ALDEAS E VILAS

14
ALDEAS E VILAS ALUMNADO DE 2º ESO IES SAN MAMEDE (MACEDA) CURSO 2011-2012 RECREACIÓNS A PARTIR DE CIDADES DE FRAN ALONSO

description

Poemas creados polo alumnado de 2º ESO a partir da lectura de Cidades de Fran Alonso

Transcript of ALDEAS E VILAS

Page 1: ALDEAS E VILAS

ALDEAS E VILAS

ALUMNADO DE 2º ESO

IES SAN MAMEDE (MACEDA)

CURSO 2011-2012

RECREACIÓNS A PARTIR DE CIDADES DE FRAN ALONSO

Page 2: ALDEAS E VILAS

MACEDA

A miña vila é una cunca

que contén as casas e os ríos.

A miña vila é una rosa

que florece en primavera.

A miña vila é un lobo feroz

que espanta as malas cousas.

Os seus ollos son as prazas

e chora polas fontes.

As súas veas, as estradas

e o seu pelo, o bosque.

As bágoas descenden polas ladeiras

dando vida e máis frescura

á miña vila, Maceda,

a miña vila.

LUCAS MARTÍNEZ DE DIOS 2º ESO A Nº 13

Page 3: ALDEAS E VILAS

O MEU CORPO É UNHA ALDEA

O meu corpo é unha aldea.

O nariz é a palleira

onde os animais descansan,

a boca é o pozo onde todos collen auga,

os brazos parecen os camiños que levan á horta,

o tronco, o centro da aldea onde se atopa a capela e se reúnen todos

e, finalmente, as pernas onde cadaquén ten a súa chaboliña.

É o mellor sitio que hai.

ROMÁN SAA CRESPO 2º ESO A Nº 18

O RÍO DA MIÑA VILA

Page 4: ALDEAS E VILAS

Pola vila onde vivo pasa un río

no inverno río frío

no verán río baixo

cando chove sobe algo

e cando non é

baixo

longo

matador

e se non que llo digan á troita

que por el sobe coma unha tola

para ver se encontra

suízos, mosquitos, e moscas.

ADRIÁN BLANCO BLANCO 2º ESO A Nº 2

Page 5: ALDEAS E VILAS

Sempre volvo onda ti, querida,

cada mes, cada dous, cada tres?

Cada mes, cada dous, cada tres,

volvo a observarte.

E onda ti, aldea, berro,

cada mes, cada dous, cada tres.

E saúdo as avoas!

E visito os amigos!

E contemplo o tempo!

E camiño polos teus campos!

E logo marcho, contenta.

Volvereite a ver,

Cada mes, cada dous, cada tres.

RAQUEL SOUTO JANEIRO 2º ESO A Nº19

ADECAM

A miña vila é verde

Page 6: ALDEAS E VILAS

pequena,

con costas, con baixadas,

polo verán como un formigueiro

e polo inverno deserta,

pola miña vila pasan coches,

como Fernando Alonso en carreira.

JULIÁN BLANCO PARDO 2º ESO A Nº2

NOS MEUS SOÑOS TEÑO A MIÑA ALDEA

Nos meus soños teño a miña aldea,

de maiores amábeis,

Page 7: ALDEAS E VILAS

traballadores entretidos.

Nos meus ollos teño a miña aldea,

pequena,

aldea silenciosa,

salvaxe.

Nos meus soños teño sitio para todo.

MIGUEL ÁNGEL GULLÓN FERNÁNDEZ 2º ESO A Nº12

O QUE SE FILTRA NAS ALDEAS

Nas aldeas cóanse as persoas

persoas moi diferentes

Page 8: ALDEAS E VILAS

unhas máis altas,

outras máis pequenas

e ti

esa persoa diferente, a que máis destacas.

IRIA RIVERO CONDE Nº16 2ºESO A

A MIÑA XENTE

A miña vila,

pequena,

xeitosa

con rúas estreitas e lisas

Page 9: ALDEAS E VILAS

con montes,

con serras

onde a xente sempre ri,

onde hai alegría

onde se rumorea todo

en fin... é a miña vila.

KELLY ESTÉVEZ PROL 2ºESO A Nº6

Page 10: ALDEAS E VILAS

Eu vivín nunha aldea de xeado

cun alcalde azucrado,

e casas de pescado.

E nunha de verdura,

que creo que pouco dura

polos corazóns en miniatura.

E nunha de espaguete,

co alcalde nun paquete,

e con veciños como o Pepe.

Eu vivín en moitas aldeas

e algunhas delas eran feas.

RAQUEL SOUTO JANEIRO 2º ESO A Nº19

Page 11: ALDEAS E VILAS

OS RECUNCHOS DA MIÑA VILA

Os recunchos da miña Vila son así,

De noite dan medo, son escuros,

hai moita xente,

fan ruído. Vixilia permanente.

E cando é día, de súpeto,

moi luminosas.

IRIA RIVERO CONDE Nº16 2ºESO A

Page 12: ALDEAS E VILAS

MACEDA

A min encántame a miña vila.

As súas rúas longas e curtas,

anchas e estreitas.

Os seus grandes e pequenos xardíns e parques.

Os lugares que recordan a persoas, especiais.

As casas e edificios, amigos.

As rúas importantes, cheas de xente,

as rúas escuras, misteriosas.

Maceda, en fin, especial amiga,

chea de xente e misteriosa.

ROCÍO GARCÍA MOJÓN 2º ESO A