A PITA FALADORA Nº 26

44
Nº26 CEIP “Nosa Señora dos Remedios”, Ponteareas Curso 2007-2008

description

Último número do xornal escolar do curso 2007/08

Transcript of A PITA FALADORA Nº 26

Page 1: A PITA FALADORA Nº 26

Nº26 CEIP “Nosa Señora dos Remedios”, Ponteareas Curso 2007-2008

Page 2: A PITA FALADORA Nº 26

2

EDITORIAL.......................................................PÁX.3

LETRAS GALEGAS.........................................PÁX.4

DEBUXOS I.INFANTIL...................................PÁX.10

POEMAS ILUSTRADOS................................PÁX.12

SAÍDAS ..........................................................PÁX.14

LENDAS .........................................................PÁX.29

DÍA DO LIBRO ...............................................PÁX.36

OS NOSOS MURAIS......................................PÁX.42

DÚAS HISTORIAS ESTRANXEIRAS............PÁX.43

ANPA..............................................................PÁX.44

Page 3: A PITA FALADORA Nº 26

3

Un ano máis chegamos ao remate do curso; un curso que comezamos cheos de expectativas, de ilusións, de soños...quizais tamén de certos medos e dunha lixeira preguiza pola volta ao traballo co remate das vacacións. Tiñamos por diante nove meses de tarefa e esforzo, de encontros e ledicias, de convivencia e deportividade... tamén de tropezos e dificultades. Agora temos nas mans os froitos dos esforzos que fixemos e polos que nos sentimos orgullosos. Estes froitos seguirán medrando no seguinte curso, ciclo, etapa, instituto...Pero, coido que hai aspectos, se cadra máis importantes no noso futuro cás notas, nos que temos medrado moito: solidariedade, tolerancia, convivencia pacífica, saber estar,...

Por todo o positivo Parabéns! Felicidades! E polo que non foi tan bo, ou polo que a pesar dos esforzos, quedou por debaixo da meta proposta. Ánimo e Esperanza! Estamos aínda a tempo, mañá volverá saír o sol ante unha nova oportunidade.

Se volvemos a vista atrás vemos que emprendemos algunhas actividades novas coma as levadas a cabo polo Equipo da Biblioteca xunto coa súa mascota POPI, as do Equipo de Convivencia, o Equipo de Novas Tecnoloxías, Equipo de Calidade ou o de Imaxe que lle deron un pulo importante o Plan de Mellora da Calidade para que o noso Centro xunto coa súa Comunidade Educativa sexa un lugar onde se constrúe e se forma para o futuro. E outras moitas de éxito que permanecen ano tras ano: o Magosto, o Festival de Nadal, o Desfile de Entroido coa súa degustación-exposición de sobremesas, o día do Libro, o Día das Letras, as saídas ao Museo, granxas escola..., e como non a III Convivencia Infantil, etc.

E que nos deparará o vindeiro curso? Pois....xa chegará o momento de sabelo, agora chega o momento de relaxarse e gozar do tempo de lecer, da familia, da compañía dos amigos, das viaxes, a praia...e en setembro, coas baterías ben cargadas, retomar a nosa tarefa académica; até entón, desexámosvos unhas merecidas e pracenteiras vacacións.

UN SAÚDO E FELIZ DESCANSO!!!

Page 4: A PITA FALADORA Nº 26

4

BIOGRAFÍA: O escritor XOSÉ Mª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ foi especialmente coñecido como poeta, en lingua galega e castelá . Naceu na vila de Tui en 1915. Os seu avó, o seu tío e o seu irmán tamén foron escritores. Quería ser mestre e estudou maxisterio en Pontevedra. Aos 17 anos publicou o seu primeiro libro de poemas titulado “Abril”. En 1936 ingresa no Partido Galeguista e inicia estudos de Filosofía e Letras. A guerra fai que non os remate e que marche para Zamora.

Ó volver a Vigo en 1945 consegue quedar finalista do premio Nadal, que da un impulso a súa carreira literaria. Cásase e ten 6 fillos. Funda 2 editoriais: edicións Monterrey e edicións Castrelos, dedicadas a publicación de libros galegos. En 1962 ingresa na Real Academia Galega Despois da clases como profesor nun instituto de Vigo. Recibe varios premios. En 1970 morre unha das súas fillas , o que lle inspira para moitos poemas. Escribiu tamén numerosos artigos periodísticos e de investigación arqueolóxica, sendo nomeado cronista oficial da cidade de Vigo. Morreu en Vigo no ano 1985. Polo seu labor como editor e pola súa defensa da lingua e cultura galega a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras , o 17 de maio de 2008.

Resumo feito polos alumnos/as de 3ºB

Page 5: A PITA FALADORA Nº 26

5

OBRA LITERARIA: Xosé María sempre gustou de buscar tesouros. Non achou ningún de ouro, mais achou teosuros de pedra , desde as machadas paleolíticas das gándaras de Budiño ata as estelas romanas de Vigo. Xosé María Álvarez Blázquez , pai de seis fillos , malia certas gadoupadas da vida, poucas veces perdeu o humor e a constancia na procura dos máis agachados e sempre soubo utilizar a arte do san Xurxo, cravar a pica da ilusión na imaxinación e na cultura. Para iso , nin tiña que sair da casa .Só coller a máquina de escribir , meterlle folios que esta estivese desposta a engulir e ceibar o tesouro que levaba dentro , o da súa intelixencia de artista escritor, que tanto botamos de menos . Os seus poemarios máis destacados son:

Poemas de ti e min Roseira do teu mencer (adicado a súa filla Colorín ) Romance do pescador peleriño. Cancioneiro de Monfero . Canle segredo ( adicado a súa muller )

Como ensaísta é autor de diversos estudos de literatura como:

Escolma de poesía medieval. Escolma de poesía galega . A poesía dos sécalos XIV a XIX. Martín Códax : Cantor do mar de Vigo .

No ámbito da narrativa cabe citar :

Os ruíns (1936) A pega rabilonga e outras historias de tesouros .

Como autor teatral publicou:

Zapato do cristal . Os pazos altivos .

Alumnos/as de 4ºA

Page 6: A PITA FALADORA Nº 26

6

Mostra do día do acto no patio do colexio (16/05/08)

2º 1º

5º A

6º A E.I

4º A

5º B

Page 7: A PITA FALADORA Nº 26

7

Na semana das Letras Galegas tamén se fixeron outras actividades:

CREAMOS CONTOS O día 15 de maio levouse a cabo a presentación en Power Point dos

contos realizados ao longo do curso; ademáis o taller de Teatro dos alumnos do 3º Ciclo que tarballou tamén toso o curos fixo en teatro de TÍTERES unha adptación da obra “O homiño e a Fíxose un pase para E. Infantil no seu edificio e outro para Primaria no Ximnasio.

TÍTERES

CONTOS POWER POINT

EXPOSICIÓN CONTOS NA BIBLIOTECA

Page 8: A PITA FALADORA Nº 26

8

CONTO MUSICADO O día 15 de maio, na última sesión a Orquestra de Cámara

“DIVERTIMENTO”, que ensaia semanalmente nas instalacións do colexio agasalláronnos co conto musicado e traducido ao galego “Peer Gynt” de GRIEG.

Este é o noso mural

das Letras Galegas rematado, que fomos facendo entre todos os niveis e Etapas ao longo do ano.

Page 9: A PITA FALADORA Nº 26

9

CIRCUITO DE XOGOS O Equipo da Biblioteca colaborou nas actividades da

Semana das Letras Galegas cun circuito de xogos sobre o autor, Xosé Mª Álvarez Blázquez.

Page 10: A PITA FALADORA Nº 26

10

Os alumnos de 5ºC de E. Infantil fixeron debuxos sobre un poema de

Xosé Mª Álvarez Blázquez.

Page 11: A PITA FALADORA Nº 26

11

Os alumnos de 5º A de E. Infantil fixeron unha lámina

para o mural dun poema do libro “Roseira do teu mencer”

de Xosé Mª Álvarez Blázquez.

Page 12: A PITA FALADORA Nº 26

12

Os alumnos do 1º Ciclo de Primaria ilustraron poemas do autor das Letras Galegas, Xosé Mª Álvarez Blázquez:

Este poema foi escrito por:

Page 13: A PITA FALADORA Nº 26

13

Page 14: A PITA FALADORA Nº 26

14

Page 15: A PITA FALADORA Nº 26

15

Page 16: A PITA FALADORA Nº 26

16

Estas son algunhas das fotos que fixemos alí

Page 17: A PITA FALADORA Nº 26

17

Page 18: A PITA FALADORA Nº 26

18

Page 19: A PITA FALADORA Nº 26

19

E vimos moitas cousas interesantes

Page 20: A PITA FALADORA Nº 26

20

Page 21: A PITA FALADORA Nº 26

21

Page 22: A PITA FALADORA Nº 26

22

E vimos….

Page 23: A PITA FALADORA Nº 26

23

Page 24: A PITA FALADORA Nº 26

24

Unha mostra do que vimos

4º c

Page 25: A PITA FALADORA Nº 26

25

O martes tres de xuño, as alumnas e alumnos de 5º acompañados das profesoras Chus, Carmen e Nieves fomos de excursión. Saímos do colexio ás oito menos cuarto en autobús cara a estación de Renfe de Vigo. Ao chegar a Vigo, collemos o tren que nos levou a estación ferroviaria de Santiago. A viaxe en tren resultounos moi divertida, xa que algunhas nenas e nenos puidemos visitar a sala de máquinas e o maquinista ensinounos cousas moi interesantes; por outra banda disfrutamos ao longo do percorrido dunha paisaxe moi fermosa de contraste entre o mar e o verde das leiras de Galicia. Ás dez e cuarto chegamos a Santiago, xa nos estaba esperando o autobús na estación para levarnos a un parque que está preto do Parlamento, alí comemos o bocata e xogamos un pouquiño. Cando xa nos iamos achegando á hora da visita ao Parlamento, recollemos , baixamos unha rúa e chegamos ao portal de entrada do recinto onde está ubicado o edificio. Alí tivemos que esperar a que a profe Carmen, falase co persoal de seguridade para poder acceder á entrada principal. Unha vez que chegamos á porta principal podemos observar os paneis solares que están instalados á entrada do edificio, que empregan para obter enerxía renovable. Dentro do Parlamento xa nos estaban esperando dúas monitoras: Sara e María, que unha vez que se presentaron , leváronnos ao HEMICICLO que é a sala onde se reúnen os deputados/as co goberno para debater e para lexislar ( elaborar leis). Unha vez no interior sentámonos nunhas butacas moi cómodas ( escanos), que eran de dúas cores, marróns e azuis. Nas marróns séntanse as deputadas e deputados e nas azuis o goberno ( Presidente, Vicepresidente e conselleiras e conselleiros). Sara e María fixéronnos moitas preguntas e tamén nos contaron onde se situaban as deputadas e deputados dos distintos partidos, os

Page 26: A PITA FALADORA Nº 26

26

membros do goberno , a presidencia , a tribuna de oradores, os medios de comunicación e tamén nos ensinaron a grada para o público. Unha vez rematada a visita ao Hemiciclo, as monitoras guiáronnos ata a sala onde se desenvolveu “o obradoiro de fabricación, de xeito manual , de papel reciclado”. Unha vez no interior déronnos un mandil para non mancharnos e despois dunha breve explicación puxémonos mans á obra. Para fabricar este tipo de papel hai que seguir os seguintes pasos: 1º.- Énchese unha caixa plástica con auga quente. 2º.-Engádeselle anacos pequeniños de papel de xornal usado, revistas.. etc. 3º.- Déixase a macerar un par de días. 4º.- Despois fórmase unha pasta de papel que debemos coar cunha peneira moi fina. Unha vez coada hai que estendela ben e volcala enriba dun trapo absorvente e colocarlle outro trapo enriba. 5.- Deixalo a secar dous días entre os dous trapos absorventes no medio dunha prensa de madeira pesada. 6º.- Pasados os dous días, retiramos a prensa e os panos absorventes, collemos a folla de papel e colgámola dun cordel e deixámola secar. Ao rematar a visita ao Parlamento, xa nos estaba esperando o autobús para trasladarnos ata a Praza do Obradoiro . Despois dunha sesión fotográfica na Praza, entramos na Catedral; alí estivemos vendo a súa estrutura, os estilos aos que pertence, observamos a imaxe de Santiago Apóstolo, o botafumeiro e tamén descansamos un pouquiño sentados nos bancos da Catedral. Ao saírmos da Catedral, mercamos algúns agasallos e seguidamente voltamos ata o autobús que nos levou ata Padrón. En Padrón comemos nun parque moi grande e moi bonito; ao rematar de comer xogamos “ a pita”. A primeira hora da tarde, desplazámonos ata a “ Casa Museo de Rosalía de Castro”. Alí puidemos ver moitas das súas obras e explicáronnos a súa vida, tamén visitamos as distintas dependencias da vivenda, na que viviu os derradeiros anos da súa vida e na que morreu.

Page 27: A PITA FALADORA Nº 26

27

Unha vez rematada esta visita, as profes decidiron que iamos ir a merendar a praia de Samil en Vigo. Merendamos na zona das mesas, xogamos un poquiño e tomamos un xelado. E despois dun longo pero divertidísimo día, viaxamos dende Vigo ata o noso colexio, onde nos estaban esperando as nosas nais e pais. ALUMNAS E ALUMNOS DE 5º A

ALUMNOS E ALUMNAS

DE 5ºA- 5ºB

Page 28: A PITA FALADORA Nº 26

28

O día 3 de xuño os alumnos/as de 6º foron visitar Coruña:

Page 29: A PITA FALADORA Nº 26

29

Os alumnos de 3º A fixeron debuxos sobre a Lenda de San Andrés de Teixido:

Page 30: A PITA FALADORA Nº 26

30

Os alumnos de 4º A fixeron un resumo da seguinte Lenda:

PENA DOS NAMORADOS

Penedo famoso, que semella un gran dolmen, aínda que neste caso o canteiro que o ergueu foi a propia Natureza. Alá teñen ido e aínda van moitos namorados. Poucos saben a lenda que deu nome ao penedo. A xente do pobo conta que debaixo daquel penedo encontrábanse, ás agachadas, dous namorados hidalgos cuxas familias estaban inimigas dende tempo atrás. Por tal razón soamente a furta podían amarse. Un día o señor de Sobroso soubo que a súa filla citábase naquel lugar, co fillo do seu maior

inimigo. Esperouno

agochado e deulle morte. Logo escondeu o cadáver entre as matogueiras, e asexou. Non tardou en cegar a súa filla da cabalo e sen compañía algunha. A namorada agardou horas e horas polo amante. Non desconfiando da súa desgraza tornaba alí todos os días , co mesmo resultado. Un serán viu achegarse cara ela o bulto do doncel.Viña pálido, cos ollos fóra das cuncas, teso coma a morte , a lombos do seu cabalo. Entón comezarón a tocar as campás dos arredores ¡Esas tocan por min!dixo a pantasma. A namorada fuxiu espavorida. Pechouse no seu desbán do Castelo de Sobroso e non quixo falar con ninguén. Dalí a pouco finou de tristeza.

Page 31: A PITA FALADORA Nº 26

31

Os alumnos de 5º B fixeron debuxos relacionados coa lenda “Noite de San Xoan”:

Page 32: A PITA FALADORA Nº 26

32

Page 33: A PITA FALADORA Nº 26

33

Page 34: A PITA FALADORA Nº 26

34

SEMINARIO INTERCULTURAL E BIBLIOTECA

Os membros do Seminario Intercultural xunto co Equipo da Biblioteca organizaron para a Semana do Día do Libro unha actividade sobre LENDAS, para a Etapa de Primaria, tanto do noso país coma dos distintos países que temos representación no colexio, presentando estas lendas entre os distintos niveis que forman a Etapa. E así se presentaron quedando expostas logo polos corredores

Page 35: A PITA FALADORA Nº 26

35

Page 36: A PITA FALADORA Nº 26

36

Con motivo da celebración do Día do Libro, 23 de abril, estaba previsto un acto para os alumnos do 3º Ciclo de Primaria a visita dun escritor novel, FERNANDO IGLESIAS RAMOS. Nas semanas previas estiveron lendo o libro “O asubío do merlo”,doando o autor 20 libros para a Biblioteca. Pero por motivos persoais do autor a visita levouse a cabo o día 21 de maio. A continuación amósanse os traballos que os alumnos de 5º B fixeron:

Page 37: A PITA FALADORA Nº 26

37

Page 38: A PITA FALADORA Nº 26

38

Page 39: A PITA FALADORA Nº 26

39

Acto no ximnasio co autor novel Fernando Iglesias Ramos cos alumnos/as do 3º Ciclo que estiveron traballando no seu libro “O asubio do merlo”

Page 40: A PITA FALADORA Nº 26

40

Murais sobre o Día do libro nos que participaron todos os niveis e etapas:

Exposición na biblioteca:

Page 41: A PITA FALADORA Nº 26

41

Neste trimestre nos recreos funcionou o taller de decoración coa elaboración de cortinas

Visitando as exposicións

E como remate das actividades da Biblioteca festa rachada !!!

Page 42: A PITA FALADORA Nº 26

42

2º 1º

Día da árbore 21 de marzo

3º A

6º c

Page 43: A PITA FALADORA Nº 26

43

BEATRIZ L.

4º C

Page 44: A PITA FALADORA Nº 26

44

A participación foi desigual, non podendo levarse a cabo algunhas actividades, por non acadar un número mínimo de participantes.

NENOS DE 3 A 7 ANOS:

Taller de contacontos Taller de xogos Pre-deporte

NENOS DE 7 A 12 ANOS:

Pintura Informática

(inclue curso avanzado)

Teatro Manualidade Taller de coiro Atletismo Fútbol Baloncesto Kun fu Técnicas de

estudo Costura

AGASALLO A ANPA fará entrega dun libro os alumnos/as que rematan Etapa Educativa (6º de E.Infantil e 6º de E. Primaria