A TRIBÚ DO SOL

2
PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO. A TRIBU DO SOL Cando a tribu dos indios hopi xurdeu das entranas da Terra e poboou por primeira vez o mundo, nin o sol nin a lúa alumeaban o planeta. Todo estaba cuberto por un manto de escuridade, e non atoparon nin sequera o xeito co que acender o lume. Comezaron a sufrir a fame e a sede. O Gran Xefe enviou exploradores en busca dalgún lugar onde asentarse. Un deles puido ver unha pequena luz ao lonxe e descubríu unha chaira alumeada por unha fogueira, con campos de millo, melóns e xudías arredor. A carón do lume, había un home alto e fermoso, que levaba un colar e uns pendentes de turquesas. -Son o home esqueleto -dixo no campo-. Que es? -A nosa tribu xurdiu das entranas da Terra sen sol e sen lúa está todo tan escuro que non atopamos nada. -respondeu o explorador. -Trae a túa tribu ata a miña fogueira, e dareivos de comer e de beber - concedeu o home esqueleto. E así foi. A tribu dos hopi seguíu ao explorador ata o campo, e alí fartaron a súa sede e a súa fame, pero os xefes hopi eran sabedores de que non podían vivir da amabilidade do home esqueleto. -Necesitamos unha lúa -declarou o Gran Xefe. Cortaron un gran círculo de pel de búfalo, co que recubriron un anaco redondo de cortiza de árbore, e pintárono de cor branca. Atáronlle unhas cordas e subiron o gran círculo branco cara o ceo. Todos os membros da tribu tiraron á vez das cordas, ata que o círculo quedou suspendido no aire, convertido nunha brillante lúa. Comezaron a poder traballar as terras de cultivo, pero non era de abondo para asegurarse unha boa colleita; necesitaban un sol. Colleron un anaco de tea e cortaron un bo círculo, recubriron un cacho de cortiza de árbore e pintárono de cor bronce. Debuxaron no disco unha face sorrinte e decorárono con plumas dun paxaro vermello. Suspendérono no aire con cordas e o sol alumeou a todo o mundo. Os hopis puideron cultivar as súas terras e cazar búfalos, e así viviron e prosperaron. Pero o disco do sol apagábase cada ano, no solsticio de inverno. Por iso os chamáns da tribu celebraron un ritual de purificación, o Soyal. Con isto quixeron das forzas ao sol para iniciar un novo ciclo de vida que os levase á primavera, á plenitude e á vida.

description

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO

Transcript of A TRIBÚ DO SOL

Page 1: A TRIBÚ DO SOL

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO.

A TRIBU DO SOL

Cando a tribu dos indios hopi xurdeu das entranas da Terra e poboou por

primeira vez o mundo, nin o sol nin a lúa alumeaban o planeta. Todo estaba

cuberto por un manto de escuridade, e non atoparon nin sequera o xeito co que

acender o lume.

Comezaron a sufrir a fame e a sede. O Gran Xefe enviou exploradores en

busca dalgún lugar onde asentarse. Un deles puido ver unha pequena luz ao

lonxe e descubríu unha chaira alumeada por unha fogueira, con campos de

millo, melóns e xudías arredor. A carón do lume, había un home alto e

fermoso, que levaba un colar e uns pendentes de turquesas.

-Son o home esqueleto -dixo no campo-. Que es?

-A nosa tribu xurdiu das entranas da Terra sen sol e sen lúa está todo tan

escuro que non atopamos nada. -respondeu o explorador.

-Trae a túa tribu ata a miña fogueira, e dareivos de comer e de beber -

concedeu o home esqueleto.

E así foi. A tribu dos hopi seguíu ao explorador ata o

campo, e alí fartaron a súa sede e a súa fame, pero os xefes

hopi eran sabedores de que non podían vivir da

amabilidade do home esqueleto.

-Necesitamos unha lúa -declarou o Gran Xefe.

Cortaron un gran círculo de pel de búfalo, co que recubriron

un anaco redondo de cortiza de árbore, e pintárono de cor

branca. Atáronlle unhas cordas e subiron o gran círculo

branco cara o ceo. Todos os membros da tribu tiraron á vez

das cordas, ata que o círculo quedou suspendido no aire,

convertido nunha brillante lúa.

Comezaron a poder traballar as terras de cultivo, pero non era de abondo para

asegurarse unha boa colleita; necesitaban un sol. Colleron un anaco de tea e

cortaron un bo círculo, recubriron un cacho de cortiza de árbore e pintárono de

cor bronce. Debuxaron no disco unha face sorrinte e decorárono con plumas

dun paxaro vermello. Suspendérono no aire con cordas e o sol alumeou a todo

o mundo. Os hopis puideron cultivar as súas terras e cazar búfalos, e así

viviron e prosperaron.

Pero o disco do sol apagábase cada ano, no solsticio de inverno. Por iso os

chamáns da tribu celebraron un ritual de purificación, o Soyal. Con isto

quixeron das forzas ao sol para iniciar un novo ciclo de vida que os levase á

primavera, á plenitude e á vida.

Page 2: A TRIBÚ DO SOL

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO.

TRADICIÓNS DE ESTADOS UNIDOS

Merry Christmas!

Os indios hopi non celebran o Nadal, senón o solsticio de inverno, que é o día

máis curto do ano. Durante a cerimonia, que se denomina soyal na que se

realizan longas sesións de rezos nunhas covas chamada kiva.

O soyal é tamén un momento de troco de regalos e donacións aos chamáns

das tribus, polo que é moi habitual atoparnos regalos de roupa adornadas con

plumas e kachinas, unha bonecas rituais esculpidas coas efixies dos seus

deuses.

Durante as ceremonias comese o pan piki, unha torta delgada de millo feita

con fariña de millo azul, que se coce riba de rochas quentes egraxadas con

sebo.