ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES …...ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES DEL DUERO....

5
ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES DEL DUERO. SEMANA SANTA Xoves 2. Viaxe e Ruta a Villadepera . O xoves ás 08:00 saímos cara Moralina de Sayago, en Arribes del Duero. Moralina e un pobo típicamente zamorano. Logo de instalarnos no centro de turismo rural faremos a nosa primeira ruta: De Moralina a Villadepera. Lonxitude: 12 km Dificultade: Baixa Desnivel: Baixo É un percorrido sinxelo e fermoso que serve como toma de contacto coa paisaxe que atoparemos ó longo dos días no parque natural. Comeza na localidade de Moralina e vai atravesando dehesas e ribeiras así como zonas altas. Un pouco antes de rematar acercarémonos ó mirador de Peña Centigosa, o cal nos ofrece unhas fermosas vistas do Duero e da famosa ponte de Requejo, impresionante obra de comezos do século XX. A ruta é preciosa e ten un alto valor natural e paisaxístico. Debedes levar a comida preparada, xa que é probable que comamos ao pouco de iniciar a ruta.

Transcript of ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES …...ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES DEL DUERO....

Page 1: ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES …...ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES DEL DUERO. SEMANA SANTA Xoves 2. Viaxe e Ruta a Villadepera .O xoves ás 08:00 saímos cara Moralina

ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES DEL DUERO. SEMANA SANTA

Xoves 2. Viaxe e Ruta a Villadepera .

O xoves ás 08:00 saímos cara Moralina de Sayago, en Arribes del Duero.

Moralina e un pobo típicamente zamorano.

Logo de instalarnos no centro de turismo rural faremos a nosa primeira ruta: De Moralina a Villadepera.

Lonxitude: 12 km

Dificultade: Baixa

Desnivel: Baixo

É un percorrido sinxelo e fermoso que serve como toma de contacto coa paisaxe que atoparemos ó longo

dos días no parque natural. Comeza na localidade de Moralina e vai atravesando dehesas e ribeiras así

como zonas altas. Un pouco antes de rematar acercarémonos ó mirador de Peña Centigosa, o cal nos

ofrece unhas fermosas vistas do Duero e da famosa ponte de Requejo, impresionante obra de comezos do

século XX. A ruta é preciosa e ten un alto valor natural e paisaxístico.

Debedes levar a comida preparada, xa que é probable que comamos ao pouco de iniciar a ruta.

Page 2: ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES …...ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES DEL DUERO. SEMANA SANTA Xoves 2. Viaxe e Ruta a Villadepera .O xoves ás 08:00 saímos cara Moralina

Venres 3. Rutas por Fariza e Fermoselle.

Esta xornada será a máis completa de todas. Sairemos no bus dende Moralina ata Fariza, onde pararemos a

facer a primeira ruta pola mañá: dende Fariza de Sáyago ó miradoiro das Barrancas. É un itinerario sinxelo e

moi fermoso. Comeza á beira dun regueiro, por zona de ribeira e vai ata unha ermida. Ó pouco chegamos ó

miradoiro, onde poderemos disfrutar dunhas vistas impresionantes do canón do Duero. O bus nos recollerá

na ermida e nos levará ata Fermoselle onde visitaremos a Casa do Parque. Logo faremos a nosa segunda

ruta, que é un percorrido polos arredores de Fermoselle, pasando por diferentes zonas e visitando dous

impresionantes miradoiros.

Fermoselle é unha das vilas máis bonitas do parque natural. Cando rematemos a ruta haberá tempo para

que a visitedes: as súas rúas, as súas igrexas, as ruínas do seu castelo…

Esta ruta ten un altísimo valor natural, paisaxístico e cultural.

Lonxitude: 16 km (5 km en Fariza e 11 en Fermoselle)

Dificultade: Baixa - Media

Desnivel: Baixo – Medio

Page 3: ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES …...ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES DEL DUERO. SEMANA SANTA Xoves 2. Viaxe e Ruta a Villadepera .O xoves ás 08:00 saímos cara Moralina
Page 4: ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES …...ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES DEL DUERO. SEMANA SANTA Xoves 2. Viaxe e Ruta a Villadepera .O xoves ás 08:00 saímos cara Moralina

Sábado 4. Ruta de Peña Redonda

A ruta deste día será a máis longa das que fagamos. Comeza na vila de Torregamones, a 3 quilómetros de

Moralina, e vai ata Peña Redonda, un dos miradoiros máis fermosos e impresionantes de Arribes del Duero.

O percorrido lévanos por unha cómoda pista ata Os Chiviteros, construcións típicas que usaban os pastores

para protexer o seu gando. Despois continuamos ata Peña Redonda, miradoiro espectacular e lugar moi

interesante pola presenza de restos castrexos e una ermida. O regreso farémolo por un sendeiro sinalizado,

que vai entre dehesas e ribeiras.

Lonxitude: 16 km

Dificultade: Baixa - Media

Desnivel: Baixo – Medio

Page 5: ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES …...ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES DEL DUERO. SEMANA SANTA Xoves 2. Viaxe e Ruta a Villadepera .O xoves ás 08:00 saímos cara Moralina

Domingo 5. Percorrido en barco polo Duero e visita a Miranda do Douro.

Esta xornada dedicarémola a coñecer o río e o seu canón cun percorrido en barco. O embarcadoiro está

situado na beira portuguesa, ó carón de Miranda do Douro. Cando rematemos a ruta fluvial visitaremos a

vila, que conta cun interesantísimo casco histórico amurallado. Logo de visitala emprenderemos o regreso a

Santiago.

*Só podemos reservar as prazas no barco polo Duero ata o día 2 de marzo. Cando vos apuntedes na

actividade tendes que confirmar por teléfono si o queredes facer ou non. Ten un custe de 20 euros e dura

2 horas aproximadamente. Págase alí mesmo. Unha vez confirmada a participación nesta actividade non

se pode renunciar a ela.