A Sombra da Muralla nº 19
-
Upload
a-sombra-da-muralla-ies-xoan-montes -
Category
Documents
-
view
262 -
download
28
description
Transcript of A Sombra da Muralla nº 19
Á sombra da muralla
eeddiittoorriiaall
Estimados/as lectores/as:
Este ano Á sombra da muralla volve para traernos as nosas voces
como un eco que resoa polos corredores do Xoán Montes.
Cremos que é importante que colaboredes e que leades a revista,
porque vai dirixida a todos e, por todos debería estar feita, e porque é
un reflexo do que pensamos, do que imaxinamos, do que é e do que
queremos que sexa. E isto non se consegue co silencio
outorgante dos libros “en branco”.
A liberdade creadora e de opinión faise presente
nesta revista de pouca tiraxe. É necesario aproveitala e
manifestarse por medio dela. A revista debe vivir para que
as voces resistan, para que non sexan afogadas pola corrente gris á que
nos aproximamos cada vez máis, ao noso pesar. Pero mentres Á sombra
da muralla continúe non deixaremos que iso ocorra, seguiremos a traer
cousas novas e vellas, poemas, contos, pensamentos...
Desexamos que Á sombra da muralla dure tanto como a sombra
da muralla e, de non poder ser así, polo menos, tanto coma o instituto.
Queremos tamén agradecer a colaboración a todo o alumnado e o
profesorado (en especial aos que se xubilan, porque xa non teremos
ocasión de valorar o seu esforzo) que participou nesta edición e nas
anteriores. E a vós que a ledes, porque sen lectores a súa existencia
sería va.
Saúdos e feliz verán.
Á sombra da muralla
crónica de nós
Festival de Nadal 2010
Este ano celebramos a fin de ano cun festival moi variado no que participaron
alumnos de ESO, BACH e algunha que outra profesora.
Houbo de todo: dende unha presentación impecable -con monólogo incluído-
ata numerosas actuacións musicais (bailes, gaiteiros, quintetos…).
Foi un éxito clamoroso, pero non quedou aí a cousa. Cando todo parecía
rematado, os alumnos de 4º da ESO organizaron un sorteo de Nadal.
Moitas grazas a tod@s os que colaboraron para facernos pasar unha xornada
tan agradable.
Marta Salgado Castelo
Á sombra da muralla
aarrtteess//ccrreeaacciióónn
mmmmmmmmoooooooonnnnnnnnóóóóóóóóllllllllooooooooggggggggoooooooo ddddddddeeeeeeee NNNNNNNNaaaaaaaaddddddddaaaaaaaallllllll
Déstesvos conta? Xa hai 2 meses
que nos están a bombardear con
anuncios de Nadal... se xa o dicía a
Biblia: "O anxo do Señor anunciou a
María". Así empezou o Nadal, cun
anuncio. Para min, o milagre non é
que aparecese un anxo. O milagre é
que non anunciase un perfume ou
turrón. Porque en Nadal non se
anuncia outra cousa. Fixástesvos en
que desaparecen os anuncios
normais? Que pasa co Actimel? Que
en Nadal "xa non axuda ás túas
defensas"?; e as hemorroides? que?
hai que volver sufrilas en silencio,
ou? Non obstante, en Nadal
aparecen outros anuncios, que eu
non sei se será polo alcohol que se
bebe nestas festas, pero non hai por
onde collelos. Un exemplo é o dun
anuncio de hai anos no que saia
unha rapaza nunha moto, baixábase
a cremalleira e dicía:
- Busco a Jacq's...
Pero, que forma é esa de vender
colonia? Por deus! É coma se vas ao
quiosco, baixas a bragueta e dis:
- Déame o xornal
E agora tamén vos digo unha cousa,
non me quero imaxinar o que
habería que facer para que che
desen o suplemento...
Aínda que, polo menos esa rapaza
estaba ben alimentada porque hai
algunhas que saen agora
anunciando perfumes todas pálidas
e delgadiñas que non teñen forza
Á sombra da muralla
nin para dicir a marca do perfume:
“Tresor, Paguí", "Poeme, Paguí",
"Amor Amor, Paguí".
E o colmo é que agora ata os
perfumes de nome castelán os
anuncian con outro acento:
"Cagolina Heguega". Pero que pasa
aquí? Hai que ter coidado, porque
como siga esta moda acabaremos
oíndo: "Yo me lo guiso, yo me lo
como. "Vivamos como galegos
Paguí". Desde logo, esto non ten
xeito ningún.
E o anuncio de El almendro?:
"Vuelve, a casa vuelve, por
Navidad... ". Este ano aínda non sei
como é pero hai anos aparecía un
tipo nunha moto de incógnito,
baixábase dela e metíase correndo
nunha casa. Non vos parecía raro
que aquel tipo fora sempre co cuello
subido, escondéndose? Xa está
home!, ese tío era Jacq's! Como o vai
encontrar a outra se se pasa todo o
Nadal escondido no pobo! E alí
pasas o tío todas as festas, comendo
turrón. Porque o turrón está moi bo.
Aínda que, parece que algúns
fabricantes non o queren vender:
"1880, o turrón máis caro do
mundo". Pois vale...!
E non se acaba aí a cousa. Aí esta o
turrón Delaviuda. Que... bueno, eu
non digo nada, pero que lle
pregunten o marido da viúva que
tal lle sentou o turrón...
Por se fora pouco, hai outros
anuncios nos que parece que o
turrón crea adicción. Vistes aos
pobres nenos de Antiú Xixona? Cos
ollos desencaixados, correndo tolos
pola neve: "Queremos turrón,
turrón, turrón". E aínda que lles
deas o turrón, non paran: "Seguimos
querendo turrón, turrón, turrón,".
Estes pequenos están enganchados!
Repito que a min me encanta o
turrón, pero segundo a publicidade:
é caro, destrúe e crea adicción...".
Tamén hai outra marca que pon na
caixiña: "Calidade suprema". Aínda
que o comprases na gasolineira,
poñerá: "Calidade suprema".
Para esaxerados os da sidra El
Gaitero. "Sidra El Gaitero, famosa en
el mundo entero,". Pois non é certo!
Porque un día estaba eu en Cospeito
pregúnteilles a uns chinos que
Á sombra da muralla
estaban de turistas, e nin coñecían a
sidra, nin moito menos ao gaiteiro.
Pobriños, que falta de cultura...
Os que si que son famosos son os do
anuncio de Freixenet. Todos os
famosos poden ser burbullas: Miss
España, Antonio Banderas, Xil
Ríos... Hasta Montserrat Caballé
pode ser burbulla Freixenet...
Imaxínaste que compras unha
botella de cava e dentro hai unha
burbulla do tamaño de Montserrat
Caballé? Sairía o tapón a tomar
por... bueno.
Agora que para anuncio raro, o de
"las muñecas de Famosa". Estas
muñecas "se dirigen al portal para
hacer llegar al niño su cariño y su
amistad". Pero que cariño e que
amizade van dar unhas monecas?
Como moito poden dar por saco
porque agora xa son tan modernas
que choran, cagan, mexan e todo.
En fin, analizando a publicidade do
Nadal pódome imaxinar como foi o
anuncio que lle fixo o Anxo a María.
O Anxo chegaría en moto e diría:
- Busco a María.
- Maguia? Oui, c'est moi.
- Vas ter un fillo como a sidra El
Gaitero: famoso en el mundo entero.
- E será un bo fillo?
- Calidade suprema
- E de onde virá, se non coñezo
varón?
- Pois de onde veñen todos, de...
Paguí.
Christian Toimil
Á sombra da muralla
crónica de nós
Exposicións e Conferencias no meu instituto
•Exposición adicada a Carvalho Calero e a Miguel Hernández:
A finais do ano pasado o equipo da Biblioteca xunto cos Departamentos de Linguas castelá e
galega e os alumnos de 4º da ESO realizaron unha exposición
adicada ao centenario dos escritores Ricardo Carvalho Calero
e Miguel Hernández Giner, nados o 30 de outubro do 1910.
A exposición constaba de 24 paneis nos que se analizaba a
súa vida e obra. A exposición completábase con obras dos
autores así como fotografías e artículos persoais cedidos
especialmente para a ocasión polos profesores e por Margarita
Carballo Ramos, filla de Ricardo Carvalho Calero, que foi
profesora do noso instituto.
•Exposición “O solsticio de inverno e os seus ritos”:
No IES Xóan Montes houbo máis exposicións como a que se
puido ver durante todo o mes de Decembro na entrada do noso
Centro. O instituto estivo decorado con imaxes do solsticio de
inverno que se correspode co instante na que a posición do sol no
ceo se encontra a maior distancia; asemade, colocáronse murais
que explicaban a orixe do Nadal e todos os rituais da Antigüidade
en torno aos deuses solares.
A exposición completouse con reproducións de pinturas de temáticas invernais e propias do
Nadal aportadas polo departamento de Arte.
• Exposición "COMICS, para ver e ler":
Durante os meses de marzo e abril temos á
vosa disposición unha selección de cómics no
punto de lectura. Consta de corenta títulos:
clásicos como Tintín, Astérix, Mafalda... e
outros de actualidade como Emigrantes,
MAUS, Persépolis... Son un préstamo da
Fundación Germán Sánchez Rupérez dentro
do seu programa Lecturas de ida e volta. A
Á sombra da muralla
todos eles sumánse os que nos presta o I.E.S. Fernando Esquío de Neda.
E para completar, tamén podedes disfrutar da exposición sobre a historia do cómic, grazas ao
traballo da promotora da páxina web do noso Centro e dun boletín de participación cun
encrucillado para resolver e gañar premios ao rematar a exposición.
•Exposición “Unha mirada matemática”:
Desde finais de xaneiro ata princípios de febreiro estivo
instalada no corredor de entrada ao instituto a exposición
fotográfica “Unha mirada matemática” com fotos da
profesora Nieves Díaz Fernández. A exposición
móstranos "como a natureza, arquitectura e obxectos
cotidiáns, están impregnados de caprichosas formas
xeométricas que lles confiren unha indiscutible e
particular beleza. Nada escapa a esa mirada
matemática".
• Exposición "Mulleres Nobel: Unha visión non sexista da ciencia ":
Do 14 de febreiro ao 1 de marzo estivo instalada no vestíbulo do instituto
unha exposición dedicada a mulleres premio Nobel en Física, Química e
Fisioloxía e Medicina.
Houbo un panel adicado a cada unha delas, no que poidemos ver unha
reseña da súa vida persoal e científica, as súas investigacións e
achegas, así como as implicacións sociais e científicas dos seus logros.
Esta exposición tamén formou parte da Semana da Ciencia 2010 en
Santiago de Compostela.
•Conferencia "Matemáticas Hoxe":
O profesor D. Juan Manuel Viaño Rey, catedrático
de Matemática Aplicada na Universidade de
Santiago de Compostela, impartiu o primeiro
trimestre unha conferencia no noso Centro á que
asistiron os alumnos de 4º de E.S.O. e
Bacharelato.
Na conferencia aprendemos as diversas utilidades e aplicacións das matemáticas en aspectos
descoñecidos para a maioría das persoas. Tamén resaltou o pouco visibles que son na nosa
sociedade os matemáticos e os científicos en xeral, comparando a súa popularidade con
personalidades destacadas do mundo da literatura, arte e deporte.
Foi unha conferencia interesante, instructiva e sorprendente no seu contido para a maioría dos
que estabamos alí.
Marta Salgado
Á sombra da muralla
crónica de nós
Visita didáctica á cooperativa Erica Mel Neste curso os alumnos de economía de
Primeiro de Bacharelato tivemos a sorte de
comprobar de primeira man o funcionamento
dunha cooperativa. Para isto desprazámonos ata
Arzúa, concretamente á cooperativa ERICA MEL.
A Cooperativa Erica Mel naceu no ano 1890 pola iniciativa
dun pequeno grupo de apicultores integrados na Asociación Galega de Apicultura, AGA.
Convencidos da extraordinaria calidade dos seus produtos apícolas, buscaron xuntos a mellor
vía para facelos chegar ao consumidor.
O nome da cooperativa é un recoñecemento á erica, a planta melífera por excelencia.
Actualmente segue levando a cabo a mesma actividade que nun principio, pero diminuíron o
número de colmeas sobre todo por enfermidades que collen as abellas e as levan á
desaparición. Con todo, pensan en seguir producindo tan bo mel como ata o de agora.
A empresa pertence ao sector primario e está constituída por 600 socios, e tres traballadores,
dúas mulleres e un home. Trátase dunha sociedade cooperativa, que é unha sociedade de
interese social que nace para permitir que os traballadores teñan a propiedade e o control da
empresa. Funciona baixo os principios de xestión democrática: todos os socios e todas as socias
xestionan a organización, participan activamente na fixación das políticas e toman decisións.
Neste tipo de sociedade a alta e a baixa son voluntarias por parte do socio e soen ser de
responsabilidade limitada. En Erica Mel todos os socios achegaron un capital para levar a cabo
as instalacións e todos toman decisións en conxunto.
Durante a visita didáctica explicáronnos o proceso de elaboración, que consiste en que os
apicultores, unha vez que recolectan o mel das colmeas, se poñen en contacto co Consello
Regulador. O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia é o
organismo encargado de controlar, amparar e certificar o Mel de Galicia, identificando esta
certificación coa contraetiqueta correspondente, que é o aval de que este mel cumpre con
Á sombra da muralla
todos e cada un dos requisitos de calidade reflectidos no Regulamento. A zona de produción,
elaboración e envasado dos meles amparados abarca todo o territorio da Comunidade
Autónoma de Galicia. Na cooperativa Erica Mel cada un dos recipientes dos agricultores ten que
traer a contraetiqueta de que ese mel cumpre con todos os requisitos.
O mel é trasladado á
cooperativa, onde é
analizado para dar conta de
que se atopa en perfectas
condicións e determinar de
que planta procede.
Algunhas das variantes que
se producen son: mel de
flores silvestres, mel con
xelea real, mel con própole,
mel con froitos secos, mel
de breixo-queirogas, mel de
castiñeiro, mel de eucalipto,
mel de silva, pole e mel de
produción ecolóxica.
Unha vez analizado lévase a cabo o almacenamento, o cal se fai a temperatura ambiente.
Despois procédese ao envasado. Se xa está callado métese nun forno a unha temperatura
inferior aos 40ºC para que non perda as propiedades, converténdose a un estado líquido. Uns
filtros polos que pasa despois limparán tódalas impurezas; por último; etiquétano
manualmente. Unha vez seguido este procedemento, o único que falta é repartir o produto
polas tendas e áreas comerciais.
Para rematar a visita convidáronnos a unha degustación con mel de diferentes plantas
acompañado por froitos secos, queixo da zona... En definitiva, pasámolo moi ben e aprendemos
o funcionamento dunha cooperativa!
Artigo realizado polo alumnado de
Economía de 1º de Bacharelato.
Á sombra da muralla
ccrróónniiccaa
Hai 136 anos chegou por primeira vez a
Lugo o tren. Era o 5 de outubro de 1875,
día de San Froilán.
Nese primeiro tren ían os familiares
de Vicente Calderón Oreiro (Gobernador
Civil e deputado por Lugo e A Coruña), o
Sr. Letona (alto enxeñeiro da Compañía do
Noroeste) e o Capitán Xeneral do distrito.
A chegada do tren
a Lugo supúxolle estar mellor
comunicado con outras cidades, tanto
para os lucenses como para recibir
visitantes. Deu lugar ademais á creación de
novos postos de traballo.
Noventa persoas podían viaxar en
total no tren. Os vagóns eran de tres cores
dependendo da clase: os billetes de cor
branca pertencían aos vagóns brancos (1ª
clase). Por eles pagábanse uns 55 reais
(13,75 pesetas, uns 0,08 € na actualidade);
os de 2ª clase eran verdes e custaba a
viaxe á Coruña 41 reais, 10,25 pesetas,
0,06 €. Por último, os vagóns vermellos
pertencían aos de 3ª clase (25 reais, 5,25
pesetas, 0.03 €). Aínda que pareza barato,
temos que pensar que naquela época un
obreiro gañaba uns 7 reais, 1,75 pesetas,
0,01 €. Tería que traballar máis de... 3
meses! para poder viaxar no vagón
vermello.
Nos nosos días ir á Coruña custa
uns 7 €. Aínda que sae máis económico
que outros medios de transporte, usámolo
menos pola pouca variedade nos horarios:
os traxectos fanse demasiado longos, hai
atrasos... Por outra banda, actualmente
non existen diferentes clases.
O que queremos destacar é que A
Coruña, Santiago, Vigo, etc. teñen
mellores instalacións. E non falemos das
grandes cidades españolas –Madrid,
Barcelona...- co seu AVE, ou cidades da
UE como O Porto, París, Berlín, Berna...
Para terminar, dedícolles unha
estrofa dun poema de Ánxel Fole que o di
todo e, con todo, non di nada para algúns;
eu pediríalles que o situasen na cidade de
Lugo:
Galicia a máis amada
Galicia a máis gentil
para ser a máis prezada
fáltalle o ferrocarril.
Os lucenses deberiamos reclamar
o noso dereito a un tren de características
similares ao doutras cidades españolas.
Silvia Couto Rodríguez
Á sombra da muralla
concciieenncciiaa
Non á destrución do planetaNon á destrución do planetaNon á destrución do planetaNon á destrución do planeta
Endexamais será posible a destrución do planeta Terra e dos seus
habitantes. E penso isto porque aínda hai persoas sen escrúpulos no mundo
que por facerse máis poderosas non se cortan nada en cometer loucuras, que
a sabendas seguen para adiante e “forrándose” cada vez máis de diñeiro.
Todo á custa de matar as especies animais, destruír a vexetación, tan
necesaria para a vida do planeta e, como non, a base de producir elementos
químicos que como todos sabemos están contaminando todo, tanto a auga
coma o aire, e prexudicando unha cousa tan necesaria para nosoutros como é
a capa de ozono, que nos libra de expoñernos ao sol na súa totalidade.
E penso que xamais será posible destruír o planeta porque na
actualidade ímonos concienciando de todo o que nos rodea, e de onde vivimos,
e a xente dáse conta do atropelo que se fai da Terra.
Á sombra da muralla
Ben é verdade –ou como se soe dicir, ata que non chegue o problema
non se lle busca solución-. E... ¿por que non se podería ter evitado o estado no
que está hoxe o planeta? O caso é que aí o temos: mareas negras de petróleo
a cada pouco, empresas químicas contaminándoo todo, igual ca nas centrais
nucleares; bosques enteiros desaparecendo, cantidade de especies animais
extinguidas ou a piques de desaparecer. É triste todo e aínda que a cousa
estea tan mal, aínda temos a solución para iso.
Todos debemos concienciarnos
de que a Terra é a nosa única casa, a
nosa nai. Isto cada día que pasa vaise
notando máis, aínda que para que
todo isto chegue á normalidade, os
primeiros que teñen que empezar son
os que teñen o poder, xa que por
culpa dos grandísimos intereses
económicos, por ser máis poderosos
fan a vista gorda sobre todo iso.
E isto non debería ser así. Se
esta xente sen escrúpulos segue
actuando igual e non toman as medidas necesarias, nosoutros non temos que
pensar do mesmo modo ca eles, e cómpre asimilar dunha vez por todas que se
pode vivir ben sen necesidade de que se cometa tal estrago no noso planeta
Terra.
ttttodos xuntos podemos facer uodos xuntos podemos facer uodos xuntos podemos facer uodos xuntos podemos facer un mundo mellor!n mundo mellor!n mundo mellor!n mundo mellor!
Brenda Retazzi Ascariz
Á sombra da muralla
VIAXE A TE�ERIFE
Os alumnos e alumnas de 4º da
ESO realizamos unha viaxe de fin de
curso a Tenerife do 28 de marzo ao 3
de abril. O día 28 de marzo saímos de
Lugo ás nove e media da mañá, en
autobús ata o aeroporto de Santiago.
Unha vez alí, facturamos e
embarcamos ás dúas da tarde
aproximadamente con destino a
Tenerife.
Para trasladarnos
ao hotel dende o aeroporto
tivemos que facer unha
hora de autobús, xa que
estabamos en Tenerife sur.
Ao chegar ao hotel
distribuíronnos en
habitacións de 3 e 2
persoas, instalámonos e
algúns decidimos ir dar un
paseo polos arredores. O
segundo día fixemos unha
excursión ao Teide, aínda que non
subimos en teleférico. Deixáronnos
tempo libre para facer fotos e ver a
paisaxe da zona.
Ao día seguinte demos a volta
enteira á illa, vimos moitas cousas
como por exemplo os Acantilados dos
Xigantes, a Casa do Drago (unha
árbore milenaria). E chegamos á zona
sur, onde xantamos (aínda que no hotel
nos deron comida caducada).
Paseamos por praias coma a dos
Cristianos; a auga estaba moi boa e ía
moita calor. A excursión foi dun día
enteiro. Chegamos ao hotel sobre as
seis da tarde.
O terceiro día fomos ao Loro
Parque, onde puidemos ver
espectáculos de aves, de leóns
mariños e de orcas. Pola tarde moitos
decidimos ir á praia. Esas praias
diferéncianse das de aquí, xa que
teñen pedras e area negra.
Á sombra da muralla
O día 1 foi o do Siam Park, un
parque acuático no que o pasamos moi
ben, xa que tiña moitos tobogáns de
auga e unha piscina con ondas de máis
de tres metros.
O día 2 demos un paseo en
goleta pola illa. Puidemos ver baleas e
algúns alumnos bañáronse na alta mar.
Comemos no barco e pola tarde
estivemos dando unha volta polo sur e
na praia dos Cristianos.
O último día, 3 de abril, tivemos
que deixar as habitacións ás 11 da
mañá. Para facer tempo algúns
decidiron ir ao centro comercial e
outros deron unha volta pola illa.
Despois de xantar no hotel fomos en
bus ata o aeroporto, no sur, e
embarcamos no avión cara a Santiago
de Compostela. Ao chegar subimos ao
bus en dirección a Lugo onde nos
esperaban as nosas familias.
Chegamos á unha menos vinte.
O alumnado de 4º pasámolo
moi ben na excursión, xa que foi unha
experiencia inesquecible para todas e
todos nós, e esperamos poder repetila
outra vez.
Carmen Corbal Franco
Isabel Knight Asorey
Patricia Martínez Rey
Á sombra da muralla
ccrróónniiccaa
Unha cidade, dúas pontesUnha cidade, dúas pontesUnha cidade, dúas pontesUnha cidade, dúas pontes
PONTE VELLA
A ponte romana de Lugo é unha
obra de enxeñería romana que logrou
manterse intacta dous mil anos. Foi
construída para poder cruzar o río Miño no
percorrido da vía sinalada co número XIX
do itinerario de Antonino, que comunicaba
Lucus Augusti con Bracara Augusta, a
actual Braga.
Esta ponte foi restaurada nos
séculos XII, XIV e XVIII. A pesar diso non
perdeu o seu esplendor romano. A ponte
esta construída en cantería e xisto; presenta
vigas metálicas engadidas recentemente. As
dimensions de esta ponte son de 104 metros
de lonxitude e 4 de ancho. Hoxe a ponte
segue a ser utilizada tanto polos peóns
como polo tráfico rodado.
O que máis sorprende disto é que
uns investigadores estudaron recentemente
a ponte para ver como tiña os alicerces e,
para sorpresa de todos, despois de máis de
dous mil anos os seus basamentos seguen
intactos como se a ponte fose construída
actualmente.
Un dos símbolos da nosa cidade
permanece vivo e, tras dunha limpeza e
restauración, recuperará a súa forma
orixinal e milenaria para deleite de todos.
PONTE NOVA
Os lugueses estamos de noraboa:
unha ponte innovadora e de gran estética
estase a construir tras longos anos de
espera. Servirá para mellorar accesos e
saídas do centro urbano dende o Oeste
da cidade, substituíndo a vella ponte
romana, que soportaba alta densidade de
tráfico. O orzamento desta obra sitúase
en case 25 millóns de euros. A nova ponte quedará a 600 m. ao
sur do Balneario de Lugo. Na marxe
esquerda, pola que discorre a
circunvalación da N-VI, o terreo ten
grandes pendentes. A ponte atravesa o río e
conecta ambas as ladeiras. En cada extremo
constrúense senllas glorietas. A lonxitude
da nova ponte metálica é de 195 m.
O lucense José Blanco anunciou
unha nova conexión da infraestrutura coa
A-54, aínda en marcha, que enlazará a
cidade das murallas coa capital de Galicia.
Esperamos que, tal como anunciou
Fomento, a nova ponte sobre o Miño se
inaugure o 24 de xuño do 2011.
Os que habitamos nesta cidade
estamos convencidos de que a nova ponte
será o símbolo dun Lugo moderno e aberto
aos séculos vindeiros, unha cidade que une
pasado e futuro.
Antonino Gugliandolo López
Mª Victoria Burgo Quijada
Á sombra da muralla
vviissiióónnss
HomesHomesHomesHomes que deron nomes
Étienne de Silhouette (1709-1767) / Silueta
A procedencia da palabra «silueta» foi o
apelido dun ministro francés de finanzas,
de mediados do século XVIII, que se
chamaba Étienne de Silhouette.
Joseph I. Guillotin (1738-1814) / Guillotina
O seu nome provén do médico francés que
recomendou o seu uso nas execucións.
Viacheslav
Molotov (1890?-
1986) / Cóctel
Molotov
O seu nome é
debido a que se
usaron na guerra
Ruso-Finlandesa;
naquela época V. (ministro do exterior da
Unión Soviética durante a Segunda Guerra
Mundial) comunicaba por radio á poboación
finlandesa durante a guerra que o exército
ruso non estaba a bombardear senón
enviando alimentos; a isto o exército
finlandés contestou que xa que "Molotov
puña a comida, eles porían os cócteles".
Rudolf Christian Karl Diesel (1858-1913) /
Motor diésel
Foi un enxeñeiro alemán inventor do motor
de combustión de alto rendemento que leva
o seu nome, o motor diésel. Motor aplicable
á locomoción, primeiramente chamado
"motor de petróleo", posteriormente tomaría
o nome do seu inventor
John Montagu, 4º Conde de Sandwich (s.
XVIII) / Sandwich
O sándwich recibe o seu nome, aínda que
é moi pouco probable que fose inventado
por el. Dise de John Montagu que lle
gustaba comer desta forma porque así
podía apostar sen ensuciar os dedos. Pese
ao propósito orixinal do Conde de
Sandwich para comer cunha soa man,
hoxe en día certos tipos de sándwich
débense comer con cubertos ou con ambas
as mans.
Pirro, rei de Epiro (319? / 272?) / Vitoria
pírrica
Rei que derrotou aos romanos pero sufriu
grandes perdas. Unha vitoria pírrica sería
aquela que produce tales perdas no
vencedor que pode equipararse a unha
derrota.
Gabriel Calvo Pichel
Á sombra da muralla
vviissiióónnss
Algúns dos nosos compañeiros e das nosas compañeiras tiveron que percorrer
un longo camiño para nos poder coñecer. Catro deles, Fátima E. Chaouay
Boudallaa, Antonela M. Vega Rojas, Ohanne Kamila Santos Silva e Simeon
Maksimov Panev falan dos seus sentimentos n´A sombra da muralla.
A primeira cuestión xira en torno ao
feito de deixar atrás un país,
unha familia, amigos... Todos se poñen
de acordo: foi terrible e significou moito
na súa vida. O peor? Sen lugar a
dúbidas, abandonar a familia. Fátima
recorda: “É moi duro deixar a familia na
que medrei e coa que compartín os
meus malos e bos momentos”. E están
os amigos, tan importantes nesta etapa
da vida. Simeón deixa constancia do
temor que sente ante a posible perda
de confianza por ambas as partes: “A
min aínda non me pasou cos amigos,
pero oxalá nunca ocorra”. Tamén incide
na renuncia á patria; fala da lingua -e
das tradicións que deixou- como parte
inseparable do ser. Ohanne reivindica a
valentía das familias ao abandonaren o
fogar, algo que os fillos só empezan a
valorar tras uns meses de adaptación.
Pero xa instalados nesta terra,
os catro recordan o gran impacto
emocional dos primeiros momentos: un
lugar novo, dúas linguas, xente
descoñecida, o medo ao fracaso social.
Fátima fala de tristeza e timidez,
sentimentos que comparte con
Antonella, a pesar de falar esta o
castelán. O que para a primeira estaba
provocado pola imposibilidade de
comunicarse coa xente, para Antonella
tiña unha orixe distinta: “Sentía timidez
porque aínda non coñecía a ninguén e,
ademais, dábame vergoña achegarme
aos demais”. Simeón tamén achaca
parte dos problemas ao feito de
descoñecer o idioma, pero subliña a
preocupación e incertidume que lle
causaba a posibilidade de non ser
aceptado polos compañeiros do
instituto.
Ohanne admite sentimentos
enfrontados; nos primeiros tempos
desatouse a súa euforia, sentía alegría
ante un mundo novo por descubrir.
Pero recoñece que, tras comezar o
curso escolar, toda aquela ledicia
transformouse en tristeza e soidade.
“Así e todo”, asegura, “aprendín que só
desa maneira te decatas de canto valor
ten a amizade”.
Á sombra da muralla
O debate está servido se
preguntamos polo contraste entre eles
e os seus novos compañeiros. O grupo
divídese. Simeón e Ohanne ven
poucas diferenzas entre uns e outros;
afirman que saen con amigos e que
máis ou menos teñen os mesmos
horarios e dispoñen dunha cantidade
semellante de cartos para gastar.
Quizais a única diferenza se atope nas
horas que adican ao estudo: no país de
orixe, lembran, había menos esixencia.
Tamén no fogar a colaboración lles
ocupa un tempo similar e aseguran ter
gustos parecidos aos seus colegas no
que atinxe á música, ao cine, á
vestimenta...
Fátima e Antonella non atopan
tanta similitude. Antonella fala da falta
de madurez de moitos dos seus
coñecidos. Atribúeo á educación
permisiva: “os pais miman aos nenos e
danlles moita liberdade”. Fátima
asegura que os horarios son ben
distintos. A ela nunca lle permiten saír
máis tarde das oito. E
considera que ela axuda
moito máis na casa ca os
seus compañeiros.
A posibilidade de
que a súa familia
decidise voltar ao país de
procedencia provoca un sentimento
contraditorio nos catro. Xulgan a
pregunta difícil. Apenas Fátima parece
segura: “se a miña familia decidise
regresar eu iría encantada, aínda que
estrañaría a xente que coñezo aquí”.
“Eu sentiríame triste e alegre á vez”,
afirma Antonella. “Non me gustaría
deixar todo isto despois de terme
adaptado, pero poñeríame contenta
porque volvería a ver a miña familia”.
Simeón opina o mesmo, pero
revela a gran verdade dos movementos
migratorios: “sen traballo non hai
cartos, sen cartos non hai vida”. Se ten
que irse, irase. Aínda que espera que
iso tarde moito. Por último, Ohanne dá
unha lección de sinceridade e de
intelixencia afirmando que ten uns
obxectivos que cumprir aquí: formarse,
ter unha profesión. Se o logra non lle
importaría volver ao Brasil. É
incuestionable a súa conclusión: “Para
ter grandes cousas, tes que deixar
grandes cousas”.
Á sombra da muralla
visións
AA aarrttee ccoorrppoorraall A chamada arte corporal estase convertendo nunha moda entre os rapaces A chamada arte corporal estase convertendo nunha moda entre os rapaces A chamada arte corporal estase convertendo nunha moda entre os rapaces A chamada arte corporal estase convertendo nunha moda entre os rapaces de hoxe en dia. Perforar os corpos e tatuar a pel con numerosos e sorprendentes de hoxe en dia. Perforar os corpos e tatuar a pel con numerosos e sorprendentes de hoxe en dia. Perforar os corpos e tatuar a pel con numerosos e sorprendentes de hoxe en dia. Perforar os corpos e tatuar a pel con numerosos e sorprendentes debuxos é unha debuxos é unha debuxos é unha debuxos é unha practica con milenios de antigupractica con milenios de antigupractica con milenios de antigupractica con milenios de antiguidade que realizaban algunhas idade que realizaban algunhas idade que realizaban algunhas idade que realizaban algunhas ttttribos africanas e sudamericanas. ribos africanas e sudamericanas. ribos africanas e sudamericanas. ribos africanas e sudamericanas. Esta tendencia provoca que a principal barreira Esta tendencia provoca que a principal barreira Esta tendencia provoca que a principal barreira Esta tendencia provoca que a principal barreira do noso corpo, a pel, sexa atacada. A consecuencia do noso corpo, a pel, sexa atacada. A consecuencia do noso corpo, a pel, sexa atacada. A consecuencia do noso corpo, a pel, sexa atacada. A consecuencia disto moitas persoas poden chegar a contraer diversas disto moitas persoas poden chegar a contraer diversas disto moitas persoas poden chegar a contraer diversas disto moitas persoas poden chegar a contraer diversas enfermidades coma o tétanos, a tuberculose ou as enfermidades coma o tétanos, a tuberculose ou as enfermidades coma o tétanos, a tuberculose ou as enfermidades coma o tétanos, a tuberculose ou as hepatites A, B e Chepatites A, B e Chepatites A, B e Chepatites A, B e C. As doenzas poden chegar debido á . As doenzas poden chegar debido á . As doenzas poden chegar debido á . As doenzas poden chegar debido á mala cicatrización, ás infeccións posteriores ou aos mala cicatrización, ás infeccións posteriores ou aos mala cicatrización, ás infeccións posteriores ou aos mala cicatrización, ás infeccións posteriores ou aos tipos de material utilizado tipos de material utilizado tipos de material utilizado tipos de material utilizado ﴾aceiro quirúrxico ou titanioaceiro quirúrxico ou titanioaceiro quirúrxico ou titanioaceiro quirúrxico ou titanio﴿. . . . Por iso hai ter moito coidado, por exemplo, Por iso hai ter moito coidado, por exemplo, Por iso hai ter moito coidado, por exemplo, Por iso hai ter moito coidado, por exemplo, cos cos cos cos piercingspiercingspiercingspiercings ao se bañar no mar ou na ao se bañar no mar ou na ao se bañar no mar ou na ao se bañar no mar ou na piscina. Tamén coas tatuaxes: cómpre non piscina. Tamén coas tatuaxes: cómpre non piscina. Tamén coas tatuaxes: cómpre non piscina. Tamén coas tatuaxes: cómpre non tomar moito o sol se a tatuaxe é recente. tomar moito o sol se a tatuaxe é recente. tomar moito o sol se a tatuaxe é recente. tomar moito o sol se a tatuaxe é recente. Ademais é moi difícil desfacerse de Ademais é moi difícil desfacerse de Ademais é moi difícil desfacerse de Ademais é moi difícil desfacerse de piercingspiercingspiercingspiercings e e e e tatustatustatustatus, so, so, so, sobre todo no caso das bre todo no caso das bre todo no caso das bre todo no caso das tatuaxes. Moitos profesionais afirman que tatuaxes. Moitos profesionais afirman que tatuaxes. Moitos profesionais afirman que tatuaxes. Moitos profesionais afirman que nunca saen de todo, aínda que se está nunca saen de todo, aínda que se está nunca saen de todo, aínda que se está nunca saen de todo, aínda que se está elaborando unha crema nunha clínica de elaborando unha crema nunha clínica de elaborando unha crema nunha clínica de elaborando unha crema nunha clínica de Oxford para asegurar que non quede rastro.Oxford para asegurar que non quede rastro.Oxford para asegurar que non quede rastro.Oxford para asegurar que non quede rastro.
José Antonio Vila Moreira
Á sombra da muralla
A
visións
Unha historia grega de
terror
historia de terror que máis
atemorizaba aos gregos era Edipo e a
Esfinxe. Edipo era fillo de reis tebanos; un
día o oráculo de Delfos díxolle ao pai de
Edipo, Laio, que o seu fillo o mataría e
casaría coa súa nai. Este, ao oír isto, tomou
medidas extremas e ordenou a un dos seus
gardas que o enviase ao bosque e o matase; pero o garda
apiadouse do neno e non o matou, senón que o abandonou no
bosque á súa sorte.
Sen embargo, un campesiño
atopouno e entregouno aos reis de
Corinto que o criaron coma se fose o
seu fillo. Cando Edipo se fixo maior,
tras enterarse do oráculo por
casualidade, fuxiu de Corinto para
escapar ao seu fado, ata que nunha
encrucillada atopou unha carruaxe con
xente que o aldraxaron e acabou por
matalos a case todos. Edipo foxe e se
Á sombra da muralla
dirixe a Tebas, unha cidade que estaba a
ser azoutada por un monstro chamado a
Esfinxe, con cabeza de muller, corpo de
león e ás de paxaro, que poñía a proba
aos viaxeiros cun enigma e quen non o
acertaba morría no acto.A adiviña era a
seguinte: que ser camiña primeiro con
catro patas, despois con dúas e por
último con tres? Edipo probou sorte e
foi visitar á Esfinge; tras moito cavilar,
contestoulle que se trataba do ser
humano, quen cando é un bebe gatexa,
cando é novo usa as dúas pernas e
cando é maior apoíase nun bastón. A
Esfinxe, cumprindo coa súa promesa
despéñase e morre. Cando Edipo volve
a Tebas, proclámano heroe da cidade e,
como recompensa, fanno rei, casa coa
esposa de Laio e teñen catro fillos:
Polinices, Eteocles, Ismene e Antígona.
Pasaron os anos e Edipo converteuse
nun bo rei a quen todos querían.
Sen embargo, apareceu unha nova
maldición en Tebas: unha epidemia
asolaba a cidade. Edipo mandou a
Delfos ao seu cuñado para consultar o
oráculo, quen contestou que o asasino
de Laio seguía impune e debía ser
castigado. O rei empezou a investigar e
finalmente o adiviño Tiresias sinalouno
a el como o responsable, o que produciu
en Edipo o impulso de acusalo de
traición. Só máis tarde comeza a velo
claro, cando un emisario de Corinto
chega a Tebas para comunicarlle a
morte do rei e explicarlle que non tiña
que ter marchado porque el mesmo o
levara desde Tebas e, por tanto, aqueles
non eran os seus pais. Sospeitando xa a
verdade, o rei chama a Iocasta (súa nai e
esposa) e entre os dous reconstrúen o
terrible pasado. Entón ela suicídase e
Edipo arríncase os ollos para máis tarde,
como bo rei, impúxose a si mesmo o
castigo do desterro que propuxera para
o asasino de Laio.
Antonino Gugliandolo López
Á sombra da muralla
cciieenncciiaa
Ano Internacional da Química e dos Bosques
A Organización de Nación Unidas (ONU) declarou o Ano 2011
como o Ano Internacional da Química e dos Bosques,
recoñecendo dous campos que son críticos para definir o futuro
da especie humana.
Na súa declaración sobre o Ano Internacional da Química, a
ONU índica que deste campo da ciencia espérase que
proveñan novas solucións para o benestar da
humanidade, principalmente as relacionadas coas fontes
alternativas de enerxía, saúde e alimentación.
O ano da Química coincide co centenario do Premio
Nobel da Química que lle foi otorgado a Marie Curie.
Ésta extraordinaria científica nada en Polonia e
nacionalizada francesa foi a pioneira na radioactividade
e, ademais, foi a única muller que recibiu o Nobel de
Física (1903) e de Química (1911).
Sobre o Ano Internacional dos Bosques, a ONU e a Unión
Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), subraian
a importancia destes ecosistemas como fontes de captura de
carbono, protección do solo y captación de auga doce.
“O aire que respiramos, os alimentos, a auga e as menciñas que necesitamos para
sobrevivir, a variedade de vida na terra, o clima que perfila o noso presente e futuro,
todo depende dos bosques. O 2011 debe ser o ano no que o mundo recoñeza a
importancia vital da saúde dos bosques para a vida na terra, as persoas e a
biodiversidade”
Marta Salgado Castelo
Á sombra da muralla
cciieenncciiaa
Colesterol
O colesterol é unha
enfermidade que nos afecta moito
aos rapaces polo exceso de
graxas ou doces. No momento
que sobrepasamos o noso peso
polas graxas ou por estar comendo
moitos doces, o colesterol empeza
a subir sen darnos de conta e pode
ser prexudicial para o noso
corazón; aínda que non o
pensemos o colesterol pode
afectar moito ao noso organismo.
Por iso hai que ter moita conta do
que comemos. Temos que levar
unha dieta rica en proteínas e sen
graxas. En vez de utilizar azúcar
branco funciona moito mellor a
sacarina ou azúcar moreno. Sei que
resulta moi difícil comer con pouco
sal e con pouco aceite pero é mellor
comer cinco ou seis veces ao día
ben e san e non unha ou dúas mal e
con moita graxa. Eu aconséllovos
que tomedes moita froita, iogures
naturais, verduras e cereais.
O mellor de todo é estar san e sen
problemas físicos; hai que coidarse,
pois non é bo á nosa idade estar
medicándose para poder levar
unha vida normal.
Comer san axúdanos a levar unha
vida mellor.
Adriana Anthoska Gómez Mena
Á sombra da muralla
vviissiióónnss
FFRRAASSEESS QUE PAGA A
PENA LLEERR
Perdoa sempre ao teu enemigo,
non hai nada que o enfureza máis.
Oscar Wilde (escritor irlandés)
Non nos atrevemos a emprender moitas cousas porque nos parecen difíciles, pero
non porque sexan difíciles en si, senón que nos parecen difíciles porque non nos
atrevemos a emprendelas.
Lucio Anneo Séneca (filósofo romano)
Non tomes a vida tan en serio:
ao fin e ao cabo, non sairás vivo
dela.
Les Luthiers (músicos/humoristas
arxentinos)
A morte é a cousa, a
única, que me aterra.
Ódioa. Hoxe pódese
sobrevivir a todo menos
a ela.
Oscar Wilde (escritor
irlandés)
Á sombra da muralla
Non sei con que armas se librará a
Terceira Guerra Mundial, pero na Cuarta
Guerra Mundial usarán paos e pedras.
Albert Einstein (físico alemán)
Canto máis grandes somos en humildade, máis preto
estamos da grandeza.
Rabindranath Tagore (filósofo e poeta bengalí)
Son ateo, grazas a Deus.
Luís Buñuel (cineasta español)
Máis vale permanecer calado e que sospeiten da túa ignorancia, que falar e quitarlles
toda dúbida acerca dela.
Abraham Lincoln (16º presidente dos Estados Unidos)
O pretexto para tódalas
guerras: conseguir a paz.
Jacinto Benavente (dramaturgo
español)
A vida non merece que un se
preocupe tanto.
Marie Curie (física e química
polaca)
Á sombra da muralla
A liberdade non fai felices aos homes,
fainos, sinxelamente, homes.
Manuel Azaña (presidente da República
Española)
Canto máis falo cos homes, máis
admiro ao meu can.
Blaise Pascal (matemático, físico e filósofo
francés)
Oxalá Deus me dese un sinal claro!
Como facer un gran depósito ao meu
nome nun banco suízo…
Woody Allen (músico, escritor, director e
actor de cine estadounidense)
Se Deus non existise, sería necesario
inventalo.
Voltaire (filósofo francés)
Herexe non é o que arde na fogueira.
Herexe é o que a acende.
William Shakespeare (dramaturgo e poeta
británico)
É máis difícil ser un home honrado oito
días que un heroe un cuarto de hora.
Jules Renard (escritor francés)
A historia é un incesante volver a
empezar.
Tucídides (historiador grego)
Un irmán pode non ser un amigo, pero
un amigo sempre será un irmán.
Benjamin Franklin (político e científico
estadounidense)
A historia é émula do tempo, depósito
das accións, testemuña do pasado,
exemplo e aviso do presente,
advertencia do porvir.
Miguel de Cervantes (escritor español)
Á sombra da muralla
Preferide , entre os amigos, non só a aqueles que se
apenan coa nova de calquera desventura vosa, senón
aos que na vosa prosperidade non vos envexan.
Sócrates (filósofo grego)
Canto máis boa é a alma dun home, menos sospeita a
maldade nos outros.
L. A. Séneca (filósofo romano)
As mulleres precisamos a beleza para que os homes nos amen, e a estupidez para
que nosoutras amemos aos homes.
Coco Chanel (deseñadora)
Cabalo: o que é un cabalo resulta obvio para todo o mundo.
(Extraído da Primeira Enciclopedia Polaca)
Á sombra da muralla
crónica de nós
O noso profesor de inglés, Camilo Pacios Simón, xubílase este curso. Non
se poden explicar as últimas décadas do IES Xoán Montes sen a súa calidade
humana e profesional, que tanta pegada leva deixado en varias xeracións de
alumnos. María Victoria Burgo Quijada Por que decidiu ser profesor de inglés?
C. Unha vez que decides estudiar Filoloxìa inglesa, ó rematar os estudios tes a opción de
traballar nunha empresa privada ou estatal. Eu decidìn facer oposicións e traballar na docencia.
Decidín ser profesor porque sempre me gustou aprender, compartir e transmitir os
coñecementos, que é básicamente no que consiste a docencia. A necesidade fíxome emigrar
e vin e vivín os traballos derivados da falta
de competencia comunicativa. Iso
afianzoume na miña vocación docente.
Como foi o seu primeiro día de
clase? Estaba asustado polo que podía
pasar?
C. O primeiro día de clase foi no
Colexio das Carmelitas en Ourense, onde
estiven os catro primeiros meses da miña
docencia. Recordo que era una clase
dunhas trinta e cinco rapazas que estaban
expectantes e dei unha clase ao meu máis
alto nivel de inglés e, sinceramente, dadas
as sùas facianas, creo que non entenderon
nada do que dixen.
Cantos anos leva neste Centro?
C. O día 1º de outubro de 1979 tomei oficialmente posesión no Mixto 1 “Juan Montes”. Así
pois, levo 32 anos.
Á sombra da muralla
Atopou diferenza entre outros Centros e este?
C. Os catro primeiros meses da miña docencia transcorreron nun colexio privado relixioso
de monxas e, coma tal, o ideario atíñase ó que era. Pero a convivencia e o ambiente eran
estupendos. Despois estiven no Instituto “As Lagoas 1”, tamén en Ourense. Era un Instituto de
nova creación e tiña os problemas propios dun Centro que comeza a súa andaina. A meirande
parte do profesorado éramos novos e había unha camaradaxe envexable dentro e fóra do
Centro. O ano seguinte, xa con oposición, vin en prácticas para o Instituto Masculino e xa me
sentín coma na casa, dado que coñecía moita xente e había un clima de convivencia e
participación extraordinario. E logo xa vin con destino definitivo para o Instituto Xoán Montes,
onde me sentín e me sinto convivindo cunha vella familia docente onde se fraguaron moi boas
amistades e onde, salvo casos puntuais de discrepancias derivadas do cargo de Secretario
(1982-1991), non tiven o máis mínimo desencontro ou enfrontamento nin dentro do meu
Departamento nin cos outros claustrais. Penso que moitos dos problemas nos Centros están
directamente relacionados co temperamento e formación de cada persoa e será por iso polo
que non atopei grandes diferenzas nos Centros nos que traballei.
Son distintos os rapaces de agora e os de antes?
C. Basicamente os rapaces non cambian gran cousa. Creo que a profesión debe imprimir
carácter e, polo menos no meu caso, rara vez tiven que presentarme o primeiro día porque o
alumnado tiña sobrada referencia da miña forma de ser e de actuar; ata hoxe. Creo que a clave
é respectar e facerse respectar en todo momento.
Gústalle máis o trato que recibe agora, como profesor, ou o que recibía hai anos?
C. Non percibo grandes diferenzas. A min sempre me trataron co respecto e a
consideración cos que eu tratei ós demais
Cre que se os nenos de agora se comportasen como os de antes a sociedade iría a
mellor?
C. Antes había rapaces cafres e díscolos como os hai agora, pero creo que hai sectores
nos que a carencia de respecto e educación en todos os ámbitos fai que a boa convivencia
social se vexa embazada. A xuventude boa e sa fai moito menos ruído e barullo cos vasos
vacíos. Creo que en moitos fogares debería haber máis coidado coa formación dos fillos.
Pensa vostede que as xeracións do futuro serán mellores que as de hai vinte anos?
C. Penso que si. Vendo os erros que se están cometendo e as súas nefastas
consecuencias, as xeracións futuras tratarán de non tropezar na mesma pedra. Creo que
Á sombra da muralla
superarán as diferenzas existentes e educaranse para facer fronte ós inimaxinables avances
tecnolóxicos camiñando cara a unha educación para o lecer e un consumo responsables.
Que é o que lle fai falta a este Centro, segundo vostede?
C. Penso que lle fai falta un Ximnasio adecuado e, posiblemente o máis importante, unha
relación máis afectuosa e eficiente entre o profesorado. Hoxe por hoxe, debido ó trafego
constante de profesorado e á reestructuración dos Centros de Ensino Secundario, non hai
lugar nin tempo para coñecerse e relacionarse.
Cal é a anécdota que recorda con máis cariño nos anos que leva neste Centro?
C. Anécdotas hai moitas. Unha delas puidera ser cando una exalumna miña se me
presentou coa súa filla no berce dicindo que xa quería solicitar praza para a nena.
Está a favor do galego como idioma predominante nas aulas ou prefire o castelán?
C. Eu estou a favor de que se empregase o inglés, ó menos igual có castelán ou o galego.
A introdución no curriculum do galego supuxo unha hora menos á semana de idioma e iso non
axuda nin chisco á aprendizaxe de inglés.
Que sente cando pensa que este é o seu derradeiro ano no ensino?
C. Nada que non fose previsible. Todo o que non é infinito ten un final, e a vida docente
activa tamén ten que rematar e, se é posible, antes de que un se sinta coa capacidade mirrada
pola falta de ilusión ou competencia. Sinceramente, sinto unha nostalxia controlada e tamén
satisfacción polo deber cumprido.
Se volvese ó pasado, volvería ser profesor?
C. Son docente por vocación, porque me gusta e encima páganme por facelo. Logo se me
pagan por facer o que me gusta, se volvese atrás, volvería recuncar, volvería ser profesor.
Queremos saudar tamén con moito afecto ao resto do profesorado que este ano deixa
o noso Insti: José Ramón Cordo Rodríguez, Mª del Carmen Lombardía Campo, Mª del
Carmen Martínez Otero, Mª Dolores Rábade Arias, Manuel Díaz Regueiro.
Á sombra da muralla
crónica de nós
London Trip
A verdade é que xa me tardaba a viaxe a London. Sempre senta ben distraerse un pouco
e deixar de lado tanto esquema, apuntamento, exame, “ateeende”, “cala a boooca”, “non
moleeeestes” e demais agarimos dos profes.
Arrancamos cara a La Gran Bretaña o día 4 de febreiro, xunto con Loli e os seus
secuaces do IES de Castro. Boa xentiña hai alí en Castro. A viaxe con Vueling foi unha
marabilla. Chupitos de whisky de malta de 24 anos cada media hora, bandexas de prata de lei
con olivas a mansalva, pinchos de foie-gras, caviar do bon… Xa se sabe: Vueling!
Tomamos terra con algo de retraso. Heathrow é o formigueiro máis grande que vin ate o
de agora! De alí
arrincamos cara a
Clink Hostel. Un
hostel que xa en sí
ten historia
(parece que non
vai ser tan sinxelo
desconectar…):
está feito sobre
unha antiga sala
de Xustiza, onde
aínda por riba
choiou o Pai de
Oliver Twist
durante uns anos. Sí, Charles Dickens. De feito hai habitacións que no seu día foron celas.
Ao día seguinte almorzo a mancheas Full english breakfast, oh yeah! e tiramos cara a
Westminster. Xa parecía que podiamos ver a Willy máis a Kate dándose o bico de “podes bicar
a noiva”. É ben verdade que son da nobleza, porque ter cartos para poñer flores a semellante
igrexa... Non quero nin pensalo! Pasamos a carón do Parlamento, vimos o London Eye (para
non velo) e como non podía ser doutro xeito (xa que a viaxe era dos de Arte…) alí arrancamos
cara á National Gallery. Xa dentro dela: Velázquez, o matrimonio Arnolfini de Jan Van Eyck,
Á sombra da muralla
Rafael e un senfín de obras máis. Onde está a Mona Lisa? (É verdade, Iso está en París!!)
Saíndo da Galería Nacional demos unha volta por Picadilly, cea no Soho e volta para o hostel a
armala un pouco durmir toda a noite.
Full english breakfast, please! Era buffet libre, pero para o caso vale igual. Non é por
ter marquitis, pero o Cola-Cao botábase de
menos… Almorzo outra vez coma búfalos e
veña a correr por Londres adiante! Para ir
abrindo boca (a pesar do copioso do
almorzo) imos ó Museo Británico ou British
Museum. Como non se pode ser mal falado,
direi que é realmente flipante o relieve da
Leoa ferida dos asirios, non menos os do
Partenón, a pedra Rosetta, as salas exipcias
(para completar a lección consultar na
wikipedia ou ben a Meri)… É certo que
unha cousa é velo nas diapositivas pero
outra moi distinta é en directo. En acabando
no Museum, paseíño por Oxford Street,
comida e logo a Buckingham Palace,
camiñamos polo barrio diplomático, vimos a
embaixada española e Harrods. Xa para
rematar o día, fomos cear a Covent Garden.
Sorprendeume gratamente o bon ambiente que alí había. Xente cantando, moi animados…
Ao terceiro día fomos a gastar as libras a Candem. Todo o que un se pode imaxinar, está
alí. Un montón de tendas de segunda man, cantidade de xente paseando, mercando, mirando…
O paseíño de rigor, hoxe por Regent Park; comida e logo embarcamos cara Greenwich (tal cal,
onda o meridiano). A faena é que o señor ocaso chegou antes do que queriamos. Aí polas 5 da
tarde xa era noite. Punto positivo? A catedral de San Paulo iluminada é realmente bonita. Zona
Soho, cear e á cama.
Como todo nesta vida chega ao seu fin, a esta viaxe tamén lle tocou. Mirando ben de
meter todo de volta nas maletas, collemos o Castromil versión Londres que nos levaría de novo
a Heathrow. Alí pasas de ser persoa para converterte nunha formiguiña, como xa comentei ó
principio. Avión tomado cun magnífico retraso de media hora e volta para casa.
Que ben se está por aí vendo mundo (vale, tamén aprendendo), pero para ser francos de
todo, tamén dá gusto chegar á casa, tomar un Cola-Cao de verdade, deitarte a ver a televisión en
castelán e... vaites!, facer unha redacción da viaxe. Quen me mandaría meterme nestes
fregados…
Á sombra da muralla
artes/creación
A CRISE
O 2011 acaba de comezar
a crise vai a máis
España revoluciónase,
Galicia moito máis.
Os gandeiros reciben pouco,
os intermedarios reciben máis.
E a xentiña na rúa,
paga máis e máis.
Os obreiros sen traballo
mecánicos mirando
e todos nos vamos
a piques neste barco.
As esperanzas desaparecen
O optimismo desaparece
as cousas non se compran
as cousas non se venden...
...Isto non marcha,
senón que vén máis
a torta deu a volta
e para baixo vamos xa.
Fomos inmigrantes recollidos
Agora recollemos nós
Pero non dentro de moito
Para fóra iremos todos.
Uns veñen e outros marchan
Outros xa están
Sen ganas e con pena
Voltaremos cara atrás.
Porque isto acaba
isto queda aquí
Con puntos suspensivos
Xa voltarei vir.
SSiillvviiaa CCoouuttoo RRooddrríígguueezz
Á sombra da muralla
ccrróónniiccaa ddee nnóóss
Alumnas da ESO do noso
Centro resultaron gañadoras na
fase provincial do XXVII Concurso
Escolar ONCE 2011. Nas
categorías C e D o traballo
consistía na realización dun cartel
publicitario para unha axencia de
viaxes. O alumnado debía
imaxinarse nun lugar de destino
na compaña doutras persoas e
debuxalo como se fose a mellor
fotografía da súa viaxe. O lema,
Unha viaxe para tod@s, refírese
pois a aquela viaxe que ten en
conta as necesidades das persoas
discapacitadas para acceder a ela
e para desfrutala en igualdade de
condicións.
Desexámosvos moita
sorte nas vindeiras fases autonómicas e estatais: Beatriz Álvarez Díaz (4ºA)
María Canto Campo (4ºA), Inés Castro Veiga (4ºA), Ana Fernández Santos (4ºA),
Mª Victoria Burgo Quijada (4ºB), sodes as mellores!!!
XIII Olimpiada Matemática galega
Tras as probas celebradas o 8 de abril, ás que concorreron numerosos rapaces e rapazas
da provincia de Lugo, os alumnos de 2ºA da ESO do noso Centro Juan Manuel Cano
Vila e David Carreira López foron entre os elixidos para representar a zona de Lugo na
Fase Final Galega (20 de maio, Concello de Vigo). O compañeiro Juan Manuel conseguiu
nada menos que o acceso á final estatal!
Moita sorte!!
Á sombra da muralla
vviissiióónnss
TTTeeellleeeccciiinnncccooo... TTTeeellleeellliiixxxooo???
Eu pensaba que a televisión era para
divertirse, pasar un anaco agradable, ver
algo interesante, pero a miña idea cambiou cando coñecin a
cadea Telecinco, que é un canal que o único que fai é insultar
aos famosos (pero despois poñen denuncias aos que se meten
con eles, como ocorrer co coñecido asunto de La Sexta).
En telecinco, poñas a hora que poñas sempre estan con
“Sálvame”, un programa onde seica
temos que rir cando vemos moitas
persoas meténdose con outras. Nel
traballa certa personaxe que non
sei como pode gustar a alguén,
unha “estrela” que utiliza a súa
filla para aumentar a cota de audiencia... Si: estou a falar de
Belen Esteban e do seu famosísimo matrimonio: que se se
separan, que se se reconcilian día si e día non... Luns toca
separarse, mércores xuntarse.
Á sombra da muralla
Pero o que eu non podo entender
é que tendo 8 horas diarias siga con
tan boa porcentaxe de audiencia. Non
me colle na cabeza que alguén
desfrute vendo tipos e tipas berrando
sen gardar a súa quenda e
interrompéndose a cada
segundo. Está claro que noutros
programas, documentais,
informativos, debates políticos
da 1, etc. polo menos dás
aprendido algo.
Por iso eu non vexo esa cadea e recomendo que non se
vexa porque mata as neuronas. Queres ver algo gra cioso?
Pois pon a Sexta, que ten (ou
tivo) programas tan divertidos
coma: Sé lo que hicisteis,
Buenafuente, El Intermedio, El
club de la comedia, Con hache de
Eva...
Diego Graña Parga
Á sombra da muralla
vviissiióónnss
OOOOs mellores xogos do 2011!s mellores xogos do 2011!s mellores xogos do 2011!s mellores xogos do 2011!
ASSASINS CREEDASSASINS CREEDASSASINS CREEDASSASINS CREED
Assassins Creed 3 é
un dos mellors xogos
que nestes tempos
podes atopar no
mercado. Se o que
queres é pasar unha
tarde divertida (e poder
escalar edificios:
doutra Maneira non
poderias facelo nin
tolo!), este xogo conta
cuns graficos que che
fan pensar que estás dentro. Ademais encántame o argumento que soe traer con el
este videoxogo. Desta vez, para variar, céntrase en Italia, en Roma concretamente,
onde irás matando os
tiranos que a gobernan.
GOD GOD GOD GOD OF WAR 3OF WAR 3OF WAR 3OF WAR 3
Este xogo é un dos
mellores que probei na
miña vida. Recoméndovolo
porque é unha aposta
segura que che permite
gozar da arte de matar
Á sombra da muralla
criaturas mitoloxicas. E isto no mellor escenario posible: a Idade Media. Ti encarnas o
personaxe de foto, que aínda que non e moi guapo ten uns movementos sinceramente
impresionantes e gráficos nos que parece que es ti o que mata as criaturas
mitolóxicas.
COLIN MCRAE DIRT 2COLIN MCRAE DIRT 2COLIN MCRAE DIRT 2COLIN MCRAE DIRT 2
Este de rallyes é un dos xogos
máis populares mundialmente
en parte debido ao nome do
piloto que lle dá nome.
Probando esta entrega, a
verdade, un comprende por
que é o xogo mundialmente
famoso. Cando por exemplo
vas en competición e chocas
cun dos protectores, parece
que o golpe o esteas levando
ti. A min impresionoume moito,
pero se queredes compralo
recoméndovos esperar un
pouco: vai saír xa a seguinte
entrega, e claro, vendo esta... Como será a seguinte!
WWW VS RAW 2011WWW VS RAW 2011WWW VS RAW 2011WWW VS RAW 2011
Este xogo de loita libre é a entrega deste ano da prestixiosa marca Wrestling. A ver; a
verdade é que todos os xogos
son parecidos, pero cada ano
melloran máis: os combates
gañaron realismo e ademais tes
a oportunidade de practicar
dende a comodidade do teu
salón sen temor a lesións
futuras.
Á sombra da muralla
CALL OF DEUTY CALL OF DEUTY CALL OF DEUTY CALL OF DEUTY
BLACK OPSBLACK OPSBLACK OPSBLACK OPS
Este xogo é o último da
franquía que xa leva
moitos desta mesma
coleccion. Os seareiros
non se cansan deles,
principalmente porque
aínda que non sexas
sanguinario... ¿a quen non
lle fai graza matar virtualmente? Esta entrega permíteche meterte de cheo nas batallas
máis sonadas dos últimos 100 anos: por exemplo, as das guerras do Vietnam, de
Cuba, a Guerras Fría contra os soviéticos... Podes optar a un arsenal de armas que
doutra maneira non poderías ter nin tolo.
GRAN TURISMO 5GRAN TURISMO 5GRAN TURISMO 5GRAN TURISMO 5
Esta é a quinta entrega da prestixiosa marca Polyphony Digital. Xa desde pequeno
medrei vendo xogar
os meus primos a
estes xogos e non
daba comprendido
por que lles
gustaban tanto.
Pero foi probalo e
xurdir unha relación
especial entre eu e
este xogo. Porque
che permite unha
gama de coches que nin un xeque árabe, e ademais ten unha gama de marcas e
modelos que non os teñen o resto dos xogos. Por iso estou desexando sempre a
próxima entrega.
Vito Rodríguez Ferreiro
Á sombra da muralla
ddeeppoorrttee
AAAAAAAAAAAAzzzzzzzzzzzzkkkkkkkkkkkkaaaaaaaaaaaarrrrrrrrrrrr LLLLLLLLLLLLuuuuuuuuuuuuggggggggggggoooooooooooo
Os comezos do equipo
No ano 1984 e coa finalidade de
participar nas competicións locais os
empregados de Garaxe Villares S.L.
constitúen un equipo formado polos
traballadores da empresa. Con este
nome participa nas mesmas ata a
tempada 89-90 que se renomea a
Prone Lugo Asociación Deportiva.
Setembro do ´95
Este ano tómase unha importante
decisión: participar nas competicións
nacionais e crear as categorías
inferiores e a Escola de fútbol sala de
Prone Lugo, denominada Escola Terra.
Na tempada 96/97 competirase na 1ª
Nacional A.
Ascenso a Prata
Participa en 97/98 baixo o patrocinio de
Airtel Grupo Corredoira, antes Airtel
Prone Lugo. O equipo proclámase
campión de 1ª Nacional A e ascende á
División de Prata. Gaña ademais por
vez primeira a Copa Xunta, o torneo
máis importante de Galicia.
O ascenso
No primeiro ano na División de Prata,
baixo o nome de Café Candelas Lugo,
finaliza a fase regular na 3ª posición e
está a piques de disputar a promoción
de ascenso á División de Honra,
obxectivo que consegue na seguinte
campaña -99/00- ao proclamarse
campión da categoría e disputar o
ascenso ante o FC Barcelona. Logra a
meta pese a perder, como
consecuencia da desaparición do
Talavera F.S. O soño que varios
amigos tiveran algún día cumprírase.
Triste descenso
Era o primeiro ano na División de
Honra do Café Candelas Lugo,
tempada 00/01. A reestruturación do
clube a todos os niveis era importante,
profesionalizándoo paso a paso. No
deportivo chegaba unha pequena
decepción cando o equipo descendía a
Prata nesta tempada.
Novo ascenso na 01/02
En tan só un ano o clube logra volve á
máxima categoría do fútbol sala
español tras unha gran campaña en
liga regular e a disputa duns playoffs de
ascenso case inmaculados.
Chega Transportes Azkar
Na tempada 02/03, na que era a
segunda tempada do equipo na
Á sombra da muralla
División de Honra o equipo segue
crecendo como clube e a nivel
estrutural. Chega Transportes Azkar
SA, patrocinador principal do clube que
dá un novo nome ao equipo a partir
deste momento: o Azkar Lugo FS.
Crecemento de clube
Estar na máxima categoría e apostar
por estar nela leva ao clube a
profesionalizar todas as súas áreas
para posuír unha estrutura sólida. Na
tempada 03/04 o equipo lograba por
primeira vez clasificarse para os
playoffs polo título.
Subcampión de Copa
Na tempada 04/05 o Azkar Lugo FS
abría unha nova páxina na súa historia
recente conseguindo por primeira vez
disputar unha fase final da Copa de
España e finalizando como subcampión
da mesma en Navarra.
Título europeo
O subcampionato de Copa da tempada
04/05 daba ao Azkar a posibilidade de
xogar na 05/06 a Copa de Europa de
Clubes Campións de Copa. O clube
realizou todos os esforzos posibles
para organizar un evento de tanta
importancia. Conseguiuno, e ademais a
Recopa de Lugo foi valorada como un
dos mellores logros dos últimos
tempos. A guinda foi que o Azkar Lugo
FS conseguía proclamarse campión da
mesma.
A Copa de España en Lugo
A excelente organización da Recopa na
cidade amurallada trouxo como
consecuencia que a LNFS dese o visto
e prace a Lugo e ao Azkar Lugo FS
para organizar a competición copeira
da 06/07. Lugo e a súa provincia
envorcáronse co evento, enchendo as
bancadas. Todos os asistentes así
como os medios de comunicación e
institucións cualificarán de excelente a
organización.
O protagonismo da canteira
Na tempada 07/08 o Azkar Lugo estrea
nova directiva. O proxecto dá un xiro
importante: a canteira toma maior
protagonismo. Ademais esta tempada,
por primeira vez na historia, o Azkar
Lugo lclasifícase no mesmo ano para a
Copa de España e para os playoffs
polo título. Neste periodo nace a
Fundación Azkar como institución que
quere englobar e potenciar o aspecto
social do deporte e, en concreto, do
fútbol sala.
Un ano ilusionante
A tempada 08/09 foi a confirmación do
proxecto iniciado na campaña anterior.
A proxección da canteira no primeiro
equipo foi unha realidade e os novos
valores das categorías base teñen un
lugar no primeiro plantel. Ademais o
clube dá un paso máis e enmarca os
seus acenos de identidade: dótase do
himno oficial ao club.
Forza Prone e Forza Azkar !!!Forza Prone e Forza Azkar !!!Forza Prone e Forza Azkar !!!Forza Prone e Forza Azkar !!!
Diego Graña Parga
Á sombra da muralla
ddeeppoorrttee
Marta Domínguez, a atleta que tiña namorado un país
Marta Domínguez foi detida o ano
pasado pola Garda Civil a causa da súa
vinculación nunha rede de dopaxe. Para
mín, é a atleta da que probablemente
menos se esperaba unha noticia deste tipo.
Atopámonos nunha situación na que o
deporte é un dos máximos, por non dicir o
máximo expoñente no noso país; e non se
poden permitir conductas deste tipo, xa que
non soamente dañan aos profesionais de
élite que viven do deporte, senón que
inflúen en persoas que se adican ao
deporte amateur.
Marta Dominguez (Palencia, 1975), a
mellor atleta española de todos os tempos,
é considerada o principal referente do
atletismo na última década. A palentina,
mellor atleta nacional en cinco ocasións e
Premio Nacional do deporte en 2009, ten
un dos currículums deportivos máis
laureados do atletismo español.
Os seus primeiros pasos no mundo do
atletismo, antes de cumplir os dez anos,
foron na escola municipal de Venta de
Baños, onde actualmente se celebra unha
das probas de campo a través máis
importantes de España. Apaixoada do
fútbol, Marta decantouse polo atletismo, o
deporte que a cautivou, chegando a ser
capitana da selección española de
atletismo e vicepresidenta da Real
Federación Española de Atletismo (RFEA).
Marta foi 39 veces internacional e alcanzou
o seu soño ao conseguir ser campeona na
proba de 3.000 obstáculos nos anteriores
Xogos Olímpicos.
Pero agora a súa carreira vese empañada,
a atleta foi acusada pola distribución de
substancias dopantes na denominada
operación “galgo”, da que finalmente saiu
libre con cargos. Esta é unha das
moitísimas noticias deste tipo que se levan
dado no transcurso dos últimos anos no
mundo do deporte, pero esperemos que
esta, a diferencia das outras, sexa a última.
E non se supón que o deporte debe facerse
UNICAMENTE POLO PURO PRACER DE
FACELO?
Marta Salgado Castelo
Á sombra da muralla
aarrtteess//ccrreeaacciióónn
Todo o mundo sabe que a danza
equivale a sacrificio. A vida da xente que se adica
ao ballet é moi dura, en certo sentido, é máis ou
menos a mesma cá dun futbolista. Ó redor dos
corenta anos tes que retirarte, por iso debes
empezar na danza de pequena, entre os oito e os
doce anos, porque traballas co teu corpo e sofres
un importante desgaste físico.
O que máis lles pesa aos bailaríns é o duro
adestramento día tras día. Subir ao escenario e
poder transmitir todo o que queres, para min, é un
pracer, pero as clases e os ensaios diarios chegan
a cansar.
Por outra banda, do baile pódense sacar
moitos beneficios xa que che pode axudar a liberar
tensións, permíteche desenvolver unha gran
disciplina... e, sobre todo, esta arte axúdache a evadirte do mundo aínda que só sexa
por un intre. Cando unha bailarina se pon a interpretar algo, a xente do público non
sabe o que realmente sente, que non é outra cousa senón unha gran satisfación por
ver que pouco a pouco o seu soño se está a facer realidade.
Polo que a min respecta, se a este esforzo lle sumas a dura vida dunha estudante,
pois resulta ser agobiante e moi estresante; o imprescindible é saber organizar moi
ben o tempo para levar todo o mellor posible, aínda que ás veces resulta demasiado
complexo. Fixádevos no meu exemplo: sendo estudante de 2º de bacharelato e de 4º
Curso de Grao Profesional no Conservatorio de Danza, estáseme facendo todo
realmente moi duro xa que paso vinte horas á semana no Conservatorio, e isto
quítame cáseque todas as horas de estudo, pero como se acostuma dicir “nesta vida
quen algo quere, algo lle custa”.
IRIS ABUÍN REY
Á sombra da muralla
aarrtteess//ccrreeaacciióónn
O Departamento de Educación Física envíanos unha ampla
recensión dos múltiples traballos incluídos no proxecto proxecto proxecto proxecto
““““Actividade ArteActividade ArteActividade ArteActividade Arte””””. . . . Abordáronse áreas tan diversas coma
pintura, escultura, deseño, videos, presentacións, música... Á revista,
por desgraza, non lle caben todos, pero vede aquí algún dos mellores.
ALBA FERNÁNDEZ BUJÁN 3ºESO A
Fotografía e Collage fotográfico
Escultura
SARA MARTÍN MENDEZ
“AROS OLÍMPICOS” 1ºBAC C
Obra realizada con materiais
reciclados, cartón, papel,...
Á sombra da muralla
Canción
"O DEPORTE É TODO"
O deporte é amor,
Humildade e valor,
Todos o practican,
Porque o precisan!
A: gústame o exercicio e mola mogollón!
B: pois fai coma Zidane, un crack no balón!
A: o fútbol non é o meu, baloncesto mellor.
B: pois dille a Ricky Rubio que sexa o teu
adestrador
A: Vale, así hei coñecer a... esta o esquí!
B: la estadounidense Vonn o a suíza Marianne?
A: se me dás a escoller prefiro Marion Jones.
Constrúe a túa cultura, cun toque deportivo.
Bailando, correndo…non sexas fuxitivo.
Move eses pés como facía Michael Jackson!
Se non chegas ao nivel, fai o teu propio estilo.
O deporte únenos e ponnos tamén, a todos!
Diferentes razas, xéneros, etnias, absolutamente todos!
Os discapacitados, agora concursan coma típicos!
Isto todo grazas aos Xogos Paraolímpicos!
Pasaría unha vida falando de deporte,
Pero iso sería unha cousa moi forte.
O único que o impide son os meus compañeiros
Que agora quedei con eles para patinar
Tamén para despois xogar a mariñeiros
Se non, outra cosa coma escalar!
Como é?
How is?
Kifash?
DEPORTE!!!!!
“PAZO DOS DEPORTES”
ANDRÉS ARMESTO
CORTIÑA
1ºBAC A
Deseño gráfico
SOUADOU
BRAHIN SALEIN
3º ESO A
Á sombra da muralla
vviissiióónnss
London City
We´ll begin our itinerary in London here. To know where our starting point
is, you need to know the answer to the following question:
1) Which bridge connects the city of London to Southwark
Our next stop is in St Paul. The Northern Line will take you to Bank and
then you need to change there to get to St Paul
.
2) Which religion can you practise in this Cathedral?
Á sombra da muralla
Walk along Fleet Street to the area of C.G.
3) Which commercial district used to be a vegetable market with the initial
letters C. G.?
Now you´ll need to walk from this market through Shaftesbury Avenue to
get to a square known for its concentration of thetres.
4) What is the name of this square?
Á sombra da muralla
Go along Piccadilly Street and then across Green Park to get to the official
residence of Elizabeth II.
5) What is the name of the Palace?
Our next stop is in a very important church where monarchs get married
and are buried
6) Can you tell me the name of this church?
Á sombra da muralla
Across the river, we have another touristic site which was inaugurated in
2000.
7) What is it called?
This is the end of our tour around one of the most fascinating cities in the
world! Join us and visit PDC classroom to get to know the answers of this
short questionnaire! It´s easy! Don´t you think?
Here you can find the same answers
Á sombra da muralla
hhuummoorr
No bautizo dun recén o cura, moi
disgustado, insístelle aos pais:
─NON, NON, NOOON, fillos...! Non
poden poñer Batman ao neno !
─Bueno padre, entón... Superman?
─Tampouco !! Débenlle poñer un nome de
pila ! Un nome de-pi-la ! Entenden ?
─Ah... Xa está. Daquela poñémoslle
Duracel !
En que se diferencian un banqueiro
e un corvo?
-En que un é falso, ladrón e traidor,
e se pode quítache os ollos. O outro
é un inocente paxariño negro.
Un neno vai todo entusiasmado na Un neno vai todo entusiasmado na Un neno vai todo entusiasmado na Un neno vai todo entusiasmado na bicibicibicibicicleta e dille a súa nai:cleta e dille a súa nai:cleta e dille a súa nai:cleta e dille a súa nai: ----Mamá! Mamá, mira! Sen maos!, di, Mamá! Mamá, mira! Sen maos!, di, Mamá! Mamá, mira! Sen maos!, di, Mamá! Mamá, mira! Sen maos!, di, soltando o guiador.soltando o guiador.soltando o guiador.soltando o guiador. ----Mamáaa! Mira, mamá sen pernas!Mamáaa! Mira, mamá sen pernas!Mamáaa! Mira, mamá sen pernas!Mamáaa! Mira, mamá sen pernas!----, e , e , e , e separa os pés dos pedais.separa os pés dos pedais.separa os pés dos pedais.separa os pés dos pedais. Nunha desas cae de fuciños, consegue Nunha desas cae de fuciños, consegue Nunha desas cae de fuciños, consegue Nunha desas cae de fuciños, consegue levantarse e dille:levantarse e dille:levantarse e dille:levantarse e dille: ----BBBB----Babá! Bia, mabá! Zen dentez...!Babá! Bia, mabá! Zen dentez...!Babá! Bia, mabá! Zen dentez...!Babá! Bia, mabá! Zen dentez...!
O fiscal nun xuízo público:
-Miren! Miren o acusado, señoras,
señores... Miren a súa ollada torva, a
súa fronte estreita, os seus ollos
afundidos, a súa aparencia sinistra...
Daquela interrompe o acusado:
-Pero a ver, ho...! Vanme xulgar por
asasino ou por feo?
Andaba Xesucristo realizando un dos seus habituais paseos polo ceo cando de repente
crúzase un señor de longas barbas, rostro venerable, vestido cunha túnica. Entón Xesús
mírao cunha mestura de emoción e sorpresa, para e dille:
-Perdoe, bon home. Eu a vostede coñézoo de algo… Vostede na outra vida… ehh...
-Eu? Eu hai xa moitos anos que non estou na terra. Na terra era eu carpinteiro, sabe? E
tiven un fillo. Un fillo moi famoso en todo o mundo.
Ao oír esas palabras, Xesús emociónase todo, abraza ao ancián e grita:
-Padre!!!
O vello, igual de emocionado, abrázao tamén dicindo:
-Pinocho!!!!
Recolleron os chistes: David Graña Parga e Jonathan Lopes Expósito
Á sombra da muralla
Á sombra da muralla
Nota da reunión da revista (2011Nota da reunión da revista (2011Nota da reunión da revista (2011Nota da reunión da revista (2011----2012)2012)2012)2012)
Sabémolo: para moita xente é dificil reunirse nestas cousas porque perdes o tempo para o lecer ou para outras actividades persoais.
Pero é importante que a xente que lle importa a revista non a abandone. Sería como destruír algo que xa somos nós, e tamén unha parte do noso Centro, o IES Xoán Montes. Dicímosche isto vendo que nos ultimos anos a reunións foron perdendo aire. Cada vez hai menos participación, máis minoritaria.
Lamentamos dicir que se isto segue como vai, a revista desaparece. Por iso che pedimos que te unas a nós: somos un grupo aberto, es libre para opinar sobre qué debe ser para ti a revista, para publicar nela artigos que traten daquilo que che gusta. ¿Nunca pensaches que se non os viches nunca é porque non quixeches escribilos ti...?
O profesorado, cremos, tamén debe cooperar. Preferimos non pensar que para algún dos nosos profesores e profesoras a revista ten pouca importancia.
A TÚA COLABORACIÓNA TÚA COLABORACIÓNA TÚA COLABORACIÓNA TÚA COLABORACIÓN (SI, SI, A TÚA, TI, QUE TES á sombra da muralla AGORA MESMO ENTRE AS MANS) É O IMPORTANTEÉ O IMPORTANTEÉ O IMPORTANTEÉ O IMPORTANTE:
PARTICIPA!!!
O CONSELLO DE REDACCIÓN
somos
Director:
Antonino Gugliandolo López
Consello de Redacción
Cristóbal Pérez del Blanco
Adriana Anthoska Gómez Mena
María Victoria Burgo Quijada
Gabriel Calvo Pichel
Diego Graña Parga
David Graña Parga
Marta Salgado Castelo
Francisco Xabier Souto Ares
Jonathan Lopes Expósito
Deseño de portada
Cristóbal Pérez del Blanco
Colaboracións
Vito Rodríguez Ferreiro
Fátima E. Chaouay Boudallaa
Antonela M. Vega Rojas
Carmen Corbal Franco
Ohanne Kamila Santos Silva
Isabel Knight Asorey
Patricia Martínez Rey
Simeon Maksimov Panev
Brenda Retazzi Ascariz
Iris Abuín Rey
Andrés Armesto Cortiña
Silvia Couto Rodríguez
Christian Toimil
José Antonio Vila Moreira
Manuel Lence Rois (IES
Muralla Romana)
Hilario Armesto Gómez (fot.
Centrais)
Á sombra da muralla
Á sombra da muralla
íínnddiiccee
1.-Editorial
2.-Festival de Nadal 2010
3.-Monólogo de Nadal
6.-Exposicións e conferencias no
noso Instituto
8.-Visita didáctica á Cooperativa
Erica Mel
10.-A chegada do tren a Lugo
11.-Non á destrución do planeta
13.-Viaxe a Tenerife
15.-Unha cidade, dúas pontes
16.-Relato: “O bibliotecario”
17.-Homes que deron nomes
18.-Deixar atrás un país
20.-A arte corporal
21.-Unha historia grega de terror
23.-Ano Internacional da Química
e dos bosques
24.-Colesterol
25.-Frases que paga a pena ler
29.-Fotos alumnado 2º Bach.
33.-Entrevista co profesor de
Inglés
36.-London Trip
38.-Poesía: “A crise”
39.-Premios alumnado
40.-Telecinco. Telelixo?
42.-Os mellores xogos do 2011!!
45.-Azkar Lugo
47.-Marta Domínguez: a atleta que
tiña namorado un país
48.-A danza
49.-Proxecto “Actividade Arte”
51.-London City
55.-Humor
56.-Nota da reunión da revista
(2011-2012)
57.-Redacción e colaboradores/as
58.-Índice