ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26...

29
ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA PAZ CONCELLEIRAS/OS DONA TANIA GARCÍA SANMARTÍN D. ARGIMIRO SERÉN MERA DONA PAOLA MARIA MOCHALES D. LINO MOURIÑO SANTIAGO DONA SONIA OUTÓN CASAL D. JUAN ANTONIO PÉREZ CALLÓN DONA LUZ Mª ABALO PÉREZ D. TOMÁS FOLE DÍAZ DONA ROCÍO A. LLOVO DEL RÍO DONA ELENA SUÁREZ SARMIENTO D. JESÚS LONGA SÁNCHEZ DONA ANA Mª GRANJA GUILLÁN D. ANGEL BENITO PÉREZ DORGAMBIDE DONA SAGRARIO CASTRO VIDAL D. JESÚS LÓPEZ RODRÍGUEZ DONA MARÍA MOSQUERA LEAL D. JUAN MANUEL FAJARDO RECOUSO D. XAVIER RÍOS GONZÁLEZ DONA LUCÍA CESAR VELOSO D. GASPAR ANTONIO GONZÁLEZ SOMOZA SECRETARIA DONA ROSA LOSADA SUÁREZ INTERVENTORA DONA TRINIDAD GÓMEZ REIRIZ Na Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa, sendo as 17:00 horas do día 26 de novembro de 2015, e coa asistencia da Secretaria, reuníronse, en primeira convocatoria, os señores Concelleiros, que á marxe se relacionan como asistentes, co obxecto de celebrar Sesión Plenaria Ordinaria convocada ó efecto. A continuación procédese a trata-los asuntos que figuran na Orde do Día: 1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores de datas 19 e 29 de outubro de 2015. 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes outubro de 2015. 3. Dación de conta de designación de representantes municipais nos órganos colexiados. 4. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 5. Aprobación, se procede, da declaración de obras de especial interese ás promovidas pola Asociación con Eles na Rúa Sobreira nº 24. 6. Aprobación, se procede, da declaración de obras de especial interese ás promovidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no IES Armando Cotarelo Valledor. 7. Adopción de acordo, se procede, en relación coa Moción aprobada polo Pleno da Corporación de Meaño, sobre a Depuración da Ría de Arousa. 8. Adhesión, se procede, en relación coa proposición de Lei de iniciativa lexislativa promovida polos sindicatos CC.OO e UGT, para establecer unha prestación de ingresos mínimos no ámbito da protección da seguridade social. 9. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal de EU para que os Colexios que prestan servizo de comedor sexan equipados con cociña propia. 10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal de EU sobre a paralización das licenzas de obras que superen os 2.500 m² de uso comercial. 11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PSG-PSOE para reclamar á Consellería de Sanidade que manteña o montante da subvención anual que recibía o equipo de Prevención de Drogodependencias do SPAD de Vilagarcía. 12. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PP de convocatoria dunha reunión urxente para resolver a ubicación definitiva do obelisco na Praza de Galicia. 13. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PP en relación co Acondicionamento, mellora e rehabilitación dos parques infantís das zonas rurais e elaboración dun Plan Plurianual de execución orzamentaria e material dos mesmos.

Transcript of ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26...

Page 1: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015

Sras./Sres. Asistentes:

ALCALDE-PRESIDENTE

D. ALBERTO VARELA PAZ

CONCELLEIRAS/OS

DONA TANIA GARCÍA SANMARTÍN

D. ARGIMIRO SERÉN MERA

DONA PAOLA MARIA MOCHALES

D. LINO MOURIÑO SANTIAGO

DONA SONIA OUTÓN CASAL

D. JUAN ANTONIO PÉREZ CALLÓN

DONA LUZ Mª ABALO PÉREZ

D. TOMÁS FOLE DÍAZ

DONA ROCÍO A. LLOVO DEL RÍO

DONA ELENA SUÁREZ SARMIENTO

D. JESÚS LONGA SÁNCHEZ

DONA ANA Mª GRANJA GUILLÁN

D. ANGEL BENITO PÉREZ DORGAMBIDE

DONA SAGRARIO CASTRO VIDAL

D. JESÚS LÓPEZ RODRÍGUEZ

DONA MARÍA MOSQUERA LEAL

D. JUAN MANUEL FAJARDO RECOUSO

D. XAVIER RÍOS GONZÁLEZ

DONA LUCÍA CESAR VELOSO

D. GASPAR ANTONIO GONZÁLEZ SOMOZA

SECRETARIA

DONA ROSA LOSADA SUÁREZ

INTERVENTORA

DONA TRINIDAD GÓMEZ REIRIZ

Na Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa,

sendo as 17:00 horas do día 26 de novembro

de 2015, e coa asistencia da Secretaria,

reuníronse, en primeira convocatoria, os

señores Concelleiros, que á marxe se

relacionan como asistentes, co obxecto de

celebrar Sesión Plenaria Ordinaria convocada

ó efecto.

A continuación procédese a trata-los

asuntos que figuran na Orde do Día:

1. Aprobación, se procede, das actas das

sesións anteriores de datas 19 e 29 de

outubro de 2015.

2. Toma de coñecemento dos Decretos da

Alcaldía emitidos no mes outubro de 2015.

3. Dación de conta de designación de

representantes municipais nos órganos

colexiados.

4. Toma de coñecemento da solicitude de

participación cidadá presentada por parte

de asociacións ou entidades en relación

con un punto da orde do día que lle afecte

directamente e posterior intervención a

través dun único representante das

mesmas.

5. Aprobación, se procede, da declaración de

obras de especial interese ás promovidas

pola Asociación con Eles na Rúa Sobreira

nº 24.

6. Aprobación, se procede, da declaración de

obras de especial interese ás promovidas

pola Consellería de Cultura, Educación e

Ordenación Universitaria, no IES Armando

Cotarelo Valledor.

7. Adopción de acordo, se procede, en relación coa Moción aprobada polo Pleno da

Corporación de Meaño, sobre a Depuración da Ría de Arousa.

8. Adhesión, se procede, en relación coa proposición de Lei de iniciativa lexislativa promovida

polos sindicatos CC.OO e UGT, para establecer unha prestación de ingresos mínimos no

ámbito da protección da seguridade social.

9. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal de EU para que os

Colexios que prestan servizo de comedor sexan equipados con cociña propia.

10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal de EU sobre a

paralización das licenzas de obras que superen os 2.500 m² de uso comercial.

11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PSG-PSOE para

reclamar á Consellería de Sanidade que manteña o montante da subvención anual que

recibía o equipo de Prevención de Drogodependencias do SPAD de Vilagarcía.

12. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PP de convocatoria

dunha reunión urxente para resolver a ubicación definitiva do obelisco na Praza de Galicia.

13. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PP en relación co

Acondicionamento, mellora e rehabilitación dos parques infantís das zonas rurais e

elaboración dun Plan Plurianual de execución orzamentaria e material dos mesmos.

Page 2: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

14. Aprobación, se procede, da proposta presentada polo representante sindical dos

traballadores da plantilla de Diario de Arousa (Editorial la Capital, S.L.) mostrando o

rexeitamento aos despedimentos realizados.

15. Interpelacións.

16. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.

17. Rogos e preguntas.

18. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES DE DATAS 19 E

29 DE OUTUBRO DE 2015..- Polo Sr. Alcalde pregúntase se hai algunha proposta de

rectificación das actas, comezando pola sesión plenaria extraordinaria de 19 de outubro de 2015

e despois pola acta da sesión plenaria de 29 de outubro de 2015.

Non habendo ningunha proposta de rectificación quedan aprobadas por unanimidade.

2.- TOMA DE COÑECEMENTO DOS DECRETOS DA ALCALDÍA EMITIDOS NO MES DE

OUTUBRO DE 2015: Pola Secretaria dáse conta ao Pleno da Corporación dos Decretos emitidos

pola Alcaldía:

RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA DE DATAS ANTERIORES:

Nº DESCRICIÓN

1 Designación Secretaria Tribunal selección psicólogo/a

5 Concesión/denegación de fraccionamento de débeda

RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA DO MES DE OUTUBRO DE 2015:

Nº DESCRICIÓN

2 Comunicación a organización sindical dereito a formar parte Mesa de Negociación

Conxunta

3 Nomeamento de funcionario/a interino/a

3 Designación tribunal proceso selectivo contratación de persoal

2 Concesión de gratificación especial pola diferenza das retribucións complementarias por

substitución traballo categoría superior

1 Recoñecemento e aboamento en nómina de prestación de servizos en xornada nocturna

1 Recoñecemento e aboamento en nómina de prestación de servizos en domingo

1 Recoñecemento e aboamento en nómina de gratificación por festivos

1 Aprobación de gasto aportacións ao plan de pensións do mes de setembro

2 Aprobación bases xerais para a selección de persoal

1 Suspensión de relación laboral e cotización á Seguridade Social de empregado/a

1 Reducción de haberes a empregado municipal pola diferenza entre a xornada total e a

realmente realizada

1 Orde dedución proporcional de haberes a alumno obradoiro de emprego por ausencia de

un día

1 Designación responsable Departamento Informática por ausencia titular

1 Designación Secretaria Xeral Accidental por ausencia da titular

1 Declaración de validez de expediente sancionador incoado contra funcionario municipal e

imposición de sanción

1 Orde aboamento nómina de outubro parte proporcional paga extraordinaria do 2012

deixada de percibir

1 Delegación na Primeira Tenente de Alcalde funcións Alcaldía durante período ausencia do

Alcalde

1 Nomeamento de persoal eventual Grupo non pertencente ao Goberno

1 Requirimento axuste obras a documentación técnica expediente de legalización

1 Comunicación autorización para continuar obras

1 Orde concesión prazo para aportar documentación requirida para legalización de obras

Page 3: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

1 Orde prazo adopción de medidas para evitar desprendementos á vía pública

2 Arquivo de expediente de reposición da legalidade urbanística

2 Incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística

1 Aceptación comunicación previa e documentación para inicio e exercicio de actividade

40 Aceptación comunicación previa e documentación en relación obras

4 Concesión de licenza de segregación/agrupación

8 Concesión de licenza de obra maior

5 Concesión de licenza de obra menor

3 Autorización celebración de actuación ao aire libre

1 Rectificación erro material expediente de transferencia de crédito

2 Aprobación de expediente de modificación de saldos iniciais orzamentarios

1 Aprobación expediente de modificación de créditos de transferencias de créditos

1 Aprobación expediente de modificación de créditos de transferencias de créditos de

persoal

5 Aprobación expediente de modificación de créditos de xeración de créditos de natureza

non tributaria

2 Recoñecemento de obrigas

8 Concesión de fraccionamento de débeda

6 Orde de pago de facturas

7 Compensación de débito e crédito

2 Aprobación Plan de Seguridade e saúde obras

2 Aprobación de expediente de contratación

1 Conceder conformidade a Servizo Provincial de Costas para demolición acuario

1 Representación e defensa dos intereses do Concello exercida por letrado e procedemento

xudicial

1 Designación Conselleiros da FPSDM

1 Aprobación de gasto taxa publicación de anuncio no DOG.

1 Desestimación de recurso de reposición expediente de reclamación de responsabilidade

patrimonial

8 Iniciación de oficio de expedientes sancionadores de tráfico

TOTAL: 144

O Concello Pleno queda sabedor

3.- DACIÓN DE CONTA DE DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTES MUNICIPAIS NOS

ÓRGANOS COLEXIADOS: Dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de

Economía, Facenda e Especial de Contas, en sesión celebrada o día 23 de novembro de 2015,

do seguinte teor:

1º.- CONSELLO ESCOLAR DOS CENTROS DE EDUCACIÓN:

I.E.S. Castro Alobre: Dona María Mosquera Leal - Grupo EU

I.E.S. Miguel Angel González Estévez: D. Jesús López Rodríguez - Grupo EU

I.E.S. Fermín Bouza Brey: D. Xavier Ríos González - Grupo BNG

I.E.S. Armando Cotarelo Valledor: D. Juan M. Fajardo Recouso - Grupo EU

Centro de Educación Especial: D. Jesús Longa Sánchez - Grupo PP

C.E.I.P. A Lomba e Anexo A Lomba: Dona Paola María Mochales - Grupo PSdG-PSOE

C.E.I.P A Escardia: Dona Tania García Sanmartín - Grupo PSdG-PSOE

C.E.I.P Vilaxoán: D. Gaspar Antonio González Somoza – Grupo Somos Maioría

C.E.I.P O Piñeiriño: Dona Ana Granja Guillán - Grupo PP

C.E.I.P Vagalume: Dona Elena Suárez Sarmiento - Grupo PP

C.E.I.P Arealonga: Dona Luz Mª Abalo Pérez - Grupo PSdG-PSOE

C.E.I.P O Carril: Dona Rocio A. Llovo Del Río - Grupo PP

C.E.I.P Rubiáns: D. Lino Mouriño Santiago - Grupo PSdeG-PSOE

Page 4: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

Conservatorio Municipal de Música: D. Argimiro Serén Mera - Grupo PSdG-PSOE

Escola Oficial de Idiomas: D. Angel Benito Pérez Dorgambide - Grupo PP

Escola Infantil de O Carril: Dona Lucía Cesar Veloso - Grupo BNG

Comisión de Escolarización de Vilagarcía de Arousa (Artigo 43, apartado d) da Orde de 17

de marzo de 2007 (DOG do 19 de marzo): D. Argimiro Serén Mera - Grupo PSdG-PSOE

Consello Escolar Municipal: (Pleno 24-09-2015) PRESIDENTE: D. ARGIMIRO SERÉN MERA.

VOGAIS:

DONA ENCARNA CHOREN SANTOS

D. GERMÁN MANUEL TORRES DE ABOAL

D. GERMAN TORRES CANAY

DONA ROSINA SOBRIDO FERNÁNDEZ

D. JUAN MANUEL PAZ VALLE

DONA PURIFICACIÓN OLIVEIRA CORTÉS

D. JUAN MANUEL PÉREZ EYRE

D. JOSÉ IGNACIO CASTRO LOZANO

DONA ANA MARIA BLANCO BLANCO

DONA MARIA JOSEFA ÁLVAREZ GONZÁLEZ

2º.-CONSELLO DE ADMÓN. DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VILAGARCÍA DE AROUSA:

-D. Tomás Fole Díaz – Grupo municipal PP

- Xavier Ríos González – Grupo municipal BNG

3º.- MANCOMUNIDADE VOLUNTARIA DE MUNICIPIOS DE AROUSA (Comisión Xestora

Matadoiro): (Pleno 24-09-2015)

D. Alberto Varela Paz (Presidente)

Vogal: Dona Tania García Sanmartín - Grupo PSdG-PSOE

4º.- PADROADO DO ASILO-HOSPITALILLO: (Pleno 24-09-2015)

D. Alberto Varela Paz ou concelleiro/a en quén delegue.

5º.- EIXO ATLÁNTICO DO NOROESTE PENINSULAR: (Pleno 24-09-2015)

Titular a: D. Alberto Varela Paz ou concelleiro/a en quen delegue.

6º.- FUNDACIÓN PÚBLICA DEPORTIVA “MONTE CASTROVE”: (Pleno 24-09-2015)

Titular a: D. Alberto Varela Paz ou concelleiro/a en quen delegue.

7º.-CONSELLO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

De conformidade co disposto no regulamento aprobado o 18 de xullo de 1997:

Presidente (Alcalde): D. Alberto Varela Paz ou concelleiro/a en quen delegue.

Vogais: D/Dona Sonia Outón Casal (Concelleira de Cultura) e 1 concelleiro/a por grupo político

municipal.

- D. Lino Mouriño Santiago – Grupo municipal PSdG-PSOE

- D. Tomás Fole Díaz – Grupo municipal PP

- Dona María Mosquera Leal – Grupo municipal EU

- Dona Lucía César Veloso – Grupo municipal BNG

- D. Gaspar Antonio González Somoza – Grupo municipal Somos Maioría

8º.-FUNDACIÓN RUTA XACOBEA DO MAR DE AROUSA E ULLA. (Pleno 24-09-2015)

Titular a: D. Alberto Varela Paz ou concelleiro/a en quen delegue.

9º.- FUNDACIÓN FEXDEGA:

- Presidente: D. Alberto Varela Paz

- Vicepresidente: Grupo Municipal PP

Page 5: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

- Catro concelleiros:

- D. Juan Antonio Pérez Callón – Grupo municipal PSdG-PSOE

- Dona Elena Suárez Sarmiento – Grupo municipal PP

- D. Jesús López Rodríguez – Grupo municipal EU

- Dona Lucía César Veloso – Grupo municipal BNG

10º.- CONSELLO LOCAL DE CONSUMO:

De conformidade co disposto no artigo 3 do regulamento aprobado o 14 de maio de 1992:

Presidente (Alcalde): D. Alberto Varela Paz ou concelleiro/a en quén delegue.

Vicepresidente: D. Juan Antonio Pérez Callón

Vogais: (1 concelleiro/a por grupo político municipal) .

-Dona Tania García Sanmartín – Grupo municipal PSdG-PSOE

- Dona Ana Granja Guillán – Grupo municipal PP

- D. Juan Manuel Fajardo Recouso – Grupo municipal EU

- Dona Lucía César Veloso – Grupo municipal BNG (suplente D. Xavier Ríos

González)

- D. Gaspar Antonio González Somoza – Grupo municipal Somos Maioría

11º.- CONSELLO CONSULTIVO ECONÓMICO E SOCIAL:

De conformidade co disposto no artigo 3 do regulamento aprobado definitivamente o 30 de

marzo de 2012:

Presidente: D. Alberto Varela Paz ou concelleiro/a en quén delegue.

Vogais ( 6 representantes municipais):

-D. Juan Antonio Pérez Callón – Grupo municipal PSdG-PSOE

- Dona Luz Mª Abalo Pérez – Grupo municipal PSdG-PSOE

- D. Tomás Fole Díaz – Grupo municipal PP

- D. Jesús López Rodriguez – Grupo municipal EU

- D. Xavier Ríos González – Grupo municipal BNG (suplente Dona Lucía Cesar

Veloso)

- D. Gaspar Antonio González Somoza – Grupo municipal Somos Maioría

12º.- COMITÉ COMARCAL DA CRUZ VERMELLA NO SALNÉS .- (Pleno 24-09-2015)

D/Dona Tania García Sanmartín

13º.- COMISIÓN MIXTA PARITARIA DE CONTROL E SEGUIMENTO DO ACORDO MARCO

E CONVENIO COLECTIVO.-

Os seguintes concelleiros/as:

ACORDO MARCO

Presidente: D. Alberto Varela Paz ou Concelleiro en quen delegue.

Vogais: tres concelleiros/as:

- Dona Sagrario Castro Vidal – Grupo municipal PP

- D. Juan M. Fajardo Recouso – Grupo municipal EU

- Dona Lucía Cesar Veloso – Grupo municipal BNG (suplente D. Xavier Ríos

González)

CONVENIO COLECTIVO

Presidente: D. Alberto Varela Paz ou Concelleiro en quen delegue

Vocal: dous concelleiros/as:

- Dona Sagrario Castro Vidal – Grupo municipal PP

- D. Jesús López Rodríguez- Grupo municipal EU

14º.- COMISIÓN DE CONTROL DO PLAN DE PENSIÓNS.-

Tres membros da Corporación:

- D. Lino Mouriño Santiago – Grupo municipal PSdG-PSOE

- Dona Sagrario Castro Vidal – Grupo municipal PP

- Dona María Mosquera Leal – Grupo municipal EU

Page 6: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

15º.- CONSELLO VECIÑAL:

De conformidade co disposto no artigo 3 do regulamento aprobado o 12 de novembro de 1992:

Presidente: D. Alberto Varela Paz ou concelleiro/a en quén delegue.

Vogais: (1 concelleiro/a por grupo político municipal)

- D. Lino Mouriño Santiago – Grupo municipal PSdG-PSOE

- D. Jesús Longa Sánchez – Grupo municipal PP

- D. Jesús López Rodríguez – Grupo municipal EU

- D. Xavier Ríos González – Grupo municipal BNG (suplente Dona Lucia Cesar

Veloso)

- D. Gaspar Antonio González Somoza – Grupo municipal Somos Maioría

16º.- CONSELLO DE NAVEGACIÓN.- (Pleno 24-09-2015)

D. Alberto Paz Varela ou concelleiro/a en quén delegue.

17º.- COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL.-

Presidente: D. Alberto Paz Varela, ou concelleiro/a en quén delegue.

Vogais (5 membros):

-Dona Paola María Mochales – Grupo municipal PSdG-PSOE

- Dona Rocio A Llovo del Río – Grupo municipal PP

- D. Jesús López Rodríguez – Grupo municipal EU

- Dona Lucía Cesar Veloso – Grupo municipal BNG (suplente D. Xavier Ríos

González)

- D. Gaspar Antonio González Somoza – Grupo municipal Somos Maioría

18º.- CONSELLO LOCAL DA MULLER.-

De conformidade co disposto no regulamento aprobado o 31 de xaneiro de 2002:

Presidente/a : D. Alberto Varela Paz ou concelleiro/a en quen delegue:

Vogais: (1 concelleiro/a por grupo político municipal).

-Dona Sonia Outón Casal – Grupo municipal PSdG-PSOE

- Dona Elena Suárez Sarmiento – Grupo municipal PP

- Dona María Mosquera Leal – Grupo municipal EU (suplente Dona Mª Dolores

Miramontes Piñón)

- Dona Lucía Cesar Veloso – Grupo municipal BNG (suplente Dona Ana Mª Barreiro

Ramos)

- Dona Paula Rial Fernández – Grupo municipal Somos Maioría.

19º.- MANCOMUNIDADE DO SALNÉS (Xunta).- (Pleno 24-09-2015)

Conforme ao previsto no artigo 4 dos Estatutos da Mancomunidade (DOG 17 de abril de 2015)

resulta membro da mesma o Alcalde do Concello (ou concelleiro/a en quen delegue) ademais de

dous representantes municipais elixidos no pleno de cada concello en votación única, podendo

ser candidatos calquera concelleiro.

- Dona Tania García Sanmartín, concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE.

- D. Tomás Javier Fole Díaz, concelleiro do grupo municipal do PP.

20º.- FUNDACIÓN PÚBLICA DE SERVICIOS DEPORTIVOS MUNICIPAIS (FPSDM) (BOP 24-

01-2012).- CONSELLO RECTOR:

Presidente: D. Argimiro Serén Mera (Concelleiro de Deportes)

Conselleiros: 8 designados polo Pleno Municipal

- Grupo municipal PSdG-PSOE:

D. Argimio Serén Mera

Dona Paola María Mochales

D. Angel Eduardo Fernández Figueiras

- Suplentes: Dona Sonia Outón Casal

D. Lino Mouriño Santiago

Page 7: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

- Grupo municipal PP:

Dona Elena Suárez Sarmiento

Dona Mónica Miguens Iglesias

- Grupo municipal EU:

D. Francisco García Rios

- Suplente: D. Jesús López Rodríguez

- Grupo municipal BNG:

D. Xavier Ríos González

- Suplente: D. Ricardo Núñez Cores

- D. Gaspar Antonio González Somoza – Grupo municipal Somos Maioría

21º.- MESA LOCAL DE COMERCIO (Acordo Plenario 30-01-2012).

De conformidade co artigo 2 do Regulamento da Mesa Local de Comercio:

- Alcalde: D. Alberto Varela Paz.

- O Concelleiro de Comercio D. Juan Antonio Pérez Callón

- Dous Concelleiros/as:

- D. Tomás Fole Díaz – Grupo municipal PP

- Dona María Mosquera Leal – Grupo municipal EU

22º.- CONSELLO LOCAL DA 3ª IDADE:

Un representante de cada grupo político municipal.

-D. Lino Mouriño Santiago – Grupo municipal PSdG-PSOE

- D. Angel Benito Pérez Dorgambide – Grupo municipal PP

- Dona María Mosquera Leal – Grupo municipal EU (suplente Dona Mª Dolores

Miramontes Piñón)

- Dona Lucia Cesar Veloso – Grupo municipal BNG (suplente D. Xosé Lois Leirós

Gude)

- D. Gaspar Antonio González Somoza – Grupo municipal Somos Maioría

23º.- FUNDACIÓN PLÁCIDO CASTRO(Pleno 24-09-2015)

Dona Sonia Outón Casal

24º.- PADROADO DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS

ATLÁNTICAS DE GALICIA.- (Pleno 24-09-2015)

Titular: D. Alberto Varela Paz ou concelleiro/a en quen delegue.

25º.- GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA

D. Juan Antonio Pérez Callón – Grupo municipal PSdG-PSOE

26º.- FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE (Pleno 24-09-2015)

Dona Tania García Sanmartín

27º.- ESTACIÓN DE HIDROBIOLOXÍA DO ENCORO DE CASTRO DE AGUDÍN (Pleno 24-09-

2015)

D. Alberto Varela Paz ou concelleiro/a en quen delegue.

28º.- GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL: (Pleno 24-09-2015)

D. Alberto Varela Paz ou concelleiro/a en quen delegue.

A Comisión queda sabedora

O Concello Pleno queda sabedor.

Page 8: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

4.- TOMA DE COÑECEMENTO DA SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ PRESENTADA

POR PARTE DE ASOCIACIÓNS OU ENTIDADES EN RELACIÓN CON UN PUNTO DA ORDE

DO DÍA QUE LLE AFECTE DIRECTAMENTE E POSTERIOR INTERVENCIÓN A TRAVÉS DUN

ÚNICO REPRESENTANTE DAS MESMAS.:

Dáse conta do disposto no ARTIGO 23.- do Regulamento Orgánico do Pleno:

Cando algunha das asociacións ou entidades, ás que se refire o artigo 72 da Lei 7/1985, de 2 de

abril, desexen facer unha exposición ante o pleno, en relación con algún punto da orde do día

que lle afecte directamente, deberá solicitalo á alcaldía mediante escrito presentado no rexistro

do concello, un día antes da celebración da sesión plenaria. Coa autorización da alcaldía, e a

través dun único representante, poderá intervir durante o tempo que a alcaldía lle conceda, con

anterioridade á lectura, debate e votación da proposta incluída na orde do día.

Aqueles asuntos onde estean previstas as intervencións de asociacións ou entidades poderán ser

tratados con carácter preferente aos restantes asuntos incluídos na orde do día da

correspondente sesión plenaria.

Están presentadas as seguintes solicitudes de participación cidadá:

- Dona Fátima Frieiro Santaya, como representante sindical dos traballadores de Diario de Arousa

(Editorial La Capital, S.L.), en relación co asunto que figura co número 14 da Orde do Día.

- D. Francisco José Cuba Couzo e/n Unión Comarcal Sindicato de CCOO, en relación co asunto

que figura co número 8 da Orde do Día.

- D. Manuel Morales Fontanes e/n Asociación Pola Defensa do Patrimonio de Vilagarcía, en

relación co asunto que figura co nº 12 da Orde do Día.

A seguir polo Sr. Alcalde indícase que se tratará primeiro o asunto que figura co número 14, a

continuación o asunto que figura co número 8 e a seguir o que figura co nº 12 na Orde do Día do

Pleno.

14.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA PROPOSTA PRESENTADA POLO REPRESENTANTE

SINDICAL DOS TRABALLADORES DA PLANTILLA DE DIARIO DE AROUSA (EDITORIAL LA

CAPITAL, S.L.) MOSTRANDO O REXEITAMENTO AOS DESPEDIMENTOS REALIZADOS:

Dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de Economía, Facenda e Especial de

Contas, en sesión celebrada o día 23 de novembro de 2015, do seguinte teor:

Dáse conta do escrito presentado por Dona Fátima Frieiro Santaya, como representante sindical

dos traballadores da plantilla de Diario de Arousa (Editorial La Capital, S.L.) solicitando ao Pleno

da Corporación:

- Mostrar o rexeitamento máis absoluto aos despedimentos realizados en Diario de Arousa,

El Ideal Gallego e Diario de Ferrol.

- Instar formalmente a Editorial La Capital a readmitir nos seus postos de traballo aos

compañeiros despedidos e regularizar o pago se salarios.

- Apoiar a folga e as mobilizacións que poñen en marcha os traballadores pola defensa dun

posto de traballo digno

-

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes do grupo municipal do PSG-PSOE informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PP, EU, BNG e Somos Maioría din que se

manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.

Page 9: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da proposta presentada

pola representante sindical dos traballadores da plantilla de Diario de Arousa (Editorial La Capital,

S.L.) mostrando o rexeitamento aos despedimentos realizados.

- Intervén unha representante dos traballadores do Diario de Arousa e indica que comezan a folga

no día de hoxe polo rexeitamento aos despedimentos.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que a cabeceira do Diario de Arousa é vosa, sempre e

cando ás persoas se lles pague en condicións. Anima á loita e que dea os seus froitos.

Di que estivo alí pouco tempo pero estivo nese periódico.

Está a favor das peticións.

Da as grazas pola participación e ¡Ánimo!.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que o BNG está cos traballadores/as e estase unha vez

máis ante as consecuencias da reforma laboral, que está levando ao desmantelamento das

empresas. Van a seguir estando ao lado dos traballadores.

¡Ánimo!

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que é lamentable como dende os altos niveis do Estado

consenten inxustizas e debe plasmarse nun escrito da Corporación, dirixido á Editorial para que

respecte uns principios básicos en materia laboral.

Os políticos aceptan flexibilidade laboral. Reflexaron problemas económicos no seu periódico.

No parlamento de Bruxelas dixeron que un ERTE non se pode consentir consumindo as

cotizacións de desemprego dos traballadores. E máis inxustiza cando acaba en despidos. En

Bruxelas pediron que os traballadores deben acudir ás cotizacións empresarias para facer folga.

EU está a favor e débese dirixir a Corporación á Editorial La Capital.

¡Ánimo!, estades facendo unha reivindicación xuta por enfrentarse ao imperio do capital.

- Intervén o Sr. Fole Díaz agradecendo a presencia dos traballadores e indica que o PP se suma a

favor das súas peticións. Un periódico importante que leva o nome da Comarca “Arousa”. A

Editorial ten varias cabecerias, os medios de comunicación teñen que ser cercanos e uns

traballadores non poden traballar sen empresa e viceversa, e se deben manter os postos de

traballo e pagar os salarios atrasados.

Van a defender aos traballadores e estarán ao seu lado.

¡Sorte na loita!

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que o Grupo Socialista apoia aos traballadores

despedidos e a toda a plantilla. Isto é unha consecuencia da reforma laboral. O Diario de Arousa

leva a identidade da comarca. Traballarán cóbado con cóbado con eles, como fixeron sempre.

Débese manter un xornal que leva o nome da Comarca, sen xornalismo non hai liberdade.

Apoian as mobilizacións e anima a participar aos cidadáns na manifestación de mañá.

- Intervén o Sr. López dicindo que sen empresas vai haber igual traballadores. Todos nos

necesitamos.

Pide que se hai anuncios do Concello non se envíen ao Diario de Arousa.

- Intervén o Sr. Alcalde dicindo que apoian a moción. Levarán a cabo as accións que procedan

de acordo cos traballadores.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos Concelleiros presentes no Pleno (21 de 21)

ACÓRDASE: Apoiar a proposta presentada polos traballadores da plantilla de Dirario de Arousa

(Editorial La Capital, S.L.) e:

Page 10: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

- Mostrar o rexeitamento máis absoluto aos despedimentos realizados en Diario de Arousa,

El Ideal Gallego e Diario de Ferrol.

- Instar formalmente a Editorial La Capital a readmitir nos seus postos de traballo aos

compañeiros despedidos e regularizar o pago se salarios.

- Apoiar a folga e as mobilizacións que poñen en marcha os traballadores pola defensa dun

posto de traballo digno

8.- ADHESIÓN, SE PROCEDE, EN RELACIÓN COA PROPOSICIÓN DE LEI DE INICIATIVA

LEXISLATIVA PROMOVIDA POLOS SINDICATOS CC.OO E UGT, PARA ESTABLECER UNHA

PRESTACIÓN DE INGRESOS MÍNIMOS NO ÁMBITO DA PROTECCIÓN DA SEGURIDADE

SOCIAL.: Dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de Economía, Facenda e

Especial de Contas, en sesión celebrada o día 23 de novembro de 2015, do seguinte teor:

Dáse conta do escrito presentado por D. Francisco José Cuba Couzo, en representación de

Unión Comarcal Sindicato de CC.OO, presentando ao Pleno da Corporación a seguinte moción

cidadá:

“MOCIÓN CIDADÁ CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA.

INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR: RESCATAR ÁS PERSOAS, COMBATER A DESIGUALDADE.

CCOO, xunto con UGT, iniciou una campaña de recollida de sinaturas en apoio á ILP promodiva

polos dous sindicatos, que reclaman o establecemento dunha PRESTACIÓN DE INGRESOS

MÍNIMOS OU RENDA MÍNIMA en todo o estado, de 426 euros mensuais, para aquelas persoas

demandantes de traballo que non perciban ingresos ou que os perciban en cantidade inferior, en

cómputo anual, ao 75% do SMI.

Preténdese dar protección social a 2,1 millóns de persoas e cubrir a carencia extrema, a pobreza

e a exclusión social.

Por iso, este sindicato solicítalle ao Pleno do Concello de Vilagarcía de Arousa a adhesión ao

proxecto e que, en pleno ordinario, traslade aos seu homónimos no Parlamento Español a boa

disposición sobre a aprobación da lei.”

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE e EU informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PP, BNG e Somos Maioría, din que se

manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a adhesión en relación coa proposición

de Lei de Iniciativa Lexislativa promovida polos sindicatos CCOO e UGT, para establecer una

prestación de ingresos mínimos no ámbito da protección da seguridade social.

- Toma a palabra un representante dos Sindicatos para explicar a moción e a recollida de

sinaturas que están levando a cabo en apoio a ILP sobre prestación de ingresos mínima ou renda

mínima.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que pouco se pode engadir ao manifestado polos

Sindicatos. Cada día estamos peor. Todas as persoas deberían ter un mínimo para levar unha

vida digna.

Val apoiar estas iniciativas e animalos na loita.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que dende o BNG están a favor dunha renda mínima. Hai

unha situación dramática a nivel social. É necesario e preciso dun xeito urxente que a xente teña

unha vida digna. Agradece o traballo dos sindicatos por esta causa.

Page 11: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que el é un dos asinantes e traballou para conseguir

sinaturas. Está relacionada coa moción anterior do Diario de Arousa, hai un dereito á vivenda e ao

traballo, a unha vida digna.

Debe percibirse unha renda básica e se debe estar a favor das persoas físicas e non xurídicas.

Debénse rescatar as persoas e non os bancos, e tampouco as autopistas.

Hai que botalos, de uns ou de outros é a responsabilidade da alternancia.

Ten o apoio de IU.

- Intervén o Sr. Fole Díaz agradecendo a presenza do colectivo. Sen polemizar sobre o tema

competencial, isto excede das competencias locais, faltan informes técnicos, xurídicos,

económicos, etc.

Na páxina 3 se di que a financiación debe vir dos impostos ¿Qué impostos? ¿de onde vai a saír a

financiación? ¿de que partidas?

Esta situación ven derivada de gobernos anteriores e hai que buscar solución agora. O mellor

mecanismo para axudar e a xeración de emprego que fai o PP e tamén medidas que xa existen e

que se eviten duplicidades.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que é de lei rescatar ás persoas. O PP rescatou Bankia

polos chanchullos do PP, despois do desfalco dos seus representantes, financiación ilegal do PP,

e o Sr. Fole non debe poñer en dúbida o rescate das persoas.

O PSOE impulsou o estado de benestar, sanidade pública, dependencia, ensino público. Nestes

momentos de dificultade e de lei respaldar ás familias, é un compromiso do Sr. Sánchez, facer a

renda mínima como dereito constitucional.

Todo o apoio do PSOE aos representantes de CCOO e UGT.

- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que é unha pena que a voceira do grupo de goberno saque

BAnkia pois era unha exclusiva do Sr. Fajardo. O PSOE fai unha lei de dependencia sen

financiamento, deixa buratos, etc. E non di nada dos ERES de Andalucía e os Cursos de

Formación.

Se tomaron medidas por necesidade de interese xeral do noso país, que puideron gustar mais ou

menos.

O PSOE xera derroche e o PP está pola boa xestión.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que aínda seguen co rifi-rafe PP-PSOE “y tu más”. Hai

problemas e se deben poñer medidas que o solucionen. Se puideron pedir informes no tema de

Bankia, ABANCA, e non se fixo.

Os informes están feitos polos sindicatos neste tema que hoxe nos ocupa.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que a alternancia depende dos cidadáns. En Vilagarcía

gobernan os socialistas e o Sr. López que respecte a democracia.

O Sr. Fole votou en contra das axudas a estudantes pero o PP arranxou a Sala de Xuntas.

- Intervén o Sr. Alcalde dicindo que apoian a moción de CCOO e UGT e ás familias que precisan

eses recursos.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con catorce votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos

municipais do PSdG-POSE (8), EU (3), BNG (2) e Somos Maioría (1), e sete votos en contra, dos

membros pertencentes ao grupo político municipal do PP (7)

ACÓRDASE: Por maioría apoiar a adhesión en relación coa proposición de Lei de Iniciativa

Lexislativa promovida polos sindicatos CCOO e UGT, para establecer una prestación de ingresos

mínimos no ámbito da protección da seguridade social.

Page 12: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

12.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL

DO PP DE CONVOCATORIA DUNHA REUNIÓN URXENTE PARA RESOLVER A UBICACIÓN

DEFINITIVA DO OBELISCO NA PRAZA DE GALICIA.: Dáse conta do ditame emitido pola

Comisión Informativa de Urbanismo e Servizos, en sesión celebrada o día 23 de novembro de

2015, do seguinte teor:

Dáse conta da moción presentada polo grupo municipal do PP coa data de 19 de novembro de

2015, do seguinte teor:

Os concelleiros integrantes do Grupo Municipal Popular, ao amparo do establecido no artígo 97

do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais,

formulan, para a súa discusión e, no seu caso, aprobación no Pleno Ordinario a celebrar o

próximo dia 26 de novembro de 2015 a seguinte MOCIÓN:

EXPOÑEN:

Moción de convocatoria dunha reunión urxente para resolver a ubicación definitiva do obelisco na

praza de Galicia na que estean presentes os grupos da corporación, técnicos municipais e a

Asociación en Defensa do Patrimonio

A Asociación en Defensa do Patrimonio de Vilagarcía defende a ubicación do obelisco – torre do

reloxo na Praza de Galicia, argumentando a tal efecto a idoneidade do emplazamento por

motivos históricos evidentes, xa que foi o lugar orixinal onde se instalou na década dos anos 30

do pasado século.

Defende tamén este colectivo que non atopan impedimento algún na argumentación ofrecida

polo goberno local ata o momento que desaconselle esa ubicación e non se explican que

vantaxes pode ter a instalación en Rey Daviña fronte a súa proposta na praza de referencia da

cidade.

O obelisco leva tempo arranxado e disposto para ser reinstalado en Vilagarcía no momento no

que o goberno local dea orde ao respecto.

O Grupo Municipal do Partido Popular insiste na urxencia de poñer solución inmediata a este

asunto debido a que é unha petición expresa dunha parte crecente da cidadanía e da propia

asociación.

Este asunto xa foi incluido no pacto de goberno asinado polo voceiro deste grupo municipal,

Tomás Fole, e o alcalde, Alberto Varela, sen que ata o de agora se fixera ningún tipo de xestión

ao respecto.

SOLICITA

Polo exposto anteriormente, o grupo municipal do PP SOLICITA, a fixación dunha reunión de

caracter urxente e específica sobre o tema da ubicación na praza de Galicia na que estean

presentes os representantes da Asociación en Defensa do Patrimonio, todos os grupos da

oposición, técnicos municipais e equipo de goberno.

O Sr. Fole Díaz indica que debe convocarse o grupo de traballo pactado coa finalidade de tratar

este tema.

Non habendo máis intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes do grupo municipal do PP informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE, EU, BNG e Somos Maioría din que

se manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da moción presentada

polo grupo municipal do PP de convocatoria dunha reunión urxente para resolver a ubicación

definitiva do obelisco na Praza de Galicia.

Page 13: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

- Intervén un representante da Asociación pola defensa do patrimonio de Vilagarcía para defender

a situación do obelisco na Praza de Galicia.

- Intervén o Sr. Fole Díaz dando as grazas á Asociación e indica que este tema está incluído no

acordo que se asinou co PSOE. En 1932 se acordou construír o obelisco. A anterior corporación

acordou levalo á Praza de Galicia pois non hai nada que o impida. Non hai petición para situalo

en Doutor Carús nin Alcalde Rey Daviña.

Debería estar colocado, só falta chamar á Escola de Canteiros e que o coloquen. En aquel

momento non foi posible e se dixo que entre xuño e xullo de 2015 estaría colocado. E o Alcalde

actual quería ter un acordo cos grupos sobre este tema.

O único que prevalece é un capricho de non ceder e non colocalo na Praza de Galicia.

O PP o trae como Moción e no acordo co PSOE se dicía en Praza de Galicia.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que a defensa do Patrimonio a apoia Somos Maioría.

Débese colocar o mal chamado obelisco, pero por tradición é obelisco.

Débese situar nun lugar que se escoite dos que saben destes asuntos. Que se convoque a

reunión e que de aí saia a decisión.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que se debe dar unha solución a este tema. É preciso

convocar aos colectivos e organizacións do Concello para dar unha solución definitiva.

O BNG apoia a moción.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que os galegos somos de mover os marcos. Hai unha

preinstalación na Praza de Galicia. O Sr. Fajardo pediu estar os grupos políticos na reunión polo

obelisco. Haberá que falar de pros e contras para Praza de Galicia.

Se fala de parar o desenvolvemento do pobo e parece absurdo.

Se non hai acordo, ten que haber participación cidadá cunha consulta. O Patrimonio debe

defenderse.

En Alcalde Rey Daviña parece un tapón a rúa.

Están a favor da xuntanza e que se fale de todo, non só da Praza de Galicia.

- Intervén a Sra. García Sanmartín, Falando de Patrimonio. Non bebas sen comer, nin firmes sen

ler.

“Estudo dos técnicos municipais e Asociacións de defensa para concretar a mellor situación do

obelisco”.

Non teñen problema en reunirse coa Asociación en Defensa do Patrimonio. O obelisco pasou

polas mans dos seus antepasados, e débese manter na Praza da Constitución, cambiando cara

Alcalde Rey Daviña.

Os novos tempos requiren novas necesidades. No ano 2016 non ten sentido nunha praza como a

de Galicia poñer o obelisco. O seu modelo é diáfano para as prazas.

Apelan á memoria, o Consello da 3ª idade aplaudía a decisión en Rey Daviña.

Sentaranse a debater a mellor situación e teñen o criterio claro.

- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que non hai ningún impedimento para situar o Obelisco na

Praza de Galicia. A Asociación formula a Praza de Galicia.

Van a reunirse para expoñer a súa posición. Nunha reunión si se decide outra situación se vai a

respectar ou non.

O Alcalde non ten palabra, calquera conversación vai a ser literal. Din unha cousa e fan outra.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que o Sr. Fole agora manifesta que escoitou aos

veciños. Por favor hemeroteca. Non escoitaba aos veciños cando foi Alcalde.

Non vai falar de cargarse árbores, pero fala de 2.000 firmas para non demoler a Casa Becerra e o

PSOE foi o único que a defendeu.

Deulles igual. Se hai informes lle interesa, se non lle interesan os informes son opinións. Agora

está en defensa das causas veciñais.

O grupo de goberno defenderá o seu criterio en Praza da Constitución.

Page 14: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

- Intervén o Sr. Alcalde dicindo que lle sorprende escoitar ao Sr. Fole.

O Sr. Fole non preguntou a ninguén para facer o burato da Praza de Galicia despois das

eleccións.

Farán unha reunión e expoñerán os seu argumentos.

Foi lexítimo en Praza de Galicia (anos 30) Praza da Constitución (ano 68). Aforro público é deixalo

onde estaba.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con doce votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos municipais

do PP (7), EU (3) e BNG (2), e nove abstencións dos membros pertencentes ós membros dos

grupos políticos municipais do PSdG-PSOE (8) e Somos Maioría (1)

ACÓRDASE: Por maioría a aprobación da moción presentada polo grupo municipal do PP de

convocatoria dunha reunión urxente para resolver a ubicación definitiva do obelisco na Praza de

Galicia na que estean presentes os representantes da Asociación en Defensa do Patrimonio,

todos os grupos da oposición, técnicos municipais e equipo de goberno.

5.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA DECLARACIÓN DE OBRAS DE ESPECIAL INTERESE

ÁS PROMOVIDAS POLA ASOCIACIÓN CON ELES NA RÚA SOBREIRA Nº 24.: Dáse conta do

ditame emitido pola Comisión Informativa de Economía, Facenda e Especial de Contas, en sesión

celebrada o día 23 de novembro de 2015, do seguinte teor:

Dáse conta de solicitude da Asociación Con Eles de bonificación no Imposto sobre

Construccións, Instalacións e Obras pola obra de “muro de peche linde oeste-Fase I e rampla

interior para uso peatonal en rúa Sobreira nº 24, e do informe da Sección de Rendas, seguinte:

ASUNTO: SOLICITUDE DE BONIFICACION NO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E

OBRAS

Por escrito de data 26.05.2015 ( Rex. Ent. 6980 ) Dna. EVANGELINA SAYAR AGUIÑO ( 76.858.590-l) e/r

ASOCIACION “CON ELES” ( G. 36.296.739) solicita bonificación no Imposto sobre Construccións,

Instalacións e Obras pola obra de “muro de peche linde oeste-Fase I e rampa interior para uso peatonal”

en RUA SOBREIRA Nº 24.

Consultada a normativa de aplicación, o art 4.2 da Ordenanza Fiscal nº I.3, reguladora do Imposto, dispón,

en concordancia co art. 103.2.a) do RDL 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da

Lei Reguladora das Facendas Locais, o seguinte: “O Pleno da Corporación poderá declarar, previa

solicitude dos interesados e os informes dos técnicos municipais, que determinadas construccións,

instalacións ou obras son de especial interés ou utilidade pública municipal por concorrer circunstancias

sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego. Dita declaración requiere o voto favorable

da maioría simple dos seus membros.

Declarada dita utilidade a Xunta de Goberno Local poderá aplicar unha bonificación do 50% da cota en

atención ós documentos existentes no expediente e que motivaron a declaración de especial interés ou

utilidade pública municipal.”

A obra consiste na construcción dun muro de peche no inmoble no que a Asociación realizada a súa

actividade de atención a disminuidos psíquicos, o que ten unha finalidade de interés claramente social,

polo que se considera a procedencia da bonificación solicitada.

PROCEDE se adopte acordo plenario no que se declare dito carácter, co fin de que por parte da Xunta de

Goberno Local se determine a porcentaxe a aplicar no cálculo do ICIO.

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE, PP, EU e BNG informan

favorablemente.

Page 15: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

O representante do grupo municipal de Somos Maioría di que se manifestarán no Pleno e polo

tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da solicitude de

ASOCIACIÓN CON ELES de declaración de obra de interese social a efectos de bonificación do

ICIO.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos concelleiros presentes no Pleno (19 de 21) acórdase

aprobar a declaración das obras de “muro de peche linde oeste-Fase I e rampla interior para uso

peatonal en Rúa Sobreira nº 24”, como de interese social aos efectos de bonificación no ICIO

(Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras) á licenza de obra.

6.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA DECLARACIÓN DE OBRAS DE ESPECIAL INTERESE

ÁS PROMOVIDAS POLA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN

UNIVERSITARIA, NO IES ARMANDO COTARELO VALLEDOR.: Dáse conta do ditame emitido

pola Comisión Informativa de Economía, Facenda e Especial de Contas, en sesión celebrada o

día 23 de novembro de 2015, do seguinte teor:

Dáse conta do escrito presentado por D. Jorge Fernánde zMiguez, en representación da UTE

Prado Lameiro, S.L. – Actividades, Construcciones y Voladuras, S.L. de bonificación do ICIO para

as obras de “Reforma e Ampliación do IES Armando Cotarelo Valledor”, de o seguinte informe da

Sección de Rendas:

ASUNTO: SOLICITUDE DE BONIFICACION NO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E

OBRAS

Por escrito de data 02.10.2015 ( Rex. Ent. 12998 ) D. JORGE FERNÁNDEZ MÍGUEZ ( 34.989.205-H) e/r da

UTE PRADO LAMEIRO SL-ACTIVIDADES CONSTRUCCIONES Y VOLADURAS SL ( U-32.464.711) solicita

a bonificación no Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras pola obra “REFORMA E AMPLIACIÓN

DO IES ARMANDO COTARELO VALLEDOR”, con fundamento en que se trata dunha obra de especial

interés público.

Consultada a normativa de aplicación, o art 4.2 da Ordenanza Fiscal nº I.3, reguladora do Imposto, dispón,

en concordancia co art. 103.2.a) do RDL 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da

Lei Reguladora das Facendas Locais, o seguinte: “O Pleno da Corporación poderá declarar, previa

solicitude dos interesados e os informes dos técnicos municipais, que determinadas construccións,

instalacións ou obras son de especial interés ou utilidade pública municipal por concorrer circunstancias

sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego. Dita declaración requiere o voto favorable

da maioría simple dos seus membros.

Declarada dita utilidade a Xunta de Goberno Local poderá aplicar unha bonificación do 50% da cota en

atención ós documentos existentes no expediente e que motivaron a declaración de especial interés ou

utilidade pública municipal.”

A obra consiste na ampliación das instalación destinadas a ser utilizadas para as actividades educativas

propias do centro, o que ten un claro interés social e cultural, polo que se considera a procedencia da

bonificación solicitada.

PROCEDE se adopte acordo plenario no que se declare dito carácter, co fin de que por parte da Xunta de

Goberno Local se determine a porcentaxe a aplicar no cálculo do ICIO.

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE, PP e BNG informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais de EU e Somos Maioría, din que se manifestarán no Pleno e

polo tanto abstense.

Page 16: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da solicitude de UTE PRADO

LAMEIRO, S.L.-ACTIVIDADES, CONSTRUCCIONES Y VOLADURAS, S.L. de declaración de obra de

interese social a efectos de bonificación do ICIO.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos concelleiros presentes no Pleno (21 de 21) acórdase

aprobar a declaración das obras de Reforma e ampliación do IES Armando Cotarelo Valledor

como de interese social aos efectos de bonificación no ICIO (Imposto sobre Construccións,

Instalacións e Obras) á licenza de obra.

7.- ADOPCIÓN DE ACORDO, SE PROCEDE, EN RELACIÓN COA MOCIÓN APROBADA

POLO PLENO DA CORPORACIÓN DE MEAÑO, SOBRE A DEPURACIÓN DA RÍA DE

AROUSA.: Dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de Economía, Facenda e

Especial de Contas, en sesión celebrada o día 23 de novembro de 2015, do seguinte teor:

Dáse conta do acordo adoptado polo Pleno do Concello de Meaño de aprobación da moción

presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE para instar á Consellería do Medio Rural e do

Mar, apoiándose no Grupo de Acción Costeira, que proceda á tan necesaria limpeza e

depuración da Ría de Arousa, facendo extensible esta moción aos Concellos da Comarca para

de xeito conxunto facer esta solicitude á Consellería do Mar.

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes do grupo municipal do PSG-PSOE informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PP, EU, BNG e Somos Maioría din que se manifestarán no

Pleno e polo tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a moción presentada polo grupo municipal do

PSdeG-PSOE no Concello de Meaño, sobre a depuración da Ría de Arousa.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que apoia a Moción de Meaño, e se debe limpar a Ría

e limpar o medio ambiente, e débese protexer e coidar a Ría.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que o BNG ven reclamando medidas para paliar a

contaminación que sofre a ría. Instan a tomar medidas para paliar este efecto dunha vez por

todas.

- Intervén o Sr. Fajardo Recouso dicindo que EU apoia a iniciativa. Un Concello insta a este

Concello, e reclaman á Xunta de Galicia o saneamento da Ría de Arousa, e a Xunta de Galicia

debe actuar e executar os orzamentos.

Que actúe sobre o río Ulla e sobre as depuradoras que non funcionan e verten directamente á

Ría. E hai un expediente aberto pola Unión Europea.

Non entende que se faga a través do GAC. O GAC fixo en Sanxenxo un SPAD que á sua vez

contamina a Ría.

Votarán a favor e a Xunta de Galicia que execute as súas competencias. Hai unha situación

dramática.

- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que o PP apoia a Moción, e a contaminación require

investimentos grandes. A Xunta de Galicia ten que facer estas melloras na Depuración da Ría.

En Meaño se insta só a Consellería do Mar, e débese instar á Xunta de Galicia no seu conxunto

ou que se amplíe tamén á Consellería de Medio Ambiente.

Page 17: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que o Sr. Agustín Hernández comprometeu 11.000.000

€ dos que non se veu nin un céntimo para a Ría máis productiva do mundo. Instan á Consellería

que reciba ao Alcalde da 8ª cidade de Galicia

Que veña o Conselleiro de Política Social a Vilagarcía de Arousa, e que avise ao voceiro da

oposición e non ao Alcalde, esas non son actitudes.En Bamio tampouco invitaron ao Alcalde.

Teñen que recibir ao Alcalde, ten pedida cita dende xullo, á Consellería de Medio Ambiente.

- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que teñen que comezar a xestionar, porque deixaron moitas

cousas comezadas. Non ten medios para marcar a axenda dos Conselleiros e Ministros. Se

enteirou que ia a estar o Conselleiro de Política Social e foi a saudalo. O Conselleiro preferiu vir él

á Fundación e non viceversa.

- Intervén o Sr. Fajardo Recouso pedindo que lamenta que o Conselleiro non ten en conta ao

Grupo de Goberno.

- Intervén a Sra. García Sanmartín pedindo ao Sr. Fole que sexa oposición e defenda a Vilagarcía

dende a oposición.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos Concelleiros presentes no Pleno (21 de 21)

ACÓRDASE: Apoiar o acordo adoptado polo Pleno do Concello de Meaño de aprobación da

moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE para instar á Consellería do Medio

Rural e do Mar, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (Augas de Galicia),

apoiándose no Grupo de Acción Costeira, que proceda á tan necesaria limpeza e depuración da

Ría de Arousa, facendo extensible esta moción aos Concellos da Comarca para de xeito

conxunto facer esta solicitude á Consellería do Mar e á Consellería de Medio Ambiente.

9.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DE

EU PARA QUE OS COLEXIOS QUE PRESTAN SERVIZO DE COMEDOR SEXAN EQUIPADOS

CON COCIÑA PROPIA.: Dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de Economía,

Facenda e Especial de Contas, en sesión celebrada o día 23 de novembro de 2015, do seguinte

teor:

Dáse conta da moción presentada polo grupo municipal de EU 18 de novembro de 2015, do

seguinte teor:

Grupo Municipal de Esquerda Unida, propón para o seu debate no Pleno a presente Moción.

D. Jesús López Rodríguez, Dª. María Mosquera Leal e D. Juan M. Fajardo Recouso, en nome e

representación do Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Vilagarcía, mediante a

presente veñen a presentar a seguinte MOCIÓN para a posta en marcha“ dun servizo de Cociña

Municipal” en base a seguinte consideración de motivos:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O recente e lamentable episodio de comida en mal estado nalgúns comedores escolares deste

Concello pon ao descuberto unha serie de feitos que xa foron obxecto de critica e denuncia no

pasado. A realidade é que deixar en mans de empresas privadas un servizo público como é o do

comedor escolar, demostra o que defende este grupo: externalizar os servizos non implica

mellorar o servizo que se presta. E neste caso o empeoramento chegou a extremos de

converterse nun problema de saúde pública de primeiro orde, pois é intolerable que aos colexios

chegue comida fermentada para ser servida aos nenos e nenas.

Evidenciase o pouco interese da Administración Autonómica en que o servizo sexa prestado cas

máximas garantías, pois non se estableceron os controis necesarios e obrigados para evitar

situación como a ocorrida. Pero o que evidencia é que as empresas que optan a prestar servizos,

que na nosa lóxica, deben estar en mans da Administración, só buscan obter un beneficio

Page 18: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

empresarial sen importar se para elo se baixa a calidade do servizo, se retira a auga embotellada,

ou se merman ou descoidan os dereitos laborais das persoas contratadas para os servizos de

comedor nos colexios, tamén dependentes destas empresas.

Por elo no pasado, en pleno Goberno Municipal do Bipartito PSOE-BNG, o Grupo Municipal de

Esquerda unida chegou a un acordo para que se aproveitase o edificio do Balneario da Praia

Compostela como Escola de Hostalería, e nos seus baixo se instalase unha cociña municipal que

prestase servizo aos comedores escolares do noso concello. Acordo que obviamente non se

chegou a cumprir.

Hoxe queda máis claro que non é certa a teoría que defenden os políticos máis lacazáns, que din

que o público non funciona ou non e viable. Neste concello o servizo de comedor escolar cun

maior índice de satisfacció entre os pais dos seus usuarios é o do colexio de A Lomba, e seguro

que ten moito ou todo que ver con que ese centro é o único en todo Vilagarcía onde se dispón de

cociña propia, evitando así os inventos actuais que se aplican no resto de centros, onde a

comida faise en Málaga e conxélase para ser distribuída en Galicia. Por elo compre recuperar o

servizo dende o público, e facer valer o acordo alcanzado por EU co bipartito.

Estamos convencidos de que os servizos públicos, en mans das diferentes administracións, con

vontade política de que funcionen, son a mellor garantía para o propio servizo e tamén para as

condicións de traballo dos empregados e empregadas necesarios para prestalo. Sometemos a

debate no Pleno Municipal, e solicitamos que se aprobe a adopción do seguinte acordo:

PROPOSTA DE ACORDO

1º.- Promover ante a Xunta de Galicia, que todos os colexios que prestan o servizo de comedor

sexan equipados con cociña propia que atenda o comedor dese centro, seguindo o modelo do

Colexio de A Lomba, ou que se estude a posibilidade de que dende a cociña do colexio de A

Lomba se realicen todas as comidas dos diferentes comedores existentes no noso concello, cas

adaptacións e ampliacións tanto das instalacións como do persoal que fose necesario para

atender o incremento de traballo.

2º.- En caso de que non se cumpra o recollido no punto 1º, retomar e cumprir co contido do

acordo promovido no seu dia por Esquerda Unida para crear e poñer en marcha unha cociña

municipal, que prepare a comida que logo será servida nos comedores deste concello que non

dispoñan de cociña propia, garantindo un servizo completo e de calidade.

En Vilagarcía a 16 de novembro de 2015.

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes do grupo municipal de EU informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE, PP, BNG e Somos Maioría, din que

se manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da moción presentada

polo grupo municipal de EU para que os Colexios que prestan servizo de comedor sexan

equipados con cociña propia

- Intervén o Sr. López Rodríguez indicando que é intolerable o que pasou nas últimas semanas.

Rescindiuse o contrato, pero segue funcionando mal. O Colexio A Lomba ten comedor con

cociña propia. Existe un acordo da época de Dona Dolores García para fixar unha cociña no

balneario, que está en litixio, pero pode ser en Fexdega. Hai que intercambiar o comedor escolar

co catering do Parlamento.

Pode haber un servizo de cociña municipal para o Concello e Concellos próximos.

Pide que se adopte este acordo de poñer en marcha unha cociña industrial.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que é un tema sangrante o dos comedores. Se centra

esta xestión no importe da comida.

Pide que se estenda o modelo de A Lomba a tódolos comedores de Vilagarcía.

Page 19: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

Apoia a Moción.

- Intervén a Sra. César Veloso dicindo que vense os resultados da política de recortes do PP. Non

se pode consentir que se dea comida en mal estado nos comedores e que veña un catering de

Málaga.

Débese proporcionar cociña en tódolos centros e o responsable é a Consellería, e que a

Consellería asuma o custe económico.

Débese engadir isto á Moción.

- Intervén a Sra. Llovo del Río dicindo que o PP está de acordo co fondo da Moción. É unha

competencia impropia e non hai informe. Cociñas nos colexios a maiores, se debe investir en

goteiras, pavillóns e logo comedores, e se deben controlar os catering.

Pregunta onde se vai facer esa cociña, queren que o Balneario teña un uso hostaleiro.

No fondo están de acordo coa moción, na forma non.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que ante a gravidade da situación houbo que tirar o

caldo e retirar a comida.

O PSOE apoiará a moción se se exclúe o partado nº 2 por ser unha competencia impropia.

Non teñen problema co apartado 1º.

Os socialistas se puxeron en contacto cos Deputados socialistas do Parlamento de Galicia e o

voceiro do PsdeG-PSOE puxo a situación en coñecemento do Conselleiro e rescendiuse o

contrato coa empresa.

O PSOE acepta a moción se retiran o 2º apartado.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que onde existe cociña municipal se recorre a

provedores locais (Praza de Abastos). Queren a ferramenta e non duplican. A pelexa e dar

calidade e non desviar a empresas privadas. Se hai cociñas nos centros poden ter comida san e

saudable.

- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que o grupo de goberno ten a responsabilidade de decidir e

levalo a cabo, e hai que dar exemplo e axustarse á legalidade. O catering sae dun concurso

público e é tan lícito como a xestión directa.

EU pode gobernar co PSOE e asinar ese tema.

Non se pode contratar persoal e cumprir requisitos sanitarios. Eles sempre opinaron no mesmo.

Se debería retirar o asunto.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que demandaron diante da Administración competente

a prestación dos seus servizos. O PP leva gobernando na Xunta de Galicia e a Sra. Llovo fala de

goteiras. Demandaron á Xunta de Galicia que ten a competencia.

E unha competencia da Xunta de Galicia. AGE presentou unha iniciativa de comedores o 19 de

novembro , despois do tratamento que se da á polémica dende os medios de comunicación e os

requerimentos dos socialistas levaron a cabo a rescisión do contrato.

Retiren o 2º punto da moción.

- Intervén o Sr. Fajardo Recouso dicindo que o tema falouse na sesión de control ó Goberno

Galego. Trasladaron ao Presidente por AGE este tema.

Toda a oposición se dirixiu ao Conselleiro e dixo que se ía a rescindir.

- Intervén o Sr. Alcalde dicindo que apoian o 1º apartado, e o 2º non. O Concello esixe á Xunta

que cumpra coas súas obrigas. Son competencias impropias. Se formulou unha empresa de

servizos no ano 2010, a Lei mudou e a LRSAL non lle permite asumir competencias impropias ao

Concello e o Concello debe estar alerta.

Sometido a votación os dous apartados da moción por separado, da o seguinte resultado:

1º Apartado:

Page 20: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

VOTACIÓN.- Con catorce votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos

municipais do PSdG-PSOE (8), EU (3), BNG (2) e Somos Maioría (1) e sete votos en contra dos

membros pertencentes ao grupo político municipal do PP (7)

ACÓRDASE: Por maioría aprobar o 1º apartado da moción presentada polo grupo municipal de

EU e promover ante a Xunta de Galicia, que todos os colexios que prestan o servizo de comedor

sexan equipados con cociña propia que atenda o comedor dese centro, seguindo o modelo do

Colexio de A Lomba, ou que se estude a posibilidade de que dende a cociña do colexio de A

Lomba se realicen todas as comidas dos diferentes comedores existentes no noso concello, cas

adaptacións e ampliacións tanto das instalacións como do persoal que fose necesario para

atender o incremento de traballo.

2º Apartado:

VOTACIÓN.- Con tres votos a favor dos membros pertencentes o grupo político municipal de EU

(3), tres abstencións dos membros pertencentes ós grupos políticos municipais do BNG (2) e

Somos Maioría (1) e quince votos en contra dos membros pertencentes ós grupos políticos

municipais do PSdG-PSOE (8) e PP (7)

ACÓRDASE: Por maioría rexeitar a aprobación do 2º apartado da moción presentada polo grupo

municipal de EU.

10.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL

DE EU SOBRE A PARALIZACIÓN DAS LICENZAS DE OBRAS QUE SUPEREN OS 2.500 M²

DE USO COMERCIAL.: Dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de Urbanismo

e Servizos, en sesión celebrada o día 23 de novembro de 2015, do seguinte teor:

Dáse conta da moción presentada polo grupo municipal de EU coa data de 18 de novembro de

2015, do seguinte teor:

D. Xesús López Rodríguez, Dª. María Mosquera Leal e D. Juan M. Fajardo Recouso, en nome e

representación do Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Vilagarcía, mediante a

presente veñen a presentar a seguinte MOCIÓN polo problema urbanístico da parcela de Megasa

en base a seguinte consideración de motivos:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Dende fai xa tempo algúns vimos reclamando unha solución urbanística para a parcela de

Megasa acorde a súa ubicación, e sempre en base a un modelo de cidade que algúns temos

claro, e outros aínda dicindo tamén telo claro, os seus feitos non demostran o mesmo.

E non o demostran porque van deixando pasar oportunidades de poñer freo ao que a todas luces

pode ser impedimento para poder aplicar o modelo de cidade máis axeitado, incluso o modelo

de cidade que o actual goberno di ter. Non pretendemos reproducir todo o dito ata o de agora de

porque non acabamos de coincidir cos usos que se lle pretende dar a esa zona de Vilagarcía, que

son moitos e fundados, e xa de sobra coñecidos. Queremos destacar o feito de como nos está a

parecer que certas iniciativas que este Grupo presentou en relación a este tema non recibiron

resposta, ni tan sequera en sentido negativo. Dáse á calada por resposta e que pase o tempo. E

isto non nos parece ben porque estando calado, un faise cómplice do resultado, aínda que siga

dicindo pola boca pequena, e cada vez máis pequena, que non se está de acordo, pois xa non

resulta crible.

Concretamente este Grupo solicitou formalmente unha xuntanza de portavoces para valorar a

posibilidade de adoptar unha determinación con respecto ás licenzas de obra para construcións

de máis de 2.500 metros cadrados. A finalidade era poñer freo ás obras e infraestruturas que

poden condicionar de forma severa e por moitos anos o deseño desa cidade que todos dicimos

ter claro. Pois non é xusto que se no deseño do futuro da cidade proxéctase unha zona verde,

por exemplo, esta se vexa imposibilitada porque alguén construíu con carácter previo a esa

modificación un almacén ou un edificio de 7 plantas. A lóxica di que si existe a ferramenta que

Page 21: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

poida conxelar as obras que polo seu volume condicionen o futuro, debe empregarse para que

impere o ben común e non o beneficio particular e interesado.

Este Grupo Municipal está convencido de que a ferramenta existe, e pode empregarse para

conxelar esas licenzas polo período máximo que a lei establece ou en todo caso ata que o novo

PXOM estea rematado e teñamos claro os usos e destinos do noso solo municipal.

De forma simultánea a esta inactividade do Goberno Municipal á hora de responder ás peticións

deste grupo, e na toma de decisións que eviten interferencias insalvables no futuro do PXOM,

coincide isto co anuncio de que a asociación Zona Aberta anuncia que non vai proseguir con

máis procesos legais. Son trámites moi custosos para as súas arcas, e con razón, pois si algo

dificulta neste país o acceso á xustiza é precisamente o elevado custo desta. Neste caso faise

máis inxusto, valga a redundancia, polo feito que eses cartos estanse a gastar para loitar contra

decisións prexudiciais para este colectivo, tomadas pola propia Administración, que en principio

debe favorecer os intereses dos seus veciños e veciñas, incluídos os colectivos de comerciantes,

que son un motor económico clave nesta vila.

Por elo é importante que nestes casos nos que se busca o amparo da xustiza ante decisións

tomadas pola Administración, esta debería estar libre de taxas xudiciais, e favorecer o acceso a

asistencia letrada mediante a quenda de oficio baixo determinadas circunstancias económicas, e

sobre todo tratándose de asociacións que coma neste caso defenden os intereses dun colectivo.

Coñecedores de que este acceso á xustiza non depende da Administración Local, máis alá do

feito de que os grupos políticos poidan e deban tramitar as reformas que consideren xustas, si

parece lóxico que dende un concello coma este poida existir un servizo de axuda, asesoramento

e financiamento dos procesos que unha persoa física con poucos recursos, ou as organizacións

que defenden intereses colectivos teñan a súa disposición para poder afrontar estes largos e

caros trámites. Só así garantiremos que a xustiza o sexa de verdade, pois se non accede todo o

mundo por igual, non se pode chamar xustiza e xera máis rabia e impotencia nos administrados.

Por todo elo, sometemos a pleno estas cuestións para ser debatidas, e aprobar a seguinte

proposta de acordo:

PROPOSTA DE ACORDO

O pleno da corporación insta ao Goberno Local a:

1º.- Adoptar a medida de paralización de todas as licenzas de obras que superen os 2.500

metros cadrados de uso comercial, polo tempo máximo permitido ou ata a aprobación do novo

Plan Xeral de Ordenación Municipal, que segundo o Goberno Municipal xa iniciou. Todo elo ca

única finalidade de que en este tempo de estudio e posta en marcha do novo PXOM ningunha

obra poda alterar o futuro planificado da cidade.

2º.- Establecer un sistema de axuda e asesoramento para favorecer que as persoas e

asociacións poida acceder a defenderse e actuar xudicialmente na defensa dos seus dereitos

diante da Administración, para que ninguén teña que renunciar ao dereito de acceso á xustiza

polo mero feito de non poder pagala.

En Vilagarcía a 18 de novembro de 2015.

Dáse conta do informe da Secretaria Xeral de data 7 de outubro de 2015, coa seguinte

CONCLUSIÓN:

1.- Estariamos ante un caso de suspensión potestativa de licenzas derivada do estudo do PXOM, polo que

só procedería suspender as licenzas de obras, de parcelación e demolición.

Existe numerosa xurisprudencia que resolve que a suspensión do procedemento do outorgamento de

licenzas, como norma restritiva de dereitos que é, debe ser interpretada restritivamente e non pode ser

aplicada de forma analóxica.

Por outra banda a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ditou

diversas sentenzas nas que indicou que a aprobación inicial dun plan xeral, implica no só a suspensión do

procedemento do outorgamento das licenzas de parcelación, edificación e demolición, senón que tamén

implica a suspensión da tramitación dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento (plans parciais,

estudos de detalle...) e dos instrumentos de xestión urbanística (proxecto de urbanización) (Sentenzas

TSXG 464/2008 de 19 de xuño, sentenza TSXG 870/2008, de 20 de novembro que tratou de impedir a

aprobación de instrumentos urbanísticos incompatibles coa nova ordenación)

Page 22: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

Debe reseñarse que as sentenzas citadas fan referencia a suspensión derivada da aprobación inicial dun

PXOM, non de suspensión derivada do estudo do PXOM.

De aplicarse restritivamente o artigo 77 da LOUGA, neste momento a suspensión de licenzas non afecta a

ningunha solicitude presentada por MEGASA, pois non están pendentes de tramitación ningunha licenza

de obra, de parcelación nin demolición.

De aplicarse as sentenzas do TSXG relativas aos efectos de aprobación inicial do PXOM consistentes na

suspensión da tramitación dos instrumentos de xestión urbanística (proxecto de urbanización), aínda que

neste caso nos atopamos ante una suspensión para o estudio do PXOM, podería conlevar a suspensión da

tramitación do proxecto, urbanización promovido por MEGASA, que se atopa pendente de resolución.

Todos estes aspectos deben concretarse na documentación técnica e xurídica que no seu caso se elabore

(zonas afectadas, efectos de suspensión) aínda que descoñecendo esta e tendo en conta o caso que se

estuda debe precisarse o seguinte:

A) Ao suspenderse as licenzas de obras nese ámbito, o Concello debería decidir todas as cuestións

derivadas deste acordo (art. 89 LRJPAC) e que decisión adoptar sobre o estudo de detalle e o proxecto de

urbanización aprobada e por suposto sobre o proxecto de urbanización en tramitación, xa que, se deduce

que o Concello no estaría de acordo coa plasmación dos tres documentos citados.

B) Se o acordo municipal de suspensión de licenzas se estende aos documentos citados a decisión tamén

afectaría ós expedientes promovidos por MEGASA que se atopan en tramitación ante a Xunta de Galicia

Dirección Xeral de Comercio e Dirección Xeral de Medio Ambiente.

2 .- As dificultades xurídicas que conlevan as decisións anteriores, que suporía de adoptarse, apartase do

disposto no art. 77 da LOUGA e aplicar unhas sentenzas derivadas da aprobación inicial do PXOM (que

neste caso non estamos nese suposto), se engade os prazos aos que se ve cinguido o Concello para levar

a cabo a aprobación inicial do PXOM (dentro do ano da suspensión de licenzas) o que parece a todas luces

de moi difícil cumprimento, dado o estado actual dos traballos de revisión do PXOM.

3.- Para finalizar e coas cautelas precisas, por non dispoñer da documentación que reflicta dun modo

claro a área afectada pola suspensión, os cambios nos usos do solo, as propostas municipais sobre os

documentos aprobados (estudo de detalle e proxecto de urbanización) ou en tramitación (proxecto de

urbanización) que conlevaron no seu día a adquisición gradual de dereitos por parte dos promotores de

MEGAS o Concello pode estar ante unha decisión de suspensión ilegal de licenzas que podería conlevar o

pago dunha indemnización por responsabilidade patrimonial.

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes do grupo municipal de EU informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE, BNG e Somos Maioría, din que se

manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.

As/os representantes do grupo municipal do PP informan desfavorablemente.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da moción presentada

polo grupo municipal de EU sobre a paralización das licenzas de obras que superen os 2.500 m²

de uso comercial.

- Dáse conta da emenda presentada polo grupo municipal de EU seguinte:

1º.- Instar ao Goberno Local a defender os postos de traballo estables no pequeno comercio de

Vilagarcía iniciando o trámite que conclúa coa suspensión de licenzas para calquera obra que

supere 2.500 metros cadrados de uso comercial en zona urbana e que implique unha

modificación de estradas e accesos á vila, polo tempo máximo permitido ou ata a aprobación do

novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que segundo o Goberno Municipal xa iniciou. Todo elo

coa única finalidade de que en este tempo de estudo e posta en marcha do novo PXOM ningunha

obra poida alterar o futuro planficado da cidade.

2º.- Instar ao Goberno Local a que presente un informe de un técnico independente sobre o

impacto urbanístico e medioambiental da construcción do centro comercial e a viabilidade de

paralizar a licenza ata ter aprobado o PXOM.

3.- Establecer un sistema de axuda e asesoramento para favorecer que as persoas e asociacións

poidan acceder e defenderse e actuar xudicialmente na defensa dos seus dereitos diante da

Administración, para que ninguén teña que renunciar ao dereito de acceso á xustiza polo mero

feito de non poder pagala.

Page 23: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

- Intervén o Sr. López Rodríguez pedindo unha xuntanza de voceiros. É indignante que para

defender os seus intereses gasten cartos os comerciantes.

Se informa pola Secretaria Xeral a instancia de EU. A Secretaria deixa posibilidades.

As ferramentas deben poñerse, o informe sinala que a suspensión afecta aos que estean en

trámite pero non aos resoltos. Hai un inmobilismo polo grupo de goberno municipal.

Dende o Concello que se artellen medidas para apoiar aos colectivos.

Instan ao goberno que elabore a documentación técnica e evalúe a posibilidade. Modificaron a

súa posición inicial limitando ao solo urbano a suspensión.

Defenden un modelo de cidade para que non teña un centro comercial en solo urbano.

Hai xa un centro comercial baleiro.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que o actual goberno se escuda en informes técnicos.

Somos Maioría apoia ao pequeno comercio estable. O centro comercial non vai a traer máis

traballo, vai traer contratos de miseria. Entende que o texto poida ter defectos de forma pero o

apoia, pois iría en contra do seu electorado.

O goberno local que teña en conta o 2º punto da moción, cando menos.

Vota a favor.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que o BNG mantén o seu compromiso co comercio local e

se opoñen á implantación da área comercial. Non van insistir nas consecuencias.

Lles preocupa que renunciaran por non asumir os custes na defensa da cidade. Debe o grupo de

goberno defender o modelo de cidade e os postos de traballo e están a favor da moción.

- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que traen a Pleno unha moción e o Alcalde coñece a conclusión

dese informe pola súa formación xurídica.

O modelo de cidade debe respectar o estado de dereito.

A responsabilidade patrimonial a paga o Concello e pode existir unha responsabilidade penal.

Agora se hai algún impedimento aí se verá, a Secretaria o explicou na Comisión Informativa

reiteradamente.

Esta moción causa prexuízos económicos ao Concello e impide a actividade económica e

procede que retiren a moción da Orde do Día.

O 2º apartado é imposible. Hai moitas persoas que teñen menos recursos e o Concello non o

pode asumir.

- Intervén o Sr. Alcalde dicindo que a suspensión pode darse, só pode utilizarse unha soa vez, se

se levanta a suspensión pasado un ano se presentarían solicitudes de licenzas. Aprobouse unha

suspensión inicialmente no ano 1996 e definitivamente no ano 2000. Se presentaron moitas

solicitudes de licenzas. O PXOM hai que cambialo en moitas cousas, EPTISA presentou o

documento o 4 de setembro de 2013 para aprobación inicial, non se remitiu á Xunta de Galicia

nin para informe.

Estaba previsto para MEGASA na revisión do PXOM outra cualificación urbanística como solo

residencial.

Sr. Fole, o PSOE seguirá estudando as posibilidades, acompañaron á Asociación á Xunta de

Galicia. Se lles fixo saber que non encaixaba no modelo de cidade. A suspensión non é viable e

empraza a todos a estudar unha solución se a atopan.

O sistema de axuda xudicial non se pode asumir polo Concello, empraza a falar e buscar unha

solución entre todos.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que o 30 de setembro pediron sentarse a explorar este

tema e que se faga a documentación técnica. Lendo o informe atopan posibilidades para

suspender.

Débese ademais acceder ás peticións económicas.

Page 24: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que a aprobación incial estaba enriba da mesa e a Xunta de

Galicia dixo que non aceptaba o convenio de LANTERO e se tratou de formulalo coa aveniencia

dos técnicos municipais.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que é un desastre, que o goberno tome a iniciativa e non

se implante esta grande área.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo simplemente que coa data de 30 de setembro de 2015

pediron unha reunión e non se respondeu. Formularon abordar isto e que se estude a suspensión

de licenzas tamén para unha modificación puntual do PXOM.

Non van en contra de MEGASA e ALCAMPO, é xenérico para todo o Concello. Non vai contra

ningunha empresa.

- Intervén a Secretaria Xeral dicindo que o seu informe é desfavorable con respecto a suspensión

de licenzas plantexada.

- Intervén o Sr. Alcalde pedindo que non se vote a Moción. Ocultou o Sr. Fole que era un

ALCALMO. Non foi como asesor xurídico nin unha soa vez a esa reunión do PXOM, e vostede

SR. Fole se reuniu dúas veces.

Que se poña data esta semana para esa reunión coa Asociación Zona Aberta, grupos políticos e

técnicos municipais.

- O Sr. López Rodríguez propón o seguinte acordo:

Instar ao Goberno Local a:

1.- Defender ao noso pequeno comercio local e os seus postos de traballo estables. 2.- Evaluar as posibilidades nunha xuntanza urxente coa finalidade de levar a cabo a suspensión

de licenzas para calquera obra que supere 2.500 metros cadrados de uso comercial en zona

urbana e que implique unha modificación de estradas e accesos á vila, polo tempo máximo

permitido ou ata a aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que segundo o

Goberno Municipal xa iniciou. Todo elo coa única finalidade de que en este tempo de estudo e

posta en marcha do novo PXOM ningunha obra poida alterar o futuro planficado da cidade.

3.- Retirar o apartado nº 2 da moción.

Sometido a votación a proposta citada anteriormente da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos concelleiros presentes no Pleno (21 de 21)

ACÓRDASE: Defender ao noso pequeno comercio local e os seus postos de traballo estables

evaluando as posibilidades nunha xuntanza urxente coa finalidade de levar a cabo a suspensión

de licenzas para calquera obra que supere 2.500 metros cadrados de uso comercial en zona

urbana e que implique unha modificación de estradas e accesos á vila, polo tempo máximo

permitido ou ata a aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que segundo o

Goberno Municipal xa iniciou. Todo elo coa única finalidade de que en este tempo de estudo e

posta en marcha do novo PXOM ningunha obra poida alterar o futuro planficado da cidade.

11.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL

DO PSG-PSOE PARA RECLAMAR Á CONSELLERÍA DE SANIDADE QUE MANTEÑA O

MONTANTE DA SUBVENCIÓN ANUAL QUE RECIBÍA O EQUIPO DE PREVENCIÓN DE

DROGODEPENDENCIAS DO SPAD DE VILAGARCÍA: Dáse conta do ditame emitido pola

Comisión Informativa de Economía, Facenda e Especial de Contas, en sesión celebrada o día 23

de novembro de 2015, do seguinte teor:

Dáse conta da moción presentada polo grupo municipal do PSG-PSOE coa data de 19 de

novembro de 2015, do seguinte teor:

Page 25: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

MOCIÓN PARA RECLAMAR Á CONSELLERÍA DE SANIDADE QUE MANTEÑA O MONTANTE DA

SUBVENCIÓN ANUAL QUE RECIBÍA O EQUIPO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

DO SPAD DE VILAGARCÍA, QUE PRESTA O SERVIZO DE PREVENCIÓN EN RIBADUMIA,

CAMBADOS, MEIS E VILAGARCÍA DE AROUSA

O Grupo Municipal do Partido dos Socialistas de Galicia – PSOE, en base ó disposto nos artigos

91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades

Locais e demais normativa de aplicación, presenta a seguinte MOCIÓN para o seu debate en

Pleno.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O Servizo de Prevención do SPAD de Vilagarcía de Arousa leva anos encargándose de executar

toda a programación e actividades informativas e formativas en relación a prevención do

consumo de drogas que se levan a cabo no Concello de Ribadumia, especialmente co alumnado

do Centro Educativo Julia Becerra Malvar. Estas accións forón posibles grazas ao financiamento

que a Consellería de Sanidade destina aos diferentes centros de atención as drogodependencias

e tamén ao convenio de colaboración asinado entre os Concellos de Ribadumia, Cambados,

Meis e Vilagarcía de Arousa.

No día de hoxe acabamos de coñecer a resolución pola que a Consellería de Sanidade informa

das subvencións concedidas para os anos 2015 – 2015 e 2017 a todos os proxectos de

prevención das drogodepencias e condutas adictivas en Galicia e na misma figura un recorte de

máis dun 40% na axuda que se concede ao SPAD de Vilagarcía de Arousa para accións de

prevención.

O Servizo de Prevención de Vilagarcía de Arousa e un referente a nivel galego, tanto polo número

de accións que leva a cabo en todolos concellos, como polo bo facer e profesionalidade das

súas técnicas e pola zona “sensible” na que están a traballar. Por estes motivos, e pesares dos

diferentes cambios no período é modalidade de concesión da subvención (pasouse de convenio

de cofinanciamento a convocatoria en concurrencia competitiva) a subvención de prevención

viña manténdose nos últimos anos en cifras similares, arredor de 61.000 – 62.000 € ano. De

feito, no ano pasado concedeuselle 61.805,51 € para un período de 15 meses.

Pois ben no presente ano, a Consellería fixo un cambio na convocatoria das subvencións,

establecendo un período a subvencionar maior, de 25 meses que abarca os anos 2015 – 2016 e

parte de 2017 e tamén se ampliaron as categorías de Concellos a subvencionar. Por este motivo,

a pesares de que o proxecto presentado polo SPAD de Vilagarcía de Arousa tiña a máxima

puntuación da súa categoría, o resultado e que a achega da Consellería de Sanidade para todo

este período de 25 meses e de 63,020,67 € o que traducido supón un recorte dun 42,90%.

Este recorte brutal, que se quere disimular ampliando os meses da subvención (para que figure

un importe total similar), supón por en grave risco a continuidade das accións que viña

desenvolvendo o Servizo de Prevención tanto no noso Concellos, como nos demáis da zona de

referencia do SPAD.

A cuestión e grave se temos en conta a importancia de realizar accións preventivas e informativas

entre a xente máis nova, para evitar o aumento de usuarios consumidores de drogas, nunha zona

ademais como o Salnés, das máis castigadas pola lacra da drogodependencias e na que hai un

acceso facíl a determinadas sustancias. Sempre se está a incidir na importancia da labor

preventiva e en fomentar habitos saudables de vida e logo resulta que a administración que ten a

responsabilidade de levalo a cabo non fai máis que aplicar recortes aos programas.

E polo anteriormente exposto que se propón a corporación municipal de Ribadumia a adopción

do seguinte acordo:

• O CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA DIRIXIRASE A DIRECCIÓN XERAL DE

SAUDE PUBLICA, A CONSELLERÍA DE SANIDADE E A XUNTA DE GALICIA PARA COMUNICAR

O REXEITAMENTO DO RECORTE NA AXUDA QUE SE APORTA AO SPAD DE VILAGARCÍA

PARA REALIZAR ACCIÓNS DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE SUSTANCIAS E RECLAMAR

QUE SE MANTEÑA, COMO MÍNIMO, A APORTACIÓN QUE SE VIÑA FACENDO OUTROS ANOS.

Vilagarcía de Arousa 17 de novembro de 2015

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Page 26: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

Os/as representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE e BNG informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PP, EU e Somos Maioría, din que se

manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da moción presentada

polo grupo municipal do PSG-PSOE para reclamar á Consellería de Sanidade que manteña o

montante da subvención anual que recibía o equipo de Prevención de Drogodependencias do

SPAD en Vilagarcía.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que supón un recorte do 40% da financiación. É un

recurso fundamental, é un recorte que afecta a catro Concellos (Ribadumia, Cambados, Meis e

Vilagarcía de Arousa).

Existía unha contía de 60.000 €/ano e agora pasa a ser bianual.

Necesitaríanse máis técnicos e pide o amparo da Corporación.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que está de acordo coa Moción. Reclama á Xunta de

Galicia que conceda mais fondos. É unha proposta do grupo de goberno de Ribadumia.

Apoia o texto, recorta a Xunta de Galicia en ámbitos vitais.

É mellor a prevención que paliar o problema.

- Intervén a Sra. Cesar Veloso dicindo que os máis desfavorecidos pagan as políticas de recorte.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que estamos acostumados a recortar en dependencia

cos colectivos desfavorecidos.

Se manteñen gastos noutras cousas (concordatos, etc.)

- Intervén a Sra. Suárez Sarmiento dicindo que o PP apoia a moción, no 2013 tamén apoiaron

neste sentido unha moción do PSOE. O PP de Vilagarcía de Arousa asumiu o compromiso de

asumir a prevención. Antes eran 6 Concellos, pero Catoira e Caldas deixaron de formar parte

deste Convenio.

Quere agradecer ás técnicas do SPAD o traballo.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que esta iniciativa é do PSOE. Non é un reaxuste é un

recorte.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos concelleiros presentes no Pleno (21 de 21)

ACÓRDASE: Dirixirse á Dirección Xeral de Saúde Pública, á Consellería de Sanidade e á Xunta de

Galicia para comunicar o rexeitamento do recorte na axuda que se aporta ao SPAD de Vilagarcía

para realizar accións de prevención do consumo de substancias e reclamar que se manteña,

como mínimo, a aportación que se viña facendo outros anos.

13.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL

DO PP EN RELACIÓN CO ACONDICIONAMENTO, MELLORA E REHABILITACIÓN DOS

PARQUES INFANTÍS DAS ZONAS RURAIS E ELABORACIÓN DUN PLAN PLURIANUAL DE

EXECUCIÓN ORZAMENTARIA E MATERIAL DOS MESMOS: Dáse conta do ditame emitido

pola Comisión Informativa de Urbanismo e Servizos, en sesión celebrada o día 23 de novembro

de 2015, do seguinte teor:

Dáse conta da moción presentada polo grupo municipal do PP coa data de 19 de novembro de

2015, do seguinte teor:

Page 27: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

Os concelleiros integrantes do Grupo Municipal Popular, ao amparo do establecido no artígo 97

do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais,

formulan, para a súa discusión e, no seu caso, aprobación no Pleno Ordinario a celebrar o

próximo dia 26 novembro de 2015, a seguinte MOCION:

Acondicionamento, mellora e rehabilitación dos parques infantís das zonas rurais e elaboración

dun Plan Plurianual de execución orzamentaria e material dos mesmos.

EXPOÑEN:

Ao longo destes últimos 4 anos do goberno de Partido Popular no noso Concello, é

perfectamente visible o cambio que os parques infantís da nosa vila experimentaron,

adaptándose ás novas esixencias e normativas que lle afectaban, e sobre todo, atendendo aos

milleiros de peticións de nais, pais, avós, avoas, e demais familia, que solicitaban estas melloras,

concretamente demandaban o cambio no material empregado no solo destes parques,

cambiando a area por o caucho, céspede e outros materiais similares.

O Partido Popular, recolleu esta demanda cidadá e iniciou, como recollía o seu programa

electoral co que se presentou as eleccións municipais do 2011, o cambio progresivo do solo

destes parques, así como mellora nos elementos dos mesmos, así podemos ver o cambio no

Parque Miguel Hernández, Parque da Xunqueira (en dúas fases), o Parque do Piñeiriño ou o

Parque infantil dos Duráns, que multiplicaron a presenza de cativos nestes parques tanto pola

calidade do solo, como dos elementos de ocio.

Estes cambios, que foron unha decidida aposta deste grupo, puideron ser realidade grazas ao

esforzo e saneamento económico efectuado polo Partido Popular e cristalizaron no momento en

que houbo dispoñibilidade orzamentaria. Así a través dos Plans de Inversión da Deputación de

Pontevedra, o goberno Popular priorizou estas actuacións, e no seu primeiro orzamento con

posibilidades reais de fondos, dedicáronse partidas para seguir coa mellora doutros parques da

nosa vila, como por exemplo o que está diante do Hotel Carril, no paseo marítimo.

Unha vez iniciadas estas melloras, é intención do noso grupo, aínda agora en tarefas de

oposición, conseguir que se actúe no resto dos parques do entorno urbano, e sobre todo, nos

moitos que existen nas zonas máis rurais, de maneira que ningún cidadán sinta que utiliza

parques de menor calidade.

Por estes motivos, proponse ao Grupo de Goberno, continuar actuando nos parques que contan

con partida orzamentaria, como é o caso do de Carril, e impulsar a progresiva adecuación dos

demais.

Para isto é necesario a elaboración dun documento que recolla o número de parques que existen

no noso concello, o seu estado actual, as necesidades de mellora, orzamentos das mesmas, e

programalo nun Plan Plurianual de mellora dos parques, de xeito que ao longo deste mandato,

poidan estar a totalidade dos mesmos adaptados no seu solo, como están os novos parques

urbanos, antes mencionados.

Polo exposto anteriormente, o grupo municipal do PP SOLICITA:

1. A elaboración dun documento que recolla o número de parques que existen no noso

concello, o seu estado actual, as súas necesidades de mellora e orzamentos das mesmas.

2. A elaboración dun Plan Plurianual de execución destas melloras, en función do recollido

no documento do primeiro punto, de xeito que ao longo deste mandato se efectúen a totalidade

das mesmas.

3. Que se recolla nos orzamentos dos exercicios económicos do 2016 a 2019, partidas

orzamentarias necesarias para a execución deste Plan Plurianual.

O Sr. Fole Díaz explica que considera importante este tema.

Non habendo máis intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes do grupo municipal do PP informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE, EU, BNG e Somos Maioría din que

se manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.

Page 28: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da moción do grupo

municipal do PP en relación co acondicionamento, mellora e rehabilitación dos parques infantís

das zonas rurais e elaboración dun Plan Plurianual de execución orzamentaria e material do

mesmos.

- Intervén o Sr. Longa Sánchez dicindo que no anterior mandato do PP adaptaronse os parques

atendendo suxerencias, cambiaron area por caucho. Os socialistas ningunearon os parques.

O PP deixou partidas orzamentarias, e le as propostas da moción.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que hai unha discriminación entre o centro e o rural. En

catro anos non elaboraron un documento e tiveron tempo de facelo.

Vai votar en contra.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que ao BNG lle preocupa o abandono do rural e alegranse

que o PP se acorde agora do rural. Son necesarios os parques para os pequenos, pero tamén

precisaban os nenos outras cousas.

Apoian a moción.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que EU non comparte a autoproclama. Non se deben

utilizar elementos de 2ª man nalgúns parques da cidade.

De todos modos se opoñen.

Non apoian a Moción.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que lle sorprende que dende o PP non saben onde

están os parques despois de catro anos. Estáse a facer o inventario e unha auditoría de parques

infantís. A normativa europea fala de diferentes pavimentos para os parques. Débese recuperar o

parque infantil en O Centenario aprobado polo Pleno da Corporación.

Os gobernos socialistas dotaron de parques infantís o Concello.

- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que agora vai a ser todo de nova compra nos parques infantís.

Puideron facer algo en 2014, antes non se puido facer nada por que houbo que pagar as

facturas.

Formulan un Plan Plurianual, se se pode facer no primeiro ano non hai problema.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo ao Sr. Fole que hai que reutilizar. Para o rural os vellos

e para o centro os novos xogos infantís, esa non é a política dos socialistas.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con nove votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos municipais

do PP (7) e BNG (2), e doce abstencións dos membros pertencentes ós membros dos grupos

políticos municipais do PSdG-PSOE (8), EU (3) e Somos Maioría (1)

ACÓRDASE:

1. A elaboración dun documento que recolla o número de parques que existen no noso

concello, o seu estado actual, as súas necesidades de mellora e orzamentos das mesmas.

2. A elaboración dun Plan Plurianual de execución destas melloras, en función do recollido

no documento do primeiro punto, de xeito que ao longo deste mandato se efectúen a totalidade

das mesmas.

3. Que se recolla nos orzamentos dos exercicios económicos do 2016 a 2019, partidas

orzamentarias necesarias para a execución deste Plan Plurianual.

15.- INTERPELACIÓNS.

Non se presentaron

Page 29: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA

16.- MOCIÓNS PRESENTADAS POLOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS POR RAZÓNS DE

URXENCIA. En cumprimento do preceptuado no artigo 91.4º do Regulamento de Organización,

Funcionamento e Réxime xurídico das Corporacións Locais, concluído o exame dos asuntos

incluídos na Orde do Día, e antes de pasar á rolda de rogos e preguntas, a Sra. Alcaldesa

preguntou se algún grupo político desexaba someter á consideración do Pleno por razóns de

urxencia algún asunto non comprendido na orde do día que acompañaba a convocatoria e que

non teña cabida no citado punto de rogos e preguntas, non presentandose ningunha moción

polos grupos municipais.

17. ROGOS E PREGUNTAS. Por parte dos/as Sres./as Concelleiros/as formúlanse os

seguintes rogos e preguntas:

- Intervén o Sr. Fole Díaz preguntando se van a estar nas Mesas de Negociación os grupos da

oposición.

- O Sr. Alcalde contesta que o decidirá el, por ser unha competencia da Alcaldía.

- O Sr. Fole Díaz pregunta se se convocaron as mesas de negociación.

- O Alcalde contesta que non.

- O Sr. Fole Díaz pregunta se convocaron grupo de traballo para as propostas restantes.

- O Alcalde contesta que non.

- O Sr. González Somoza fai os seguintes rogos e preguntas:

Que se eliminen as ratas na Rúa Vista Alegre.

Que se repoña o servizo de edición polo Concello.

Os actos homenaxe a Manuel Blanco Mariño que sexa sentido.

Cartel AROSA PARK, está en castelán e débese corrixir.

¿Augas de Galicia respondeu sobre a situación do regato do Facho?

- Contesta o Sr. Alcalde que está solicitada unha reunión en Augas de Galicia.

18. QUENDA DE ROGOS E PREGUNTAS ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE Á SESIÓN.

Por parte do público asistente formúlanse rogos e preguntas.

E sen máis asuntos que tratar, ás 21:30 horas, levantouse a sesión da que se estende a presente

acta e eu, Secretaria, dou fe.