Ouces onte e hoxe.un paseo por algúns rincóns da nosa parroquia
ALCUMES DA NOSA ZONA
description
Transcript of ALCUMES DA NOSA ZONA
TEMA: OS ALCUMES
ÍNDICE: INTRODUCCIÓN. ORIXE DOS ALCUMES. ALCUMES HABITUAIS DA ZONA DE
BERGANTIÑOS. OPINIÓN PERSOAL DO GRUPO SOBRE O
TRABALLO. FONTES UTILIZADAS
1.- INTRODUCCIÓN: O SEGUINTE TRABALLO TEN COMO
OBXECTIVO COMPRENDER A ORIXE E IMPORTANCIA DOS ALCUMES NA ZONA DE BERGANTIÑOS, AINDA QUE ESTE SOBRENOME É COMÚN EN TODA GALICIA.
OS ALUMNOS DE SEXTO DO COLEXIO “A CRISTINA” DE CARBALLO, SAÍMOS Á RÚA COA INTENCIÓN DE INVESTIGAR.
CADA UN DE NÓS PREGUNTABA, CADERNO EN MAN PARA TOMAR NOTAS, A AMIGOS, VECIÑOS, AVÓS, PAIS…E DÉMONOS CONTA A GRANDE CANTIDADE DE APODOS QUE ÍAN SAÍNDO, TAMÉN OBSEVAMOS COMO A XENTE MAIOR ERA A QUE MAIS SABÍA, PORQUE NA SÚA MOCIDADE, DICÍAN QUE ERA MOI RARO QUE HOUBESE ALGUNHA FAMILIA QUE NON FOSE COÑECIDA POR UN ALCUME.
NESTE TRABALLO AMOSARÉMOSLLE ALGÚNS DELES.
Alcumes 2.- ORIXE: O ALCUME VEN SER UN SOBRENOME CO QUE
SE COÑECE UN INDIVIDUO OU FAMILIA. É UN FENÓMENO SOCIAL DE CASE TODAS AS CULTURAS DO MUNDO E DENDE A ANTIGUEDADE CASE NINGUÉN SE LIBRABA DO SEU PROPIO APODO.
NON SE PODEN ESTABLECER NORMAS OU TEORÍAS EXACTAS SOBRE A ORIXE DOS ALCUMES, PERO ALGUNHAS DELAS PODEN SER:
POR RAZÓN DE OFICIO, PROFESIÓN…(O ZAPATEIRO, A COSTUREIRA ETC).
POR CARACTERES FÍSICOS… (O CHOSCO, A COXA, O MANCO ETC)
POR VICIOS OU DEFECTOS NA FALA… (O TATEXO, O BORRACHÍN ETC).
POR RAZÓN DO LUGAR DE PROCEDENCIA… ( O ALEMÁN, O CATALÁN ETC).
POR REITERARSE MOITO NA REPETICIÓN DE ALGO…
A ACEPTACIÓN DO ALCUME É MOI DIVERSA,
UNS ACÉPTANO PERFECTAMENTE, MENTRAS QUE OUTROS SÉNTENSE OFENDIDOS.
3.-ALCUMES DA ZONA: 1.ALGARROBO: Chamábanlle así a un home que
era moi forte e cando pelexaba sempre gañaba e era moi parecido a un actor daquel tempo que facía a película de “Curro Jimenez” que se chamaba Algarrobo.
2.A GATIÑEIRA:O alcume puxéronllo a unha casa
que foi a primeira que se fixo nunha aldea da parroquia en Muiño (Zás) que se chamaba o lugar da gatiñeira. Primeiro quedoulle o nome “A casa da Gatiñeira”e despois pasou as persoas da casa “Antonio da Gatiñeira”, “Os da Gatiñeira” é aínda que agora hai máis casas no mesmo lugar, só esa casa segue tendo ese alcume.
3.ANTONIA DA RISCA: Chamábanlle así a unha
señora que riscaba moi ben a pandeireta e aproveitaba calquera ocasión para tocala e votar unhas cantigas.
Alcumes
4.ARROVELLA: Quedoulle este alcume a unha familia que o seu avó tiña un rabaño moi grande de ovellas e sempre andaba con ellas polas fincas e guiabaas dicindo “Arre ovella” e quedoulle este nome á familia desde hai uns 80 anos.
5.CLARETES: É o alcume que lle
puxeron a un mozo que bebía moito pero sempre, viño clarete.
6.CINTURIÑAS: Chamábanlle así
aos empleados dunha fábrica a súa xefa porque estaba moi gorda e sempre entraba na fábrica berrando
7.MATACHÍN: Chamábanlle así a un señor que se adicaba a matar os porcos de todos os veciños dos pobos cercanos.
8.O AVÓ: Chamábanlle así a un
señor de Muiño (Zás) que tiña 98 anos era o home máis vello de todo o pobo e moi boa persoa. Tíñanlle este alcume cariñoso e tratábano como o avó de toda a parroquia.
9.O Finisterre:Chamábanlle así a
un mozo que andaba na moto facendo sempre a
mesma ruta para ver a súa moza e quedoulle o nome
do autobús que antes facía a mesma ruta.
Alcumes
10.O Galo:Quedoulle este alcume a un home
dunha aldea que se chama Pudenza(Zas)que se levantaba sempre moi cedo e espertaba a todos os veciños.
11.O Raposo:Quedoulle este alcume a
un home que cazou o raposo no galiñeiro despois
de levalo vixiando seis noites seguidas. 12.O Trancas:Chamanlle así a un home
que ten as pernas moi longas,os pés moi abertos e unha rara forma de andar.
13.Patacón:Chamábanlle así a un
home que era moi baixo e quedoulle o nome de Patacón que era unha moeda antiga que tiña pouco valor
14.A Perrachica: Chamábanlle así a muller do Patacón que tamen era baixa e a Perra chica era unha moeda ainda mais pequena ca o Patacón.
15.O Cerralleiro: É un home que arregla potas
e botalle o cú os caldeiros. 16.Gorrión: por ser moi pequeño. 17.Barrigón: por ter moita barriga. 18.Valente: por non ter medo a nada. 19.O paxaro: porque sempre andaba cantando. 20.Alicates: por ter as pernas moi longas. 21.Cantarolo:por ser gordo e pequeño. 22.A do naris encarnado:por ter a nariz colorada. 23.O melenas:por ter sempre o pelo moi longo. 24.José dos rapaces:porque tiña moitos fillos. 25.Barriga verde:porque tiña moita forza.
Alcumes 26.O lorito:porque falaba moito. 27.Casa blanca:por ter a casa de blanco. 28.Casa deriba:por estar a casa nun alto. 29.O raposo:por ser moi peludo. 30.O xílgaro:púxolle o alcume un avó ao
seu neto porque non tiña parado. 31.O chorón:porque sempre se queixaba. 32.O xusto:porque metía a todos en
xuizos. 33.A viuda de ONASIS:porque era viuva e
estaba sempre moi preparada. 34.O miñato:porque se quedaba mirando
moi atentamente.
35.A cotareira:porque a zona onde estaba a súa
casa chamábase así. 36.O feixe:porque era un home
bastante gordo. 37.A Casa do Escudo:chamábanlle así
a unha casa que enriba da porta tiña un escudo. 38.A Casa do Cruceiro:chámanlle a
unha casa porque alí había un cruceiro.
39.O largo:chámanlle así a un señor
que era moi alto. 40.A casa do mutilado:chámanlle así a
unha casa que nela vivía un señor que fora a guerra e lle faltaban as dúas pernas.
Alcumes 41.A paroleira:chámanlle así a unha
señora que falaba moito. 42.A casa da trenca:chámanlle así a
unha casa na que vivía unha señora que ten as pernas torcidas.
43.A Cascarilla:chámanlle así a un
señor que traballaba coa madeira. 44.A Petila:chámanlle así a unha
señora que fumaba moito. 45.Pipi:porque lle quedou de nena. 46.Nanaina:porque non falaba ben. 47.Araña blanca:porque era moi mala. 48.A casa do cereiro:chámanlle así
porque facían velas de cera.
49.Calzacarros:chámanlle así porque lle poñía pedras nas rodas dos carros aos veciños para gastarlle bromas.
50.Martes de entroido: chámanlle así
porque o señor era moi feo. 51.Pepe da mexa: porque mexou moito
tempo por él,case ata que foi mozo. 52.Pipas:porque fumaba en pipa e
tíñaa na boca ainda que non estuvera encendida.
53.Guerrilleiro:porque sempre se metía en líos.
54.Divina peseta:porque cando era
pequena era moi rubiña e feitiña.
Alcumes 55.Casa do pombeiro:A casa estaba
nunha pedreira,onde ivan as pombas.
56.O pin:Era un home
cazador,cando disparaba dicía``Pin Pin´´ e quedoulle ese nome.
57.A casa de lañares:Era unha
casa que sempre tivo moita madeira. 58.O bellotas:Un home que vive
nun lugar no que hai moitos carballos,e él apañaba moitas bellotas.
59.A casa dos capadores:Eran 4
irmáns e eran todos capadores. 60.Mil mañas:Eran un home que
intentaba aranxar de todo. 61.O periódico:Enterábase de todo
o que pasaba.
62.Os do “jorcheteiro”:Porque
vendían ou fabricaban jorchetes. 63.Os da “chira”:Porque tiñan
galiñas,e cando as chamaban para darlle de comer decíanlle “chiras,chiras”.
64.O zamarras:Porque sempre
levaba uns abrigos moi quentes aos que se lle chaman “zamarras”.
65.A casa dos do carballo:Porque
tiña dous carballos moi vellos. 66.A casa grande:Porque era a
máis grande das Salgueiras.
Alcumes 67 .A casa dos
esclavos:Porque antiguamente exclavizaban os obreiros.
68 .A casa do
cruceiro:Chamabanlle asi porque ten un cruceiro no medio da leira.
69 .A casa do
Americano:Chamabanlle asi porque foi o primeiro da Salgueiras que foi a América.
70 ……………………………………
4.-OPINIÓN PERSOAL: Nós,os alumnos de 6º fixemos un traballo
sobre os alcumes das diferentes zonas de Bergantiños.
Pareceunos un traballo moi
interesante,entretido e enriquecedor. Tivemos que sair a rúa e para elaboralo
preguntamoslle aos nosos avós,veciños,amigos etc...
Os veciños e sobre todo os avós eran os
que máis sabían.Cando empezaban a dicir nomes,primeiro
escoitábamos con moita atencion e interés e logo comezabamos a escribir o que nos dicían.
Todos eles estaban encantados de que lle
preguntásemos sobre os alcumes que poñían,e a nós tamén nos interesaba o que eles dicían.
Con este traballo non só
aprendemos,senón que tamén nos divertimos.
Alcumes 5.-FONTES
UTILIZADAS As fontes utilizadas foron
especialmente orais.Avós, bisavós, veciños,
amigos de meus avós...
ALUMNOS DE 6º