Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño

2
Agustín Fernández Paz Agusn Fernández Paz (Vilalba, 1947; Vigo 2016) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infanl e xuvenil, en Galicia e no conxunto de España. É autor de máis de cincuenta tulos, dirixidos preferentemente a lectores infans ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera. Tamén ten diversos tulos traducidos ao portugués, coreano, búlgaro, inglés, chinés, árabe francés e italiano. Ademais de Perito Industrial Mecánico, Agusn Fernández Paz é Mestre e Licenciado en Ciencias da Educación. Traballou como docente durante máis de trinta anos, nos disntos niveis do ensino primario e secundario. Ademais desta dedicación á docencia, desenvolveu unha ampla acvidade teórica e divulgava, centrada en temas como a promoción da lectura, a introdución dos medios de comunicación na aula, a didácca da lingua ou a normalización da lingua galega nos ámbitos escolar e social. Tamén vo un papel relevante na elaboración de materiais didáccos de lingua e literatura (un dos textos nos que parcipou, Canles 5, obvo o Premio Nacional “Emilia Pardo Bazán” para libros de texto non sexistas). Os seus libros obveron numerosos premios, tanto no ámbito galego coma no español (Merlín, Lazarillo, Edebé Xuvenil, O Barco de Vapor, Protagonista Jove, Edebé Infanl, Rañolas, Raíña Lupa, Marño Sarmiento, Xosé Neira Vilas…). Foi recoñecido dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004 e no 2007). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de LIX do ano, que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega. O seu libro O único que queda é o amor obvo en 2008 o Premio Nacional de Literatura Infanl y Juvenil que concede o Ministerio de Cultura de España. Outras obras súas foran finalistas deste mesmo premio en anos anteriores. No ámbito internacional salientan as catro designacións ao Astrid Lindgren Memorial Award, nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro O único que queda é o amor foi incluído na IBBY Honour List en 2010, como ocorrera tamén con Contos por palabras en 1992 e con Aire negro en 2002. Aire negro, foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da Internaonal Youth Library de Múnic en 2001, un recoñecemento que tamén acadou O meu nome é Skywalker en 2004. Contos por palabras foi considerado como un dos once tulos esenciais da LIX española do século XX no Primeiro Congreso de Lengua y Literatura para niños y jóvenes, celebrado en Sanago de Chile en 2010. No ano 2011, foille outorgado en México o VII Premio Iberoamericano SM de la Literatura Infanl y Juvenil, en recoñecemento á súa traxectoria literaria. E a OEPLI acordou designalo como candidato español ao Premio Andersen 2012. En xaneiro do ano 2013, foi invesdo Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Os seus libros gozan do aprecio dos lectores, e moitos deles coñecen numerosas edicións. Algúns, como Cartas de inverno, Trece anos de Branca ou As fadas verdes, superaron a fronteira dos cen mil exemplares vendidos. A Agusn Fernández Paz gústalle reiterar, ulizando as palabras do escritor noruegués Jostein Gaarder, o seu empeño nunha loita explícita por acadar un estatus social digno para a literatura infanl e xuvenil. E ten como guía do seu labor as palabras que Álvaro Cunqueiro escribiu en 1963: «O propio dun escritor é contar claro, seguido e ben. Contar a totalidade humana, que el pola súa parte ten a obriga de alimentar con novas miradas. E se hai algo que estea claro nesta dieta, é que o home precisa en primeiro lugar, coma quen bebe auga, beber soños.»

Transcript of Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño

Agustín

Fernández

Paz

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947; Vigo 2016) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da

literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no conxunto de España. É autor de máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera. Tamén ten diversos títulos traducidos ao portugués, coreano, búlgaro, inglés, chinés, árabe francés e italiano.

Ademais de Perito Industrial Mecánico, Agustín Fernández Paz é Mestre e Licenciado en Ciencias da Educación. Traballou como docente durante máis de trinta anos, nos distintos niveis do ensino primario e secundario. Ademais desta dedicación á docencia, desenvolveu unha ampla actividade teórica e divulgativa, centrada en temas como a promoción da lectura, a introdución dos medios de comunicación na aula, a didáctica da lingua ou a normalización da lingua galega nos ámbitos escolar e social. Tamén tivo un papel relevante na elaboración de materiais didácticos de lingua e literatura (un dos textos nos que participou, Canles 5, obtivo o Premio Nacional “Emilia Pardo Bazán” para libros de texto non sexistas).

Os seus libros obtiveron numerosos premios, tanto no ámbito galego coma no español (Merlín, Lazarillo, Edebé Xuvenil, O Barco de Vapor, Protagonista Jove, Edebé Infantil, Rañolas, Raíña Lupa, Martiño Sarmiento, Xosé Neira Vilas…). Foi recoñecido dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004 e no 2007). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de LIX do ano, que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega. O seu libro O único que queda é o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil que concede o Ministerio de Cultura de España. Outras obras súas foran finalistas deste mesmo premio en anos anteriores.

No ámbito internacional salientan as catro designacións ao Astrid Lindgren Memorial Award, nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro O único que queda é o amor foi incluído na IBBY Honour List en 2010, como ocorrera tamén con Contos por palabras en 1992 e con Aire negro en 2002. Aire negro, foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da International Youth Library de Múnic en 2001, un recoñecemento que tamén acadou O meu nome é Skywalker en 2004.

Contos por palabras foi considerado como un dos once títulos esenciais da LIX española do século XX no Primeiro Congreso de Lengua y Literatura para niños y jóvenes, celebrado en Santiago de Chile en 2010. No ano 2011, foille outorgado en México o VII Premio Iberoamericano SM de la Literatura Infantil y Juvenil, en recoñecemento á súa traxectoria literaria. E a OEPLI acordou designalo como candidato español ao Premio Andersen 2012.

En xaneiro do ano 2013, foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.

Os seus libros gozan do aprecio dos lectores, e moitos deles coñecen numerosas edicións. Algúns, como Cartas de inverno, Trece anos de Branca ou As fadas verdes, superaron a fronteira dos cen mil exemplares vendidos.

A Agustín Fernández Paz gústalle reiterar, utilizando as palabras do escritor noruegués Jostein Gaarder, o seu empeño nunha loita explícita por acadar un estatus social digno para a literatura infantil e xuvenil. E ten como guía do seu labor as palabras que Álvaro Cunqueiro escribiu en 1963:

«O propio dun escritor é contar claro, seguido e ben. Contar a totalidade humana, que el pola súa parte ten a

obriga de alimentar con novas miradas. E se hai algo que estea claro nesta dieta, é que o home precisa en primeiro

lugar, coma quen bebe auga, beber soños.»

Agustín

Fernández

Paz

Textos narrativos A cidade dos desexos. Ilustracións: Manuel Uhía. Edicións Xerais, 1989. Traducido ao castelán.

As flores radioactivas.

Ilustracións: Miguelanxo Prado. Edicións Xerais, 1990. Traducido ao catalán, eusquera, castelán e bable. Premio Merlín de Literatura Infantil 1989.

Contos por palabras.

Ilustracións: Miguel Vigo. Edicións Xerais, 1991. Traducido ao castelán, catalán, eusquera, francés e bable. Premio Lazarillo 1990. Lista de Honra do IBBY 1990-1992. Premio Lecturas de Gálix 2003. Seleccionado como un dos dez libros esenciais da LIX española do século

XX. Lonxe do mar. Ilustracións: Fran Jaraba. Edelvives, 1991.

O tesouro do dragón Smaug. Ilustracións: Fran Jaraba. Editorial Galaxia, 1992. Traducido ao castelán, catalán, eusquera e aranés.

As tundas do corredor. Ilustracións: Fran Jaraba. Edelvives, 1993. Traducido ao castelán. Lista de Honor da CCEI 1995.

Fantasmas no corredor. Ilustracións: Óscar Villán. Edicións Xerais, 2005. Traducido ao catalán e ao castelán.

Rapazas. Ilustracións: Miguelanxo Prado. Edicións Xerais, 1993. Nova edición, ampliada e revisada: Edicións Xerais, 2003. Traducido ao castelán, eusquera, catalán e portugués.

Trece anos de Branca. Ilustracións: Manuel Uhía. Edebé-Rodeira, 1994. Traducido ao castelán, catalán e eusquera. Premio Edebé de Literatura Juvenil 1994.

Unha lúa na fiestra. Ilustracións: Fran Jaraba. Editorial Galaxia, 1994.

Cartas de inverno. Edicións Xerais, 1995. Traducido ao catalán, castelán, eusquera, portugués e bretón. Premio Rañolas 1995 ao mellor libro editado. Finalista do Premi Protagonista Jove 1998.

Amor dos quince anos, Marilyn. Ilustracións: Andrés Meixide. Edicións Xerais, 1995. Traducido ao castelán e ao catalán.

Avenida do parque, 17. Ilustracións: Xan López Domínguez. Edicións SM, 1996. Traducido ao catalán, castelán e árabe.

O centro do labirinto.

Edicións Xerais, 1997. Traducido ao catalán, castelán e portugués. Finalista do Premio Nacional de LIJ 1998. Nova edición, revisada: Edicións Xerais, 2015

A néboa escura.

Ilustracións: Miguelanxo Prado. Consellería de Educación, Xunta de Galicia, 1998.

O laboratorio do Doutor Nogueira. Ilustracións: Francisco Bueno. Edicións Xerais, 1998.

Traducido ao castelán, eusquera, catalán e portugués

As fadas verdes. Ilustracións: Asun Balzola e Patricia Garrido. Ediciones SM, 1999. Traducido ao castelán e ao catalán. Placa de Plata de El Barco de Vapor en 2007

Cos pés no aire. Ilustracións: Miguelanxo Prado. Edicións Xerais, 1999. Traducido ao castelán, eusquera e catalán.

Premio de Literatura Infantil “Raíña Lupa” da Deputación de A Coruña 1998. Finalista do Premio Nacional de LIJ 2000.

Finalista do Premi Protagonista Jove 2002.

A nube de cores. Ilustracións: Xoán C. Martínez. Edicións Sotelo Blanco, 1999.

O soño do merlo branco.

Ilustracións: Manuel Uhía. Editorial Everest Galicia, 2000. Traducido ao castelán.

Aire negro. Edicións Xerais, 2000.

Nova edición revisada: Edicións Xerais, 2009. Nova edición, reescrita: Edicións Xerais, 2012. Traducido ao catalán, castelán, eusquera, búlgaro e inglés. Lista de Honra do IBBY 2001. The White Ravens 2001 da Internationale Jugenbibliotehk de Munich. Premi Protagonista Jove 2002.

No corazón do bosque. Ilustracións: Miguelanxo Prado. Editorial Anaya, 2001. Nova edición: Edicións Xerais, 2002 Traducido ao castelán, catalán e eusquera. Finalista do Premio Nacional de Literatura 2002.

Ana e o tren máxico. Ilustracións: Enjamio. Caixanova, 2001.

Un tren cargado de misterios.

Ilustracións: Enjamio, Edicións Xerais, 2001. Traducido ao castelán. Premio Lecturas de GÁLIX 2003.

Noite de voraces sombras.

Edicións Xerais, 2002. Traducido ao catalán, castelán e eusquera. Finalista do Premio Nacional de LIJ 2003.

O meu nome é Skywalker. Ilustracións: Juan Ramón Alonso, Ediciones SM, 2003. Existe tamén unha edición no Círculo de Lectores, 2005. Traducido ao castelán, catalán e coreano. Premio O Barco de Vapor 2003. The White Ravens 2003 da Internationale Jugenbibliotehk de Munich. Premio Lecturas de GÁLIX 2005.

A serea da Illa Negra. Ilustracións: Miguelanxo Prado. Tambre-Edelvives, 2003.

A praia da esperanza. Ilustracións: Teresa Novoa. Edicións Xerais, 2003.

Tres pasos polo misterio. Edicións Xerais, 2004. Traducido ao catalán e ao castelán.

Raquel ten medo. Ilustracións: Marina Seoane. Edicións Xerais, 2004. Traducido ao catalán, castelán e eusquera.

Laura e os ratos. Ilustracións: Rocío del Moral. Edicións Xerais, 2004. Traducido ao catalán, castelán, eusquera e inglés.

A escola dos piratas. Ilustracións: Luis Filella. Edebé-Rodeira, 2005. Traducido ao castelán, catalán, eusquera, coreano e chinés. Premio Edebé de Literatura Infantil 2005.

A fuxida do mar. Ilustracións: Enric Solbes. Edicións Xerais, 2005. Traducido ao catalán, castelán e eusquera.

A noite dos animais. Ilustracións: Enjamio. Editorial Galaxia, 2005. Traducido, en versión revisada e ampliada, ao catalán e ao castelán.

¡Que medo, mamá Raquel! Ilustracións: Fran Jaraba. Edicións Xerais, 2005.

Un radiante silencio. Ilustracións: Pablo Auladell. Editorial Anaya, 2005 (edición non venal). Edición venal: Editorial Anaya, 2006.

Corredores de sombra. Edicións Xerais, 2006. Traducido ao castelán e ao catalán. Premio Frei Martiño Sarmiento 2007.

O Raio Veloz. Ilustracións: Andrés Meixide. Editorial Planeta&Oxford, 2006. Nova edición: Ilustracións: Federico Delicado. Oxford University Press, 2010. Traducido ao castelán.

Querido inimigo. Ilustracións: Tesa González, Edebé-Rodeira, 2006. Traducido ao castelán.

Os gardiáns do bosque. Ilustracións: Cristina Durán e Giner Bou. Baía Edicións, 2006. Traducido ao catalán, castelán e eusquera.

O único que queda é o amor. Ilustracións: Pablo Auladell. Edicións Xerais, 2007. Traducido ao castelán, catalán, portugués, eusquera e coreano. Premio Xosé Neira Vilas da Asociación de Editores Gallegos ao mellor Libro Infantil e Xuvenil de 2007 Premio Nacional de LIJ 2008. Premio Frei Martiño Sarmiento 2009. Lista de Honra do IBBY 2010.

A pastelaría de dona Remedios. Ilustracións: Mabel Piérola. Edebé-Rodeira, 2008. Traducido ao castelán.

¡Upa! Ilustracións: Noemí Villamuza. Edicións Xerais, 2008. Traducido ao castelán, catalán, eusquera e chinés.

Lúa do Senegal. Ilustracións: Marina Seoane. Edicións Xerais, 2009. Traducido ao castelán e ao catalán. Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) á mejor obra de LIX 2009. Lista de Honra da CCEI 2010.

A Dama da Luz. Ilustracións: Jorge Magutis. Edicións Xerais, 2009.

Valados. Ilustracións: Xan López Domínguez. Edicións Xerais, 2009. Traducido ao castelán, ao catalán e ao italiano.

Corazón de pedra. Ilustraciones: Federico Delicado. Oxford, 2011. Traducido ao castelán.

Non hai noite tan longa. Edicións Xerais, 2011. Traducido ao catalán. Premio Losada Diéguez (creación literaria, 2012) Premio Redelibros ao mellor libro de ficción do 2011 Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa do 2011 Premio Irmandade do Libro ao mellor libro galego do ano 2011 Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficcióon do ano 2011.

Fantasmas de luz. Ilustracións: Miguelanxo Prado. Edicións Xerais, 2011. Traducido ao castelán e ao catalán. Premio da AELG 2012 ao mellor libro de LIX Premio da Crítica Galicia 2012 (Creación Literaria)

As fronteiras do medo. Rodeira-Edebé, 2012 Traducido ao castelán e ao catalán

Malos tempos para os fantasmas. Ilustracións: Patricia Castelao. Edicións Xerais, 2012. Traducido ao castelán e ao catalán.

O rastro que deixamos. Edicións Xerais, 2012. Premio Ánxel Casal (Asociación Galega de Editores) ao mellor libro de non ficción do 2012. Premio “Fervenzas Literarias” ao mellor libro de ensaio do ano 2012.

Zeralda e o dragón. Ilustracións: Fran Jaraba. Galaxia, 2013.

Desde unha estrela distante. Ilustracións: David Pintor. Edicións Xerais, 2013. Traducido ao castelán e ao catalán.

A viaxe de Gagarin. Edicións Xerais, 2014 Premio “Fervenzas Literarias” ao mellor libro de narrativa de 2014. Premio “Ánxel Casal” (Asociación Galega de Editores) ao mellor libro de ficción do 2014.

Amizades secretas. Rodeira-Edebé, 2015 Traducido ao castelán

A neve interminable. Edicións Xerais, 2015.

Textos teo ricos Para lermos cómics. Consellerí a de Cultura, Xunta de Galicia, 1989. Traducido ao bable. 28 libros da literatura infantil e xuvenil galega. Consellería de Cultura, Xunta de Galicia, 1989.

Os libros infantís galegos. Consellería de Cultura, Xunta de Galicia, 1989.

Ler en galego (1): Estratexias e libros para a animación á lectura dende as aulas. Editorial Ir Indo, 1990.

Facermos cómics (Unidade Didáctica). Edicións Xerais, 1991.

Animación á lectura (Unidade Didáctica, escrita en colaboración). Edicións Xerais, 1991.

Os cómics nas aulas. Edicións Xerais, 1992.

A lingua galega no proxecto educativo e no proxecto curricular. Consellería de Educación, Xunta de Galicia, 1993.

A maxia das palabras. Consellería de Educación, Xunta de Galicia, 1998.

A literatura infantil e xuvenil en galego. Edicións Xerais, 1999.

Proceso de normalización do idioma galego. 1980-2000. Volume 2: EDUCACIÓN (coautor, con Xan M. Bouzada e Anxo M. Lorenzo Suárez). Consello da Cultura Galega, 2003

A planificación lingüística nos centros educativos (coautor, con Anxo M. Lorenzo Suárez e Fernando Ramallo). Secretaría Xeral de Política Lingüística – Consellería de Educación, 2007.

Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos (coautor, con Anxo M. Lorenzo Suárez e Fernando Ramallo). Secretaría Xeral de Política Lingüística – Consellería de Educación, 2007.

Podedes atopalos na nosa biblioteca