A prehistoria en galicia.lucia sanchez

3

Click here to load reader

Transcript of A prehistoria en galicia.lucia sanchez

Page 1: A prehistoria en galicia.lucia sanchez

A prehistoria en Galicia Do Paleolítico ao Neolítico

Galicia foi habitada por primeira vez no Paleolítico, na Idade de Pedra.Hai medio millón de anos, máis ou menos. Os primeiros habitantes é probable que viñeran de África. Segundo os arqueólogos, unha das primeiras zonas polas que andiveron foi Budiño, un lugar próximo ao río Miño, entre o que hoxe é O Porriño e Tui.

Estes homes e mulleres foron evolucionando. Cada vez facían utensilios máis perfectos: machadas de pedra, raspadores para esfolar as pezas de caza, cestos de vimbio ou de nervios de animais.

Como eran depredadores, ou sexa, non producían nada por si mesmos, senón que vivíando que lles daba a natureza, tiñan que se trasladar aos lugares onde había froitos e animais en abundancia. A súa era, pois, unha vida nómade: cando se esgotaba unha zona ían a outra e así sucesivamente.

Debido a isto, aqueles homes e mulleres da Prehistoria facían asentamentos lixeiros. Ás veces usaban as covas que atopaban polo camiño e outras construían unhas cabanas tipo "camping", que facían con ramallos, paus ou pelexos de animais.

Os arqueólogos puxéronlle a estes primeiros miles de anos da Prehistoria o nome de Paleolítico, que significa "pedra antiga" porque os primeiros utensilios e armas que fabricaron eran de pedra.

Page 2: A prehistoria en galicia.lucia sanchez

Normalmente estas pedras eran de sílex, un mineral duro, pero fácil de fracturar, que traballan con outras pedras máis duras, a modo de martelo. Os paleolíticos pintaban cabalos, bisontes e figuras humanas nas paredes das covas. Estas figuras facíanas no fondo da caverna, onde non chegaba a luz do día, polo que alumeaban a estancia con fachos. As pinturas facíanas cunha mestura de graxa, clara de ovo e sangue, o que lle daba ás imaxes unha cor ocre ennegrecida e algo roxa.

Pero aquela xente seica non pintaba as covas para decoralas, senón para ter sorte na caza. Ademais de pintura os primitivos esculpiron en pedra repoludas figuras de muller, que eran imaxes de culto á fertilidade, así como cabezas de animais e anacos de óso..... Cando o home abandonou o sistema de vida

ambulatorio, deixou de recoller os froitos da natureza para cultivalos, deixou de esperar aos animais e de ir perseguíndoos para cazalos, para críalos el mesmo, fíxose, en definitiva, sedentario, buscando os lugares nos que se instalaba, non xa porque tivesen refuxios naturais, senón porque ofrecesen as mellores condición de vida segundo as necesidades. O home empezou a construír, con sistemas elementais as súas propias vivendas, que eran máis ben chozas ou sinxelas cabanas, xa que non dispoñía de ferramentas nin do mínimo desenvolvemento tecnolóxico. Aínda así, cos materiais máis primarios coma o barro ou pólas e xuncos.

Page 3: A prehistoria en galicia.lucia sanchez

Construiu as suas primeiras chozas. Os restos arqueolóxicos mostran que as primeiras casas eran circulares, pasando posteriormente a ser rectangulares, empregando sempre estes materiais e despois a pedra.

Outras construcións: Non se sabe aínda por que motivo, pero seguramente en relación coa observación dos astros chantaban pedras en circulo ou ben formando longas ringleiras. Os mortos enterrabanos todos xuntos, segundo o costume atlántico, debaixo dunha construción de pedra chamada dolmen. Outra cousa, que seguramente tamen ten relación co mundo das estrelas, son os petroglifos. Son uns debuxos normalmente xeométricos que os homes e mulleres gravaban nos penedos. Coa axuda dun punzón duro gravaban na pedra cruces ou varios círculos, uns dentro dos outros, ou labirintos e ás veces tamén figuras de cervos en grea.

LUCÍA SÁNCHEZ FREIRE 4º D PRIMARIA

CEIP PONTE DOS BROZOS