Agrarismo

11
AGRARISMO PROPIETARIOS DA REBELDÍA

Transcript of Agrarismo

Page 1: Agrarismo

AGRARISMO

PROPIETARIOS DA REBELDÍA

Page 2: Agrarismo

Busquemos “agrarismo” na Wikipedia ou en calquera outro diccionario, e teremos isto, sempre e cando nos refiramos a Galicia:

“O movemento agrario ou agrarismo foi un movemento de

masas no cal o campesiñado participou activamente a través das sociedades

agrarias e de sindicatos agrícolas no primeiro terzo do século XX. O agrarismo é o termo co que se denomina a organización dos labregos en sociedades

agrarias ou en sindicatos agrícolas en Galiza a fins do século XIX e sobre todo a

partir de 1907 cando apareceu Solidaridad Gallega que axudou a dinamizar o

movemento. Os obxectivos do agrarismo era a loita contra o sistema foral e contra o caciquismo ademais de promover a renovación

técnica do sector agrario galego”

Sabemos o que, o cando, o onde, porque, o quen pero non o COMO…

Page 3: Agrarismo

Poderiamos pensar que isto de que os campesiños revoluciónense, é novo, xurdiu no século XX, pero non, xa as Revoltas Irmandiñas xurdiran por algo semellante, para frear o poder feudal sobre os campesiños, e agora para reducir os foros e o caciquismo. Conseguise? Xa o veremos.

SOLIDARIDADE GALLEGA organización política rexionalista

ACCIÓN GALLEGA movementos agrarios e anticaciquís

BASILIO ÁLVAREZ crego iniciador do movemento agrarista

De finais do século XIX herdouse un sistema de arrendamento das terras no que a Igrexa arrendaba as terras, polo que xurdiron clases sociais intermedias entre os eclesiásticos e os campesiños: fidalgos, caseiros,

campesiños acomodados...o que incrementaba a renda final a pagar polos labregos sen terra.

Page 4: Agrarismo

Así apareceu unha das grandes migracións galegas coas que poder pagar os foros.Pero non é suficiente… e así orixínanse a comezos do século XX constantes rebelións labregas, reprimidas pola Garda Civil.

Acordádevos do sistema feudal do campesiñado galego? Pois iso movilizou ós labregos. Apoiados por Basilio Álvarez, a súa rebeldía espertou, as terras non eran dos outros, eran deles, a súa liberdade comezaba a proclamarse a gritos. Asociáronse en Asambleas e pequenos sindicatos.

PERO COMA SEMPRE OS SEÑORES DE ARRIBA, VOLTARON FREAR AS METAS DOS LABREGOS, E…

Page 5: Agrarismo

Sucesos coma os seguintes marcaron o espíritu dos labregos “rebeldes” que só querían conseguir o que lles pertencía…

Mosteiro de Oseira, 1909. 7 labregos morren por protestar contra os foros. San Cristovo de Cea, abade e terratenente manda á Garda Civil.

Aínda así, paseniñamente iríanse eliminando os foros con acordos particulares mentres que os labregos que continuaban a súa revolución ían morrendo…

En Sofán, Bergantiños, son asesinadas 3 labregas no 1919.

Page 6: Agrarismo

OS MÁRTIRES DE CANS, OU OS MORTOS DE NEBRA

A finais do 1916 sobre a ponte de Cans, na parroquia de Nebra, en Porto do Son, fóronse xuntando os veciños das aldeas ó berro de “non se paga o defis” contra o tributo. E, como no, detrás ían os gardas civís. Os gardas feriron a un rapaz. A manifestación non cesou. Tiñan ordes de descargar ó aire, mais o fixeron contra os manifestantes, conseguindo a morte de 5 labregos.

Homenaxe ós mortos

Page 7: Agrarismo

OS MÁRTIRES DE SOBREDO

No 1922 o xuíz e a Garda Civil preséntanse en Sobredo para lle embargar os bens a un dos veciños que non paga os foros. Cerca de dúas mil persoas acompañan ó embargado. A Garda Civil, como non, recibe e desfai a manifestación a tiros. Morren 3 persoas, hai detidos e feridos.

Page 8: Agrarismo

Estes feitos non son moi recordados na historia, pero na literatura tiveron as súas manifestacións, da man dos autores que xa coñecemos de literatura galega…

O pensamento de Basilio Álvarez quedou recollido aquí:

Page 9: Agrarismo

DA TERRA ASOBALLADA, de Cabanillas, podemos atopar:

¡Galicia encadeada con ferros de Castela por fillos treizaoeiros e por caciques-lobos, no teu ceo azuado hai unha nova estrela! ¡ardente e sanguiñenta, agoira os tempos novos!

¡Irmáns¡ ¡Erguede o berrode amor e santidade!¡Galicia e libertadedo traballo e do Chan!

Son verbas de Dios mesmode Dios Todopotente.¡Co suor da túa frentegañaras o teu pan!

Nai galega que diche a sangue xenerosapara calmar a sede rabioa da impiedade, nos agros de Sobredo frorecéu unha rosa!¡Ardente e sanguiñenta, agoira Libertade!

Son verbas de Dios mesmo,de Dios Todopotente.¡Coa suor da túa frentegañaras o teu pan!

¡Irmáns! Erguede o berroe o legón aferrade!¡Galicia e Libertadedo Traballo e do Chan!

Dedicado ós mártires de Sobredo

Page 10: Agrarismo

Tamén escribiu o himno de Acción Galega:

¡Irmáns! ¡Irmáns galegos!¡Desde Ortegal ó Miñoa folla do fouciñofagamos rebrillar! Que vexa a vila podre,coveira da canalla,a aldea que traballadisposta pra loitar.

Antes de ser escravos,¡irmáns, irmáns galegos!que corra o sangue a regosdesde a montaña ó mar.

¡Ergámonos sen medo!¡Que o lume da toxeiraenvolva na fogueirao pazo señorial!

Xa o fato de caciquesladróns e herexes fuxeó redentor empuxeda alma rexional!

Antes de ser escravos,¡irmáns, irmáns galegos!que corra o sangue a regosdesde a montaña ó val.

Musicalizado polo grupo Xenreira

¡Sementador! O trigo dos veiralesmostra as espigas mestas e douradas,e as segadoras fouces, afiadas,teñen tráxico brillo de puñales. O teu verbo, estalante nos pinales,troca, ó chegar ás chouzas das valgadasos salaios das gorxas abafadasen ruxidos guerreiros e trunfales.

A aldea erguéuse e-o craror da auroraagardando a siñal, e non sosegaen axexo da loita vingadora. ¡Xa a lus do sol do mediodía cega,sementador! ¡Sementador, xa é horade dar o berro e comenzar a sega!

Poema dedicado a Basilio Álvarez:

Page 11: Agrarismo

Castelao reflicte nos seus debuxos unha crítica á situación labrega da época:

“¡Un padrenuestriño pol-os que morreron en Oseira, Nebra e Sofán!”