléctricasque controlan as augas do río Xallas,non puido ir mellor para os Teixugos.

Nunha tarde chuviosa e fría, e des-pois dunha longa espera agardando porun bo caudal de auga, todos os deportis-tas deron o mellor de si mesmos. AndreaGonzález gañou en K1 sénior e Laura

Alonso quedou terceira na mesma cate-goría. Brais Castro en C1 sénior taménacadou o primeiro posto; a mesma po-sición para Manuel Ochoa en K1 júniorna que ademais Brais Castro quedou ter-ceiro. Outra gañadora na súa categoríafoi Ariadna Pereira en K1 infantil.Tamén fixo podio Marco Patiño cunhasegunda posición en K1 cadete.

A clasificación final por equipos es-tivo liderada polo Club Deportivo Miñocun total de 157 puntos, seguido poloClub Piragüismo Penedo de Caldelascon 150 e o Club Tea de Mondariz con130.

A próxima cita dos Teixugos seránas augas do Esla na localidade leonesade Sabero, onde se celebrará a 3ª Copade España de Slálom os día 28 e 29 demaio.

O Concello da Guarda busca ampliar o seu servizo de Gardería

A Guarda convoca aos alcaldes do Camiño Portugués da Costa

“Os Teixugos” gañan a III Copa de Slálom Galego

Page 21: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

OPINIÓN

MAIO 2016 XIII

Sempre entendín que asistir aos débiles, ac-cidentados, aos que foxen da guerra ou estánmarxinados é unha obriga humana, xurídica e denotoria evidencia. Na miña pasada profesión do-cente, empreguei moito tempo amosando “odeber” de axudar a quen está doído, vencido, fu-xido, amargado. Hoxe os meus alumnos estaránconfundidos vendo como a política social donoso país e por extensión do Estado e por máisextensión do europeísmo, contradín todo aquilodo que eu lles falaba entón. Europa, esta Europa,quedou na vergoña de non querer, de preferirfacer negocio, de non saber ser valente e dar unpaso decisivo, unha aposta pola dignidade dospobos. Esa que só se predica co exemplo.

En Europa trunfa a hipocrisía dos que mentene o cinismo dos que traizoan as leis básicas daconvivencia. Sendo aliados deles, convertémo-nos en transgresores dos códigos máis básicos decomportamento humano. Que vergoña! Que indig-nidade a de quen mira para outro lado, quen ignoraintencionadamente, quen non asiste aos refuxiadossirios e por riba, aí está o cinismo, vincula o seudrama coa ousadía do E.I.

Nunca deixou de ser aquela tenda de vender oque a outros sobraba e no escaparate o luxo e abun-dancia. Por detrás, lixo en pesticidas, armas de des-trución masiva, danos colaterais, guerraspreventivas, grandes réditos, débedas abusivas, re-cortes de dereitos, negociado inxusto de aranceis eimpostos, humillacións de países membros, sen po-

lítica exterior común, nin sequera de defensa, de-portacións masivas, protocolos policiais degradan-tes, coitelas nos aramios das vallas das fronteiras,fame, violencia. Así de miserables son os nosos so-cios e –polo tanato- somos nós! Son os nosos alia-dos. É esta unha Europa débil e vella, cansa,esgotada xa, incapaz de ofrecer luces e horizontesde esperanza, incapaz de xurdir das súas cinzas, deerguer nas causas nobres. Os refuxiados teñen naollada a inculpación. Son hábiles vendendo armas,mesmo aos inimigos: a cuestión está en facer caixa,negocio miserable e por miserable que sexa. Eu-ropa está acabada, corrompida e falta de coñece-mentos.

A expulsión a Turquía dos refuxiados seráunha lousa que nos pese durante moito tempo.Nin Turquía é segura –só hai que ver como trata-ron aos kurdos e a moitas outra minorías étnicas-pero tampouco é o xeito de facelo, sabendo queEuropa necesitaba reivindicar a honra e o honor,tantas veces cacarexada na democracia, nos de-reitos, na Semana Santa, nas Constitucións deamparo, Códigos de Xustiza, Ministerios de In-terior, de Exteriores, ... Organismos de pimpónpara a aparencia. Nada!

O Mar Exeo é o escaparate no que nos vemos.Inactivos nós, eles morrendo. Ninguén tivo –dospoderosos- a mínima palabra integradora, esamesma que concilia afectos, que acolle, que aga-rima nas feridas dos que sofren as penas. Dan ci-fras, prometen acoller a 160.000 persoas, van darmiles de millóns de euros, ...para que se vaian,

para non velos, para non acollelos. Non din, peronótaselles perfectamente que non entenden o nosodesamparo.Alguén aclarou que poderían –futurohipotético que se sacaron da súa desconfianza cega-ser perigosos, mesmo do Exército Islámico.

Volvo sentir vergoña, tamén falaron desde aIgrexa, tamén eles desconfían. Vivimos a mentiraplena, canto máis mintamos, máis somos mentido-res! E aquí estamos, unha vez máis humillados. Ostribunais superiores tamén calan, anque saben in-cumpren as leis internacionais e a Convención deXenebra. É igual, chega con lavar as mans. E nósemporcallados con eles!

Baldomero Iglesias DobarrioMero

Esta Europa?

THE EUROPEAN UNION, interVención do artista inglés banksy co gallo da crise dos refUxiados no mar exeo

Page 22: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

O MORRAZO

MAIO 2016XIV

Dun tempo a esta parte e coincidindo coa conce-sión da prórroga á empresa ENCE teño a sensación,compartida con outras persoas, de que "Celulosas"CHEIRA MÁIS. Será casualidade, ou non, pero éunha evidencia “científica” que as habitantes da Ríamedimos co noso nariz, dependendo de para onde vaiao vento.

Levamos tantos anos escoitando e lendo a propa-ganda da empresa: Mañá será o último día. O fedorconverterase nunha agradábel fragrancia. Os fumesserán transformados milagrosamente en vapor deauga. Non podemos darlle credibilidade a todas estasafirmacións. Se realmente foran certas a empresa nongastaría tantos cartos en publicidade nin en mercarvontades deportivas en Marín.

Cando falamos con persoas de outras localidadessobre o noso concello temos que desmentir dúas cou-sas: que Marín sexa unha vila fea e que a Celulosasestea localizada no noso termo municipal. Cousa difí-cil, xa que calquera que deixa a autoestrada e se dirixea Marín o primeiro que ve é ese monstro fumegandoao carón da Ría. Esta pode ser unha das explicacióndo deserto hoteleiro que temos, só un, mentres outrosconcellos do noso entorno están cheos deles.

Todas estas reflexións veñen a complementar o de-bate que se da estes días sobre o saneamento da Ría.

Despois de tantos anos falando deste tema poucospasos se deron por parte das administracións, e moitosmenos pola Xunta de Galiza quen debería ser a encar-gada da planificación e execución do saneamento in-tegral da Ría. Se tivesen vontade xa teríamos unhaplanificación eficiente da rede de depuración, sendo osistema máis racional o da distribución de depuradorasde tamaño reducido, debidamente interconectadas, conseparación de augas pluviais e residuais. Nun paísavanzado faríamos que as augas residuais industriasforan tratadas en orixe, antes de ser vertidas. É dicir,deberíamos ter un saneamento racional, descentrali-zado e integral.

Mais neste debate hai un actor principal que pre-tende agocharse, ENCE. Resulta chocante a forma enque se pretende desviar a atención non falando doprincipal protagonista da contaminación da auga, dochan e do ar da nosa Ría. Faise fincapé na responsabi-lidade das "augas residuais urbanas" como principalelemento contaminante tentando empregar a linguaxecomo camuflaxe das malas prácticas dunha empresa.Cóllese a terminoloxía da Unión Europea para darllea volta e botar toda a responsabilidade nas administra-cións locais. A directiva do Consello da UE do 21 demaio de 1991 sobre o tratamento das augas residuaisurbanas (91/271/CEE), que calquera pode consultar,

define no seu artigo 2, punto 1, as "augas residuais ur-banas como as augas residuais domesticas ou a misturadas mesmas con augas residuais industriais ou augasde escorrentía pluvial". Polo tanto cando a UE con-dena á administración non o fai só polas augas da redede sumidoiros, “do alcantarillado”, faino tamén polosvertidos industriais sen depurar que van a parar a Ría.E xa sabemos que industria verte na Ría.

Os vertidos "urbanos", os coliformes fecais, son unproblema. Pero por que non se dan coa mesma inten-sidade noutras rías, como a de Vigo, con maior presiónde poboación e con deficientes sistemas de tratamentode augas? Será por que tamén están presentes no pro-ceso de fabricación de pasta de papel, onde se da acombinación de presencia de materia orgánica e tem-peraturas moi altas, o ideal para o crecemento de coli-formes.

O saneamento da Ría é fundamental para manterunha actividade económica como o marisqueo e apesca. Para acadar isto é necesario tomar medidas acurto prazo por parte das administracións mellorandoo sistema de tratamento das augas e cunha coberturatotal, eliminando os vertidos. Pero non podemos es-quecer que o principal problema de contaminación daRía, ENCE, acaba de ser prorrogado 60 anos máis, seentre todos e todas non o evitamos.

Na competición por equipos, oalumnado do CEIP A Pedra acadou oprimeiro posto, seguido do da Torre deCela e do de Montemogos de Beluso.

Este evento de recuperación do de-porte tradicional organizarase en novasedicións, tal e como destacou o conce-lleiro de deportes, Manolo Otero.

Nos últimos anos, o Concello deBueu vén apostando forte pola recupe-ración do deporte tradicional da cachizaou billarda. Seguindo con esa labor dedar a coñecer este xogo entre as novasxeracións, a concellaría de deportes, di-rixida por Manuel Otero, organizou opasado sábado, 7 de maio, a final do ITorneo Escolar Municipal de Cachiza,dirixida aos alumnos e alumnas de 5º e6º de Primaria dos centros escolares domunicipio, e no que participaron un total

de 30 alumnos e alumnas quexa previamente desenvolveranunha fase interna en cada cole-xio.A competición tivo lugarfinalmente no Pavillón de Be-luso, e na clasificación porequipos, o alumnado do CEIPA Pedra fíxose co primeiroposto, seguido do CEIP ATorre de Cela, e do CEIP deMontemogos de Beluso. Anivel individual, Martín Bar-

cia, de A Pedra, acadou a primeira posi-ción, Pablo Villanueva, tamén domesmo colexio, a segunda, e a terceirafoi para Carlos Gómez, do colexio ATorre. Manolo Otero resaltou a grandeacollida deste xogo tradicional, cuxa re-cuperación se fomenta desde o gobernolocal, polo que se organizarán novasedicións en vindeiros anos.

A cachiza ou billarda é un dos depor-tes tradicionais que máis se viña practi-cando no pasado coa chegada do botempo. O material de xogo necesarioson dous paus, un máis curto que se co-ñece como “cachiza”, que ten unha lon-xitude de 18 a 25 cm e entre 1.5 e 3 cmde diámetro ou grosor, e outro máislongo, o “pateiro”, que debe ter entre 50e 60 cm de lonxitude e un grosos idén-tico á cachiza.

Éxito no I Torneo Escolar de Cachiza

Tempo de limpar

As operadoras de telefonía móbilcomezarán a ofrecer en Cangas os ser-vizos sobre a rede 4G na banda800MHz, o que permitirá o disfrute deconexións móviles de alta velocidade,unha maior cobertura no interior dosedificios e maior extensión xeográfica.As emisións de telefonía móbil 4Gvanse producir na banda que ocupa aTelevisión Dixital Terrestre (TDT),polo que é posible que a recepción dosinal de televisión poda verse afectadonalgúns edificios ou vivendas. Para ga-rantizar a compatibilidade da nova tec-noloxía coa TDT, as operadorasencargaron a posta en marcha á enti-dade “Llega 800”, co fin de solucionarposibles incidencias coa recepción dosinal de televisión. Tódalas actuaciónstécnicas que deban realizarse non supo-rán coste algún para a cidadanía. A ac-

tuación consistirá, na maioría doscasos, na colocación dun filtro na ins-talación de recepción de televisión. Oscidadáns que residan nas áreas de maiorinfluencia recibirán unha comunicaciónno seu domicilio, informando de que apartir dese momento poderán solicitara adaptación da antena no seu edificio.Os que vivan nun edificio colectivo de-berán falar co Presidente da sua Comu-nidade de Propietarios ou co seuAdministrador de Fincas para que con-tacten co Centro de Atención a Usua-rios (CAU). No caso de tratarse dunhavivenda individual, deberá contactarvostede mesmo o CAU. Unha vez ini-ciadas as actuacións previas poderíanproducirse afectacións na recepción detelevisión. Neste caso, a cidadanía con-tará cun plazo de 6 meses para resolverposibles incidencias, sen ningún tipo decusto, garantizando deste xeito a recep-ción do servicio de televisión. Para xes-tionar estes servizos ou aclarar calqueradúbida ponse a disposición da cidada-nía un telefóno de atención gratuito(900 833 999) e unha páxina webwww.llega800.es. Tamén poderán acu-dir ao Concello para informarse.

Conexións móbiles máis veloces e mellor cobertura chegan aoConcello de Cangas coaimplantación da rede 4G

Chega a rede 4G a Cangas

Mariola González FernándezVeciña de Marín

bueu cANGAs

Page 23: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

O MORRAZO

MAIO 2016 XV

Page 24: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

Este xornal imprimiuse en

papel reciclado

Director: Tino Lago [email protected]

Edición, deseño e maquetación: Alberto Ardid de [email protected]

Redacción: G. [email protected]

Edita e publica: Edicións Mide S.L.Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 [email protected]éfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L.Fotografía: Arquivo, Kevin&Donovan.Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Guillermo Rodriguez, Adrián Solo-vio, Moncho Lareu, Vicente Alló, Carlos Rey, JosiñoAraújo, X. Santiago Páramos, Lucia Santos, SantiagoMallo, Segundo González, X. Carlos de la Fuente, Bal-domero Iglesias ¨Mero¨, Juan Karlos Pérez, PedroOcampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas.Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149

Depósito Legal: VG-195-2011

Gústache a fotografía? Esta sección está feita para tí. Envíanos as túas fotos a [email protected]

MIRADAS: AÍ VÉN O MAIO!

Neste mes dos maios, José ManuelDurán envíanos estas instantáneasdesta colorida e ancestral tradición ga-lega de engalanar as vilas con flores,como estas de Redondela.Mayte de Cabo envíanos tamén esta daFarola da Praza da Constitución deVigo. (á dereita)Abaixo, unhas instantáneas da Festa doChoco de Redondela. Co cartel da Pri-meira edición do evento culinario.

Page 25: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

9

TERRAS DE REDONDELA

MAIO 2016

Os veciños e veciñas dePazos de Borbén estrearon omes de maio coa sorpresa duncamión do lixo dunha empresaprivada prestando o servizo derecollida de residuos. Un ser-vizo que, ata agora, veuseprestando directamente conmedios municipais.

E dicimos sorpresa porqueo goberno municipal non sedignou a dar ningunha mínimainformación sobre as súas in-tencións de contratar unha em-presa privada para prestar esteservizo. No Pleno da Corpora-ción celebrado recentemente,este asunto foille ocultado aosrepresentantes políticos dosveciños e veciñas.

O mesmo poderiamos dicirdas inversións previstas nocampo de fútbol de Nespe-reira. Un gasto elevadísimopara un concello do tamaño dePazos de Borbén, e que foi tra-mitado ás agochadas por un al-calde en funcións sencompetencias, nese intre, paratomar esas decisións.

Todo isto son mostrasdunha concepción absolutistado poder, políticas rancias do

pasado que están no polooposto das prácticas dun bogoberno e dunha democraciaefectiva e de boa calidade.Pois a democracia non é ape-nas acudir ás urnas cada catroanos, senón uns valores queteñen que impregnar toda a ac-tividade política.

Así, co PP Pazos de Bor-bén fica ancorado no pasado,mentres a sociedade avanzacara unha maior calidade de-mocrática coa promulgaciónde leis de transparencia. Leisque buscan un maior controlda actividade gobernamentalpor parte da cidadanía, queobrigan aos gobernos á rendi-ción de contas como garantíafronte a decisións arbitrariasou ao uso indebido dos recur-sos públicos.

A Agrupación de ElectoresAlternativa Veciñal vai anali-zar os pormenores deste con-trato e darallos a coñecer aosveciños e veciños. Como sem-pre, suplindo a falta de trans-parencia do goberno de Pazosde Borbén e vixiando polo bencomún.

En palabras de Luciano Otero: ¨O PP de Pazos de Borbén non entende o que é democracia¨

AER posiciónase en contra ¨da falta de transparencia e participación na creación da futura Área Metropolitana¨Por que a Agrupación de Electores votou en contra deste “Feito Histórico”?

Segundo a propia Agrupa-ción de Electores de Redon-dela ¨votou en contra, por 5motivos principalmente:

1) Vigo vai ter un excesivopoder de decisión e vai terpracticamente o dereito deveto.

2) Non se fixeron os nece-sarios informes económicosprevios dos custes para osConcellos.

3) Seguía habendo eivasimportantes no Convenio doTransporte Metropolitano,como que o transporte urbanode Vigo (Vitrasa) aínda non es-taba incluído.

4) Vai ser imposible queRedondela poida remunicipa-

lizar os servizos públicos se osgrandes partidos teñen o con-trol da Área.

5) Non houbo a necesariatransparencia e participaciónda veciñanza na súa modifica-ción.

A lei da AMV (lei 4/2012)elaborouna e aprobouna o Par-tido Popular no parlamentogalego, non consultou a nin-gún dos concellos afectados asúa opinión sobre o feito depertencer ou non á AMV; sim-plemente, incluíusenos. Tralaoposición do Concello de Vigoa esta lei e ante o resultadoelectoral das pasadas elecciónsmunicipais, nas que o PP per-deu boa parte do seu poder

dentro dos concellos da ÁreaMetropolitana, a Xunta deci-diu abrir unha rolda de contac-tos para modificar a lei4/2012.¨

Esta rolda de consultas vol-veuse nunha loita de poderente a Xunta de Galicia e AbelCaballero. Tras varias reu-nións de representantes daXunta e representantes dosconcellos chegouse a un borra-dor para presentarlle ao al-calde de Vigo, e ver se así sechegaba a un acordo para levaradiante a AMV. Dende o Con-cello de Redondela consen-suouse unha proposta, da quenós participamos, para que oAlcalde puidese negociar nasfuturas reunións entre alcaldese representantes da Xunta deGalicia. O resultado desas reu-nións foi a modificación da leique se levou a pleno o pasadomartes día 12 de abril. “Pa-ripé” e votación non vincu-lante, xa que esta modificaciónapróbase no parlamento deGalicia e a decisión xa está to-mada.

redONdeLA pAzOs de bOrbéN

Page 26: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

10

OPINIÓN

MAIO 2016

Ao mellor xa escoitaches isto das Industrias 4.0 ouaínda non chegou aos teus oídos. Os tempos de crisenon só son tempos de paro e precariedade, o Capitalemprega todos os seus activos en descubrir novos xei-tos de seguir chupándolle o sangue a unha claseobreira cada día mais castigada. Estamos pois nun pro-ceso industrial de unha transformación dixital acele-rada exponencialmente por tecnoloxías en plenocrecemento, automatización aínda máis dos procesos,transformación da loxística, coa impresión 3D com-praran os planos e os fabricaran eles, cando queiran ena cantidade desexada, co internet das cousas todo es-tará conectado, ou o Big Data que é a organizarán desagrande cantidade de información.

Isto non supón unicamente un aumento da automa-tización da produción (cousa que leva sucedendodesde os anos 70 có desenrolo da electrónica e as tec-noloxías da información), senón un cambio totalmentedisruptivo, converténdose nunha innovación que xe-nerará a desaparición de produtos e servizos que, ataagora, eran utilizados pola sociedade. A nova tecnolo-xía aparece como un avance que fai que todo o velloresulte precario ou inferior en canto as súas presta-cións.

A industria 4.0 polo tanto, é un concepto que uneas tecnoloxías que deron paso á terceira revolución in-dustrial (así chaman eles aos procesos de automatiza-ción e novas tecnoloxías de produción) coastecnoloxías propias da era da información, como o al-macenamento, procesamento e transmisión masiva dedatos.

Como obreiro, traballador da automoción, e indi-viduo que acredita na loita de clases como único me-

canismo para poder saír da precariedade e a pobreza aclase traballadora debo analizar de xeito moi críticoeste novo subterfuxio do capital.

Non é que toleara non arrouto de ludismo, peroanalizando polo miúdo o que nos traen as novas tec-noloxías empregadas polo capital para optimizar aosseus traballadoras/es e Empresas debemos preocupar-nos, explicareime aplicando estes avances ao meu en-torno mais cercano:

•Os procesos de fabricación seguirán automatizán-dose eliminado postos de traballo de Man de Obra Di-recta, o que comunmente se chama persoal de taller,na industria galega son os postos de traballo que aíndamanteñen uns salarios dignos. Por riba da media doresto dos obreiros dos outros sectores.

•Co emprego destas tecnoloxías no transporte deprodutos eliminarán postos de traballo na loxística in-terna da empresa carretilleiros, persoal que abastece asliñas de montaxe, persoal de almacenamento e taménna loxística exterior no que respecta ao transporte enestrada (camións, furgonetas…etc).

•Os produtos poderán fabricarse en calquera lugardo mundo en un tempo ridículo, podendo mover pro-ducións sen case ningún tipo de esforzo dun país paraoutro, en prexuízo dos países que como Galiza nin sonun centro de decisión como (Alemaña, Francia ….) oude baixo custe como (China, Marrocos …).

•Os mecanismos de control do traballador por parteda Empresa aumentarán, a nosa vida dentro do centrode traballo vai estar controlada por un “Gran Irmán”.Que controlará os nosos movementos, as paradas dasmáquinas, o tempo de descanso, as veces que imos o

baño, os nosos actos, as nosas palabras..etc Conver-téndose nunha desas películas do futuro que nos mos-tran un porvir funesto a raza humana.

Estes son só algúns dos retorcidos avances destesnova “Revolución Industrial” a cal lle temos que en-gadir un paro de mais do 30% (se engadimos os nososcompatriotas que tiveron que emigrar por mor dacrise), unha reforma laboral que deixa aos obreiros in-defensos ante o Patrón, e a precariedade que xa se con-verteu nun mal endémico da economía galega. Comovedes o coctél colle unha dimensión catastrófica.

O exemplo é a factoria de Citroen en Vigo quepasou dos mais de 11.000 traballadores de antes dacrise a ter menos de 6.000 na actualidade cunha pro-dución que apenas baixou un 15%.

A pregunta é ¿Estamos a clase obreira do séculoXXI preparada para loitar por defender o noso presentee o futuro dos/as nosos/as fillos/as?¿E a situación eco-nómica e social actual a adecuada para aplicar estesavances tecnolóxicas?

A receita contra estes avances futuristas e nonabandonar o que levou as clases populares a poder me-llorar as nosas condicións de vida. Necesitamos pois,organización obreira non participando no dialogo so-cial, instrumento empregado polo poder para aplacaro malestar das clases traballadoras. Que acreditemosna confrontación co capital como a única maneira dedefender os nosos dereitos. E cunha clase obreira queparticipe nas decisións mediante a afiliación, a mili-tancia e o asemblearismo. Precisamos pois ter unhaconcepción obreira mais humanista do mundo que nostocou vivir ante un mundo de máquinas que fará maisrico ao Capital deixando de lado as persoas.

Industrias 4.0

Fancisco SíoExecutiva comarcal da CIG-Vigoe co-voceiro da FOGA

Page 27: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

11

OPINIÓN

MAIO 2016

Juan Karlos Pérez ÁlvarezConcelleiro de EAJ-PNV

Entre 1916 e 2016 vai un século desde omomento, no que, na pascua do terceiro ano dagran guerra, a hoxe coñecida como primeiraguerra mundial, produciuse o alzamento irlan-dés contra a opresión británica. Ese é o mo-mento. E foi un estrepitoso fracaso. Os seusautores foron apresados e reprimidos, fusilados.O mesmo Eamon De Valera foi salvado unica-mente por ter a nacionalidade estadounidense,pois naceu en Nova York. Pero, sen dúbida, émáis fácil lembrar momentos que procesos.Feitos puntuais, polo demais, necesarios, quesimbolizan procesos, aínda que o seu vínculosexa débil ou estreito.

Ao longo de todo o século XIX en Irlandaprodúcense feitos e traxedias con entidade su-ficiente como para comprender unha farta aunha comunidade, a protestante, que dominaraaos católicos en todas as ordes da vida. E o aci-cate foi a crise alimenticia que obrigou a mi-gracións masivas cara a América. E aínda así abandeira irlandesa é froito da xenerosidade e ainclusividade, pois representa o verde dos ca-tólicos e o laranxa dos protestantes, nunha voca-ción de ver representada toda Irlanda. Unha Irlandaque, desde o pragmatismo hoxe esquecido, loitarana política británica, especialmente na cámara doscomúns, durante décadas, por un autogoberno, unHome Rule. Tratando todas as opcións dispoñiblesantes da opción independentista, unicamente can-

doas demais portas comprobáronse clausuradas.Antes, durante e despois de 1916 producíronse

feitos que favoreceron a posterior independenciade Irlanda. Que, cando foi? 1921-22 co EstadoLibre de Irlanda con Michael Collins? 1937 candoo Reino Unido deu completa liberdade aos portosirlandeses? 1949 cando abandonan a Common-

wealth e oficialmente o monarca inglés deixa deser xefe de estado? O certo é que o longo pro-ceso de asunción de autogoberno e soberaníapor parte de Irlanda foi longo. E o Eastern Ri-sing só foi un deses fitos. Aínda que se celebrede maneira especial. E é que non podemos es-quecernos de porque morre Michel Collins, unauténtico patriota irlandés que loitou ata o úl-timo día contra un mal bastante común, e é quequen ve a vida dos pobos entre o branco e onegro, sen cores intermedias, se a solución é in-termedia, pode acabar desencadeando unha gue-rra civil, que é o que lle pasou a Irlanda. E é oque lle pasou a Sudán do Sur, devandito sexa depaso, tras o seu referendo de autodeterminaciónde 2011.

A memoria ten que ser completa, para quepoida merecer tal nome. Acordarnos e lembraros feitos tal como foron, e, co paso do tempo,construír e reconstruír, sen dramatismo, perocon paixón, todos os camiños que conduciron aeses momentos que conmemoramos como sím-bolo e cruzamento de camiños desas longas au-

tovías que son os procesos nos que, ademais doslíderes, a xente corrente, o pobo, puxo o seu grande area que a historia comprime para acabar resul-tando parteros de belas perlas, como sen dúbida éhoxe, coas súas cousas boas, e non tan boas, a belaperla esmeralda, perla celta, que é a República deIrlanda.

Aberri Eguna Irlandés: procesos contra momentos

Page 28: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

12

VAL MIÑOR

MAIO 2016

O Concello de Nigrán, coconsenso unánime da corpora-ción, aprobou na xunta de vo-ceiros de abril e no últimopleno aos cinco galardoadoscos Premios Nigrán 2016, cuxagala celebrouse o 14 de maio ás20.00 horas no Auditorio Mu-nicipal. Así, nesta quinta edi-

ción foron ho-menaxeados noámbito culturalo Centro Cultu-ral e RecreativoParada doMiñor; no edu-cativo o IES ValMiñor; no em-presarial a Piro-tecnia ArgimiroAlborés; no de-portivo a Igna-cio Fernández eno social a Ta-pería Jose. A se-lección, feita de

xeito transparente entre tódolosrepresentantes políticos e conconsenso absoluto, foi reali-zada grazas ás propostas reali-zadas previamente porcolectivos sociais, culturais eveciñais do municipio, a quen ogoberno local agradece a súa

colaboración.O xa consolidado acto insti-

tucional pretende ser un reco-ñecemento público de todo opobo de Nigrán á traxectoriados premiados. "Son entidadese persoas que co seu traballo,constancia e esforzo contribúena poñer en valor a Nigrán, fa-cendo del un municipio máisamigable e do que sentirmonosorgullosos, por iso se mereceneste galardón", reflexiona JuanGonzález, alcalde de Nigrán.

OS PREMIADOS:Cultural: Centro Cultural

e Recreativo Parada do Mi-ñorEducativo: IES Val Miñor

Deportivo: José IgnacioFernández Méndez

Social: Tapería JoseEmpresarial: Pirotecnia

Argimiro Alborés

A Corporación aproba os cinco galardoados cos 'Premios Nigrán 2016'

Será o martes, 17 demaio, ás 20:00 horas, noSalón de Actos do Concellode Nigrán. O Coro galegoCantares do Brión preparoupara a ocasión un repertoriobaseado en textos de escri-tores e escritoras galegascomo Rosalía de Castro,Ramón Cabanillas, Valen-tín Paz-Andrade, Mª XoséSilvar “Sés”, ManoloPipas, Rosa Hervella e, no-meadamente, ManuelMaría, o poeta homena-xeado neste ano 2016: Can-

tares do Briónestreará, conmúsica de LuísCorrea “Carun-cho”, un poemado libro Poemasao outono e in-terpretará taménO Carro, coñe-cido texto do es-critor chairego,con música deMero Iglesias earranxos paracoro de PacoBarreiro, pezahabitual no re-pertorio do coromiñorano.

Caracterís-tica a destacar neste reper-torio é a de seren ascomposicións musicais au-toría, en grande parte, decompoñentes do propiocoro, como Luís Correa,Antón Silva ou Pablo Rial.

Haberá, ademais, baile(“Muiñeira de Aurora”, deSecundino Pérez, mestregaiteiro de Chandebrito) ea representación teatral daobra “Muiñeira perpetua”,un texto da corista, veciñade Priegue, Lucía Cid Ca-bido.

Cantares do Brión no acto oficial doDía das Letras Galegas de NigránA programación contará con canto, baile e teatro

Page 29: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

13

VAL MIÑOR

MAIO 2016

A Xunta alega que se pre-sentou fóra de prazo a solici-tude. ¨Unha excusa calquerapara tratar de impedir un eventocoordinado polos tres concellosdo Val Miñor¨, resposta JuanGonzález, alcalde de Nigrán,que asegura que volverán pe-dalear xuntos o 17 de maio, naXXVIII Edición da 'Festa daBicicleta' cuxa organizaciónrecae este ano en Nigrán. O xa

tradicional evento, coordinadodende as respectivas concelle-rías de Deportes e policías lo-cais, conta nesta ocasión conNigrán como municipio anfi-trión. Así, tódolos participantesconfluirán na Ramallosa ás11:30 horas para ir xuntos ata opavillón de Panxón.

A festa está organizada e de-señada para todas aquelas per-soas maiores de 7 anos que

sexan capaces de chegar aoritmo do pelotón desde os seusdiferentes puntos de saída ataRamallosa e voltar. É obrigato-rio o uso de casco e as inscri-cións e recollida de dorsaisfarase 30 minutos antes de darcomezo a actividade en cadapunto de saída. O número dedorsal dará dereito a participarno sorteo de agasallos.

A Xunta nega o permiso para a ¨Festada bicicleta¨

O Alcalde de Gondomar “propon aos alcaldes de Nigrán e Baiona suspender afesta por motivos de seguridade até obter a autorización da Xunta

Nigrán esixe á Xunta que rectifique inmediatamente a súa decisión e advirte deque en ningún caso vai suspendela.

A concellería de Comer-cio do concello de Gondo-mar en colaboracióncos/aspraceiros/as da prazade abastos municipal con-voca o 1º concurso de de-buxo “Que é para ti omercado?” Este concursovén respaldar a iniciativa da

WUWM (Word Union ofWholesaleMarkets), asocia-ción internacional que reúnepaíses como: Reino Unido,Francia, Alemaña, Suecia,Finlandia, Grecia, Hungría,China, Irlanda, etc e enmár-case dentro das actividades adesenvolver para promocio-nar o día do mercado dentrodas actuacións que está alevar a cabo a DirecciónXeral de Comercio da Con-sellería de Economía, Em-prego e Industria, da Xuntade Galicia mediante a cam-paña “Quere o teu mercado”.

A praza de abastos municipal convoca o 1º concurso de debuxo“Que é para ti o mercado?”

Concello e Comunidade Educativaesixen á Xunta un convenio que nondiscrimine a Nigrán

Juan González, acordouesta mañá xunto ás directorase ANPAS dos colexios públi-cos do municipio esixir áXunta un convenio de axudasao mantemento dos centrosque non discrimine a Nigrán.Representantes da comuni-dade educativa e o rexedor re-dactaron un escrito no quepiden á Consellería de Educa-ción que rectifique a súa deci-sión de outorgar 2.000 euros.A petición á Xunta prodúcesedespois de que o rexedor ne-

gásese a rubricar o convenioao comprobar que o orga-nismo autonómico destinaba acontía máis baixa da provinciaa Nigrán, mentres que a outrasmoitas localidades compro-metíalles entre 100.000 e200.000 euros. Esta dispari-dade motivou mesmo quedesde o PSdG presentásese noParlamento Galego unha seriede preguntas destinadas a quea Xunta rectifique e aclare quecriterios de repartición empre-gou no deseño das axudas.

GONdOMAr

NIGráN

É intención desta xeira poñerde relevo algúns dos valores daarquitectura contemporánea;quizais, tentar sensibilizar nascaracterísticas, recursos e para-digmas utilizados por algúnsdos arquitectos actualmente

máis influentes do mundo aun colectivo non vinculadodirectamente con este oficio,para, dese xeito, ademais dogoce inmediato que tales en-contros poidan xerar, facersecun minúsculo catálogo decriterios que permitan mirar

con novos ollos ámbitos cotiáns,territorios coñecidos.

Para iso, visitaranse obras deFernando Távora, iniciador daarquitectura do MovementoModerno en Portugal e primeiroexpoñente dun novidoso xeito

de facer nesta arte coñecidocomo “Escola de Porto”. Taménobras dos grandes mestres Ál-varo Siza Vieira, Eduardo Soutode Moura e Rem Koolhaas. Al-gunha destas pezas foi declaradaMonumento Nacional en vidado arquitecto.

Álvaro Siza e Souto deMoura son portugueses. Ambosos dous obtiveron o Pritzker,máximo galardón desta belaarte. Son os máximos expoñen-tes da “Escola de Porto”.

6ª Xeira do IEM: Alén Miñor-Oporto, Arquitectura contemporánea os días 11 e 12 de xuño

Page 30: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

14 MAIO 2016

PUBLICIDADE

Page 31: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

15MAIO 2016

CINEMA

MuÍñO dA feIxA. x.s.pArAMOsCONTOS

jOsIñO ArAújO

O CEsteiro

Como comportarsenun cóctel (III)

Se é vidente que non é o mesmoinvitar que ser invitada, non o étanto que en ambos os casos, aíndaque en distinta medida, cumpraunha dose importante de xenerosi-dade. Pero si, aínda que non o pa-reza a primeira vista,tamén é unacto de xenerosidade aceptar unhainvitación aínda que non sexa com-parable a aquela que implica o actode invitar. Por que convidamos epor que aceptamos o convite éunha pregunta que non ten unhaúnica resposta e ten unha casuísticamoi variada que non imos, por faltade espazo, analizar . Pero si que, apesar desta falta de espazo, tratare-mos de explicar o prometido no tí-tulo da columna.

É moita a xente que nun mo-mento determinado da súa vidaadulta se ve obrigada a organizarunha festa e algunha menos a queo fai motu proprio sen mais finali-dade que a de celebrar a vida. Poisben, o seu éxito non está tan con-dicionado pola motivación ou o es-tímulo como pola implicación e ocompromiso. Pero a implicación eo compromiso de todos, non só daspersoas organizadoras, porque noresultado final da celebraciónconta tamén, e isto é importantenon esquecelo, a resposta do su-xeito paciente: a persoa invitada.

Son frecuentes as ocasións enque somos convidadas a actos máisou menos formais por coñecidos,amigas, familiares ou representan-tes de institucións, absolutamentedescoñecidos, e en moitas , sobretodo no último caso, asistimosobrigadas ou contrariados. Sempre,independentemente do estado deánimo co que concorramos, hai queser conscientes da responsabilidadeinmensa que teremos no éxito ouno fracaso do evento.

Aquí falaremos dun festexo enconcreto. Falaremos dun cóctel:reunión cun grao importante desofisticación, que o converte nunhacelebración propia de elites non sóeconómicas senón tamén artísti-cas, políticas e mesmo intelectuais.

Como comportarse nun cóctel?É a pregunta.Pois non é difícil res-pondela porque hai tres fórmulasinfalibles que nos asegurarán oéxito:

A primeira…

Dende hai xa tempo, se alguén enpleno maio nos fala do Festival deCannes a nosa mente trasládase ine-vitablemente á parroquia do Porriño,onde o cine galego, os chimpíns, amúsica e as cervexas se mesturan ereinan durante o penúltimo fin de se-

mana dese mes. Pero é na costaazul francesa, noutra localidade unpouco maior e de nome semellante,onde segue a celebrarse, polasmesmas datas, o certame cinema-tográfico máis importante domundo.

Como quecemento, mentres es-peramos a que dea comezo Cans,faremos un breve comentario sobreas propostas de Cannes, que unhaedición máis enche a súa secciónoficial de "vacas sagradas", direc-tores de brillante traxectoria queano tras ano estrean as súas pelícu-las na vila francesa, asegurandofilms de calidade aínda que moitasveces carentes de risco. Así, vere-mos desfilar pola alfombra verme-lla, entre outros, a Almodovar, aAssayas, a Loach, a Jarmusch e

aos irmáns Dardenne, estes últimoscoa intención de gañar a súa terceiraPalma de Ouro, o que os converteríanos directores máis galardoados dahistoria do festival.

A obrigatoria cota de cine romanéscóbrea este ano Cristi Puiu (A morte

do Sr. Lazarescu, 2005) e CristianMungiu, director da tremenda 4meses, 3 semanas e 2 días (2007). Ásúa vez, a cota de enfants terriblescorre a cargo de Bruno Dumont,creador da fabulosa mini-serie O pe-queno Quinquin (2015), e XavierDolan, gañador do Premio do Xuradofai dous anos por Mommy, outra hips-terización do programa de televisiónHermano Mayor, como xa o fora Eumatei a miña nai (2009).

Fóra de concurso preséntanse asnovas películas de Woody Allen,Jodie Foster e Steven Spielberg, easí o certame asegura a desexada pre-senza de celebridades hollywoodien-ses para impregnar de glamour orecinto e contentar os numerosos fans,fotógrafos e curiosos que alí se con-gregan. Pode que a obsesión por en-cher de estrelas a pasarela sexa a razónpola que o Festival de Locarno, máisalleo a estes asuntos, lle estea gañandoa partida no que a propostas innova-doras se refire. O que podemos asegu-rar é que en festa e enxeño niguén llefai sombra ao noso Cans.

De Cannes e Cans

O cesteiro pasa pola parro-quia co cabalo cargado de es-teiros e de cestos, fainos desalgueiro e de vimbio, pero oque máis vende son unhas fi-guras de xunco que da gloriade ver, leva uns xerros para oviño que nada máis chegar afeira xa llos ripan das mans.Ten que traballar arreo e pasarhoras e horas tecendo nosxuncos para dar feito aquelasmarabillas, agora é un artistacousa que nin sempre foi así.

O cesteiro tan boa persoacomo era volvérase un crá-pula, cada vez que ía as feirasxuntábase cun amigo quebebía como un odre e como elnon quería ser menos collíacada alegrete que caia de cú,o peor era que chegaba a pa-rroquia e acababa de rematala na ta-berna. Daba graza xa que para montarno cabalo facía unha comedia e así íapara a casa dando tombos. Era un mis-terio como o cruzar polo pontillón nontiña caído no río.

Pero un día de treboada foron es-preitalo e viron o que facía:

O cesteiro cando chegou baixou do

cabalo meteuse no río e cruzouno a pépola auga agarrándose as pedras dopontillón, os que estaban espreitandodeulle a risa o velo saír mollado comoun pito, o cabalo que xa estaba acos-tumado foi por riba do pontillón e es-perou por el como se lle dera magoa.

Cando volveu parar na tabernacomo se rían del defendeuse dicindo:

-Chamádeme parvo perosi chegades a ser vos o máisseguro e que algún se metíapolo lado de abaixo, eu sonfino, métome polo lado dearriba e apóiome na ponte,así non me leva a corrente.O cabalo como non bebe vaipor riba.

Unha tarde non parou dezorregar auga, fixo tal cre-cida que ó querer cruzar le-vouno a corrente polo ríoabaixo, cando a familia ótopou en falla foron na pro-cura del e topárono nun xun-cal falando con un penedo…Presentoullo dicindo: “Estaseñora salvoume de morrerafogado e agora estame en-sinado como se fai un xe-

rriño de xunco”.Dende aquela cada tres por catro

vai falar coa pedra, ou señora, ou coasúa cabeciña quen o sabe? O caso éque cada vez que fala co penedo quitaun modelo novo de xunco.

Nunca máis se emborrachou, fí-xose un artista e vende xerriñas comochurros.

Page 32: A Nova Peneira 67. Maio de 2016

Este xornal imprimiuse en

papel reciclado

Director: Tino Lago [email protected]

Edición, deseño e maquetación: Alberto Ardid de [email protected]

Redacción: G. [email protected]

Edita e publica: Edicións Mide S.L.Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 [email protected]éfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L.Fotografía: Arquivo, Kevin&Donovan.Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Guillermo Rodriguez, Adrián Solo-vio, Moncho Lareu, Vicente Alló, Carlos Rey, JosiñoAraújo, X. Santiago Páramos, Lucia Santos, SantiagoMallo, Segundo González, X. Carlos de la Fuente, Bal-domero Iglesias ¨Mero¨, Juan Karlos Pérez, PedroOcampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas.Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149

Depósito Legal: VG175-2012