ACTA 13-2011 ORD NVBRO 251111

12
ACTA DA SESION ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DE 25 DE NOVEMBRO DE 2011. ASISTENTES: Na Casa Consistorial do Concello de Oia (Pontevedra), sendo as 11:00 horas, baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. Alejandro Rodríguez Rodríguez, coa asistencia da Secretaria, reúnense os señores Concelleiros relacionados ó marxe que constitúen a Corporación do Concello de Oia, ó obxecto de celebrar a sesión ordinaria do Pleno prevista para esta data. ORDE DO DÍA PRIMEIRO: Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior, acta nº 11/2011 da sesión extraordinaria de 25.10.2011. En aplicación do disposto no artigo 91.1 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Corporacións Locais, o Sr. Alcalde comeza preguntando ós Srs. Concelleiros se teñen algunha observación que facer a acta correspondente á sesión nº 11/11 de 25 de outubro, extraordinaria. O Sr. Jose Miguel Giraldez di que el quería comentar que aínda que o alcalde sempre di que non quere ser político no programa electoral do PP pon que o Centro de Saúde é unha realidade, aínda que na acta se recolle que vostede dixo que o Centro de Saúde non vai estar listo mañá. ALCALDE-PRESIDENTE: D. Alejandro Rodríguez Rodríguez ( PP). CONCELLEIROS: D. Camilo González Giráldez ( PP) Dª Rosa María Miniño Flores( PP) Dª Carmen María Estévez Adrover( PP) D. José Albino Diego Peleteiro ( PP) Dª Rosa María Otero Carballa (PSOE) D. Gerardo Rodríguez Refojos (PSOE) D. Roberto González Martínez (PSOE) Dª Sandra Rodríguez Alonso (PSOE) D. José Miguel Giráldez Martínez (BNG) AUSENTES: D. Eugenio Portela Pérez ( PP) SECRETARIA: Dª María Cabodevila Ros 1

description

SECRETARIA: Dª María Cabodevila Ros ALCALDE­PRESIDENTE: ASISTENTES: ORDE DO DÍA CONCELLEIROS: D. Camilo González Giráldez ( PP) Dª Rosa María Miniño Flores( PP) Dª Carmen María Estévez Adrover( PP) D. José Albino Diego Peleteiro ( PP) Dª Rosa María Otero Carballa (PSOE) D. Gerardo Rodríguez Refojos (PSOE) D. Roberto González Martínez (PSOE) Dª Sandra Rodríguez Alonso (PSOE) D. José Miguel Giráldez Martínez (BNG) D. Alejandro Rodríguez Rodríguez ( PP). 1

Transcript of ACTA 13-2011 ORD NVBRO 251111

Page 1: ACTA 13-2011 ORD NVBRO 251111

ACTA DA SESION ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DE 25 DE NOVEMBRO DE 2011.

ASISTENTES:

Na Casa Consistorial do Concello de Oia (Pontevedra), sendo as 11:00 horas, baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. Alejandro Rodríguez Rodríguez, coa asistencia da Secretaria, reúnense os señores Concelleiros relacionados ó marxe que constitúen a Corporación do Concello de Oia, ó obxecto de celebrar a sesión ordinaria do Pleno prevista para esta data.

ORDE DO DÍA

PRIMEIRO: Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior, acta nº 11/2011 da sesión extraordinaria de 25.10.2011.

En aplicación do disposto no artigo 91.1 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Corporacións Locais, o Sr. Alcalde comeza preguntando ós Srs. Concelleiros se teñen algunha observación que facer a acta correspondente á sesión nº 11/11 de 25 de outubro, extraordinaria.O Sr. Jose Miguel Giraldez di que el quería comentar que aínda que o alcalde sempre di que non quere ser político no programa electoral do PP pon que o Centro de Saúde é unha realidade, aínda que na acta se recolle que vostede dixo que o Centro de Saúde non vai estar listo mañá.

O Sr. Alcalde di que o edificio proxectado incumplía o limite de altura das nosas NNSS; que foi á Consellería para ver si podía modificarse o proxedcto evitando así ter que modificar puntualmente as NNSS, que nos supoñía un coste e unha tramitación longa e o proxecto correxido xa está aquí.Di que a Conselleira nos puxo de primeiros da lista pero todo se retrasou polo problema da auga que aínda non está listo etc.Di que agora xa se pode dar licenza municipal.Di que a foto do Centro de saúde que foi no programa electoral saiu da Xunta pero que xa é unha realidade e non so unha promesa.A Sra Rosa Otero Carballa di que non é normal que os arquitectos fagan un proxecto sin mirar a normativa do lugar.

ALCALDE-PRESIDENTE:

D. Alejandro Rodríguez Rodríguez ( PP).

CONCELLEIROS:D. Camilo González Giráldez ( PP)Dª Rosa María Miniño Flores( PP)Dª Carmen María Estévez Adrover( PP)D. José Albino Diego Peleteiro ( PP)Dª Rosa María Otero Carballa (PSOE)D. Gerardo Rodríguez Refojos (PSOE)D. Roberto González Martínez (PSOE)Dª Sandra Rodríguez Alonso (PSOE)D. José Miguel Giráldez Martínez (BNG)

AUSENTES: D. Eugenio Portela Pérez ( PP)

SECRETARIA:Dª María Cabodevila Ros

1

Page 2: ACTA 13-2011 ORD NVBRO 251111

O Sr. Alcalde está de acordo, sobre todo, cando se lles explicou todo alí nunha reunión na que estivera Nuria e César, arquitecto naquel entonces no concello.A continuación os concelleiros fan algúns comenTarios sobre a composición das mesas das ultimas eleccións, e sobre todo das queixas que lles fixeron chegar algúns membros das mesas, e preguntan si sería posible ir excluindo, no momento do sorteo á xente que non quere formar parte; que hai moitos parados e outra xente que pode ir voluntariamente.A Secretaria di que poden facer o que queiran pero que se a elección no é aleatoria e por sorteo a través do programa será con informe desfavorable de Secretaria. Pide aos concelleiros que pensen con calma cómo ían a xustificar con que criterio se exclúe a uns sí e a outros non; o sorteo electoral a través da aplicación informática está precisamente para protexelos de posibles reclamacións.A continuación o Sr. Alcalde di que el sí ten unha modificación que plantear sobre a acta do pleno, no apartado no que recole que el dixo que tiñan intenciónde “romper a porta da praza para meter os coches municipais dentro, evitando así o aluguer da nave”.Di que non dixo iso; que non se vai romper ningunha porta; que o que se quere facer é modificar os postos da entrada para que os camións poidan entrar.A Secretaria di que non hai problema en cambialo e que quede recollido así.O Sr Gerardo Rodríguez di que quere volver a insistir no sentido das súas declaracións sobre as facturas de mantemento de alumeado público que aparecen na paxina 5 da acta; volve a decir que non ten nada contra o electricista; que o unico que eles din é que non hai contrato administrativo e as facturas son constantes e moi altas, polo que a situación deber ser regularizada.Sen outro particular, apróbase a acta por unanimidade dos asistentes.

SEGUNDO: Informe de morosidade a 31.10.2011, para tramitación ante os organos externos de control.

O Sr. Alcalde di que xa saben todos que é esto, que se trae a pleno cada trimestre por esixencia do estado e que da moito traballo, e da a palabra ós concelleiros.

A Sra Rosa Otero di que non entende por qué no listado que lles entregou a Secretaria siguen aparecendo facturas que xa foron aprobadas en Pleno, por recoñecemento extraxudicial de créditos en outubro.

A Secretaria di que o recoñecemento que se aprobou en pleno o 25.10.2011, condicionábase á entrada en vigor do orzamento, aprobado inicialmente na mesma sesión, porque, como xa se explicou naquel momento, as facturas corresponden a gastos de inversión, para as que non había crédito na prórroga. Mentres o presuposto non esté en vigor, cousa que depende da exposición ao público sen alegacións e da publicación do resume por capítulos do documento, non hai crédito dispoñible polo que non poden ser aprobadas as facturas.O anuncio de aprobación definitiva está no BOP de hoxe, 25.11.2011, polo que a partir de hoxe serán contabilizadas e pagadas.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que é moi preocupante que teñamos débeda por 386.900,00 €.

Cando son as 12.15 horas, auséntase do salón de sesión, o concelleiro Sr. Albino Diego Peleteiro, por motivos de traballo.

O Sr. Alcalde intervén para explicar que a súa intención para o ano 2012, é, ademáis de reducir considerablemente o gasto, en 100.000,00 €, pagar aos proveeedores a 30 días.Di que van eliminarse moitos gastos superfluos, como a festa da tereceira idade, o alumeado de nadal, chourizadas e calendarios, felicitacións de nadal, aluguer de nave para vehículos, mantemento de depuradoras, consumo de luz mediante apagado de bombillas, etc.

2

Page 3: ACTA 13-2011 ORD NVBRO 251111

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que estivo enterándose das características das depuradoras que temos no concello e que tanto consumen de luz, según o que se dixo no ultimo pleno, e resulta que son depuradoras de barco, previstas para un caudal controlado; como no concello o caudal non está controlado, porque se xuntan pluviais con fecais etc, as depuradoras non só consumen moito porque están funcionando continuamente, senón que, ademáis non fan a súa función porque o contido bacteriano que levan para a depuración das augas, con tanta auga que pasa por elas, desaparece e deixa de facer efecto; Di que este tema precisa de depuración política porque falades das depuradora como si choveran do ceo pero o certo é que as puxo a deputación, coa promesa de que non ían consumir nada e resulta que no só consumen moito senón que non funcionan ben.

O Sr. Roberto González di que funcionan mal e saen carísimas. E un bo negocio.

O Sr. Alcalde di que ten razón o concelleiro Sr. Giraldez: as pluviais tamén van a depuradora, pero que tamén hai un mal uso por parte dos veciños, porque alí levan aparecido servilletas e de todo, atascándoas.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que aínda que eso se evitara, o caudal non podes controlalo nunca.

O Sr. Roberto González di que agora que se vai a facer a obra da auga podía facerse presión para que se cambien porque o certo é que non son adecuadas para ese sitio.

O Sr. Alcalde di que se estiveran no seu lugar, outro gallo cantaría; que cando llas ofreceron estaba saíndo todo por fora no Monasterio e había que resolvelo; teóricamente ían ter un gasto pequeño; por iso admitimos depuradoras de barco para 500 habitantes.

O Sr. Gerardo Rodríguez di que así logo hai facturas de Hidromiño de desatascar e o personal está todo hipotecado; sempre coas máquinas pola carretera.

O Sr. Alcalde di que esto é certo.

O Sr. Roberto González di que en pleno se pedira a firma dun convenio con Baiona para depositar as augas feacias polo menos da zona de As Mariñas pero vostede dixo que tiña un plan B.

O Sr. Alcalde contesta que o plan B era abaratar costes cunha depuradora propia sen depender de Baiona.Sigue decindo que ses van a reducir gastos eliminando festas, contratos de mantemento, o aluguer do centro de saúde ( sobre esto ultimo explica que ten unha cita con Feijoo, para ver cómo podemos resolvelo, e que a xunta se faga cargo, porque o local do centro provisional está supoñendo para Oia un gasto que os demáis concellos non teñen); sigue explicando que o peor son os gastos de Sogama e de luz; que está en trámite unha subvención do INEGA para aforro enerxético, porque ademáis as bombillas brancas teñen que estar eliminadas en 2013; di que tamén quere instalar chaves para encender as luces en tramos onde non vive nadie e non é necesario que estén encendidas como no resto do concello.Sigue decindo que para o ano 2012 el se compromete a pagar a 30 días.

Neste punto pide a palabra a secretaria para explicar que ese é un compromiso que pode ser que non poida cumprir sempre, porque os pagos do concello dependen da chegada de fondos de comunidade autónoma e do estado, e se estos non ingresan en prazo pode darse o caso de que o concello non poida facer frente ás súas obrigas tampouco; pon o exemplo do que está pasando agora mesmo, cos fondos de Cooperación, da Xunta, que debían estar ingresados pero parece que non van chegar ata 2012, o que se traduce no adianto polo concello, con cargo á súa conta bancaria das nóminas de 14 persoas desde xullo ata decembro; eso vai minorando a liquidez do concello, do que resulta a incapacidade para facer pagos distintos das nóminas, que son prioritarias, polo que os proveedores quedan sen cobrar.

3

Page 4: ACTA 13-2011 ORD NVBRO 251111

O Sr. Gerardo Rodríguez di que se trata de dar sevicios, cobrar impostos e optimiza-los gastos; di que coa fórmula do goberno municipal de non cobrar impostos non saen as contas.

O Sr. Alcalde contesta rotundamente que non van a subir os impostos neste momento.

O Sr. Gerardo Rodríguez pregunta se finalmente deu subvención aos do Rally.

O Sr. Alcalde di que veñen 4.000,00 € da Deputación; dixeron que tódolos concellos aprobaran subvencións para esa actividade pero finalmente resulta que so Oia dalles 4.000,00 € .Sigue decindo que o informe de morosidade será cada vez máis pequeno de aquí a un ano.

Sometido o asunto a votación o concello en Pleno, con catro votos favorables dos concelleiros do PP, un voto en contra do concelleiro do BNG e catro abstencións, por maioría simple, adopta o seguinte acordo:

PRIMEIRO.- Que no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó día de hoxe se publique no tablón de anuncios do Concello, un informe agregado da relación de facturas e documentos presentados pola Tesourería e a Intervención nos seus respectivos informes, agrupándoos según o seu estado de tramitación.

SEGUNDO.- En cumprimento do artigo 4.4 da lei 15/2010, remitir o Informe de Tesourería ós órganos competentes do Ministerio de Economía e Facenda (Dirección Xeral de Coordinación Financieira coas CCAA e coas EELL) e ós da CCAA de Galicia que teñan atribuida a tutela financieira das Entidades Locais.

TERCEIRO: Baixa por anulación 1/2011 ( capítulo de gastos de personal trala reducción salarial derivada de RDLei 8/2010.)

A Secretaria explica que xa saben que o RD Lei 8/2010 reduciu os salarios de tódolos empregados públicos a partir do mes de xuño de 2010, recollendo unha previsión expresa para as entidades locais, en canto ao destino que necesariamente hai que dar ao sobrante que a reducción salarial supón no capítulo 1 de gastos de personal do presuposto.Sigue explicando que no caso de entidades locais con remanente de tesourería negativo extraído da ultima liquidación o estado obriga a utilizar o sobrante de personal en reducir, na medida do posible ese negativo, polo que preséntase a aprobación da baixa por anulación sobre o capítulo 1 de gastos de personal, co fin de que reducindo o gasto total do orzamento se reduza nesa mesma proporción o remanente negativo de tesourería.

Os concelleiros de PP e PSOE están de acordo na tramitación, non así o concelleiro do BNG, Sr. José Miguel Giráldez Martínez que di que lle parece moi ben a reducción salarial dos funcionarios pero que os políticos deberían dar exemplo reducindo deputacións, subdelegacións do goberno etc.

O Sr. Gerardo Rodríguez di que tamén deberían reducirse os soldos os alcaldes.

O Sr. Alcalde di que coincide totalmente nalgunhas cousas cos concelleiros, como é o caso da necesidade de adelgazar a administración.

O Sr. José Miguel Giraldez di que Rajoy dixo que as Deputacións fan un servicio maravilloso….

O Sr. Alcalde di que non pode negar que desde 2003, a deputación provincial axudounos moito.

O Sr. José Miguel Giraldez di que xa ve a enorme axuda que foron as depuradoras instaladas, das que falaron antes.

4

Page 5: ACTA 13-2011 ORD NVBRO 251111

O Sr. Alcalde fala do mal uso que se está facendo por parte dalgunhas entidades públicas, como AGADER dos fondos que veñen de Europa, e de que os concellos non teñen case marxe de maniobra. Di que, se finalmente hai que suprimir concellos e Oia ten que fusionarse con outro, solo espera que se respete a vontade dos veciños; que poidan manifestar a súa opinión nese sentido.

Sometido o asunto a votación, o concello en Pleno, con 8 votos a favor dos concelleiro de PP e PSOE, e un voto en contra do concelleiro do BNG , adopta o seguinte acordo:

PRIMEIRO: Aprobar o expediente de modificación presupostaria nº 14/2011, por baixa por anulación 1/2011, por importe total de 7.827,53 €, sobre as partidas do capítulo 1 de gastos de personal co seguinte detalle:

Detalle de partidas afectadas pola baixa por anulación proposta:

PARTIDAS DE GASTOS CON CRÉDITOS EN BAIXA

Partida Denominación Crédito inicial Importe baixa9 120 00 Retribucións básicas grupo A1 16.883,30 500,009 120 03 Retribucións básicas grupo C1 13.667,78 290,359 121 00 CD admón xeral e financiera 22.959,30 1.200,009.121 01 CE admón xeral e financiera 28.588,66 1.509,501.121 00 Complem destino urb+seg 12.670,14 1.126,111.121 01 Complem específico urb+seg 11.381,58 1.000,00

2.131 00 Retrib serv soc e laborais ( AEDL + AS) 27.842,57 1.452,691.131 00 Retrib serv públicos basicos ( lixo) 47.640,27 748,88

TOTAL7.827,53

SEGUNDO: Dar traslado do presente ós Servicios de Contabilidade e Intervención do concello, para o seu reflexo contable.

TERCEIRO: Mocións, propostas, escritos dos grupos políticos.

Non se presentaron.

CUARTO: Mocións de urxencia.

A continuación o Sr. Alcalde pregunta si hai mocións de urxencia, ao que o Sr. José Miguel Giráldez Martínez contesta que el ten dúas mocións de urxencia: unha para cambiar o horario dos plenos para a tarde dos venres, e outra relacionada coas tarxetas sanitarias anuladas por carecer de recursos que está afectando aos parados de larga duración.

A Secretaria explica o procedemento a seguir, decindo que por tratarse de mocións de urxencia non incluidas na orde do día do pleno, deberán primeiro debatir e votar a consideración das mesmas como urxentes, e, no caso de resultar aprobada a urxencia, poderán proceder ao debate e votación do fondo do asunto.

5

Page 6: ACTA 13-2011 ORD NVBRO 251111

A continuación, comenzando pola moción sobre o horarios dos plenos, e sometida a votación a urxencia da moción, ésta resulta aprobada con 5 votos a favor, dos concelleiros de PSOE e BNG e catro votos en contra dos concelleiros do PP, polo que se procede ao debate e votación do fondo do asunto.

A proposta contida na moción é a que sigue:

“ O horario no que se veñen celebrando as sesión ordinarias e extraordinarias dos Plenos da Corporación impiden, dificultan e limitan a asistencia da maioría da veciñanza. Por conseguinte proponse ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte ACORDO: Que se establezan as 20.00 horas como horario da sesións ordinarias e extraordinarias dos Plenos da Corporación”.

O Sr. Alcalde di que nadie pediu nunca un pleno pola tarde; que sempre foron pola mañá, e que, coa moción que presentades a única perxudicada é a Secretaria que vai sair de aquí tardísimo.

Os concelleiros da posición están de acodo en que iso non é incoveniente; que a secretaria pode cambiar o horario para a tarde ese día, para non estar aquí o día enteiro.

A Sra Rosa Otero Carballa, está de acordo co concelleiro do BNG, que os que traballan prefiren horarios de tarde.

Sometido o asunto a votación o concello en Pleno, con 5 votos favorables dos concelleiros de PSOE e BNG, e 4 votos en contra dos concelleiros do PP, adopta o seguinte acordo:

Establecer as 20.00 horas como horario das sesións ordinarias e extraordinarias dos Plenos da Corporación.

A continuación, sométese a votación a urxencia da moción presentada sobre a anulación de tarxetas sanitarias dos parados de larga duración, resultando aprobada con 5 votos a favor dos concelleiros do PSEO e BNG, e 4 votos en contra, dos concelleiros do PP.

O concelleiro Sr. Jose Miguel da lectura á moción que ten o seguinte tenor literal:

O día 9 de setembro de 2011 a Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza publicou no Diario Oficial unha orde na que regula o dereito de acceso á asistencia santiaria para as personas sen recursos económicos ssuficientes e para as personas desempregadas. Posteriormente remitiu aos centros de saúde un Protocolo de traballo para a posta en marcha da devandita Orde. Neste protocolo indícase: “ desde a entrada en vigor da Orde as personas sen recursos que soliciten teñen dereito á atención de urxencias e emerxencias, polo que, ante á solicitude dunha atención urxente é necesario dar unha alta rápida no aplicativo con documentación acreditativa “ PRIVADO” previa busca do cidadán na aplicación, sempre se lles entregará o modelo de compromiso de pago para que o asinen, escribindo a man ( mentres non estea preparado o modelo na aplicación o seguinte texto: Persoas sen recursos económicos suficientes en tramitación. So asistencia urxencia/ emerxencia”.

Segundo se indica no texto literal reproducido, as persoas afectadas so teñen dereito, previo compromiso de pago, á atención de urxencias e emerxencias é decir, perden o dereito á sanidade pública universal, fican sen médico / a de cabeceira, sen probas diagnósticas nin especialistas, non teñen, en definitiva, asistencia sanitaria completa. Estas personas quedan tamén sen a asistencia farmacéutica ate que volvan a ter todos os papeis en regla para volver a estar de alta.O proceso de clasificación das personas afectadas nunha nova categoría non pode conlevar a desactivación dos seus dereitos sanitarios e menos sen recibir información por parte do Goberno ga lego do que está a suceder.Todas as peronas afectadas terán a obriga de solicitar unha tarxeta de personas sen recursos máis esa solicitude pode tardar en aprobarse entre oito e dez meses, polo que durante todo ese tempo permanecerán sen asistencia gratuita.

6

Page 7: ACTA 13-2011 ORD NVBRO 251111

Esta orden está toalmente inxustificada, é inhumana e desoladora, xa que vulnera os dereitos básicos da cidadanía e rompe cos principios de universalidade e equidade da sanidade pública. O goberno do PP na Xunta de Galiza está a levar adiante unha serie de medidas que pretenden a privatización e o desmantelamento da sanidade pública no noso pais como demostra a reducción de personal sanitario mediante a non cobertura de baixas e xubilacións, a reducción de consultas e actividade nos quirófanos na quenda de tarde, o incremento dos concertos privados, entrada de capital privado no financiamento dos novos hospitais ou o recorte de 237 millóns de euros no orzamento da sanidade pública.Por todo iso, proponse ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO:Instar á Xunta de Galiza a retirar de xeito inmediato o Protocolo que desenvolve a Orde de 5 de setembro de 2011 publicada no DOG do 9 de setembro.Restituir todos os dereitos das personas que foron prexudicada polo mencionado protocolo reactivando as tarxetas anuladas.Evitar que os cambios burocráticos que se deban realizar repercutan no exercicios dos dereitos sanitarios da poboación galega”.

Sometido o asunto a debate o Sr. Gerardo Rodríguez di que el non leu a orde e non sabe canto hai de verdade na denuncia sobre esta cuestión.O Sr Alcalde di que si el deixa de cotizar tampouco lle renovan a tarxeta.

Sometido o asunto a votación prodúcese empate, con 4 votos a favor ( dos concelleiros do PSOE Dª Rosa Otero Carballa, Dª Sandra Alonso Rodríguez e D. Roberto González Martínez, e do BNG, D. Jose Miguel Giraldez Martínez) e 4 votos en contra, dos concelleiros do PP, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez, D. Camilo González Giráldez, Dª Carmen Estevez Adrover e Dª Rosa Miniño Flores) e unha abstención, de D. Gerardo Rodríguez.

Repetida a votación, mantense o empate decidindo o resultado o voto de calidade do Alcalde en contra da moción polo que queda rexeitada.

QUINTO: Control aos organos de goberno:

Rogos e preguntas. Dación de conta de resolucións de alcaldía desde o ultimo pleno ordinario.

Comeza preguntando o concelleiro Sr. Jose Miguel Giraldez Martínez se xa foi reposto o material deportivo da pista de Viladesuso.O Sr. Alcalde contesta que non sabe.O Sr. Giraldez Martínez contesta que non; que xa llo di el.

Sigue preguntando se conseguiron o proxecto da obra do carril bici. Di que non cree que o alcalde non saiba o que van a facer.O Sr. Alcalde contesta que o proxecto que hai está en Pontevedra, pero non hai maneira de medir a escala nin con escalímetro.

O Sr. Giraldez Martínez pregunta si xa se informou sobre o fraude do lixo relacionado con Urbaser.O Sr. Alcalde contesta que non se informou.

O Sr. Giraldez Martínez pregunta cando remata a obra da casa de cultura de Viladesuso.O Sr. Alcalde di que as cousas de palacio van despacio; di que espera que este ano vaian as paredes, que o tellado nunca se contemplou.

O Sr. Giraldez Martínez pregunta pola casa rectoral de Oia no Arrabal e pregunta como se permitiu facer esa obra.O Sr Alcalde contesta que non sabe.

7

Page 8: ACTA 13-2011 ORD NVBRO 251111

O Sr. Giraldez Martíenz di que é un caso de feísmo urbanístico.O Sr Alcalde di que a el non lle parece tan feo.

O Sr. Giraldez Martínez pregunta por una lavadeiro municipal que se fixo hai moito tempo sobre un terreo cedido por un particular, que ten un garaxe debaixo e está caendo.Di que sabe que hai unha denuncia no concello e pregunta que se vai facer alí.O Sr. Alcalde di que pediron una informe a Nuria, a raíz da denuncia; di que efectivamente o fixo o concello hai anos con autorización do propietario do terreo que estaban interesada en ter a auga corrente en casa mesmo, e que debaixo aproveitou o espacio para garaxe; di que plantean a posibilidade de retira-lo lavadeiro, agora que está tan deteriorado e que non se usa, pero haberá que asinar algún papel cos propietarios para que eles asuman a responsabilidade que derive da placa que lles fai de garaxe, porque tampouco se sabe en que estado está.

O Sr. Giráldez Martínez pregunta polo muro da Barroca que había que reconstruir despois das riadas 2006.O Sr Alcalde di que vaia a Viladesuso e mire o que está feito.O Sr. Giraldez Martínez contesta que xa foi.

O Sr. Alcalde di que hai un muro de formigón que teñen que falar con Luciano. Di que daquela chamouse a Luciano para que fixera un presuposto para metelo no PPC, non sabe se en 2006 ou en 2007 pero levouno de novo outra riada; logo volveu a meterse no PID da Deputación co primeiro presuposto de Luciano que eran sete mil e pico de euros. Di que decidiron facelo completo e teñen que pagar dez mil euros e pico; que un veciño reclamaba tamén un trozo de muro privado pero levantaron so a parte lindante co camiño público.

A continuación comeza a formular preguntas a concelleira Sra Rosa Otero Carballa, que pregunta pola aportación da Xunta para o servicio de axuda no fogar; se houbo reducción ou non.

A Sra Carmen Estévez Adrover di que sabe que houbo reducción no saf de libre concorrencia pero non sabe canto é o importe da baixada.

A Secretaria explica que as subvencións veñen diferenciadas para saf normal, ou de libre concorrencia que é o que se prestou sempre e para saf de dependencia. Di que este ultimo mantívose pero reducen ata algo máis de 1.000 € a subvención para o outro saf.

O Sr. Alcalde fai chamar á asistente social que explica que efectivamente o saf de dependencia de momento matense, que hai oito dependentes e 4 personas con saf de libre concorrencia que están sendo atendidas agora mesmo polo servicio municipal.

O Sr. Gerardo Rodríguez pregunta pola atención técnica a comerciantes de Oia que está dándose nun local cedido polo concello na praza da Centinela.

O Sr. Alcalde contesta que é certo que a Asociación de comerciantes e autónomos ten un local alí.O Sr. Gerardo Rodríguez pregunta que é a asociación de comerciantes, si é unha ONG ou unha asociación sen ánimo de lucro, porque eles pediron un local como grupo político e contestouselles que non hai locais.O Sr. Alcalde di que como non tiñan local para reunirse deixóuselles ese, e xúntanse alí pero non pasa nada.A Sra. Rosa Otero pide que conste en acta que o PSOE pide un local porque están traballando para o pobo; que os empresarios traballan para sí mesmos.O Sr. Alcalde di que se o PSOE protesta o comunicará por carta.A Sra. Rosa Otero di que non están en desacordo en que se lles dé a eles pero é que o grupo municipal xa o pediu hai tempo e nunca se lles dou.O Sr. Alcalde di que nunca o pediron.O Sr. Roberto González di que xa o pediron en tempos de Olmedo.

8

Page 9: ACTA 13-2011 ORD NVBRO 251111

O Sr. Alcalde di que Olmedo pedía un despacho aquí, na casa consistorial; que non ten locais baleiros. Di que os comerciantes ocupan un local feito na antiga casa consistorial e antiga casa do secretario.O Sr. Gerardo Rodríguez di que reividicaron un local para os grupos políticos; di que o Alcalde pensa que a oposición non ten funcións pero o que non teñen é retribucións, pero sí responsabilidades.

O Sr. Roberto González pregunta polo acceso ó mar da Urbanización de Portosenín, sobre o que aprobaron unha moción de urxencia nun pleno hai pouco e pregunta si se fixo algo para garantizar o acceso ó mar.

O Sr. Alcalde contesta que sí; que falaron co presidente da comunidade, que é o xerente da estación de servicio de Monterreal e díxolles que terían unha reunión cos veciños a ver que opinan.

O Sr. Roberto González di que é cuestión de buscar solucións, que cedan un pouco do terreo do xardín ou o que sexa con tal de que o acceso quede libre.A continuación pregunta pola depuradora de Viladesuso e cal é a intención do alcalde.O Sr. Alcalde pregunta ó concelleiro se non lee o Faro de Vigo.O Sr. Roberto González contesta que o lee habitualmente.O Sr. Alcalde di que lle sorprendeu que si van a faer unha rotonda alí non leven a nosa finca en lugar de fastidiar fincas particulares. Di que eles están deseando sacar eso de alí.O Sr. Roberto González di que as obras terán que facerse con coidado que alí hai tajeas.O Sr. Alcalde di que hai unha chapuza de obra.

A Sra Sandra Alonso pregunta por un camiño na zona na que vive ela que ten zahorra e cada vez que chove se convirte nun barrizal, polo Porto de Canelas que está todo sucio de lixo e polo parque e presa de Loureiro.

O Sr. Alcalde di que era un camiño empedrado, que era necesario o alcantarillado e quitaron a pedra pero puxeron zahorra; que según Vilas a culpa a ten Pedornes; que antigamente repartía as augas e ía ó Rio Vilar; di que sacaron a pedra e entregouselles aos de Vilar, e según Vilas non pode ir tanta auga por ese rio.

A Sra Sandra Alonso pregunta polo espello do cruce de Viñacruz e que pasa coa alcantarillado na zona onde vive ela.

O Sr Alcalde di que hai un proxecto feito; di que faltan varios tramos pero a ver cando poden contar coa financiación para elos.

O Sr. Gerardo Rodríguez pregunta cando se enganchan os tramos de alcantarillado que se fixeron co fondo estatal.

O Sr. Alcalde di que hai cinco meses que pagaron por adiantado a colloacaión de varios postes novos que esixía fenosa e que levan a corriente para por a funcionar ese tramo pero aínda non está rematado; di que vai intentar falar con algún xefe para que o axilicen.

O Sr. Roberto González pregunta pola auga municipal.O Sr. Alcalde di que aplaza o tema para o pleno do mércores próximo. So lles adianta que a inversión que traerá a gua desde un deposito en Goián suporá 55.000,00 € / ano para Oia que queren que repercutamos aos veciños a través das tarifas da auga.

Sen máis asuntos que tratar, cando son as 14.30 horas do 25.11.2011, o Sr. Alcalde levanta a sesión, da que extendo a presente acta, que asina comigo o Alcalde-Presidente.

O Alcalde A Secretaria

9

Page 10: ACTA 13-2011 ORD NVBRO 251111

Asdo. Alejandro Rodríguez Rodríguez Asdo. Maria Cabodevila Ros

10