A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental ... D.- A SOCIEDADE URBANA (páx. 116) A...

9
D.- A SOCIEDADE URBANA (páx. 116) A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental, pero o crecemento das cidades supón a aparición dun novo grupo social: a burguesía. Os burgueses forman parte do estamento non privilexiado, pero non todos eles teñen a mesma fortuna e consideración social!! A imaxe mostra unha das familias da alta burguesía que reside na cidade, estaban formadas polos comerciantes máis ricos, banqueiros e os mestres- artesáns máis importantes, vivían en luxosos palacios e, en ocasións, casaban aos seus fillos con familias nobres.

Transcript of A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental ... D.- A SOCIEDADE URBANA (páx. 116) A...

Page 1: A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental ... D.- A SOCIEDADE URBANA (páx. 116) A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental, pero o crecemento das cidades

D.- A SOCIEDADE URBANA (páx. 116)

A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental, pero o crecemento das cidades supón a aparición dun novo grupo social: a burguesía.

Os burgueses forman parte do estamento non privilexiado, pero non todos eles teñen a mesma fortuna e consideración social!!

A imaxe mostra unha das familias da alta burguesía que reside na cidade, estaban formadas polos comerciantes máis ricos, banqueiros e os mestres-artesáns máis importantes, vivían en luxosos palacios e, en ocasións, casaban aos seus fillos con familias nobres.

Page 2: A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental ... D.- A SOCIEDADE URBANA (páx. 116) A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental, pero o crecemento das cidades

D.1.- Explica cales eran os distintos grupos sociais que vivían na cidade medieval.

D.2.- Como se organizaba o goberno da cidade?

Page 3: A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental ... D.- A SOCIEDADE URBANA (páx. 116) A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental, pero o crecemento das cidades

E.- OS REIS VAN RECUPERANDO O SEU PODER! (páx. 122)

E.1.- Fai a actividade 3 da páxina 127. (Organización da información:Monarquía e burguesía)●

E.2.- Que son as Cortes ou Parlamentos medievais? Cal é a súa función?

Cortes medievais aragonesas

Page 4: A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental ... D.- A SOCIEDADE URBANA (páx. 116) A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental, pero o crecemento das cidades

F.- A CRISE DA BAIXA IDADE MEDIA (S.XIV-XV) (páx. 123-125)

F.1.- Fai un esquema que explique cales son as tres grandes “catástrofes” que desecadearon a crise dos séculos XIV e XV.

A mortalidade provocada pola Peste Negra de 1348, calculada nuns 25 millóns de persoas, agravouse con dous novas epidemias en 1360 e 1371, que dificultaron a recuperación demográfica do continente. A poboación de Europa, que en 1300 calculábase en 73,5 millóns de habitantes, era de 45 millóns en 1400.

Page 5: A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental ... D.- A SOCIEDADE URBANA (páx. 116) A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental, pero o crecemento das cidades

A Peste Negra chegou entre 1347 e 1348 a Europa a bordo de barcos italianos que comerciaban cos pobos das estepas asiáticas; os mariñeiros morrían sen saber a causa de tan terrible enfermidade. Hoxe sabemos que as cusantes foron as ratas e as pulgas que aquelas transportaban no seus corpos, pero no século XIV pensaban que a epidemia debíase a un castigo divino, o que deu lugar a grupos de penitentes que se azoutaban para pedir perdón polos pecados.

Os remedios aplicados aos enfermos non servían para nada aínda que resultan curiosos: desde consumir figos, abelás, especies e aceite de oliva, ata respirar herbas aromáticas, realizar sangrías, durmir en determinadas posturas ou fabricar mediciñas con ouro e prata, que envelenaban irremediablemente a quen as consumía.

Page 6: A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental ... D.- A SOCIEDADE URBANA (páx. 116) A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental, pero o crecemento das cidades

Algúns encerrábanse e esperaban a morte; outros divertíanse indo de taberna en taberna. A enfermidade recaeu sobre todas as clases sociais, sen distincións. Os ricos íanse deste mundo sen que tivesen a ninguén que os consolase. Os pobres enfermaban a miles e a maioría morría. O terror era tal que o irmán fuxía do irmán, a muller do marido, a nai do seu propio fillo.

Bocaccio (1313-1371): O Decameron.

O triunfo da morte (Pieter Brueghel el Viejo), s.XVI

Page 7: A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental ... D.- A SOCIEDADE URBANA (páx. 116) A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental, pero o crecemento das cidades

F.2.- Como afectou a crise no campo? E na cidade?

Page 8: A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental ... D.- A SOCIEDADE URBANA (páx. 116) A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental, pero o crecemento das cidades

As imaxes mostran exemplos de jacqueries, un término francés empregado na historia de Francia para referirse ás revoltas de campesiños que tiveron lugar en Francia durante a Idade Media.

Os habitantes das cidades buscan ao culpable da súas desgrazas, polo que, en moitos casos, acusan aos xudeus, estranxeiros, leprosos... de propagar a peste e o resto das calamidades que padecían.

Page 9: A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental ... D.- A SOCIEDADE URBANA (páx. 116) A sociedade da Baixa idade Media segue a ser estamental, pero o crecemento das cidades