Acta de acordos da REUNIÓN DA XUNTA DE PERSOAL...

7
Acta de acordos da REUNIÓN DA XUNTA DE PERSOAL PROVINCIAL DE OURENSE DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, mantida o mércores 20 de marzo de 2019 ás 10:00 horas, na Sala de Xuntas da CIG. Organizacións presentes: STEG, FETE-UGT, CIG, CCOO, ANPE e CSI-f 1. Propostas de CCOO con acordo de todas as forzas sindicais inclúido o STEG: POÑER NOME DE MULLER AOS NOSOS CENTROS EDUCATIVOS. Esta Xunta de Persoal resolve volver a trasladar á Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Educación, Universidade e FP, unha proposta de promover o uso de nomes de mulleres que destacaron e destacan no ámbito público a través de darlle o seu nome aos nosos centros educativos, xa que é máis necesario que nunca facer unha labor de visibilización da muller, como suxeito activo na historia, na ciencia, na cultura, nas letras,empezando cos nosos centros educativos. COMPENSACIÓN HORARIA PARA O PROFESORADO DOS CIFPs DA PROVINCIA Esta Xunta de Persoal resolve esixir á Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Educación, Universidade e FP termine co agravio comparativo que significa a diferente duración das sesións lectivas nas mismas ensinanzas de FP entre os CIFP (unha hora) e os IES (cincuenta minutos) da provincia, unificando a mesma duración de sesións entre os CIFPS e o resto de centros educativos ou permitindo algún tipo de compensación horaria ao profesorado dos CIFP da provincia que permitan minimizar tal agravio comparativo no camiño da súa equiparación. AMPLIACIÓN E MELLORA DA CONTA DE CORREO CORPORATIVO Esta Xunta de Persoal resolve:

Transcript of Acta de acordos da REUNIÓN DA XUNTA DE PERSOAL...

Page 1: Acta de acordos da REUNIÓN DA XUNTA DE PERSOAL …steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/xuntas_persoal/ourense/20190320_resumo_xp_ourense.pdfde protexer, respectar e promocionar o uso da

Acta de acordos da REUNIÓN DA XUNTA DE PERSOAL

PROVINCIAL DE OURENSE DA CONSELLERÍA DE

EDUCACIÓN, mantida o mércores 20 de marzo de 2019 ás

10:00 horas, na Sala de Xuntas da CIG.

Organizacións presentes: STEG, FETE-UGT, CIG, CCOO, ANPE e CSI-f

1. Propostas de CCOO con acordo de todas as forzas sindicais inclúido o STEG:

• POÑER NOME DE MULLER AOS NOSOS CENTROS EDUCATIVOS.

Esta Xunta de Persoal resolve volver a trasladar á Xefatura Territorial de Ourense da

Consellería de Educación, Universidade e FP, unha proposta de promover o uso de

nomes de mulleres que destacaron e destacan no ámbito público a través de darlle o

seu nome aos nosos centros educativos, xa que é máis necesario que nunca facer unha

labor de visibilización da muller, como suxeito activo na historia, na ciencia, na

cultura, nas letras,empezando cos nosos centros educativos.

• COMPENSACIÓN HORARIA PARA O PROFESORADO DOS CIFPs DA

PROVINCIA

Esta Xunta de Persoal resolve esixir á Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de

Educación, Universidade e FP termine co agravio comparativo que significa a

diferente duración das sesións lectivas nas mismas ensinanzas de FP entre os CIFP

(unha hora) e os IES (cincuenta minutos) da provincia, unificando a mesma duración

de sesións entre os CIFPS e o resto de centros educativos ou permitindo algún tipo de

compensación horaria ao profesorado dos CIFP da provincia que permitan minimizar

tal agravio comparativo no camiño da súa equiparación.

• AMPLIACIÓN E MELLORA DA CONTA DE CORREO CORPORATIVO

Esta Xunta de Persoal resolve:

Page 2: Acta de acordos da REUNIÓN DA XUNTA DE PERSOAL …steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/xuntas_persoal/ourense/20190320_resumo_xp_ourense.pdfde protexer, respectar e promocionar o uso da

Esixir á Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Educación, Univesidade e

FP un aumento na capacidade da conta de correo, así como eliminar a medida de

cambio de contrasinal cada tres meses, xa que esta última está ocasionando moitos

inconvintes ao profesorado que redundan no seu traballo diario, xa que o usuario e

contrasinal da contade correo corporativo é esencial para acceder a todos os sitios

telemáticos da Consellería de Cultura,Educación e O.U.

• CONVOCATORIA INMEDIATA DO COMITÉ DE SAÚDE E SEGURIDADE

LABORAL DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FP NA

PROVINCIA DE OURENSE

Esta Xunta de Persoal resolve:

Esixir á Xefatura Territorial en Ourense da Educación, Universidade e FP, a que

comece a convocar regularmente, tal e como establece o seu regulamento, o Comité

Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Educación, Universidade e FP, para así

por fín, demostrar que a seguridade e saúde laboral e a prevención de riscos

laborais é un tema de gran importancia.

• CAMBIO DE XORNADA NO CEIP PRINCESA DE ESPAÑA DE VERÍN

Esta Xunta de Persoal resolve:

Instar á Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Educación, Universidade e

FP que proceda a permitir a modificación da xornada do CEIP Princesa de España de

Verín, xa que tal solicitude é froito da decisión democrática da comunidade educativa

do centro.

Esta última proposta compartea o sindicato CIG, na súa listaxe de propostas.

2.- Propostas de CIG con acordo de todas as forzas sindicais incluido o STEG:

• COBERTURA DE RESULTAS DO CXT DOS DIRECTORES E DIRECTORAS

EN COMISIÓN DE SERVIZOS

Page 3: Acta de acordos da REUNIÓN DA XUNTA DE PERSOAL …steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/xuntas_persoal/ourense/20190320_resumo_xp_ourense.pdfde protexer, respectar e promocionar o uso da

Por todo o exposto esta Xunta de Persoal RESOLVE:

Dirixir un escrito á Xefatura Territorial de Ourense, instándoa a que todas aquelas

resultas que xeran os directores e directoras dos centros que están en comisión de

servizos sexan cubertas, e que o feito de ter docentes exercendo o cargo de dirección

en comisión de servizos non xustifique a non cobertura de prazas nin no CXT, nin no

CADP.

• ADECUACIÓN DO TRANSPORTE ESCOLAR AO SERVIZO DOS CENTROS

EDUCATIVOS.

A solución é que se poñan os medios de transporte necesarios para evitar esa larga

espera ao alumnado, dotando neste caso a esa ruta doutro autobús que reforce o

percorrido ou, desdobrándoa para evitar as esperas, mais esta actuación é negada pola

Xefatura Territorial que escatima o gasto que supón para mellorar as condicións de

acceso ao ensino para o alumnado do centro público, obviando que moi preto do CPI,

gasta centos de miles de euros nos concertos do Guillelme Brown e do Miraflores, dous

centros que até hai ben pouco tempo eran privados.

• DEFICIENCIAS NO FUNCIONAMENTO DE XOGADE NA COMARCA DE

MONTERREI

Esta Xunta de Persoal RESOLVE:

Dirixir un escrito á Xefatura Territorial de Educación para que inste á Secretaría Xeral

para o Deporte a solucionar os problemas descritos e, ao mesmo tempo, dirixir un

escrito á Secretaría Xeral describindo a situación e esixindo:

Que dado que en Verín existe un Hospital Comarcal dependente da Xunta de Galicia e

as actividades deportivas escolares “Xogade” tamén dependen da propia Xunta de

Galicia as posibles lesións que ocorran durante actividades relacionadas co “Xogade”

se deriven directamente a dito Hospital logo convenio oportuno coa entidade que

xestiona o seguro.

Page 4: Acta de acordos da REUNIÓN DA XUNTA DE PERSOAL …steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/xuntas_persoal/ourense/20190320_resumo_xp_ourense.pdfde protexer, respectar e promocionar o uso da

Que se xestione de xeito máis efectivo todo o relacionado coa actividade de

“Xogade” tanto na cuestión de garantías de participación a alumnado e

profesorado como no relativo ao transporte escolar.

• O ENSINO DO PORTUGUÉS

Esta Xunta de Persoal RESOLVE:

Dirixir un escrito á Xefatura Territorial de Ourense e á Consellaría demandando, co

argumentario aquí exposto, unha campaña dirixida á cidadanía nos medios de

comunicación explicar as vantaxes da oferta de Portugués nos centros públicos e

ampliar esa oferta e dotación de profesorado en todos os centros.

• INFORMACIÓN SOBRE O CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE

NOVA CREACIÓN

Dirixir un escrito á Xefatura Territorial de Ourense e á Consellaría demandando

información sobre determinados aspectos do funcionamento deste centro,

nomeadamente sobre que formación se vai a impartir, que persoal será o responsable

de impartila, o tipo de alumnado que acollerá o centro así como o financiamento de

recursos materiais e humanos do mesmo.

3.- Propostas de ANPE con acordo de todas as forzas sindicais incluido o STEG:

• PROPOSTA DE DOTAR AOS CENTROS DE ENFERMEIRA ESCOLAR

4.- Propostas de CSIF con acordo de todas as forzas sindicais incluido o STEG:

• DEMENDANDO QUE AS PRAZAS DE SECUNDARIA SEXAN NEGAOCADAS

NAS XUNTAS DE PERSOAL

Esta Xunta de persoal resolve, que esta Xefatura territorial inste a Consellería de

Educación, Universidade e Fp para que tantos as prazas de Educación Secundaria

como as de educación primaria sexan negociadas nas Xuntas de persoal de cada

provincia, tendo en conta os criterios técnicos e cupos do mesmo.

Page 5: Acta de acordos da REUNIÓN DA XUNTA DE PERSOAL …steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/xuntas_persoal/ourense/20190320_resumo_xp_ourense.pdfde protexer, respectar e promocionar o uso da

Esta última proposta compartimola o STEG, na nosa listaxe de propostas.

5.- Propostas de UXT-FETE con acordo de todas as forzas sindicais incluido o STEG:

• PROPOÑER UN DESCANSO NO HORARIO DOCENTE

A Xunta de persoal Docente non Universitaria da provincia de Ourense, demanda,que

se regule a obriga de contemplar na confección dos horarios docentes, un descanso,

cando teña o Horario compñeto nunha xornada.

• SOLICITAN QUE SE REXISTREAN AS TITORIAS E CARGOS DE

RESPONSABLILIDADE TEMPORAIS

Solicitamos que se computen e rexistres a todo os efetos administrativos e

económicos, as titorias, xefaturas de departamento e cargos de responsabilidade,

ainda por meses.

• DEVOLUCIÓN DE PAGO DAS TAxAS POLOS DEREITOS DE EXAME

Solicitamos a devolución do pago das taxas, polos dereitos de examen do 2018, ao

profesorado que foi exclúido do proceso, por non ter rematado o proceso de

matricula.

6.- Propostas de STEG con acordo de todas as forzas sindicais:

• PERSOAL ADMINISTRATIVO PARA TODOS OS CENTROS

Esta Xunta de persoal resolve, que se proceda a dotar de persoal administrativo a

todos os centros.

• DOTACIÓN DE PERSOAL PARA OS CENTROS DO RURAL

Esta Xunta de Persoal resolve que a Consellería veña a dotar axeitadamente de persoal

os centros do rural, especialmente aqueles máis castigados dado o actual contexto de

abandono do rural, o envellecemento da súa poboación, a escaseza de recursos e os

procesos migratorios internos dende este eido aos grandes núcleos poboacionais

Page 6: Acta de acordos da REUNIÓN DA XUNTA DE PERSOAL …steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/xuntas_persoal/ourense/20190320_resumo_xp_ourense.pdfde protexer, respectar e promocionar o uso da

urbanos, no camiño de reverter os efectos dunha dinámica perxudicial e negativa que

está a acabar co ensino neste eido, que debera ser ben ao contrario, un dos motores do

país.

• CEIP A MEZQUITA

Esta Xunta de Persoal resolve que autorice o traslado do depósito de gasolina ao interior

das instalacións en atención ás especificacións relativas a este, descritas anteriormente.

• DEMANDANDO GARANTÍAS DE DOTACIÓN SUFICIENTE PARA OS

CADROS DE PERSOAL PARA OS CPI'S.

Esta Xunta de Persoal resolve Esixir que se garanta nos CPi's un cadro persoal

estábel e suficiente, en cantidade e calidade - a calidade ven marcada pola

estabilidade e a especialización - que dea garantía ao alumnado de estar a recibir,

cando menos, a mesma oferta educativa e as mesmas oportunidades de formación que

nos centros urbanos.

• DEMANDANDO QUE A CONSELLERÍA ESIXA A ACREDITACIÓN DE

COÑECEMENTO DO IDIOMA GALEGO EN TODAS AS

ESPECIALIDADES PARA AS QUE SE CONVOCAN VACANTES NO CXT

Esta Xunta de Persoal resolve que se lle esixa á Consellería que cumpra o seu deber

de protexer, respectar e promocionar o uso da nosa lingua e que, modificando a

devandita Orde que regula o CXT, esixa a acreditación do coñecemento da lingua

galega para todas aquelas persoas que, de ser o caso e con independencia da

especialidade pola que opten, soliciten unha vacante docente en Galiza.

• DEMANDAMOS A RETIRADA DOS EXÁMENES DO TRINITY

COLLEGE

Esta Xunta de Persoal resolve que esta Xefatura Territorial inste á Consellería de

Educación Universidade e FP para que retire de forma inmediata este tipo de

avaliacións e devolva a potestad as Escolas Oficiais de Idiomas, Escolas públicas,

que presentan nas súas funcións expresas este tipo de avaliacións e formacións.

Page 7: Acta de acordos da REUNIÓN DA XUNTA DE PERSOAL …steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/xuntas_persoal/ourense/20190320_resumo_xp_ourense.pdfde protexer, respectar e promocionar o uso da

E sem máis asuntos que tratar, pechase a xuntanza ás 12:35