ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia...

48
ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES EFECTOS DAS ALTAS TEMPERATURAS SOBRE A SAÚDE Maio de 2012

Transcript of ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia...

Page 1: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

ACTUACIÓNS DA XUNTA DE

GALICIA FRONTE AOS POSIBLES

EFECTOS DAS ALTAS

TEMPERATURAS SOBRE A SAÚDE

Maio de 2012

Page 2: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES

EFECTOS DAS ALTAS TEMPERATURAS SOBRE A SAÚDE

Pag.

1. INTRODUCIÓN ................................................................. 3

2. TEMPERATURAS EXTREMAS. VAGAS ................................. 5

2.1. Efectos sobre a saúde .............................................. 7

2.2. Factores de risco ...................................................... 9

3. ACTUACIÓNS DE PREVENCIÓN E CONTROL. ..................... 12

3.1. Coordinación das Administracións. Comité

Interdepartamental da Xunta de Galicia .................. 13

3.2. Sistema de Información Ambiental .......................... 14

3.3. Niveis de activación de alertas ................................. 20

3.4. Coordinación no marco do Plan de Accións Preventivas

Fronte a Vagas do Ministerio de Sanidad y Política

Social ....................................................................... 22

3.5. Sistema de Vixilancia da morbilidade ....................... 22

3.6. Sistema de comunicación da información ................ 23

3.7. Un sistema de protocolos de actuación ben definidos

para cada nivel de alerta .......................................... 24

4. ANEXOS

o ANEXO I: Táboas para calcular o índice de Missenard por

efecto da temperatura, a humidade e o vento

o ANEXO II: Comunicación servizos sanitarios asistenciais

o ANEXO III: Indicacións a voluntarios e traballadores

sociais

o ANEXO IV: Actuacións FSUSG – 061

o ANEXO V: Texto folleto informativo á poboación

2

Page 3: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

1. INTRODUCIÓN

As vagas de calor teñen un claro impacto na saúde da poboación,

incluíndo un aumento da morbilidade e mortalidade1,2. De feito,

numerosos estudos describiron un aumento das mortes polas vagas

de calor producidas en Estados Unidos e Europa3. Eses danos son

producidos polo efecto directo da calor e tamén polo seu efecto

indirecto, xa que a calor ambiental excesiva empeora o estado da

saúde das persoas previamente enfermasa,4. Quen máis sofre os

efectos negativos da calor son as persoas maiores, que teñen un

sistema de regulación térmica con menor rendemento, e as que

padecen enfermidades respiratorias ou cardiovasculares. Nestes

grupos é onde se espera que se poida manifestar un exceso de

mortalidade asociado a unha vaga.

No verán do 2003, produciuse unha vaga de calor que afectou a

toda Europa e provocou un exceso de mortalidade en distintos

lugares que xerou unha importante alarma social5. A Península

Ibérica non se librou da ondab e, concretamente en España,

observouse nos tres meses de verán un incremento significativo da

mortalidade sobre os valores esperados. Martínez Navarro et al6,

detectaron no conxunto de España a presenza de tres ondas de

mortalidade de diferente intensidade, e observaron que as variacións

das defuncións e das temperaturas diarias coincidían e que os

incrementos das temperaturas precedían aos das defuncións en 1 ou

2 días. Este aumento da mortalidade obrigou aos distintos gobernos a

a Amplas revisións sobre os efectos nocivos da calor que se atopan en: Institut de veille sanitaire. Impact sanitaire de la vague de chaleur d’août 2003 en France: Vague de chaleur et sante : revue bibliographique. b Direcçao-Geral da Saúde. Plano de contingencia para ondas de calor.

3

Page 4: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

considerar as temperaturas extremas como un importante problema

de saúde pública6.

Estudos previos suxeriron a existencia dunha serie de medidas

preventivas capaces de reducir a vulnerabilidade da poboación ás

temperaturas moi elevadas7 como o acceso ao aire acondicionado,

unha maior inxesta de líquidos, una diminución da actividade física,

etc.8. Ademais, dende a vaga de calor do 2003 varios países

coincidiron na necesidade de aumentar a conciencia individual e

colectiva dos riscos relacionados cas altas temperaturas, de dar a

coñecer as medidas preventivas e de por en marcha sistemas de

alerta. De feito, a diminución do impacto das vagas de calor na

morbilidade e mortalidade en diferentes anos parece estar

relacionado, non só coas diferenzas nos niveis de calor, senón tamén

cos cambios producidos nas intervencións1.

Esta situación pon en evidencia a necesidade de por en marcha

un plan de actuación que minimice os efectos negativos da calor na

saúde da poboación. Este plan debería fomentar a axilidade dos

servizos médicos de emerxencia e dos sistemas de información e

coordinación entre as diferentes administracións implicadas, o

establecemento dunha axeitada rede social que de prioridade ás

persoas máis vulnerables ao efecto da calor como os anciáns, nenos,

persoas con menos recursos, que viven solas e/ou que se atopan en

situación de marxinación, illamento ou dependencia; e a mellora das

medidas de vixilancia e control das enfermidades relacionada cas

altas temperaturas. Tamén é necesario por en marcha políticas que

favorezan o acceso a lugares públicos acondicionados climáticamente

e intervencións orientadas a mellorar as condicións da vivenda, en

especial, o seu illamento climático.

4

Page 5: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

Por todo isto, dende a Xunta de Galicia decidiuse por en marcha

un plan de actuación, que se renova anualmente, capaz de facer

fronte e tratar de paliar os posibles efectos que as altas temperaturas

podan ter sobre a saúde da poboación galega. Este documento de

actuacións establece as medidas necesarias para reducir os efectos

na saúde asociados ás vagas, os sistemas de previsión, alerta e

comunicación a utilizar, e define unha sistemática de intervención,

segundo os niveis de alerta establecidos. Por outro lado, establece as

canles de coordinación interinstitucional entre as unidades

competentes nesta materia.

En calquera caso, é preciso subliñar que a existencia dunhas

actuacións preestablecidas non supón a constatación de que esta

ameaza vaia facerse realidade, senón a admisión de que, aínda sendo

improbable, esta situación pode darse, como amosa o sucedido en

anos anteriores.

2. TEMPERATURAS EXTREMAS. VAGAS

A contaminación ambiental e o aumento dos gases de efecto

invernadoiro provocados polo ser humano, poderían aumentar a

frecuencia e a intensidade dos episodios de calor extremo, tamén

denominados como “vaga”.

Segundo as previsións para o período 2050-2100 realizadas polo

IPPC (Intergovernemental Pannel on Climate Change) o incremento

dos gases de efecto invernadoiro producirá a nivel mundial cambios

climáticos, entre os que destacan:

• Temperaturas máximas e mínimas máis elevadas.

• Maior número de días de intenso calor e menos días xeados na

maioría das rexións continentais.

• Aumento de precipitacións intensas na maioría das rexións.

5

Page 6: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

Nesta liña o último informe do IPPC do ano 2007 refire que

posiblemente o cambio climático producirá a nivel mundial un

aumento da frecuencia e intensidade das vagas de calor que

aumentarán o risco de mortalidade por causa térmicac. Ademais,

estudos realizados en España prevén que no último terzo do século a

temperatura posiblemente aumente entre 5 e 7 grados no verán

respecto aos valores actuais9.

En Galicia, o Informe de Evidencias e Impactos do Cambio

Climático (CLIGAL) encargado pola Consellería de Medio Ambiente no

2008 indica que hai evidencias dun aumento da temperatura media,

sobre todo no verán, o aumento da frecuencia de días e noites cálidas

e un descenso das noites frías. A finais do século XXI, espérase que

Galicia continúe na mesma tendencia que o resto do mundo cun

incremento das temperaturas medias e un aumento do número de

días cálidos e noites cálidas especialmente nos meses do verán.

A posibilidade de que se repita unha vaga en calquera país

europeo é verosímil. De feito, hai autores10,11 que están de acordo en

que o cambio climático aumentará a frecuencia e a intensidade das

vagas de calor, polo que deberán instaurarse unha serie de medidas

necesarias para diminuír os seus efectos negativos. Estas medidas

deberían estar destinadas a mellorar as vivendas, a xestión das

enfermidades crónicas, a atención institucional a anciáns e persoas

vulnerables, etc10. Todo isto xustifica o deseño de actuacións de

prevención e control da vaga, que nos permitan anticiparnos aos

efectos negativos que esta podería ter sobre a saúde da poboación

galega.

c IPCC, 2007: Cambio climático 2007: Informe de síntesis. Contribución de los Grupos de trabajo I, II y III al Cuarto Informe de evaluación del Grupo Intergubernamental de Expertos sobre el Cambio Climático [Equipo de redacción principal: Pachauri, R.K. y Reisinger, A. (directores de la publicación)]. IPCC, Ginebra, Suiza, 104 págs.

6

Page 7: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

Na actualidade non existe unha definición consensuada a nivel

internacional de “vaga”d, aínda que a OMS ten unha definición

segundo a cal trátase dun requentamento do aire, dun período

caracterizado por temperaturas anormalmente elevadas ou dunha

invasión de aire moi quente. De todas formas, as características

esenciais dunha vaga serían a observación de temperaturas

anormalmente cálidas con respecto á época considerada, a súa

persistencia no tempo e unhas temperaturas mínimas elevadas, e

segundo Tan1 esta calor debería ir acompañada por un alto grao de

humidade. Ora ben, aínda existe incerteza sobre a temperatura limiar

que se debe considerar como vaga.

2.1 Efectos sobre a saúde

A exposición a temperaturas excesivas pode provocar problemas

de saúde como mareo, cansazo, debilidade, fatiga e cambras

musculares, síncope, deshidratación, insolación e golpe de calor2,12. A

maioría das enfermidades asociadas á calor son consecuencia máis ou

menos grave dun fallo no sistema de termorregulación12. A calor

excesiva pode alterar as nosas funciones vitais se o corpo humano

non é capaz de compensar as súas variacións de temperatura. Unha

temperatura moi elevada produce perda de líquidos e de electrólitos

que son necesarios para o funcionamento normal dos distintos

órganos.

d Os meteorólogos franceses definen unha vaga como un período durante o cal a temperatura máxima supera o límite de 30’0°C. Os americanos, como un período no que a temperatura máxima supera o límite de 32’2°C durante tres días consecutivos. Nos Estados Unidos, o Servizo Nacional de Meteoroloxía propuxo outra definición baseada no concepto de índice de calor, “Hi”. E definen unha onda de calor como a persistencia dun índice de calor diúrna superior ou igual a 40’6°C asociado a un índice de calor nocturna superior ou igual a 26’7°C durante polo menos 48 h. Este límite máximo revísase ao alza no territorio americano en función da frecuencia de rebasamento: para as estacións onde un 1% das observacións superan os límites máximos diúrnos e nocturnos, o límite máximo establecese ao percentil 1 das observacións. Os británicos definen unha vaga a partir dun aumento da temperatura de 4°C sobre a media trintenal do lugar e o mes. O Instituto Real de Meteoroloxía dos Países Baixos a define como un período de polo menos cinco días consecutivos durante os cales a temperatura acadou 25°C de mínima e 30°C de máxima durante polo menos tres días” (Institut de veille sanitaire. Impact sanitaire de la vague de chaleur d’août 2003 en France: Vague de chaleur et sante : revue bibliographique).

7

Page 8: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

Ademais, os mecanismos de termorregulación poden verse

descompensados nalgunhas persoas con determinadas enfermidades

crónicas, sometidas a certos tratamentos médicos e con

discapacidades que limitan a súa autonomía.

O impacto da exposición a unha calor excesiva está determinado

polo envellecemento fisiolóxico e as enfermidades subxacentes.

Normalmente un individuo san tolera unha variación da súa

temperatura interna de aproximadamente 3ºC sen que as súas

condicións físicas e mentais se alteren de forma importante. As

persoas maiores e os nenos e nenas moi pequenos son máis sensibles

a estes cambios de temperatura.

Como xa se dixo, as vagas producen diferentes efectos nocivos

na saúde humana, que poden levar incluso á morte. A única rúbrica

identificada como causa de mortalidade directa por exceso de

temperatura ambiental na Clasificación Internacional de Enfermidades

é a codificada como E900.0: a mortalidade debida á “Calor excesiva

derivada de condicións climáticas” que é o que equivale ao

comunmente denominado golpe de calor (ver informe ano 2007 no

Anexo V).

O golpe de calor asociase con problemas multiorgánicos que

poden incluír síntomas tales como inestabilidade na marcha,

convulsións e mesmo coma. Este caracterízase por unha elevada taxa

de letalidade e por presentarse de forma moi rápida. Entre as súas

complicacións destacan a síndrome de distrés respiratoria do adulto,

a insuficiencia renal, a hepática e a coagulación intravascular

diseminada13. De todas formas, existe a posibilidade de que non

consten moitas mortes por golpes de calor debido a súa semellanza

con outras causas de mortalidade mais frecuentes como a trombose

coronaria ou cerebral12.

8

Page 9: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

A literatura científica recolle numerosos estudos onde se constata

o impacto das vagas na mortalidade4,5, que se manifesta como un

aumento do número total de defuncións máis ala do esperado, e non

tanto como un aumento no número de falecidos nos que a causa de

defunción aparece codificada como debida a “Calor excesiva derivada

de condicións climáticas”.

O aumento da mortalidade observado nos distintos países

durante as vagas de calor, atribuíuse sobre todo a enfermidades

cardiovasculares, cerebrovasculares e do sistema respiratorio e, en

especial, aos maiores de 65 anos14. Mais a enfermidade renal,

diabetes e desordes do sistema nervioso entre outras2.

Por último compre sinalar que o exceso de mortalidade asociase

principalmente a períodos de 3 o máis días consecutivos de

temperaturas non habituais4 , e o seu efecto pódese observar no

mesmo día ou cun atraso de ata tres días despois de que se produza

o incremento das temperaturas2,15,16.

2.2 Factores condicionantes do risco para a saúde

As vagas de calor afectan sobre todo á poboación de risco como

anciáns, menores de 5 anos e enfermos crónicos e terminais.

Ademais, nestes efectos inflúen as condicións de vida, as da vivenda

e os niveis de contaminación ambiental6. Por outra banda, varios

autores coinciden en que ha capacidade da adaptación e

aclimatización da poboación ten unha grande influencia no risco2,3.

Por todo isto, ante a presenza dunha vaga de calor é preciso

identificar ás persoas de alto risco para informarlles e facilitarlles as

medidas necesarias que deben adoptar para evitar a hipertermia, e

polo tanto para reducir a mortalidade asociada a vaga de calor4. En

9

Page 10: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

xeral, os principais factores que van condicionar o risco asociado coa

exposición da poboación ás vagas de calor son4,16.

Factores persoais

• A idade: afecta sobre todo ás persoas maiores, especialmente

no grupo de idade maior de 65 anos, e a lactantes e menores

de 5 anos.

• O nivel socioeconómico.

• Padecer enfermidades cardiovasculares, respiratorias, mentais

(Demencias, Párkinson), diabetes mellitus ou obesidade

excesiva.

• Padecer unha enfermidade aguda no momento que acontece a

vaga.

• Estar sometido a certos tratamentos médicos que afecten ao

sistema de termorregulación como diuréticos, neurolépticos

anticolinérxicos e tranquilizantes.

• Consumir sustancias como o alcohol e outras drogas.

• Ter trastornos da memoria, dificultades de comprensión, ou de

orientación ou con pouca autonomía na vida cotián.

• Ter dificultades na aclimatación ou adaptación á calor.

Factores ambientais, laborais ou sociais

• Vivir soa, na rúa e/ou en condicións sociais e económicas

desfavorábeis.

• Ausencia de climatización e vivendas difíciles de refrixerar.

• Exposición excesiva á calor por razóns laborais (traballos

manuais no exterior ou que esixen un elevado contacto con

ambientes quentes), deportivas (deportes de gran intensidade

física) ou de ocio.

• Niveis de contaminación ambiental.

10

Page 11: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

• Ambiente moi urbanizado.

• Exposición continuada durante varios días a elevadas

temperaturas que se manteñen pola noite.

Factores locais

Se ben os mecanismos anteriores actúan de forma xenérica, os

factores locais xogan un papel decisivo, xa que determinan a

temperatura de confort, os limiares de definición das vagas e ondas

de frío e a asociación temperatura-mortalidade, ou sexa, a magnitude

do impacto. De feito, un dos factores que máis parece influír é a

capacidade de aclimatarse dos individuos ás condicións locais nas que

vive16.

Os principais factores locais son:

- A demografía, que determina a composición da pirámide de

poboación, e por tanto, o tamaño dos grupos susceptibles.

- A climatoloxía, na medida en que os individuos se adaptan ao

clima local. Isto explica que o efecto dos extremos térmicos non

dependa de valores absolutos, senón de que nos atopemos, ou

non, dentro do intervalo de normalidade das temperaturas nun

certo lugar.

- O equipamento doméstico e o nivel de renda, dos que depende

a capacidade das familias para afrontar situacións extremas

como as vagas e ondas de frío.

11

Page 12: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

3. ACTUACIÓNS DE PREVENCIÓN E CONTROL.

Obxectivo xeral:

• Reducir o impacto sobre a saúde da poboación galega polas

temperaturas de calor extremo.

Obxectivos Específicos:

• Establecer un sistema de previsión, alerta e comunicación dos

riscos, definindo uns niveis de alerta.

• Definir unha sistemática de intervención para cada nivel de

alerta definido.

• Reforzar a coordinación interinstitucional entre as unidades

competentes nesta materia.

A estratexia de ditas actuacións está baseada nas seguintes liñas

de traballo:

1. Un sistema de Coordinación das Administracións implicadas no

desenvolvemento das actuacións.

2. Un sistema de Información Ambiental para a predición (e o

seguimento se é o caso) das vagas, baseado na información

facilitada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e

Infraestruturas, a través de Meteo-Galicia, e tendo en conta

outras fontes a través do Ministerio de Sanidad y Política Social.

3. Un sistema de decisión do nivel de alerta existente, liderado

pola Dirección Xeral de innovación e Xestión da Saúde Pública

co apoio dun comité de crise con representantes das

consellerías e organismos implicados.

12

Page 13: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

4. Un sistema de vixilancia da morbilidade inducida pola vaga.

5. Un sistema de comunicación da información en cada nivel de

alerta. Este sistema contemplará os seguintes sectores a cubrir:

a. Poboación xeral, con especial énfase na poboación máis

susceptible e os seus familiares.

b. Profesionais e dispositivos do Sistema Galego de Servizos

Sociais e entidades de acción voluntaria que traballan no

ámbito da atención ás persoas maiores

c. Profesionais e dispositivos sanitarios

6. Un sistema de protocolos de actuación ben definidos para cada

nivel de alerta.

3.1- Coordinación das Administracións. Comité

Interdepartamental da Xunta de Galicia

Para desenvolver as actuacións contempladas é necesaria a

intervención de múltiples departamentos da Xunta e doutras

administracións públicas, en función do ámbito de competencias

propio de cada unha delas. Por este motivo é necesario establecer un

mecanismo de coordinación que facilite o fluxo de información entre

elas, e permita e impulse a colaboración nas diferentes actividades

definidas.

Con este fin créase un Comité Interdepartamental para a

Prevención e Control dos Efectos sobre a Saúde das Altas

Temperaturas. Este comité estará presidido polo titular da Dirección

Xeral competente en materia de Saúde Pública da Consellería de

Sanidade, actuará de secretario o titular dunha Subdirección Xeral

competente en materia de Saúde Pública e asemade estará

13

Page 14: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

integrado, como mínimo, por un representante dos seguintes

organismos da Xunta, con rango de Subdirector Xeral:

• Consellería competente en materia de e benestar social,

voluntariado e cooperación coas corporacións locais.

• Consellería competente en materia de protección civil.

• Consellería competente en materia de Medio Ambiente.

Funcións do Comité:

• Impulsar a aplicación das actuacións establecidas nos seus

departamentos

• Establecer as estratexias preventivas e de control que se

consideren axeitadas aos datos e ás evidencias dispoñibles.

• Revisar os niveis de intervención establecidos e as actuacións

ligadas a cada un deles, e propoñer mecanismos de mellora.

• Revisar as decisións do Comité de Crise en relación ao

establecemento dos niveis de alerta.

• Impulsar a elaboración de plans de avaliación, xestión e

comunicación de riscos.

Este Comité poderá solicitar o asesoramento das entidades que

considere máis adecuadas para axudarlle no desempeño das súas

funcións.

3.2 Sistema de Información Ambiental.

Para complementar e mellorar os sistemas de vixilancia da saúde

actuais, no marco destas actuacións establécese a posta en marcha

dun Sistema de Información Ambiental específico.

Obxectivos do Sistema:

Dar a coñecer, anticipadamente e nun momento concreto, o

risco de vaga que pode afectar a una poboación determinada

residente nun ámbito xeográfico.

14

Page 15: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

Facilitar a toma de decisións cara a posta en marcha de

actuacións encamiñadas a prestar asistencia social á poboación

susceptible.

Anticiparse a un posible incremento da demanda de asistencia

sanitaria.

Tendo en conta estes obxectivos, é precisa unha información

baseada nun sistema áxil e sinxelo, que facilite a toma de decisións

nos diferentes niveis de responsabilidade e actuación, co fin de poñer

en marcha mecanismos de alerta, tanto á poboación como aos

servizos asistenciais, que permitan controlar os posibles efectos

adversos e diminuír as consecuencias sobre a saúde da poboación.

Características do sistema:

Na comunidade autónoma de Galicia existe unha grande

variedade de zonas climáticas moi características, dende a

climatoloxía extrema en zonas do interior ata o clima suave de zonas

costeiras, chegándose a determinar diferenzas climáticas entre as

catro provincias e incluso entre os distintos concellos dunha mesma

provincia. Así mesmo, debemos de ter en conta tanto a dispersión da

poboación como o grao de avellentamento.

Por outra parte, é evidente que a principal variable

meteorolóxica que determinan os episodios de calor ou frío para un

determinado emprazamento é a temperatura do aire. Ora ben, os

efectos sobre as persoas están directamente influenciados polo

equilibrio térmico que as mesmas tenden a alcanzar co aire ambiente

que as rodea, o que se coñece como SENSACIÓN TÉRMICA. Este

parámetro é complexo pois depende dun gran número de factores

dependendo do tipo de persoa e da denominada “memoria térmica”

15

Page 16: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

das persoas (persoas habituadas a uns ambientes cálidos húmidos,

persoas en ambientes temperados, etc.), mais xéranse índices a

través de estudios medios de resposta aos diferentes condicionantes

ambientais atmosféricos. Para caracterizar ese ambiente atmosférico

existen distintos índices, mais en todos se computa a influencia no

mesmo da temperatura do aire, a súa humidade e a forza do vento.

Polo tanto, o sistema de vixilancia ambiental debe ter capacidade

para dar resposta a dúas características fundamentais:

o Debe permitir desagregar a información a nivel de concello ou

agrupacións de concellos.

o Debe basearse en indicadores que teñan en conta, ademais da

temperatura, a velocidade do vento e o grao de humidade.

Por isto, en coordinación coa Consellería de Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas, a través de Meteo-Galicia, proponse para

este plan como índice máis idóneo para predicir os posibles efectos

dunha vaga un índice de sensación térmica como é o “Índice de

Missenard” (IM). No Anexo I pódense consultar unhas táboas para o

cálculo do dito índice de sensación térmica por efecto da

temperatura, a humidade e o vento. Os valores do IM están

elaborados a partires de poboacións de diferentes zonas do planeta, e

a escala de sensacións térmicas ven reflectida na seguinte táboa:

16

Page 17: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

Escala de sensacións para a Temperatura Efectiva (ET) de Missenard:

ET Índice sensación Nivel

> 30 Calor forte Elevado

24 Calor moderado Alto

18 Calor agradable Confortable

12 Suave Confortable

6 Fresco Baixo

0 Moi fresco Baixo

-12 Frío Alto

-24 Moi frío Alto

-30 Frío intenso Elevado

<-30 Conxelación Extremo

O rango entre ET>=12 y ET<24 é considerado de confort para

permanencia exterior, sendo o rango onde o benestar é amplamente

sentido. Tendo en conta o mecanismo de autorregulación térmica das

persoas, esas condicións de exterior son favorables para o ocio,

turismo e a vida das persoas en xeral. Pode dividirse en dúas

categorías de sensación: SUAVE E CALOR AGRADABLE. Por encima de

ET 24 comezase a atopar disconfort por calor, diferenciando CALOR

MODERADO E CALOR FORTE.

Por outra banda, ademais de ter en conta que o valor do índice

de sensación térmica debe alcanzar un nivel mínimo (nivel elevado ou

sensación de calor forte) que indique unha situación de posible risco,

debemos buscar un limiar que incorpore os datos históricos co fin de

ter en conta aspectos como a memoria térmica das persoas. Por isto,

proponse como limiar o percentil 95 do índice máximo de sensación

térmica (índice de Missenard) para cada concello de Galicia.

17

Page 18: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

En base a todo isto, e en función dos servizos meteorolóxicos

existentes en Galicia, as accións preventivas contra os efectos do

exceso de temperaturas sobre a saúde desta Comunidade Autónoma

fundamentarase na seguinte información:

Percentil 95 do índice máximo de sensación térmica en cada

concello de Galicia.

Valores preditivos do nivel do índice máximo de “Sensación

Térmica” para cada un dos 315 concellos de Galicia a dous

días vista remitidos diariamente polos servizos

meteorolóxicos, é dicir remitirán o de hoxe (D), mañá

(D+1), e pasado mañá(D+2)

Listados dos concellos nos que o valor preditivo do nivel do

índice supere o percentil 95 do índice máximo de sensación

térmica (Missenard).

Mapa de Galicia cos valores preditivos dos índices máximos

de “sensación térmica”.

Valores reais diarios do índice máximo de “Sensación

Térmica” para todos os concellos.

Listado das temperaturas máximas e mínimas previstas nos

315 concellos, para o día D, D+1 e D+2.

Así como toda outra información puntual que se demande.

Fluxo de información:

O protocolo de notificación e transmisión de información

meteorolóxica no marco do presente Plan será o seguinte:

Centro emisor de avisos/información: Consellería

competente en materia de Medio Ambiente, a través de

18

Page 19: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

Meteo-Galicia. Tamén se contará coa información facilitada

polo Ministerio competente en materia de sanidade.

Centro receptor de avisos/información meteorolóxica:

Centro de Emerxencias 112 SOS-Galicia e D. X. competente

en materia de saúde pública.

Calendario ano 2012: do 1 de xuño ao 15 de setembro,

(sen excluír que se alongue ata o 30 de setembro se a

situación o require) .

Medio de envío/recepción: informático, a través de

correo electrónico. O boletín extraordinario de fenómenos

meteorolóxicos adversos tamén se envía por fax.

No caso de situacións de alerta, a transmisión de información

interna na Xunta de Galicia seguirá o seguinte fluxo.

MeteoGalicia Centro de Emerxencias 112 SOS-Galicia

Dirección Xeral competente

en Saúde Pública

(Niveis de Alerta)

Consellería competente en

materia de protección civil

Consellería competente en materia

Benestar, voluntariado Rede sanitaria galega

Rede de centros

e dispositivos

asistenciais

Outros CMT – Galicia Ministerio de Sanidade

Voluntariado

de concellos Rede de Protección

Civil

Sistema galego de

servizos sociais

En situación de normalidade, a información poderase consultar a

través da Web.

19

Page 20: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

3.3 Niveis de activación de alertas

Os efectos da calor sobre o disconfort tenden a aumentar

conforme os episodios van perdurando no tempo, polo que un só día

de CALOR FORTE pode non facerse sentir, mais varios días

consecutivos fanse cada vez menos tolerables podendo desencadear

efectos adversos para a saúde da poboación.

Debemos recordar que o índice que se prognostica dáse para o

momento do día coincidente coa temperatura efectiva máxima e as

súas proximidades, mentres que no resto atopámonos

ambientalmente noutros valores, por isto é a continuidade en varios

días o que o fai máis sensible.

Ademais, para que teñamos esta continuidade é preciso tamén

establecer un limiar de temperatura mínima (20 ºC) que fai que o

disconfort sufrido pola poboación teña esa continuidade que o pode

converter nun factor de risco para a poboación susceptible.

Por outra parte, debemos ter en conta que, nalgúns casos, o

percentil 95 do índice máximo de sensación térmica non sobrepase

determinado limiar que o converta nun factor de risco. Este limiar

establécese nunha temperatura efectiva de 24.

En base á información recibida e ás consideracións postas de

manifesto con anterioridade, establécense uns niveis de alerta das

actuacións preventivas en función dos valores dos índices reais dos

tres días anteriores e dos valores preditivos dos tres días seguintes:

“Nivel 0” situación de normalidade, cor verde: cando o valor

preditivo do índice de sensación térmica máxima para ese

20

Page 21: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

día e os dous seguintes non sexa igual ou superior ao

percentil 95 do índice de Missenard.

“Nivel 1a” pre-alerta cor amarelo: cando o valor real do

índice de sensación térmica para os tres días anteriores fose

inferior ao percentil 95 do índice de Missenard, o valor

preditivo do índice para ese día e os dous seguintes sexa

igual ou superior ao percentil 95 do índice de Missenard ,

sempre que se vexa superado o valor de 24, e o valor

preditivo da temperatura mínima para ese día e os dous

seguintes supere os 20 ºC . Indica que, de cumprirse as

predicións, é probable que se cumpran as condicións de nivel

1b de alerta laranxa nos días seguintes.

“Nivel 1b” alerta cor laranxa: cando o valor real do índice de

sensación térmica para un ou dous dos tres días anteriores

fose igual ou superior ao percentil 95 do índice de Missenard

e maior de 24 e a temperatura mínima superior ós 20 ºC,

dándose esas mesmas circunstancias para a predición dese

día e os dous seguintes.

“Nivel 2” alerta cor vermella: cando o valor real do índice de

sensación térmica para os tres días anteriores fose igual ou

superior ao percentil 95 do índice de Missenard e maior de

24 e a temperatura mínima superior ós 20 ºC, dándose esas

mesmas circunstancias para a predición dese día e os dous

seguintes.

“Nivel 1-0” cor azul dentro dun círculo: atopándonos en

calquera nivel de alerta, existe predición de que remate a

mesma ó día seguinte ou ós dous días (D+1 ou D+2), cando

se dan as seguintes circunstancias: estando en situación de

alerta laranxa ou vermella, as predicións para ese día (D+0),

ou ben as predicións para ese día e máis o seguinte (D+0 e

D+1) indican que seguiran sobrepasándose os umbrais

21

Page 22: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

establecidos, volvendo a situarse en valores normais ó día

ou días seguintes.

3.4 Coordinación no marco do Plan de Accións Preventivas

Fronte a Vagas do Ministerio de Sanidad, Política Social e

Igualdad.

O presente Plan de actuacións da Xunta de Galicia fronte aos

posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, coordinarase

co Plan Nacional de Actuacións Preventivas dos Efectos do Exceso de

Temperaturas sobre a Saúde do Ministerio competente en materia de

sanidade a través da Dirección Xeral competente en materia de saúde

pública polos mecanismos que en cada momento se establezan.

3.5- Sistema de Vixilancia da morbilidade

Obxectivo:

• Identificar e monitorizar se hai un incremento da demanda de

asistencia sanitaria, co fin de poder avaliar a necesidade de

reforzar os recursos dispoñibles.

Compoñentes do sistema:

Vixilancia da morbilidade extrahospitalaria, a través do 061.

Vixilancia da morbilidade hospitalaria, a través da Dirección

competente en materia de Asistencia Sanitaria e das xerencias

dos hospitais.

Estrutura e fluxo da información:

Morbilidade extrahospitalaria:

• Durante todo o tempo de vixencia das actuacións, o 061

realizará o envío periódico de información á Dirección Xeral

competente en materia de saúde pública previamente

establecido, consistente na remisión de datos do número de

consultas diarias tramitadas nese servizo, e as consultas

22

Page 23: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

codificadas como “golpe de calor” e “enfermidades

neurolóxicas”.

• A Dirección Xeral competente en materia de saúde pública

procesará estes datos e porá os resultados a disposición dos

diferentes niveis de asistencia sanitaria e servizos sociais, como

axuda na avaliación da situación.

Morbilidade hospitalaria:

• Durante todo o tempo de vixencia das actuacións, á Dirección

Xeral competente en materia de saúde pública procesará, con

igual periodicidade que a morbilidade extrahospitalaria, o

número de urxencias diarias atendidas nos hospitais do

Sergas,.

• Cando se active o nivel de alerta 1b (nivel amarelo), cada

xerencia hospitalaria remitirá diariamente ao Gabinete de

Comunicación da Consellería competente en materia de

sanidade e este á Dirección Xeral competente en materia de

saúde pública datos sobre o número de ingresos por sospeita

clínica de golpe de calor e número de falecementos nos que o

facultativo considere que o calor poder estar implicado como

causa.

3.6- Sistema de comunicación da información

A Poboación xeral, con especial énfase na poboación máis

susceptible, e os seus familiares. Basearase fundamentalmente

nos medios de comunicación, ademais de outros canles, incluíndo

internet.

Profesionais do sector social e voluntariado dedicados ao coidado

das persoas maiores. Distribuiráselles información específica sobre

este problema e a sistemática de actuación a seguir.

23

Page 24: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

Profesionais e dispositivos sanitarios. Distribuiráselles información

específica sobre este problema e a sistemática de actuación a

seguir.

3.7 Un sistema de protocolos de actuación ben definidos para

cada nivel de alerta.

Cada departamento implicado desenvolverá protocolos de

actuación específicos para cada nivel de alerta.

3.7.1 Nivel 0

Neste nivel non hai risco de vaga. As diferentes unidades

preparan a sistemática de traballo dos seguintes niveis.

Consellería competente en materia de sanidade:

• Preparar a sistemática de difusión da información

• Preparar o tipo de información adaptada ás diferentes clases de

receptores

• Posta en marcha do sistema vixilancia da morbilidade a través

do 061.

Consellería competente en materia de benestar e voluntariado

• Elaboración dun procedemento normalizado de traballo (PNT)

que sistematice o procedemento de actuación.

• Determinar as Entidades de Acción Voluntaria diana para estas

actuacións.

• Preparar os listados destas entidades.

• Estudar cales son os mellores medios de comunicación para

cada entidade; correo electrónico, telefax ou teléfono; e

clasificalas segundo eles.

24

Page 25: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

• Proceder a automatizar listas de correo electrónico para poder

enviar información o máis rápido posible ás entidades que o

teñan.

• Elaborar listados cos números dos telefax e cos números dos

teléfonos segundo sexa necesario proceder á difusión da

información.

• Comunicarlle ás entidades os enlaces das páxinas web onde

pode atoparse a información necesaria para afrontar o

problema.

• Enviarlle información por escrito ás entidades (o folleto

deseñado pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da

Saúde Pública e dispoñible na web de dita unidade), para que o

coñezan e podan repartilo entre a poboación diana.

- Centros Propios e concertados de atención ás persoas maiores e con

discapacidade que forme parte do grupo de risco.

• Divulgación da información ós directores para o seu

coñecemento e traslado ao persoal en contacto directo cos

usuarios, a través de comunicación e achega de folla

informativa, segundo o modelo elaborado pola Dirección Xeral

competente en materia de saúde pública.

• Identificación da poboación de risco e asunción, por parte do

centro, das pautas concretas de intervención sinaladas no plan

de actuación da Xunta de Galicia sobre os efectos das altas

temperaturas sobre a saúde.

• Envío do tríptico divulgativo elaborado pola Dirección Xeral

competente en materia de saúde pública, para a súa

distribución entre os usuarios e persoal do centro.

• Inclusión na páxina web da Consellería competente en materia

de Benestar da información antedita.

25

Page 26: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

-Concellos da Comunidade Autónoma Galega

• Divulgación da información aos alcaldes e aos profesionais do

servizos sociais comunitarios con cobertura en todos os

concellos galegos a través de comunicación e achega dunha

folla informativa, segundo o modelo elaborado pola Dirección

Xeral competente en materia de saúde pública, na que se

incluirán os seguintes apartados:

a) Necesidade de que identifiquen no seu municipio as

persoas de risco, utilizando un modelo de ficha no que

consten datos identificativos (nome e apelidos, idade,

enderezo, persoa de contacto en caso de necesidade, e

outros factores persoais de risco).

b) Cando a situación da persoa ou o nivel de alerta o

requira, se deberá coordinar a información cos servizos

de atención primaria de saúde para facer intervencións

e seguimentos que permitan detectar, canto antes,

situacións que poidan ter valor preditivo para actuar

nos casos que o requiran.

• Envío de tríptico divulgativo elaborado pola Dirección Xeral

competente en materia de saúde pública, para a súa

distribución entre a poboación do municipio.

• Incorporación ao Manual de Traballo, Información e

Asesoramento (MATIASS), de actualización diaria e como

instrumento básico para os profesionais sociais dos concellos,

de toda a información que se vaia producindo respecto a vaga.

• Inclusión na páxina web da Consellería competente en materia

de Benestar da información antedita.

26

Page 27: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

3.7.2 Nivel 1a ou de “pre-alerta”

Consellería competente en materia de Sanidade:

• Comprobar que a sistemática de diseminación da información

está lista para entrar en funcionamento

• Comprobar que todos os puntos que teñen que actuar ao pasar

a un nivel superior dispoñen da información necesaria.

Consellería competente en materia de benestar e voluntariado:

• Dependendo do tempo transcorrido dende a primeira

comunicación, cando se iniciou a campaña (1 de xuño), se

enviará de novo información avisando da posibilidade de

chegar a alerta amarela, e que no caso de ocorrer,

comunicarase tal acontecemento da maneira máis rápida

posible, polas canles establecidas.

• Solicitar ás entidades contactadas a confirmación da recepción

da información enviada, co obxecto de comprobar que as canles

de información seguen sendo efectivas.

Consellería competente en materia de protección civil:

• Comunicación da pre-alerta ás Agrupacións de Voluntarios de

Protección Civil, das zoas afectadas e os parques de Bombeiros

Comarcais, co obxecto de transmitir e informar á cidadanía que

participe en eventos, do tipo que sexa, con grande asistencia

de persoas.

• Monitorizar eventos extraordinarios que supoñan unha

exposición fora do habitual dun número importante de

poboación potencialmente susceptíbel de sufrir con mais

intensidade os efectos da calor (por exemplo, unha

concentración de persoas maiores para celebrar unha romaría

nun día con este nivel de alerta).

27

Page 28: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

28

3.7.3 Nivel 1b

Consellería competente en materia de Sanidade:

• Comunicación da alerta a todos os organismos implicados nas

actuacións descritas.

• Posta en marcha do Sistema de Vixilancia da morbilidade

hospitalaria.

Consellería competente en materia de benestar e voluntariado:

• Informar do nivel de alerta alcanzado (alerta laranxa) ás EAV

diana.

• Lembrarlles os enlaces web onde se atopa a información máis

actualizada.

• Ofertar máis información escrita, se é necesario, para que as

EAV poidan repartila.

Consellería competente en materia de protección civil:

• Informar do nivel de alerta alcanzado (alerta amarela) ás

unidades de protección civil diana.

3.7.4 Nivel 2

• Utilizar os medios dispoñibles necesarios para diminuír o

impacto da calor

Page 29: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

ANEXO I: TÁBOAS PARA CALCULAR O INDICE DE MISSENARDe POR EFECTO DA TEMPERATURA, A

HUMIDADE E O VENTO

Táboa para calcular a sensación térmica por efecto da temperatura e a humidade.

TEMP. (º C) 0 5 10 15 20 25 30 35 40 45 50 55 60 65 70 75 80 85 90 95 100

20 16 16 17 17 17 18 18 19 19 19 19 19 20 20 20 21 21 21 21 21 21

21 18 18 18 19 19 19 19 19 20 20 20 20 21 21 21 22 22 22 22 22 23

22 19 19 19 20 20 20 20 20 21 21 21 21 22 22 22 22 23 23 23 23 24

23 20 20 20 20 21 21 22 22 22 23 23 23 23 24 24 24 24 24 24 25 25

24 21 21 22 22 22 22 23 23 23 24 24 24 24 25 25 25 25 26 26 26 26

25 22 23 23 23 24 24 24 24 24 24 25 25 25 26 26 26 27 27 27 28 28

26 24 24 24 24 25 25 25 26 26 26 26 27 27 27 27 28 28 29 29 29 30

27 25 25 25 25 26 26 26 27 27 27 27 28 28 29 29 30 30 31 31 31 33

28 26 26 26 26 27 27 27 28 28 28 29 29 29 30 31 32 32 33 34 34 36

29 26 26 27 27 27 28 29 29 29 29 30 30 31 33 33 34 35 35 37 38 40

30 27 27 28 28 28 28 29 29 30 30 31 32 33 34 35 36 37 39 40 41 45

31 28 28 29 29 29 29 30 31 31 31 33 34 35 36 37 39 40 41 45 45 50

32 29 29 29 29 30 31 31 33 33 34 35 35 37 39 40 42 44 45 51 51 55

33 29 29 30 30 31 33 33 34 34 35 36 38 39 42 43 45 49 49 53 54 55

34 30 30 31 31 32 34 34 35 36 37 38 41 42 44 47 48 50 52 55

35 31 32 32 32 33 35 35 37 37 40 40 44 45 47 51 52 55

36 32 33 33 34 35 36 37 39 39 42 43 46 49 50 54 55

37 32 33 34 35 36 38 38 41 41 44 46 49 51 55

38 33 34 35 36 37 39 40 43 44 47 49 51 55

39 34 35 36 37 38 41 41 44 46 50 50 55

40 35 36 37 39 40 43 43 47 49 53 55

41 35 36 38 40 41 44 45 49 50 55

42 36 37 39 41 42 45 47 50 52 55

43 37 38 40 42 44 47 49 53 55

44 38 39 41 44 45 49 52 55

45 38 40 42 45 47 50 54 55

46 39 41 43 45 49 51 55

47 40 42 44 47 51 54 55

48 41 43 45 49 53 55

49 42 45 47 50 54 55

50 42 45 48 50 55

e G. Hentschel (1987) “A human biometeorology classification of climate for large and local scales”. Proc. WMO/HMO/UNEP Symposium on Climate and Human Health, Leningrad 1986, Vol. I, WCPA – No.1, WMO.

Page 30: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

Unha vez obtido o valor de sensación térmica, este incrementarase ou diminuirase en base á temperatura do aire e á velocidade do vento

Temperatura (ºC) Velocidade do vento menor a

12,5 km/h

Velocidade do vento entre 12,5 e 21,5 km/h

Velocidade do vento entre 21,5 e 36 km/h

Velocidade do vento entre 36 e 50 km/h

Velocidade do vento superior a 50 km/h

20 0 -1 -3 -4 -4

21 0 -1 -3 -4 -4 22 0 -1 -2 -3 -4

23 0 -1 -2 -3 -4

24 0 -1 -2 -3 -4

25 0 -1 -2 -3 -4

26 0 -1 -2 -3 -3

27 0 -1 -2 -3 -3

28 0 -1 -2 -3 -3 29 0 0 -1 -2 -3 30 0 0 -1 -2 -2

31 0 0 -1 -2 -2

32 0 0 -1 -1 -1

33 0 0 0 -1 -1

34 0 0 0 0 0

35 0 0 0 0 +1

36 0 0 0 +1 +1 37 0 0 0 +1 +2 38 0 0 0 +1 +2 39 0 0 +1 +2 +2 40 0 0 +1 +2 +3 41 0 0 +1 +2 +3 42 0 0 +1 +2 +3

43 0 0 +1 +2 +3

44 0 0 +1 +2 +3

45 0 0 +1 +2 +3

46 0 0 +1 +2 +3

47 0 0 +1 +2 +3

48 0 0 +1 +2 +3

49 0 0 +1 +2 +3

50 0 0 0 +2 +3

O vento entón remove a capa de aire que rodea a pel, polo que sirve para diminuír a sensación de calor sempre e cando as temperaturas non superen a temperatura da pel (32ºC).

30

Page 31: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

Que é o Indice NET ?

É a Net Effective Temperature, evolución da Effective Temperature

(ET) ou índice de Missenard, para incluír ademais dos efectos da

humidade os do vento de cara a empregalo como índice de confort

humano:

)01.01(29.0

4.176.110014.068.0

3737

75.0

HRt

vHR

tNET −−

++−

−−=

onde t e a temperatura ambiente (ºC), v a velocidade do vento (m/s)

e HR a humidade relativa (%).

É dicir:

• O índice NET NON é o Índice de Míssenard senón unha

mellora do mesmo

• O índice NET NON é unha “sensación térmica”, non é un

“Heat Index” (coma o do National Weather Service ou

outros), pois NON dá un valor que nos indique a

temperatura que experimenta unha persoa polo efecto

combinado de temperatura, humidade e vento

• O valor do índice NET explicaríase como a temperatura á

cal teríamos a mesma sensación térmica que coa

temperatura actual se a humidade fose do 100%.

o Exemplo:

T=40ºC; HR=50%; v=1m/s => NET =34.4ºC

É dicir, a 34.4ºC e o 100% de humidade hai a

mesma sensación térmica que a 40ºC, 50% e 1 m/s G. Hentschel (1987) “A human biometeorology classification of climate for large and local scales”. Proc. WMO/HMO/UNEP Symposium on Climate and Human Health, Leningrad 1986, Vol. I, WCPA – No.1, WMO.

31

Page 32: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

ANEXO II: COMUNICACIÓN AOS SERVIZOS

SANITARIOS ASISTENCIAIS

RISCO DE EFECTOS NOCIVOS PARA A SAÚDE POLA CALOR

AMBIENTAL EXCESIVA

Meteo-Galicia (Consellería competente en materia de Medio

Ambiente) prevé que nos días vindeiros a calor medioambiental vai

medrar ata uns niveis que poden ser nocivos para a saúde, polo que

haberá que tela presente no momento de facer os diagnósticos,

instaurar os tratamentos, e aconsellar aos doentes.

A exposición dun individuo a una temperatura medioambiental

elevada pode producir reaccións leves ou graves, debidas á resposta

insuficiente ou inadecuada dos mecanismos de termorregulación.

Entre estas, clinicamente distínguense o “golpe de calor”, debido a un

fallo ou unha inadaptación dos mecanismos de eliminación de calor, e

o “esgotamento pola calor”, a consecuencia dunha perda excesiva de

líquidos, que pode levar a un shock hipovolémico.

O golpe de calor comeza de xeito rápido, as veces precedido de

cefalea, vertixe e astenia. En xeral, a sudación diminúe, a pel está

quente e seca; a temperatura corporal ascende rapidamente a 40-

41°C; e logo, un episodio de desorientación pode preceder ao coma e

a convulsións. Outros indicios son: taquicardia, hiperventilación,

vómitos e hipotensión arterial. O golpe de calor constitúe unha

urxencia médica, e é rapidamente mortal en ausencia de tratamento.

Poden quedar como secuelas lesións cerebrais definitivas e

insuficiencia renal. Analiticamente, atópase un aumento das encimas

hepáticas e musculares.

32

Page 33: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

O golpe de calor cubre en realidade dúas entidades nosolóxicas

que ocorren en contextos moi diferentes e en poboacións tamén

diferentes. O golpe de calor "clásico" prodúcese a temperaturas

ambientais moi elevadas, en persoas en repouso, xeralmente das

idades extremas da vida ou debilitadas, mentres a hipertermia de

esforzo ocorre en persoas xoves, que están a desenvolver unha

actividade muscular intensa (deporte, traballo) en temperaturas

ambientais moderadas.

O esgotamento por calor maniféstase por cefalea, náuseas,

vómitos, sensación de malestar, debilidade muscular e vertixe,

acompañados de hipotensión. A pel está fría e húmida, e a

temperatura corporal é inferior aos 40°C. Evoluciona cara ao colapso.

O equilibrio hidroelectrólitico está perturbado: deshidratación,

hiponatremia, hipokaliemia. O esgotamento pola calor xeralmente é

transitorio e adoita responder ben a unha rehidratación por vía oral

ou por vía intravenosa. O seu prognóstico é favorable, se non se

agrava o fallo hemodinámico.

Fonte: Institut de veille sanitaire. Impact sanitaire de la vague de

chaleur ’août 2003 en France: Vague de chaleur et sante : revue

bibliographique.

[http://www.invs.sante.fr/publications/2003/bilan_chaleur_1103/REV

UE_BIBLIO.pdf]

33

Page 34: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

ANEXO III: INDICACIÓNS A VOLUNTARIOS E

TRABALLADORES SOCIAIS

A SAÚDE DURANTE AS VAGAS DE CALOR

Persoas con maior risco

• Os nenos e nenas menores de cinco anos

• As persoas de idades avanzadas

• As persoas con enfermidades crónicas: cardiocirculatorias, respiratorias,

renais, mentais, diabete, hipertensión arterial e obesidade.

En cada visita, ou cada día, débese...

1. Comprobar que a persoa de risco segue coma sempre.

2. Comprobar que as persoas de risco seguen as recomendacións que

xa se lle deron e recordarllas de novo. As recomendacións son as

seguintes:

• Beber abundante auga fresca, zumes naturais de froita, ou

bebidas deportivas que conteñan minerais.

• Evitar as bebidas quentes e todo tipo de bebidas alcohólicas.

• Facer comidas lixeiras, con sal, e a base de abundantes

froitas e verduras frescas.

• Baixar as persianas e abrir as xanelas da casa. Usar

ventiladores.

• Poñer roupa lixeira, frouxa, longa, de cores claras.

• Se for necesaria a exposición ao sol, usar sombreiros e

parasoles.

• Refrescar o corpo cunha ducha ou cun baño en auga morna

nos momentos de calor máis intensa.

• Evitar as aglomeracións de persoas en locais sen aire

acondicionado.

• Facer as actividades, preferentemente, á mañanciña ou á

tardiña pola fresca.

• Se ten algún problema de saúde, solicitar consello médico

específico.

34

Page 35: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

Evitar a exposición directa ao sol, sobre todo nas horas

de máis calor

• Evitar os esforzos físicos innecesarios con exposición directa

ao sol.

• Descansar ou diminuír o esforzo físico nas horas centrais do

día.

• Procurar lugares á sombra, frescos e aireados.

• Utilizar cremas de protección solar cun índice de protección

non inferior a 15.

• Non ir á praia en días de moita calor, e de facelo, evitar as

horas do mediodía e as primeiras da tarde.

• Evitar quedar durmido tomando o sol.

3. Se observa algún dos sinais de alerta de esgotamento pola calor

ou de golpe de calor, que se describen a continuación, avisar ao

centro de saúde ou ao 061 e seguir as instrucións que se describen.

Sinais de alerta de esgotamento debido á calor. As que seguen,

cando non teñen outra explicación, poden estar a indicar que a

persoa sofre esgotamento pola calor:

• Pel fría, pálida e húmida.

• Cansazo, fraqueza ou desmaio.

• Cambras e contracturas musculares en brazos ou

pernas.

• Dor de cabeza.

• Náuseas e vómitos.

• Pulso débil e rápido.

• Respiración rápida e superficial.

Actuacións necesarias cando os sinais son intensos ou a

persoa ten problemas de corazón ou de tensión.

• Procurar axuda médica inmediata. Chamar ao

teléfono 061.

35

Page 36: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

• Proporcionarlle descanso no lugar máis fresco e

cómodo posible.

• Cando os sinais non sexan moi intensos, ou en

canto non chega a asistencia médica, evitar as

caídas.

• Arrefriar o corpo: afrouxar ou sacar roupa, mollar

con auga fresca, e abanar.

• Darlles de beber auga fresca, se non hai vómitos ou

inconsciencia. Medio vaso de auga fresca, zume de

froita natural ou bebida de deportistas con minerais,

cada 15 minutos.

Sinais de alerta do golpe de calor:

• Temperatura corporal alta (máis de 39 graos).

• Pel vermella, quente e seca.

• Confusión mental ou perda da consciencia.

• Pulso rápido e forte.

• Intensa dor palpitante de cabeza.

• Náuseas ou vómitos.

Actuacións necesarias:

• Procurar axuda médica urxente a través do teléfono

061.

• Mentres chega, arrefriar o corpo: afrouxar e sacar

roupa, meter o corpo na bañeira con auga fresca,

ou mollalo abundantemente cunha mangueira,

esponxas ou toallas ben molladas no lugar máis

fresco posible.

• Se houber contraccións corporais involuntarias,

inconsciencia ou vómitos, non dar líquidos.

36

Page 37: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

ANEXO IV: ACTUACIÍONS FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA – 061

ANO 2012 INTRODUCIÓN: O pasado mes de maio a Xunta de Galicia elaborou e publicou o documento ACTUACIÓNS DÁ XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES EFECTOS DÁS ALTAS TEMPERATURAS SOBRE A SaÚDE, onde se plasman as políticas interdepartamentais a seguir para o control dos posibles efectos negativos das altas temperaturas sobre a saúde da poboación. Nel veñen perfectamente definidos unha serie de niveis de activación de alertas que aconsellan actuacións preventivas en función daqueles valores climatolóxicos que definen unha situación de onda de calor. Doutra banda desde xuño de 2008 na CCU 061 cóntase con persoal de enfermería que atende parte da consulta sanitaria telefónica. Trátase dun persoal altamente especializado en realizar educación sanitaria de forma telefónica. Esta realidade ofrece neste momento unha oportunidade importante para a prevención de posibles eventos patolóxicos desencadeados pola exposición a altas temperaturas baseada na previsión e a educación sanitaria personalizada vía telefónica, de alto impacto e custo controlado, sen necesidade de sobrecargar a estrutura asistencial da atención primaria de saúde (APS). As novas tecnoloxías ofrecen a posibilidade inmediata de poder compartir informacións relevantes de pacientes ou grupos de pacientes entre distintos niveis asistenciais mediante IANUS. Deste xeito a adecuada colaboración entre o persoal de enfermería de atención primaria, seleccionando e sinalando aqueles individuos máis susceptibles fronte a efectos desencadeadas por calor (idade, pluripatoloxías, plurimedicados), e o persoal de enfermería da CCU, permitirá actuar individualizadamente sobre o grupo de risco mais elevado. OBXECTIVO: O obxectivo deste programa é reducir o impacto que as altas temperaturas poden ter sobre a saúde da poboación, especialmente daqueles grupos máis susceptibles aos seus efectos.

37

Page 38: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

ACCIÓNS: 1. Definición de grupos de risco. 2. Creación dunha base de datos de pacientes incluídos nos grupos de risco definidos, xestionada pola enfermería de APS. 3. Coordinación coa Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Publica, que determinará en cada momento ou nivel de alerta. 4. Información individualizada inicial a pacientes de risco. 5. Información individualizada a pacientes de risco ante situacións de alerta. 6. Alerta a persoal asistencial de APS ante situacións de alerta, mediante correo electrónico. 7. Obxectivos da chamada durante a situación de Onda de Calor 1. Definición de grupos de risco: Defínense neste ámbito como poboación en especial risco de sufrir efectos por calor os seguintes grupos: Nivel 0: Persoas maiores de 65 anos, que teñan unha ou máis das seguintes patoloxías, EPOC, insuficiencia cardíaca, demencia, insuficiencia renal, obesidade excesiva, hipertensión, e diabetes mellitus. E que tomen algunha das seguintes medicacións, diuréticos, hipotensores, anticolinérxicos, antidepresivos e psicótropos. Nenos menores de 4 anos, e especialmente lactantes. Nivel 1: Persoas maiores de 65 anos, que vivan sos ou co seu cónxuxe de similares características e: 1)Que teñan máis dunha das seguintes patoloxías en grao avanzado ou en situación de control inestable: EPOC, insuficiencia cardíaca, demencia, insuficiencia renal, obesidade excesiva, hipertensión, e diabetes mellitus. 2)Que tomen máis dunha das seguintes medicacións: diuréticos, hipotensores, anticolinérxicos, antidepresivos e psicótropos. 3)Que teñan unha vivenda difícil de refrixerar.

38

Page 39: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

Nivel 2: Persoas maiores de 65 anos, que vivan sos ou co seu cónxuxe de similares características e: 1) Que teñan máis dunha das seguintes patoloxías en grao avanzado ou en situación de control inestable: EPOC, insuficiencia cardíaca, demencia, insuficiencia renal, obesidade excesiva, hipertensión, e diabetes mellitus. 2) Que tomen máis dunha das seguintes medicacións: diuréticos, hipotensores, anticolinérxicos, antidepresivos e psicótropos. 3) Que teñan unha vivenda difícil de refrixerar e que non reciban visitas. 2. Creación dunha base de datos de pacientes incluídos nos grupos de risco definidos, xestionada pola enfermería de APS. Cos medios humanos con que actualmente conta a Central de Coordinación, consideramos asumible o abordar a realización dun programa que cubra de forma preventiva ao grupo de pacientes que se consideran especialmente sensibles por razóns de antecedentes patolóxicos e situación social localizados en calquera punto da Comunidade Autónoma. A data de inicio das accións contidas neste programa fíxase para o 15 de Xuño do presente 2012. Admitiranse pacientes recrutados ata o 31 de Xullo. Proponse que as accións de información e prevención diríxanse a pacientes seleccionados por Atención Primaria que estean incluídos no nivel 2 (que vivan sos e que non conten coa posibilidade de ser visitados). Para iso, cada enfermeira de APS deberá seleccionar aqueles pacientes dentro da súa cota, que cumpren criterios de ser incluídos nalgún dos grupos de risco. Este traballo deberíase comezarse a realizar con anterioridade ao comezo do programa. No futuro, sería interesante traballar no desenvolvemento dun aplicativo informático común entre a CCU e APS, co fin de compartir a máxima información sobre o grupo se individuos susceptibles. Mentres non se dispoña desta ferramenta común, os pacientes recrutados deberán ser comunicados de xeito individual á dirección médica de cada área, e será esta, a que posteriormente de xeito periódico (semanal) enviará os datos solicitados sobre novos pacientes a incluír no programa.

39

Page 40: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

Datos a solicitar sobre poboación susceptible: A forma máis áxil de identificación de pacientes susceptibles podería estar asociada ao TIS. Aparte desa información, deberá de consignarse para cada paciente a incluír:

- Datos de filiación: Nome e apelidos, idade, domicilio onde se atopa

- Número de teléfono no que contactar co paciente - Razóns pola que se inclúe no programa (Patoloxía e situación

social) - Localidade e concello ao que pertence. - Correo electrónico do persoal sanitario (facultativo/enfermeiro)

responsable do paciente. - Se se dispón del, debería de constar o teléfono de contacto

dalgún familiar ou achegado ao que avisar en caso de necesidade.

3. Coordinación coa Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. En caso de situación de normalidade climatolóxica, non serán necesarios comunicados de estado desde a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública consultándose os datos de estado vía Web. En caso de declararse algún nivel de alerta por onda de calor nalgún Concello ou área, desde a Dirección Xeral competente de Saúde Pública enviarase ao persoal de enfermería da CCUS (entre outros servizos sanitarios) a notificación correspondente do nivel de alerta por áreas ou concellos. 4. Información individualizada inicial a pacientes de risco. Aqueles pacientes incluídos polo persoal de enfermería de APS no programa recibirán unha chamada desde a CCU realizada polo persoal de enfermería de consulta telefónica durante a primeira semana de inclusión no programa a fin de: - Establecer e confirmar unha canle de comunicación - Explicar o alcance e obxectivos do programa. - Proporcionar recomendacións preventivas básicas. - Analizar e confirmar o nivel de vulnerabilidade preestablecido.

40

Page 41: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

5. información individualizada a pacientes de risco ante situacións de alerta. Durante o desenvolvemento do programa, cada vez que se reciban alertas distintas da situación normal, en cada Concello afectado, o persoal de enfermería de Consulta Sanitaria Telefónica realizase as seguintes chamadas a fin de recordar recomendacións básicas, e reavaliar a situación e o estado do paciente. (Ver anexo IV.1) Nivel 1a Pre alerta amarela (plan de actuación da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde): unha chamada ese mesmo día para pacientes de risco da área afectada. Nivel 1b Alerta laranxa: unha chamada ese día, e outra o seguinte. Nivel 2 Alerta vermella: unha chamada é día, e dúas chamadas os dous días seguintes. 6. Alerta a persoal asistencial de APS e ante situacións de alerta, mediante correo electrónico. Os días que na CCU de urxencias recíbanse notificación dalgún nivel de alerta para un área ou concello determinado, o persoal de enfermería da CCU emitirá mediante correo electrónico un aviso co nivel de alerta establecido a todo o persoal asistencial de APS que teña influencia na área establecida sobre pacientes dos que se recibiu notificación. 7. Obxectivos da chamada durante a alerta por Onda de Calor O contido da intervención telefónica realizada sobre a poboación definida (nivel 2) desde a Central de Coordinación terá como obxectivo: - Informar da situación de alerta correspondente - Facer chegar as recomendacións básicas preventivas para

combater os efectos da calor - Como en calquera outra demanda xerada a través do número

de Consulta Sanitaria 902400116, calquera eventualidade detectada no contexto da entrevista coa persoa que reciba a nosa chamada informativa/preventiva, podería, a criterio do enfermeiro responsable, ser traspasada para a súa valoración a un médico do 061 e ata, se a situación aconséllao tras devandita valoración, podería finalizar co envío do recurso sanitario máis conveniente para a resolución do problema.

41

Page 42: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

ANEXO V: TEXTO FOLLETO INFORMATIVO Á

POBOACIÓN

A SAÚDE DURANTE AS VAGAS

Aínda que existen diversas definicións e criterios sobre os graos de

temperatura e de humidade, e o número de días que estas teñen que

durar, para considerar que se está nunha vaga, non caben dúbidas

sobre o incremento dos riscos para a saúde nas persoas máis

vulnerables, e o perigo potencial que supoñen na tempada de verán.

Para coordinar as actuacións máis adecuadas en cada momento,

destinadas todas elas a garantir a redución dos riscos e a paliar os

efectos na saúde da poboación de Galicia, deseñouse un plan de

actuacións graduadas e específicas, que xa está a ser aplicado,

conxunta e cooperativamente, polas consellerías competentes en

materia de sanidade, benestar e voluntariado, protección civil e

medio ambiente.

Estudaranse diariamente os datos meteorolóxicos que permiten

definir o mapa de índices de calor en cada momento, co fin de

comunicar, tanto aos dispositivos de actuación, como á cidadanía, o

grao de alerta co que corresponda intervir en cada comarca ou

concello de Galicia. A activación dos diversos dispositivos realizarase

segundo catro niveis progresivos de alerta: “nivel 0”, cor verde de

normalidade, “nivel 1a”, cor amarelo de pre-alerta, “nivel 1b”, de

alerta cor laranxa, “nivel 2”, de alerta cor vermella e nivel 1-0 de

saída progresiva da alerta.

Para tal efecto, mediante as presentes follas informativas, preténdese

contribuír ao espallamento da información máis relevante e das

recomendacións sanitarias máis efectivas, fronte ás ondas de calor

42

Page 43: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

que se poidan presentar, co obxectivo de facilitar a súa aplicación,

tanto polas propias persoas cun maior risco, como por todo tipo de

coidadores destas, ben sexan familiares, profesionais ou voluntarios.

Unha vez máis, a protección da saúde é unha tarefa de todos.

Persoas con maior risco

• Os nenos e nenas nos primeiros cinco anos de vida

• As persoas de idades avanzadas

• As persoas con enfermidades crónicas, especialmente,

cardiocirculatorias, respiratorias, renais ou mentais, as persoas

diabéticas, as hipertensas e as obesas.

Durante as vagas, todas elas precisan atención especial por parte de

familiares, amigos, ou coidadores.

É importante que a persoa maior ou con enfermidades que vive soa,

lle pida a alguén que a chame por teléfono ou a visite dúas veces por

día, para saber se está ben.

Beber abundante auga e zumes de froita

En condicións normais, cando a temperatura ambiente sobe, o corpo,

para manter a súa temperatura dentro do normal nun estado

saudable, transpira, súa, e perde auga que, ao se evaporar na

superficie da pel, fai que o corpo perda calor. Así se vai equilibrando

en todo momento.

Se esa gran perda de líquidos corporais pola transpiración e a

sudoración excesiva non se compensa, o corpo pode deshidratarse,

perdendo, ademais, gran cantidade de sales minerais, e dar orixe a

un problema de saúde de progresiva ou de brusca gravidade.

43

Page 44: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

Cando o mecanismo de regulación da temperatura corporal non

consegue baixala adecuadamente, unha alta temperatura corporal á

par dunha importante deshidratación, poden provocar danos

irreversibles no cerebro e noutros órganos.

É fundamental aumentar a inxestión de líquidos, preferentemente

auga ou zumes de froita natural, aínda que non se teña sede. Con

frecuencia, a sede que senten as persoas maiores é inferior á que se

correspondería coas súas necesidades de auga. Moitas veces non

senten sede, a pesar de teren diversos graos de deshidratación.

Repoñer o sal e os minerais

Coa sudoración, ademais de auga, pérdese tamén unha cantidade

importante de sales minerais do organismo, que é preciso ir

repoñendo en todo momento.

Beber e ofrecer a nenos e nenas e persoas maiores abundante auga

fresca, zumes naturais de froita, ou bebidas deportivas que conteñen

minerais.

Evitar as bebidas quentes, e todo tipo de bebidas alcohólicas. Facer

comidas lixeiras, con sal, e a base de abundantes froitas e verduras

frescas.

Se, debido a algún problema de saúde, está a seguir unha dieta con

restrición de líquidos ou sal, ou a tratamento con diuréticos, debe

solicitar consello médico específico.

Garantir en todo momento a hidratación, e repoñer as sales minerais

44

Page 45: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

No domicilio e noutros edificios

Baixar as persianas e abrir as xanelas para diminuír a temperatura

dentro da casa. O uso de ventiladores pode ser unha forma de baixar

un pouco a temperatura, ao facer circular o aire.

Poñer roupa lixeira, frouxa, longa, de cores claras que reflictan ben a

luz, e de tecidos naturais pouco quentes. Se for necesaria a

exposición ao sol, usar sombreiros e parasoles.

Refrescar o corpo cunha ducha ou cun baño en auga morna nos

momentos de calor máis intensa.

Evitar as aglomeracións de persoas en locais sen aire acondicionado e

facer as actividades, preferentemente, á mañanciña ou á tardiña pola

fresca, especialmente as persoas maiores ou que padecen

enfermidades cardiovasculares.

Exposición directa ao sol

Evitar o máis posible os esforzos físicos innecesarios con exposición

directa ao sol. Procurar lugares á sombra, frescos e aireados, e

descansar ou diminuír o esforzo físico nas horas centrais do día.

Non deixar nunca un neno dentro dun vehículo estacionado ao sol nas

horas de maior calor, nin por pouco tempo.

Utilizar cremas de protección solar cun índice de protección non

inferior a 15. As queimaduras solares se son extensas e intensas

poden dificultar a regulación da temperatura corporal.

45

Page 46: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

Non levar á praia bebés ou persoas de idade en días de moita calor, e

de facelo, evitar as horas do mediodía e as primeiras da tarde. Evitar

quedar durmido tomando o sol.

Situacións de emerxencia

Esgotamento debido á calor

Situación debida á perda excesiva de líquidos e sales minerais

pola sudoración. É especialmente grave nas persoas de moita

idade e con enfermidades crónicas.

Se non se atende adecuadamente, un esgotamento pola calor

pode agravarse e converterse nun golpe de calor, situación

aínda máis comprometida.

Síntomas e sinais de alerta

• Pel fría, pálida e húmida

• Cansazo, fraqueza ou desmaio

• Cambras e contracturas musculares en brazos ou

pernas

• Dor de cabeza

• Náuseas e vómitos

• Pulso débil e rápido

• Respiración rápida e superficial

Actuacións necesarias cando os sinais progresan, son xa

intensos ou a persoa ten problemas de corazón ou de tensión.

• Procurar axuda médica inmediata. Chamar ao

teléfono 061

• Proporcionarlle descanso no lugar máis fresco e

cómodo posible

• Cando os sinais non sexan moi intensos, ou en

canto non chega a asistencia médica, evitar as

46

Page 47: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

caídas, frecuentes e perigosas nas persoas con

problemas cardíacos, de tensión, ou a dieta sen sal.

• Arrefriar o corpo: afrouxar ou sacarlles roupa,

mollar con auga fresca, e abanar.

• Dar de beber auga fresca, se non hai vómitos ou

inconsciencia. Medio vaso de auga fresca, zume de

froita natural ou bebida de deportistas con minerais,

cada 15 minutos.

Golpe de calor (insolación)

Esta situación ocorre cando o corpo non consegue controlar a

súa propia temperatura. Os mecanismos da sudoración fallan e

a temperatura sobe rapidamente, podendo, en 10 ou15

minutos, chegar a exceder os 39 graos e causar a morte ou

deficiencias crónicas, se non se instaura un tratamento médico

inmediato.

Síntomas e sinais de alerta

• Temperatura corporal alta (máis de 39 graos)

• Pel vermella, quente e seca

• Confusión mental ou perda da consciencia

• Pulso rápido e forte

• Intensa dor palpitante de cabeza

• Náuseas ou vómitos

Actuacións necesarias

• Procurar axuda médica urxente a través do teléfono

061.

• Mentres chega, arrefriar o corpo: afrouxar e sacar

roupa, meter o corpo na bañeira con auga fresca,

ou mollalo abundantemente cunha mangueira,

47

Page 48: ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES ...€¦ · actuaciÓns da xunta de galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saÚde . maio de 2012

48

esponxas ou toallas ben molladas no lugar máis

fresco posible.

• Se houber contraccións corporais involuntarias,

inconsciencia ou vómitos, non dar líquidos.

1 Tan J. Commentary: People's vulnerability to heat wave. Int J Epidemiol. 2008; 37 (2): 318-320. Maís todos os demais. 2 O'Neill MS, Ebi KL.J. Temperature extremes and health: impacts of climate variability and change in the United States. Occup Environ Med. 2009 Jan; 51(1):13-25. 3 Knowlton K, Rotkin-Ellman M, King G, Margolis HG, Smith D, Solomon G, Trent R, English P. The 2006 California heat wave: impacts on hospitalizations and emergency department visits. Environ Health Perspect. 2009 Jan;117(1):61-7. Epub 2008 Aug 22. 4 Basu R, Samet JM. Relation between Elevated Ambient Temperature and Mortality: A Review of the Epidemiologic Evidence. Epidemiol Rev 2002; 24: 190-202. 5 Institut de veille sanitaire. Impact sanitaire de la vague de chaleur d’août 2003 en France: Bilan de l’impact de la vague de chaleur dans les autres pays europeens. 6 Ferran Martínez Navarro et al. Valoración del impacto de la ola de calor del verano de 2003 sobre la mortalidad. Gac Sanit 2004; 18 (Supl 1): 250-8. 7 Fouillet et al. Has the impact of heat waves on mortality changed in France since the European heat wave of summer 2003? A study of the 2006 heat wave. Int. J. Epidemiol 2008; 37: 309-317. 8 Semenza, JC. Acute renal failure during heat waves. Am J Prev Med. 1999; 17:97. 9 Moreno JM, Aguiló E, Alonso S, Álvarez M, Anadón R, Ballester F, et al. Evaluación preliminar de los impactos del cambio climático en España. Madrid: Moreno Ed. ; 2005. 10 Kovats RS, Hajat S. Heat stress and public health: a critical review. Annu Rev Public Health. 2008;29:41-55. 11 Linares C, Díaz J. Temperaturas extremadamente elevadas y su impacto sobre la mortalidad diaria según diferentes grupos de edad Gac Sanit. 2008 Mar-Apr;22(2):115-9. 12Comisión Europea [sede Web]. Europa: [acceso 20 de noviembre de 2008]. Enfermedades asociadas al calor Disponible en: http://ec.europa.eu/health/ph_information/dissemination/unexpected/unexpected_4_es.htm 13 Donoghue ER, Graham MA, Jentzen JM, Lifschultz BD, Luke JL, Mirchandani HG. Criteria for the diagnosis of heat-related deaths: National Association of Medical Examiners. Position paper. National Association of Medical Examiners Ad Hoc Committee on the Definition of Heat-Related Fatalities. Am J Forensic Med Pathol. 1997 Mar;18(1):11-4. 14 Kilbourne, EM. The spectrum of illness during heat waves. Am J Prev Med. 1999;16:359–360. e Kovats, RS; Ebi, KL. Heatwaves and public health in Europe. Eur J Public Health. 2006;16:592–599.

15 Sáez M, Sunyer J, Castellsague J, Murillo C, Anto JM. Relationship between weather temperature and mortality: a time series analysis approach in Barcelona. Int J Epidemiol 1995; 24:576-82. 16 Wyndham CH, Fellingham SA. Climate and disease. S Afr Med J 1978;53:1051-61.