A oratoria e a filosofía en roma

12
A oratoria e a filosofía A oratoria e a filosofía en Roma en Roma Alba García Bouza Candea López Rivera

Transcript of A oratoria e a filosofía en roma

Page 1: A oratoria e a filosofía en roma

A oratoria e a filosofía A oratoria e a filosofía en Romaen Roma

Alba García Bouza

Candea López Rivera

Page 2: A oratoria e a filosofía en roma

Que é a oratoria?É a arte de utilizar a palabra en público con corrección e beleza, servíndose dela para persuadir. Rivo en Roma un uso temperán e prolongado. Favorecía o seu desenvolvemento o sistema político da República baseado na consulta popular, e, de feito, mantívose vivo e con forza mentres a constitución republicana subsistiu.

Page 3: A oratoria e a filosofía en roma

Os comezos da oratoriaO primeiro discurso do que temos constancia é o pronunciado por Apio Claudio o Cego (ditador no 312 a. de C.), con motivo da guerra contra Pirro; non obstante só comezou a cultivarse como unha arte nos anos difíciles das guerras púnicas. Durante estes primeiros anos a oratoria desenvólvese tendo como elemento fundamental a improvisación diante dun auditorio. Máis tarde, empezan a fixarse por escrito.

O anciá Apio Claudio no Senado pronunciando un discurso

Page 4: A oratoria e a filosofía en roma

A aparición de CicerónNa primeira metado do século I a.C., producíronse varios conflitos sociais e políticos. Nestas circunstancias críticas aparece a gran figura da oratoria romana: Cicerón.

Cicerón distinguiuse como avogado e político, defendos dos intereses das clases sociais acomodadas.

Page 5: A oratoria e a filosofía en roma

Os seus discursosCando era cónsul, descubriu a conxuración urdida por Lucio Serxio Catilina e contra el pronunciou os seus discursos máis célebres, as Catilinarias. Foi asinado en Roma polos seguidores de Marco Antonio, contra quen escribira un discursos moi duros, as Filípicas, nos que defendía a Octavio, fillo adoptivo de César.

Page 6: A oratoria e a filosofía en roma

As sús obras de teoría de oratoria

Ademais dos discursos, compuxo tres obras de teoría de oratoria:

● Sobre o Orador e O Orador, nas que expón as súas ideas sobre a elocuencia.

● Bruto, onde recopila as ideas dos seus predecesores gregos e romanos sobre este tema.

Page 7: A oratoria e a filosofía en roma
Page 8: A oratoria e a filosofía en roma

Obras filosóficasCicerón escribiu varias obras filosóficas, nas que destacan: Sobre o Estado, na que expón cal é a mellor forma de goberno, e Sobre os deberes, especia de manual de moral práctica.

Page 9: A oratoria e a filosofía en roma

A filosofíaA filosofía apareceu tarde en Roma e non chegou a dar aquí ningunha gran figura. Foi importada de Grecia e interesou ós romanos como guía práctica da vida. As tres figuras máis relevantes da filosofía romana foron: Cicerón, Lucrecio e Séneca.

Page 10: A oratoria e a filosofía en roma

Cicerón (106-43 a.C.)As súas ideas filosóficas constitúen unha posición intermedia entre as correntes filosóficas do momento; por iso está considerado un ecléctico, pois toma razóns duns e doutros.

Page 11: A oratoria e a filosofía en roma

Lucrecio (94?-51?a.C.)No seu poema Sobre a natureza das cousas, expón as udeas fundamentais da filosofía epicúrea. Dá unha visión pesimista da vida e dos homes e considera a relixión-superstición unha fonte de temores, que o home debe combater mediante a razón.

Page 12: A oratoria e a filosofía en roma

Séneca (4 a.C.-63 d.C.)É a figura máis importante do estoicismo romano. As súas obras máis notables son:

● Consolacións, que trata de proporcionar consolo as persoas que sufriron algunha desgraza, mediante consideracións filosóficas.

● Cartas a Lucilio, onde defende a idea de que todo o humano é fráxil e que a esperanza do home está en vivir conforme á natureza.

● Cuestións naturais, onde aborda problemas de física natural, como a constitución dos cometas.