Actividade previa á lectura - ONG Manos...

14
1

Transcript of Actividade previa á lectura - ONG Manos...

Page 1: Actividade previa á lectura - ONG Manos Unidasgestion.manosunidas.org/HtmlRes/Educacion/Files/Super...poder crecer sans/sas e facer todas esas cousas que tanto nos gustan. Analizar

1

Page 2: Actividade previa á lectura - ONG Manos Unidasgestion.manosunidas.org/HtmlRes/Educacion/Files/Super...poder crecer sans/sas e facer todas esas cousas que tanto nos gustan. Analizar

2

Actividade previa á lectura

PODES SER UN/UNHA AUTÉNTIC@ SUPER HÉROE

Con esta actividade pretendemos

Reflexionar sobre o poder que os Valores teñen á hora de lograr ser auténtic@s Súper Heroes.

Durará:

A actividade está pensada para realizarse nunha sesión.

Necesitaremos:

Patróns de Súper Heroes (neno e pícara) do Anexo. Cartolina A2 Que teño que facer para ser un/unha auténtic@ súper heroe (Anexo)

Consideracións para o/a educador/a É necesario traballar previamente o conto “Súper Pepo e o ensuciador misterioso”. @ educador/a deberá montar previamente o seu propio “Panel de Auténtic@s Súper Heroes” tendo en conta o número de nenos e de nenas que ten na súa aula. Para iso utilizará os patróns correspondentes e pegaraas nunha cartolina.

1ª fase: todos podemos ser auténtic@s Súper Heroes Presentar aos/ás nen@s o Panel de Auténtic@s Súper Heroes e

colgar o mesmo nun lugar visible da clase. Recordar que tod@s podemos chegar a ser auténtic@s Súper

Heroes como Súper Pepo e o importante que é o Valor da Cooperación para un auténtic@ súper heroe: “Un Auténtico Superheroe nunca actúa sol@”.

2ª fase: como o conseguiremos? Explicar como conseguirán que se inclúa a súa foto nese Panel de

Auténtic@s Súper Heroes: Cooperar é saber traballar en equipo e axudar aos/ás demais.

Ler aos/ás nen@s cales son as accións que deberán cumprir para formar parte do Panel (Anexo: Que teño que facer para ser un auténtic@ superheroe?). Para asentar o contido do listado @ educador/a, coa participación d@s nen@s, pode elaborar un mural

Page 3: Actividade previa á lectura - ONG Manos Unidasgestion.manosunidas.org/HtmlRes/Educacion/Files/Super...poder crecer sans/sas e facer todas esas cousas que tanto nos gustan. Analizar

3

pedíndolles que cada un/unha debuxe unha das accións, e colgalo nun lugar visible da aula.

O/A educador/a irá tomando nota deses comportamentos e, ao final de cada semana @s nen@s que cumpran con, polo menos, tres das accións do listado, converteranse en auténtic@s Súper Heroes e a súa foto colocarase no Panel.

O obxectivo é que, ao final de curso, as fotos de todos @s nen@s

da clase estean colgadas porque, tod@s somos importantes e necesarios no grupo e cantos máis auténtic@s Súper Heroes haxa máis forte será. O grupo necesita a tod@s para afrontar as difíciles misións ás que se enfrontan os auténtic@s Súper Heroes.

Conclusión

O poder dun auténtic@ súper heroe reside nos seus valores e na súa capacidade para traballar en equipo e axudar aos/ás demais. Por iso, debemos estar atent@s ao noso ao redor para evitar que ningún compañeir@ quédese só/soa á hora de xogar, para coidar o material de clase e que así o resto poida gozar del igual que eu, para compartir os xoguetes , para colaborar nas actividades de grupo,etc.

Page 4: Actividade previa á lectura - ONG Manos Unidasgestion.manosunidas.org/HtmlRes/Educacion/Files/Super...poder crecer sans/sas e facer todas esas cousas que tanto nos gustan. Analizar

4

QUE TEÑO QUE FACER PARA SER UN/A AUTÉNTIC@ SÚPER HEROE

Cooperar…

Nas tarefas da clase Axudando aos compañeir@s en algo que non saiban ou poidan

facer

Compartir… O material de clase, os xoguetes… Os teus sentimentos cos demais na Asemblea

Colaborar… Nas actividades de grupo, fichas de traballo… Mantendo a clase ordenada e recolleita

Coidar… O material de clase A limpeza dos espazos comúns: clase, patio…

Respectar… A todos, tratándolles ben e non excluíndo a ninguén á hora de

xogar. A natureza non malgastando a auga

Page 5: Actividade previa á lectura - ONG Manos Unidasgestion.manosunidas.org/HtmlRes/Educacion/Files/Super...poder crecer sans/sas e facer todas esas cousas que tanto nos gustan. Analizar

5

Actividade previa á lectura

EU TAMÉN PODO SER UN SUPERHEROE

Con esta actividade pretendemos Importancia de escoitar e axudar aos/ás demais. Aprender a coidar a clase, os xoguetes e os materiais.

Durará: A duración da actividade será de catro semanas. Cada docente decidirá en que momento en función da súa propia planificación.

Necesitaremos: Póster do Cuadrante de Control. Equipo de Capas de Cores.

1ª Fase: Colgar na aula o cuadrante de control, no que aparecen detallados,

tanto o calendario escolar, coma a cor da capa que estará en xogo cada unha das semanas. Cada cor leva asociados uns obxectivos (que tamén aparecen recollidos no cuadrante) que @s alumn@s deberán cumprir para conseguir a capa correspondente.

A profesora recordará con asiduidade os obxectivos correspondentes a cada capa e a importancia de cumprilos: Obxectivos Capa Azul Colaboro en manter a clase limpa e ordenada. Coido os materiais, xogos e xoguetes da clase.

Obxectivos Capa Verde Nas Asembleas respecto sempre a quenda de palabra. Escoito con atención aos/ás demais cando se expresan.

Obxectivos Capa Roja Comparto os materiais, xogos e xoguetes da clase cos/coas

demais. Axudo os que o necesitan en clase e no patio.

Cada semana, a profesora decidirá quen é @s alumn@s gañadores da capa correspondente, baseándose no logro dos obxectivos.

@s nen@s que consigan a capa deberán colorear o equipo desta da cor que corresponda, escribir o seu nome no espazo reservado para iso e colgala no Cuadrante de Control. Isto permitirá ter unha visión global do desenvolvemento da actividade e da evolución da clase na consecución de obxectivos.

Cada grupo de obxectivos será contabilizado por separado, isto implica que unha vez conseguida a capa azul, @s alumn@s deberán continuar cumprindo os obxectivos marcados, porque de non ser así a perderían.

Page 6: Actividade previa á lectura - ONG Manos Unidasgestion.manosunidas.org/HtmlRes/Educacion/Files/Super...poder crecer sans/sas e facer todas esas cousas que tanto nos gustan. Analizar

6

É fundamental recalcar que o importante é que tod@s logren ter e manter as tres capas, como Súper Pepo expresa ao final do conto.

Ao finalizar cada semana e en Asemblea repasar o panel e formular cuestións como: Quen conseguiu a capa esta semana?, Por que? Quen non o conseguiu?, Que deben facer para tela? Quen logrou manter a súa capa durante a semana?

2ª Fase: para rematar hai que reflexionar Reflexionar a partir da seguinte frase: "Todos podemos ser

Superheroes como súper Pepo".

Page 7: Actividade previa á lectura - ONG Manos Unidasgestion.manosunidas.org/HtmlRes/Educacion/Files/Super...poder crecer sans/sas e facer todas esas cousas que tanto nos gustan. Analizar

7

Page 8: Actividade previa á lectura - ONG Manos Unidasgestion.manosunidas.org/HtmlRes/Educacion/Files/Super...poder crecer sans/sas e facer todas esas cousas que tanto nos gustan. Analizar

8

Cuadrante de Control (Dimensións A2)

Capa Azul Obxectivos:

Manter a clase limpa y ordenada.

Coidar os materiais.

Capa Verde Obxectivos:

Nas Asembleas respecto o turno de palabra.

Escoito aos demais.

Capa Roja Obxectivos:

Comparto cos demais.

Axudo aos que o necesitan.

Semana 1

Semana 2

Semana 3

Semana 4

Page 9: Actividade previa á lectura - ONG Manos Unidasgestion.manosunidas.org/HtmlRes/Educacion/Files/Super...poder crecer sans/sas e facer todas esas cousas que tanto nos gustan. Analizar

9

Actividade previa á lectura

ADIVIÑANZAS Con esta actividade pretendemos Coñecer diferentes froitas Traballar a imaxinación, a expresión oral e a escoita activa.

Durará: A actividade está pensada para realizarse nunha sesión.

Necesitaremos: Adiviñanzas

Consideracións para o/a educador/a Realizar esta actividade na Asemblea antes de ler o conto de " super Pepo e Clementina". Complementar a actividade con fotos de diferentes froitas.

1ª fase: Antes de contarlles o novo conto partiremos dos seus

coñecementos previos acerca das froitas. Usaremos o recurso das adiviñanzas, para que descubran o nome de diferentes froitas:

Gusto a monas, monos e

chimpancés;

vesme colgado nas tendas,

amarelo de cabeza a pés.

(Plátano)

É redonda e laranxa,

se a pelas pódela comer

e o seu zume podes beber.

(Laranxas)

Branca por dentro,

verde por fóra.

Se queres que cho diga,

espera.

(Pera)

Somos verdes e amarelas,

tamén somos coloradas,

é famosa a nosa torta

e tamén podes comernos

sen que esteamos cociñadas.

(Mazás)

Page 10: Actividade previa á lectura - ONG Manos Unidasgestion.manosunidas.org/HtmlRes/Educacion/Files/Super...poder crecer sans/sas e facer todas esas cousas que tanto nos gustan. Analizar

10

Actividade posterior á lectura

AS MIÑAS AMIGAS AS FROITAS Con esta actividade pretendemos Coñecer as froitas e algunhas das súas propiedades máis importantes. Traballar a importancia da froita na nosa alimentación diaria. Valorar a necesidade de escoitar os demais para poder aprender deles. Participación das nais e pais nas actividades escolares dos seus fillos/ás.

Durará:

Necesitaremos: Patrón de Clementina. Caixas baleiras.

Consideracións para o/a educador/a A actividade permitiranos traballar a expresividade e valorar o grao de participación e implicación das nais e pais, así como a capacidade de escoita do grupo (insistir moito na importancia de respectar a quenda de palabra e de escoitar os demais).

Fase 1: a miña froita favorita Cada nen@ pedirá aos pais e ás nais que lle expliquen por que é

bo comer froita. Ademais deberá traer da súa casa unha froita que lle guste.

Fase 2: Presentamos a nosa froita aos demais Tod@s @s nen@s sentarán en círculo e cada un/unha irá

colocando en caixas (previamente preparadas) a súa froita, de maneira que as de cada clase estean nunha caixa diferente. Deste modo entre todos formaremos o "Mercado das Froitas".

A continuación, a profesora presentará cada unha comentando as propiedades de cor, tamaño e sabor. Establecer un diálogo cos alumnos/ás para coñecer as características básicas das froitas, seguindo un esquema de preguntas: De qué cor é?: vermella, amarela, verde... É grande ou pequena? É suave, rugosa...? , hai que pelala? De que árbore nace?

Por último, poñer en común as respostas que os pais e as nais deron á pregunta ¿por que é bo comer froita?, relacionándoas cos valores traballados no conto de "Súper Pepo e Clementina".

Cada nen@ comerase a súa peza de froita na hora do recreo.

Fase 3: Coloreamos a Clementina Cada nen@ coloreará o seu patrón de Clementina utilizando a súa

creatividade. Escribirá o seu nome (nos casos nos que sexa

Page 11: Actividade previa á lectura - ONG Manos Unidasgestion.manosunidas.org/HtmlRes/Educacion/Files/Super...poder crecer sans/sas e facer todas esas cousas que tanto nos gustan. Analizar

11

necesario con axuda da profesora) no espazo reservado para iso, recortaraa e colgaraa na árbore que creamos. Serán utilizadas na seguinte actividade.

Page 12: Actividade previa á lectura - ONG Manos Unidasgestion.manosunidas.org/HtmlRes/Educacion/Files/Super...poder crecer sans/sas e facer todas esas cousas que tanto nos gustan. Analizar

12

Page 13: Actividade previa á lectura - ONG Manos Unidasgestion.manosunidas.org/HtmlRes/Educacion/Files/Super...poder crecer sans/sas e facer todas esas cousas que tanto nos gustan. Analizar

13

Actividade posterior á lectura

EU COMO DE TODO Con esta actividade pretendemos Traballar a necesidade de alimentarse de xeito equilibrado. Valorar a importancia dos bos modais na mesa. Estimular a colaboración á hora de realizar tarefas. Implicar as nais e pais na educación alimenticia dos seus/súas fill@s.

Durará: Esta actividade está pensada para realizarse ao longo de varias semanas.

Necesitaremos: Equipo coloreado de Clementina que os nen@s fixeron na actividade anterior. Equipo do Cuestionario dos Froiti-Puntos.

1ª Fase: os meus Froiti- Puntos Todos os nenos e nenas teñen colgada a súa froita na aula. Agora

deben mantela e iso dependerá exclusivamente deles e elas. A actividade desenvolverase ao longo de catro semanas.

Entregar aos pais e nais o Cuestionario dos Froiti-Puntos para que coñezan os aspectos que van ter que avaliar nos seus/súas fill@s: colaboración á hora de poñer e recoller a mesa, ser educad@s, comer todo e comer de todo.

Ao finalizar cada semana e en Asemblea establecer un diálogo cos/coas nen@s para que el@s se autoavalíen: Axudastes na casa a poñer e recoller a mesa? Comestes todo o que vos puxeron no prato? Fostes educad@s na mesa? Comestes de todo?, froita, peixe, verduras...?

Ao finalizar o mes os pais e nais entregarán o cuestionario recheo á profesora para a súa tabulación (cada SI se contabilizará como un Froiti-Punto).

Para lograr manter a súa froita colgada, @s alumn@s deberán obter 2 Froiti-Puntos.

2ª Fase: para rematar hai que reflexionar En Asemblea, reflexionar sobre o sucedido. Insistir na idea de que

non se trata de competir senón de aprender a alimentarnos para poder crecer sans/sas e facer todas esas cousas que tanto nos gustan.

Analizar as causas dos que perderon a súa froita e apoialos nos aspectos que teñen que mellorar.

Ampliar a actividade durante unha semana máis para que teñan a opción de recuperala. @s demais, pola súa banda, deberán seguir esforzándose para conservar a súa froita.

Page 14: Actividade previa á lectura - ONG Manos Unidasgestion.manosunidas.org/HtmlRes/Educacion/Files/Super...poder crecer sans/sas e facer todas esas cousas que tanto nos gustan. Analizar

14

Cuestionario dos Froiti-Puntos

1. Colabora á hora de poñer e recoller a mesa?

SÍ NON 2. É educad@ na mesa?

SÍ NON 3. Come todo o que lle

poñen no prato? SÍ NON

4. Aprendeu a comer de

todo? SÍ NON

Cuestionario dos Froiti-Puntos

1. Colabora á hora de poñer e recoller a mesa?

SÍ NON 2. É educad@ na mesa?

SÍ NON 3. Come todo o que lle

poñen no prato? SÍ NON

4. Aprendeu a comer de

todo? SÍ NON

Cuestionario dos Froiti-Puntos

1. Colabora á hora de poñer e recoller a mesa?

SÍ NON 2. É educad@ na mesa?

SÍ NON 3. Come todo o que lle

poñen no prato? SÍ NON

4. Aprendeu a comer de

todo? SÍ NON

Cuestionario dos Froiti-Puntos

1. Colabora á hora de poñer e recoller a mesa?

SÍ NON

2. É educad@ na mesa? SÍ NON

3. Come todo o que lle poñen

no prato? SÍ NON

4. Aprendeu a comer de

todo? SÍ NON