ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn...

24
ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE MAIO DE 2016 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA PAZ CONCELLEIRAS/OS DONA TANIA GARCÍA SANMARTÍN D. ARGIMIRO SERÉN MERA DONA PAOLA MARIA MOCHALES D. LINO MOURIÑO SANTIAGO DONA SONIA OUTÓN CASAL D. JUAN ANTONIO PÉREZ CALLÓN DONA LUZ Mª ABALO PÉREZ D. TOMÁS FOLE DÍAZ DONA ROCÍO A. LLOVO DEL RÍO DONA ELENA SUÁREZ SARMIENTO D. JESÚS LONGA SÁNCHEZ DONA ANA Mª GRANJA GUILLÁN D. ANGEL BENITO PÉREZ DORGAMBIDE DONA SAGRARIO CASTRO VIDAL D. JESÚS LÓPEZ RODRÍGUEZ DONA MARÍA MOSQUERA LEAL D. MIGEL ALVES LAGO D. XAVIER RÍOS GONZÁLEZ DONA LUCÍA CESAR VELOSO D. GASPAR ANTONIO GONZÁLEZ SOMOZA SECRETARIA DONA ROSA LOSADA SUÁREZ INTERVENTORA DONA TRINIDAD GÓMEZ REIRIZ Na Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa, sendo as 17:00 do día 26 de maio de 2016, e coa asistencia da Secretaria e a Interventora, reuníronse, en primeira convocatoria, os señores Concelleiros/as, que á marxe se relacionan como asistentes, co obxecto de celebrar Sesión Plenaria Ordinaria convocada ó efecto. A continuación procédese a trata-los asuntos que figuran na Orde do Día: 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 2 de maio de 2016. 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de abril de 2016. 3. Toma de coñecemento da designación de representantes do grupo político municipal de EU en órganos colexiados. 4. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 5. Aprobación, se procede, do reaxuste de anualidades derivado da obra “Mellora de instalacións do Mercado de Abastos, 2ª Fase”.(Obra nº 18/2015). 6. Aprobación, se procede, de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito nº 02/REC/2016. 7. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PSG-PSOE de apoio ás persoas afectadas por Fibromialxia. 8. Aprobación, se procede, das demandas da Rede Galega en apoio ás persoas refuxiadas. 9. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU en relación co Día Internacional contra a LGTBfobia. 10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG para a instalación de aparcadoiros bicis, ampliación do carril bici e servizo vaibike nos distintos lugares do Concello. 11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP sobre dotación dun piano para o Salón García. 12. Aprobación, se procede, da solicitude presentada polo grupo político municipal do PP de comparecencia dos Concelleiros de Deportes e Seguridade en relación co III Triatlón Rías Baixas. 13. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno. 14. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 15. Rogos e preguntas. 16. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión. 1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR DE DATA 2 DE MAIO DE 2016..- Polo Sr. Alcalde pregúntase se hai algunha proposta de rectificación da acta correspondente á sesión plenaria de data 2 de maio de 2016.

Transcript of ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn...

Page 1: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE MAIO DE 2016

Sras./Sres. Asistentes:

ALCALDE-PRESIDENTE

D. ALBERTO VARELA PAZ

CONCELLEIRAS/OS

DONA TANIA GARCÍA SANMARTÍN

D. ARGIMIRO SERÉN MERA

DONA PAOLA MARIA MOCHALES

D. LINO MOURIÑO SANTIAGO

DONA SONIA OUTÓN CASAL

D. JUAN ANTONIO PÉREZ CALLÓN

DONA LUZ Mª ABALO PÉREZ

D. TOMÁS FOLE DÍAZ

DONA ROCÍO A. LLOVO DEL RÍO

DONA ELENA SUÁREZ SARMIENTO

D. JESÚS LONGA SÁNCHEZ

DONA ANA Mª GRANJA GUILLÁN

D. ANGEL BENITO PÉREZ DORGAMBIDE

DONA SAGRARIO CASTRO VIDAL

D. JESÚS LÓPEZ RODRÍGUEZ

DONA MARÍA MOSQUERA LEAL

D. MIGEL ALVES LAGO

D. XAVIER RÍOS GONZÁLEZ

DONA LUCÍA CESAR VELOSO

D. GASPAR ANTONIO GONZÁLEZ SOMOZA

SECRETARIA

DONA ROSA LOSADA SUÁREZ

INTERVENTORA

DONA TRINIDAD GÓMEZ REIRIZ

Na Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa,

sendo as 17:00 do día 26 de maio de 2016, e

coa asistencia da Secretaria e a Interventora,

reuníronse, en primeira convocatoria, os

señores Concelleiros/as, que á marxe se

relacionan como asistentes, co obxecto de

celebrar Sesión Plenaria Ordinaria convocada

ó efecto.

A continuación procédese a trata-los

asuntos que figuran na Orde do Día:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión

anterior de data 2 de maio de 2016.

2. Toma de coñecemento dos Decretos da

Alcaldía emitidos no mes de abril de 2016.

3. Toma de coñecemento da designación de

representantes do grupo político municipal

de EU en órganos colexiados.

4. Toma de coñecemento da solicitude de

participación cidadá presentada por parte

de asociacións ou entidades en relación

con un punto da orde do día que lle afecte

directamente e posterior intervención a

través dun único representante das

mesmas.

5. Aprobación, se procede, do reaxuste de

anualidades derivado da obra “Mellora de

instalacións do Mercado de Abastos, 2ª

Fase”.(Obra nº 18/2015).

6. Aprobación, se procede, de expediente de

recoñecemento extraxudicial de crédito nº

02/REC/2016.

7. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PSG-PSOE

de apoio ás persoas afectadas por Fibromialxia.

8. Aprobación, se procede, das demandas da Rede Galega en apoio ás persoas refuxiadas.

9. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU en

relación co Día Internacional contra a LGTBfobia.

10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG para a

instalación de aparcadoiros bicis, ampliación do carril bici e servizo vaibike nos distintos

lugares do Concello.

11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP sobre

dotación dun piano para o Salón García.

12. Aprobación, se procede, da solicitude presentada polo grupo político municipal do PP de

comparecencia dos Concelleiros de Deportes e Seguridade en relación co III Triatlón Rías

Baixas.

13. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.

14. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.

15. Rogos e preguntas.

16. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR DE DATA 2 DE MAIO DE

2016..- Polo Sr. Alcalde pregúntase se hai algunha proposta de rectificación da acta

correspondente á sesión plenaria de data 2 de maio de 2016.

Page 2: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

Non habendo ningunha proposta de rectificación queda aprobada por unanimidade.

2.- TOMA DE COÑECEMENTO DOS DECRETOS DA ALCALDÍA EMITIDOS NO MES DE

ABRIL DE 2016: Pola Secretaria dáse conta ao Pleno da Corporación dos Decretos emitidos pola

Alcaldía:

RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA DE DATAS ANTERIORES:

Nº DESCRICIÓN

1 Aprobación expediente de contratación mediante procedemento negociado sen

publicidade.

RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA DO MES DE ABRIL DE 2016:

Nº DESCRICIÓN

3 Requirimento presentación informe-ditame seguridade elementos exteriores de inmoble

1 Orde prazo adopción medidas para garantir a seguridade da edificación

2 Incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística infrinxida

3 Orde concesión prazo para solicitude de legalicación de obras sen licenza

3 Orde concesión prazo para retirada de obras executadas sen licenza

1 Requirimento para que tramite comunicación previa obras realizadas

2 Arquivo de expediente aberto orde presentación informe ditame de seguridade de

edificación

1 Arquivo de expediente de reposición da legalidade urbanística

3 Concesión de prórroga para inicio/finalización de obras

2 Concesión de desistimento de licenza de obras

2 Concesión renuncia á tramitación e arquivo de expediente licenza de obras

1 Concesión de transmisión licenza municipal de apertura

7 Legalización de rótulos

4 Llegalización de obras sen licenza

1 Concesión de licenza de segregación

1 Concesión de reversión de superficie cedida por arquivo expediente de obras

1 Remisión expediente autorización previa a Consellería de Medio Ambiente

3 Concesión de licenza municipal acometida e conexión ás redes de auga e/ou saneamento

1 Conformidade proxecto de execución rehabilitación de edificio

14 Concesión de licenza para canalización

8 Concesión de licenza de obra maior

6 Concesión de licenza de obra menor

54 Aceptación de comunicación previa para obras

1 Concesión de renuncia a comunicación previa obras

25 Aceptación de comunicación previa para inicio e exercicio de actividade

2 Aceptación de comunicación previa para inicio de actividade clasificada

2 Concesión de licenza municipal de apertura de establecemento

1 Revogación licenza concedida para instalación de vado permanente

1 Asignación a funcionario Corpo Policía Local de tarefas como encargado armamento e

munición do servizo

1 Aprobación de tipos, cualificacións e contías das multas correspondentes a infraccións en

materia de tráfico

1 Acordo imposición de sancións por infraccións de tráfico

4 Inicio de oficio de expedientes sancionadores de tráfico

1 Declaración de prescrición da infracción expediente sancionador de tráfico

1 Non declaración de prescrición da infracción expediente sancionador de tráfico

12 Sobresemento actuacións expedientes sancionadores de tráfico

30 Desestimación alegacións expedientes sancionadores de tráfico

1 Iniciación de expediente administrativo sancionador por infracción ruídos

Page 3: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

2 Iniciación de expediente administrativo sancionador por infracción horario peche local

1 Autorización celebración actuación ao aire libre

3 Concesión de gratificación por substitución e traballo de categoría superior

1 Aprobación corrección de erros nas bases de selección de tres prazas de Policía Local

1 Adscrición funcionario municipal a posto Oficial Vehículos e Maquinaria en Comisión de

Servizos

1 Deixar sen efecto comisión de servizos atribuía a posto de axudante carpinteiro

2 Aprobación gasto relativo a publicación de anuncio en DOGA ou BOP

1 Recoñecemento e aboamento en nómina servizos prestados en xornada nocturna

1 reCoñecemento e aboamento en nómina gratificación por festivos

1 Recoñecemento e aboamento en nómina sdervizos prestados en domingo

1 Bases creación bolsa de traballo profesor de guitarra Escola de Música

1 Aprobación de gasto aportación Plan de Pensións do Mes de marzo

3 Representación e defensa intereses do Concello exercida por letrado en procedemento

xudicial

1 Requirimento execución parcial garantía definitiva obrigas de execución de obras de

dotación de servizos urbanísticos

1 Compensación de débito e crédito

4 Orde de pago de facturas

15 Concesión/denegación de fraccionamento de débeda

1 Aprobación prego de condicións para concertación dun préstamo

1 Comunicación efectos desestimatorios falta de resolución expresa de recurso de

reposición

1 Inscrición de Asociación en rexistro municipal de Asociacións

2 Inscrición de can no Rexistro Municipal de Animais potencialmente perigosos.

1 Aprobación expediente de modificación de créditos de transferencias de créditos

1 Autorización a interventora Municipal e a Técnica de Administración financeira e

Interventora Delegada FPSDM a utilizar certificado dixital do Concello.

TOTAL: 254

O Concello Pleno queda sabedor.

3.- TOMA DE COÑECEMENTO DA DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTES DO GRUPO

POLÍTICO MUNICIPAL DE EU EN ÓRGANOS COLEXIADOS.: Dáse conta do ditame emitido

pola Comisión Informativa de ECONOMÍA, FACENDA E ESPECIAL DE CONTAS, en sesión

celebrada o día 24 de maio de 2016, do seguinte teor:

Dáse conta do escrito presentado polo Grupo Municipal de EU sobre a designación de

representantes nos órganos colexiados, quedando a representación nos órganos colexiados que

se citan a continuación tal e como se expresa:

COMISIÓNS INFORMATIVAS:

COMISIÓN INFORMATIVA DE ECONOMÍA, FACENDA E ESPECIAL DE CONTAS (2):

Tit. D. Jesús López Rodríguez ........................................... Sup. Dona María Mosquera Leal

Tit. D. Miguel Alves Lago

COMISIÓN INFORMATIVA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE(2):

Tit. Dona María Mosquera Leal ......................................... Sup. D. Miguel Alves Lago

Tit. D. Jesús López Rodríguez

COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO E SERVIZOS (2):

Tit. D. Jesús López Rodríguez ........................................... sup. Dona María Mosquera Leal

Tit. D. Miguel Alves Lago

COMISIÓN INFORMATIVA DE CULTURA, XUVENTUDE E PROMOCIÓN ECONÓMICA (2):

Tit. D. Miguel Alves Lago ................................................... Sup. D. Jesús López Rodríguez

Tit. Dona María Mosquera Leal

Page 4: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

CONSELLO ESCOLAR DOS CENTROS DE EDUCACIÓN:

IES Castro Alobre .......................................... Dona María Mosquera Leal

IES Miguel Angel González Estévez .............. D. Jesús López Rodríguez

IES Armando Cotarelo Valledor ..................... D. Miguel Alves Lago

CONSELLO DE NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA:

Dona María Mosquera Leal.

FUNDACIÓN FEXDEGA:

D. Jesús López Rodríguez

CONSELLO LOCAL DE CONSUMO:

D. Miguel Alves Lago

CONSELLO CONSULTIVO ECONÓMICO E SOCIAL

D. Jesús López Rodríguez

COMISIÓN MIXTA PARITARIA DE CONTROL E SEGUEMENTO DO:

ACORDO MARCO e CONVENIO COLECTIVO:

Acordo Marco: D. Miguel Alves Lago

Convenio Colectivo: D. Jesús López Rodríguez

COMISIÓN DE CONTROL DO PLAN DE PENSIÓNS

Dona María Mosquera Leal

CONSELLO VECIÑAL

D. Miguel Alves Lago

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

D. Jesús López Rodríguez

CONSELLO LOCAL DA MULLER

Tit. Dona María Mosquera Leal ......................................... Sup. Dona Mª Dolores Miramontes

Piñón

F.P.S.D.M.

Tit. D. Francisco García Ríos ............................................. Sup. D. Jesús López Rodríguez

MESA LOCAL DE COMERCIO

Dona María Mosquera Leal

CONSELLO LOCAL DA TERCEIRA IDADE

Tit. D. Miguel Alves Lago ................................................... Sup. Dona Mª Dolores Miramontes

Piñón

A Comisión queda sabedora.

O Concello Pleno queda sabedor.

4.- TOMA DE COÑECEMENTO DA SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ PRESENTADA

POR PARTE DE ASOCIACIÓNS OU ENTIDADES EN RELACIÓN CON UN PUNTO DA ORDE

DO DÍA QUE LLE AFECTE DIRECTAMENTE E POSTERIOR INTERVENCIÓN A TRAVÉS DUN

ÚNICO REPRESENTANTE DAS MESMAS.:

Dáse conta do disposto no ARTIGO 23.- do Regulamento Orgánico do Pleno:

Cando algunha das asociacións ou entidades, ás que se refire o artigo 72 da Lei 7/1985, de 2 de

abril, desexen facer unha exposición ante o pleno, en relación con algún punto da orde do día

que lle afecte directamente, deberá solicitalo á alcaldía mediante escrito presentado no rexistro

do concello, un día antes da celebración da sesión plenaria. Coa autorización da alcaldía, e a

través dun único representante, poderá intervir durante o tempo que a alcaldía lle conceda, con

anterioridade á lectura, debate e votación da proposta incluída na orde do día.

Aqueles asuntos onde estean previstas as intervencións de asociacións ou entidades poderán ser

tratados con carácter preferente aos restantes asuntos incluídos na orde do día da

correspondente sesión plenaria.

Page 5: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

Está presentada a seguinte solicitude de participación cidadá:

- D. Xosé Lois Leirós Gude en representación dos emigrantes retornados xubilados.

A continuación alterase a orde do día, pasando a tratarse o punto nº 14 do mesmo.

14.- MOCIÓNS PRESENTADAS POLOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS POR RAZÓNS DE

URXENCIA.

En cumprimento do preceptuado no artigo 91.4º do Regulamento de Organización,

Funcionamento e Réxime xurídico das Corporacións Locais, concluído o exame dos asuntos

incluídos na Orde do Día, e antes de pasar á rolda de rogos e preguntas, a Sra. Alcaldesa

preguntou se algún grupo político desexaba someter á consideración do Pleno por razóns de

urxencia algún asunto non comprendido na orde do día que acompañaba a convocatoria e que

non teña cabida no citado punto de rogos e preguntas, propoñéndose a seguinte moción polo

grupo municipal do BNG:

MOCIÓN DE URXENCIA PARA O APOIO INSTITUCIONAL A MANIFESTACIÓN DOS

EMIGRANTES RETORNADOS XUBILADOS O 10 DE XUÑO DO 2016 EN COMPOSTELA

Galiza ten padecido e segue padecendo especialmente a problemática que supón a emigración.

Se hoxe os nosos mozos e mozas se ven na obriga de ter que emigrar; no seu día foron milleiros

e milleiros de persoas as que se viron obrigadas a abandonar o noso país para procurarse un

medio de vida e o seu sustento.

Hoxe esas persoas retornadas a Galiza, en idade de xubilación, e que son benefiarias dunha

pensión dos estados estranxeiros, están a comprobar como por parte do Estado Español se lle

esta aplicar unha política tributaria inxusta que os esta a sangrar economicamente e os condena

a situacións, que en moitos dos casos, mesmo son dramáticas.

As persoas emigrantes retornadas pensionistas, pois, veñen sufrindo unha política impositiva

inxusta. Unha política que ademais esta a producir un agravio comparativo en relación as demais

persoas pensionistas que non tiveron que emigrar e non perciben ningunha pensión doutro país.

Unha situación da que, para nada, son merecedores este colectivo que ademais de ter padecido

a emigración, ten contribuído con tanto ao noso país.

Este é o motivo polo que este colectivo se ten organizado, e ven realizando dende fai tempo

mobilizacións coa fin de reclamar un trato xusto por parte dos gobernos e das administracións, e

tamén reclamando apoios a súa causa de colectivos e institucións. Neste senso no Pleno do

concello de Vilagarcía de Arousa do 21 de xaneiro do 2015, aprobouse por unanimidade prestar

o seu apoio a este colectivo na súa causa que se consideraba xusta. O colectivo continuando

coas súas reclamacións, ten convocada para o próximo venres 10 de xuño unha manifestación a

nivel nacional e que baixo o lema “ XUSTIZA E IGUALDADE ” sairá as 12:00 da mañán da Praza

do Obradoiro ate a rúa Horreo. Na mesma este colectivo centrará as súas reivindicacións na

esixencia da paralización de lei Montoro e a urxente modificación das leis tributarias. Tamén

solicitará do goberno da Xunta de Galiza, co presidente Feijoó a cabeza, que defenda os seus

dereitos e reclame o goberno español a modificación da lei 35/2006 do IRPF (dous pagadores).

Dado que para esta manifestación a Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados

Xubilados, fai un chamamento de apoio a todos colectivos, asociacións, partidos, sindicatos,

plataformas,... ou institucións ; e polo que.

Dende o grupo municipal do BNG solicitamos do pleno deste concello de Vilagarcía de

Vilagarcía de Arousa a adopción do seguinte

ACORDO

1. Manifestar Publicamente o apoio deste concello a dita manifestación, facendo un chamamento

a participación na mesma e colaborar, si fose preciso, para facilitar dita asistencia.

2. Instar o novo goberno do Estado Español:

a) Que se aborde unha regularización clara e precisa sobre a tributación das pensións das e dos

emigrantes retornados/as partindo do principio de non discriminación respecto da tributación de

outras pensións, para que dispoñan dun marco tributario homoxéneo para todas as pensións,

incluíndo particularmente as exencións de presentar declaración do IRPF de non superar

Page 6: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

determinados umbrais de rendas, realizando para tal fin as modificacións oportunas da lei

35/2006 do IRPF.

b) Que se modifique o marco actual no sentido de evitar a “ retroactividade” que establece a

disposición adicional primeira da lei 26/2014, tanto en relación coas persoas que xa tributaron

polas rendas percibidas en exercicios anteriores, así como as que están pendentes de tributar.

3. Comprobar, e executar de ser o caso, que por parte deste concello, se ten cumprido co

mandato do pleno do 21 de xaneiro 2015, nas demandas ao Goberno do Estado español para a

adopción urxente das seguintes medidas:

a) Que proceda á modificación lexislativa para fixar un mesmo réxime do IRPF para as rendas

procedentes de pensións, con independencia de se estas proceden dun estado ou de varios

estados.

b) O recoñecemento de oficio das pensións de invalidez, recoñecidas nos países de procedencia

coa finalidade de acreditar a exención na tributación destas pensións.

c) Solicitar información dos países de procedencia das pensións, sobre todo de Alemania, para

verificar que prestacións xa están sometidas a gravame no país de orixe para evitar a dupla

imposición.

d) Revisión dos convenio marco con outros países para evitar que situacións deste tipo poidan

volverse a producir.

Vilagarcía de Arousa a 24 de maio do 2016.

- Intervén o Sr. Ríos González xustificando a urxencia da moción e solicitando o apoio á

manifestacón do 10 de xuño en apoio ás reivindicacións do colectivo. Por iso é urxente tratala

neste Pleno.

Sometida a votación a declaración de urxencia da Moción citada da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as Concelleiros/as presentes no Pleno (21 de 21)

ACÓRDASE: A declaración de urxencia da Moción para o apoio institucional á manifestación

dos emigrantes retornados xubilados o 10 de xuño do 2016 en Compostela.

- Toma a palabra o representante do colectivo de Emigrantes Retornados D. Xosé Leirós Gude,

explicando a problemática fiscal do colectivo e solicitando unha revisión da situación actual.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que pouco máis que engadir. O BNG vai seguir estando ao

seu lado para o que precisen. Non é de recibo o trato que se lles dá, é un agravio, é un drama.

Estas políticas teñen como obxectivo sangrar aos débiles e protexer aos fortes.

Pide que se apoie a manifestación do día 10 de xuño de 2016 en Santiago de Compostela.

- Intervén o Sr. González Somoza dando as grazas ao colectivo polo seu traballo. E o momento

de loitar. Impactoulle sempre unha lámina de Castelao que acompañaba un debuxo coa frase:“Eu

non quería morrer alá miña nai”.

Os emigrantes loitaron nunhas condicións terribles e levaron paus fora. Agora levan paus na

casa.

Vai votar a favor da moción e anímaos na súa loita e agradece o traballo que fixeron durante 30

anos levantando o país.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que so ve en España 40 ladróns, pero tamén os hai en

Panamá, etc. É un debate de calado. É a hora de actuar e non os poden enganar. Non son dous

pagadores, é un só. Xa cotizaron no estranxeiro e xa pagaron. Hai o mesmo drama da emigración

agora cos xóvenes, incúmprese a Constitución. É unha guerra de clases. Atacaron dende as

institucións aos que menos trabas lles poñen, é unha xustiza vil.

EU apoia a moción e a mobilización, e pide que se apoien as persoas.

Dálles as grazas ao colectivo por estar aquí.

Page 7: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

- Intervén o Sr. Fole Díaz dando as grazas á plataforma. Este tema xa veu a este Pleno antes,

pero agora trátase por urxencia. No seu día fixo unha intervención clara e púidose malentender.

Él dixo que a situación era diferente a outros pensionistas e habería que tratar as situacións dun

modo diferente. Se encontraron co colectivo en moitos lugares, estaban cando viñeron

representantes da Xunta de Galicia e fixéronse cambios e modificacións na lexislación.

Nesta moción poden quedar curtas as peticións, pero se debe falar cos representantes doutras

formacións, entre todos buscar as solucións.

O PP vai votar a favor da moción.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dando as grazas ao colectivo por continuar na loita. O PSOE

defende esta postura, o seu apoio foi firme sempre. Foi duro deixar a familia, a terra, para sacar

adiante ás familias. O PP lles obrigou a pagar sancións, que despois condonaron.

Grazas aos emigrantes e ás divisas saíron moitas familias adiante.

O PSOE os apoia na loita e na manifestación e dalles as grazas por seguir aí.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que o BNG agradece a presenza do colectivo, que están

sendo vítimas de políticas feitas para sangrar aos máis desfavorecidos.

O PP é a causa do problema, pero desta vez apoian a reivindicación.

- Intervén o SR. Alcalde mostrando o seu apoio e solidariedade na loita ao colectivo pois se

penaliza a unha xente que pasou polo drama da emigración. Moitos xóvenes hoxe van fora a

buscar traballo. Non é momento de debate, débese rectificar os erros e corrixir as políticas.

O grupo de goberno está ao seu dispor.

Sometida a votación a moción polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as Concelleiros/as presentes no Pleno (21 de 21)

ACÓRDASE: aprobar a moción do grupo municipal do BNG e,

1. Manifestar Publicamente o apoio deste concello a dita manifestación, facendo un chamamento

a participación na mesma e colaborar, si fose preciso, para facilitar dita asistencia.

2. Instar o novo goberno do Estado Español:

a) Que se aborde unha regularización clara e precisa sobre a tributación das pensións das e dos

emigrantes retornados/as partindo do principio de non discriminación respecto da tributación de

outras pensións, para que dispoñan dun marco tributario homoxéneo para todas as pensións,

incluíndo particularmente as exencións de presentar declaración do IRPF de non superar

determinados umbrais de rendas, realizando para tal fin as modificacións oportunas da lei

35/2006 do IRPF.

b) Que se modifique o marco actual no sentido de evitar a “ retroactividade” que establece a

disposición adicional primeira da lei 26/2014, tanto en relación coas persoas que xa tributaron

polas rendas percibidas en exercicios anteriores, así como as que están pendentes de tributar.

3. Comprobar, e executar de ser o caso, que por parte deste concello, se ten cumprido co

mandato do pleno do 21 de xaneiro 2015, nas demandas ao Goberno do Estado español para a

adopción urxente das seguintes medidas:

a) Que proceda á modificación lexislativa para fixar un mesmo réxime do IRPF para as rendas

procedentes de pensións, con independencia de se estas proceden dun estado ou de varios

estados.

b) O recoñecemento de oficio das pensións de invalidez, recoñecidas nos países de procedencia

coa finalidade de acreditar a exención na tributación destas pensións.

c) Solicitar información dos países de procedencia das pensións, sobre todo de Alemania, para

verificar que prestacións xa están sometidas a gravame no país de orixe para evitar a dupla

imposición.

d) Revisión dos convenio marco con outros países para evitar que situacións deste tipo poidan

volverse a producir.

Page 8: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

5.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO REAXUSTE DE ANUALIDADES DERIVADO DA OBRA

“MELLORA DE INSTALACIÓNS DO MERCADO DE ABASTOS, 2ª FASE”.(OBRA Nº 18/2015).:

Dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de ECONOMÍA, FACENDA E ESPECIAL

DE CONTAS, en sesión celebrada o día 24 de maio de 2016, do seguinte teor:

Dáse conta da memoria da Alcaldía do teor literal seguinte:

O artigo 174 do R.D.L. 2/2004, do 5 de marzo, Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas

Locais, Real Decreto 500/90, do 20 de abril, nos seus artigos 79 a 88 e a Base número 29 de

Execución do Presuposto, autorizan ás Corporacións Locais a adquirir compromisos de gastos

que teñan que estenderse a exercicios posteriores a aquel no que se autoricen, sempre que a súa

execución se inicie no propio exercicio e que ademais tales gastos estean, entre outros,

destinados a obras de inversións, transferencias de capital e demais contratos de consultoría,

asistencia técnica…etc.

O apartado 3 do artigo 174, citado anteriormente, sinala o número de exercicios ós que pode

aplicarse o gasto plurianual, así como que en determinados casos o gasto que se impute a cada

un dos exercicios futuros non poderá exceder da cantidade que resulte de aplicar ó crédito

correspondente do ano en que a operación se compromete uns determinados porcentaxes

podendo o Pleno da Corporación, en casos excepcionais, elevar os mesmos e as anualidades

(art. 174.5).

Habéndose asinado inicialmente convenio de colaboración entre este Concello e a Consellería de

Economía e Industria para a Mellora de Instalacións do Mercado de Abastos 2ª Fase proxecto de

gasto Nº 01/018/2015 “MELLORA DA PRAZA DE ABASTOS-2ª FASE”), segundo a seguinte

financiación:

FINANCIACIÓN: 2015 2016 TOTAL % FINANCIAMENTO

Aportación Concello 505.704,80 0 505.704,80 67,82%

Subvención Xunta 120.000,00 120.000,00 240.000,00 32,18%

Estado 0,00 0,00 0,00 0,00%

TOTAL 625.704,80 120.000,00 745.704,80 100,00%

O convenio inicial, en base a acordo da Comisión Paritaria de seguimento de 9 de outubro de

2015, foi obxecto dun primeiro reaxuste das anualidades aprobado en sesión plenaria de 29 de

outubro de 2015.

A vista da actual previsión de gastos volve a resultar preciso a reestructuración das anualidades

do proxecto de gasto mediante deslizamento das vixentes para unha mellor execución das obras

sen modificar a contía global de investimento nin as porcentaxes de financiamento, e co fin de

dar cobertura a ditas necesidades pola Comisión Paritaria de seguimento en data 3 de maio de

correntes vólvese a acordar unha modificación das anualidades de dos prazos de xustificación,

modificación que se recolle no 2º Addenda ao convenio de colaboración e do que resulta o

seguinte programa de execución:

FINANCIACIÓN: 2016 2017 TOTAL % FINANCIAMENTO

Aportación Concello 373.352,02 132.352,78 505.704,80 67,82%

Subvención Xunta 120.000,00 120.000,00 240.000,00 32,18%

TOTAL 493.352,02 252.352,78 745.704,80 100,00%

Vistos o informe de Intervención Ref.: CV 113/2016, e visto que en base a dito reaxuste non se

superaría o número máximo de anualidades permitidas pero si se incumprirían os límites

porcentuais establecidos para os gastos plurianuais, por todo isto, esta Alcaldía somete á

Corporación Municipal á adopción dos seguintes acordos:

1.- Aprobar o reaxuste de anualidades da obra de carácter plurianual 01/18/2015 “MELLORA DA

PRAZA DE ABASTOS-2ª FASE”, polo importe total de 745.704,80€, derivado do acordo da

Comisión Paritaria de seguimento do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Economía

e Industria e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a mellora das instalacións do mercado de

abastos-2ª Fase, (proxecto de gasto Nº 01/018/2015 “MELLORA DA PRAZA DE ABASTOS-2ª

FASE”), de data 3 de maio de correntes, todo elo motivado polo programa das obras e para unha

mellor execución das anualidades previstas, resultando o seguinte detalle:

Page 9: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

FINANCIACIÓN: 2016 2017 TOTAL % FINANCIAMENTO

Aportación Concello 373.352,02 132.352,78 505.704,80 67,82%

Subvención Xunta 120.000,00 120.000,00 240.000,00 32,18%

TOTAL 493.352,02 252.352,78 745.704,80 100,00%

2.- Modificación do Anexo de Investimentos 2016 nos termos expostos.

Vilagarcía de Arousa, 19 de maio de 2016.

A ALCALDE

Asdo/. Alberto Varela Paz

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes do grupo municipal do PSG-PSOE informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PP, EU, BNG e Somos Maioría, din que se

manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación do reaxuste de

anualidades derivado da obra “Mellora de instalacións do Mercado de Abastos 2ª Fase (Obra nº

18/2015).

- Intervén a Sra. García Sanmartin dicindo que se trata dun reaxuste de anualidades da Praza de

Abastos. É unha obra necesaria, por motivos económicos e turísticos. Houbo problemas en

Patrimonio que retrasaron a execución.

Hai unha subvención da Consellería de Economía e axústanse as anualidades para 2016 e 2017.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que esta obra parece O Escorial particular de

Vilagarcía.

Vai a votar a favor.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que non hai moito que discutir e reclamaron dende sempre

a súa execución.

O BNG está a favor.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que se está ante un novo reaxuste. Deben realizarse as

obras porque vai a ser un revitalizador da economía e o comercio e o turismo.

- Intervén a Sra. Castro Vidal dicindo que isto se conseguiu grazas ao anterior goberno do PP, e

esta obra se debe poñer en marcha o antes posible.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as concelleiros/as presentes no Pleno (21 de 21)

ACÓRDASE:

1.- Aprobar o reaxuste de anualidades da obra de carácter plurianual 01/18/2015 “MELLORA DA

PRAZA DE ABASTOS-2ª FASE”, polo importe total de 745.704,80€, derivado do acordo da

Comisión Paritaria de seguimento do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Economía

e Industria e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a mellora das instalacións do mercado de

abastos-2ª Fase, (proxecto de gasto Nº 01/018/2015 “MELLORA DA PRAZA DE ABASTOS-2ª

FASE”), de data 3 de maio de correntes, todo elo motivado polo programa das obras e para unha

mellor execución das anualidades previstas, resultando o seguinte detalle:

FINANCIACIÓN: 2016 2017 TOTAL % FINANCIAMENTO

Aportación Concello 373.352,02 132.352,78 505.704,80 67,82%

Page 10: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

Subvención Xunta 120.000,00 120.000,00 240.000,00 32,18%

TOTAL 493.352,02 252.352,78 745.704,80 100,00%

2.- Modificación do Anexo de Investimentos 2016 nos termos expostos.

6.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DE EXPEDIENTE DE RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL

DE CRÉDITO Nº 02/REC/2016.: Dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de

ECONOMÍA, FACENDA E ESPECIAL DE CONTAS, en sesión celebrada o día 24 de maio de 2016,

do seguinte teor:

Dáse conta da memoria da Alcaldía do teor literal seguinte:

MEMORIA DA ALCALDÍA

De conformidade co establecido nos Artigos 26.2.C e 60.2 do Real Decreto 500/90, de 20 de

abril, poderán aplicarse ós créditos do presuposto vixente as obrigas procedentes de exercicios

anteriores, previo recoñecemento extraxudicial de créditos polo Pleno Municipal.

Existen gastos procedentes de exercicios pechados que se encontran nas seguintes situacións:

-Expedientes de gastos realizado nos exercicios 2013 e 2015 dos que as

facturas/xustificacións foron recibidas no ano 2016.

Visto que, no orzamento vixente existe crédito suficiente ben nas aplicacións orzamentarias ben

a nivel de bolsa de vinculación, nos termos indicados na relación de facturas Nº F/2016/03 anexa

á providencia de alcaldía para afrontar estes gastos por un importe de 22.448,62 euros.

Tendo en conta que esta alcaldía considera necesario proceder ao recoñecemento extraxudicial

de créditos co fin de evitar o enriquecemento inxusto da Administración dado que se trata de

servizos e subministracións efectivamente realizados, en aras a evitar un prexuízo para os

provedores, contratistas e demais acredores o tempo que se contribúe a acadar os obxectivos

de estabilidade marcados no Plan de Axuste do Concello de Vilagarcía.

Logo de ver o Informe de Intervención, Ref. CV-114/2016 no que se manifesta a necesidade dun

acordo plenario para aprobar o recoñecemento extraxudicial de créditos Nº 02/REC/2016 por

importe de 22.448,62 euros, con cargo ás aplicacións orzamentarias especificadas na relación

anexa á providencia de alcaldía, (relación de facturas nº F/2016/03), esta Alcaldía-Presidencia,

somete á aprobación da Corporación Municipal, o seguinte acordo:

“Aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos Nº 02/REC//2016, das

facturas e xustificantes comprendidos nas relación de OPAS Nº D/2016/01 anexa á providencia

de alcaldía, por un importe global de 22.448,62 euros, con cargo ás aplicacións orzamentarias

do Orzamento do exercicio 2016, a favor dos acredores e contías individualizadas que figuran na

citada relación e no Informe de Intervención”.

Vilagarcía de Arousa, 19 de maio de 2016

O ALCALDE

Alberto Varela Paz

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes do grupo municipal do PSG-PSOE informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PP, EU, BNG e Somos Maioría, din que se

manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación do expediente de

recoñecemento extraxudicial de créditos nº 02/REC/2016.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que é un procedemento habitual. Facturas do ano

2015 que se presentaron no ano 2016. Non hai problemas de liquidez e son facturas de gasto

corrente.

Page 11: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que é un asunto económico, que hai que aboar as

facturas e o vai a apoiar.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que o BNG vai votar a favor. Son subministros a

provedores.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que se debe pagar aos autónomos e PYMES. Hai

salvidades en canto a algunha factura.

EU vai a absterse.

- Intervén a Sra. Castro Vidal dicindo que o PP vai apoiar a aprobación. Hai unha observación,

como se aplica o gasto a este exercicio terá repercusión na execución do orzamento de 2016.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con dezaoito votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos

municipais do PSG-PSOE (8), PP (7), BNG (2) e Somos Maioría (1), e tres abstencións dos

membros pertencentes ao grupo político municipal de EU (3),

ACÓRDASE: Por maioría aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos Nº

02/REC//2016, das facturas e xustificantes comprendidos nas relación de OPAS Nº D/2016/01

anexa á providencia de alcaldía, por un importe global de 22.448,62 euros, con cargo ás

aplicacións orzamentarias do Orzamento do exercicio 2016, a favor dos acredores e contías

individualizadas que figuran na citada relación e no Informe de Intervención.

7.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO POLÍTICO

MUNICIPAL DO PSG-PSOE DE APOIO ÁS PERSOAS AFECTADAS POR FIBROMIALXIA.:

Dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE,

en sesión celebrada o día 24 de maio de 2016, do seguinte teor:

Dáse conta da moción presentada polo grupo político municipal do PSG-PSOE coa data de 19

de maio de 2016, do seguinte teor:

De acordo e ao amparo do previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime

Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilagarcía de Arousa

desexa someter á consideración do Pleno Municipal a siguiente MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Fibromialxia crónica é unha enfermidade crónica do Sistema Nervioso Central, que ocasiona a

quen o padece unha dor xeneralizada.

Segundo os estudos, estímase que padecen esta doenza entre o 3% e o 4% da poboación, o

que supón case 100.000 persoas en Galicia. No 90% dos casos trátase de mulleres de mediana

idade. A Fibromialxia é unha enfermidade de detección cada vez máis frecuente.

Aínda que desde o ano 1992 a Fibromialxia está reconocida como enfermidade pola Organización

Mundial da Salúde, debido ás súas características e á inexistencia dunha proba específica é

habitual que se tarde entre 5 e 8 anos en obter un diagnóstico claro con todos os problemas que

elo conleva para os doentes. Así mesmo a falta de información sobre a Fibromialxia provoca que

en moitos casos as persoas que sofren esta doenza se atopen con dificultades, non só no

diagnóstico da enfermidade, senón tamén no tratamento e na obtención das prestacións propias

dunha situación de incapacidade como a que se deriva desta enfermidade.

Por todo o anteriormente exposto, o Grupo mucicipal socialista somete á consideración do Pleno

da Corporación a adopción dos seguintes acordos:

1. Instar ao Ministerio de Sanidade e á Seguridade Social a fomentar a protección sanitaria e

social das persoas afectadas por a Fibromialxia, así como sensibilizar á poboación sobre a

gravidade desta enfermidade e favorecer a investigación non tratamento e diagnóstico.

Page 12: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

2. Dar traslado deste acordo ao Congreso dos Deputados e aos Grupos parlamentarios que o

conforman.

3. Dar traslado deste acordo ao Parlamento de Galicia e aos Grupos parlamentarios que o

conforman.

Vilagarcía de Arousa, 19 de maio de2016

Asdo. Tania García Sanmartín

Voceira do Grupo municipal do PSdeG-PSOE

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE, EU e Somos Maioría informan

favorablemente.

As/os representantes do grupo municipal do PP e BNG, din que se manifestarán no Pleno e polo tanto

abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a moción presentada polo grupo municipal do

PSG-PSOE de apoio ás persoas afectadas por Fibromialxia.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que o colectivo de afectados/as de Vilagarcía de

Arousa pediron tratar este tema no Pleno. É unha enfermidade de difícil diagnóstico. Non poden

acceder a pensións, etc., e cada vez hai mais casos.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que apoia a moción. Cada vez hai máis información

sobre esta enfermidade. Reitera o voto favorable.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que dende o BNG están pola cobertura total dunha

sanidade pública e gratuíta que apoie a toas as persoas e a todos os casos.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que é unha moción do grupo socialista que adoece de

compromiso e chega ao pleno, pero non chegan as mocións de EU a Pleno, e a rexeita un

goberno que se ampara na emisión de informes técnicos que xa existen. Se deteñen as mocións

que non gustan como a da rebaixa do IBI, e de non dar para adiante ás mocións non se fai

aposta polo diálogo o Alcalde. Non deixa que se debata sobre aquilo ao que teñen dereito.

Evítase votar as alegacións en taxas e impostos cando se aprobaron as ordenanzas fiscais.

Hai que dar exemplo e hai que debater as mocións de EU, a relativa ao IBI e a que propón unha

Vilagarcía libre de barreiras arquitectónicas.

Esta moción debe ser máis contundente, non se pode so instar, débense tomar medias dende

aquí esixindo protección para as persoas con fibromialxia.

Cando non se debatan as mocións de EU hai unha falta de respecto aos vilagarciáns que

apoiaron a esa formación política.

- Intervén a Sra. Llovo del Río dicindo que a fibromialxia non se sabe cal é a orixe do problema e

é importante a detección precoz desta enfermidade crónica e a información dos familiares.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as concelleiros/as presentes no Pleno (21 de 21)

ACÓRDASE:

1. Instar ao Ministerio de Sanidade e á Seguridade Social a fomentar a protección sanitaria e

social das persoas afectadas por a Fibromialxia, así como sensibilizar á poboación sobre a

gravidade desta enfermidade e favorecer a investigación non tratamento e diagnóstico.

2. Dar traslado deste acordo ao Congreso dos Deputados e aos Grupos parlamentarios que o

conforman.

Page 13: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

3. Dar traslado deste acordo ao Parlamento de Galicia e aos Grupos parlamentarios que o

conforman.

8.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS DEMANDAS DA REDE GALEGA EN APOIO ÁS

PERSOAS REFUXIADAS.: Dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de

BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE, en sesión celebrada o día 24 de maio de 2016, do seguinte

teor:

Dáse conta de Instancia en defensa dos dereitos das persoas refuxiadas presentada pola Rede

Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, coa data de 9 de maio de 2016, do seguinte teor:

ASUNTO: INSTANCIA EN DEFENSA DOS DEREITOS DAS PERSOAS REFUXIADAS

Á atención do Sr. Alcalde, D Alberto Varela Paz

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O día 9 de maio celébrase o día de Europa. A data conmemora o día no que Robert Schuman,

Ministro francés de Asuntos Exteriores, leu a Declaración que leva o seu nome e que sentou parte

das bases do que hoxe é a Unión Europea cinco anos despois da finalización da II Guerra

Mundial.

"A paz mundial non pode salvagardarse sen uns esforzos creadores equiparables aos perigos

que a ameazan" ou "Europa non se fará dunha vez nin nunha obra de conxunto: farase grazas a

realizacións concretas, que creen en primeiro lugar unha solidariedade de feito" son frases desta

declaración.

Case 70 anos máis tarde, vivimos a peor crise de persoas desprazadas desde a II Guerra

Mundial. Esta é unha crise de humanidade e de solidariedade. Unha barbarie. Unha sucesión de

conflitos armados, guerras e inxerencias externas que ameazan con dexenerar aínda máis se non

se toman medidas urxentes.

É a constatación dun modelo errado de xestión migratoria e dunha Europa vergonzosa, moi

afastada dos seus valores fundacionais e da cidadanía á que representa.

Máis 60 millóns de persoas seguen saíndo das súas casas en países como Siria, Afganistán, Iraq,

Palestina, Eritrea, Nixeria ou Somalia para fuxir da guerra, da fame ou da violencia sexual.

Escapan de conflitos provocados por intereses xeoestratéxicos e económicos que promoven o

espolio de riquezas e a venda de armas. O Mar Mediterráneo e as fronteiras europeas seguen

sendo as fosas comúns nas que miles de persoas perden as súas vidas: máis de 4.000 en 2015;

400 a pasada semana. Seguimos vivindo con absoluto desconcerto a “perda” de máis de 10.000

nenos e nenas en mans das redes de trata. Tamén, os abusos sexuais de centos de mulleres

refuxiadas.

Mentres tanto, os gobernos europeos actúan dun xeito inmoral que lembra perigosamente a

tempos pasados.

O pasado mes de setembro a Unión Europea comprometeuse a acoller a máis de 120.000

persoas refuxiadas, 17.000 no Estado español. En cambio, no Estado español só se acolleron 12

persoas ata agora.

Todo isto contrasta coa vontade da cidadanía europea. As mobilizacións cidadás a favor dos

dereitos da poboación refuxiada e desprazadas, así como os datos dos últimos Eurobarómetros,

son boa mostra de que, de novo, a cidadanía está moi por encima de quen goberna (o 85% da

cidadanía do Estado español e o 65% da cidadanía europea está a favor de axudar ás persoas

refuxiadas segundo os datos do Eurobarómtero de febreiro).

O último, e máis infame, chega agora co acordo entre a Unión Europea e Turquía, o xa coñecido

como acordo da vergoña. O acordo entre a UE e Turquía aproba a expulsión das persoas que

chegan a Grecia a Turquía, sen importar a súa idade, a súa nacionalidade, as súas circunstancias

persoais ou o motivo que lles obrigou a fuxir do seu país. O acordo é inmoral e tamén ilegal, a

súa aplicación práctica vulnera a normativa europea e internacional e supón un risco para a vida

de moitas persoas refuxiadas.

Tal é o caso que a propia Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) decidiu denunciar o

acordo UE-Turquía ante a Comisión Europea, O Consello de Europa e O Defensor do Pobo

Europeo pola vulneración dos dereitos das persoas refuxiadas.

Page 14: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

POR TODO ISTO, INSTAMOS AO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

A. Realicen un acto simbólico en rexeitamento ao acordo entre a UE e Turquía e en

recoñecemento das persoas que perderon a vida nas nosas fronteiras baixando a bandeira a

media hasta.

B. Mostren o seu máis firme rexeitamento ao a UE e Turquía co obxectivo de garantir:

1. Rutas legais e seguras sen condicións

É necesaria unha alternativa humana, legal e responsable, baseada no reasentamiento

incondicional de persoas refuxiadas cun número de prazas suficientes e nunha vontade política

dos países da UE para que o sistema de recolocación respecte os dereitos humanos.

2. O cumprimento dos convenios internacionais e as directivas e lexislacións europeas en materia

de asilo e refuxio. As persoas solicitantes de asilo teñen dereito a procedementos de asilo

individualizados e con todas as garantías.

3. O respecto dos dereitos humanos nas fronteiras e garantía na protección das persoas, en

especial ás menores e as máis vulnerables.

Una de cada tres persoas que están a chegar a Europa son menores, a maioría das cales se

atopan sen escolarizar. Tamén as mulleres sofren de maneira especial esta crise ao estar

expostas ao acoso, á explotación e á violencia sexual durante a viaxe e, tamén, ao chegar a

Europa. A Convención dos Dereitos da Infancia é moi clara en relación coa protección especial

que deben ter as menores refuxiadas ou que soliciten asilo.

C. Aproben unha moción para que recolla as demandas da Rede Galega en Apoio ás Persoas

Refuxiadas para garantir ou instar a outros niveis de goberno a:

• Facilitar o empadroamento das persoas refuxiadas que cheguen ao municipio e facilitar os

trámites ás persoas que xa o solicitaron.

• Poñer a disposición das persoas migrantes e refuxiadas recursos que tamén beneficien ao

conxunto das persoas en situación de pobreza e/ou exclusión: recursos sanitarios, de reforzo

escolar e educación inclusiva plena, de tradución, de integración e mediación, etc.

• A posta en marcha programas de formación dirixido ao persoal das administracións

públicas que atenden en distintos servizos a persoas migrantes e refuxiadas.

• Interlocución entre as diferentes administracións: estatal, autonómica e local. Que as

organizacións sociais e os concellos traballen conxuntamente, man a man, na posta en marcha

de campañas de sensibilización dirixidas á poboación para combater os discursos racistas e

xenófobos.

• Ampliar e axilizar o sistema de asilo para as persoas que xa están no Estado español e

que actualmente están pendentes de ser atendidas, mediante o reforzo da Oficina de Asilo e

Refuxio do Ministerio do Interior e de persoal debidamente formado nas Oficinas de Estranxeiría,

para conseguir unha maior axilidade nas entrevistas de solicitude.

• Unha maior sensibilidade á hora de dar resposta ás persoas que poden acceder ao

sistema de acollida porque está colapsado (en lugares como Madrid tárdase un mínimo de 4

meses en obter unha cita).

• Recuperar os fondos de cooperación ao desenvolvemento e os programas de atención á

poboación de orixe estranxeira previos aos recortes, o cal contribuirá a mellorar a situación nos

países de orixe e a construír unha sociedade xusta e cohesionada.

• Que se actúe sobre os problemas de orixe: adoptando medidas para loitar conta a

desigualdade, reducir a pobreza e previr os conflitos armados nas zonas de orixe; cumprindo

rigorosamente co Tratado de Comercio de Armas; e garantindo que as políticas comerciais,

económicas e diplomáticas respectan os dereitos humanos e os recursos locais e que as

empresas transnacionales non esquilman os recursos dos países de orixe e cumpren as leis de

transparencia e fiscalidade.

• Que se revise en profundidade a política migratoria e exterior europea.

Atentamente,

Vilagarcía de Arousa a 9 de maio do 2016.

Jesús López Rodríguez.

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Page 15: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

Os/as representantes dos grupos municipais de EU, BNG e Somos Maioría informan favorablemente.

As/os representantes dos grupo municipais do PSG-PSOE e PP, din que se manifestarán no Pleno e polo

tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente as demandas da Rede Galega en apoio ás

persoas refuxiadas.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que estamos nunha Europa de mercadeo, negandoselle

o asilo aos refuxiados. Parece que estes días están chegando algúns.

Pide que este Concello sexa Concello de acollida, e facer todo o que se solicita na Moción. Piden

o apoio ás peticións da moción, esas persoas pensan só en sobrevivir.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que o drama das persoas refuxiadas non se pode

definir.

Apoia a moción. Vai a votar a favor.

- Intervén o Sr. Ríos González reiterando o drama social dos refuxiados. Hai unha dobre moral

nos estados e na Europa dos mercaderes. É un tema xa debatido aquí.

O BNG vai apoiar a moción.

- Intervén a Sra. Suárez Sarmiento dicindo que o PP vai votar a favor. Teñen dúbidas nos

apartados A e B da moción que non comparten.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que sinte vergoña co que pasa coas persoas

refuxiadas en Turquia, Grecia.

A seguir le a moción: facilitar o empadroamento, faise. Se puxo a dispor un piso de acollida do

Concello, se comunicou á FEGAMP e FEMP. Mantivo xuntanzas con entidades representativas

de persoas refuxiadas, activaron un rexistro de familias acolledoras. O 25 de abril aprobaron unha

aportación ao Fondo Galego de Solidariedade.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que o acordo entre a UE e Turquía é un acordo de

vergoña. Que Turquía faga de cárcere iso leva ás persoas a pasar penurias.

- Intervén a Sra. Suárez Sarmiento dicindo que dende o Concello non teñen competencia no

tema dos tratados da UE. Ese tratado foi apoiado polos países europeos.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con catorce votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos

municipais do PSG-PSOE (8), EU (3) BNG (2) e Somos Maioría (1), e sete abstencións dos

membros pertencentes ao grupo político municipal do PP (7)

ACÓRDASE: Por maioría apoiar as demandas da Rede Galega en apoio ás persoas refuxiadas

consistentes en:

• Facilitar o empadroamento das persoas refuxiadas que cheguen ao municipio e facilitar os

trámites ás persoas que xa o solicitaron.

• Poñer a disposición das persoas migrantes e refuxiadas recursos que tamén beneficien ao

conxunto das persoas en situación de pobreza e/ou exclusión: recursos sanitarios, de reforzo

escolar e educación inclusiva plena, de tradución, de integración e mediación, etc.

• A posta en marcha programas de formación dirixido ao persoal das administracións

públicas que atenden en distintos servizos a persoas migrantes e refuxiadas.

• Interlocución entre as diferentes administracións: estatal, autonómica e local. Que as

organizacións sociais e os concellos traballen conxuntamente, man a man, na posta en marcha

de campañas de sensibilización dirixidas á poboación para combater os discursos racistas e

xenófobos.

Page 16: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

• Ampliar e axilizar o sistema de asilo para as persoas que xa están no Estado español e

que actualmente están pendentes de ser atendidas, mediante o reforzo da Oficina de Asilo e

Refuxio do Ministerio do Interior e de persoal debidamente formado nas Oficinas de Estranxeiría,

para conseguir unha maior axilidade nas entrevistas de solicitude.

• Unha maior sensibilidade á hora de dar resposta ás persoas que poden acceder ao

sistema de acollida porque está colapsado (en lugares como Madrid tárdase un mínimo de 4

meses en obter unha cita).

• Recuperar os fondos de cooperación ao desenvolvemento e os programas de atención á

poboación de orixe estranxeira previos aos recortes, o cal contribuirá a mellorar a situación nos

países de orixe e a construír unha sociedade xusta e cohesionada.

• Que se actúe sobre os problemas de orixe: adoptando medidas para loitar conta a

desigualdade, reducir a pobreza e previr os conflitos armados nas zonas de orixe; cumprindo

rigorosamente co Tratado de Comercio de Armas; e garantindo que as políticas comerciais,

económicas e diplomáticas respectan os dereitos humanos e os recursos locais e que as

empresas transnacionales non esquilman os recursos dos países de orixe e cumpren as leis de

transparencia e fiscalidade.

• Que se revise en profundidade a política migratoria e exterior europea.

9.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO POLÍTICO

MUNICIPAL DE EU EN RELACIÓN CO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A LGTBIFOBIA.: Dáse

conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE, en

sesión celebrada o día 24 de maio de 2016, do seguinte teor:

Dáse conta da moción presentada polo grupo municipal de Esquerda Unida coa data de 19 de

maio de 2016, do seguinte teor:

Grupo Municipal de Esquerda Unida, propón para o seu debate no Pleno

D. Jesús López Rodríguez, Dª. María Mosquera Leal e D. Miguel Alves, en nome e representación

do Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Vilagarcía, mediante a presente veñen a

presentar a seguinte

MOCIÓN POLO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A LGTBIFOBIA

A chegada da II República eliminou do Código Penal toda referencia á homosexualidade, aínda

que a ditadura franquista recuperou a consideración desta como actividade ilegal na reforma da

Lei de Vagos e maleantes de 1954, que cualificaba aos homosexuais como un “perigo social”. A

diferenza do ocorrido no pasado, nos últimos anos este país foi pionero en recoñecer os dereitos

civís de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais, pero en todo o territorio as persoas LGTBI

seguen sendo vítimas de discriminación e agresións en espazos tan diversos como o ámbito

laboral e o educativo, estas agresións danse desde entidades públicas ou privadas, desde o

colectivo ata o individual.

Por exemplo, desde o público ás persoas lesbianas e bisexuais prívallas do seu dereito a acceder

a tratamentos públicos de reprodución asistida e continúallas visibilizando nos protocolos

ginecológicos. Ou cando a Igrexa, institución subvencionada con diñeiro público, ataca á

diversidade afectivo-sexual e de xénero. Mentres se tolera o 'bullying' ou acoso escolar

LGTBIfóbico.

O 17 de maio celébrase o Día Internacional contra a LGTBIfobia, é dicir, un día de loita contra a

discriminación por motivos de orientación sexual e identidade de xénero. Por desgraza a

LGTBIfobia persiste na nosa sociedade, mostrándose con moitas e diversas facianas.

Por todo iso, cremos que desde as institucións temos que seguir traballando en prol da igualdade

legal e social de todas as persoas.

ACORDOS

- Contribuír, nas competencias que lle son propias a este Concello, ao desenvolvemento e

aplicación de todas as medidas previstas na lexislación vixente contra toda discriminación por

orientación sexual, identidade de xénero e diversidade familiar, coa finalidade de erradicar da

nosa sociedade calquera tipo de LGTBIfobia no ámbito familiar, escolar, laboral, social e/ou

político.

Page 17: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

- Fomentar as condicións de posibilidade para o fortalecimiento e o crecemento do

asociacionismo LGTBI reivindicativo, entendendo a este como un protagonista clave na loita

contra a homofobia, transfobia, bifobia e lesbofobia.

- Promover o coñecemento e o compromiso coa loita contra a LGTBIfobia entre o persoal laboral

da administración local, especialmente entre os corpos policiais, a través de campañas de

sensibilización e cursos de formación desenvolvidos polos propios colectivos.

- Apoiar e difundir as convocatorias contra as agresións que realizan os colectivos LGTBI en

todos os espazos que competen á administración local, especialmente nos lugares de lecer,

educativos, asistenciais, administrativos e de transporte.

- Garantir atención integral a todas as persoas que sufriron discriminación ou que foron obxecto

dun delito de odio, con especial atención aos colectivos máis vulnerables.

En Vilagarcía de Arousa a 18 de maio do 2016

Asdo. Voceiro do grupo municipal de Esquerda Unida.

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes dos grupos municipais de EU e Somos Maioría informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE, PP e BNG, din que se manifestarán no Pleno

e polo tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a moción presentada polo grupo político

municipal de EU en relación co Día Internacional contra a LGTBIfobia.

- Intervén a Sra. Mosquera Leal dicindo que quere recalcar o dereito á igualdade de todas as

persoas. O problema vai a mais, un árbitro de fútbol que dimitiu, o acoso escolar, a violencia

física a nunha parella en Santiago.

Pide que se visualice o colectivo, EU defende a este colectivo e pide que se inclúan actividades

para ese fin polos problemas aos que se enfrontan todos os días.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que concorda ao 100% coa moción, e votará a favor.

Ten que haber maior concienciación social nos centros educativos. Débese actuar en positivo e

dar información no punto municipal LGTBI.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que non se avanzou moito hoxe en día nese aspecto. Hai

agresións a diario e as administracións deben tomar o problema con seriedade.

O BNG apoia a moción.

- Intervén a Sra. Suárez Sarmiento dicindo que o PP vai apoiar a moción. Lle soou antiga. Non

percibe fobia actualmente no entorno no que se move. Con que haxa un caso de discriminación

non se debe consentir. Pero houbo moitos avances na nosa sociedade.

- Intervén a Sra. García Sanmartín deicindo que o PSOE apoia a iniciativa, e tristemente son

frecuentes os rexeitamentos coas mulleres que se están incrementando. A Lei Galega de LGTBI

foi presentada polo grupo socialista e aprobouse no Parlamento Galego co apoio dos restantes

grupos.

- Intervén a Sra. Suárez Sarmiento dicindo que se dote ao CIM información específica en LGTBI.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que xa dixeron no Consello da Muller que se faría.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por unanimidades de tódolos/as concelleiros/as presentes no Pleno (21 de 21)

ACÓRDASE:

Page 18: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

- Contribuír, nas competencias que lle son propias a este Concello, ao desenvolvemento e

aplicación de todas as medidas previstas na lexislación vixente contra toda discriminación por

orientación sexual, identidade de xénero e diversidade familiar, coa finalidade de erradicar da

nosa sociedade calquera tipo de LGTBIfobia no ámbito familiar, escolar, laboral, social e/ou

político.

- Fomentar as condicións de posibilidade para o fortalecemento e o crecemento do

asociacionismo LGTBI reivindicativo, entendendo a este como un protagonista clave na loita

contra a homofobia, transfobia, bifobia e lesbofobia.

- Promover o coñecemento e o compromiso coa loita contra a LGTBIfobia entre o persoal laboral

da administración local, especialmente entre os corpos policiais, a través de campañas de

sensibilización e cursos de formación desenvolvidos polos propios colectivos.

- Apoiar e difundir as convocatorias contra as agresións que realizan os colectivos LGTBI en

todos os espazos que competen á administración local, especialmente nos lugares de lecer,

educativos, asistenciais, administrativos e de transporte.

- Garantir atención integral a todas as persoas que sufriron discriminación ou que foron obxecto

dun delito de odio, con especial atención aos colectivos máis vulnerables.

10.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO POLÍTICO

MUNICIPAL DO BNG PARA A INSTALACIÓN DE APARCADOIROS BICIS, AMPLIACIÓN DO

CARRIL BICI E SERVIZO VAIBIKE NOS DISTINTOS LUGARES DO CONCELLO.: Dáse conta

do ditame emitido pola Comisión Informativa de BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE, en sesión

celebrada o día 24 de maio de 2016, do seguinte teor:

Dáse conta da moción presentada polo grupo municipal do BNG coa data de 19 de maio de

2016, do seguinte teor:

MOCIÓN PARA A INSTALACIÓN DE APARCADOIROS BICIS, AMPLIACIÓN DO CARRIL BICI E

SERVICIO VAIBIKE NOS DISTINTOS LUGARES DO CONCELLO,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O BNG considera que a necesaria humanización de Vilagarcía de Arousa, debe ir parella a

progresiva retirada da circulación dos vehículos a motor dos nosos núcleos urbanos. Neste senso

cabe potenciar outros medios de transporte que non supoñan unha agresión para o medio

ambiente e permitan un maior coidado e disfrute do noso entorno.

Na nosa cidade, no seu momento, púxose en marcha un servizo de alugueiro de bicicletas ( o

“Vaibike” ) para cumprir precisamente con estes fins: contribuír a humanización do noso entorno

e a mellora da calidade de vida, a través dun transporte máis saudable. Un transporte de bicis

que logo dun período de retirada durante o mandato do Partido Popular se pretende pór de novo

en marcha.

Dende O BNG compartimos a necesidade desta posta en marcha , e así o vimos reclamando

dende sempre, mais entendemos que esta restitución do servizo debe ir acompañada doutras

accións que axuden a desenvolver e potenciar o mesmo.

Neste senso, para a potenciación no uso da bicicleta pola cidadanía, consideramos necesario a

posta en marcha de servizos que promovan o seu uso como son os aparcadoiros para bicis, a

progresiva ampliación da rede de carril bici, e tamén do servizo do “Vaibike”, asi como tamén

calquera outra medida que contribúa a ampliar este uso e servizo a todo los lugares e parroquias

do noso concello.

Por estes motivos son polos que dende o grupo municipal do BNG solicitamos deste pleno da

corporación de Vilagarcía de Arousa a adopción dos seguintes

ACORDOS

1. A execución dun plan de renovación e ampliación da instalación de aparcadoiros de Bicicletas

que cubra e garanta este servizo cando menos en lugares como: rúas, prazas, parques, praias,

polígonos industriais, zonas turísticas e monumentais, zonas comerciais, praza de abastos,

centros socioculturais e deportivos, estacións de ferrocarril e de buses, así como naqueles

lugares de servizos, traballo e lecer nos que resulten necesarios no Concello de Vilagarcía de

Arousa.

Page 19: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

2. Iniciación da progresiva ampliación do carril bici aos distintos lugares e parroquias do noso

concello.

3. Realización do proxecto e a posta en marcha da ampliación do servizo “Vaibike” aos distintos

lugares e parroquias do noso concello.

Vilagarcía de Arousa, 12 de maio de 2016

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes dos grupos municipais do BNG e Somos Maioría informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE, PP e EU, din que se manifestarán no Pleno e

polo tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a moción presentada polo grupo político

municipal do BNG para a instalación de aparcadoiros bicis, ampliación do carril bici e servizo vaibike nos

distintos lugares do Concello.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que consideran que os vehículos de motor se deben

reducir nos centros urbanos. Comparten o vaibike e débese poñer en marcha aparcamentos para

bicis, carril bici e vaibike.

O carril bici non se ampía e debese facer, e solicitan un Plan que amplie e restitúa os

aparcadoiros de bicis en polígonos industriais e en outros lugares e zonas rurais en resume

ampliar o vaibike.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que viven nunha vila que posúe unhas condicións

óptimas para as bicicletas. Defende os transportes alternativos e sustentables e defende un plan

integral.

Apoia a moción.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que EU presentou a moción da accesibilidade o día 19

de maio non se trouxo a este Pleno, o mesmo día que esta moción do BNG. É importante esta

moción e EU a apoia. O vaibike debe ser unha alternativa. Hai dous carrís bicis: un arredor do

Parque Miguel Hernández e outro remata contra unha parede.

Os carrís bicis deben ir en aumento, hai que apostar por ese servizo.

EU apoia a moción. Hai traballos feitos sobre o vaibike.

- Intervén o Sr. García Dorgambide dicindo que o PP vai absterse.

Co PP se fixo o concurso para o vaibike e quedou deserto. Na recente apertura dos sobres do

vaibike non estivo o BNG.

Pregunta ¿Por onde vai ir o carril bici? ¿ten un orzamento? ¿De onde sae o diñeiro, da subida do

IBI ao rural?.

Na páxina web saliu que se instalarán os aparca bicis ¿onde están? ¿onde está o inventario de

bicicletas que pediron dende o PP?

Co anterior goberno as puxo baixo chave o responsable de alumeado.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que o goberno local apoia esta moción. Púxose o

vaibike en marcha con Dolores García e despois co PP púxose baixo chave. Está pendente de

adxudicar. Van a incrementar os aparcabicicletas e as estacións vanse a duplicar. As campañas

de difusión tamén se farán. Na Xefatura de Costas pediuse un carril bici ata Carril.

Van a cumprir as demandas da moción.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que para o PP as bicis estiveron desaparecidas, en catro

anos non se enteraron de nada. Teñen moitas preguntas pendentes de resolver. Queren que se

amplíen os carris-bicis a Bamio, Rubiáns e outros lugares e se fomenta levando aos crios en bici.

Débese concienciar no uso da bicicleta.

Page 20: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

- O Sr. González Somoza pide ao Sr. García Dorgambide que fale galego.

- O Sr. García Dorgambide di que pola forma que llo pide vai falar en galego.

- O Sr. Fole Díaz pregunta ¿Quen non se entera Sr. Ríos?. Dende fai anos reclama o BNG a praza

de abastos, pero o BNG deixou a praza de abastos a medias e tivo catro millóns e medio de

euros para gastar nesta lesixlatura.

O PP conseguiu os fondos para a 2ª fase da Praza de Abastos ¿Hai que modificar o prego de

condicións do vaibike para introducir isto? ¿Se o prego é 45.000 € e hai que introducir todo o

término municipal, chega ou non chega o diñeiro?

Hai que ter partida para falar deste tema, o Sr. Ríos non se entera.

- Intervén o Sr. Alcalde dicindo que entende o sentido da moción do BNG, moitas cousas se

están facendo, o vaibike, aparcadoiros, carril bici pendente doutras administracións. Se limita a

velocidade a 30 km/hora en determinadas zonas do Termino Municipal.

Entende a moción e o PSOE comparte o modelo de cidade. Coincide que as formas son

importantes. Chamou explicando ao voceiro de EU que faltaban os informes sobre a moción de

accesibilidade e chama ao diálogo a EU.

- O Sr. López Rodríguez di que fagan coas mocións de EU o mesmo que coas do BNG que non

teñen informe.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con catorce votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos

municipais do PSG-PSOE (8), EU (3), BNG (2) e Somos Maioría, e sete abstencións dos

membros pertencentes ao grupo político municipal do PP (7)

ACÓRDASE: Por maioría aprobar a moción do grupo municipal do BNG e

1. A execución dun plan de renovación e ampliación da instalación de aparcadoiros de Bicicletas

que cubra e garanta este servizo cando menos en lugares como: rúas, prazas, parques, praias,

polígonos industriais, zonas turísticas e monumentais, zonas comerciais, praza de abastos,

centros socioculturais e deportivos, estacións de ferrocarril e de buses, así como naqueles

lugares de servizos, traballo e lecer nos que resulten necesarios no Concello de Vilagarcía de

Arousa.

2. Iniciación da progresiva ampliación do carril bici aos distintos lugares e parroquias do noso

concello.

3. Realización do proxecto e a posta en marcha da ampliación do servizo “Vaibike” aos distintos

lugares e parroquias do noso concello.

11.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO POLÍTICO

MUNICIPAL DO PP SOBRE DOTACIÓN DUN PIANO PARA O SALÓN GARCÍA.: Dáse conta

do ditame emitido pola Comisión Informativa de ECONOMÍA, FACENDA E ESPECIAL DE

CONTAS, en sesión celebrada o día 24 de maio de 2016, do seguinte teor:

Dáse conta da moción presentada polo grupo político municipal do PP coa data de 19 de maio

de 2016, do seguinte teor:

Os concelleiros integrantes do Grupo Municipal Popular, ao amparo do establecido no artígo 97

do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais,

formulan, para a súa discusión e, no seu caso, aprobación no Pleno Ordinario a celebrar o

próximo dia 26 de maio de 2016 a seguinte MOCIÓN:

“Dotación dun piano para o Salón García”

EXPOÑEN:

Page 21: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

Que a defensa decidida pola cultura e polos valores que implica, pasa por dotar aos espazos

culturais de titularidade municipal dos medios necesarios para obter o mellor resultado posible. O

Salón García, desde a súa remodelación, é xa un lugar de referencia para un determinado tipo de

actuacións que por acústica, número de público asistente ou natureza do acto son idóneos para

ser desenvolvidos neste emprazamento e non noutros coma o Auditorio.

Sen embargo, a falta dun piano que poida quedar ubicado neste salón de maneira permanente

limita considerablemente as potencialidades da instalación e impide que se acollan concertos e

actuacións tanto de música clásica como doutros rexistros musicais, tanto de solistas coma de

agrupacións.

Resulta evidente que de ter o Salón García un piano propio a actividade cultural da cidade

poderíase ver incrementada en todas as franxas de idade, desde os máis pequenos ata os

profesionais da música.

Agora que existe posibidade real de inversión no Concello, a cultura está chamada a ser unha

das apostas da cidade e semella preciso a adquisición dun piano para esta ubicación.

A particular natureza deste instrumento implica un trato especial e desaconsella o seu transporte

dun lugar a outro. Ademais da complexidade do seu traslado, os pianos están deseñados para

non seren movidos máis que en contadas ocasións. O movemento puntual para unha actuación

conleva ademais serios riscos para a sonoridade interna do instrumento e obriga a afinalos por

especialistas cada vez que se move.

Por todo o exposto, este grupo municipal

SOLICITA

• Que se dote ao Salón García dun piano tipo C5 ou C6 para que esta infraestrutura cultural

conte con máis e mellores potencialidades, o que permitirá apostar decididamente pola cultura

local, abrindo ademais o abano de posibilidades para albergar actuacións, tanto de estudantes

como de músicos profesionais, o que sen dúbida mellorará a oferta cultural global de Vilagarcía

para o presente e o futuro.

Asdo. Tomás Fole Díaz - Voceiro do grupo municipal do PP

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes dos grupos municipais PP e Somos Maioría informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE, EU e BNG, din que se manifestarán

no Pleno e polo tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da Moción do grupo

político municipal do PP sobre dotación dun piano para o Salón García.

- Intervén a Sra. Llovo del Río dicindo que o PP restaurou o Salón García e cada ano se lle foi

dotando de mellores medios, pero o Salón ten moi boa acústica. O piano é unha demanda do

Conservatorio e a Escola de Música e se debe dotar ao Salón García dun piano. Hai unha

sociedade filarmónica en Vilagarcía de Arousa que están traballando no tema da música clásica.

- Intervén o Sr. González Somoza, dicindo que os pianos pesan moito para movelos dun lado

para outro. Vai votar a favor. E un espazo renovado o Salón García e merece un piano propio

para concertos e intérpretes. O C5 e C6 son da marca Yamaha e son demasiado grandes, de 2

m. ou 2,10 m. de cola.

Hai pianos da mesma calidade a un prezo inferior. O C5 custa arredor de 30.000 €. Débese

incluír unha funda para o piano e unha banqueta. Débese eliminar a referencia a ese modelo de

piano.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que o SR. Fole Díaz terxiversa a moción do vaibike e a

praza de abastos quedou pendente porque non completou en catro anos a praza o PP.

Page 22: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

O BNG non está en contra do investimento para cultura, poro o piano non é o máis prioritario,

non e o mellor modelo, o sitio, etc. Hai un escenario limitado, cando se poña o piano queda

menos sitio e vai influír nos actos.

O BNG non vai votar en contra.

- Intervén a Sra. Mosquera Leal dicindo que EU considera que sería bo un piano, pero a veces se

requiren informes económicos dende o PP para moitos temas e aquí non hai valoración

económica e non lles parece unha prioridade. Considerando que o Concello non tiña cartos para

os grupos locais que estiveron co cantante Coque Malla non apoian a moción.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que o Concello non contratou un teloneiro e foi a

produción quen o organizou, e o Concello non está a favor dese tema.

O PSOE vai a favorecer a aprobación, pero fálase dunha marca concreta, pero o escenario ten

problemas de humidades e débense arranxar para soportar o peso do piano. Hipotecase parte do

escenario do Salón García. Hai que actuar no escenario.

- Intervén a Sra. Llovo del Río dicindo que o tipo de piano que se compre o deben evaluar os

técnicos e se podería colocar na parte de atrás e pode ser algo mais pequeno.

Non había problemas no escenario e se non é C5 ou C6 pode ser outro.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que os pianos se moven. Débese evaluar o impacto

económico como nas mocións de EU, e a compatibilidade co horario da biblioteca.

Cultura non é só equipamento. Non se debe dar contratos a certas produtoras.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con oito votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos municipais

do PP (7) e Somos Maioría (1), dez abstencións dos membros pertencentes aos grupos políticos

municipais do PSG-PSOE (8) e BNG (2), e tres votos en contra, pertencentes ós membros do

grupo político municipal de EU (3)

ACÓRDASE: Por maioría que se dote ao Salón García dun piano tipo C5 ou C6 para que esta

infraestrutura cultural conte con máis e mellores potencialidades, o que permitirá apostar

decididamente pola cultura local, abrindo ademais o abano de posibilidades para albergar

actuacións, tanto de estudantes como de músicos profesionais, o que sen dúbida mellorará a

oferta cultural global de Vilagarcía para o presente e o futuro.

12.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA SOLICITUDE PRESENTADA POLO GRUPO POLÍTICO

MUNICIPAL DO PP DE COMPARECENCIA DOS CONCELLEIROS DE DEPORTES E

SEGURIDADE EN RELACIÓN CO III TRIATLÓN RÍAS BAIXAS.: Dáse conta do ditame emitido

pola Comisión Informativa de ECONOMÍA, FACENDA E ESPECIAL DE CONTAS, en sesión

celebrada o día 24 de maio de 2016, do seguinte teor:

Dáse conta do escrito presentado polo grupo municipal do PP coa data de 16 de maio de 2016

solicitando:

- Copia dos informes técnicos e de seguridade solicitados para o desenvolvemento da proba III

Triatlón Rías Baixas e o Plan de Seguridade previsto a tal efecto.

- Listaxe das reunións mantidas entre os representantes do goberno e da empresa para asegurar

que todos os aspectos estaban baixo control ou resposta argumentada que explique a súa

inexistencia.

- A comparecencia dos concelleiros de Deportes, Argimiro Serén, e de Seguridade José Antonio

Pérez Callón, no vindeiro pleno de maio para aclarar publicamente todos os interrogantes que

existen sobre este asunto.

Page 23: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE, PP e Somos Maioría informan

favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais de EU e BNG, din que se manifestarán no Pleno e polo tanto

abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a comparecencia dos Concelleiros de Deportes e

Seguridade en relación co III Triatlón Rías Baixas.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as concelleiros/as presentes no pleno (21 de 21)

ACÓRDASE: Aprobar a comparecencia dos concelleiros de Deportes, Argimiro Serén, e de

Seguridade José Antonio Pérez Callón, no vindeiro pleno de xuño para aclarar publicamente

todos os interrogantes que existen sobre o desenvolvemento da proba III Triatlón Rías Baixas.

13.- INTERPELACIÓNS OU CONTROL DAS DECISIÓNS DO GRUPO DE GOBERNO.

Non se presentaron

15.- ROGOS E PREGUNTAS. . Por parte dos/as Sres./as Concelleiros/as formúlanse os

seguintes rogos e preguntas:

- O Sr. González Somoza di que no seu día había a dispor do Concello uns tornos de alfareria e

pregunta onde están e se o Servizo de publicidade do Concello se poder poñer a dispor dos

artistas.

- A Sra. Cesar Veloso fai as seguintes observacións:

1.- Cos feirantes houbo altercados e o espazo entre as atraccións debe regularse.

2.- O Concello non pode apoiar certas produtoras que piden actuacións gratuítas cos grupos

musicais locais.

- O Sr. Alcalde contesta que os servizos municipais vixian os temas das barracas nas festas.

- O Sr. Alves Lago indica:

1.- Non se ve a televisión pola banda ancha en determinadas zonas do Termino Municipal.

2.- Recualificación de LARSA, en que situación se atopa.

3.- Limpeza dos viais de ADIF, debe levarse a cabo.

- O Sr. Alcalde contestalle:

1.- Polo 4G non se ve a televisión, para a colocación das antenas antes había que conceder

licenza, pero agora non é esixible licenza. Tratouse que se dirixiran ao Ministerio as queixas

existentes.

2.- Os traballadores de LARSA están preocupados, hai unha modificación puntual con

compromisos de interese xeral. Hai que esixir á empresa os compromisos para aprobala polo

Concello.

3.- Son terreos de ADIF e o Concello ten previsto unha vía verde e se trasladou a necesidade de

limpeza á Ministra de Fomento.

- O Sr. López Rodríguez di que houbo un sinistro en Rúa Ramón y Cajal e débese regular o

tránsito de vehículos en zonas peonís.

Page 24: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE ... 05 2016.pdf · acta da sesiÓn plenaria ordinaria celebrada o dÍa 26 de maio de 2016 sras./sres. asistentes: alcalde-presidente

- O Sr. Alcalde contesta que o Concelleiro de Tráfico estivo coa Xefa da Policía Local para

colocar sinais nas zonas peonís.

- A Sra. Suárez Sarmiento pregunta se houbo reunión de coordinación de seguridade entre a

Empresa, Policía e Emerxencias en relación co III Triatlón Rías Baixas.

- O Sr. Pérez Callón di que contestará no próximo pleno.

- A Sra. Suárez Sarmiento pregunta se lle pediron o seguro, plan de seguridade, permisos da

Xunta de Galicia, etc. á Empresa encargada do III Triatlón Rías Baixas

- O Sr. Serén Mera di que contestará no próximo pleno.

- A Sra. Suárez Sarmiento pregunta se ten informes de Policía, Emerxencias, etc. o III Triatlón

Rías Baixas

- O Sr. Serén Mera di que contestará no próximo pleno e xa contestou na Fundación a eses

temas.

- O Sr. Fole Díaz pregunta:

¿Estiveron presentes en algunha reunión ambos concelleiros coa empresa promotora do III

Triatlón Rías Baixas?

¿Pensaron dimitir en algún momento ambos Concelleiros?

- O Sr. Serén Mera di que contestará non próximo pleno.

- A Sra. Llovo del Río pregunta se houbo sobrecuste na negociación do cambio do Concerto de

Coque Malla.

- O Sr. Alcalde contesta que costará mais barato que se actuara en sábado Coque Malla polo

seguro que existe concertado.

- O Sr. García Dorgambide fai as seguintes observacións:

1. Fixeronse dúas sendas no Río do Con e agora non se pode pasar. Deben arranxarse.

2.- O Goberno debe suliñar que non é Cemiterio de Rubiáns, o Cemiterio de Vilagarcía (AVda.

Pontevedra).

3.- O paso elevado en Agustín Romero non está pintado.

4.- Hai dous pasos de peóns en Av. Pontevedra. Débese instar a Fomento para poñer un paso de

peóns fronte ao tanatorio.

- A Sra. Granja Guillán indica que piden uns bancos no Piñeiriño.

16.- QUENDA DE ROGOS E PREGUNTAS ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE Á SESIÓN.

Por parte do público asistente formúlanse rogos e preguntas.

E sen máis asuntos que tratar, ás 21:00 horas, levantouse a sesión da que se estende a presente

acta e eu, Secretaria, dou fe.