A sociedade grega I

21

description

Aspectos da sociedade grega como a infancia, indumentaria, educación, sexualidade...

Transcript of A sociedade grega I

Page 1: A sociedade grega I
Page 2: A sociedade grega I

Índice

• A infancia no mundo clásico.• O mundo masculino.• Política e cidadanía.• A escravitude no mundo antigo.

Page 3: A sociedade grega I

O nacemento• As nais gregas, asistidas por mulleres expertas,

daban a luz na casa despois de pintalas con pez, unha substancia de cor negro, para espantar aos demos.

• Se a criatura era neno, se colocaba unha rama de olivo na porta, e se era nena, unha cinta de lá.

• Ao quinto ou sexto día se celebraba unha festa, chamada anfidromias, na que se acollía ao recen nado no grupo familiar. Para iso se corría ao neno arredor do lume doméstico e se purificaba a casa e á nai.

• Ao décimo día se celebraba un banquete familiar acompañado de sacrificios. Nesta cerimonia se lle poñía nome ao neno e se lle daban agasallos e amuletos.

• En Grecia, o varón primoxénito soia tomar o nome do avó paterno. A este nome se lle engadía o nome do pai coa fórmula “fillo de…” e o nome do pobo do que procedía: “do demos (pobo) de…”.

• O número de fillos nados do matrimonio non era moi elevado, quizais para repartir sen dificultades o patrimonio. Existía a obriga de ter descendencia, permitíndose incluso a adopción no caso de que fose necesaria.

Escenas de parto

Page 4: A sociedade grega I

A aceptación dos fillos • Tanto en Grecia como en Roma os

pais tiñan a facultade de aceptar ou non aos fillos.

• Os nenos non desexados eran abandoados en Grecia dentro dunha vasilla de barro (costume da exposición).

• Os nenos abandoados podían ser recollidos por outra parella, xa como fillo, como escravo ou, no caso das nenas, para destinalas á prostitución.

• Os nenos con problemas físicos eran abandoados e, incluso, eliminados, mergullándoos en auga xeada. En Esparta os nenos febles eran arroxados ao Monte Taigeto

Cronos e Rea

Cadro de Goya - Cronos devorando aos seus fillos

Page 5: A sociedade grega I

A educación• A educación na antigüidade tiña como obxectivo ensinar as virtudes,

costumes e valores necesarios para o mantemento das tradicións.• A educación non era obrigatoria. Os pais eran os responsables da

educación dos fillos sendo este un asunto alleo ó Estado, excepto no caso de Esparta.

• Os pais pagaban directamente aos mestres. A ensinanza era privada.• A música e a ximnasia eran moi importantes na educación.• Non existían propiamente locais ou escolas, senón que os mestres

recibían aos alumnos nas súas casas.• Para impartir clases o mestre precisaba moi pouco material: para os

nenos uns bancos como asentos e unhas tablillas de madeira con cera no seu interior que servían de caderno para escribir coa axuda duns estiletes ou punzóns. Para el unha cadeira con respaldo e unha fusta para castigar aos alumnos pouco aplicados.

• Os nenos chegaban ás clases acompañados dun escravo chamado pedagogo que coidaba da súa seguridade, lles levaba o material escolar e lles inculcaba bo comportamento.

Page 6: A sociedade grega I

Comparativa

Page 7: A sociedade grega I

A clase• Para exercitarse na escritura, os estudantes utilizaban unhas tablillas

de madeira ou marfil que estaban “enceradas”.• Sobre as tablillas escribíase cun punzón ou estilete que presentaba

unha forma peculiar. Por un estremo remataba en punta para escribir e, polo lado oposto presentaba unha superficie plana, en forma de espátula, que servía para rascar e aplastar a cera, o que permitía borrar o escrito e escribir enriba outra vez.

• As tablillas podían agruparse en dípticos, trípticos e, incluso, en polítpticos.

• Ademais destes materiais, tanto os gregos como os romanos coñecían o papiro, que se elaboraba coa planta do mesmo nome procedente de Exipto. Era un soporte moi práctico pola súa flexibilidade pero que se conservaba mal. Para protexelos se humedecían con aceite de cedro e se gardaban en contenedores.

• Tamén era coñecido o pergamiño, que se obtiña da pel de cabra, ovella ou tenreira. Se conservaba mellor, era máis resistente e permitía borrar con facilidade e escribir por ambas caras.

• Para escribir sobre estes materiais se usaban plumas de diferentes aves ou unha caña. Estes utensilios eran afiados e gardados en estuches especiais. Nos tinteiros gardaban as tintas de orixe vexetal, tanto de cor negro como púrpura.

Page 8: A sociedade grega I

A clase e os soportes de escritura

Page 9: A sociedade grega I

A indumentaria infantil• En Grecia, os nenos e as nenas, cando

deixaban de levar cueiros, non utilizaban roupa interior, senón que vestían con estas pezas:

• Quitón: unha peza curta e sen cinto, fabricada con liño ou con la. Era unha peza rectangular que adoitaba estar cosida por unha banda, suxeitada nos ombreiros por fíbulas (unhas pezas metálicas semellantes a agullas).

• Himation: era un manto de la dunha soa peza, que se levaba sobre o quitón, aínda que en Esparta era a única roupa que se permitía levar aos nenos, pois normalmente ían sen quitón, espidos, descalzos e coa cabeza rapada.

• As nenas: vestían cun quitón longo e cinguido cun cinto; e en Esparta, aínda que ían vestidas, levaban un simple himation ou un quitón curto, aberto polo costado.

Nenos

Sandalias

Fíbulas

Page 10: A sociedade grega I

Os xogos• Os antigos gregos e romanos ocupaban o seu tempo

libre con xogos. Coñecemos moitos deles que incluso chegaron aos nosos días.

• Eran moi populares os xogos de azar, como alea, con dados; caput aut navis, cunha moeda lanzada ao aire (cara ou cruz); digitis micare, consistente en adiviñar a suma de dedos que os participantes sacaban á vez; ou par, impar, onde había que adiviñar o número de pedras total dos xogadores.

• Competían en xogos de habilidade e puntería que se xogaban con noces, huesecillos, moedas e canicas.

• Había varios xogos de taboleiro para dous xogadores semellantes ao actual xadrez e tres en raia.

• Entre os xogos ao aire libre era habitual a galiña cega, o aro, columpiarse sobre unha táboa (columpio), diversos xogos de pelota, bailar a buxaina, ou con monecas articuladas que, como as actuais, tiñan todo tipo de complementos, como traxes, casas, etc.

• Tamén temos constancia da existencia das damas, a oca, o yo-yo, e pequenos xoguetes de madeira ou barro con figuras diversas.

Page 11: A sociedade grega I
Page 12: A sociedade grega I

O mundo masculino

Convidado nun banquete escoitando música

Page 13: A sociedade grega I

As ocupacións do home na antigüidade

• As sociedades grega e romana eran patriarcais, é dicir, o home era a figura principal, dono lexítimo do fogar e de todos os seus membros. Como máxima autoridade familiar posuía a patria potestade ou poder sobre as persoas e os bens, polo que ditaba a lei dentro da familia e todos os membros lle debían obediencia e respecto.

• O pai tiña o compromiso se soster economicamente a casa. Adquiría o dereito e a obriga de dirixir e defender, incluso coas armas, a súa familia segundo o seu criterio e intereses.

• O home dispoñía dun lugar específico dentro do seu fogar chamado androceo ou andrón.

• A maioría dos cidadáns en Grecia e Roma tiñan que traballar, sendo só aqueles que tiñan maiores ingresos os que dispoñían de suficiente tempo libre como para adicarse aos asuntos púbricos.

Page 14: A sociedade grega I

Agricultura e gandería• As ocupacións masculinas se baseaban, nun principio, na agricultura e a

gandería.• A base da economía era a terra, cuxa propiedade estaba en mans dos

cidadáns, que a traballaban directamente ou por medio de man de obra escrava, sempre que se o puideran permitir. Aínda que nun principio a figura do campesiño como cidadán foi altamente valorada, co tempo a abundancia de man de obra escrava foi a causa da decadencia deste estilo de vida.

Recollida da oliva

Page 15: A sociedade grega I

O comercio• O comercio, principalmente marítimo, se converteu en fonte de ingresos para unha

parte da poboación, e non só de produtos agrícolas, senón tamén artesanais. Fronte ao idealizado oficio de campesiño, se sabe que os comerciantes estaban mal considerados na sociedade porque non participaban directamente na produción, senón que obtiñan beneficios polo seu transporte e venda.

Page 16: A sociedade grega I

A artesanía• Os artesáns, que traballaban en talleres, proporcionaban os seus produtos

tanto á polis como a lugares máis lonxanos mediante o comercio. Se trataba dun oficio familiar, transmitido de pais a fillos, aínda que as tarefas máis duras as realizaba a man de obra escrava.

• Os traballos artesanais eran moitos, por exemplo, orfebres, perfumistas, carpinteiros, zapateiros, xoieiros, lavandeiros, curtidores, ferreiros, alfareiros, taberneiros…

• As tendas que vendían os mesmos produtos agrupábanse nunha mesma rúa á que se lle daba o nome da mercadoría.

• Para poder identificar as tendas xa se utilizaba a propaganda, así pois os vendedores expoñían nas portas dos seus comercios algo que simbolizara os seus traballos artesanais. Por exemplo, un carniceiro mostraba unha ringleira de xamóns ou colgaba a súa mercadoría. Outra opción era pintar nas paredes escenas da súa labor ou exhibir unha inscrición cos seus servizos.

• Temos constancia do uso do regateo para conseguir a mercadoría máis económica.

• Tamén existían as profesións liberais, como por exemplo: mestres, músicos, avogados, médicos, oradores…

Page 17: A sociedade grega I

Profesións artesanais

Estela do zapateiro Xantipo

Taller de alfareiro

Mulleres amasando pan

Page 18: A sociedade grega I

A xornada do cidadán grego• A vida dos gregos estaba rexida pola saída e a

posta do sol. Polo tanto, segundo a estación do ano aproveitaban máis ou menos o día.

• O cidadán grego se levantaba ao amencer, exercitaba o corpo e se aseaba.. Almorzaba unha sopa de pan bañado en viño puro que podía acompañar con aceitunas ou figos secos.

• Saía da casa para cumprir coas súas obrigas e avanzado o día realizaba un xantar lixeiro chamado áriston, no que podía haber legumes, verduras, aceitunas, queixo, allos, cebola, pescado fresco ou en salazón, así como froita fresca ou seca. A carne, agás a de porco, era moi cara co cal quedaba reservado á xente de boa posición económica.

• Despois de xantar traballaba ata o solpor, entón, levaba a cabo a comida máis importante do día, o deipnon, que se corresponde coa nosa cea.

Reloxo de sol

A ágora ateniense

Page 19: A sociedade grega I

O sympósion• A cea era o momento en que as persoas con mellor posición social celebraban os

seus banquetes, que constaban dunha comida seguida do sympósion, unha especie de “reunión de bebedores” na que se bebía viño acompañado de doces, froitas e legumes secas. Era un momento social de convivencia no que se conversaba, se cantaba, se recitaban poesías, se escoitaba música, se representaban espectáculos de acrobacia e danza, etc. Aínda que eran reunións masculinas a presenza de concubinas e hetairas era habitual, e non poucas veces os convidados acababan mantendo relacións sexuais con elas ou entre eles.

Banquete con hetairas

Page 20: A sociedade grega I

Escenas de sympósion

Amor

Sexo

“Indisposicións” Pelexa de borrachos

Page 21: A sociedade grega I

A indumentaria masculina• O aspecto físico do home grego marcaba a súa

procedencia e condición: en Atenas, os mozos conservaban o cabelo longo, mentres os adultos o levaban máis curto; en Esparta, os mozos levaban o cabelo rapado, e os adultos longo. Tanto uns coma outros soían levar a barba ben rasurada.

• Os filósofos caracterizábanse polo seu aspecto pouco coidado, xa que só vestían un himation de cor terroso e levaban barba e cabelos descoidados.

• Os tecidos máis utilizados eran a lá no inverno e o lino no verán.

• Ademais do quitón e o himation os gregos podían levar o exomis, similar ao quitón pero abrochado sobre un dos ombros deixando descuberto o brazo dereito. Como permitía unha gran liberdade de movemento era unha prenda propia de escravos e traballadores.

• A clámide era unha capa rectangular de lá fina, abrochada cunha fíbula arredor do pescozo. Se tiña cores vivos ou estaba adornada con bordados era un manto propio de reis; pero se estaba confeccionada de maneira máis rudimentaria e con cores máis apagados era unha simple capa de viaxe ou militar.

Himation

Clámide