A SOCIEDADE GALEGA E LIBERALISMO ESPAÑOL

22
HISTORIA DE GALICIA: O SÉCULO XIX DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA I.E.S. SAN TOME DE FREIXEIRO, VIGO

description

Hª de Galicia, material de aula

Transcript of A SOCIEDADE GALEGA E LIBERALISMO ESPAÑOL

Page 1: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

HISTORIA

DE GALICIA:

O SÉCULO XIX

DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

I.E.S. SAN TOME DE FREIXEIRO, VIGO

Page 2: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

GUERRA DA INDEPENDENCIA, CORTES DE CÁDIZ :

UNHA REVOLUCIÓN POLÍTICA.

A Guerra de Independencia supuso tamén para Galicia algo máis que a derrota e

expulsión dos franceses: a apertura ás ideas liberais. Así, ainda que despóis da guerra

vóltase a impoñer o absolutismo, as cousas xa nunca serán como antes.

Nunha breve descripción do que foi a invasión francesa e a súa posterior derrota

encetaremos por dicir que a ocupación de Galicia prodúcese a principios do ano

1.809 sen apenas resistencia. As tropas inglesas retroceden ata A Coruña, onde

embarcan trala batalla de Elviña, ao tempo que o exército do Marqués da Romaña

se refuxia en Ourense. ocupando deste xeito os franceses en tan só un mes todas as

cidades galegas. Sen embargo, cando os franceses pretendían impoñer o seu su

modelo de organización política, xurde a insurrección popular: clero e fidalquía, que

miraban en perigo os seus privilexios fronte ás ideas da Revolución Francesa,

puxéronse ao fronte do pobo sustituindo ao desbaratado exército regular. Aquí, como

no resto de España imponse unha guerra de guerrillas contra as que as tropas

francesas non poden reaccionar como non sexa procurándose refuxio nas ciudades. En

poucos meses decídese o asalto final daquélas, reconquistándose Santiago,

Pontevedra e Vigo (cfr., a celebración da Reconquista como a festividade civil máis

imortante da cidade). En xuño de 1.809, cinco meses despóis do comezo da conquista,

do terrirorio polas tropas de Napoleón son expulsados de Galicia polas guerrillas co

apoio inglés. A partir de entonces, a contribución á independencia do resto do estado

foi un asunto máis de medios económicos que humanos.

Desde o final da guerra e coa volta ao poder de Fernando VII, xurde o

enfrentamento político entre dous faccións moi definidas, por un lado, os absolutistas,

e polo outro, os liberais. A principal arma nestos enfrentamentos foron os periódicos,

impresos nas cidades de Santiago e A Coruña, cun contido doutrinal moi ben

estructurado e definido. Os absolutistas estaban patrocinados polo arcebispo de

Page 3: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

Santiago, D. Rafael de Múzquiz, polo bispo de Ourense, D. Pedro Quevedo e

Quintano, e polo Conde de Maceda; o seu programa defendía, a través dun

periodismo teolóxico, o Antigo Réxime baseado na monarquía absoluta. O

enfrontamento entre absolutistas e liberais tivo o seu mellor escenario nas Cortes

constituidas en Cádiz en 1.810. Nelas Galicia estivo representada por 25 deputados

(seis clérigos, dazaseis fidalgos, un comerciante e un inxeñeiro), dos cales nove eran

absolutistas radicais, tres absolutistas moderados, un liberal radical e o resto liberais

moderados. Como froito destas Cortes, naceu a Constitución de 1812, a primeira

que en España se fundamentaba nos principios dunha Monarquía liberal

parlamentaria; sen embargo, xa nas Cortes de 1.813, a representación galega queda

reducida a 16 deputados, 14 deles absolutistas radicais. Estas eleccións galegas

encenderon unha importante polémica e incluso se declararon nulas en A Coruña e

Betanzos polas irregularidades cometidas.

Page 4: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

REINADO DE FERNANDO VII.

SEXENIO ABSOLUTISTA 1814 A 1820:

FERNANDO VII, A REPRESIÓN

E OS PRONUNCIAMIENTOS DOS LIBERAIS.

Co regreso do exilio de Fernando VII en 1.814 se volve ao Antigo Réxime. O

pobo galego, que dous anos antes celebrara a Constitución, apedrea as casas dos

liberais en A Coruña, queima a Carta Magna en Santiago, Ourense e Lugo, ou a

tira ao río, como fixeron en Tui. As antigas clases dirixentes recuperan o poder e

restablecen os privilexios xurisdiccionais e as súas prebendas. Prohíbense os

periódicos e a propaganda política, restablécese o Tribunal do Santo Oficio da

Inquisición, encarcelase ou exiliase aos liberais ou afrancesados e depuranse os

estamentos militar e administrativo do Estado.

Fronte a esta situación que elimina toda canle legal para a acción política aos

liberais, éstos recurren á conspiración na que a masonería xogará un papel moi

importante. A rede de conspiración comunicábase desde os grupos no exilio en

Inglaterra e Francia coas bases que permanecían en Galicia a través de Xibraltar e

Portugal. Todas estas ideas conspirativas tiñan os seus refuxios nos cuarteis, onde os

militares, apoiados pola burguesía, preparaban os pronunciamentos do exército para

recuperar o poder para a causa liberal. O primero deles o encabezou D. Juan Díaz

Porlier, Mariscal de Campo, axiña encarcelado no Castelo de San Antón; o intento

fracasa ao non conseguir unha resposta axeitada das demáis unidades militares de

Galicia e Díaz Porlier é finalmente executado o 3 de octubre de 1.815. En 1.817

abórtase un novo intento dos suboficiais do reximento de Santiago e dos liberais

civís de Vigo.

Houbo que esperar para proclamar a Constitución de 1812 ao pronunciamento de

1 de xaneiro de 1.820 do teniente coronel Rafael de Riego, ao mando das tropas

Page 5: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

expedicionarias reunidas en Cabezas de San Juan para combater os levantamentos

independentistas de Ultramar. O pronunciamento liberal quedou consumado tralo

apoio do coronel Antonio Quiroga quen toma San Fernando o 3 de xaneiro e ataca

Cádiz; pero serán os levantamentos noutras zonas, os primeiros en Galicia, xunto á

incapacidade do goberno para facer fronte á situación, a falta de información, a

intervención masónica as causas finais do triunfo. A primeira proclamación

produciuse en A Coruña encabezada polo general Acevedo, o 21 de febrero, e lle

seguiron Ferrol e Vigo. O conde de San Román cede Galicia aos insurrectos e

refuxiase en Castela. Aos pronunciamentos galegos sucédenlle outros en toda

España que obrigan a Fernando VII a acatar la Constitución de 1.812 e a nomear

unha Xunta el 9 de marzo de 1.820.

Page 6: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

REINADO DE FERNANDO VII

EL TRIENIO LIBERAL 1820 A 1823:

DE NOVO A REPRESIÓN, A CENSURA

E A LOITA NA CLANDESTINIDADE.

Unha vez restablecida a Constitución, os liberais volven do exilio, saen do cárcere

ou recuperan súa posición social. Tamén se voltan a editar periódicos e proclamas e

se autorizan as sociedades patrióticas e as tertulias. mais estas libertades son

exclusivas para os liberais. Os absolutistas sofren a mesma represión que inflixiron

eles no sexenio anterior e así, durante estos tres años non se permitiron as

asociaciones dos partidarios do absolutismo, s ecensuraron as homilías e pastorais e

os deputados e xuíces se elixíron entre recoñecidos liberais. Esta situación obrigou

aos realistas, como o fixeran antes os liberais, a loitar na clandestinidade, agora en

forma de partidas realistas, dirixidas por unha autodenominada Xunta Apostólica,

cuxos membros fidalgos e clérigos da antiga provincia de Tui, actuaban desde

Portugal co apoio dos absolutistas deste país. A súa intención foi máis

propagandística que de loita armada e actuaban fundamentalmente nas zonas rurais do

interior de Galicia; en calquera dos casos, afastadas dos acuartelamentos militares. A

súa actuación será, sen embargo, decisiva para o triunfo dos Cen Mil Fillos de San

Luis.

As iniciativas políticas liberais orientáronse a continuar as reformas iniciadas en

1.810: abolición dos privilexios de clase, supresión dos señoríos, abolición dos

morgados, supresión da Inquisición, preparación do Código Penal e recuperación da

vixencia da Constitución de 1.812. Por outra parte, a sustitución dos representantes

do rei polos representantes do goberno implicaba a necesidade dunha nova división

administrativa e xudicial e así, polo Real Decreto do 27 de xaneiro de 1.822,

Galicia divídirase en catro provincias, as establecidas teóricamente polos franceses co

Page 7: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

nome de prefecturas: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Esta división foi

amplamente debatida pola oposición de Santiago e Pontevedra ao perder as súas

capitalidades; sen dúbida, por mor dos intereses políticos en relación ao maior peso

dos liberais de A Coruña e de Vigo, fronte ao manifesto carácter realista das súas

mencionadas competidoras.

No plano xudicial intentouse poñer en práctica a división en partidos deseñada en

1.814 con tres circunscripcións e 46 partidos: a circunscripción de Ourense abarcaba

toda su actual provincia máis a de Pontevedra; pero a vixencia do Trienio non deu

tempo ao seu funcionamento efectivo. En canto á organización municipal recuperanse

os cargos electos de alcaldes, rexidores e procuradores síndicos, recollidos no Real

Decreto do 23 de maio de 1.812.

Mentras os liberais afananse nas súas reformas e en manter o control sobre os

realistas, en rebeldía trala creación da Rexencia de Urgell e en Galicia da Xunta

Apostólica de Tui refórzase en Europa a Santa Alianza co fin de defender os

dereitos dos monarcas absolutistas. En España ten a súa resposta na creación dunha e

en e das súas partidas realistas. De feito, en outubro de 1.822, os monarcas da Santa

alianza reunidos en Verona, deciden a intervención militar francesa en España para

restablecer a plena autoridade real de Fernando VII. O 7 de abril de 1.823, cento

trinta e dous mil soldados franceses, os Cien Mil Fillos de San Luís, cruzan os

Pirineos ao mando do duque de Angulema ao que selle unen as tropas realistas

españolas. Cunha oposición moi escasa, restablécese o absolutismo o 1 de octubre de

1.823.

Page 8: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

REINADO DE FERNANDO VII

LA DÉCADA OMINOSA 1823 A 1833:

OS ÚLTIMOS ANOS DO ABSOLUTISMO.

Coa intervención del duque de Angulema, ao fronte dos Cien Mil Fillos de San

Luís, e a conseguinte abolición da Constitución de 1812, Fernando VII recobra o

poder absoluto do reino español. En canto ás medidas administrativas iniciadas no

“trienio liberal,” tanto a división provincial, como a xudicial, son anuladas polo Real

Decreto de 1 de octubre de 1.823 que tamén extingue e disolve os concellos

municipais. Malia todo, respecto do “sexenio absolutista” anterior, se inicia unha

certa apertura do sistema político e se crean novas institucións tendentes a axilizar os

procedementos administrativos.

Co retorno ao absolutismo, volve a represión contra os liberais: depuracións,

exilios, encarcelacións, execucións, censuras e clausura de tertulias e prensa. O

monarca, que desconfía do exército e da Inquisición, para evitar conspiracións e

novos pronunciamentos, crea dous forzas: a policía e os voluntarios realistas que se

convertirán nos elementos claves da represión. Ainda así, o Antigo Réxime está

sumido nunha profunda crise e esto permite que haxa unha certa relaxación das súas

posicións ideolóxicas e incluso un acercamento as teorías dos liberais máis

moderados nas cuestión económicas, o cal creou malestar entre os absolutistas máis

radicais, os autochamados realistas puros, que se convertirán co tempo en partidarios

do irmán do rei, don Carlos, fronte a súa filla, doña Isabel (cfr., o Manifesto de

Abrantes).

En Galicia créouse durante a “década ominosa” unha xefatura de policía en A

Coruña con delegacións nas principais cidades. Estará apoiada polo clero parroquial,

proveedores dos preceptivos informes para poder acceder a cargos públicos,

convertíndose deste xeito nun pilar fundamental da represión dada a súa autoridade e

influencia sobre a poboación rural. Entre as tarefas deste corpo de seguridade estaban

Page 9: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

o control das fronteiras para evitar todo tipo de propaganda, e a vixilancia de todos

aqueles que tiñan demostradonos anos anteriores tendencias revolucionarias.

Pola súa parte, os voluntarios realistas, eran unha forza paramilitar que

teóricamente preséntase formada por persoas incuestionablemente partidarias do rei.

A realidade parece ser outra e mentras os mandos eran fidalgos de corte totalmente

absolutista, o groso da tropa estaría formada por marxinados sociais que atopaban

desta maneira un traballo privilexiado dentro das súas potenciais aspiracións. A súa

función principal era asegurar a orde pública contra bandoleiros, ladróns e,

especialmente contra os opositores liberais.

Dentro da inestabilidade do estado, Galicia, pois, transfórmase nun reducto do

absolutismo defendido polo arcebispo de Santiago, Fray Rafael de Vélez, o capitán

xeneral, D. Nazario Eguía, e o gobernador militar de Ferrol, D. Tomás

Zumalacárregui. Estos tres persoeiros serán decisivos partidarios de D. Carlos nos

anos seguintes.

Page 10: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

REINADO DE ISABEL II 1833 A 1840

REXENCIAS DE Mª CRISTINA DE BORBÓN E A GUERRA CIVIL

DOS SETE ANOS (CRISTINO-CARLISTA)

FIN DO ABSOLUTISMO E TRANSICIÓN AO SISTEMA LIBERAL

Fernando VII no seu último ano de reinado dedicouse a preparar a sucesión na

persoa da súa filla Isabel II. En outubro de 1.832 nomea primeiro ministro a Cea

Bermúdez coa misión de garantir a transición cara o novo rexime que rexentaría a

súa consorte, dona María Cristina de Borbón, en nome da súa filla, dona Isabel.

Entre as medidas adoptadas estivo a depuración dos mandos do exército favorables ao

seu irmán don Carlos; así, sustitúense os mandos de seis capitanías xenerais

colocando no seu lugar a homes de total confianza.

En Galicia, o xeneral Eguía, home forte do carlismo, é sustituido por don Pablo

Morillo.. Este suprime o corpo de voluntarios realistas e traslada a capitalidade á

cidade de A Coruña para sustraerse ao influxo do arcebispo Vélez, outro dos

prominentes partidarios de don Carlos, e convirteuse no verdadeiro artífice da

transición galega, extendendo unha rede de espías por todo o territorio e exhortando

aos bispos a apoiar unha transición pacifica. En efecto, Morillo, obrigou ás

autoridades e institucións a prestar xuramento a favor de Isabel II e a acatar o

Estatuto Real de 1.834, amparou as eleccións deste mesmo ano enviando 21

diputados da súa confianza e coas súas protestas contribuiu á demisión do goberno, en

septembro de 1.835, e ao nomeamento de Mendizábal. Sen embargp, a partir do

Motín da Granxa en agosto de 1.836, e xa que logo, do ascenso ao poder dos liberais

máis radicais, Morillo comenzou a perder protagonismo.

Durante esta transición os liberais galegos tamén sofren a escisión en dous

correntes, a dos moderados e a dos progresistas. Os primeiros defensores da

Constitución de 1.812, cansados de persecucións e exilios, acomodados coa

Page 11: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

adquisición dos bens desamortizados, interesados en ocupar postos na administración

ou no propio goberno, relaxaron os seus ímpetus revolucionarios e conformaron o

partido liberal moderado, o mais extendido en Galicia durante esta etapa. Fronte a

eles, as novas xeneracións da mocidade, intelectuais e oficiais do exército constituiron

a línea máis radical, o partido liberal progresista. O enfrontamento entre ambas

faccións víñera prducindose desde o trienio liberal e se fará totalmente patente máis

tarde cos liderazgos de Narváez, na fronte moderada, e de Espartero, na fronte

radical ou progresista.

Mentras os liberais mudaban a estructura política administrativa de todo o estado,

xorde de novo, na clandestinidade, tamén aquí unha oposición realista. Esta vez os

partidarios do absolutismo enarbolan a causa de don Carlos e basean a súa actuación

na entronización do irmán do rei falecido. Os primeiros xefes carlistas intentaron un

pronunciamento nas inmediacións de Lugo que fracasou estrepitosamente ao

quedarse sen apoio por parte da poboación. Tras este fracaso se organizan partidas

carlistas por todo o territorio e se inicia unha guerra de guerrillas e de desgaste. Os

carlistas, malia estar xenerosamente financiados polo clero e a fidalguía, fracasaron

nos seus intentos por dous razóns fundamentais: a primeira delas, e a máis importante,

foi a falta de apoio dos campesiños que viron que as reformas liberais non afectaban

ao seu sistema de vida e que pola contra os carlistas establecían impostos

extraordinarios sobre a poboación; a segunda, foi a independencia dos xefes carlistas,

reacios a integrarse nun modelo organizado e que actuaban como virreis autónomos

sen someterse ás autoridades superiores. Compréndese así, que Martínez

Villaverde, coengo de Mondoñedo, un dos principais líderes do carlismo galego,

recoñocera a indisciplina dos seus homes como a a causa da declaración do final das

hostilidades en decembro de 1.839 (lembrar o Convenio de Vergara entre Espartero

e Maroto)

As reformas institucionais e administrativas que retoman as iniciadas no Trienio

Liberal baseadas na Constitución de 1.812, se reafirmaron durante oproceso

constituínte 1.837. Por exemplo, implántase rápidamente a división provincial de

Page 12: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

Javier de Burgos polo Real Decreto de 30 de noviembre de 1.833 que difire do

decreto de 1.823 na sustitución de Vigo por Pontevedra como capital provincial,

feito que motivou unha serie de episodios, algún deles armado, nos que as dous

cidades alternaron a titularidade da provincia ata a definitiva confirmación

gubernamental da capitalidade para Pontevedra. A división xudicial tamén se

confirma en 1.834 e se axusta á realidade provincial con catro grandes

circunscripciones homólogas ás provinciais. Moito máis ardua foi a organización

municipal que ensaiou varios modelos con correxidores nomeados polo rei ou

alcaldes nomeados polo pobo. Durante este periodo coincidente coa rexencia de Mª

Cristina de Borbón, se promulgaron varios decretos, o último, o 14 de xullo de

1.840, convertía aos alcaldes en delegados do poder central e sería a causa da súa

dimisión da Rexente Gobernadora, sustituída como rexente, polo recén pacificador

na guerra civil, Baldomero Espartero. A organización municipal, sen embargo,

seguirá debaténdose no seguinte periodo.

Page 13: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

REINADO DE ISABEL II 1840 A 1868.

ALTERNANCIA DE CONSERVADORES E PROGRESISTAS NO PODER.

Ainda que as datas non corresponden exactamente co reinado persoal de Isabel II,

incluiremos nesta etapa os tres anos de goberno progresista do xeneral Espartero, ata

a maioría de idade da raiña, como introducción á nova situación política. En efecto, as

diferencias entre moderados e progresistas, xunto coa mala administración do Estado,

propiciaron a sustitución da Gobernadora Rexente Mª Cristina de Borbón; sen

embargo, os tres años da rexencia de Espartero, de claro exercicio autoritario,

provocan un ambiente de oposición, incluso nos progresistas, que conducirán ao

levantamento dos conservadores en 1.843, liderados por Narváez.

Nesta época, os moderados, a tendencia preferida pola raiña Isabel, defenden

unha soberanía compartida entre a Corona a as Cortes, actuando a primeira como

moderadora entre os poderes executivo (Consello de Ministros) e lexislativo

(Congreso e Senado), e con capacidade para disolver as segundas. O voto e os

candidatos se restrinxen a unha minoría burguesa. Deste grupo xurden dous escisións:

os puritanos e os autoritarios; pola súa parte, os progresistas, sosteñen unha posición

máis radical que considera que a soberanía, en canto que nacional, só corresponde

ás Cortes sen aceptar o papel moderador da Coroa, e que sentará os principios do

sufraxio universal e das libertades de prensa e culto. Ademáis destas dous grandes

tendencias, en 1.849 nacerá o partido demócrata que aglutinará aos progresistas da

ezquerda, aos republicanos e aos socialistas.

Neste contexto ideolóxico, Galicia desde a división de Javier de Burgos en 1834

é un territorio de catro provincias moi afastadas dos intereses centralistas do goberno.

Os moderados detentan o poder durante a maior parte deste periodo, polo que aos

progresistas, non lles quedou máis remedio que recurrir aos pronunciamientos do

exército e á constitución de xuntas nas principais cidades galegas para presionar á

Page 14: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

raiña. Entre os primeiros destacaron José Elduayen, Juan Florez e N. Pastor Díaz.

Nos segundos, Vicente Alsina, Ramón Buch e J. M. Santos. Xa nos anos cincuenta

surdirá a Unión Liberal, na que se integraron Riestra ou Bugallal, e o partido

demócrata, no que participou E. Chao, J. M. Pereira, J. M. Paz Novoa e Indalecio

Armesto, entre outros. Contemporáneo dos anteriores e mentras o goberno intenta

articular un sistema centralizado xurde un movemento que pretende atopar unha

solución específicas aos problemas de Galicia; son os provincialistas, que participan

no pronunciamento progresista de 1.846, e representan o inicio do movemento

identitario galego.

En 1.843, adelantase a maioría de idade de Isabel II para coronala como raiña e

evitar unha nova rexencia. Pola súa parte o xeneral Narváez é nomeado xefe de

Goberno en 1.844 cunha forte restricción á libertade de prensa e coa creación da

Gardia Civil, instituto armado de carácter non militar, de ámbito rural e dependiente

do goberno. As primeiras medidas do goberno de Narváez son a reforma da

Constitución de 1.837 coa promulgación da Constitución de 1.845, máis

conservadora, ainda que igualmente bicameral como é tradicional no noso

constitucionalismo e a acentuación da centralización do estado coa designación por

parte da Corona dos Gobernadores Civís e Militares nas provincias e dos alcaldes

dos municipios de máis de 2.000 habitantes (o resto son nomeados polos

gobernadores civis da súa provincia). Ademáis, para resolver o conflicto creado polas

desamortizacións o goberno achegouse á Santa Sé apara asinar o Concordato de

1.851; por este acordo, a Igrexa aceptaba a venda do seu patrimonio a cambio dunha

subvención estatal para o sostemento do clero e a declaración da relixión católica

como a oficial do Estado.

O abuso de poder dos moderados, a corrupción do goberno e o recorte das

libertades provocan en 1.854 o pronunciamiento de Vicálvaro (Madrid), que dará de

novo o poder aos progresistas. Nesta nova etapa de goberno progresista dase unha

duplicidade de “espadóns”. Por un lado o xeneral Espartero, primeiro ministro,

coas súas ideas radicais e polo outro o xeneral O’Donell, ministro de guerra, máis

Page 15: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

cercano aos moderados. O novo goberno convoca eleccións a Cortes, reforma a lei

electoral, a de imprenta, ademáis de por en marcha a desamortización de Madoz.

Durante este bienio progresista se producen importantes manifestacións de obrerismo

que teran políticamente como reacción a formación dunha coalición dos liberais

progresistas e moderados. A inestabilidade gubernamental e unha importante

conflictividade social e laboral terminará coa disolución das Cortes e a dimisión do

propio Espartero en 1.856. Foi, precisamente, neste clima de diverxencias cando

naceu a Unión Liberal liderada por O’Donell.

Durante a última etapa do reinado de Isabel II, unha década de gobernos

moderados-unionistas, a actividade política se desenvolveu. sen grandes problemas

ata 1.863 debido fundamentalmente á boa coxuntura internacional e ao control

absoluto das Cortes. O periodo enceta con O’Donell que ao pouco tempo é relevado

por Narváez. As medidas adoptadas duerante esta fase foron a suspensión da

desamortización, a anulación das disposicións de libertade de imprenta, o

restablecemento dos impostos e a anulación de todas as disposicións opostas ás

iniciativas conservadora. Durante os dous primeiros anos de goberno, reprimíronse

duramente as protestas e prohibíronse as asociacións obreiras, desenvolveuse unha

importante lexislación financieira e se multiplicou a moeda en circulación, ao tempo

que se daba continuidade á política de obras públicas e ferroviarias. No ámbito

administrativo, organizóuse a estatística do Estado e fixose o primeiro censo

demográfico. Tamén se aprobou a Lei de Instrucción Pública, Lei Moyano, coa que

se establecía o novo sistema educativo vixente no país.

O desgaste da coalición de goberno fixose patente a finais de 1.862, cando a

oposición, progresistas demócratas e republicanos, comenzaron a reclamar un cambio

de orientación no rexime. En marzo de 1.864, O’Donell presenta a súa dimisión, e en

setembro dese ano Narváez e os conservadores volven de novo ao poder

confrontados a unha crise económica con implícacións políticas e sociais. As causas

desta crise son o déficit das empresas ferroviarias, a falta de algodón debida á Guerra

de Secesión americana e o derrumbamento da Bolsa en 1.866. Unida a esta crise,

Page 16: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

nas universidades xurden faccións aperturistas e anticlericais. O choque co goberno

desencadena a matanza da noite de San Daniel o 10 de abril de 1.865, voltando un

desacreditado Narváez a ser sustituido por O’Donell, quen terá que sufocar o intento

de pronunciamento de Prim, líder dos progresistas, e a sublevación dos sarxentos

do cuartel de San Gil, o 22 de xuño de 1.866. Este feito devolve a xefatura do

goberno a Narváez que respondeu cunha represión indiscriminada e coa suspensión

das Cortes, pecháronse os periódicos críticos e se perseguiu a todos os que

cuestionaran a acción do goberno. Finalmente, a situación resolveuse para a oposición

en agosto de 1.866 co Pacto de Ostende, no que progresistas, demócratas e

republicanos poñíanse de acordo para destronar á raiña e convocar Cortes por sufraxio

universal e así evitar unha revolución social. En 1.867, coa morte de O’Donell, a

Unión Liberal se suma ao pacto coa súa ratificación no Pacto de Bruxelas, que

significa o fin do reinado de Isabel II: mera cuestión de tempo, independentemente

do goberno epigonal dun Narváez enfermo e falecido en 1868.

Page 17: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

SEXENIO REVOLUCIONARIO 1868 A 1874

O ENSAIO DUNHA MONARQUÍA CONSTITUCIONAL

DE CARÁCTER DEMOCRÁTICO.

Pódense resumir as causas que levaron á chamada Revolución Gloriosa na

insostenible inestabilidade do sistema político de Isabel II, na crise económica

internacional e nas solucións meramente represivas dos gobernos ás reivindicacións

sociais. Este panorama propicia que o levantamento do 18 de setembro de 1.868 sexa

recibido con xúbilosamente pola poboación coa a toma do poder por Xuntas

Revolucionarias nas principais cidades. Pola súa parte, a raiña, vencido o seu

exército en Alcolea, refuxiase en Francia ao tempo que o xeneral Serrano entra en

Madrid. Este rápido desmoronamento do rexime isabelino daba paso a un novo

sistema político, un rexime democrático.

O 9 de outubro constitúese o Goberno Provisional, presidido por Serrano e

integrado por ministros militares, progresistas, unionistas e co apoio parlamentario

dos demócratas. Rápidamente promúlganse unha serie de decretos encamiñados a

facer as reformas económicas e políticas. Estas últimas estaban fundamentalmente

orientadas á ampliación dos dereitos civís e políticos. Así, xunto ao sufraxio universal

masculino, se recoñecerán as libertades de asociación e reunión, de imprenta e a

inviolabilidade da correspondencia, de ensino e de cultos. En xaneiro de 1.869

convócanse eleccións a Cortes constituíntes e en xuño do mesmo ano promúlgase

unha constitución monárquica, a máis democrática e liberal das que entraron en

vigor no século XIX. Esta carta magna fundaba a soberanía na nación, garantizaba

que as libertades personais fosen absolutas sen posible suspensión e establecía un

sistema bicameral con electividade total tanto no Congreso como no Senado; en

definitiva, un sistema de goberno monárquico con autoridade restrinxida, no que as

Cortes tiveran a facultade de elexir rei en caso de extinción da dinastía.

Page 18: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

O carácter monárquico do novo goberno desencadenou puntos de conflicto

derivados do veto aos dereitos dinásticos dos Borbón e unha potencial alteración no

status quo europeo que deron lugar, en efecto, no interior á 3ª Guerra Carlista e a

oposición dos republicanos (duramente aplastada polo exército) e no exterior, á

guerra franco-prusiana. Ao final, triunfará a proposta de Prim favorable á Casa de

Savoia; pero o novo Xefe de Goberno, non durou moito no seu cargo pois foi

asasinado o 27 de decembro de 1.870, quedando Amadeo I sen o seu máis firme

valedor. O 2 de xaneiro de 1.871 o novo monarca xura a Constitución de 1869 e é

nomeado rei de España. Durante o seu curto reinado (os “dous anos largos” do seu

Discurso de Abdicación) careceu do apoio popular, das clases altas e do exército,

sufrindo os seus gobernos unha inestabilidade política insuperable da que foi un bó

exemplo a sublevación republicana de Ferrol de 1872, ademáis de ter que hacer

fronte aos xa comentados conflictos militares contra os carlistas ou aos conflictos de

emancipación en Cuba, Porto Rico e Filipinas (“Grito de Yara, 1868”).

O 10 febreiro de 1.873 Amadeo I renunciou á Coroa española e ao día seguinte

as dous cámaras de maioría monárquica reunidas en Cortes proclamaron a República.

O sistema republicano de partidos comenza a nova travesía histórica non menos

divididos entre os partidarios dunha República unitaria e os dunha República

Federal. A primeira presidencia recae, apoiado polos unitarios, en Estanislao

Figueras; pero xa en xuño as Cortes Constituyentes nomean presidente a Pi y

Margall, partidario do federalismo, cuxa tendencia máis extrema, os confederais,

anima a que se produzcan por toda España violentos levantamentos cantonais que

levan á dimisión de Pi y Margall. Un novo federalista, Nicolás Salmerón é nomeado

presidente e logra co emprego represivo do exército acabar coas insurreccións en

toda España, salvo en Cartaxena con apoio militar, neste caso, aos rebeldes. Malia a

todo, nestos conflictos, os federalistas mantiveron o respecto aos dereitos individuais,

aboliron a escravitude nas colonias e incluso, o propio Salmerón negarase a restaurar

a pena de morte provocando a súa demisión.

Page 19: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

Sucedeulle o unitario Castelar que, investido con poderes dictatoriais para

recuperar a orde e apoiado polos monárquicos, anula a Asemblea e reorganiza o

arma de Artillería. O 2 de xaneiro de 1.874, Castelar queda en minoría nas Cortes e

os federalistas están en condicións de recuperar o poder, se o xeneral Pavía non

tivese dado un Golpe de Estado ao día seguinte apoiado polos monárquicos.

Castelar non acepta os métodos antidemocráticos e dimite co que o xeneral Serrano,

duque de la Torre, disoltas as Cortes se autonomea Presidente dun goberno

provisional para dirixir como rexente unha transición cara a restitución da forma de

goberno monárquica. O 29 de decembro dese mesmo ano, o xeneral Martínez

Campos, unha vez publicado o Manifesto de Sandurst, sublévase en Sagunto a

favor da restauración da monarquía borbónica na persoa de Alfonso XII, proceso

no que xogará un papel fundamental Antonio Cánovas del Castillo.

Neste marco político, tanto en Galicia como no resto de España, temos unha

sociedade maioritariamente agraria, débilmente industrializada, de escaso

desenvolvemento urbano, analfabeta e con escasa cultura política. Malia a todo,

durante o sexenio democrático a situación propicia o desenvolvemento dos partidos

políticos que a grandes trazos se poden dividir en catro faccións: a progresista, a

republicana, a conservadora e a tradicionalista. En Galicia as tendencias con maior

implantación foron as dous primeiras.

Os sectores galegos máis afins ao progresismo localizanse entre os sectores

urbanos, os intelectuais e estudantes, os propietarios e rendistas, que ven con bós ollos

tanto a reforma económica liberal como as posibilidades de integración na

administración pública e o freo á redención foral do goberno moderado. Entre as

figuras máis destacadas do progresismo destaca Eugenio Montero Ríos e outros

como Juan Montero Telinge, José Pardo Bazán, Tomás Mosquera García,

Joaquín Baeza e Luís Rodríguez Seoane. As súas ideas tiveron unha importante

difusión a través de publicacións como La Oliva (Vigo), La Concordia (A Coruña),

El Radical (Pontevedra), La Voz Pública (Lugo) e El Porvenir (Ferrol). Coa

proclamación da Republica; empero, o progresismo entrou nunha grave crise interna.

Page 20: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

A RESTAURACIÓN.

A MONARQUÍA BORBÓNICA.

Hai moitos factores que influíron no fracaso dos gobernos democráticos do

sexenio 1.868 - 1.874, quizáis o máis importante foi a falta de madureza dos políticos

e da sociedade. Así, o 29 de decembro de 1.874 triunfa o pronunciamento de

Martínez Campos en Sagunto e o 14 de xaneiro de 1.875 Alfonso XII regresa a

Madrid como rei de España co apoio político de Cánovas e o recoñecemento

internacional. Pero o proceso de restauración do rexime non será efectivo ata o 2 de

xullo de 1.876 en que se promulga a Constitución.. Nésta recóllense os principios do

liberalismo douctrinario, redactados con certa ambigüedade para podela interpretar

ao antoxo da clase política. Así, moitos dos seus artígos desenvolvéranse en outras

leis.

O verdadeiro artífice da Restauración foi Cánovas del Castillo, político iniciado

no progresismo máis moderado (considérase o redactor do Manifesto de

Manzanares) durante o reinado de Isabel II, e moi conscente do problema da

alternancia no poder dos partidos, que ata entonces resolvérase mediante o recurso

dos pronunciamentos; é dicir, obviando a ortodoxia liberal da convocatoria electoral .

En consecuencia, Cánovas crea un sistema de alternancia no poder coñecido como

turnismo que articula a política española en dous grandes faccións: o Partido Liberal

Conservador, liderado por él mesmo, e o Partido Liberal Fusionista, liderado por

Práxedes Mateo Sagasta. Estos dous partidos debían agromar o maior número de

tendencias políticas tendo como requisito único a aceptación da monarquía de

Alfonso XII, razón pola que selles denominou partidos dinásticos. O partido

Conservador de Cánovas agrupou aos antigos moderados de Isabel II, aos membros

da Unión Liberal, a personalidades destacadas e a grupos cercanos ao

tradicionalismo como a Unión Católica; pola súa parte, Sagasta recolle nos

Page 21: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

fusionistas aos partidos monárquicos do sexenio, como constitucionalistas e radicais,

e á ezquerda posibilista de Castelar.

O sistema de goberno do turnismo, baseábase en que ao mandato dun dos partidos

lle sucedería o doutro cun funcionamento mecánico, que garantizaban as prácticas

caciquís e o feito de que fora o rei o quen nomeaba o goberno segundo a lei electoral

do 8 de novembro de 1.878 que voltaba ao sufraxio restrinxido. Desta maneira se

conseguía unha grande estabilidade a pesar de deixar fora do sistema aos carlistas e

republicanos. O primeiro goberno correspondeu aos conservadores que o mantiveron

ata o 8 de novembro de 1.881 en que os fusionistas de Sagasta inician o seu primeiro

mandato. Debido ás disidencias internas do partido a Sagasta o sustitúe Posada

Herrera o 13 de octubre de 1.883. Un ano máis tarde, Cánovas recupera o goberno

ata que pouco despóis da morte de Alfonso XII, o 25 de octubro de 1.885, volve á

presidencia Sagasta coa Rexencia de María Cristina, “dona Virtudes”. Durante

esta nova etapa liberal sufócase a sublevación republicana de Villacampa, apróbase a

Lei de Asociacións, o Sufragio Universal e o Código Civil. O 23 de marzo de

1.895, Cánovas recupera o poder por última vez, pois será asasinado dous anos máis

tarde. Coa súa morte comenzan as desavenencias dentro do partido conservador e o

século XIX rematará dentro dun clima de inestabilidade política e social agravado

pola guerra hispano-americana que pecha co Desatre do 98 a segunda fase da

emancipación de Filipinas e Cuba, aberta co “Grito de Bayre” en 1895.

Polo que refire ao escenario político galego concreto, éste volve a ser un fidel

reflexo do español con dous partidos dominantes e cunha procedencia común. Entre

os personaxes máis representativos dos conservadores galegos temos a Elduayen,

Linares Rivas, Batanero, Besada o Bugallal. E polos liberais, Montero Ríos,

Vicenti, Prieto, Alsina, Canalejas, Gasset y Riestra. Todos eles asociados a

grandes propiedades e rendas territoriais, actividades comerciais especulativas e

financieiras e á alta administración do estado. A súa relación co resto da sociedade

galega vai máis alá dun puro dominio caciquil da estructura do poder e da terra;

nalgúns dos sectores máis aperturistas das elites houbo dirixentes que interviñeron

Page 22: A SOCIEDADE GALEGA  E LIBERALISMO ESPAÑOL

activamente no desenvolvemento do movemento agrarista antiforal conseguindo o

apoio dos campesiños. Especialmente, a dereita conservadora galega amósase,

durante este periodo, forte e activa, participando amplamente nos altos cargos dos

distintos gobernos centrais.

Pola súa parte a oposición, allea as sistema dinástico de partidos e sen

posibilidades de acceso ao poder como temos visto, tampouco da mostras de

cohesión. Así, os republicanos dividense en dous faccións, a primeira próxima ao

conservadurismo federal no seu rexeitamento ao rexionalismo galeguista e ás

pretensiones revolucionarias das ideoloxías obreiras; a segunda, o republicanismo

federalista e cada vez máis achegada a ideas obreiras e a matices galeguistas. En

calquera dos casos, os distintos esforzos por reagrupar aos republicanos galegos

fracasaron e non conseguiron sacar adiante un partido coherente e forte, limitándose

á loita polo poder municipal. Pola súa parte, os tradicionalistas entran na

Restauración con moitos problemas e grandes divisións internas; así, ainda que

houbo varios intentos de reorganización, a maioría das faccións tradicionalistas

acabaronse diluindo entre os partidos máis fortes.

Galicia afronta a súa entrada no século XX sumida na mesma crise política que o

resto do estado español. As organizacións políticas non son verdadeiros partidos

democráticos institucionalizados e sucumben aos seus problemas internos. Primeiro a

morte de Cánovas e despóis a de Sagasta, desencadenan loitas internas nos grupos

máis fortes que a oposición, desorganizada e con súas propias disensións, non é capaz

de aproveitar para supoñer unha alternativa democrática. Este panorama

desencadenará, como veremos a volta a un rexime autoritario.