ACTIVIDADES XULLO AGOSTO E SETEMBRO

2

Click here to load reader

description

Actividades de LugoPatrimonio para os meses de xullo, agosto e setembro

Transcript of ACTIVIDADES XULLO AGOSTO E SETEMBRO

Page 1: ACTIVIDADES XULLO AGOSTO E SETEMBRO

Tfne. 676 80 02 [email protected] www.lugopatrimonio.org

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DE LUGOPATRIMONIO

Xullo 2010Debido aos acontecementos ocorridos nestes días a respecto do Panteón de Galegos Ilustres, a Xunta Directiva de LugoPatrimonio acordou adiar a viaxe á cidade de Ferrol e mudar a mesma polos actos que de seguido relatamos:

Día 8, xoves : conferencia de Francisco Rodríguez sobre "Rosalía de Castro: a integración despois da súa morte" (últimos anos de Rosalía de Castro e o traslado dos seus restos ao Panteón de Galegos Ilustres).

Na mesma conferencia explicaranse os actos a realizar o día 15 de xullo en Santiago arredor da poeta e coa reivindicación de que se abra ao público o Panteón de Galegos Ilustres, pechado hai uns días pola Igrexa.

A conferencia desenvolverase ás 20 h. na Galería Sargadelos de Lugo.

Día 15, xoves:Cortexo Cívico Rosalía de CastroActo reivindicativo para que se abra o Panteón de Galegos Ilustres e que consistirá en reproducir o traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro que tivo lugar o 25 de maio de 1891.Estes actos comezarán ás 16,30 h. no cemiterio de Adina, en Padrón, para saír de seguido en tren deica Santiago de Compostela e a partir de aí facer o itinerario seguido no seu día deica o Panteón de Galegos Ilustres, onde rematará coa lectura do Manifesto. Durante o traxecto haberá recitado dos seus poemas, música e alocucións.

Para asistir a eles sairá un autobús do lugar habitual (Instituto Lucus Augusti), ás 14 h. polo que quen acuda deberá ter comido xa.En Padrón collerase o tren axeitado para isto, onde haberá que abonar o billete (4 euros).Para anotarse no autobús, poderase facer o día da conferencia (8 de xullo), entre 19 e 20 h. ou chamando aos telefones 676 800 227 (operativo a partir do día 1 de xullo) ou 656 236 343 (operativo desde hoxe) desde hoxe até o 8 de xullo, data tope.

Agosto 2010Día 3, martes: conferencia do historiador Adolfo de Abel Vilela sobre “A industria do ferro tras a revolución industrial de Sargadelos”, no salón de actos da Deputación provincial, ás 20 h.

1

Page 2: ACTIVIDADES XULLO AGOSTO E SETEMBRO

Tfne. 676 80 02 [email protected] www.lugopatrimonio.org

Día 7, sábado (en colaboración coa asociación Mariña Patrimonio ): viaxe a Cervo para visitar a Fábrica de Sargadelos, o Pazo dos Marqueses, Paseo dos Namorados, Museo Histórico de Sargadelos, xardíns do Pazo. E tamén, en San Cibrao: o Museo do Mar, a carpintaría de Ribeira da familia Fra e o Castro da Atalaia.

Anotacións o mesmo día da conferencia (3 de agosto), entre 19 e 20 h no mesmo lugar. Prazas limitadas a 50, coas característica habituais.

Setembro 2010Dedicado a O Courel de NovoneyraDía 14, martes Recital poético sobre a obra de Uxío Novoneyra, acompañado de imaxes do Courel realizadas por Hixinio Flores, con montaxe tamén de Orlando Viveiro.Introducirase este acto cunha glosa do escritor Lois Diéguez sobre a súa figura e obra. Recitarán asociados e asociadas de LugoPatrimonio.Este acto desenvolverase no salón de actos da Deputación ás 20 h.

Día 25: viaxe a O Courel Saída ás 8 h. do Instituto Lucus Augusti.Durante o día visitarase a casa natal do poeta e farase unha camiñada pola Devesa da Rogueira e lugares próximos relacionados con Uxío Novoneyra (Castelo do Carbedo, Monte Cido, Souto de Mercurín...).Quen queira facer esta viaxe deberá anotarse antes da conferencia (14 de setembro), entre 19 e 20 h. e no lugar onde se desenvolve. Rexerán as condicións habituais.Prazas limitadas a 50.

Lugo, a 23 de xuño do 2010A Xunta Directiva

2